sexta-feira, 14 de outubro de 2011

Outras linguas en perigo

Que ligazóns e que diferenzas atopas co caso galego?

http://www.youtube.com/watch?v=qA0a62wmd1A

18 comentários:

  1. Na miña opinión o caso do gaélico e o galego non parecidos. Tal vez co galego nos tempos do franquismo. A min aseméllaseme máis o caso do bable asturiano, non todos os asturianos o entenden ou falan, aquí en Galicia, ou unha ou outra e case todos as dúas. Tampouco penso que nun futuro cheguemos a esa situación, na que un de fora, que aprendeu galego, vaia pedir unha estrella e o camareiro non o entenda.

    Moi bo o guino a Taxi Driver.

    ResponderEliminar
  2. Nesta curtametraxe podemos observar a substitución dunha linga por outra debido como en moitos casos a cambios políticos, sociais e demográficos.
    Entre o gaélico e o inglés existiron conflitos durante moito tempo e incluso, en varias ocasión se chegou a prohibir que os católicos irlandeses ensinaran na escola en gaélico así como tiñas que falar inglés se querías prosperar na vida.
    A xente xa non entende gaélico en Inglaterra e o motivo é claro, feitos que ocorren con anterioridade na illa fai que esta lingua non sexa utilizada polos habitantes o cal implica que se convertese nunha lingua minorizada ata o punto de que hoxe en día moitos irlandeses non coñecen a súa lingua nativa.
    Como pasou co galego un tempo atrás, o gaélico era asociado coa pobreza e co atraso ata o punto de que as persoas que o falaban podían ata ser sancionadas nalgúns contextos.
    Creo que este caso aínda que ten moitas similitudes co galego no sentido de que foi unha lingua desprezada, non se pode comparar xa que, na miña opinión o galego aínda que en algunhas épocas perdese falantes non chegou a un deterioro tal como é o caso do gaélico. Aínda que o castelán predomine hoxe en día na nosa comunidade en moitas provincias, gustaríame crer que todo galego entende a súa lingua en maior ou menor medida.

    ResponderEliminar
  3. El vídeo nos relata la situación de un chico que quiere irse a vivir a Irlanda y ante su ignorancia sobre la situación del país, decide aprender gaélico. En principio, su punto de vista sería muy comprensible; me quiero ir a vivir a Irlanda, entonces aprendo la lengua propia de ellos. Pero con lo que no contaba él era con que allí se hablase la lengua que en principio sería la del país vecino, Inglaterra. Se siente incomprendido hasta que encuentra un lugar en el que se sigue hablando gaélico como Connemara y allí comienza su nueva vida. Cuando le explican que allí la lengua vehicular es el inglés lo primero que le viene a la mente es por qué habrá pasado tanto tiempo aprendiendo aquella lengua. ¿Acaso había sido una pérdida de tiempo? Desde mi punto de vista, es lo que alguna gente piensa, erróneamente, sobre el aprendizaje de las lenguas minoritarias.

    Una similitud con otra lengua podría ser el bable asturiano, como ha dicho Rafael, o con la fabla aragonesa y el aranés en la Vall d'Aràn (Catalunya). Con el gallego no le encuentro ninguna relación porque es una lengua normativizada y que es hablada por un número bastante amplio de población y donde no se daría, por lo menos hoy en día, esta situación. El caso de la fabla es casi igual que el bable ya que hay pocos hablantes y es una lengua en desuso. El aranés, en cambio, tiene más hablantes y sería una situación un tanto diferente puesto que es una región en la que esta lengua se enseña en el colegio y el centro de normalización lingüística promueve su uso.

    En resumen, es chocante y triste que en un país se hable la lengua vecina y la propia esté en desuso, pero aquí entran en juego diferentes causas, como siempre políticas. En Irlanda, tras la invasión de los ingleses, se impuso el inglés y el gaélico quedó desterrado y condenado a un uso más rural y con el paso de las generaciones ha ido desapareciendo hasta sólo hablarse en algunas regiones; a pesar de ser lengua oficial junto con el inglés desde la independencia y proclamación de la República de Irlanda.

