O principio empezase a debater cales serían os temas máis importantes; na maioria dos casos a participación faise razoando, achegando argumentos e respectando os turnos de palabra.
É curioso que a pesar de se situaren aleatoriamente, durante a maior parte do debate a disputa centrase nás dúas bandas da clase, e case sempre se responden os que están mais ou menos enfrente.
A medida que vai avanzando o debate, algúns solapanse, debido ao acaloramento da conversa sen escoitar todo o que tiña que dicir a persoa anterior. É máis importante (útil, léxico …)ou a (educación, a rede, e o teatro)? Pois en vista dos bos argumentos dos nosos compañeiros quedamonos coa educación , a rede e o teatro (é a mellor forma de chegar a xente).
A profesora tivo que intervir xa que aínda que se debatían asuntos concretos, se desviaban do tema central , ordenalos por prioridades.
Despois dun anaco de debate parece que os bos argumentos deixaron claro cales deberían estar o principio, e cales o final. Aínda que haxa discrepancias e pequenos movementos na lista que todos faríamos. A idea xeral esta clara, e aínda os máis reticentes aceptan a elaboración dunha lista consensuada.
A algúns costoulles arrincar bastante, pero o importante é que case todos acabaron achegando o seu granciño de area a pesar do duro que nos pareza as veces falar diante de todos.
Sem comentários:
Enviar um comentário