sexta-feira, 28 de outubro de 2011

Usamos hoxe estas expresións? Recoñecémolas???

"Leva todo o día a comer no caldo"
"Non andes a regalar neles"
"Ela a ler no libro e a nós nin caso nos fixo".

26 comentários:

  1. Pois non se usan moito non.
    A primeira debe ser para falar do que está cavilando sobre algo, dándolle voltas a unha idea. Seguindo co do caldo, eu uso a de "¡Que enfía o caldo!" para meter presa a alguén.
    A segunda, non o teño claro. Ou andarlle no lombo ou pode que rifarlle a alguén.
    A do final nin idea.

    ResponderEliminar
  2. Na miña zona(Terra de Xallas)penso que só se usa a segunda...
    O meu parecer, sobre a primeira, estou de acordo con Rafael; é cando se está a cavilar sobre algo.
    A segunda usámola como que non se gasten os cartos sin sentido, coma si os regalaran.
    E a terceira supoño que se refire a cando tes unha conversa ou pequeno debate e a outra persoa non lle da importancia as tuas ideas, só as súas.

    ResponderEliminar
  3. Eu recoñezo estas expresións. A primeira significa estar nas verzas, pensar noutras cousas; a segunda é que non malgastes algo; e a terceira é non facer caso a alguén cando te está a falar.

    ResponderEliminar
  4. Eu estou dacordo con Tamara no referente á primeira expresión, sóame de oír á miña avoa dicirma en momentos nos que eu andaba distraída e non facía o que tiña que facer...

    A segunda teñollela oído a meus pais para referirse ao feito de non malgastar os cartos, tal e como di tamén Abel.

    E a última expresión imaxínome que será algo semellante ao que di Abel tamén no seu comentario, é dicir, referirase a alguén que non está a facer caso do que lle estaban contando.

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que non as recoñezo. A segunda pode que a ouvira algunha vez, identifícoa máis. Pero as outras dous non teño nin idea. Coma os meus compañeiros, infiro o que poden significar, pero non as recoñezo como locucións da lingua.
    Non sei se se empregan na actualidade, supoño que dependerá da zona, da familia da que proveñas, non sei. Penso que, ao ser expresións fixadas, teñen unha grande tradición as súas costas, polo tanto é posíbel que sexan máis usadas pola xente maior. Non obtante, isto non significa que non haxa xente nova que as empregue.
    O que me soa realmente mal son as traduccións das locucións españolas ao galego. Non sei se algunhas terán o mesmo significado en galego ou non, a verdade é que non sei moito do tema, pero recordo cando un día me dixera unha compañeira: "é que é a leite" (por un profesor); deixárame un pouco descolocada. Con isto, non quero dicir que fale un mal galego, porque seguramente que se faga inconscientemente, pero chocoume. Quizáis o problema é que non coñecemos as expresións en galego que poderíamos usar nesas circunstancias.

    ResponderEliminar
  6. Persoalmente só recoñezo as dúas primeiras frases, da última non oín falar dela nunca e en ningures.
    Como ben din os meus compañeiros, a primeira significa esta a pensar na mesma cousa durante un período de tempo largo, miña avoa soe dicir esta frase cando estou en época de exames e estou a cavilar nos apuntamentos mentres xantamos ou facemos calquera outra actividade do día a día. A segunda significa darlle aprecio ás cousas e non por ter moitas andalas tirando, igual que no primeiro caso miña avoa relatábame esta frase cando me daba a paga semanal referíndose ós cartos.

    ResponderEliminar
  7. Pois a boa fé que non recoñecía ningunha :S, o cal significa ou ben que na miña parte non se dín moito, ou ben que a xente que coñezo realmente non as sabe, ou nunca mas dixo. De feito ao non coñecelas, pensei que unicamente se refería o post ao feito de que nesas frases aparezan fórmulas que están en desuso coma o infinitivo conxugado "andes a regalar", "ela a ler" ademáis do emprego de "en"; "comer no caldo" no canto de "comer o caldo", esta última moito máis usada pola súa coincidencia co castellano. En fin, que pouco podo aportar.