    ResponderEliminar
  4. A curtametraxe é unha crítica moi directa á hipocrisía que existe coas linguas minoritarias, é dicir, que unha lingua sexa tratada de oficial nunha nación determinada non significa que sexa falada e usada por todos. Eu persoalmente atopo unha forte ligazón entre o irlandés e o galego, que pode ser tamén aplicado a outras linguas minoritarias.
    Esta ligazón baséase na idea de que tanto o irlandés como o galego teñen carácter de oficialidade, mais non son usadas por todos no día a día. Se este rapaz puxera o dedo en Galicia, pasaría pola mesma situación: estudaría unha lingua que non é tratada da mesma maneira que o español. Ambas as dúas quedan relegadas a zonas máis puras, no sentido de que non sufriron contaminación doutra lingua, mentres que nas cidades a lingua atópase nun segundo plano.
    Esta situación ocorre en Irlanda porque toda a zona oeste do país non foi transformada pola presencia inglesa. É unha zona caracterizada por ser chamada a “real Irlanda”. Tamén é importante sinalar as diferenzas entre o irlandés e o inglés. Non son dúas linguas achegadas, pertencen cada unha a linguas diferentes. Este non é o caso do galego e o castelán xa que ambas pertencen ao latín, polo que a súa comprensión é moito máis doadol entre ambas. Desta maneira, como ben comenta Rafael, é imposible que non te entendan nunha cafetería (algo imposible en Irlanda).
    Ademais o irlandés é estudado nas escolas, como o galego, pero os rapaces non son capaces de manter unha conversación na súa lingua. Moitos irlandeses adultos comparten a opinión de que todo o que estudaron na escola de irlandés non chega para poder falalo porque non obtiveron unha parte práctica da lingua, só a parte teórica. Algo que sucede co galego tamén, os rapaces aprenden a gramática e vocabulario, mais nas clases non se fala e non se practica o galego como debería. Ambas linguas quedan relegadas á súa aprendizaxe na escola e ao seu uso nas zonas máis rurais.

    ResponderEliminar
  5. Respondendo á cuestión que se nos plantexa, pensó que podemos atopar tanto similitutes como diferenzas co caso galego. Aínda que eu non coñezo moito a situación do gaélico, a curtametraxe deixa moi claro as condiciones nas que se encontra esa lingua.
    O protagonista viaxa a un territorio no que parece que conviven dúas linguas (o inglés e o gaélico). Isto aseméllase coa nosa comunidade na que viven tamén dúas linguas (o galego e o español). Mais as condicións de ambas non me parecen as mesmas. O protagonista que decidira estudar a lingua gaélica para viaxar a Irlanda, cando chega á illa atópase cunha lingua que non entende; a lingua de todos os rótulos do aeroporto, autobuses e demais sonlle alleos. El aprendeu a lingua minoritaria e minorizada, entón atópase con que a lingua inglesa é a dominante en todos os ámbitos. Isto, dende logo, podería acontecerlle a unha persoa que viaxa a Galicia só sabendo galego (mais non estou totalmente segura de que nos aeroportos galegos non se dé a información en galego), pero a escena na que na pensión ou no bar non o entenden por falar gaélico, creo que non sucedería en Galiza. Opino que a nosa lingua, aínda que sexa menos falada, a gran mayoría coñécea; considero que non se produciría unha situación no que un extranxeiro fale en galego e un veciño dese lugar donde estea non o entenda. O video reflicte que os cidadáns de Irlanda non coñecen nin se quera a lingua, non a entenden, e que incluso, un extranxeiro sabe máis dela que o propio nativo. Tamén, parece que proxecta a imaxe de que só a xente de maior idade entende o gaélico (a través dese señor que conversa co rapaz), cousa que pode asimilarse ó que acontece na nosa comunidade: a gran maioría dos falantes en galego son personas de maior idade, mais penso que cada vez máis xente nova fálaa. Cara o final da curta, parece que o protagonista encontra o seu lugar nunha rexión de Irlanda na que a lingua principal é o gaélico. De novo, podemos ver unha similitude con Galiza, pois é certo que nunhas zonas xeógráficas máis concretas o galego é a primeira lingua, superando o número de falantes de español.
    O protagonista prevén o seu viaxe a Irlanda supoñendo que a lingua que debe estudar para comunicarse alí e o gaélico, razoamento lóxico. O que cabería preguntarse é: que pasaría se un extranxeiro chega a Galiza só falando galego?a xente diríalle que máis lle houbera valido aprender español?

