segunda-feira, 17 de outubro de 2011

Lingua e escola (B. Silva)

45 comentários:

  1. Comparto co autor a idea de que os proxectos lingüísticos levados a cabo no eido da educación non estiveron ben regulados e iso explica que o dominio da lingua galega, con respecto ó castelán, sexa menor. De aí que o bilingüismo non sexa unha realidade. Mais non e só culpa da escola. A escolla dunha lingua non é sempre unha escolla voluntaria. Por moito que as ensinanzas diten que as túas competencias deban ser iguais nas dúas linguas para poder escoller libremente, o certo é que o que máis influencia a escolla, dende o meu punto de vista, é a familia. É a lingua na que falou sempre contigo a túa familia a que determina a túa escolla.
    Sen embargo, non estou de acordo co autor cando opina que os que tratan de promover a liberdade de opción lingüística queren a segregación, senón simplemente poder sentirse libres na súa escolla, sen seren recriminados pola mesma. Pódense sentir galegos igual aínda que escollan falar o castelán, porque a cultura non só reside na lingua, senón tamén nas tradicións, no saber popular ou na historia dun pobo. Aínda que para podermos chegar a esta escolla libre, primeiro teremos que compartir co autor a necesidade de cambio e o apoio ó ensino do galego no modelo educativo para que teña unha maior presenza.

    ResponderEliminar
  2. Bieito Silva Valdivia reflicte a realidade do uso e ensino de linguas (galego e castelán) en Galicia e afirma que tanto lingua coma escola teñen unha influencia mutua e que unha depende da outra. Así, a escola é moi importante á hora de promovermos o galego coma lingua vehicular, xa non só na materia adicada a “lingua e literatura galega” senón a outras materias coma poden ser matemáticas, bioloxía, etc. por que non as ter tamén en galego? Dende o meu punto de vista isto sería óptimo, xa que se lle quita ao galego a etiqueta de “lingua extranxeira” que, ao meu parecer, atribúeselle inconscientemente ao daren os profesores só a materia de galego nesta lingua, de forma que o galego vese non coma unha lingua para usar sempre e en calquera momento e contexto.
    Coincido en que o problema da situación lingüística do galego nos institutos e escolas en Galicia é dispor dos medios necesarios para garantir o tan ansiado bilingüismo nos alumnos cando os profesores non son bilingües e cando non se dispón da formación necesaria e de inspectores que poidan controlar e velar pola presenza do galego nas aulas, cantos de nós non temos tido os libros en galego e os profes falaban en castelán? Ademáis da formación dos profesores en lingua galega é necesario que estes tamén estean motivados para transmitir a lingua e a cultura galega con actividades como magostos ou maios, de xeito que os rapaces pasen un tempo agradable, síntanse orgullosos de ser galegos , falen a lingua e se eliminen os prexuízos. Se os alumnos de cidades que falan castelán na casa habitúanse a falaren só en castelán tamén dentro da escola, o coñecemento que terán de galego será meramente pasivo e escrito, pero se cadra a fonética estará moi descoidada e será completamente castelá, por iso resulta fundamental misturar aos alumnos castelán e galegofalantes nas aulas no canto de separalos por razón de lingua. Estou de acordo coa miña compañeira Alba cando di que “a cultura non só reside na lingua, senón tamén nas tradicións, no saber popular ou na historia dun pobo”, pero non por iso temos que quitarlle valor á lingua, porque por ela transmítense non só palabras senón tamén ideoloxías e formas de entender a realidade vencelladas a esas tradicións, ese saber popular e esa historia, de ahí que haxa palabras intraducibeis ou que certas palabras esperten en nós unhas ou outras sensacións e sentimentos, como por exemplo coa palabra “morriña”, que o castelán tomou emprestada da nosa lingua. A “morriña” é moito máis ca “nostalxia” e reflicte o contexto histórico e social da Galicia, unha poboación que tivo que emigrar, deixar todo atrás e que tiña a esperanza de volver algún día.

    ResponderEliminar
  3. Estou de acordo totalmente cas miñas compañeiras. Pouco máis hai que decir.
    Penso que o punto máis importantes que tocou Bieito Silva Valdivia é que o galego na escola se presenta coma unha lingua 'extranxeira', o que fai que ós estudantes lles dea a impresión de que esta non se pode usar en todos os ámbitos da vida.
    A busca do bilingüismo é o obxectivo principal.

    ResponderEliminar
  4. Tanto este autor, B.Silva, coma Teresa Moure coinciden ó principio en que a relación entre lingua e escola non só encerra o ámbito didáctico e académico, senón que tamén implica unha postura ideolóxica e sociopolítica.
    B.Silva céntrase nos problemas e necesidades da Administración educativa en Galicia, resaltando a falta de organización da lexislación que non está claramente dirixida a un obxectivo marcado. Él di que non hai un modelo lingüístico delimitado, e que as carencias do sistema son producto desta falta de planificación explícita. Aquí entra desde a organización curricular, ata a formación do profesorado. Tamén fala do carácter positivo do feito de incorporar as linguas extranxeiras na formación do alumnado, mais dende o punto de partida de ter ben asimilada a lingua propia.
    Ó que máis importancia ten para min como futura profesora (se todo sae ben) é esta afirmación, ó falar da transmisión de linguas: "unha lingua se aprende a través do contacto con ela, debemos garantir que esa relación sexa suficiente non só desde o punto de vista cuatitativo, senón tamén desde o cualitativo: en riqueza, variedade e correción." É importante non deixar que o afán por aprender linguas derive nunha mala utilización delas.
    Tamén é importante a idea de transmitir non só a lingua como instrumento comunicativo, senon tamén considerala dentro do seu contexto social, e sabe-lo estatus que ten no panorama sociolingüístico para así comprendela mellor. Polo tanto, é necesario ensinar ós alumnos tendo en conta este factor, informándolles do contexto cultural no que se encontra a súa lingua.

    ResponderEliminar
  5. Bieito Silva ahonda en el modelo lingüístico de la enseñanza en Galicia y hace un balance sobre la situación.

    A lo largo de los años la legislación se ha encargado de promover la normalización lingüística y fomentar y establecer una planificación lingüística acorde a las necesidades y carencias de la enseñanza en ese sentido. Se hace que en las aulas aumente el número de horas de asignaturas impartidas en gallego, que los centros promuevan esa actitud de cambio y de dinamización lingüística y que los alumnos logren tener las mismas competencias en una y otra y lleguen a ese tan deseado bilingüismo. En algunos centros se ha llevado mejor que en otros, pero como resalta Bieito Silva, lo que ha faltado es hacer un buen planteamiento sociolingüístico ya que dependiendo de las características sociolingüísticas del sitio se debería de actuar de un modo u otro ya que las necesidades y carencias no son las mismas, ni tampoco el nivel de gallegohablantes y castellanohablantes.

    Yo creo que las medidas que se han tomado a lo largo de los años es un buen método para lograr que el bilingüismo esté cada vez más cerca, aunque también pienso que el bilingüismo total es un poco una quimera ya que siempre hay una de las dos en la que uno se siente más cómodo y se tiene una competencia mucho mayor.

    Pienso que el compromiso social es fundamental para que esta situación mejore y esto debería de empezar inclucándose desde los niveles más bajos. Bieito señala que la legislación se ha encargado de que desde los niveles más primarios haya una igualdad en la enseñanza en gallego y en castellano y que no sólo a los niños se les enseñe en su lengua materna sino que a partir de primaria el uso de ambas esté equiparado.

    En cuanto a si los resultados se han conseguido o se conseguirán, creo que cada vez se avanza más, pero también hay que tener en cuenta que la lengua materna en muchos casos es el castellano y que estos hablantes siempre van a tender a usar el castellano, así como los que tienen el gallego como lengua materna el gallego. Los debates sobre qué lengua usar o no son bastante complicados porque acarrean muchos temas de trasfondo pero para mi la situación ideal es que a los alumnos se les proporcionen las herramientas necesarias para que ellos puedan desarrollar las mismas competencias en ambas lenguas. Lo importante es que todo el mundo consiga ese nivel de bilingüismo y de conocimiento.

    En conclusión, este tema conlleva un amplio debate y desde mi punto de vista, en el hecho de algunos centros incumplan o no prumuevan lo deseado el uso del gallego tienen mucho que ver los ideales políticos de la sociedad y el enfoque y niveles de prioridad que cada cual otorga, así como la situación sociolingüística.

    ResponderEliminar
  6. Bieito fai unha análise do modelo de ensino en Galicia, quizais pouco planificado, que seguiu o noso idioma dentro do sistema escolar durante os últimos 25 anos, con carencias do sistema producto de esa planificación.

    B. Silva fai unha relación entre lingua e escola de duas maneiras, unha pública de caracter académico e outras con trascendencias sociais. Como xa dixo algunha compañeira miña, o autor non so delimita esta relación ao ámbito didáctico e acádemico, senón que tamén a opcións ideolóxicas e sociopolíticas xa que van ter influencia na comunidade.

    Resalta a inexistencia dun Plan Xeral con obxectivos globais e sectoriais ata o 2004. Bieito fala sobre a diferencia de competencia entre as dúas linguas, non solo se fala menos en galego senón que os que falan castelán tampouco o falan ben, polo tanto non creo que o bilingüismo na maior parte da poboación alcanzárase.
    Con respecto a un tercer idioma, creo que é necesario, pero no sei se a forma actual de ensino é a correcta, ou se hai falta de horas lectivas ou o que seña,por que realmente sabemos falar ben unha lingua extranxeira cando saimos do instituto? ¿Que é o que hai que mellorar ou cambiar?

    Como xa dixo a miña compañeira, este é un tema de amplo debate, con moito tema de tasfondo.

