terça-feira, 1 de novembro de 2011

Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario

Velaí tedes a ligazón que faltaba para entenderdes ben as bases que sustentan o decreto actual:

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/portal/Bases_para_a_elaboracion_do_decreto_do_plurilinguismo_no_ensino_non_universitario_de_Galicia.pdf

7 comentários:

  1. Polo que podemos observar nestas bases para a elaboración do Decreto do ano 2010 chamado decreto para o plurilingüismo, observamos claramente o que logo se plasmou no nomeado Decreto.
    Con isto que dicir que, aínda que non comparta moitos dos puntos establecidos neste decreto, creo q unha mala análise ou por dicilo de outra maneira, un intento de adaptarnos ó sistema educativo europeo fai que, no noso sistema se inclúa o ensino dun 33% das materias nunha lingua estranxeira cando o fomento da nosa lingua propia nin sequera foi conseguido.
    Estou totalmente de acordo cunha educación plurilingüe, certamente creo que sería o ideal para todo sistema educativo pero, como xa dixen en moitas ocasións en comentarios deste blog, temos que partir da base de coñecer ben o propio, a lingua do contexto, en definitiva a nosa lingua galega para así ter as bases necesarias para levantar sobre elas o coñecemento doutas linguas.

    ResponderEliminar
  2. O plurinqüismo é, baixo o meu parecer, un tema moi delicado e importante.
    Está claro que ó que lle deberíamos dar máis importancia é ó galego, xa que si non llo damos nos, quen llo vai dar?...eu penso que sin o noso apoio acabará existindo só nos libros de texto (espero con todo o meu ser que non...).
    Por outro lado está o castelán, que é a lingua do estado e a cal posee unha característica moi importante, penso eu, que é ser a segunda lingua máis falada no mundo. Polo cal é importante ter un amplo coñecemento da mesma.
    Ó longo do ano pasado tiben unha grata experiencia estudando no extranxeiro inglés (lingua extranxeira más importante no mundo capitalista) xa que na nosa terra vívese un momento de crise, e esta pódeche abrir portas laborais noutros paises.
    Despois da ultima experiencia en canto a linguas, cambiei un pouco a forma de ver o mundo, e penso que cantas máis linguas se sepan mellor, xa que son básicas para o desenvolvemento persoal e laboral. Co cal, aunque o por moito que me doia que o galego perda posicións no mundo da educación, penso que é importante tamén doctrinar noutras linguas, xa que isto enriquécenos e volvenos moito máis abertos a outras culturas.

    ResponderEliminar
  3. Coincido en que o plurilingüismo é importante, e máis no século XXI, onde viaxar é máis doado ca nunca e a mobilidade de persoas é enorme. Porén, coma din os meus compañeiros Estefanía e Abel, antes de aprendermos linguas extranxeiras deberíamos coñecer as nosas e ser bilingües galego e castelán e logo coñecer outras linguas. O certo é que non se poden aprender ben linguas extranxeiras se non se coñece ben a propia e, por outra banda, cantas máis linguas se coñezan, máis doado será aprendermos outras (sempre manténdonos dentro da mesma familia), por exemplo, de saber castelán e galego, será máis sinxelo aprender portugués.
    Así pois, considero que op plurilingüismo non é unha mala idea, pero non estamos no momento de levalo a cabo. Primeiro deberiamos cumprir os obxectivos establecidos para o galego.

    ResponderEliminar
  4. Pienso que el ampliar las lenguas vehiculares en la enseñanza y ofrecer la oportunidad a los alumnos de formarse en tres lenguas es toda una ventaja y el estudio de las lenguas propias no exime del aprendizaje y práctica de otras lenguas. La capacidad de los alumnos es suficiente para abarcar las tres y terminar el bachiller con un nivel óptimo tanto en castellano, gallego e inglés. No estoy de acuerdo en centrarse en la propia como dicen algunos de mis compañeros ya que si podemos aprender tres porque nos vamos a quedar con una.

    ResponderEliminar
  5. Dende o meu punto de vista, coincido totalmente con Abel, Natalia e Estefanía. Considero que un ensino plurilingüe é moi importante e máis na sociedade na que vivimos. Sin embargo, en moitas ocasións dáselle máis importancia ás linguas extranxeiras que as propias e creo que neste momento no que o galego se encontra nunha situación un tanto delicada, deberíamos centrarnos máis no uso do galego, en tódolos ámbitos (administración, ensino...)e ter un dominio completo tanto do galego, como do castelán. Con isto non quero dicir que teñamos que relegar a un segundo plano o aprendizaxe das linguas extranxeiras; que nos dará unha gran formación para o noso futuro, tanto académico como personal.

    ResponderEliminar
  6. Este documento establece as bases do posterior decreto do Plurilingüísimo, que é una resposta á demanda do mundo actual, onde é fundamental o coñecemento doutras linguas.
    Ademais, cantas máis linguas saibamos, máis doado será aprenderen outras.
    Pero penso que primeiro habería comezar polo principio. Habería que reparar as carencias da etapa anterior e sentar as bases para formar ós rapaces e que fosen competentes na súa propia lingua e a partir de ahí camiñar cara unha educación plurilingüe.

    Porque o que se pode albiscar é que este sistema prexudique ó galego e os nenos acaden a competencia desexada nas outras dúas linguas, agás no galego. Esperemos que non sexa así.

    ResponderEliminar