    ResponderEliminar
  6. Como xa comentaron os meus compañeiros, a maior similitude entre a situación do gaélico e a situación do galego é que ambas son linguas que conviven con outra de maior extensión (o inglés e o castelán, respectivamente).
    Sen embargo, como tamén sinalaron xa, a situación é ben diferente, pois o galego goza de boa saúde e é perfectamente posíbel levar a cabo calquer tipo de comunicación nesa lingua sen que ninguén sexa incapaz de entendelo. Polo tanto, poderíamos dicir que, se ben as dúas (gaélico e galego) son linguas minoritarias, só o gaélico é unha lingua minorizada.
    A modo de exemplo persoal, gustaríame comentar un caso concreto: unha rapaza alemana veu a Galicia e aprendeu galego porque, explicaba, así entendería tanto o español como o portugués e podería aprender ambas con máis facilidade.

    ResponderEliminar
  7. Este vídeo es una crítica a la situación lingüística que se vive en Irlanda, país en el que existen dos lenguas: el gaélico y el inglés. Desconozco lo expuesto en la constitución irlandesa con respecto al tema lingüístico, pero una cosa está clara, y es que el gaélico es una lengua asociada al pueblo rural, al igual que pasaba con el gallego durante la época franquista. Esta idea de una lengua asociada a una sociedad pobre, tanto económica como culturalmente, no es más que un prejuicio motivado por los intereses de la lengua dominante (inglés y español en los casos de Irlanda y Galicia, respectivamente), que trata de imponerse para asegurar la unidad de un país. No obstante, esta homogeneización destruye la diversidad y, por lo tanto, la variedad y riqueza cultural, ya que no es lo mismo un andaluz que un gallego, ni lo es un inglés que un irlandés. Otro parecido, en cierto modo, entre la situación de estas lenguas es el hecho de que se hable en las zonas rurales, aunque hoy en día el gallego está cada vez más presente en las ciudades debido al derecho de todo ciudadano gallego a ser atendido en su idioma.
    Sin embargo, y como ya apuntaron algunos de mis compañeros y compañeras, hay una diferencia evidente entre la situación del gaélico y del gallego, puesto que un hablante de inglés no puede entender el gaélico, pero una persona castellana no tiene tantas dificultades en entender el gallego. Tal y como se refleja en el vídeo, el camarero ni siquiera es capaz de reconocer que Yu Ming habla gaélico y no chino, como él piensa. Este desconocimiento de la lengua y, por lo tanto, de la propia cultura, es preocupante porque, a mi parecer, constituye el principio del fin de la cultura irlandesa como país celta y no un mero satélite de Inglaterra.
    Además, otra diferencia es el buen estado y la fomentación que recibe el gallego, pues es un idioma que se puede aprender en otras partes de Europa, como por ejemplo en Alemania, en donde en universidades de ciudades como Berlín, Heidelberg o Leipzig, entre otras, se cuenta con cursos de gallego.

    Natalia Moreiras Arias

    ResponderEliminar
  8. Pareceume ben interesante o video, dado que descoñecía por completo esta realidade... quizais poida pedir desculpas pola miña ignorancia con respecto a este tema, porque estudiei unha "carreira de ciencias".
    Visionando a curtometraxe, pensaba nos idiomas como portas a novos mundos, novas culturas, novas experiencias, novos retos... Mesmo cheguei a interpretar que a mensaxe que se buscaba transmitir, era a da enorme riqueza que lles aportan a unha lingua todas as súas variantes dialectais. Sen embargo, ó ler os comentarios dos compañeiros dinme de conta que a miña interpretación do video era errada, e de seguida busquei información ó respecto.
    O certo é que é bastante inútil que dende o campo político se trate ó Gaélico coma unha lingua oficial, cando parece que non se están a desenvolver accións de valorización. Polo tanto, a cuestión é; ¿qué está a fallar no sistema para que esa lingua seña tan marxinada?, ¿estanse a levar a cabo políticas adecuadas para non perder ese "patrimonio cultural"?, ¿marxínase por ser unha lingua nativa das zonas rurais?,...
    Aprender unha nova lingua, seña "actual", "minoritaria" ou "morta", é unha grande porta para entender e aprender do mundo no que vivimos, e dende logo nunca debemos sentilo como un erro ou unha perda de tempo.