    ResponderEliminar
  7. Coincido cos meus compañeiros, aínda que tamén quería comentar os aspectos principais que identifiquei no texto de Beneito Silva. Por unha parte salienta que as decisión globais nun sistema educativo, son decisións sociopolíticas, non son simplemente decisións curriculares e esas decisións van a condicionar as competencias lingüísticas dos falantes na súa vida cotiá. Ademáis, unha proposta ou política lingüistica non só debe apostar por una política educativa plurilingüe, senón tamén por unha política social, que fomente actitudes e predisposición positivas cara o galego sobre todo no que respecta o profesorado. O autor tamén sinala que a política educativa en Galicia na práctica non se lle atribuía responsabilidade na normalización do galego, é dicir, que non contribuía a alcanzar os objxetivos fixados na política lingüistica, porque non se puxeron a disposicións do sistema educativo os medios necesarios (actitudes do profesorado), e tampouco se levou a cabo ningun tipo de control (inspeccion de educación) do cumplimento desos principios. A idea global e que, para que conseguir o plurilingüismo efectivo, hay que partir do galego como primeira e principal lingua do curriculo e deixar de ver o galego como una lingua estranxeira.

    ResponderEliminar
  8. O texto fai un percorrido da situación do galego na ensinanza por medio dos decretos e leis que xorden na defensa do mesmo, dende a Lei de Normalización Lingüística Do 83, baixo a protección de Constitución Española e o Estatuto de Autonomía, ata o decreto do 2010, marcado polos ventos globalizadores que sopran hoxe. Pódese dicir que a situación da lingua en Galicia pasa do monolingüísmo ó plurilingüísmo pasando polo bilingüísmo.
    Nesta estapa que vai dende a LNL do 83 ata o decreto do 2007, pretendese a plena implantación do galego no sistema educativo en coexistencia co castelán, de forma que se garanta a competencia de ámbalas dúas linguas. Este proceso non soamente ten que incorporar a materia de lingua galega coa mesma importancia que a de lingua castelá, senón que ademais ten que buscalo uso como lingua vehicular dentro do currículo. Este período caracterízase pola presenza destas normas cara ó bilingüísmo, pero non así de mecanismos de seguemento e control que permitisen medilo grao de competencia bilingüe.
    Con todo isto ás costas chegamos ó Decreto do plurilingüísmo do 2010, e a necesidade de abrilo sistema educativo a outras linguas ademais do galego e o castelán. Na miña opinión, esta necesidade non creo que beneficie ó galego, non polo feito de aprender outra lingua, senón pola perda de importancia ou subordinación que lle pode supor ó galego.

    ResponderEliminar
  9. O artigo “Lingua e escola en Galicia” expón dunha maneira moi clara a situación socio-lingüística pola que o galego está a pasar. Por un lado aparece a escola como o vehículo de coñecemento dos estudantes e o galego, como a lingua vehículo da mesma. O Plan Xeral de 2004 intentou conseguir unha situación de bilingüismo que claramente só se podería atopar dunha maneira idílica na escola. Aínda que puidera ser posible esta situación, atopamos menos espazos dos que deberían na vida cotián en que o galego estea presente. Este é a reflexión ao meu parecer máis importante do texto.

    Como ben amosaba o artigo de Teresa Moure a escola é o marco de referencia de coñecemento para todos os rapaces. É o seu vehículo de aprendizaxe fundamental que ten unha planificación curricular no plano das linguas dependente de “opcións sociopolíticas”. Desta maneira esas linguas servirán nun plano público como “instrumentos de comunicación e interacción”. O Plan Xeral propón que tanto a lingua galega como castelán sexan usadas como linguas vehiculares xa que ambas linguas son oficiais na nosa Comunidade Autónoma e como tal ambas as dúas deben ser dominadas polos estudantes. Sen embargo, esta meta non está ben definida e quédase ao final como unha iniciativa debido ás moitas razóns que o autor Bieito amosa neste artigo. Esa “corrección de desequilibrio social” non se pode acadar nin no plano da educación nin no plano social. Quédase nunha situación idílica.

    Nesta situación tan delicada non penso que a culpa sexa nin duns nin doutros, é unha situación na que é fundamental que superen os prexuízos lingüísticos. Así como unha lingua se aprende mellor desde as primeiras etapas escolares dun neno, tamén se pode incluír da mesma maneira un contexto social en que os cativos aprendan o valor cultural que aporta a lingua a unha comunidade. Tal como amosa o vídeo de Frei Sarmiento, o galego tamén pode ser a lingua vehicular de coñecemento de todos os ámbitos do saber. Esas cabeciñas que non entenden de política nin prexuízos son capaces de decatarse do valor e da importancia de falar a súa lingua, e ver que cada lingua representa unha cultura. O galego é a súa.

    ResponderEliminar
  10. O artigo de Silva Valdivia expón, breve e sinteticamente, a problemática la lingua galega na escola nos últimos vinte e cinco (vinte e oito agora) anos. Parece fóra de calquer tipo de dúbida que a interdepencia entre a lingua e a escola é moi forte, pois aquela é o instrmento de comunicación e transmisión dos distintos saberes nesta. A pesar disto, na nosa comunidade non parece doado alcanzar ese desexado biligüismo que o autor denomina “ilusión bilingüe”. Silvia Valdivia reflexiona sobre o sistema educativo en Galicia, no que ó modelo lingüístico se refiere, e expón a evolución deste ofrecendo un análise das diferentes leis e decretos existentes ó respecto, dende a Constitución e o Estatuto de Autonomía, que lle confiren o estatuto de linguas cooficiais ó galego e ó castelán, até o Decreto de 2007 (na actualidade contamos cun posterior, de 2010, non analizado no texto por razóns cronolóxicas obvias), e vemos como de ser a ensinanza da lingua galega unha materia, pasou a empregarse como lingua vehicular no cincuenta por cento das materias do currículo o que supón, pois, un gran avance, especialmente para as competencias lingüísticas do alumnado nesta lingua. Abógase, pois, polo ensino conxunto das dúas linguas e non pola segregación (o cal, personalmente, pareceríame, ó igual que o autor, unha perigosa disgregación social; ademais, coido que é unha mágoa privar ó alumnado dunha lingua, pois é sabido que o bilingüismo favorce ó plurilingüismo e a adquisición de novos idiomas), así como tamén se pon de relevo a importacia dunha planificación lingüística nos centros.
    Porén, non houbo medios específicos para avaliar os resultados das propostas, parecendo unha das consecuencias máis graves o alto grao de galeguización que podía existir duns centros a outros, pois suporía o asentamento de situacións escolares lingüísticamente moi diferentes, o que se alonxa totalmente das situacións de normalización do galego e de bilingüismo galego-castelán que se pretenden. Por todo elo, cómpre crear unha conciencia positiva sobre o plurinlingüismo así como favorecer o habilitamento de espazos de uso para as linguas que se queiran aprender, renovando os enfoques na didáctica e avanzando na colaboración e coordinación interlingüística.
    “A tese de fondo é que unha educación plurilingüe en Galicia ten que desenvolver saberes procedementais, pero tamén actitudinais”, xa que as competencias idiomáticas deben sumar e non entrar en conflito, pois pódese ser plurilingüe dende unha lingua minoritaria.
    Resulta un gran artigo, pois mostra de xeito doado as pautas da realidade lingüística escolar existente e como se chegou a ela; ademais, a análise das consecuencias e as solucións ofertadas son tan reais (as primeiras) como desexables (as segundas) sen esquecer, nunca, a importancia da calidade idiomática, esixencia que, nos últimos anos, parece desaparecer, non só dos currículos escolares, senón tamén dos medios de comunicación e da sociedade en xeral.

    En relación ó exposto polos meus compañeiros, coincido totalmente con Alba e sgtes., cando din que unha cultura non é unha lingua; se isto fose certo, a cultura de España, Colombio, Arxentina, Chile, e un longo etéctera sería a mesma, e sabemos que non é certo. Ou, exemplificando con casos quizáis máis preto ó noso, a cultura dun sevillano sería a mesma ca dun zamorano….e tamén sabemos que iso dista abstante de ser certo.

    ResponderEliminar
  11. O autor, ó comezo do texto fala da escola como o instrumento para a educación da lingua, pero tomando en conta os principios darwinistas á hora da supremacia dunha lingua en rexións como a nosa, na que conviven dúas linguas cooficiais. A "selección natural" enunciada por Darwin queda reemplazada polas decisións tomadas por certos sectores dominantes na nosa sociedade, e como parece que non temos capacidade de decisión, deixámonos levar por "dinámicas de mercado”.
    Se nun principio, todos temos claro que o problema non está nos obxectivos, senón en como conseguilos, ó lexislador isto parece non preocuparlle, e toda a normativa que vimos recopilando dende o Estatuto de Autonomía, á Lei de Normalización Lingüística, sen esquecer claro os sucesivos Decretos de Educación permitían un amplo abano de posibilidades sen comprometernos a casi nada (á administración, á escola, ós galegos,...)
    A participación da lexislación no fomento de adquisicións de competencias lingüísticas en galego é moi feble e desinteresada, chegou a un momento no que se lle enchía a boca falando de bilingüismo pero non proporciona as medidas necesarias para acadar una equiparación entre galego e castelán. Por se fose pouco a "fase do trilingüismo" recentemente acabou por desbordarnos, eso si, o novo decreto pouco nos compromete na calidade das competencias a acadar... pero así xustificamos ante o mundo que respostamos as súas demandas de internacionalización, porque ante todo os galequiños "semos" europeos, cosmopolitas e internacionais... e ser plurilingüe en linguas minoritarias parece que se considera unha perda de tempo nalgunhas esferas.
    A ausencia dunha avaliación do cumprimento dos decretos por parte da Administración e a falta de compromiso por parte da meirande parte do profesorado son máis que evidentes. Polo tanto, velaquí o resultado. Así que é de vital importancia desenvolver actitudes de compromiso de cara ó galego, xa que supoñen o punto de partida no camiño da revitalización e fortalecemento da lingua. Futuros compañeiros "docentes decentes", mas á obra (de maneira voluntaria, que a lei non obriga).

