sexta-feira, 11 de novembro de 2011

A CRTVG

Como tamén falamos da importancia dos medios de comunicación e, aínda que eu son moi pouco partidaria da tele (moito máis da radio), coido que é moi interesante a reflexión que nos envía Iolanda en formato de vídeo, onde se dá conta do problema que suporía a transformación dunha compañía pública ao servizo do maioría social do país, a través da promoción da súa lingua propia, nunha compañía privada onde só se tivesen en conta os intereses dos mercados. Velaí vai a ligazón:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=GnGr7dYK6bA

20 comentários:

  1. A nosa TVG cumple os intereses do partido de turno, que ven a ser o mesmo que cumprilos intereses dos mercados. A única diferencia que lle vexo é que a pública a pagamos todas e a privada a paga publicidade. Ademáis tres canles autonómicas cheiran...(TVG, TVG2 e GTVEUROPA). Para min é preciso outro tipo de TVG

    ResponderEliminar
  2. Eu neste caso discrepo con ambos. No tema tele-radio, penso que é un tema de servizo, a tele naceu como mellora da radio, todo para conseguir unha comunicación o máis próxima posible. Disque xa hai cines 5D, con cheiro e vento, e como animais curiosos que somos, penso que a tele e o que veña despois dela terá moito terreo que gañar. Desde logo preferiría ter 5 canais de tele en galego que 15 de radio. No que apunta Jose, eu penso que o estado debe servir aos cidadáns, non se trata de facela sustentable por si enchéndoa de anuncios. O estado desde o meu punto de vista ten gastar os nosos impostos en dar servizos. Sería un gran retroceso que a TVG caera en mans de Iberdrola por exemplo, podería quitar todos os programas en galego e ala vai o servizo público. Se é por privatizar pois privaticemos a TVE, a Policia, os militares, caritas, a casa real, a sanidade, etc.. -digoo en serio, se o plan é privatizar levémolo ás últimas consecuencias-. Estou dacordo que a actual TVG está cos intereses do partido que goberna Galicia, e iso é noxento, estou dacordo, pero hai fórmulas para evitar iso sen recurrir á venta ao mellor postor. Desde o meu punto de vista o tema vai por outro camiño. Quérese privatizar as teles autonómicas porque entre outras cousas procúrase facer do estado un modelo monolingüe. A día de hoxe non se entende que unha persoa de Tui non poida ver a tele portuguesa, e os do outra beira da ría si, iso non ten nada que ver coa tecnoloxía e si moito coa política.

    ResponderEliminar
  3. Quizáis porque eu son moi positiva velái vai o meu punto de vista positivo deste vídeo.

    Paréceme moi interesante a maneira que teñen de enfocar o tema da lingua, a importancia que lle dan a que as noticias, os programas que falan de nós, da nosa cultura, como di unha señora "contan cousas cercanas a nós", sexan en galego. É moi importante sinalar que o feito de ter unha televisión galega fai que a xente que ven de fóra se achegue ó noso idioma penetrando de mellor maneira nas súas vidas, non só pola relación coas persoas do entorno, que moitas veces por desgraza, como levamos visto, aínda estando en Galiza non son en galego, senón porque escoitandoa, familiarizándose con ela, fai que vaia calando no suconsciente da persoa. É curioso, esta historia sóame familiar, pois o ano pasado que estiben en Valencia, eu familiarizábame co idioma da misma maneira, vendo os seus canles...
    Está claro que todo é manipulable como din os meus compañeiros, pero non só a televisión é a manipulada, todo no noso entorno, tódolos medios de comunicación, e é por iso que tódalas visións que saen no video tamén, son visións positivas do tema da lingua e a favor de que haxa canles en galego. Ben escasos, para o meu gusto, tal e como apunta Alexandre. Aínda así hai algo, que baixo o meu punto de vista se lles escapou, apenas sae xente nova, rapaces, na grabación, se nos fixamos todos os que falan a favor son xornalistas, actores recoñecidos galegos... e o resto é xente maior. Si abonda as señoriñas maiores que din que están totalmente a favor, e que só ven esa canle, mais ¿qué pasa coa xente xove? ¿ten razón, entón, segundo o que aquí nos mostran, a muller que di que o problema da tvg é que só o ve xente maior ou xente do rural? Non estou de acordo con iso, é máis, paréceme unha falta moi grave afirmalo... Novamente estamos cos prexuízos tan criticados en vídeos como o da "inepta" non se lle pode chamar doutro xeito, concursante de Gran Hermano, xente que educa ós seus fillos en castelán... esa é a mentalidade dos galegos... Qué magoa! e escápaselles isto dentro dun video en defensa do galego! iso si que é un grave erro...
    Polo demais todo me parece correcto! paréceme moi ben que defendan a televisión pública, eu tamén o fago, eu tamén me mollo como di unha das señoras do video, e non só a tv senón tamén a radio, e estas deberíanse expandir... se a televisión se chega a privatizar, co manipulada que xa está agora... nonsei onde iriamos a parar!

