Grande, Carlos Blanco. Creo que ten moita razón en todo o que di. Dende a súa ironía ao dicir que non fan falla moitas das cousas que nos son propias: a cultura (lingua, literatura, e incluso televisión)fainos pensar no que acontecería se iso pasase, ou polo menos a mín faime pensar niso. A cousa é que grazas ás tradicións que temos somos quen somos e a CRTVG creo que xa forma parte da tradición galega. Ese xabarín clube que víamos todos os nenos galegos polas tardes. Penso que este programa uníu lazos entre o galego e os nenos; non só cos seus debuxos e series, tamén coas súas cancións (quen non recorda a canción de "estou na lavadora" ou "eu o que quero é xamón"). A modo de anécdota, sempre tiven unha riña co meu irmán sobre a serie Dragon Ball (xa que él a vira en catalán e eu en galego; a cada quen lle gusta máis na lingua que a víu, claro) por ver que cadea a botara antes e busquei e busquei e atopei que a galega a emitira un pouco antes que a TV3. Sentinme moi orgullosa, non só por ganarlle (jeje) senón porque vin que a galega tiña unha programación acorde coa demanda, ao día. Sempre se ten o prexuízo de que a TVG está por detrás doutras cadeas, e estase vendo que non. Agora ten moitas outras series extranxeiras (mais cun mal horario) que son seguidas por moita xente en España (e fóra dela) e que, por exemplo, noutras televisións non se están a emitir. Logo, como en outras cadeas, está a manipulación dos medios; unha verdadera mágoa que poda acontecer isto nun país que supostamente é libre. Mais penso que a xente é ben lista e xa non se cree nin a metade do que se di na televisión (nos noticiarios e demais), especialmente a xente xove que pode recurrir a outros sitios como internet, que por agora non está tan controlado. Con todo, a TVG, na miña opinión, é unha cadea autonómica moi boa. Fixo moi boas series e esta a facer boas series na actualidade (como "Matalobos" ou "Libro de Familia")que se ven incluso fóra de Galiza. Non obstante, debemos loitar, como di Carlos Blanco, por unha televisión libre, sen manipulación, pero non só na galega, en todas as televisións.
Canta razón ten Carlos Blanco!! Estou completamente dacordo cando di que hai cousas que non son necesarias, pero non por eso temos porque renunciar a elas, porque se cadra enriquecen a nosa vida. Neste caso, eu penso que os medios de comunicación que falan en galego son moi necesarios, xa que a xente fíxase moito neles e moitas veces son un referente. Outra cousa que creo que é moi importante foi algo que di que estos medios teñen que ser propios, fortes e independentes. Xa que se non dan unha información veraz a xente tampouco lles da crédito. Outra cousa importate sería que estes medios de comunicación foran dirixidos a todos os públicos, pero sobre todo ós máis pequenos, xa que é este colectivo o que ten menos prexuizos e se pode chegar mellor a eles.
Está ben que teña a valentía de expor as dúas caras, a dos acertos e a do uso partidista que se fai da maioría dos medios públicos autonómicos, non só en Galicia.
Habería que falar de que entendemos coma cultura, porque penso que non se pode confundir identidade con enxebrismo.
Non creo que se desfagan da tele galega. O primeiro porque a tele galega é un xeito de manter o idioma e de ter información sobor de asuntos que non interesan nas cadenas nacionais. Sendo un pouco mal pensado, diría que xa sería raro que deixaran ir un medio de comunicación que teñen da mao. Preocúpame máis que a baixada de cartos remate nunha programación infantil e xuvenil que non vexa ninguén, valeirando de contido a cadea. E xa moito baixou.
Gustoume moito a reflexión que, con tanta retranca, fai Carlos Blanco sobre a "utilidade" da cultura. Como futuro profesor temo o día no que un rapaz me pregunte "Isto para qué sirve?", xa que a cultura ten pouca utilidade práctica e é algo do que podemos prescindir. Por outra banda tamén é o que nos distingue dos demais animais... As aportacións de programas como o Xabarín Club na difusión do galego e na súa normalización tamén son ideas que comparto pero non son tan optimista coma Carlos Blanco, hai moito por facer e moitos programas non tan bos... Non me parece que os noticiarios galegos sexan tan malos coma el os pon, penso que a prensa, a TV e os medios de difusión en xeral sempre estarán influídos polos políticos, por moito que se paguen con cartos de todos. A RTVG non é peor niso que calquera outra, esa eiva corresponde a os medios en xeral e non a os nosos en particular.