    ResponderEliminar
  12. Bieito, antes de afondar na situación do galego a nivel lexislativo e educativo, fai unha comparación entre lingua e escola. Tanto un coma outro son conceptos moi importantes e que se relacionan entre sí. Bieito sitúaos nunha balanza na que ningún ten mais peso sobre o outro senon que se complementan. A lingua é o medio a través do cal se aprende na escola e a escola é o lugar onde se alfabetiza ao alumnado. Bieito destaca a importancia de falar destes dous termos porque non só implican unha dimensión pública e explícita (qué linguas se deben falar) senon que tamen implican unha dimensión realmente importante: todo o que unha lingua e a sua fala conleva en tanto que é un instrumento de comunicación que ten unha historia e unha repercusión na comunidade que a fala en relación coa sociedade en xeral.
    Unha vez aclarados estes termos e recalcando a importancia que teñen, Bieito fai un percorrido ao longo da lexislación lingüística dende o Decreto do 83 que se asentou a Normalización Lingüística. A conclusión é a seguinte: pretendiuse reforzar o galego na escola, sobre todo co Plan Xeral do 2004, coma medida necesaria na educación. Procurabase, dende o LNL, alcanzar un bilingüísmo entre o galego e o castelán.Mais isto era simplemente un ideal que nunca realmente se chegou a acadar. A castelanización nas aulas estivo presente nunha alta porcentaxe nas escolas ao longo destes 25 anos.
    Bieito continua avanzando no texto e, para ir concluindo, fala sobre unha sociedade diferente actual.Diferente da que había no ano 83. Pasa a deixar no "olvido" o ideal dun bilingüísmo centrándose agora nunha sociedade plurilingüe. Se xa era dificil atopar un nivel entre duas linguas, entre tres ou máis parece case imposible. Mais na sociedade na que vivimos aberta ao mundo e globalizada, parece necesario non só coñecer as linguas oficiais da tua comunidade senon tamén polo menos unha lingua estranxeira.
    Se hai algo que destacaría do texto, é o concepto de implicación colectiva que recalca o autor ao longo de todo o seu texto. Xa non só no ámbito escolar senon que en case calquera ámbito é preciso para alcanzar un determinado obxectivo que a sociedade se implique. Só coa colaboración e interese dos cidadáns se poden alcanzar grandes metas na sociedade. Se os centros, a sociedade e as demais persoas implicadas no ámbito educativo estivesen concenciadas e tomasen con seriedade a lexislación educativa e houbese un control periódico en cada un dos colexios, probablemente non existirian estes problemas lingüísticos e Bieito Silva non tería a necesidade de escribir este artigo. Compromiso e seriedade, dúas condicións indispensables para conseguir calquer cousa que unha persoa ou un colectivo se propoña.

    ResponderEliminar
  13. CONTINUACIÓN

    Ó final do texto, nas últimas páxinas fai unha especie de reflexión acerca dos pros e os contras de dita implantación lingüística. Como positivo menciona a importancia do asentamento da lingua con normalidade nas tarefas administrativas, retirando así prexuízos (que tanto a rodean), e a implantación da lingua galega como area de coñecemento, así como idioma vehicular doutras materias/áreas. Mentres que os factores negativos son máis, destacando o escaso estímulo e vixilancia da administración educativa (mencionado anteriormente), a tarefa castelanizadora da escola, que loxicamente foi desfavorecedora do galego, e a insuficiente aplicación do galego na escola infantil, que é transcendental xa que se trata dunha etapa fundamental na socialización escolar dos nenos, pois a aprendizaxe da lectura e da escritura nunha determinada lingua ten consecuencias obvias nos posteriores comportamentos lingüísticos dos alumnos.
    É unha mágoa que afirma, o que xa sabemos, pero doe máis lelo cando son datos contrastados, que o uso que fai a mocidade do idioma galego é cada vez máis minoritario. Algo que baixo o meu punto de vista, pon de relevo o fracaso das leis tan medidas e “implantadas” no ensino. Sen control, non hai cumprimento, sen cumprimento, non hai resultados. Máis control niso, e menos en temas absurdos que moitas veces se pasan inspectores medindo. Menos multas de radares e máis controles escolares! Ademais, tamén sinala, algo que xa está visto tamén no libro de Singala, e que volve a pór de relevo a falta de instrumentalización da lingua, que os nenos galegofalantes teñen control sobre o castelán, mentres que moitos dos castelánfalantes, non saben falar nin escribir, en definitiva, expresarse en galego.
    Pareceume un texto crítico moi bo, máis que crítico é mostrativo da realidade, e concienciante tamén, temos que mira-la maneira de poñerlle freo a esta situación de incumprimentos, e cando por fin esteamos dese bando, o dos mestres, intentar crear grupos de traballo e asociacións, que fagan cumprir as leis e que promulguen o emprego da nosa lingua.
    Xa para rematar, simplemente transcribo a frase coa que Siva remata este texto: “sentirse orgulloso do propio sen chauvinismos, ser capaz de apreciar e valorar o diferente e poder aproveitar as vantaxes de comunicarse en varias linguas son sen dúbida algunhas das capacidades máis definidoras dunha sociedade avanzada e culta”, idea que une co pensamento de Singala e que non me canso de repetir de que o feito de sentirnos orgullosos do noso non significa desprezar o dos demais.
    ¡Loitemos por unha ensinanza xusta en galego!

    e por certo, en canto a algo que dixeron as miñas dúas compañeiras dos dous primeiros comentarios, discrepo con elas en que alguén pode sentirse galego e non falar en lingua galega, eu creo que se realmente te sentes galego o que queres é loitar polo teu idioma e a túa identidade, a identidade dun galego non é só a morriña da terra, é a lingua, e fálea ben ou mal, debería falala, pois é a garantía de que se siga mantendo viva! :)

    ResponderEliminar
  14. 1ª PARTE:
    Unha vez máis neste texto de Bieito Silva facemos referencia un aspecto tratado nestas sesión de clase e neste seminario do mestreado: Os decreto da lingua galega.
    Estou moi de acordo co que autos nos ven a explicar, persoalmente creo que o problema non foi só e exclusivamente da escola, senón que vai máis aló, é imposible que un aspecto como a utilización da lingua galega na escola sexa regulado a nivel lexislativo e logo non se teña ou máis ben non se faga ningunha avaliación de si o lexislado se esta levando a cabo.
    Un dos feitos que máis chama a miña atención e que o Decreto permita nun primeiro momento a lección de que materias dar en castelán e cales en galega e ademais añada que os contidos da Educación Infantil se impartan na lingua nai. Para min isto foi un problema xa que, no ano no que o decreto foi elaborado temos que ter en conta que exceptuando o rural de Galicia, a lingua nai era o castelán feito que provoca a incomodidade dos alumnos/as cando pasan de ciclo (á Educación Primaria) de ter que estudar algunhas materias en galego cando o seu estudo inicial foi en castelán.
    Outro dos aspecto a ter en conta foi a pouca formación que os docentes tiñan para impartir as súas materias en galego. Aínda que seguramente coñecían a lingua e a utilizaban e algúns dos contextos nos que se relacionaban, é feito indiscutible que iso non chegaba. Se o docente non esta plenamente concienciado no idioma galego non influirá positivamente nos seus educandos.
    En Galicia coexisten o galego e o castelán, feito que persoalmente me parece moi interesante porque como ben di o autor do artigo, o plurilingüismo ben elaborado e ben levado a cabo non é máis que unha sinal de cultura e riqueza do contexto.
    A medida que pasan os anos e van aparecendo novos Decretos, o uso do galego é maior no campo lexislativo na escola feito para min moi interesante xa que, aínda que non se fagan unhas avaliacións finais de si o uso foi ou non o correcto, polo menos xa vemos a vontade de intentalo. Este feito non chega, de ai a idea do autor na que explica a problemática de que algúns centros en función da localización xeográfica están máis ou menos concienciados en levar a cabo estas actividades.
    De feito eu defendería a idea de implantar un porcentaxe máis alto no ensino de galego que no de castelán polo simple feito de que a xuventude é maioritariamente castelán falante o que implica que nos seus contextos sociais a lingua que utilizan é esa. Desta maneira influiríamos positivamente nun maior uso do galego concienciando á xente da súa utilización e dándolle un maior prestixio o cal algún día remataría no mesmo nivel que o do castelán.
    Outro dos feitos que nos axudaría moito para a concienciación cidadá é o feito de que en todos os fogares de Galicia se utilizasen as dúas linguas indistintamente, feito máis complicado, incluso definiríao como una utopía polo mero feito de que persoalmente considero que aínda hoxe en día o prestixio do galego non é o mesmo que o do castelán. Hai moita xente que elixe a súa lingua en función do status que ten a mesma, se falar castelán parece máis culto e lle da más prestixio que falar galego, utilizara como lingua vehícular o castelán, feito que podemos observar hoxe en día cando a xente se apura tanto en coñecer unha lingua estranxeira xa que iso, segundo esas persoas, da prestixio.
    Persoalmente creo que o prestixio o da o perfecto coñecemento das linguas que coexisten no seu contorno, non o de unha lingua coa que quizais nunca se comunicará con alguén, e si o fai so en situacións esporádicas nas que non desenvolve seguramente ningún proxecto vital.

    ResponderEliminar
  15. 2ª PARTE:
    No ano 2010 aparece pois o famoso Decreto do plurilingüismo no que ademais de respetar o anteriormente lexislado se lle da unha importancia ó coñecemento de polo menos unha lingua estranxeira, feito que tendo en conta a globalización e a sociedade na que vivimos non ven de máis. Hoxe en día ata para o acceso a un mestreado deste tipo é necesario o nivel B1 dunha lingua estranxeira, isto implica pois a necesidade do estudo e introdución dunha lingua deste tipo no currículo da educación obrigatoria.
    Non vexo de todo mal o coñecemento de outras linguas, de feito gustaríame coñecer moitas pero, o importante como xa dixen é coñecer ben primeiro as nosas e logo, se sobra tempo e ganas as demáis.