    Pero como xa dixen o meu punto de vista é sempre positivo, apoio todas estas iniciativas, e deberían ir máis alá a xente que pode chegar a ter influencias nos medios, e non só quedarse con facer un curtiño de nada! senón movilizarse para que o noso idioma fora máis alá, que pasara fronteiras, crear novas canles de novos intereses, máis programas, máis películas en galego, máis espazos de cultura e arte (que nesta canle por desgraza escasean) ainda que tamén hei de dicir que no ámbito dos deportes están moi ben planificados e seguen ós equipos galegos alá donde vaian!

    Ben por eles, ben por nós! pero deberíamos ir máis alá!e por suposto, NON Á PRIVATIZACIÓN!!!

    ResponderEliminar
  4. Creo que é importante o feito de que non só se fale da privatización da CRTVG, senón da súa desaparición. Se nos plantexamos que ninguén compraría a cadea, significa de que somos conscientes de que non é rentable. E non é rentable pola baixa audiencia que ten (10,4% de media no 2010). Alguén pode dicir que falar de audiencias é secundario, incluso frívolo, mais quero pensar que a tv autonómica ademais de te-la función de difundir unha lingua e unha cultura, nace para ser vista.
    E a audiencia non só se consegue poñendo na parrilla un programa de cociña da Esteban. Ó millor é o momento de plantarse por que non se ve tanto como se quere, de ver a que tipo público va destinada a tvga, de que idade, con que intereses, etc.

    ResponderEliminar
  5. Que a televisión pública estea fortemente mediatizada polo poder político (nomeadamente cando ese poder político corresponde á dereita) é un problema; pero máis problema sería aínda que non existise unha televisión pública que garantise a presenza da lingua nas pantallas, así como a programación (por mínima que sexa) de contidos culturais que desde logo teñen dificil cabida nunha televisión privada que case sen excepción está nas mans de grandes grupos de poder que as instrumentalizan cun único obxecto de implantar un pensamento único e actitudes acríticas, complacentes e individualistas.

    ResponderEliminar
  6. Eu estou de acordo có que dí Adriana. A CRTVG é un xeito de espresar a nosa cultura e de difundila ós demais. Tamén estou de acordo cos meus compañeiros de que as canles autonómicas son manipulables, pero hoxe en día calqueria medio de comunicación é susceptible.

    Como se di no video, os galegos temos moito que ensinar, pero moi poucos medios para facelo. A televisión e a radio son o modo de promocionar non so o noso deporte, se non tamén os noso artistas e cultura. Hoxe en día, a maioria dos actores ou mesmo comediantes que saen na televisón do noso pais son galegos e comezaron a sua andaina na canle autonómica.

    A televisión e a radio son dous medios que deixan unha gran pegada na xuventude,e son eles os que poden impedir que as nosas costumes e a nosa lingua non esmorezan.

