Rompo o xeo, para falar deste fermoso vídeo, que tanto me chamou a atención, pola súa sinxeleza, e claridade explicativa/informativa, que transmite unha mensaxe directa, clara e contundente. Moi divertido e ameno tamén. Fala da marxinación do descoñecido, ou non tanto descoñecido, senón diferente. Dun idioma, o dos paxaros, non só referíndose a ese, claro está, senón que poderiamos recoñecer o exemplo de moitas das linguas minoritarias que hai en todo o mundo (e das que levamos falando ó longo de moitos dos comentarios), que por verse absortas nun país cunha gran multitude de falantes dunha lingua “maior”, se senten extranas no seu propio “mundo”, burladas, menosprezadas. Mostra ese afán pola integración que teñen os pequenos grupos na sociedade por comunicarse e establecer relación cos demais, facendo fincapé tamén nesa actitude da maioría de virar as costas cando non lle interesa o que lles están a mostrar, e non fan por comprender os outros ideais. Recordemos a famosa cita de Singala: “que apreciemos o noso, non quere dicir que non valoremos o dos demais”, algo que a maioría non aplica ó seu comportamento/discurso. Ben recoñecido aquí o caso do noso Galego fronte ó castelán. Cómo algún se empeñan en botalo do seu ámbito, e fan forza entre todos para conseguilo. ¡Loitemos contra eles! Gran moralexa a do final, non sempre perden os pequenos! ¡Oxalá sempre fora así! Soñemos que si, pensemos que si! Pois toda a vida é un soño, e os soños, soños son! Final feliz no que é o “distinto”, o “extrano”, o que remata ríndose de tódolos demais, e levándose a victoria; ós outros non lles queda máis, unha vez coa súa identidade perdida, nús de todo ante os ollos do resto, que agochar a cabeza e marchar!
A miña compañeira Adriana non podía explicalo de mellor maneira. Eu quedome coa parte do final, como ben di a miña compañeira, non sempre gaña o de sempre, o normal, o cotidiano, e menos aínda se o seu comportamento non é o axeitado. Algo que é bon e non afecta negativamente á sociedade debe ser recoñecido e aceptado.
Unha curta moi divertida e moi ben feita, trala que emerxen conceptos como convivencia, respecto, integración, diferenzas... Chama a atención que antes de chegar o paxaro "diferente" os pequeniños tiñan problemas entre eles, pero o ver o paxaro grande xa todos focalizan nel, deixan de lado os seus problemas, porque agora son un grupo en contra de un... Tamén é digno de mención como o paxaro grande busca integrarse, e en ningún momento se mostra avergoñado ante os demais, parece ter moita seguranza en si mesmo... E o fin, cando están os paxaros pequenos intentando tiralo abaixo, danse de conta da importancia deste no seu contexto. Se no escrito anteriormente cambiamos o paxaro grande por un falante dunha lingua minoritaria e os pequenos como falantes da lingua maioritaria...danos unha espléndida lección a maiores.
Este video fai referencia á marxinación, complexos, prexuizos ó descoñecido, dando como moralexa a integración. O paxaro grande representa por exemplo unha lingua minoritaria que quere integrarse e os paxaros pequenos a lingua maioritaria que obstaculiza e impide o seu desenvolvelemto. Ao final ven a dicir que todos somos iguais e susceptibles a un rechazo ou burla( no caso do video en concreto).
Estou de acordo totalemente con Adriana, que explica á perfección o significado deste fermoso vídeo. Non sempre se deben aceptar as cousas que por norma xeral ou por rutina consideramos normais. En ocasións, algo ó que no estamos acostumados e que nos parece diferente e extraño pode ser bon e afectar de forma positiva a sociedade. Deberíamos abrir máis a mente ante novos retos que nos poden proporcionar cousas boas para a nosa vida. O final vemos a integración, que actúa facendo o ben e facéndonos ver que non é nada malo, ó contrario, é algo que nos vai enriquecer.
O vídeo expón a marxinación do que é diferente, porque os prexuízos (como indicaba Singala) están ahí. Hai que sentirse orgulloso do que un é (da lingua que un ten); pero tamén hai que saber aceptar o diferente (as demais linguas). So así, abrindo a mente e camiñando nunha mesma dirección, pódese avanzar cara a integración e a convivencia lingüística.
Este vídeo é un exemplo de como o diferente é marxinado, só por ser extraño ou non común. Nun principio obsérvase como os paxariños rinse e discriminan ao outro máis grande, e en definitiva, diferente. E tamén como a través da maldade quérense desfacer del, mais non o conseguen e levan unha lección: quedan desplumados ao caer do tendido eléctrico. Deste xeito, dáselle a volta á historia e a modo de moralexa, é este páxaro diferente o que se ri dos demais. Tamén podemos aplicar o dito “quen ri de último, ri mellor”. Por tanto, é unha mostra de convivencia aplicábel á convivencia entre persoas, que tamén se pode aplicar á convivencia lingüística, por exemplo cando unhas persoas se rin e marxinan a outras polo seu idioma.
Os meus compañeiros explicarono mellor, pero por non repetir só direi que é un video muy sinxelo pero cheo de contido. Hai sitios para todo e todos, só temos que querer. Nesta ocasión tamén cúmprese iso de o que rí ultimo rí mellor.
Rompo o xeo, para falar deste fermoso vídeo, que tanto me chamou a atención, pola súa sinxeleza, e claridade explicativa/informativa, que transmite unha mensaxe directa, clara e contundente. Moi divertido e ameno tamén.
