terça-feira, 1 de novembro de 2011

O neno que quixo ser excremento

Eu quero ser nube..., e ti?

17 comentários:

  1. Só unha frase: NUN CORPO CADA PARTÍCULA É IMPRESCINDIBLE ( non se pode engadir nada máis)

    ResponderEliminar
  2. Todos se burlaban do neno que quixo ser excremento...e ó final non resultou tan mala idea. Este conto é un claro exemplo para explicar porqué cada cousa é como é...a función que ten. Para min, este conto explica á perfección o simple feito de que nin o que parece máis forte o é de verdade, e á inversa. Como ben di a miña compañeira Laura, "Nun corpo cada partícula é imprescindible". E chego a relacionar o conto cas linguas tamén, e opino o mesmo...nin a lingua que parece máis forte o é, simplemente porque todas as linguas teñen o seu encanto, a súa utilidade e a súa función. En definitiva, todas as linguas son imprescindibles.

    ResponderEliminar
  3. Neste conto prentenden ensinarnos duas leccións;
    En primeiro lugar, cando os nenos se convirten nas cousas que lles asignou a mestra (ar, rocha, xabarín…) é cando se dan conta da súa importancia e de aspectos que non coñecían como observadores desas cousas. Se por un momento nos convertísemos nunha lingua, daríamonos conta da importancia que ten como transmisora de mensaxes, elemento socializador e un largo etc… así como tamén dos ataques que sofre.
    En segundo lugar anímanos a ser diferentes aínda que non sexa sinxelo (os rapaces burlábanse do neno que quería se escremento) porque o final atoparemos recompensa.

    ResponderEliminar
  4. Una lección contra la discriminación que podemos aplicar a muchísimas cosas (¡no a todas, hay cosas realmente despreciables!) y como no a los distintos idiomas: no menospreciemos una lengua porque parezca insignificante, conozcámosla, experimentémosla y entenderemos su razón de ser, . . . entonces comprenderemos que no seremos niños felices si no la valoramos.
    Solo una cosa en contra, si un niño, sin conocer el cuento, me dice que quiere ser el excremento, yo, pensaría que algo raro le pasa, eso no cuela.

    ResponderEliminar
  5. Persoalmente este conto pareceume unha inversión total nos valores necesarios da nosa sociedade. Todos os membros dela somos necesarios, e todos os que formamos o contexto aportamos o noso pequeno grao de area xa que, cada ser realiza as súas funcións e formamos unha cade na que se un peldaño desaparece, o funcionamento non sería o mesmo e ate a cadea desaparecería.

    ResponderEliminar
  6. Neste conto podemos ver unha clara lección dos principais valores que deberíamos seguir para poder vivir nun mundo mellor e tamén de que as apariencias engañan. Primeiro, hai que ser humilde e aceptar que ninguén e máis importante que outra persoa e que todos formamos parte da mesma sociedade, polo que debemos aceptarnos tal e como somos sen deixarnos guiar polas apariencias, que en moitas ocasións nos engañan, como era o caso do xabarín que aparentaba ser máis forte e era o máis débil.

    ResponderEliminar
  7. Un conto excelente onde se aprende que hasta Kiko, o personero do contó menos agraciado pola súa escolla, ten unha tarefa imprescindível na vida dos demáis. Así que máis xente a querer ser excremento e menos xabaríns, nubes e ventos.