    ResponderEliminar
  8. Eu tampouco recoñezo ningunha das tres. Dentro dun contexto probablemente sí que sería posible recoñecelas, pero así, non. Como xa dixeron os meus compañeiros, cavilando sobre o que significaría cada unha, diría que a primeira é andar dándolle voltas a un asunto en concreto. A segunda podería ser referente aos cartos ou a malgastar algo innecesariamente, e na terceira estou dacordo con Abel, imaxinaríame que é cando alguén ten as ideas moi claras e non deixa que os demáis fagan que entre en razón.

    ResponderEliminar
  9. Sorpresivo resume de descoñecemento no que me inclúo o non coñecer os usos das tres.
    Vos animo a metevos no portal da Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta onde se poden atopar documentos de fraseoloxía galega en desuso ou curiosa, está moi ben !!!!

    ResponderEliminar
  10. A verdade é que non coñecía ningunha das tres expresións.

    Penso que a primeira pode referirse ó feito de que unha persoa estea constantemente dándolle voltas ó mesmo ou repetindo sempre as mesmas ideas.

    A segunda expresión pode expresar que alguén está remexendo en algo chegando a amolar a alguén co que está a facer.

    Por último, a terceira expresión pode referirse ó feito de que unha persoa non está a facer caso do que lle están a contar.

    ResponderEliminar
  11. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  12. Eu uso a terceira delas con bastante frecuencia. As dúas primeiras non as uso de esa maneira exacta senón con algunha variante.

    ResponderEliminar
  13. O certo é que tal e como están escritas non me soa de escoitalas, polo menos pola miña zona. Tampouco recordo escoitarllas ós meus avós, familiares ou amigos doutros lugares. Estou totalmente de acordo coas interpretacións que lle dan os meus compañeiros.
    A cantidade de expresións, refráns e frases típicas da nosa lingua que están quedando en desuso... unha pena, hai algunhas moi simpáticas!

    ResponderEliminar
  14. Ó igual que a maioría dos meus compañeiros, coñezo o significado das tres frases, mais no meu entorno só se soe usar a segunda. Si lembro, tal e como dixo Tania, que a miña avoa me dicía: "levas todo o día remoendo o caldo"... é unha mágoa que se perdan estas expresións tan nosas! Boa recomendación a de Laura, deberíamos comezar a poñelas en uso de novo! :)

    ResponderEliminar
  15. Como expresan moitos dos meus compañeiros, eu tampouco recoñezo estas expresións. Podería aproximarme a algún dos deus significados por deducción pero non por telas ouvidas e usadas. Paréceme unha mágoa que isto sexa así, xa que implica que o galego estáse a perder moi rápidamente. Ademáis a pena incrementa cando penso en toda a riqueza cultural que teñen as frases feitas...

    ResponderEliminar
  16. Atopei outras moitas expresións que tampouco escoito habitualmente:

    "Deus é bo e o demo non é malo" (nin sí, nin non)ou "non hai mellor palabra que a que está por dicir" (mellor estar calado), "ter cara de ferreiro" (estar enfadado), "falar dos biosbardos" (irse do tema) etc...

    Vai moito da cultura nestas expresións

    ResponderEliminar
  17. As frases en sí, non me soan a verdade, o que sí que recoñezo é a forma "no" coma neste caso "no caldo" e "no libro" que para min son tipicamente galegas e que lle teño escoitado a meu avó miles de veces.Non sei se ten realmente importancia esta observación mais normalmente eu nese contexto utilizaría o artigo "o" nestes dous casos.
    Agora é cando deberiamos cuestionarnos o porqué do noso descoñecemento destas formas. Poderiamos ser "conformistas" e aceptar que a lingua muda constantemente e que, en lugar desas expresións hoxe en día empregamos outras e que "son cousas que pasan" como ben se di pola miña zona. Por outro lado, poderiamos poñernos catastróficos e realistas e dicir que estamos perdendo expresións galegas coa influencia do castelán. Hai opinións para tódolos gustos supoño... mais a realidade é unha para o meu parecer: estamos ante unha gran perda...
    PD: estas frases e este tema tróuxome á mente unha expresión que empregaba meu avó moi a miúdo e, dende que faleceu non a volvin a escoitar en ningures. Sempre me dicía: "ú-la boina?" para preguntarme onde estaba a súa boina. Escoitástela algunha vez? Recordos :)

    ResponderEliminar
  18. Respondendo a pregunta formulada por Vanessa, debo recoñecer que esa forma só a escoitei no instituto, na clase de Lingua Galega, a pesar de atoparme habitualmente en entornos galegofalantes. Unha mágoa que se perdera.