ResponderEliminarFala da marxinación do descoñecido, ou non tanto descoñecido, senón diferente. Dun idioma, o dos paxaros, non só referíndose a ese, claro está, senón que poderiamos recoñecer o exemplo de moitas das linguas minoritarias que hai en todo o mundo (e das que levamos falando ó longo de moitos dos comentarios), que por verse absortas nun país cunha gran multitude de falantes dunha lingua “maior”, se senten extranas no seu propio “mundo”, burladas, menosprezadas. Mostra ese afán pola integración que teñen os pequenos grupos na sociedade por comunicarse e establecer relación cos demais, facendo fincapé tamén nesa actitude da maioría de virar as costas cando non lle interesa o que lles están a mostrar, e non fan por comprender os outros ideais. Recordemos a famosa cita de Singala: “que apreciemos o noso, non quere dicir que non valoremos o dos demais”, algo que a maioría non aplica ó seu comportamento/discurso. Ben recoñecido aquí o caso do noso Galego fronte ó castelán. Cómo algún se empeñan en botalo do seu ámbito, e fan forza entre todos para conseguilo. ¡Loitemos contra eles!
Gran moralexa a do final, non sempre perden os pequenos! ¡Oxalá sempre fora así! Soñemos que si, pensemos que si! Pois toda a vida é un soño, e os soños, soños son!
Final feliz no que é o “distinto”, o “extrano”, o que remata ríndose de tódolos demais, e levándose a victoria; ós outros non lles queda máis, unha vez coa súa identidade perdida, nús de todo ante os ollos do resto, que agochar a cabeza e marchar!
A miña compañeira Adriana non podía explicalo de mellor maneira.
ResponderEliminarEu quedome coa parte do final, como ben di a miña compañeira, non sempre gaña o de sempre, o normal, o cotidiano, e menos aínda se o seu comportamento non é o axeitado. Algo que é bon e non afecta negativamente á sociedade debe ser recoñecido e aceptado.
Unha curta moi divertida e moi ben feita, trala que emerxen conceptos como convivencia, respecto, integración, diferenzas...
ResponderEliminarChama a atención que antes de chegar o paxaro "diferente" os pequeniños tiñan problemas entre eles, pero o ver o paxaro grande xa todos focalizan nel, deixan de lado os seus problemas, porque agora son un grupo en contra de un...
Tamén é digno de mención como o paxaro grande busca integrarse, e en ningún momento se mostra avergoñado ante os demais, parece ter moita seguranza en si mesmo...
E o fin, cando están os paxaros pequenos intentando tiralo abaixo, danse de conta da importancia deste no seu contexto.
Se no escrito anteriormente cambiamos o paxaro grande por un falante dunha lingua minoritaria e os pequenos como falantes da lingua maioritaria...danos unha espléndida lección a maiores.
Este video fai referencia á marxinación, complexos, prexuizos ó descoñecido, dando como moralexa a integración. O paxaro grande representa por exemplo unha lingua minoritaria que quere integrarse e os paxaros pequenos a lingua maioritaria que obstaculiza e impide o seu desenvolvelemto. Ao final ven a dicir que todos somos iguais e susceptibles a un rechazo ou burla( no caso do video en concreto).
ResponderEliminarE moi,chulo pena que na realidade non se de máis veces esta moralexa.
ResponderEliminarEstou de acordo totalemente con Adriana, que explica á perfección o significado deste fermoso vídeo. Non sempre se deben aceptar as cousas que por norma xeral ou por rutina consideramos normais. En ocasións, algo ó que no estamos acostumados e que nos parece diferente e extraño pode ser bon e afectar de forma positiva a sociedade. Deberíamos abrir máis a mente ante novos retos que nos poden proporcionar cousas boas para a nosa vida. O final vemos a integración, que actúa facendo o ben e facéndonos ver que non é nada malo, ó contrario, é algo que nos vai enriquecer.
ResponderEliminarO vídeo expón a marxinación do que é diferente, porque os prexuízos (como indicaba Singala) están ahí.
ResponderEliminarHai que sentirse orgulloso do que un é (da lingua que un ten); pero tamén hai que saber aceptar o diferente (as demais linguas). So así, abrindo a mente e camiñando nunha mesma dirección, pódese avanzar cara a integración e a convivencia lingüística.
Este vídeo é un exemplo de como o diferente é marxinado, só por ser extraño ou non común. Nun principio obsérvase como os paxariños rinse e discriminan ao outro máis grande, e en definitiva, diferente. E tamén como a través da maldade quérense desfacer del, mais non o conseguen e levan unha lección: quedan desplumados ao caer do tendido eléctrico. Deste xeito, dáselle a volta á historia e a modo de moralexa, é este páxaro diferente o que se ri dos demais. Tamén podemos aplicar o dito “quen ri de último, ri mellor”. Por tanto, é unha mostra de convivencia aplicábel á convivencia entre persoas, que tamén se pode aplicar á convivencia lingüística, por exemplo cando unhas persoas se rin e marxinan a outras polo seu idioma.
ResponderEliminarOs meus compañeiros explicarono mellor, pero por non repetir só direi que é un video muy sinxelo pero cheo de contido. Hai sitios para todo e todos, só temos que querer. Nesta ocasión tamén cúmprese iso de o que rí ultimo rí mellor.
ResponderEliminar