quarta-feira, 16 de novembro de 2011

Un agasallo que nos fixo David

Póñovos esta ligazón que enviastes un de vós e que está estupenda. Vai sobre os (ab)usos do inglés:

http://www.ted.com/talks/lang/es/patricia_ryan_ideas_in_all_languages_not_just_english.html?awesm=on.ted.com_9AQD

14 comentários:

  1. Penso que se trata dunha visión moi axeitada do que está a ocorrer nos nosos días. O inglés é útil, sen ningunha dúbida, pero a utilidade non implica exclusividade. O máis importante é coñecer o que nos aportan cada unha das linguas, saber que non só constitúen unha fórmula para comunicarnos mais tamén unha fonte de coñecemento. Asemade, poderemos ser capaces de valoralas e coidalas, do mesmo xeito que coidamos e defendemos todo aquilo que consideramos noso, que nos pertence.

    ResponderEliminar
  2. Moi útil, sobretodo para aquelas persoas que pensan que non hai nada de proveito no multilingüismo, que ven nel unha barreira cando a barreira é en realidade, como podemos ver nesta conferencia,o feito de lle dar tanta importancia a unha sóa lingua. Deberiamos apreciar, como se di na conferencia, a diversidade en tódolos seus aspectos, que gracia tería ir a China se todo estivese escrito en inglés, se os traxes típicos os deseñara Inditex e se o sitio máis orixinal no que comer fose o McDonalds? Por último darche as grazas David, xa que este video xa está no facebook dalgún amigo un pouco cabezón co que canso de discutir...non hai mellor argumento.

    ResponderEliminar
  3. A profesora mostra unha análise moi boa do que está a ocorrer na actualidade, e cos exemplos que emprega sustenta firmemente os seus argumentos. A diversidade non debe ser motivo de exclusión, senón de inclusión, de utilidade, de normalización...en definitiva, algo do que deberiamos estar orgullosos e, ademáis, mostralo. É un video moi útil, xa dende o momento no que a crítica é feita dende a perpectiva dunha profesora de inglés, algo o que, quizáis, estamos menos habituados. Esta propia proxección, pois, é en si mesma un dos mellores argumentos.

    ResponderEliminar
  4. Pues por eso, ya que somos pro-multilingüismo (yo la primera) y diversidad, ¿por qué criticar el decreto del plurilingüismo si en definitiva lo que hace es incluir otra lengua en la enseñanza como lengua vehicular?

    Que el inglés es la lengua de la globalización y que cada día millones de lenguas acogen palabras inglesas como propias es un hecho, pero desde mi punto de vista no es la causa por la que algunas lenguas minoritarias están en peligro, sino porque los hablantes de esas lenguas con el paso de las generaciones van dejando de hablarla.

    ResponderEliminar
  5. Pode que o inglés non sexa a causa directa de que moitas linguas estén en situación de perigo, mais si precisamente o feito de que desde a administración ou o goberno se priorice o emprego do inglés en determinados eidos fronte as linguas que están en perigo. Asemade, se están en perigo cómpre ofrecerlles unha protección suplementaria para que poidan acadar unha situación "normal". Se estamos dacordo con que o sistema educativo constitúe o núcleo para levar a cabo a tarefa de normalización, mediante o uso do galego como lingua vehicular, e xa con esas atopamos que existen obstáculos dabondos para que se leve a cabo dita normalización, non vexo ningunha razón pola cal se teña que introducir como lingua vehicular unha lingua que non posúe carácter oficial no noso estado que non fará outra cousa que disminuir as horas de emprego dunha lingua que si o ten, sobre todo cando estamos a dicir que a lingua está en perigo e hai que protexela (xa sen meternos na cuestión de se existe o persoal capacitado para facelo). Se teoricamente a presenza do galego actual na escola debe ser do 50% e a súa situación segue a ser preocupante, que pasaría se pasa a ser do 33% ? Os alumnos pasarían a adquirir máis competencias en inglés (por suposto en teoría, teño serias dúbidas) mais, a que prezo?

