terça-feira, 8 de novembro de 2011

Unha mostra de actividades que custan pouco... diñeiro e que supoñen participación e compromiso

http://vimeo.com/31535420

21 comentários:

  1. Sobre todo os rapaces pásano ben, e a mensaxe da actividade quedaralles mellor na memoria.

    ResponderEliminar
  2. Unha iniciativa melódica na que observamos a anómala situación na que desde unha comunidade educativa (profesores/as máis alumnos/as, dunha maneira horizontal ), teñen que sair ao paso e defender un feito diferenzal de seu como é a súa lingua. Exemplificado na reclama de máis espazos para o galego nos medios, na música...

    Debe facer preguntarnos polos intereses de uniformar as sociedades, de globalizar no sentido máis pexorativo da palabra. Por qué non deixar as sociedades e as linguas, desenvolverse unhas da man das outras mais sen perder a súa raiz?

    Mentres resolvemos estas cuestións, benvidas iniciativas como estas que enchen de emoción e lembranos unha tradición onde cabe tanto o facer pan como os versos de Rosalia e de Pondal o Rock Bravú e o rap.

    ResponderEliminar
  3. Paréceme unha iniciativa fermosa, na cal como ben di Juan Ignacio, os nenos o pasan xenial, e así é unha boa maneira de facerlles asimila-la mensaxe que están a transmitir.

    Falan da lingua como unha amasadura de pan, a lingua que se comeza facendo a pouquiños, que precisa de nós, de medios que a falen, ¿por qué non máis para facer esta masa máis rica? eles mesmos o din, fálase na tvg e en distintos medios, pero bótase moito de menos noutros. Quizáis deberíamos concienciarnos, concienciar á xente con actividades similares, de que canto máis amasemos e a empreguemos máis rica se vai facer, cunha boa fermentación acadaremos un bó resultado.

    É curioso tamén, como dí Adri, a maneira que teñen de fusionar temas tan dispares como a gastronomía (o pan galego), os versos de Rosalía e Pondal e distintos tipos de música, tan típicos nosos e do mundo.

    É unha iniciativa ben simpática e divertida, á par que posúe un transfondo de contidos profundos, que fan pensar e commoven, como é a fala do galego, a perda deste, e a necesidade de que perdure como nosa identidade.

    ResponderEliminar
  4. Gostei moito do vídeo. Unha iniciativa creativa onde non se lle da maior preponderancia a unha língua máis que a outra. Además resulta máis divertido para os nenos aprender idiomas con versións de cancións inglesas como a miñã terra galega dos Siniestro Total e poemas de Rosalía. Paréceme unha forma moi divertida de aleccionar aos nenos. Eu engadiría tamén usar cancións dos xabarín clube ou outras que gostaran aos nenos para este tipo de tarefas linguísticas.

    ResponderEliminar
  5. O video pareceume unha idea moi orixinal e que sorprende , os rapaces seguro que o pasaron xenial ó igual que os profesores, tendo conciencia sobre a súa lingua e pasandoo ben a vez, gustoume bastante.

    ResponderEliminar
  6. Que gran video! :)
    Tanto os nenos coma os profesores o están a pasar ben e ao mesmo tempo son conscientes da importancia da súa lingua e do seu estado actual: coma ben din eles,ainda que sí que se emprega nos medios de comunicación coma a TVG ou a radio, se debería estender a outros ámbitos.
    Tamen penso que gravar o video no colexio reflicte o feito de que, a diferencia de anos atrás, o galego se emprega nas aulas sendo o lugar onde os alumnos adquiren gran parte dos seus coñecementos. Coa canción e co sorriso de todos eles transmiten ao espectador a idea de que están orgullosos de ter unha lingua propia, o cal é unha mensaxe moi positiva.
    Creativo e intelixente. Paga a pena velo.

    ResponderEliminar
  7. Fai uns intres falei no enlace de SÉS das traduccións imposibles das cancións do Lúar... esta dende logo queda ó marxe! Menuda imaxinación, porque penso que a min nunca se me podería ocorrer nada parecido, así que parabens ós creativos, e gracias a todos os nenos e nenas do video por un momento tan divertido.
    Por certo, o enlace coa versión de karaoke vouno reservar para a miña seguinte sesión de "PlayStation Sing Star". Vai ser un puntazo.

    ResponderEliminar
  8. Impresionante, non ten outras palabras. A iniciativa deste colexio xa non só aporta unha defensa da nosa lingua senón que fomenta a participación dos alumnos. Paréceme un feito fermoso que rapaces/as de todas as idades de reúnan para facer iniciativas deste tipo.