    ResponderEliminar
  8. Nete conto reflíctese o equilibrio da natureza, o valor que posúe todo compoñente que a integra, por moi insignifacante que pareza. Nun principio pode semellar que hai algúns elementos máis importantes que outros mais simplemente hai que fixarse un pouco para descubrir que «non o que parece máis forte o é de verdade» como apuntou Tania. Por outra banda, gústame o xeito co que descubren realmente o valor das cousas, que é transformándose e actuando da mesma forma que o fan os elementos que representan, sentindo e vivindo coma eles, descubrindo eses trazos que te converten en diferente e polo tanto único. Paréceme que nos invita a unha reflexión marabillosa para que nos decatemos de que todos formamos parte dun fermoso equilibrio que non só o conseguen os que parecen máis fortes, senón o froito de traballarmos todos xuntos. Alén diso, cómpre suliñar outra reflexión que tamén considero importante: non temos por que actuar igual que os demais (o neno excremento) xa que pode ser que as nosas decisións propias non sexan erróneas pola sinxela razón de seren diferentes. Gustoume moito a relación que atopou Sara entre o conto e as linguas, paréceme unha moi boa alegoría. Non se me ocorrera. Porén, unha vez lido o comentario, fíxome reflexionar. A lingua minorizada sofre desprezos e desonsideración por aqueles que conviven moi preto dela, que pensan que conviven ao seu lado, sen necesitala, mais conviven con ela. Só se realmente deciden transformarse nela para sentiren o mesmo que sente, descobren eses trazos que a fan única, eses trazos que non están presentes nesas outras linguas repletas de alabanzas e preferencias. A diferenza recae no xeito de se transformar na lingua: é transformándose en aqueles que a empregan, é dicir, nos seus falantes.

    ResponderEliminar
  9. Este conto o que nos ensina é que as apariencias enganan, e o que nun principio o que pode parecer malo ou insignificante ó final pode ser necesario ou incluso imprescindible.
    Neste caso o neno que quixo ser excremento foi valiente ó tomar a sua decisión, e aunque nun principio se metian con el, ó final foi respetado e incluso admirado pola sua valentia.

    ResponderEliminar
  10. Para min este conto mostra de forma muy clara,tanto a nenos coma a adultos o concepto de unidade e interrelacion entre todos nos.
    Todos somos parte dun todo,como decian antes,cada un e un eslabon da cadea,e unha parte,sen a cal,desmoronariase todo o demais.
    Isto é tanto na natureza,onde todo esta en equilibrio co demais,isto vese nos ciclos xeoquimicos,da agua,dos elementos...na sociedade,onde cada un fai a sua funcion e ningunha e menos ou mais que outras senon que todas son importantes.
    Gustoume moito o paralelismo coas linguas:cada lingua permite o achegamento a unha cultura,coñecer unha cultura permite coñecer unha cosmovision,unha literatura,unha musica...unha riqueza.

    ResponderEliminar
  11. Identifícome co rapaz xa que eu de pequeno sempre queria ser excremento... Bromas a parte, cada persoa ten a súa importancia nesta vida, tódalas persoas son importantes e imprescindibles( salvando claro está excepcións, pero estou poñendo o caso de persoas "normais") e basicamente que as cosas non son en realidade o que parecen,e hai que dar sempre oportunidades a todo o mundo, sen prexuizos nin discriminacións, porque vése neste conto que ó final o neno é respetado por botarlle narices e elixir a opcion do excremento.

    ResponderEliminar
  12. Como xa quedou dito por aí arriba, existen mil diferencias, e ser diferente non é síntoma de ser máis ou menos necesario. A natureza, recollida e explicada pola mestra do conto, é exactamente iso, a conxunción a integración de diversos elementos con diversas funcións interactuando e contribuíndo en igualdade de condicións a crear un todo perfecto, perfecto xusto por recoller ata o que máis imperfecto poida parecer a primeira vista.
    Todo isto faime reflexionar en todas esas expresións que tantas veces se din e proclaman como ideais: multiculturalidade, afirmación da identidade na diversidade, crisol de culturas... e cousas semellantes que moitas veces pensamos que son tan só boas palabras e boas intencións, mais baleiras de todo contido (e, quizá si, quizá é certo que así é como se empregan). Mais é verdade, que sexan empregadas hipocritamente non fai menos necesaria ou menos importante a mensaxe que levan de fondo. A importancia da integración, a riqueza de conxugar visións, culturas, linguas, elementos... o que sexa! Na uniformidade non hai riqueza, e se somos radicais, nin supervivencia pode haber (xa o dicía Darwin, non?).
    E parece que si, que niso podemos chegar a concordar todos, mais tamén creo que sería enriquecedor non quedarse na superficie e deterse un pouco a reflexionar criticamente que é entón o que fai que se prestixien certos elementos (en elementos meto todo: linguas, culturas, persoas, excrementos e xabaríns) e non outros, que intereses moven esas relacións. E paréceme crucial esa reflexión crítica, porque non nos podemos converter no "outro", temos que comprendelo, e a partir de esa comprensión entender o mesmo que entenderon os cativos do conto coa metamorfose, entender as diferenzas e a súa importancia, entender o papel de cada cal, o seu valor e ver que non, que non é necesariamente mellor ou preferible o que leva simplemente a etiqueta prestixio. Así pois, non renunciemos de boas a primeiras ó que é de noso simplemente porque quede máis bonito o que vén de fóra. Sexamos un pouco críticos e, antes de decidir, pensemos se estamos seguros de querer ser xabarín coa veda aberta. Pode que así xa non nos guste tanto, non?

