terça-feira, 1 de novembro de 2011

Análise comparativa dos decretos

http://www.coordinadoraendl.org/doc/NEGOPINA_NOVO.pdf

8 comentários:

  1. O Decreto 247/1995 foi un importante intento de normalización lingüística para a aplicación nas ensinanzas non universitarias. O gran erro deste foi o non seguimento do cumprimento deste por medio de inspeccións, polo cal en moitos centros educativos non se cumpliron as espectativas.
    O Decreto 124/2007 poderíase definir como o decreto do fomento, é dicir, da promoción do galego no sistema educativo non universitario, facendo un seguimento do seu cumprimento, obrigando o contacto directo có galego dende a educación infantil.
    O Decreto 79/2010, o famoso decreto do plurilingüismo, forza dividir a ensinanza en galego, castelán e unha lingua extranxeira (que normalmente é o ingles) equitativamente. Define tamén que ensinanzas teñen que ser adoctrinadas en castelán, sendo estas as máis demandadas polos estudantes (matemáticas, tecnoloxía,...).
    Como conclusión podemos decir que o galego perdeu forza co último decreto, pasando a ser unha lingua de menos prestixio social.

    ResponderEliminar
  2. Como xa dixéramos en clase, o problema é que o uso e fomento do galego quedan restrinxidos a un marco teórico nos decretos. Sen medidas axeitadas para comprobar que todo se leva a cabo é moi difícil que se introduza o galego nas aulas. Con todo, paréceme ben ter clases inglés ou noutra lingua extranxeira, pero se cadra hai que mellorar a visión que temos do noso e conseguir unha harmonía e bilingüismo entre galego e castelán antes de pasarmos a outras linguas.

    ResponderEliminar
  3. Como ya había analizado en la entrada del blog "Decretos sobre o uso da lingua no sistema educativo", pienso que el Decreto 79/2010 es una mejora de los dos anteriores y en sus bases incluye la reflexión y realidad de que hoy en día las lenguas extranjeras (principalmente el inglés) son un hándicap y una herramienta necesaria en el día a día en este mundo de la globalización en que vivimos.

    Sigo manteniendo que la inclusión de nuevos elementos como el inglés como lengua vehicular en la enseñanza es un gran avance para la enseñanza en sí misma y para los alumnos ya que ahora terminarán ss estudios con un nivel óptimo de inglés hablado y no sólo escrito, y seguirán reforzando el uso y aprendizaje del castellano y gallego puesto que el decreto contempla un uso equitativo de los tres. Los alumnos tienen la capacidad para eso y más y el derecho de ampliar sus horizontes y aprender y expandirse más allá de lo cercano y ya conocido.

    Cuando oigo o leo que hay que centrarse en el gallego me acuerdo de las muchas veces que he escuchado a alguien decir que en otros países hablan perfectamente dos o tres lenguas extranjeras y admiramos que eso sea así y decimos mira aquí quçe nivel tan bajo tenemos y siempre anhelamos poder tener eso y dominar las lenguas extrabjeras sobre todo en el oral que es donde patina la gran mayoría. En cambio, ahora nos ofrecen la posibilidad de realizar eso desde pequeños y acabar los estudios obligatorios con un muy buen nivel de inglés y lo primero que hacemos en vez de alegrarnos es pensar que le quita protagonismo al gallego y que deberíamos practicar más gallego y dejarnos de lenguas extranjeras mientras no dominemos lo nuestro. Como si eso fuera incompatible...

    ResponderEliminar
  4. A pesares das carencias, que considero, que presentou a política lingüística en Galiza, é importante destacar a labor dos últimos anos por mellorar esta situación que consegue ser, cada vez máis produtiva, e vese reflexada coa lexislación aprobada nos últimos tempos sobre o uso escolar das linguas.
    Para comezares a falarmos dos decretos, antes debemos facer alusión a Ley de Normalización Lingüística (LNL) elaborada no 1983, que garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galiza e asegura a normalización do galego en todos os campos da sociedade. Neste punto é cando toman partida os seguintes decretos, entre outros: decreto 247/1995, decreto 124/2007 e o decreto do 79/2010 (decreto do plurilingüismo); por seren a vía a través da cal a LNL se vai desenrolando para regular o uso e a promoción do galego no sistema educativo.
    En primeiro lugar o Decreto 247/1995 pretendía difundir o galego nas aulas e para iso marca unha serie de materias que como mínimo debían ser impartidas en galego (o problema fundamental do decreto, foi precisamente que non se cumpriu xa que non existiu ningunha inspección que o regulara).
    O Decreto 124/2007. Mantense nel o mesmo criterio que no decreto do 1995, pero incrementase o seu número para asegurar que o porcentaxe alcance, como mínimo, o 50%, e conseguir aproximarse así a unha ensinanza bilingüe. Intentase con este decreto fomentar a lingua galega e equiparala o castelán.
    Por último destacamos o polémico decreto do Plurilingüismo (por algúns chamados Unilingüismo) que pretende garantir o nivel das dúas linguas da comunidade autónoma e a maiores potenciar as competencias nunha lingua estranxeira, preferentemente a inglesa. Para isto o Decreto 79/2010 establece que un terzo das horas semanais se oferte en galego, outro terzo en castelán, e por último prevé que o terzo restante se poida impartir na lingua estranxeira. O número de horas nas que a lingua galega se usaría como vehicular pasaría de entre 10,25 a 12,5 (no decreto 247/1995) a entre 12 e 13 (no decreto 124/2007) e finalmente a como máximo entre 7 e 9 horas no decreto do pluriligüismo, co que queda comprobado como se rebaixa a presenza da lingua galega como vehicular.
    Podemos rematar comentando que a existencia de algúns decretos melloraron a concienciación da poboación galega en canto a utilización do noso idioma, o integrarse, nalgúns ámbitos como a administración e a educación; pero o certo é que con este último decreto a competencia do galego diminúe cedéndolla o inglés e o castelán, podendo isto chegar a empeorar a situación que vive o galego na actualidade, onde está comprobado que diminúe o número de galegofalantes, especialmente a xente nova de areas urbanas.