Moi boa a reflexión de Carlos Blanco. Se ben é certo que sen moitas das cousas mencionadas do video poderíamos vivir, a cultura, os medios de comunicación sempre van a contribuir ao noso desenvolvemento. Quen non via o Xabarín Club cando éramos pequenos? Como di Gemma, con ese programa conseguiuse vencellar aos máis pequenos coa lingua galega, aprendendo as súas cancións, e vendo as súas series en galego. Aínda é hoxe o día en que os debuxos que eu vía non me soan nada ben dobrados en castelán... A eiva que lle ve Carlos Blanco á TVG, o que está influenciada pola política, eu creo que iso por desgracia pasa na maioría das cadeas.
Que grande este tio. Comparto con el como xa o dixen do positivo que tiveron programas galegos como o Xabarín que desde o meu punto de vista tivo moita repercusión e o galego gozou de moita divulgación entre a xente nova. Tamén mezcla cun sarcasmo que podíamos prescindir de cousas que non nos interesan e polo que non estaba interesado en prescindir do galego xa que para él é algo propio ó que non ten porque renunciar.
Pois como todos dacordo con Carlos, que se poda criticar a tele galega,pero é por que se pode mellorar. E que aínda que sexa usada polos políticos, e normal o que ten o poder tende a mal usalo. A televisión chega a todos e unha voa forma de manter a relación coa lingua. Ademáis cando esos contidos se melloran, cando realmente se mostran cousas que interesan, a actitude da xente hacia a lingua mellora considerablemente.
Qué gran reflexión! Paréceme que está moi acertado en todo o que dí. Hai moitas cousas innecesarias, pero hai outras que son imprescindibles para o desenrolo da nosa lingua e da nosa cultura. A CRTVG contribúe a elo. Sen embargo, na actualidade, moitas das información están sendo manipuladas e non ofrecen as noticias de forma obxetiva. As cousas hai que dicilas como pasan, e non como nós queremos que pasen. Hai que ser realistas. O galego está pasando por una crise e os medios de comunicación deberían axudar a mantelo. O longo do tempo, moitos dos programas que sairon da galega pasaron a formar parte das nosas vidas e da nosa infancia (Xabarín Clube, Mareas Vivas, Pratos Combinados, Luar…), estes programas axudáronnos a ver que o galego formaba parte das nosas vidas e a que era necesario, xa que por exemplo cantar as cancións do xabarín en castelán non tiña gracia. Personalmente penso que deberían enfocar a programación da galega dende outro punto de vista e ser máis realistas, evitando convencionalismos relacionados ca política e centrándonos máis na nosa realidade cotiá e nas nosas vivencias ó igual que na lingua propia e na cultura.
O día 17 de decembro estarei no Auditorio Municipal Carmen Estevez de Vilalba escoitando a este exemplar galego único que non fai máis ca dicir verdades coma puños.
Sí, admitoo...eu tamén miraba as fotos cando cumplía anos...e opino tamén ao igual que Carmen e que Chema, que as cancións do Xabarín, Dragon Ball, Doraemon ou Hattori o Ninja non son o mesmo en castelán, gústanos máis en galego. Mesmo os anuncios do Gadis...non sei vos, pero eu síntome moi identificada con eles ou por exemplo, cando fixeron a presentación aquí en Coruña da nova "marca de identidade" (gardasme o segredo?)para Galiza, emocioneime na presentación...Intentei deixarvos o link para que vexades a presentación, porque o anuncio que vemos la televisión é un recorte...e merece a pena ver o anuncio enteiro, mais non atopei máis que a versión longa en castelán, en galego atopei o recorte que xa vemos na televisión. Deixovolo aquí por si lle queredes botar unha ollada ainda que sexa en castelán.