    ResponderEliminar
  16. Neste texto Bieito Silva achéganos un balance das medidas lexislativas arredor das linguas en Galicia, así como unha serie de propostas para tentar de corrixir as eivas que co tempo se produciron na aprendizaxe da lingua galega.
    O autor fai unha retrospectiva sobre toda a educación feita en Galicia ao longo do tempo, e nomeadamente referida ao idioma de Galicia. É por iso que se presenta como inevitable falar do famoso "bilingüismo". Mediante os mecanismos estatais imponse unha lingua (o castelán) en Galicia, un territorio practicamente monolingüe -non diferente a como poida selo no seu momento Portugal, Castela ou Islandia- para integrala de facto dentro do estado. Desde ese momento Galicia pasa a ser un territorio onde se ensina lingua castelá, e polo tanto xa comeza a existir persoas con linguas habituais diferentes. Silva analiza o acontecido despois disto na lexislatición e nos modelos lingüísticos que tentan facer viable este bilingüismo no ensino. Fálanos deste xeito de; integración escolar, do uso vehicular, la trascendencia da lingua materna (coa problemática que iso ten consigo) e da planificación lingüística dos centros. En termos xerais vemos que existiu -ata hai ben pouco- un consenso sui generis arredor destas bases que garantían unha competencia nambas linguas ao rematar o ensino obrigatorio. Con todo o propio autor vai alén disto e afonda no balance que se pode facer dos resultados obtidos ata o momento. Vemos neles -como dicía previamente a min Estefania- que a aplicación destes consensos explícitos na lexislación foi deficiente senón descaradamente nula. Vemos como nos tramos máis importantes -os de primaria e prescolar- o galego foi no maior dos casos obviado, e non digamos en centros moito máis opacos como algúns privados onde a inspeccións andaran a mirar se os baños están limpos e non en que lingua se imparten as clases. É obvio para o autor que houbo un incumplimento reiterado dos consensos esrcitos, de novo a teoría é preciosa mais a praxe falla. O autor propón corrixir esa ausencia de praxe con propostas. O certo é que se un alumno aprende o mesmo castelán cun 30% de horas que cun 50% (debido a toda unha serie de politicas positivas cara el; televisión, editoriais, radios, etc..) e o galego non conta con iso e o 50% se fai pouco, haberá evidentemente que subir o número de horas, sempre e cando procuremos verdadeiramente unha competencia igualitaria e non como dicía o outro día unha compañeira na aula un "postureo". Aparece tamén o plurilingüismo, ao que se lle concede importancia, sobretodo tendo en conta que no estado sempre se fomentou un monolingüismo castelán, aínda hai poucos anos na escola che dician que co castelán podías ir polos catro continentes, -aínda que moito de certo non debia de haber pois cando cruzas os Pirineos ou o Estreito de Xibraltar, por moito castelán que saibas estás vendido-. Polo tanto a aprendizaxe de máis idiomas é enriquecedora e debe estar contemplada (como o está, aínda que unienfocada) nos plans. En definitiva chámase á reflexión neste artigo sobre o modelo seguido en Galicia e as súas repercusións.

    ResponderEliminar
  17. A idea principal que resalta neste artigo, e como ben apunta o seu propio autor, é que nos contextos nos que existe máis dunha lingua , a opción que se adopte na escola marcará claramente o futuro de cada unha desas linguas.
    Nun caso como o do galego, no que eu creo que pode perfectamente coexistir unha realidade bilingüe (e gustaríame engadir unha cita do artigo que di textualmente que “en Galicia, os verdadeiramente bilungües son os galegofalantes porque necesitan selo”) tomando por esto que dúas personas poden entenderse perfectamente falando cada unha delas unha lingua distinta (galego-castelán) penso que debería primarse o ensino sempre na lingua minorizada, xa que os espazos de uso que posúe a outra son infinitamente maiores e o uso como primeira lingua na escola propiciaría un cambio social que necesitamos con urxencia no noso país.

    ResponderEliminar
  18. El texto analiza la integración lingüística, la lengua en la Educación Infantil, el equilibrio en el uso de las lenguas oficiales y la planificación lingüística, como aspectos principales del modelo lingüístico escolar de Galicia, y lo hace exponiendo la repercusión que ha tenido en ellos las distintas normativas de los últimos 30 años.
    Nos presenta este periodo, al que llama bilingüismo difuso, como un momento marcado por la vaguedad: la inexistencia de un plan con objetivos y medidas claras tanto en la política lingüística como en la enseñanza, da lugar a una etapa en la que se aboga por el bilingüismo, pero sin unas pautas claras de actuación, control y compromiso.
    Los resultados son desiguales según los centros y la inexistencia de previsión hace que sea difícil una evaluación de las acciones llevadas a cabo. Sin embargo la recopilación de los puntos fuertes y débiles hasta este momento sirve de diagnóstico para elaborar las bases de la enseñanza plurilingüe, que estarán centradas en la creación de una conciencia positiva del plurilingüismo, la utilización de un enfoque comunicativo en el aprendizaje de los idiomas y en reforzar al gallego, por su condición de variedad propia y recesiva, con la habilitación de nuevos espacios de uso y su utilización como lengua principal en la enseñanza.
    Este artículo nos muestra la interesante interrelación entre sociedad, política y educación. Cómo si se tratase de un proceso científico, explica de una forma clara la realidad lingüística de la enseñanza en Galicia y, basándose en esta realidad, propone una serie de medidas para alcanzar el plurilingüismo real. Cabe destacar la situación principal que le da a la concienciación en un tema tan controvertido como este. La información, para lograr un consenso social que sustente la aplicación de estas nuevas medidas es, bajo mi punto de vista, imprescindible.

    ResponderEliminar
  19. Como xa adiantaron os meus compañeiros, Bieito móstranos nesta lectura a situación da lingua no modelo de ensino galego de hai 25 anos. Dende logo, xa vemos un bo resumo do artigo nos comentarios deles, así que non me vou parar niso. O máis importante é que ninguén dubida que a lingua e a escola compleméntanse: a lingua como instrumento para achegarse aos rapaces e tamén como un saber necesario. Mais a lingua pode ter unha forte implicación suxestiva, con isto estoume a referir ás inferenzas que poden sacar inconscientemente os nenos a partir do uso dunha ou outra lingua. Por este motivo, a implantación dunha lexislación que acadara o equilibrio entre o galego e o castelán podía ser moi beneficiosa. Así que, a lingua galega consigue unha “normalización” a favor dun estado de bilingüismo. Non obstante, ese bilingüismo non se logra nas escolas; a balanza sempre sole oscilar hacia un lado. Por conseguinte, parece que os resultados non foron os esperados, máis que nada porque iso só contaba sobre o papel, a práctica non se levaba a cabo e tampouco había unha avaliación ou un seguimento sobre o tema.
    Se xa había problemas con estas dúas linguas, a demanda actual fai que creza o número de linguas para aprender na escola. Xa sabemos que isto implicou moitos debates por introducírense unha lingua estranxeira no currículo de asinaturas concretas. Así que débese pensar moi ben como organizalo para que ningunha saía máis beneficiada ca outra nun estado no que as linguas cooficias son dúas.
    Deberíamos pensar sempre positivamente en canto ás linguas. Que teñamos máis dunha lingua nun territorio é un gran privilexio, non debería verse como un problema. E contar, ademais, coa posibilidade de aprender unha estranxeira é beneficioso con respecto aos nosos coñecementos e competencias.

    ResponderEliminar
  20. Facer un resumo do texto paréceme absurdo, porque xa o fixeron os meus compañeiros. Por iso, vou explicar as conclusións que eu saquei unha vez rematada a miña lectura.

    Falando da influencia mutua entre a lingua e a escola, así comeza Silva o texto. Quédanos a todos claro e estamos e dámoslle a razón a Bieito (polo que vexo nos comentarios anteriores ao feito de considerar a lingua como o instrumento que vai a vehicular as interaccións que se produzan dentro das aulas da escola. Como vemos, Bieto comeza o texto resaltando a importancia das linguas, e sobre todo a importancia das linguas no contexto escolar. Grazas ao autor, fixemos un percorrido pola lexislación da lingua galega, percorrido no que a lingua galega non para de buscar ese “bilingüismo” tan desexado. A Lei de Normalización Lingüística confiaba en que chegara a ser posible un bilingüismo entre galego e castelán, mais non obtivo moito éxito.

    Na miña opinión, está ben que a lingua galega se vexa “respaldada” por unha lei, pero considero que non chega só con iso. Necesítase o compromiso dos falantes, respeto por e para esas linguas (por todas as linguas), así como eliminar os prexuízos, que van a ser sempre contraproducentes. Unha vez que se solucione eso, será máis probable que as ideas que defende a Lei de Normalización Lingüística funcionen con éxito; pero coido que antes de levar á práctica esa lei, é necesario primeiro concienciar á xente, ós falantes, do privilexio que teñen ao pertencer a unha comunidade con dúas linguas cooficias, concienciala de que son eles os que deben coidar esa situación e valorar por igual as dúas linguas eliminando os prexuízos que podan ter no referente a que unha sexa máis “útil” ou “mellor” ca outra.

    Os nosos nenos, e polo tanto a escola poden facer moito neste proceso de “concienciación”. Sempre se dixo que as casas deben consturirse dende abaixo, dende os cimentos, e non dende o tellado, e pensar na Lei de Normalización Lingüística e no percorrido que tuvo o galego pola lexislación faime pensar eso, que se comezou quizais polo tellado.

    Para min, e remato xa, esa lexislación pode axudar algo, porque as intencións son boas, véxase conseguir esa estabilidade entre linguas, é dicir, biligüismo; pero é imprescindible que se tomen outro tipo de medidas antes para facer que funcione. Temos que darnos conta de que quen mantén unha lingua viva son os falantes e non a lexislación que poda ter.

    ResponderEliminar
  21. Está todo dito pol@s compañeir@s.

    É de destacar a idea que extraio do artigo de Silva de que o entorno e as necesidades dos rapaces obligaraos a coñecer e dominar a lingua castelá, polo que parece evidente que para que exista un verdadeiro bilingüismo e unha real liberdade para escoller a lingua é necesario dotalos dos medios necesarios para que coñezan e dominen de igual forma o galego.

    Algo que a miña xeración en moitas ocasións (quizáis pola ausencia de evaluación das medidas tomadas, que comenta tambén Silva) non tivemos. No meu caso por exemplo, quizáis polo papel da escola e os famosos libros de texto, non teño problemas na escrita para desenrolarme adecuadamente. Pero o emprego maioritario de castelán no meu entorno -e a falta de evaluación na escola para correxilo- fai que a fala sexa outro cantar...

