quarta-feira, 16 de novembro de 2011

A rede continúa...

Un novo documental, Fronteiras, que xulgades interesante difundir, sobre a falta de coincidencia entre fronteiras político-administrativas e lingüísticas:

http://video.google.es/videoplay?docid=8384521364641041210#

7 comentários:

  1. Gostei moito da concienciación de la Sede de la Llingua Asturiana intentando apostar polo bable nos primeiros anos da escola para a defensa de esta fala tan fermosa coma é o galego tambén e que lamentávelmente está a botarse a perder este distintivo linguístico de Asturias.

    ResponderEliminar
  2. Boa reflexión sobre as fronteiras… e sobre todo no referinte á lingua. ¿Por qué poñer barreiras? Di un señor. A lingua non se pode dividir cunha simple liña.
    Zamora, O Bierzo, Asturias… Nestas comunidades sobre todo, hai moitos galego falantes mais non están en Galiza, non son galegos pois? Ou o galego vai ligado á lingua e ó sentimento?
    Faime gracia, que moitos dos que falan galego din que non o falan, que aquilo que falan non é galego, e sen embargo, éo.
    Fermoso documental sobre a nosa lingua e a pervivencia desta en distintas comunidades, pobos… Non só no referinte á España, senón que tamén falan de Brasil ou Portugal, como derivacións galegas.
    Non vou divagar moito máis, só sinalar unha frase que me parece moi interesante, dita por un zamorano: “No Bierzo son tan galegos como en Vigo, e si, hai xente que fala en castelán alí, pero tamén a hai en Vigo…”

    ResponderEliminar
  3. O video é espectacular, pero penso que está cargado de hipocresia por moitos lados.

    Hipocresia1: Os señores da Academia de LLingua Asturiana denuncian que a Academia Galega se meta para nada nas fronteiras de Asturias, mentres que eles son os primeiros en ditar normas para leoneses e mirandeses.

    Hipocresia2: A Academia de LLingua asturiana dí que o galego falado no Eo-Navia non é galego senón "galego-asturiano", sen embargo non chaman "leonés-asturiano" á "súa" lingua ao sur de Asturias.

    Hipocresia3: A Academia Galega di que as fronteira do Navia non existe, mais si cree que hai unha fronteira no Miño.

    Hipocresia4: A Academia Galega considera que o eonaviego debe estar dentro da ortografía do galego, mais négase a aceptar o acordo lusonofo.

    A miña conclusión: Estou dacordo con todos, linguas, sentimentos e fronteiras son cousas distintas e nunca se debe ter medo a tratalas de xeito diferente mais con coerencia.

    Para complicar máis a cousa direi que a Seabra (Zamora) estivo dentro de Galicia ata 1789, así que se cadra si confluiron fronteira e lingua. Paradoxas.

    ResponderEliminar
  4. Dende o punto de vista linguístico, estou de acordo con que as fronteiras administrativas non teñen ningunha correlación coas fronteiras linguísticas e culturais. Vai haber moita mais cercanía entre a maneira de falar dun vigués e un portugués do norte que entre un galego da Coruña e outro de Ourense, por citar un exemplo.
    Por outra banda é bó lembrar que non só se fala galego dentro da nosa comunidade e que o noso idioma non é tan minoritario como nos queren facer creer algúns.

    ResponderEliminar
  5. Este video fainos reflexionar sobre a situación do galego nas fronteiras con Asturias, Zamora, Portugal e León. Móstranos como as entidades culturais van máis aló que as fronteiras administrativas. Por outra banda, o vídeo repasa o proceso de creación da Comunidade Autónoma de Galicia e explícanos como os seus límites actuais quedaron fixados no século XIX. O vídeo básase en dúas liñas, a política e o linguismo. Recolle os testimonios de varios habitantes destes territorios limítrofes e tamén a opinión de varios entendidos.
    Os habitantes destas zonas asúmen a situación con normalidade, non é un tema que lles preocupe moito, non é prioritario, entenden onde viven, e que son zonas onde a identidade non está totalmente definida, senon que hai unha mixtura.
    As polémicas xorden dos entendidos (políticos, escritores, filósofos, historiadores, académicos). Uns queren anexionarse a Galicia e outros non queren saber nada do tema.

    ResponderEliminar
  6. Neste video vése a extensión da lingua galega, levándoa fóra de galicia, tanto en rexións próximas a ela, coma noutros países(Brasil). Quere explicar a igualdade de "galegos"(diferentes galegos falados) eliminando barreiras, explicando que un galego do bierzo non é menos galego que un de Vigo xa que se fala maioritariamente o castelán tanto nun sitio coma noutro. Antes o galego é polo tanto unha lingua maioritaria( o galego hoxe en día é unha lingua maioritaria inda que a xente non o crea) e tivo moita difusión por todo o mundo, por exemplo pola emigración a Cuba,Arxentina etc.

    ResponderEliminar
  7. Neste video podemos ver como é a situación do galego e as súas fronteiras. Penso que un idioma nons e pode delimitar cunha simple liña dicindo, chega ata aquí. Non. Falar galego é moito máis, é unha identidade, unha forma de vida é algo que non se pode agrupar só nunha rexión. Paréceme que non ten que haber diferencias entre unha persoa do Bierzo que fale galego (que por lóxica terá outro acento), a unha de Ourense, que tamén terá outro acento. Sem embargo ambas mostran unha gran carga de sentimento polo galego.

    ResponderEliminar