http://www.youtube.com/watch?v=7kx7dwXnujc
E para rematar, quédome ca última frase de Carlos, que di: "Ver a televisión é necesaria, imprescindible...unha cultura non se concibe no mundo hoxe en día sen uns medios audiovisuais propios, fortes, independentes e libres. A ver si o conseguimos"
En épocas de crisis, menos el pan, parece que todo es susceptible de sobrar. Sin duda la tvg fue y sigue siendo un instrumento de canalización y distribución de la cultura gallega y desde mi punto de vista es algo por lo que apostar ya que puede conseguir un gran alcance. Pero es cierto que necesita una revisión, en cuanto a costes, objetividad, y resultados. De todas formas,no soy tan optimista como Angel, y creo que aún mejorando sus resultados, va a ser necesaria una fuerte oposición social para evitar la privatización.
A través das palabras de Carlos Blanco compréndese a importancia de contar con medios de comunicación públicos, máis nunha realidade como a de Galicia, que precisa dunha plataforma a través da que normalizar e difundir a cultura propia nun panorama no que os medios son todos castelanfalantes e para nada atenden á realidade de Galicia. Evidentemente, cómpre pulir as eivas que presenta a televisión de Galicia, en primeiro lugar a súa manipulación polo goberno da Xunta que preside Feijoo. Tamén é curioso que o mesmo partido que pretende a súa privatización sexa o que se aproveita máis dela manipulando os seus contidos.
Sen palabras! Perfecto. Di verdades que sacan as cores. Dende logo a RTVG precisa dun labado de cara, pero non por iso imos quedar sen defendelo noso. Coma di Carlos, somos nos os que pagamos cos noso impostos e polo tanto nos os que temos que pararlles os pes.
Moi bos os razoamentos de Carlos Blanco, moitos deles xa os sabíamos, pero hai moi pouca xente que se atreva a decilos así de claros nun medio público, e menos cando sabes que parte do teu traballo pode depender deles...estou de acordo cos meus compañeiros en que fai falla un lavado de cara a nosa televisión autonómica, que nos involucremos máis con ela, porque forma parte de nos e nos formamos parte de ela. Xa non me lembraba do que comentaba Goyo da medida aprobada no parlamento para poder intervir na redacción das noticias, sen ánimo de ofender paréceme máis unha medida dun país como China que dun país europeo...e que a xente non rebula mías con estas cousas da moito que pensar. Gracias Tania por amosarnos o spot completo da marca turística de Galicia....EMOCIONANTE!
Fermosa a defensa da TVG por parte de Carlos Blanco! Estou moi dacordo con el cando ironiza en que hai moitas cousas das que poderiamos prescindir, pero non o debemos facer, porque forman parte da nosa riqueza cultural e a TV é unha delas. Os medios de comunicación forman parte de nos e axudan a potenciala lingua, funcionando coma un referente para a xente á hora de falar o galego. Un dos programas que máis fomentou o uso da lingua e que máis chegou á xente foi " O xabarín club”, xa que conseguiu que moitos nenos que non tiñan contacto diario co galego o sentiran máis próximo e o falaran.
En canto a politización dos medios, é algo que ocorre en moitas ocasións. É normal que as canles privadas teñan unha certa orientación ideolóxica e á hora de transmitir as noticias, non o fagan con obxectividade; pero que isto estea a suceder nunha canle pública non se debe admitir. Polo tanto hai que loitar, como ben indica Carlos Blanco por unha TVG independente e libre.
Completamente dacordo cas palabras de Carlos Blanco, o cal polo que o puiden seguir ó longo da súa traxectoria profesional non se caracteriza por calar o que pensa. Como él di, claro que podemos vivir sen cultura, pero eso sería máis ben unha subsistencia que, a Deus grazas, non queremos. A cultura é primordial e a TVG fai unha importante labor o respecto. Podes estar máis ou menos dacordo nos seus contidos pero creo que é, sen dúbida, máis beneficiosa que prexudicial. E, por suposto, se tivera que destacar algo da TVG sería a labor de normalización lingüística levada a cabo polo Xabarín Clube. A cal sempre destacaba unha profesora miña. En resumo, larga vida a unha TVG de calidade.
Grande, Carlos Blanco. Creo que ten moita razón en todo o que di. Dende a súa ironía ao dicir que non fan falla moitas das cousas que nos son propias: a cultura (lingua, literatura, e incluso televisión)fainos pensar no que acontecería se iso pasase, ou polo menos a mín faime pensar niso.