    ResponderEliminar
  22. En primeiro lugar e, a modo de resumo, podemos dicir que o texto fai un percorrido polas distintas etapas da lexislación que ordea e establece o uso da lingua galega. Destacamos tres aspectos que se “critican” no artigo ó respeto do uso do galego:
    O papel da aula en materia lingüística. Neste caso comentase a importanza que ten a educación a hora de mellorar e expandir o galego, pero tamén se remarca o valor que poden ter outros ámbitos próximos a vida máis cotiá (como poden ser: o teatro, medios de comunicación, a familia, etc.) Dende un punto de vista persoal considero que se debe potenciar o galego nos espazos máis coloquiais, entre o que debe destacar a familia, lugar onde creo que o galego se vai desintegrando pouco a pouco, facendo así que os máis novos deixen de empregar a nosa lingua.
    Tamén se recalca, coa frase “coidamos que o camiño percorrido nestes 25 anos mostra algúns claros e bastantes oscuros”, as deficiencias ou carencias que puido ter a lexislación encargada de velar polo galego, que segundo o texto, aínda que se puxo interese e se mellorou algúns espazos outros quedaron aínda máis desprotexidos torgándolle a lingua castelá todos os privilexios.
    Por último outro dos aspectos que se remarcan, e que xa comentamos anteriormente, é o uso escasísimo do galego que fai a nosa mocidade, principalmente nas urbes. Este é un dato verdadeiramente preocupante e que mostra claramente como se vai perdendo a nosa lingua. É difícil encontrar cativos en Coruña ou en Vigo que poidan manter, ou entendan (o que me parece aínda moito máis grave) unha conversa en galego. Quizais o pouco que lles soa é polos debuxos da galega ou pola escola. Pero isto non pasa só cos máis pequenos, lembrábame o outro día unha compañeira que estuda menciña en Santiago que o primeiro día de clase cando se estaban coñecendo todos, acercóuselle unha rapaza para preguntarlle: “¿Y luego tu de donde eres para hablar en gallego?” pareceulle unha pregunta tan absurda que só lle puido contestar…. “pois de Galicia….” Cousas coma esta preocupan bastante, sobre todo os que falamos galego e que nos gustaría que fose unha lingua tan utilizada como o castelán.
    Para rematar o meu comentario, fago referencia a unha das últimas frases do texto “ Necesitamos mostrar que o plurilingüismo é algo positivo e enriquecedor e que todas as variedades lingüísticas son dignas e valiosas”.

    ResponderEliminar
  23. O autor do texto di que a utilización da escola para modificar hábitos socias disminuiu. Sen deixar de estar dacordo con el, opino que a escola segue marcando moito ós alumnos, e os ensinos da escola seguen presentes en decisións que os rapaces toman no seu futuro. O poder que exerce a escola e tal que pode marcar a identidade do alumno. Polo que en sitios como en Galicia sería importante que a escola defendera a nosa lingua, para imprimirlle ó alumnado a idea de identidade comunitaria.
    Estou dacordo con Bieito cando di que si se pretende equiparar o galego e o castelán no eido escolar o único que se conseguirá é que a lingua minoritaria saia perxudicada, xa que o castelán sempre lles vai chegar por moitas outras vias, polo que se verá reforzada.
    Tamén estou dacordo nos catro criterios que di o autor que hai que seguir para favorecer o plurilingüismo, e creo que o primeiro deles (concienciar de que o plurilingüismo é un feito positivo) é un dos mais importantes, xa que aunque leves a cabo os outros tres puntos, si os alumnos non están convencidos de que unha cousa é importante ou útil non a van aprender, e o mesmo pasa coa lingua. E por suposto estou dacordo en que, o galego debe ser a lengua primeira e principal do currículo, xa que é a lingua que aparece moitas veces con carácter recesivo, polo que habería que reforzala dalgún xeito.
    Para que unha lingua perviva é necesario que as novas xeracións sepan empregala e defenderse con ela en tódolos ámbitos.

    ResponderEliminar
  24. PARTE 1
    No artigo a tratar, Bieito comeza por un balance da política lingüística no sistema educativo galego dos últimos anos, facendo unha primeira relación entre lingua e escola, coincidindo coa autora Teresa Moure en que as decisións sobre que linguas aprender non son casuais, senón que son en grande medida escollas sociopolíticas. A continuación o autor expón uns trazos comúns do modelo lingüístico do sistema educativo en Galicia dende a LNL do 83, dos que eu destacaría: o do primeiro ensino na lingua materna da maioría dos alumnos en Infantil e Primaria, xa que, tal e como indica o autor, este prestouse a actuacións moi diversas debido a súa imprecisión, o cal me parece imperdoable tendo en conta que, así como o indica Bieito, hai datos científicos que proban que a educación nunha lingua distinta á materna non supón problema ningún na aprendizaxe escolar das nenas e dos nenos. Considero de vital importancia realizar algún tipo de campaña para que isto quede ben claro e deixar xa de escoitar cousas (por non falar mal...) como “é que pobriños, así non se decatan de nada...”, “é que así van ter problemas no futuro con estas materias...” (claro que si é o caso do inglés non pasa nada, é enriquecedor...). Doutra banda tamén habería moito que dicir no uso vehicular das dúas linguas oficiais no currículo, cuxo obxectivo foi asegurar un equilibrio e que se cumpran uns mínimos, cousa que penso nunca se logrou de todo, xa que todos lembraremos aquelas clases nas que o libro estaba en galego é a profesora ou profesor falaban en castelán, ou, no mellor do casos, nun castrapo de impresión... isto débese, como comenta Bieito máis adiante, a falta de control para garantir que estes mínimos se cumpran. Tamén me parece de destacar a implicación dos centros a planificación lingüística, a cal, na práctica, tivo unha escasa potencialidade, freando así a posible expansión do uso do galego a outras áreas, xa que non basta con tentar acadar unhas porcentaxes semellantes, pois a situación dunha e doutra lingua non é a mesma. Deseguido Bieito fai un balance de resultados das mencionadas políticas lingüísticas, do que eu destacaría a polémica creada en torno a liberdade de opción, o que derivaría nunha segregación. Paréceme importante porque as linguas non é a única área na que isto sucede, vivimos nunha sociedade na que cada vez todos somos máis individualistas, non estamos acostumados a compartir, cada un intenta defender os seus propios dereitos sen tratar de ter en conta os dereitos dos demais, mais a solución non está en dar a cada un o que quere, senón en tratar de ceder todos un pouquiño e acadar unhas actitudes un pouco mais sensibles cara as decisións alleas.

    ResponderEliminar
  25. PARTE 2
    Cara ó final do artigo o autor comenta os fundamentos dun ensino plurilingüe en Galicia, así como algunhas propostas para o conseguir dun modo efectivo. Comparto opinión co autor no tocante ós criterios básicos que propón para acadar os obxectivos propostos, mais gustaríame puntualizar que o “coidar que a coherencia debería levar a aceptar” certos principios de carácter xeral non me parece moi sensato, paréceme a min que hoxe en día non se pode confiar moito na coherencia da xente, coido que o que se necesitaría é máis información para deixar de lado, dunha vez por todas, clixés e teorías que non teñen fundamento algún. Penso que é importantísimo sobre todo, difundir a idea dos beneficios dun ensino en galego e ensinarlle a xente que isto non significaría deixar de lado o castelán ou minguar a competencia nesta lingua, precisamente, debido a situación do galego, e tal e como indica o autor, polo momento un galegofalante deféndese perfectamente en castelán, mais non viceversa, o castelán pódese aprender en moitos máis ámbitos, o que compre é coidar a lingua que nestes momentos necesita de ser coidada e ensinarlle a xente que o levar a cabo esta tarefa só aportaría beneficios. Por último gustaríame comentar que neste artigo achei en falta un pouquiño de información sobre como facer para que se valore a lingua, xa que o autor fala da necesidade disto pero non explica moi ben como o conseguir. Polo resto, coido que o artigo ten puntos ben interesantes e contrastados, ademais de estar moi ben estruturado.

    ResponderEliminar
  26. O texto consiste nunha reflexión sobre o estado histórico recente do ensino en Galicia dende unha perspectiva lingüística e nunha posterior enumeración sobre os puntos fortes sobre os que debería sustentarse no futuro ese ensino.

    Cumpre dicir que o texto non recolle, por ser posterior, o último decreto, do ano 2010, que afecta ó uso do galego na educación, co que a súa lectura resulta dobremente interesante, xa que por un lado o autor parte da descrición dunha situación que non considera especialmente favorable ó uso do galego sen saber que logo tornarase inda mais negativa, e por outro establece uns criterios de mellora que non só non se cumpriron senón que a realidade tomou un camiño totalmente oposto.

    Fálase entre outras cousas da diferencia entre a aprendizaxe simplemente académica dunha lingua ou o seu uso como instrumento vehicular do currículum, de como é preciso que os habitantes de Galicia dominen por causas prácticas as dúas linguas de uso habitual na súa comunidade, de como para iso é preciso que o galego convértase na lingua vehicular prioritaria para compensar a súa histórica discriminación educativa, e de como as linguas estranxeiras non deben ocupar o posto das linguas de uso cotiá. Coma vese, case o contrario do que se acadou co decreto do 2010, que curiosamente noméase co termo “plurilingüismo”, termo que para o autor implica unha cousa totalmente distinta dos obxectivos dese decreto.

    Resúltame interesante o percorrido que fai o autor pola situación recente do ensino do galego, por un lado porque eu estudei nun sistema cunha presenza inda menor da nosa lingua e non coñecía ese estado último do ensino, e por outro por permitirnos darnos conta de que mediante unha lexislación favorable se tivo fai ben pouco a oportunidade de normalizar moito mais a situación do galego, e de coma a falta de compromisos ou recursos executivos e de instrumentos adecuados de control e avaliación esnaquizou esa posibilidade.