    ResponderEliminar
  19. Por deducción podría saber el significado de las tres expresiones pero nunca he oido ninguna de las tres. Las expresiones así como la lengua son cambiantes y esto ocurre en todos los idiomas. Nuestra generación no usa las mismas expresiones ni en gallego ni en castellano que nuestros padres, y ya no digamos que nuestros abuelos, donde sí hay una clara diferencia generacional, más que con nuestros padres. Esto es ley de vida y mueren expresiones pero nacen otras nuevas y se crean neologismos que pronto introducimos en el lenguaje habitual, bien por creación espontánea y uso habitual, bien por ser un extranjerismo adaptado a nuestra lengua por un uso frecuente en los hablantes.

    El mundo evoluciona y perdemos unas cosas pero ganamos muchas otras casi tanto o más interesantes y constructivas. Avanzar no es perder, sino afrontar nuevos retos y explorar nuevos horizontes. Las lenguas son una herramienta que muestran la identidad del ser humano, por eso las expresiones y el lenguaje usado por cada hablante tiene sus propios rasgos. La diversidad y el cambio es lo que hace evolucionar a la humanidad.

    ResponderEliminar
  20. Eu si que teño oido ambalas duas na casa da miña avoa,a ela,a miña nai,as miñas tias(na zona de Laracha).
    Son as tres moi enfaticas,e usanas en contextos de moita confianza entre elas,por exemplo,a primeira se unha comia de mais as outras decianlle:tas todo o dia a comer...persoalmente transmitenme sensacion de confianza,xa que a alguen de fora non a dirían.
    A segunda e coma un consello para unha persoa cativa,con enfasis,ya que parece que a nena e moi dada a regalar e lle reprenden a conducta.
    A terceira ten un pequeno toque de botar en cara,pero en confianza tamen,coma se quixeran falar ou estar con a persoa a que se refieren e esta andivera a outras cousas.

    ResponderEliminar
  21. Quédome con Alexandre que veu nestas frases o que eu... a construción máis tradicional do galego. Formas propias que, vistos os comentarios, obviamente parece que xa non nos son tan propias, e que realmente estamos perdendo substancialmente o vínculo coa nosa lingua, coa estrutura. Pensamos que o que non coñecemos e fraseoloxía, ou léxico e pensamos que ese é o problema... O problema é velas tan estrañas que nos leven a pensar niso e non noutra cousa. Seime un pouco rariña para cousas de linguas, palabras, expresións e letras... así que non, non me chocaron as frases, aínda que si, son consciente de que cada vez se escoitan menos (depende onde, claro); mais, con todo, non crin que o debate e case todos os comentarios xirasen en torno a significados...

    ResponderEliminar
  22. Sinceramento, eu non as utilizo moito. a primeira e a terceira quizás un pouco mais. Teño que dicir, que si escoitei todas, grazas a miña bisaboa. Creo que son eles, os nosos maiores, a que debería de ser unha das nosas fontes de coñecemento.

    ResponderEliminar
  23. A primeira sonábame, e a terceira escoiteina algunha vez, a segunda nin idea. A verdade é que se non se usa habitualmente o galego perdense moitas expresions típicas.

    ResponderEliminar
  24. As tres me soaban de oirllas a miña avoa, e co significado que din os meus compañeiros. Hoxe en día eu non as uitilizo, máis penso que deberían recuperarse para volvelas a usar. Son moi significativas e unha marca de identidade.

    ResponderEliminar
  25. A entrada derivou no coñecemento das expresións, pero creo que se refería as construciónn e a sintaxe das oracións.
    Pois ben, nas oracións podemos ver o complemento directo preposicional "neles", que ´unha construcción singular que creo que se está a perder, non se usa moito, pero é valida tamén.
    Nas outras observamos a contracción da preposición e o artigo "no xamón".

    ResponderEliminar