ResponderEliminarA cousa é que grazas ás tradicións que temos somos quen somos e a CRTVG creo que xa forma parte da tradición galega.
Ese xabarín clube que víamos todos os nenos galegos polas tardes. Penso que este programa uníu lazos entre o galego e os nenos; non só cos seus debuxos e series, tamén coas súas cancións (quen non recorda a canción de "estou na lavadora" ou "eu o que quero é xamón"). A modo de anécdota, sempre tiven unha riña co meu irmán sobre a serie Dragon Ball (xa que él a vira en catalán e eu en galego; a cada quen lle gusta máis na lingua que a víu, claro) por ver que cadea a botara antes e busquei e busquei e atopei que a galega a emitira un pouco antes que a TV3. Sentinme moi orgullosa, non só por ganarlle (jeje) senón porque vin que a galega tiña unha programación acorde coa demanda, ao día. Sempre se ten o prexuízo de que a TVG está por detrás doutras cadeas, e estase vendo que non. Agora ten moitas outras series extranxeiras (mais cun mal horario) que son seguidas por moita xente en España (e fóra dela) e que, por exemplo, noutras televisións non se están a emitir.
Logo, como en outras cadeas, está a manipulación dos medios; unha verdadera mágoa que poda acontecer isto nun país que supostamente é libre. Mais penso que a xente é ben lista e xa non se cree nin a metade do que se di na televisión (nos noticiarios e demais), especialmente a xente xove que pode recurrir a outros sitios como internet, que por agora non está tan controlado.
Con todo, a TVG, na miña opinión, é unha cadea autonómica moi boa. Fixo moi boas series e esta a facer boas series na actualidade (como "Matalobos" ou "Libro de Familia")que se ven incluso fóra de Galiza. Non obstante, debemos loitar, como di Carlos Blanco, por unha televisión libre, sen manipulación, pero non só na galega, en todas as televisións.
Canta razón ten Carlos Blanco!!
ResponderEliminarEstou completamente dacordo cando di que hai cousas que non son necesarias, pero non por eso temos porque renunciar a elas, porque se cadra enriquecen a nosa vida. Neste caso, eu penso que os medios de comunicación que falan en galego son moi necesarios, xa que a xente fíxase moito neles e moitas veces son un referente.
Outra cousa que creo que é moi importante foi algo que di que estos medios teñen que ser propios, fortes e independentes. Xa que se non dan unha información veraz a xente tampouco lles da crédito.
Outra cousa importate sería que estes medios de comunicación foran dirixidos a todos os públicos, pero sobre todo ós máis pequenos, xa que é este colectivo o que ten menos prexuizos e se pode chegar mellor a eles.
Está ben que teña a valentía de expor as dúas caras, a dos acertos e a do uso partidista que se fai da maioría dos medios públicos autonómicos, non só en Galicia.
ResponderEliminarHabería que falar de que entendemos coma cultura, porque penso que non se pode confundir identidade con enxebrismo.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarNon creo que se desfagan da tele galega. O primeiro porque a tele galega é un xeito de manter o idioma e de ter información sobor de asuntos que non interesan nas cadenas nacionais. Sendo un pouco mal pensado, diría que xa sería raro que deixaran ir un medio de comunicación que teñen da mao.
ResponderEliminarPreocúpame máis que a baixada de cartos remate nunha programación infantil e xuvenil que non vexa ninguén, valeirando de contido a cadea. E xa moito baixou.
Gustoume moito a reflexión que, con tanta retranca, fai Carlos Blanco sobre a "utilidade" da cultura. Como futuro profesor temo o día no que un rapaz me pregunte "Isto para qué sirve?", xa que a cultura ten pouca utilidade práctica e é algo do que podemos prescindir. Por outra banda tamén é o que nos distingue dos demais animais...
ResponderEliminarAs aportacións de programas como o Xabarín Club na difusión do galego e na súa normalización tamén son ideas que comparto pero non son tan optimista coma Carlos Blanco, hai moito por facer e moitos programas non tan bos...