    Penso que un bo tema de debate en relación con estes temas sería plantexarse que ocorrería se imaxinásemos tres sistemas educativos nos que as linguas vehiculares fosen respectiva e exclusivamente o galego, o castelán e o inglés, e cales serían as consecuencias para cada unha das outras linguas en cada caso. Seguramente os resultados non fosen simétricos, e iso probablemente o que indicaría é que a situación de cada unha das linguas a día de o hoxe, a súa resistencia a desaparición ou perda de usos, son moi distintas, cousa que tamén menciona o autor cando di que hai que prestar atención as peculiaridades do contexto das linguas de cara a dimensionar correctamente o seu uso vehicular.

    ResponderEliminar
  27. O artigo fai unha profunda reflexión sobre o papel do galego na escola nos últimos anos, e sobre as limitacións que lle supuxo a propia aplicación de lei. Curioso por que era de supor, que a lexislación se preocupaba da potenciación da língua galega.
    Coincido como moitos dos meus compañeiros, e co propio autor nos instrumentos adecuados para favorecer o uso do galego como lingua vehicular dentro da escola. E que este aspecto e un dos máis importante.
    Pero o noso papel de mestres, máis nos últimos tempos pasa por enseñar a alumno a relacionarse con entorno: a saber elexir os libros que quere leer, as películas que poden ser interesantes, as actividades que lle gustan ou que pode practicar. Non se trata de leer un libro de texto en galego, ou de reñer en galego na hora de galego. Se trata de que como mestres temos a oportunidade de influir neles e achegalos o mundo, e deberíamos mirar máis a cultura propia por que senon perderase.
    Dende a escola podese potenciar o uso do galego para extrapolalo a outros contextos, facendo clases máis interactivas para que os alumnos falen e se relacionen en galego entre eles, como mínimo. Se nos limitamos a comprobar a memorización de conocimientos, e que o neno este eminentemente calado como se vai acostumbrar a usar unha lingua como vehicular.
    Ademáis penso que eso de usar a lingua materna nas clases de infantil non ten moito sentido.E dicir todo o que se aprende en infantil, por moi despistado que sexas acabas sabendoo. Vamos que aínda que non entenderas algo máis pronto que tarde adquirirías ese coñecemento. En cambio nas clases de infantil xógase, socializanse e realízanse moitas actividades (musica, videos) que precisamente potenciarían o ocio en galego máis adiante. Unha grande oportunidade desaprobeitada.
    En canto o control do sistema educativo, como sempre pareceme insuficiente, en tanto en canto se o fin do sistema educativo e que sepas falar e desenvolverte no mundo. ¿Por que nunca fan examenes orais non de coñecementos de desenvolvemento?. ¿Por que as probas de real trascendencia, van máis pola memorización, que polo real acceso as competencias básicas do curriculo?
    Unha incoherencia educativa grave, e que se non se analizan os resultados reais é dificil correxilos.

    ResponderEliminar
  28. Neste artigo, Lingua e escola en Galicia, de Bieito Silva Valdivia, estabelécese a relación de lingua e escola, e realízase un percorrido e balance no sistema educativo galego. Dentro deste balance, Bieito Silva salienta a escasa atención que se lle prestou ao obxectivo da competencia bilingüe, reiterado en todas as normas legais mais nunca avaliado con seriedade, así como a non explicitación de obxectivos sociolingüísticos.
    O autor indica que en Galiza hai que partir de dous presupostos, isto é, unha actividade ilusionada cara a diversidade lingüística e cultural e a asunción do galego como compromiso primario nesa aposta plurilingüe. Indica que isto require un maior esforzo persuasivo que debería de xirar arredor de tres argumentos: primeiro, como patrimonio colectivo que é, os galegos temos a responsabilidade específica de legarlles o idioma galego ás futuras xeración; a seguir, esta permanencia no tempo só é posíbel se se mantén como lingua socialmente viva en Galiza; e por último, a primeira condición para que conserve esta vitalidade social é que todos os cidadáns teñan unha competencia suficiente para empregala. A este respecto, o autor engade que estes presupostos deben funcionar de xeito solidario e complementario tanto a nivel social como escolar.
    Por último, concordo totalmente co autor nesta análise sobre a lingua galega no sistema educativo. E quero destacar unha frase do artigo que considero que é a que recolle o núcleo desta cuestión: “pódese ser plurilingüe desde unha lingua minoritaria”. Por tanto, defendamos un ensino totalmente en galego, para poder acadar un sistema plurilingüe.

    ResponderEliminar
  29. A escola e a lingua son outra vez as protagonistas. Faise referencia ás decisións escolares como parte importante do futuro da lingua e tamén decisorias para entender a situación actual.
    Bieito danos o seu punto de vista sobre as repercusións que as decisións tomadas no ámbito escolar tiveron na lingua galega. Non son outras que o desprezo do galego en favor do castelán favorecendo as etiquetas negativas que moita xente ten sobre o galego. Ben é certo que se está intentando cambiar o panorama favorecendo o bilingüismo.
    Pasa a falar da responsabilidade da administración autonómica para a implantación do bilingüismo para que todos os galegos teñamos a posibilidade de elixir.
    Se ben é certo que se están facendo labores para que o bilingüismo sexa unha realidade non é menos certo que da a impresión de que se trata de castelos no aire, de situacións na que a teoría é unha cousa e a práctica outra ben distinta. Percíbese claramente a falta de control dos pasos a seguir para acadar os resultados previstos e tamén se pode apreciar outras mellores que sería imprescindible mellorar para non desviarse do cometido final como o maior compromiso por as partes implicadas e mellora da formación dos profesores por citar algún exemplo.
    Tamén se fala no artigo do beneficio que ten o plurilingüismo na sociedade de tal maneira que non só e necesario centrarnos no galego e castelán senón noutros idiomas de tal maneira que podamos enriquecernos e nos favoreza a adquisición doutras aprendizaxes.
    Na parte que a min mais me interesa, que non é outra que asegurar a presenza do galego no futuro, destacaría tamén ós medios de comunicación e ás persoas referentes para a sociedade por unha ou outra razón (médicos, deportistas, ...) como parte moi importante para eliminar os prexuízos que dunha vez por todas deberíamos de eliminar. A mocidade fíxase moito nesta xente e seguramente a mais de un lle dará o empuxe necesario para dar ese paso que tantas veces quixo dar pero por unha ou outra razón non o fixo.

    ResponderEliminar
  30. Tras a lectura do artigo de Bieito Silva, podemos extraer unha serie de ideas chave para entender a realidade da lingua en Galicia no ámbito da escola.
    É evidente que a relación entre a lingua e a escola ten un importante compoñente sociopolítico, con consecuencias moi directas. Polo tanto, de cómo afrontemos o uso da lingua no noso sistema educativo (se apostamos pola diversidade lingüística ou, pola contra, optamos pola preeminencia dunha lingua dominante sobre as outras) dependerá, en boa medida, o futuro da propia lingua.
    O autor introduce algúns conceptos sobre a historia da relación lingua-escola en Galicia, afondando nunha segunda e recente fase na que o galego comezou a ter o seu espazo como área propia dentro dos currículums e como lingua vehicular noutras áreas; en contraposición chunha primeira fase que se corresponde a unha longa historia de ocultamento planificado da lingua galega.
    Nesa segunda etapa, co obxecto de garantir a competencia bilingüe a través da escola, foise elaborando toda unha lexislación que, non obstante, non se acompañou de medidas que garantisen o seu cumprimento. O autor repasa algúns trazos comúns aos diferentes decretos promulgados en Galicia, como son a integración lingüística na escola –o feito de que os alumnos non sexan separados por lingua-, o primeiro ensino na lingua materna, o uso vehicular de ambas linguas no currículum e a planificación lingüística nos centros, recalcando a insuficiencia dun bilingüismo competencial e de uso que só atinxa aos centros, sen que haxa unha presenza do mesmo extensible a outros ámbitos da sociedade.
    Os resultados deste proceso foron positivos nalgún sentido e claramente insuficientes noutros. A lingua galega asentouse nas tarefas administrativas e superáronse prexuízos; creouse un espazo curricular para a lingua galega como área de coñecemento e idioma curricular doutras áreas, etc., mais a presenza do galego en educación infantil e no proceso de aprendizaxe da lecto-escritura é insuficiente e o autor advirte un fracaso do principio de integración lingüística, pois existen grandes diferenzas na galeguización dos centros segundo o emprazamento xeográfico e a titularidade do mesmo.
    Resaltaría unha idea que o autor recalca neste texto: o feito de que o coñecemento de ambos idiomas é a verdadeira garantía de liberdade lingüística e, por outra parte, as competencias e o uso do castelán como lingua maioritaria e de maior prestixio social, están plenamente garantidos, polo que cómpre enfatizar na presenza do galego no ensino.
    Unha mágoa que este artigo sexa anterior ao último decreto, pois sería interesante que o autor analizase en qué medida persisten ou quebran aquelas continuidades que caracterizaban a decretos anteriores; e en que medida este decreto atenta contra o principio básico de garantir a pervivencia do galego como lingua propia de Galicia nun contexto e nun tempo histórico nos que se atopa nunha situación de clara desvantaxe fronte ao castelán.

    ResponderEliminar
  31. A lingua e a escola son dúas realidades que están íntimamente relacionadas ata ao punto de que unha dependa da outra e viceversa.Esta relación implica tomas de postura sociopolíticas, xa que van a exercer unha influencia na comunidade. No sentido de que está en mans dos políticos a decisión do noso currículo, e nos dictaminan as opcións que van repercutir no uso dos idiomas e na sua relación afectivo-intelectual. A autora expresa a súa oponión sobre as consecuencias que estas decisións tiberon na lingua galega na escola. Que o galego sempre estubo eclipsado polo castelán ata o punto de ser desprezado e chegando a ser mal visto por moita xente.Trata tamén o afán da administración por implantar unha idea de bilinguismo que ten como obxectivo a de dotar aos galegos da opción de elixir.
    Esta situación é utópica ao haber unha clara diferenza entre o que se di que se fai, e o que en realidade se fai. Na realidade non se conseguen os resultados previstos e vése no texto posibles melloras.
    A autora fala tamén do beneficio que ten o plurilinguismo na sociedade xa que o ve o feito de aprender un idioma coma algo que vai enriquecernos e favorecer na nosa formación.Deste xeito non se centra nunha soa ou dúas linguas en concreto, dáse como unha equidade entre linguas ao representar o mesmo valor entre cada unha e utulizadas cun mesmo fin, o de aprender.
    Dende o meu punto de vista para asegurar a presenza do galego e darlle unha estabilidade, había que difundir e promober o galego nos medios de comunicación e na rede fundamentalmente.Como xa comentei na clase co exemplo do Xabarín Club, e demais programas,é que se fomenta o galego, e a xente gústalle á vez. Ver unha serie, programa, película boa inda que sexa en galego na miña opinión elimina dalgunha maneira posibles barreiras ou prexuízos.