    ResponderEliminar
  6. Este paréceme un vídeo moi acertado e moi bo, que ten moito que ver co texto de Teresa Moure, cando fala da importancia doutras linguas e da euro-centralización que lle outorga unha gran importancia ó inglés, como se o inglés, nos levase seguros da man polo mundo adiante. Xa expuxen moitas veces esta idea en diversos comentarios, e recalcoa de novo: ¡Depende para onde queiras ir! Tomouse a idea, sen embargo de que o inglés culturizaba e daba poder ás persoas que o souberan, de aí este intento de homoxeinización da sociedade, para todos comunicarnos no mesmo idioma, convertíndonos así asasinos do noso pasado.
    Moi curioso o exemplo que pon das prantas, de que aprendeu moitas formas de denominación árabes para elas, palabras que no inglés non estaban recollidas, e o mesmo que se nos vamos ó polo norte e os esquimais nos din os distintos tipos de branco que coñecen, ó redor de 30 se non recordo máis, mentres que para nós é tan sinxelo como dicir "é branco", como moito, chegamos ó branco cru, e no mundo das artes ó branco titanio ou de cinc, e paramos de contar...
    Importantísimo o termo de comunicación interxeracional; esta dáse a través da propia lingua, linguas que en moitos países desgraciadamente se están perdendo. Prodúceme calafríos a espantosa cifra de que cada 14 días morre unha lingua...
    Novamente neste vídeo sae a idea de eurocentrismo, por dicilo de algún xeito, pois a xente pensa que as universidades occidentais son as mellores, de aí a potenciación do ensino de inglés para poder asistir a elas.
    Estou totalmente de acordo con David neste último comentario cando di, ¿a qué prezo sae o impoñer o inglés na escola e facer que o galego pase a ter unha presenza do 33% en vez de do 50%? Se xa hai problemas hoxe en día coa lingua, non me quero nin imaxinar qué pasaría se vai desaparecendo desta maneira da educación, porque supostamente é moi importante o introducir outras linguas… Estou de acordo con que saber outras linguas é bo, pero… ¿e si comezamos a defender, aprender e investigar na nosa? Para cando sexamos competentes nela nos sexa máis doado poñernos coas outras?
    Para rematar gustaríame facelo citando textualmente o final do vídeo: “Celebremos a diversidade, cuidemos a nosa lingua, empreguémola para compartir ideas”

    ResponderEliminar
  7. Gracias pola oportunidade que nos dades de poder ver este vídeo que me gustou especialmente tanto en contido como en forma. Penso que a profesora se explica moi ben e pon exemplos moi claros e interesantes. Moitos destos temas xa os falamaos nas clases, e gardan relación cas lecturas que fixemos. Coincido en que o inglés e a lingua da globalidade e da modernindade e que hoxe necesitamos unha lingua mundial pero q ue iso non debe ser a causa de abandono de outras linguas e que debemos apreciar a diversidade porque é moito máis útil do que podemos imaxinar polo saber e o coñecemento que nelas está implícito.

    ResponderEliminar
  8. O video de Patricia Ryan pareceume moi interesante por dúas razóns:

    1) Ela é profesora de inglés, polo tanto o seu alegato en favor da diversidade lingüística, resulta inusualmente imparcial e lúcido.

    2) Recoñece as relacións entre linguaxe e pensamento; a lingua en que falaba condiciona as categorías en que podemos pensar.

    A defensa que fai a favor da diversidade lingüística apóiase en argumentos lóxicos e exemplos reais sen caer no sentimentalismo. Así, aínda que a aculturación é un tiste fenómeno que vai da man da globalización lingüística en inglés, ela incide en argumentos máis prácticos: canta máis diversidade lingüística exista, máis recursos e solucións teremos. Patricia Ryan non se opón á aprendizaxe dunha lingua estranxeira (inglés) senón á ignorancia e á exclusión dos individuos que falan outra lingua e teñen unha cultura distinta da occidental.

    ResponderEliminar
  9. Patricia Ryan, fai unha reflexión que aínda que densa en contidos, debido probablemente o seu extenso coñecemento das lingüas como profesora, e sinxela de entender, e amena. Facilita a comprensión dunha situación que se esta a producir desde xa fai moito tempo, pero que nos últimos anos parece agudizar as diferencias entre os "mundos" occidental, arabe, africano ...
    Unha reflexión moi importante, por que as veces parece que pertencemos a mundos distintos, e que xa so importa o que pasa en Inglés.