Non me parece que os noticiarios galegos sexan tan malos coma el os pon, penso que a prensa, a TV e os medios de difusión en xeral sempre estarán influídos polos políticos, por moito que se paguen con cartos de todos. A RTVG non é peor niso que calquera outra, esa eiva corresponde a os medios en xeral e non a os nosos en particular.
Moi boa a reflexión de Carlos Blanco. Se ben é certo que sen moitas das cousas mencionadas do video poderíamos vivir, a cultura, os medios de comunicación sempre van a contribuir ao noso desenvolvemento. Quen non via o Xabarín Club cando éramos pequenos? Como di Gemma, con ese programa conseguiuse vencellar aos máis pequenos coa lingua galega, aprendendo as súas cancións, e vendo as súas series en galego. Aínda é hoxe o día en que os debuxos que eu vía non me soan nada ben dobrados en castelán...
ResponderEliminarA eiva que lle ve Carlos Blanco á TVG, o que está influenciada pola política, eu creo que iso por desgracia pasa na maioría das cadeas.
Que grande este tio. Comparto con el como xa o dixen do positivo que tiveron programas galegos como o Xabarín que desde o meu punto de vista tivo moita repercusión e o galego gozou de moita divulgación entre a xente nova. Tamén mezcla cun sarcasmo que podíamos prescindir de cousas que non nos interesan e polo que non estaba interesado en prescindir do galego xa que para él é algo propio ó que non ten porque renunciar.
ResponderEliminarPois como todos dacordo con Carlos, que se poda criticar a tele galega,pero é por que se pode mellorar. E que aínda que sexa usada polos políticos, e normal o que ten o poder tende a mal usalo.
ResponderEliminarA televisión chega a todos e unha voa forma de manter a relación coa lingua. Ademáis cando esos contidos se melloran, cando realmente se mostran cousas que interesan, a actitude da xente hacia a lingua mellora considerablemente.
Qué gran reflexión! Paréceme que está moi acertado en todo o que dí. Hai moitas cousas innecesarias, pero hai outras que son imprescindibles para o desenrolo da nosa lingua e da nosa cultura. A CRTVG contribúe a elo. Sen embargo, na actualidade, moitas das información están sendo manipuladas e non ofrecen as noticias de forma obxetiva. As cousas hai que dicilas como pasan, e non como nós queremos que pasen. Hai que ser realistas. O galego está pasando por una crise e os medios de comunicación deberían axudar a mantelo.
ResponderEliminarO longo do tempo, moitos dos programas que sairon da galega pasaron a formar parte das nosas vidas e da nosa infancia (Xabarín Clube, Mareas Vivas, Pratos Combinados, Luar…), estes programas axudáronnos a ver que o galego formaba parte das nosas vidas e a que era necesario, xa que por exemplo cantar as cancións do xabarín en castelán non tiña gracia. Personalmente penso que deberían enfocar a programación da galega dende outro punto de vista e ser máis realistas, evitando convencionalismos relacionados ca política e centrándonos máis na nosa realidade cotiá e nas nosas vivencias ó igual que na lingua propia e na cultura.
O día 17 de decembro estarei no Auditorio Municipal Carmen Estevez de Vilalba escoitando a este exemplar galego único que non fai máis ca dicir verdades coma puños.
ResponderEliminarSí, admitoo...eu tamén miraba as fotos cando cumplía anos...e opino tamén ao igual que Carmen e que Chema, que as cancións do Xabarín, Dragon Ball, Doraemon ou Hattori o Ninja non son o mesmo en castelán, gústanos máis en galego. Mesmo os anuncios do Gadis...non sei vos, pero eu síntome moi identificada con eles ou por exemplo, cando fixeron a presentación aquí en Coruña da nova "marca de identidade" (gardasme o segredo?)para Galiza, emocioneime na presentación...Intentei deixarvos o link para que vexades a presentación, porque o anuncio que vemos la televisión é un recorte...e merece a pena ver o anuncio enteiro, mais non atopei máis que a versión longa en castelán, en galego atopei o recorte que xa vemos na televisión. Deixovolo aquí por si lle queredes botar unha ollada ainda que sexa en castelán.
http://www.youtube.com/watch?v=7kx7dwXnujc
E para rematar, quédome ca última frase de Carlos, que di: "Ver a televisión é necesaria, imprescindible...unha cultura non se concibe no mundo hoxe en día sen uns medios audiovisuais propios, fortes, independentes e libres. A ver si o conseguimos"
En épocas de crisis, menos el pan, parece que todo es susceptible de sobrar. Sin duda la tvg fue y sigue siendo un instrumento de canalización y distribución de la cultura gallega y desde mi punto de vista es algo por lo que apostar ya que puede conseguir un gran alcance. Pero es cierto que necesita una revisión, en cuanto a costes, objetividad, y resultados.