    ResponderEliminar
  9. A maior desvantaxe no caso do Gaélico é sen dúbida que é unha língua completamente diferente ó Inglés, e polo tanto, é máis difícil aprendela, se non se fai de maneira correcta desde a infancia. A este problema habería que buscarlle unha solución que penso que causaría un cambio no sistema educativo.
    No caso do Galego, non existe ese problema de inintelixibilidade, pola súa raíz común co Castelán.
    Como dín Tamara, o vídeo mostra a actitude hipócrita da sociedade ante unha situación lingüística, xa que nada ten que ver o que predica a lei, co que en realidade pasa. Unha cousa que non me quedou moi clara é o dos letreiros... non é Gaélico o que aparece ó lado das indicacións en Inglés? Se así é, isto só potencia esa idea de carácter hipócrita no estado das cousas, seguramente esa parte dos letreiros é ignorada por todos.
    Esta situación ten algo que ver co Galego, como ben explicaron os compañeiros, pero a moi grande escala, xa que o Galego goza de moita mellor saúde, e non penso que chegue a esta situación.

    ResponderEliminar
  10. A curta transmite unha idea fundamental: como ás veces as sociedades non son capaces de percibir as súas características mais irracionais, e cómo, desde un contexto diferente, estas se fan máis evidentes.
    O chinés, ao igual que se decidise ir a Alemaña aprendería o alemán, seguindo a mesma lóxica, se decide ir a Irlanda aprende a súa lingua propia: o gaélico irlandés.
    O galego, ao igual que o gaélico irlandés, é unha lingua minorizada e está sendo superada en número de falantes polo castelán. Por un sector importante da sociedade galega, existe un posicionamento agresivo ante o galego, que ás veces aínda é mais porque non parte do descoñecemento do idioma, senón de arraigados preconceitos.De feito, a moitos galegos pareceríalles absurdo ou incluso inútil ou pouco práctico que un chinés que quixese vir a Galicia estudase preferentemente o galego que o castelán.
    Se ben en Galiza se conserva a lingua propia e a xente por regra mais ou menos xeral é quen de comprendela aínda que non adoite a falala, isto é grazas ao esforzo de poucas persoas que no seu momento foron conscientes da importancia do elemento lingüístico na especificidade dunha cultura, defendendo de xeito abnegado a súa dignificación no marco de procesos de minorización.

    ResponderEliminar
  11. Tanto Irlanda coma Galicia, tiveron que someterse nalgún momento da súa historia a un “imperio” dominante co que lidiaron diferentes capítulos que marcaron profondamente o seu futuro. Parece que máis no caso irlandés, aínda que habería que preguntarse en qué medida a situación do galego non se irá achegando á do irish co paso de tempo.
    Descoñezo os motivos polos cales, a día de hoxe, fálase e escríbese máis en galego que en Irish. Quizáis a represión e persecución foron máis fortes en Irlanda, ou foron máis duradeiras, ou conservaron menos referencias escritas, ou o inglés foi e é máis forte có castelán, ou como a diferencia entre as linguas é maior…

    O que é evidente é a perda de valores e de dignidade que acompaña o somentemento dunha lingua sobre outra coa súa consecuente desaparición.

    Por outra banda,paréceme igual de absurdo ter unha lingua oficial que non se fala coma pensar que o chino non se informou o suficiente como para saber a situación lingüística real de Irlanda e non podía haber estudiado tamén algo de inglés, xa que a súa capacidade de aprendizaxe é impresionante.

    Manter unha lingua únicamente no seu rexistro gramatical sería coma metela nun museo para mirala. A sabendas de que nun museo só se expoñen cousas inertes.