    O que esta claro é que si nos non defendemos o noso, non o vai facer ningén. Non só perderíamos una forte defensa da nosa lingua, se non que tamén perderíamos algo que costounos moito acadar. Non so a nosa aotonomía se non tamén o dereito a amosarlle o mundo que somos diferentes, e que iso enchenos de orgullo. Os noso medio de comunicación son a voz da nosa comunidade.

    Dende logo, a televisión publica non é unha inversión, é un dereito!

    Tamén estou de acordo con Fernando de que a nosa televisón necesita unha seria reforma. O futura da nosa televisión paa por facela mais atractiva para a xente xoven. É hacia eles nos que ha de centrarse a nosa televisión.

    ResponderEliminar
  7. Pienso que el problema de la tvg es la programación, no la lengua que usa. Creo que deberian hacer un pensamiento y cambiar e introducir nuevos contenidos que atraigan a todo tipo de audiencia, no sólo a la gente mayor. La tvg se identifica con la gente mayor pero también es que los programas que dan van más enfocados a ellos, no hay variación ni dónde elegir. Todo sigue un mismo patrón y por eso es un medio que por mucho que abogue por el gallego no llega a la gente porque mucha gente no la ve, por lo tanto hay algo que falla.

    En el vídeo dicen que es un medio fantástico, que los gallegos lo valoran mucho y todo eso. Pero la realidad es que quien la ve es la gente mayor, en su mayoría. Lo de la privatización de un canal autonómico no lo veo, pero como dice Fernando y recalca también Estefanía hace falta un cambio en la programación y darse cuenta de que la televisión es un medio de difusión pero también ha de ser rentable y, en este caso, a la vista está que no lo es y que hay mucho que solucionar y replantearse.

    ResponderEliminar
  8. A CRTVG foi sempre un vehículo da lingua Galega. Cantos non medramos co Xabarín Club, cantas das nosas aboas non se pasaban toda a noite escoitando a Gayoso en Luar, canto non nos rimos cos tonechos ou con pratos combinados. Son programas que ven o mundo dende o punto de vista da nosa terra, e que están arraigados en varias xeracións de galegos. Coa ameaza da crise moitos programas futuros que tamén poderían contribuír a crear a identidade galega do futuro non se chegarán a emitir nunca. O servizo emprestado pola CRTVG vai máis alá da información ou o entretemento, e un servizo que contribúe a sentirnos en Galicia e a crear unha conciencia de pobo unificado para os galego do rural, da cidade ou emigrados. A privatización deste servizo publico danaría un traballo que comezou fai 26 anos grazas o esforzo de moitos e que permite a divulgación da cultura galega para os que viven en Galicia e para os galegos no estranxeiro. A CRTVG e por isto a segunda canle máis vista en Galicia só superada por la RTVE, a outra radio e televisión pública. Sen embrago a CRTVG e a radio e televisión de menor custo entre todas as públicas. A solución que se propón dende o goberno sobre a privatización da segunda canle máis vista en Galicia atenta contra a xa feble entidade galega que tanto tempo levou construír.

    ResponderEliminar
  9. Estou dacordo con que a CRTVG é un xeito de espresar a nosa cultura e de difundila ós demais, pero creo que haberia que cambiar un pouco a súa programación, xa que como di Silvia, deberia de atraer a todo o público, adaptarse un pouco ós tempos.Eu recordo que non me perdia un so dia do Xarabarin club, e ver ao Gayoso con meus avós,pero "xa cheira" o Luar. Eu recoñezo que casi non vexo a TVG,hai que ser sinceiro,pero porque non ten unha programación que me enganche,ou algún programa entretido que vai dirixido a todos os públicos. Claro que perxudicaria moito a privatización de este servizo, e esperemos que iso esté moi lonxe xa que é unha ferramenta moi importante,tanto pa ben coma pa mal.