ResponderEliminarDe todas formas,no soy tan optimista como Angel, y creo que aún mejorando sus resultados, va a ser necesaria una fuerte oposición social para evitar la privatización.
A través das palabras de Carlos Blanco compréndese a importancia de contar con medios de comunicación públicos, máis nunha realidade como a de Galicia, que precisa dunha plataforma a través da que normalizar e difundir a cultura propia nun panorama no que os medios son todos castelanfalantes e para nada atenden á realidade de Galicia. Evidentemente, cómpre pulir as eivas que presenta a televisión de Galicia, en primeiro lugar a súa manipulación polo goberno da Xunta que preside Feijoo. Tamén é curioso que o mesmo partido que pretende a súa privatización sexa o que se aproveita máis dela manipulando os seus contidos.
ResponderEliminarSen palabras! Perfecto. Di verdades que sacan as cores. Dende logo a RTVG precisa dun labado de cara, pero non por iso imos quedar sen defendelo noso. Coma di Carlos, somos nos os que pagamos cos noso impostos e polo tanto nos os que temos que pararlles os pes.
ResponderEliminarMoi bos os razoamentos de Carlos Blanco, moitos deles xa os sabíamos, pero hai moi pouca xente que se atreva a decilos así de claros nun medio público, e menos cando sabes que parte do teu traballo pode depender deles...estou de acordo cos meus compañeiros en que fai falla un lavado de cara a nosa televisión autonómica, que nos involucremos máis con ela, porque forma parte de nos e nos formamos parte de ela.
ResponderEliminarXa non me lembraba do que comentaba Goyo da medida aprobada no parlamento para poder intervir na redacción das noticias, sen ánimo de ofender paréceme máis unha medida dun país como China que dun país europeo...e que a xente non rebula mías con estas cousas da moito que pensar.
Gracias Tania por amosarnos o spot completo da marca turística de Galicia....EMOCIONANTE!
Fermosa a defensa da TVG por parte de Carlos Blanco!
ResponderEliminarEstou moi dacordo con el cando ironiza en que hai moitas cousas das que poderiamos prescindir, pero non o debemos facer, porque forman parte da nosa riqueza cultural e a TV é unha delas.
Os medios de comunicación forman parte de nos e axudan a potenciala lingua, funcionando coma un referente para a xente á hora de falar o galego.
Un dos programas que máis fomentou o uso da lingua e que máis chegou á xente foi " O xabarín club”, xa que conseguiu que moitos nenos que non tiñan contacto diario co galego o sentiran máis próximo e o falaran.
En canto a politización dos medios, é algo que ocorre en moitas ocasións. É normal que as canles privadas teñan unha certa orientación ideolóxica e á hora de transmitir as noticias, non o fagan con obxectividade; pero que isto estea a suceder nunha canle pública non se debe admitir. Polo tanto hai que loitar, como ben indica Carlos Blanco por unha TVG independente e libre.
Completamente dacordo cas palabras de Carlos Blanco, o cal polo que o puiden seguir ó longo da súa traxectoria profesional non se caracteriza por calar o que pensa. Como él di, claro que podemos vivir sen cultura, pero eso sería máis ben unha subsistencia que, a Deus grazas, non queremos.
ResponderEliminarA cultura é primordial e a TVG fai unha importante labor o respecto. Podes estar máis ou menos dacordo nos seus contidos pero creo que é, sen dúbida, máis beneficiosa que prexudicial.
E, por suposto, se tivera que destacar algo da TVG sería a labor de normalización lingüística levada a cabo polo Xabarín Clube. A cal sempre destacaba unha profesora miña.
En resumo, larga vida a unha TVG de calidade.