    ResponderEliminar
  32. ¿Meu primeiro ensino foi en galego o fue en castellano?

    A escola foi, é e será un instrumento de poder político, esto e incuestionable, a esto se suma un poder de culturización que cada día está máis determinado polo grupo político dominante. Se falamos de modelo lingüístico nas escolas galegas eu pregunto ¿existe? Ou está escondido dentro do biligüismo ou pluralismo políticamente intencionado. Porque o que podemos ver nas escolas é un abismo que non se recolle na lexislación, unha falta de cumprimentos que non son castigados nin legal nin moralmente. Temos modelos lingüísticos feitos pola administración e pola comunidade escolar pero ningún fala ou fai referencia a calidade e ós intereses dos alumnos.
    Falar de introducir novas linguas na educación é unha boa opción pero primeiro debemos garantir a presenza do galego, aprender inglés dende o galego. Falamos de maior calidade idiomática cando nos fai gracia non saber falar ben o inglés. Qué hipocresía!!!! Por suposto que o plurilingüísmo pode ser a solución pero ben feito, dende un punto de vista colectivo cun compromiso primario cara o galego.

    PASAPORTE LINGÜÍSTICO

    Eu quero un pero que me habilite a comprender e aprender doutras linguas dende a miña. Un pasaporte que me permita voltar a casa despois de ser consciente de que se falan outras linguas no mundo. Que me de a opción de escoller se quero ficar noutras linguas pero onde se vexa ben claro de onde veño.

    ResponderEliminar
  33. Bieto Silva fai un percorrido do ensino da lingua galega no noso sistema educativo.
    Compara a relación entre a lingua e a escola, que é bidireccional e fala tamén de que a súa relación acada unha dimensión académica baixo a que se agocha unha toma de postura socio política determinada.

    Tamén apunta que no sistema educativo galego houbo unha primeira etapa moi longa de agochamento da lingua galega, e unha segunda curta de ensino bilingüe.
    Esta competencia bilingüe tense que acadar en ámbalas dúas linguas tanto na oral coma na escrita ó remate do ensino obrigatorio dos alumnos.
    A lexislación establecía un número mínimo de materias que se impartían en galego, pero a realidade é que non se formou a ese profesorado que as impartía, como ben indica Bieito (como dato, apunto que na miña experiencia coma estudante so recibín en galego a materia de lingua galega).
    Esta situación conlevaba a que os rapaces de contornos castelanizantes acadasen unha mellor competencia en castelán que en galego; en lugar de dominar as dúas linguas.

    No mundo no que vivimos hoxe en día é necesario ser plurilingüe, hai que crear a conciencia de que aprender outras linguas é enriquecernos e que todas son dignas e valiosas.
    Esta nova idea da educación plurilingüe é interesante se serve para acadar competencia nas 3 linguas e non para quitarlle espazo ó galego e que ó final os rapaces non sexan competentes nesta lingua.
    Penso que primeiro habería que preparar ben ós rapaces na súa lingua, que fosen competentes nela e xa a partir de ahí mirar cara unha educación plurilingüe.
    Pero primeiro inverter cartos na formación do profesorado en galego, que é unha lingua propia, e despois ocuparse da formación do colectivo docente na lingua estranxeira, para que non ocorra o mesmo que na etapa anterior (que acaden competencia nunha soa lingua).

    ResponderEliminar
  34. Un artigo onde en pouco espazo fala de moitos temas que nos ateigan hoxe en día. Velaquí a miña visión do artigo.
    Comeza falando sobre a relación entre a lingua e a escola, e o poder da escola para trasmitila ós alumnos, como unha arma de gran poder político e de trasmisión de coñecementos. Trátase de potenciar a adquisición do galego, do castelán e dunha lingua extranxeira pero sen deixar de lado o galego.
    Ata o 2004 non se levou a cabo un Plan Xeral para o establecemento duns obxetivos claros; e tampouco se formulou ningún plan de normalización do galego; so un conxunto de medidas pero nada en concreto. Ó meu parecer deberían facerse moito antes.
    Repasa a situación nos últimos 25 anos desde a cooficialidade das linguas das comunidades autónomas na Constitución; despois o recoñecemento de administración específica da competencia bilingüe ca Lei 3/1983 de Normalización Lingüística. Foi desenvolvida e máis institucionalizada nos Decretos 135/1983, 247/1995 e 124/2007 que se relaciona co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega do ano 2004. A través de todos estos decretos preséntanse as seguintes características: integración lingüística escolar (non se poden separar os alumnos por cuestión de lingua, o meu parecer obvio); primeiro ensino na Lingua Materna (como un dereito na educación primaria e infantil dependendo da lingua da maioría da clase); uso vehicular das linguas oficiais no curriculo (o galego vai reclamando a súa presenza nas distintas etapas do ensino, ampliandoo nos sucesivos decretos) e planificación lingüística nos centros (cada centro ten que establecer as materias en cada idioma e cumplilas). Con todo isto trátase de facer que a ensinanza de galego e castelán esteña equiparado e por suposto se leve a cabo.
    Ambos Decretos levan implícitos unha serie de carencias e limitacións que fixeron que o galego se fose relegando a segundo plano. Penso que cos decretos a labor de integración do galego tería que ser moito maior pero ó meu parecer non foi suficiente e non se lle deu o valor que debería.
    Para chegar a acadar o modelo lingüístico téñense que seguir uns obxetivos: crear conciencia de que o plurilingüismo é algo bon (débense potenciar a adquisiciónde varias linguas sen deixar de lado ningunha); habilitar novos espazos e centros para poder adquirir novas linguas; hai que ter claro os obxetivos e competencias de cada idioma e finalmente renovar os enfoques didácticos da ensinanza das linguas.
    Finalmente, dende o meu punto de vista penso que se debería remodelar o modelo de ensinanza, outorgándolle máis importanza a uns aspectos e menos a outros. Penso que está moi ben a idea do plurilingüismo, pero sen olvidar a nosa lingua que é a nosa identidade.

    ResponderEliminar
  35. Tralo percorrido que fai B. Silva pola historia do galego na educación, analizando a relación da lingua nas aulas co seu contexto social, é curioso lelo tendo en conta que o texto é anterior ó decreto do 2010.

    E que ademais da análise obxectiva dos decretos e da súa aplicación, vemos ó final unha actitude optimista, sensata, argumentada e coherente. Non escribe en clave demagóxica ou victimista, senón que afronta a realidade con propostas totalmente realizables. Aínda que ó final non se cumpriu nada do que propuxo no seu momento.

    Estou dacordo con que o coñecemento -dependendo en que rexistro- do castelán está garantizado. Tamén con que tódo-los alumnos deben dominar por igual o castelán e o galego para logo elixi-la súa lingua dende a liberdade. Ademais, como xa dixen en máis entradas do blog, paréceme un gran avance a integración dunha lingua estranxeira como lingua vehicular en algunhas materias. Se ben o momento da aprendizaxe da lecto-escritura é primordial para o coñecemento real das linguas, sacrifica-la estranxeira paréceme un error. Por iso, poderíase facer só en galego e nunha LE, e integra-lo castelán cando estas dúas xa estean consolidadas.

    Porque ter o galego ten que ser positivo para os galegos, non pode ser un motivo de exclusión das aulas dunha LE, xa que é totalmente inxusto privar ós galegos dun dereito -que deixará de ser un luxo- que supón unha gran oportunidade.

    ResponderEliminar
  36. Paréceme un bo artigo o de Bieito Silva Valdivia. Comeza sinalando a interdependencia entre lingua e escola, a cal é real e complexa, debido as consecuencias que conleva tomar unha decisión ou outra. Como él mesmo ben di: "a dimensión social e ideolóxica que hai detrás de calquera decisión escolar sobre as linguas segue tendo unha gran transcendencia en calquera contexto, e especialmente nos que existe máis dun idioma de uso social, porque nestes casos a opción que se adopte marcará non só un proxecto de futuro para os individuos, senón tamén para as linguas como marca de identidade comunitaria.". E isto é o que acontece, como ben sabemos, en Galicia, onde dende unha primeira época de ausencia do galego na educación, chegamos ó panorama actual onde, en maior ou menor medida, promóvese o dereito a unha educación en galego. Pero este panorama actual non é suficiente, o autor sinala a necesidade de facer unha aposta máis ambiciosa: un plurilingüismo que garanta o dominio satisfactorio do galego, castelán e algunhas linguas extranxeiras e, ademáis, defenda a diversidade lingüística tendo un compromiso singular co galego.
    Para conseguir o obxectivo anterior, é necesario, polo tanto, facer un verdadeiro plan que non dé lugar a lecturas ambiguas, como creo que fan, en xeral, os Decretos de lexislación lingüística existentes ata o momento. Ademáis, esta nova lexislación deberá de estar feita por especialistas que teñan en conta o contexto sociolingüístico en concreto. Con isto evitariamos medidas como que, baixo un sistema populista que promova a liberdade de opción lingüística, agóchese a segregación do alumnado en castelán falantes e galego falantes. Unha vez acadado isto, deberase, como sinala o autor, poñer en servizo os apoios necesarios para o seu cumprimento, como, por exemplo, a formación do profesorado.
    Tras sinalar a deficiencia do panorama lingüístico a nivel educativo e proposta unha posible solución, só cabe preguntarse se esta pódese levar a cabo nunha sociedade na que irrumpe, cada vez con máis forza, a necesidade de aprendizaxe de linguas extranxeiras, especialmente do inglés.