    ResponderEliminar
  12. Eu penso que o caso desta lingua é moi diferente ó do galego. Como din os meus compañeiros, si vas a un bar e pides unha Estrella Galicia en galego, todo o mundo entendeche; e como nesto en todo. En Galicia non todo o mundo fala galego, pero si que che entenden.

    ResponderEliminar
  13. O vídeo nos amosa a situación lingüística que se vive en Irlanda, na que o rapaz chinés non é quen de entenderse cos propios irlandeses, xa que eles mesmos descoñecen a súa lingua nacional.
    En canto as semellanzas co galego, a máis importante é que ámbalas dúas conviven nun mesmo territorio con outras linguas (galego/castelán) e (gaélico/ inglés).
    En canto as diferenzas, de modo xeral, a comprensión entre o galego e o castelán é doada: un galegofalante pode entenderse cun castelánfalante e á inversa.
    Sen embargo, entre o gaélico e o inglés a comprensión non é fácil se non se ten un coñecemento das linguas.
    Na Península Ibérica temos un caso semellante co éuscaro, no que é preciso ter coñecementos da lingua para poder entendernos cun éuscarofalante.

    Por outra banda, no vídeo (escena na que o camareiro do pub intenta comunicarse co chinés mediante xestos e lle presenta a cervexa “Guiness” como un símbolo nacional) hai tamén unha crítica á existencia de marcas comerciais que se presentan como emblema do país.
    O problema radica en esquecer a lingua coma a elemento máis importante da identidade nacional.

    ResponderEliminar
  14. Todos estamos de acordo de que a situación que temos agora mesmo en Galicia non é a mesma que a que nos mostran no vídeo pero temos que ver que co paso do tempo, se non se coida o galego o lóxico e que a situación se vaia parecendo cada vez mais.
    ¿Qué porcentaxe dos galego falantes, por poñer un exemplo, usa as palabras xeonllo e nocello?. Moi poucas diría eu. Non por elo se vai a perder o galego pero por algo se empeza.

    ResponderEliminar
  15. Ilustradora historia sobre os extremos os que podemos chegar co abandono dunha lingua. Persoalmente divertiume moito a referencia á escena de Taxi driver que deixo nesta ligazón:
    http://www.youtube.com/watch?v=XzPBUGUM7KQ

    Non podo imaxinar un futuro no que un mozo doutra parte do mundo, cunha lingua completamente diferente buscase nun mapa e atopara Galicia, interesaríase polos seus paisaxes, as súas tradicións, e chegaría a saber que o seu idioma propio é o galego. Sen pensalo aprendería o idioma e collería a mochila para buscar un porvir mellor aquí.
    Pero este país esquecera o galego, por non coidalo, e o idioma falado sería un oficial si, mais non o propio.
    Nesta Galicia futurible só os máis vellos do lugar serían a proba para este rapaz de que ese idioma que aprendeu existiu. Eses vellos que serían a última xeración da nosa lingua.
    Semellante hipótese non chegara a darse xamais, o caso do gaélico é ben distinto ó que sucede en Galicia. Non todos os galegos o falan mais todos o entenden e así ten que seguir sempre.

    ResponderEliminar
  16. Creo que nesta curtametraxe so hai parecido a convivencia de dúas linguas na mesma rexión. Creo que na nosa sociedade e na nosa realidade lingüística os falantes de castelan e de galego nos entendemos e creo que non deberiía haber problema algún. O problema radica en que a xente coneza a esquecer o galego e centrarse no castelán e introducindo novas palabras e expresións, o que supón a perda do idioma. Pensandoo friamente, se perdemos o idioma, perdemos a nosa identidade e a esencia propia de Galiza. Deberíamos ser máis conscientes e máis obxetivos á hora de elixir cómo falar unha lingua.

    ResponderEliminar
  17. Este vídeo fai pensar moito, e da medo pensar que nalgún momento poderamos chegar á mesma situación. Realmente paréceme unha magoa que os propios irlandeses deixasen de entender a súa propia lingua. O perderen o Gaélico, perderon parte da súa cultura é , polo tanto, as súas raíces.

    Dende logo, a situación entre o gaélico e o galego non é a mesma, pero nun futuro, por desgraza non moi lonxano, podería ser o mesmo. Este vídeo, e coma unha xanela ó futuro.

    ResponderEliminar