    ResponderEliminar
  10. Pareceume un video do máis interesante. O inglés é moi útil, e tódolos días e a tódalas horas estamos vendo constantemente palabras e expresións do inglés tanto no galego como no castelán. Non estou dicindo que seña algo malo, simplemente estou dicindo que pensó que é un pouco esaxerado este uso que se lle da, Creo que na nosa lingua, temos de sobra palabras para designar cousas paras as que habitualmente usamos expresións en inglés. Non estou a favor de traducir todo nin de deixar todo como está, pero facer deberíase traballar máis a favor do galego.
    Considero que, como ben di Silvia Prieto, as linguas en moitas ocasións vanse perdendo porque os seus falantes van deixando de usalas; porque as novas que se introducen son máis divertidas e estás máis a moda se as usas. Pero non se trata dunha cuestión de modas, trátase dunha cuestión de identidade, de pérdida dunha lingua. Está claro que hai cousas que se din en inglés (marcas, productos orixinarios) que non se poden cambiar, pero hai outras palabras que si, como “parking” podendo decir aparcadoiro. Os galegos tamén nos deberíamos concienciarnos e saber ata que punto se debe ou non usar o inglés e para qué.

    ResponderEliminar
  11. Creo que es un discurso que muestra muy bien la utilidad de las distintas lenguas, que como vehículos de la cultura contienen gran cantidad de conocimientos, algo de lo que muchas veces no somos conscientes.
    Y parece muy acertado que lo haga al mismo tiempo que elogia los beneficios de un idioma común ya que, ambas cosas no son incompatibles.
    Por otro lado, me ha llamado la atención lo que ha comentado en relación a los exámenes de idiomas para el acceso a las universidades en países de habla inglesa, porque le he visto un paralelismo, salvando las distancias, con el hecho de que aquí se pidan los dos idiomas oficiales a los trabajadores del estado, incluso a veces, de forma velada, a otros en los que no serían obligatorios, como en ciertos casos de docencia universitaria. Esto, que es necesario para conseguir el bilingüismo, también puede cerrar las puertas o alejar a grandes profesionales.
    En cuanto a la incorporación del inglés en el currículo, lo encuentro una medida muy útil, pero se tendrá que poner un especial cuidado para que no perjudique al gallego, cosa que en mi opinión no hace el decreto del 2007.

    ResponderEliminar
  12. Pareceume moi interesante o video e dende logo, curioso que a principal conferenciante fose profesora de Ingles. Dende logo a perda de coñecemetnos e costumes é unha magoa, pero o freo que se lle está a dar a xente intelixente polo feito de non falren inglés me parece, canto menos, inxusto. Non so fas un desprezo a esa persoa, se non tamén a sua lingua, cultura e pais. Dende logo non todo o mundo fala ingles, pero que sexa unha obriga, e canto menos vergoñoso.

    ResponderEliminar
  13. Certamente o pensamento basease na língua, a perda de línguas implica unha homoxenización global dos esquemas do pensamiento que ben poderían reducir o inxenio colectivo. Neste video plantexase o inglés como unha língua invasora que agrede as línguas nativas e que lles rouba os seus falantes perdiéndose a si a comunicación interxeracional que ben acompañada da perda dunha valiosísima parte da cultura. Estou dacordo coa autora na necesidade dunha lingua de carácter global que nos permita comunicarnos cos demáis pero non a costa da perda da diversidade linguística.

    ResponderEliminar
  14. O vídeo encantoume e concordo coa profesora que expón que pecharse a outras linguas, e aos seus falantes, é perder coñecementos e intelixencias valiosas. Pero, iso non quere dicir que como o inglés é unha lingua de globalización xa haxa que relegala aos ámbitos académicos. Non é soamente porque o inglés vai pagar as miñas facturas nun futuro, espero, non moi lonxe de aquí, senón que tamén porque xa que o inglés é unha lingua de globalización, aproveitémonos dela. Moito se di en contra dese movemento global, pero aceptemos que existe e aproveitémonos del. Hoxe en día temos por unha parte que asegurar que non se perda a nosa cultura e os saberes que garda, pero deberiamos tamén conectarnos ao mundo e inxectar esa cultura non só en círculos de aquí, tamén nos de alén.

    ResponderEliminar