    ResponderEliminar
  5. Os paso un enlace muy interesante de Europa Press sobre un estudio de la UPF http://www.europapress.es/sociedad/educacion/noticia-bilinguismo-favorece-concentracion-20111122172553.html

    ResponderEliminar
  6. O Decreto 124/2007 recoñece en sí mesmo que o anterior Decreto 247/1995 fracasou. Xurde polo tanto para intentalo de novo e con máis forza, pero catro anos despóis vemos parecidos resultados co anterior. Aquí destaca que volve a non regularse un uso do galego na educacion infantil, etapa moi importante para a adquisición dunha lingua.
    A pesar de concretar as materias a impartir e nas que se fale en galego nas distintas etapas educativas tampouco este decreto se chegou a implantar obedientemente en tódalas escolas e institutos e dese xeito non tivo os efectos desexados. A día de hoxe son moitos os centros que non cumplen co que din estes artigos como tamén é grande o número de alumnado que non ten adquiridas as competencias nas dúas linguas oficiais de Galicia. É este un decretro amplo e de moi boas intencións, que crea organismos internos ós centros educativos para potenciar o uso do galego como son os equipos de normalización lingüística e xerar así maiores espacios de uso, mais de non haber un control estricto da parte das administracións en canto o seu cumplimento non fará que a situación do galego cambie nas aulas.

    Tan só tres anos despóis nace o Decreto 79/2010 do plurilingüismo no ensino. Ten a intención de que unha terceira lingua extranxeira sexa tamén adquirida polos centros, docentes e alumnado, a poder ser o inglés sen olvidar o pretendido bilingüismo en galego e castelán. Este decreto resulta perxudicial para o galego xa que, de aumentarse as materias impartidas noutra lingua, éste perdería horas nas aulas polo que o seu uso diminuría a favor dunha lingua extranxeira. Frena pois as iniciativas de potenciación da lingua galega.
    Ademáis non existe un marco real no que o profesorado e o alumnado estean capacitados para impartir e recibir una materia en lingua extranxeira, polo que non se axusta á realidade galega.
    Sería ideal que todo o que dicta este decreto se cumplise nas aulas, é dicir, que se lograra falar en igualdade de condicións as tres linguas, galego, castelán e inglés e conseguir unha docencia e un alumnado con competencias plurilingües, mais parece un ideal utópico ó que chegar máis que unha realidade realmente alcanzable.

    ResponderEliminar
  7. A situación do Galego foi de mal en peor co paso do tempo.No decreto 247/1995 o galego tiña que ser falado na administración, na escola,tanto ámbito rural coma urbano, xa que era un compoñente indispensable da cultura da galega. Co seguinte decreto, o galego perdeu forza xa que dicía de promovelo pero dun mal xeito, xa que o se uso se deixaba en mans doutras persoas( no caso de escola en mans das familias).Deste xeito a xente non o falaba, habia unha demagoxia de que o galego se favorecia no oral e na escrita, e non era así. Era como un engano para que a xente pensara que o galego estaba protexido, e en lugar de promovelo perxudicábano. O último decreto mostra que o galego decaeu tanto ata a chegar ó punto de ser sustituido ademais polo castelán por outras linguas extranxeiras como é o caso do inglés, xa que hoxe en dia coñecer unha lingua extranxeira é un plus no currículo. Entón dáse a entender que o galego non é importante, xa que non se fala e que non é útil. En conclusión o galego estibo sempre eclipsado polo castelán e hoxe en día empeza a estar eclipsado ademais por outras linguas polo que é un problema añadido para á súa divulgación, normalización e demais factores positivos.

    ResponderEliminar
  8. Para o meu entender o Decreto 247/1995, fracasou como ben di Jose Togores, e para solucionar as carencias que provocou creouse o Decreto 124/2007 que tentou darlle un maior impulso ó galego, instaurándoo no ensinp, administración... Foi un paso adiante.
    Co Decreto 79/2010, pretende conseguirse o plurilingüismo, establecendo porcentaxes igualitarios para ambas linguas. Pode ser un paso atrás na adquisición e coñecemento dp galego, pero un paso adiante na adquisición doutras linguas.

    ResponderEliminar