    ResponderEliminar
  10. Coincido con los que destacan el problema de las audiencias.
    La TVG podría ser un medio muy eficaz para la difusión de la cultura y el idioma gallegos, pero si la gente no la ve, entonces la difusión desaparece.
    No sé muy bien cómo deben interpretarse esos porcentajes pero parece que, aun sabiendo que la entrada de la tdt el año pasado fragmento mucho las audiencias, la TVG está perdiendo cada vez mas telespectadores. ¿Por qué sustentar un medio muy costoso y que además no es lo eficaz que debería en la divulgación del gallego? En mi opinión no debemos conformarnos con que llegue a unos pocos.
    Es positivo tener una televisión autonómica pública, con la privatización se corre un gran riesgo de que se resientan sus contenidos en favor de la rentabilidad. Hay que ponerse las pilas y aumentar la audiencia sin que eso suponga una pérdida de calidad o de intención. Dinero supongo que nos va a seguir costando, pero dinero se gasta en todo y si esto funciona bien, merecería la pena.
    También nosotros tenemos algo de responsabilidad. Muchos la pasamos rápido o solo la utilizamos para ver el futbol. Tenemos que darle una oportunidad de vez en cuando.
    Pensando en la programación gallega me he acordado de esta noticia relacionada con uno de los colaboradores de cifras e letras
    http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/01/26/0003_201101G26P34992.htm

    ResponderEliminar
  11. Non vexo unha solución doada para ter un equilibrio entre difusión cultural e rendibilidade, que ben sendo ter boas audiencias.

    A maioría da xente que pon a televisión busca entretemento e hoxe en día a oferta é amplisima, non solo el a TDT, senón as plataformas de satélite e cable con candansúa morea de canles. Ademais está internet, onde podes atopar calquera cousa que queiras ver. A IPTV, que é a fusión da TV e internet, ver os contidos que ti queiras e mais importante, cando ti queiras. Non é doado competir con todo isto tendo Luar e Matalobos.

    Penso que acabará desaparecendo, e outras moitas o mesmo.

    ResponderEliminar
  12. Parece moi interesante esta campaña promovida pola universidade de Galicia," en galego tamén se fai ciencia". Xa sei que non ten nada que ver co da TVG,pero bueno,eiqui queda: http://www.engalegotamensefaiciencia.eu/

    ResponderEliminar
  13. Estou dacordo en que a televisión pública está sempre cos intereses do partido que goberna, pero penso que iso non influe tanto no tipo de programación en xeral. Na miña opinión, os contidos deberían ser máis informativos a nivel político, con máis programas de debate participativos a todos os niveis, onde se empregue como vehículo de transmisión a lingua galega e que tratasen aspectos de interese xeral, da súa cultura, valores e peculiaridades sempre enfocada a todo tipos de públicos.
    Non quero pensar na privatización da TVG, se cadra acabaríamos vendo programas de tele-lixo tipo gran hermano con participantes coma a rapaza que víamos no outro video ou programas do corazón con contertulios coma Belén Estéban, que son os programas que teñen maior audiencia. A idea da televisión pública non é de vender un show senón de informar, transmitir valores, entreter con programas culturais, emitir boas películas, etc.
    Eu personalmente son máis partidaria da radio que da televisión, porque me resulta máis variada e é máis plural.

    ResponderEliminar
  14. Neste video preséntase a CRTVGA como un dos logros da democracia, que permiten que se expresen as opinións de persoas que non soen ter voz noutros medios.
    A través de diferentes testemunñas incidénse nas vantaxes que nos proporciona ter unha televisión e una radio públicas en galego: facilitar a aprendizaxe do galego a persoas de fóra, servir de soporte a programas culturais que non poderían autofinanciarse etc.
    Algunhas destas persoas recoñecen abertamente que a TVG é seguida polo público da terceira idade; estou de acordo con que as persoas maiores se atopan excluídas da sociedade en moitos aspectos mais, de todas as maneiras, penso que a nosa televisión debería ter un público máis heteroxéneo, para o que sería preciso incoporar á súa programación un abano máis amplo de programas.
    A falta de orzamento para as televisións públicas en xeral e para a nosa en particular, fai que sexan puoco seguidas polo público, co que se perden moitas das vantaxes que podían proporcionar.