    ResponderEliminar
  13. Non podería estar máis de acordo con Laura, "nun corpo cada partícula é imprescindible", ó igual que nunha lingua, cada graniño de area que aportemos conta. Cada persoa que o falemos, cada texto que escribamos nel...

    Dá unha gran lección moral este conto. As apariencias enganan, ¿quizáis? A gran frase do minimalismo: "Menos é máis"... nonsei, faime pensar.

    Coincido cos meus compañeiros na idea de que un é consciente ou toma conciencia de algo cando o vive na súa propia pel, o neno que quería ser xabarín, porque aparentemente é forte, esbelto... de repente séntese asustado, con medo a morrer, a ser cazado... mentres o neno que quixo ser excremento, ¡qué valente e maduro!, sentiuse xenial sendoo, pois axudaba a medrar as árbores, as plantas, nutria a terra... os papeis invírtense; fálase indo máis alá da paradoxa da vida.

    Aplicándoo á lingua, quizáis tal e como explica Sara deberíamos convertirnos en lingua para ver a importancia que ten, a importancia das súas mensaxes que transmite, dos seus recorridos, para ir máis alá e sentir mágoa cando nos desprecen, cando nos pechen portas, cando nunha conversa nos deixen de lado, cando nos pisoteen e nos tiren ó lixo... tamén para sentir ledicia cando cantan con nós, cando nos sentimos útiles para dar discursos, clases, para transmitir coñecementos, non só a nivel formal, senón con lendas, cando formemos parte da poesía, e volemos co vento coma nos versos de Rosalía. Ledos cando vexamos que nos queren...

    eu pídome ser lingua! Galega por suposto! :)

    ResponderEliminar
  14. Es una historia amena y didáctica. En ella se cuenta que un día una profesora se va con sus alumnos al bosque a dar la clase. Ya entre los árboles estudiarán la naturaleza y preguntará quién quiere ser jabalí, una roca o un excremento. Es una historia que enseña que no hay que despreciar nada ni a nadie porque todos cumplimos una misión y no hay nadie ni nada menos que los demás sino que todo es necesario en su justa medida y en según qué momento.

    ResponderEliminar
  15. Hoxe en día todos cremos que existen cousas que non teñen unha función. De vermos as cousas dende outro punto de vista, todo ten a sua función, coma se nos di no conto.

    Este conto fainos pensar que as nosas ideas estan baseadas en prexuizos e en falta de coñecemento. Denantes de dicir unha cousa deberíamos de informarnos primeiro. Como moi comunmente se dí, falamos de todo, pero nada sabemos.

    ResponderEliminar
  16. Unha metáfora que serve para moitas situacións da vida: “non é ouro todo o que reluce nin toda a xente errante anda perdida”. Do conto pódese extraer unha imaxe da situación sobre unha lingua que e pouco valorada e mal considerada a pesares das súas grandes bondades. Penso o mesmo que os meus compañeiros cando din que moita xente “xulga o libro pola portada” e despreza aquilo que non coñece. No caso do galego padecemos durante moitos anos o menosprezo de moitos que xulgaron o galego superficialmente e non se molestaron en saber máis del nin de apreciar o gran valor que posúe. O neno deste conto simboliza a aqueles libres de prexuízos, que son capaces de ver máis aló do que din e pensan os demais e que son capaces de recoñecer o verdadeiro valor das cousas.

    ResponderEliminar
  17. E unha historia amena, sinxela e con un alto contido educativo. Moitas veces desprezamos as cousas pero nin sequera saber a súa importancia.
    Unha historia de prexuizos, e de que todo na natureza esta hai por e para algo.

    ResponderEliminar