    ResponderEliminar
  9. Vaia, onte estaba contentísimo co meu comentario e hoxe vexo que non se enviou correctamente. O caso e resumindo, é que ao igual que o resto dos meus compañeiros paréceme un video estupendo por varias razóns. A primeira porque todos fan algo unidos e en grupo, e é algo que falta moito en Galicia, que a xente estea unida e o sentimento de grupo. Por outra parte estou seguro de que esta actividade foi moi divertida de facer, apostaría algo a que cando se viron en internet, algún brincaba coa emoción, penso que é algo moi positivo. E xa entrando en materia, creo que eles, estes rapaces dan unha gran leción aos maiores -e non tan maiores- ao sair con isto sen prexuizos de ningunha clase, mostrandose como defendores do idioma sen complexos de ningunha clase. Penso que está moi moi ben o feito de xuntar culturas diferentes nun mesmo video; de xeito que estamos a escoitar unha versión propia dun grupo galego que á súa vez versionou a orixinal en inglés, e ademáis integrando a grandes da literatura galega. Penso que cousas destes estilo, sobre a cultura, son realmente importantes, e non teño dúbida de que dentro duns anos, cando o vexan sentiranse orgullosos -iso si, dentro de todo o posible que un se pode sentir véndose a certas idades-. Un 10 para o equipo de dinamización lingüística do centro e un 20 pra todos eles.

    ResponderEliminar
  10. Paréceme unha iniciativa moi boa, coincido con todo o dito polos meus compañeiros, dende o que se divirten os nenos e os mestres até o positivo que é o resultado final :)
    Aínda que non sei se Alexandre se quedaría algo curto o darlles a nota :p

    ResponderEliminar
  11. Creo que é unha iniciativa moi acertada. É unha maneira de promove-la lingua utilizando ferramentas propias (o pan de Cea, Rosalía, Siniestro Total...), sen imposición ou adoutrinamento, simplemente facendo que sintan orgullo da súa terra. O efecto que ten lémbrame aos anuncios do Gadis...

    ResponderEliminar
  12. Es una inicitiva muy buena y por medio del uso del gallego haciendo una adaptación de la canción de Siniestro Total "Miña terra galega" promocionan y hacen hincapié en cosas de la tierra como Rosalía, el pan la lengua, etc.

    Me encanta y creo que son actividades con mucho contenido y amenas. A veces el camino de la difusión debe ser entretenido para que el mensaje llegue a cuanta más gente posible.

    ResponderEliminar
  13. Mensaxe clara transmitida dun xeito divertido tanto para as persoas que o fixeron como para as espectadoras. Elexiron un bo tema pra versionar.

    ResponderEliminar
  14. Paréceme unha iniciativa exemplar!
    Chama a atención a implicación tanto de alumnos (de todas as idades), como dos profesores. Tamén cabe destacar como no vídeo se apoia, por suposto ó galego, pero tamén a tradicións e actividades da vila como é o Pan de Cea. Considero que integrar os alumnos na sociedade e nas súas costumes é primordial para que non se cheguen a perder practicas de gran importanza como é o pan da vila de Cea.
    Actividades coma esta, aínda que é complexa (por organizar e coordinar tanto a alumnos como a profesores) creo que son máis produtivas que calquer clase teórica, e se aínda por riba saen así de ben…moito mellor!.

    ResponderEliminar
  15. Moi boa maneira de estimular o uso do galego!!!Parabéns para os implicados neste vídeo porque conseguiron un moi bo resultado.
    Encántame porque ademais de defender a nosa lingua fomenta o coñecemento de grupos de rock autóctonos como Siniestro Total e foráneos, ademais de movementos musicais coma o Bravú, literatura galega e gastronomía.
    A verdade, disfrutei moito vendo este vídeo 

    ResponderEliminar
  16. Paréceme unha gran iniciativa e de moita importancia. Pareceume á vez que atractiva, curiosa e unha forma diferente de motivar os nenos e de darlles ganas de falala súa lingua.
    Definitivamente maravilloso!

    ResponderEliminar
  17. Un video que amosa as cousas que se poden facer coa vontade dos integrantes dunha escola en defensa da lingua. Semella que os audiovisuais son unha ferramenta atractiva para os nenos e con grandes posibilidades, pois pode servir para transmitir mensaxes e abrir os colexios á sociedade, pois o propio colexio está a ensinar unha valiosa lección á sociedade galega.

    ResponderEliminar
  18. Encantoume!
    Paréceme un xeito moi bo de facer que os nenos amen a súa lingua.
    Trátase dun traballo en equipo moi logrado onde colaboraron nenos de tódalas idades xunto cos seus profesores e é un modo de que os rapaces o pasen ben aprendendo.
    Algo que moitas veces non se potencia porque supón traballo a maiores para o profesorado.Pero despois de ver algo tan fermoso..non paga a pena ese traballo extra?
    Por suposto que si :)

    ResponderEliminar
  19. Este vídeo é un exemplo de defensa e reivindicación da lingua galega a toda regra. Considero que é unha moi boa iniciativa en que os rapaces –alén de pasalo xenial, como xa dixeron os compañeiros- toman conciencia da defensa da lingua, empregando de pano de fondo a popularidade do pan de Cea. Ao mesmo tempo, póñense de relevo e visualízanse tamén as intelectualidades máis recoñecidas a respecto da reivindicación da nosa lingua: Rosalía e Pondal.

    ResponderEliminar
  20. Irene Sánchez disse...
    Esta moi ben, encantoume ver os nenos. E un exemplo como se di dunha iniciativa innovadora e barata, que implica os nenos que nunca olvidaran esta actividade. E probablemente tampouco o seu fondo.
    E incuestionable o valor didáctico destas actividades e ademais o seu resultado e xenial.
    Parece mentira que un grupo de nenos sen moito diñeiro faga isto e os políticos, en fin, o que fan sexa o que sexa.

    ResponderEliminar