    ResponderEliminar
  15. É indubidable o poder socializador da TV, a radio, e os medios de comunicación en xeral. Nesta época das comunicacións, semella básico ó servizo público da CRTVG. A súa función é impagable, cantos nenos non disfrutan (e disfrutamos) cos debuxos en galego?. Unha función de aprendizaxe do galego si, de normalización da lingua e as súas peculiaridades, tamén. mais ó factor no que me gustaría incidir e na proximidade. Como di Carlos no Blanco no vídeo que enlazo a continuación, cómo saberiamos o que pasa a nosa carón sen ter os nosos propios medios? Sen ter profesionais galegos que conten o que está a suceder na nosa terra? Fíxome recordar como segue o meu irmán os partidos de fútbol na fin de semana pola radio galega onde non lle falan só do Madrid e do Barcelona. Exemplos coma este clarifican que debemos defender uns medios públicos, galegos e de calidade para todos.

    Como dixen aquí vos deixo estas reflexións de Carlos Blanco (actor de teatro e presentador da Radio Galega, Colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar e foi Ladislao Couto en Mareas vivas) sobre a tele galega coas que concordo completamente.

    http://www.youtube.com/watch?v=HX8z0AbG_fU&feature=share

    ResponderEliminar
  16. A CRTVG debería manterse pública, porque é parte da nosa cultura polo que moitos habían loitado, que se creou para manter vivo o noso idioma, porque unha vez estea privatizada non hai volta atrás, no que seguro pasaría a ser unha canle con tele-basura. É unha forma máis de garantir ó idioma entre os galegos, de fomentalo e de poder aprender palabras novas ou significados diferentes.
    Claro que a programación esta máis orientada os maiores, pero tamén hai para tódalas idades, ou quen non se acorda dos debuxos en galego no xabarin club, ou mesmo agora con Land Rover no que ten unha boa audiencia.

    ResponderEliminar
  17. Considero que no mundo en que vivimos os medios de comunicación son de grande importancia para socializarnos. Teñen o poder de difundir unha língua e unha cultura e levala moi lonxe. Pero en moitas ocasións non son capaces de facelo.
    A televisión galega, ó igual que todas as televisión públicas, móvense en torno ós intereses políticos que xogan un papel fundamental e que intentan gañar publicidade; por iso so se emiten noticias que son positivas para o partido, sen dar a realidade das noticias. Paréceme que, como ben din os meus compañeiros, a súa programación tampouco é a máis axeitada para a xente nova e para intentar conciencialos. Non ofrecen unha programación atractiva e dinámica, senón que está maís orientada a xente máis maior. Máis programas de entretemento e diversión, series que enganchen e unha boa publicidade serían unha parte fundamental para darlle propaganda á galega. En relación a radio galega, moitas veces lévoa no coche xa que poñen debates e falan de temas moi interesantes, aínda que por veces vemos as inclinacións políticas ben definidas. Algo que non gusta e que saca moitos oíntes.

    ResponderEliminar
  18. Opino que a televisión publica non debería desaparecer, como dí Manuel Rivas no video "toda a comunidade necesita ter unha voz, uns ollos e iso pra min e a RTVG e a TVG, os nosos ollos e a nosa voz" pero tamén opino que hai moitas cousas actualmente que se deberían cambiar, debería ser un medio transparente e imparcial.
    Unha das cousas que dí un señor no video, que os temas de actualidade fosen debatidos, pero debatidos decentemente non como se debaten agora na galega en programas como "Foro aberto", que deixa moito que desexar, dendeo meu punto de vista.
    Por último dicir que temos moitos referentes de canles con éxitos, so hay que profundizar un pouco nesa pócema máxica do éxito e aplicala.

    ResponderEliminar