    ResponderEliminar
  37. No artigo de B. Silva vense os factores positivos e as eivas do sistema educativo actual e se inclúen propostas para que a ensinanza plurilingüe sexa exitosa.
    B. Silva establece que en canto á normalización do galego, existía unha falta de claridade no que se quería conseguir e cómo se quería conseguir. Como comenta o autor, ata o ano 2004 non se creou un documento que establecera eses obxectivos e metodoloxía, así como tampouco tiveron lugar comprobacións para saber se a lexislación referente ao ensino de linguas se cumpría nas aulas.
    Despois de facer unha valoración dos aspectos positivos e negativos de esta lexislación do galego no ensino, B. Silva establece que o galego no que se refire á educación ten moitas carencias, e que se deberían acadar uns criterios para poder cumprir co establecido. Para min, destacan estes dous, que me parecen a base para que o concepto de plurilingüismo no ensino como tal sexa exitoso: a primeira é que debería de inculcarse o plurilingüismo e a diversidade entre linguas e as suas variantes como algo positivo. A segunda, que non só a materia da lingua debe de ser suficiente, senón que se deberían promover contextos nos que esa lingua se utilizase de maneira informal.
    No caso do ensino de linguas estranxeiras, estou moio dacordo co feito de que é moi positivo, pero sempre tendo ben asimiladas as bases da lingua propia. Polo tanto, o plurilingüismo, ó meu parecer, sempre será enriquecedor cando se ten ben claro cal é a propia lingua de identidade, e cando esta continúa séndoo a pesar da inclusión doutros idiomas.

    ResponderEliminar
  38. O autor fai un resumo da problemática da lingua galega na escola durante os últimos anos e reflexiona sobre a evolución do modelo lingüístico durante estes anos no sistema educativo galego. Considero interesante a interdependecia que existe entre lingua e escola, dous termos que non poden concebirse por separado, xa que a lingua é o instrumento de comunicación e transmisión de saberes na escola. En 2007 foi a data na que realmente se valora o galego coa función de ser unha lingua vehicular, xa que se establece a obriga de asegurar a presenza do galego, como mínimo, co mesmo número de horas que o castelán. O fomento do galego deixa de concebirse só como unha materia de ensino e pasa a constituír unha lingua vehicular onde se teñen en conta os tan importantes contornos lingüísticos. E é que a lingua alén de constituir un instrumento comunicativo, cómpre considerala dentro do seu contexto social, valorar o seu estatus desde un punto de vista sociolingüístico. Considero imprescindíbel a realización dun plantexamento sociolingüístico antes de tomar calquera medida, xa que o contexto social dunha lingua pode variar dun lugar a outro no sistema educativo. Deste xeito, dependendo das características sociolingüísticas que existan en cada lugar, haberá que atender unhas necesidades específicas.

    ResponderEliminar
  39. Eu creo que as ideas xerais que trata de expoñer o autor neste texto son as seguintes:

    A primeira delas e que o sistema educativo galego mudou moito nestes anos, e que estes cambios tratan de que os estudantes galegos sexan capaces de falar un gran número de linguas e que a competencia a hora de falar esas linguas sexa alta. O modelo lingüístico tendería a acadar estas dúas metas. Mais a verdade es que non existe un modelos lingüístico coma tal, xa que o modelo actual non presenta unhas metas que acadar, e polo tanto, o no teren ningunha meta, pódese esquivar dunha forma mais eficaz a avaliación deste modelo.

    Outras das ideas que trata de plasmar o autor e a tendencia da administración de mantelo equilibrio entre a lingua galega e o castelán. Pero esta igualdade so podería aplicarse no caso de que ambas linguas se atoparan nunha situación semellante. Compre salientar que o seren o galego unha lingua minorizada, precisa dunha serie de medidas especias, e neste caso o equilibrio tan desexado pola administración, non sería un equilibrio real. A lingua galega precisa dun maior apoio na escola, e unha lingua non se aprende a falar só na súa asignatura, polo que compre ampliar es espazos nos que se utiliza. A lingua castelá presenta maiores medios de difusión e polo tanto non precisa dun apoio tan forte.

    Por último o autor salienta a importancia do estudo de linguas no mundo actual, pero que antes e preciso salientar a importancia de todas e cada unha das lingua. O autor aposta por unha educación plurilingüe, pero que non entre en conflito co galego.

    ResponderEliminar
  40. Sentirse orgulloso do propio sen chauvinismos, apreciar e valorar o diferente e poder aproveitar as vantaxes de comunicarse en varias linguasson algunha das capacidades máis definitorias dunha sociedade avanzada e culta.
    Aproveitando que poseemos na nosa cultura unha destas ferramentas tan valiosas como é unha lingua propia, o galego, debese beneficiar de todas as capacidades descritas anteriormente para poñelas en prátcica na escola e aplicalas tamén na sociedade.
    Para iso é necesario de un modelo lingüístico no sistema educativo galego,os centros deben planificar como actuar nas diferentes materias ademáis do numero minimo que se imparte en galego; a formacion do profesorado é unha ferramenta útil para o logro do obxectivo pedagóxico de competencia bilingue, a integracion lingüística e a promoción do galego na educación máis temperá sobre a lingua primeira dos nenos.

    ResponderEliminar
  41. Deféndese neste artigo un proxecto plurilingüe en positivo que afirme o valor socio-cultural e ecolóxico da diversidade lingüística e avance na normalización da lingua histórica de Galicia.
    Para chegar a isto, Bieito Silva Valdivia desde un enfoque metodolóxico que parte da análise das linguas como entes vivos e relacionais, desde unha perspectiva socio-lingüística (que concorda co trazado por Teresa Moure, nas súas análises). Fai unha disección das leis que desde trinta anos ata aquí trataron de normalizar a difícil situación lingüística que atravesa Galicia.
    Esta análise marca os puntos claros e escuros que as devanditas leis, decretos e regulamentos (LNL), co conglomerado social, xeográfico e mundial (globalización das linguas, caso do inglés como lingua funcional hexemónica).
    Atende Silva Valdivia a un enfoque político, de interese que entrecruza lingua, escola e sociedade; e que trata este entrecruzamento desde unha responsabilidade ética a partir da cal fai unha defensa do plurilingüismo e da protección das linguas minorizadas.
    Así, argumenta: “sentirse orgulloso do propio, ser capaz de apreciar e valorar o diferente, e poder aproveitar as vantaxes de comunicarse en varias linguas (...)” “que isto hai que facelo a partir de dous presupostos; unha actitude ilusionada cara á diversidade lingüística e cultural, e a asunción do galego como compromiso primario nesa aposta plurilingüe”
    Isto só se pode levar a cabo no conxunto da sociedade na que todos os axentes que conforman e lle dan vida a unha lingua conflúen, este ámbito non é outro que o que chamamos país, neste caso Galicia ou doutro xeito sociedade galega. Xa que como afirma Bieito: “que se pode ser plurilingüe desde unha lingua minoritaria”.

    ResponderEliminar
  42. En primeiro luga o autor,Bieito Silva Valdivia ,explicanos o feito de que lingua e escola son dous conceptos que exercen entre si influencia mutua e esta interaccion esta presente tanto a nivel curricular como sociopolitico,con grande repercusion comunitaria,o feito das linguas que se ensinan na escola non e unha decision meramente curricular,senon que tamen o e sociopolitica.
    Falanos tamen da situacion de intento de bilinguismo que tivemos aquí e da aposta que se fai agora de plurilinguismo,defensora esta aposta da diversidade lingüística,ya que implica o ensino do galego,castelan e outras linguas denominadas extranxeiras.
    Despois cuestiona se realmente houbo un modelo linguistico para o sistema educativo galego e fala das carencias presentes dun proxecto claro e identificable.
    Fala tamen do instituto de cooficialidade que fala da cooficialidade do castelan e as linguas coas que coexiste e ademais introduce o cocepto de lingua propia como variedade historica do territorio,e comenta que unha consecuencia dese estatuto legal é que todos os cidadáns deben coñecer ambalas suas linguas para poder usalas.Todo-los estudantes de galicia deberian ter unha competencia tanto oral como escrita en ambas linguas. Tras esto,expoñe os principios da Lei 3/1983de Normalizacion Lingüística,que son:1)integración lingüística escolar ,o que establece que os alumnos non poden ser separados por razon de lingua,2) o primeiro ensino na lingua materna,3) o uso vehicular das duas linguas oficiais no curriculo 4) a necesidade de renovar os enfoques da didáctica das linguas nunha perspectiva comunicativa e tamén avanzar na colaboración e coordinación interlinguistica, destacando aquí que as estratexias desenvoltas na aprendizaxe das linguas son comuns e que hai moitos saberes transferibles dunhas a outras.
    Tamen faise recalco en que ademais do punto de vista cuantitativo, hay que implicarse no cualitativo de variedade,riqueza e correccion.
    Despois de ver todo isto,aceptando que o sistema educativo ten un papel importante en todo isto,plantea como pode levarse a cabo coas seguintes nocions:a)o plurilinguismo é positivo,e todalas variedades linguisticas son dignas e valiosas,b)para aprender unha lingua non chega con dala nunha materia,senon que hai que utilizala en mais espazos,c)para decidir o uso vehicular das distintas linguas no curriculo hai que tener en conta o seu status ,os obxetivos comunitarios e académicos que se marcan para cada unha e a relación dos aprendices con elas,d)é necesario renovar os enfoques na didáctica das linguas nuncha perspectiva comunicativa e tamen avanzar na colaboracióne coordinacion interlinguistica.
    Por ultimo argumenta para un compromiso colectivo que hai que transmitir orgullo do propio e apreciar e valorar o diferente,expresa que se debe tanto ter un compromiso co propio coma ilusion pola diversidade.

    ResponderEliminar
  43. Creo que mis compañeros ya han resumido bastante bien el contenido del texto, entonces nos limitaremos a dar nuestra opinión. En mi caso, no hablo gallego porque no soy de aquí, pero gracias a estos textos me doy cuenta de que con el valenciano (o catalán, ya son la misma lengua) pasa exactamente lo mismo. No se le da la importancia que necesita en las aulas para que los alumnos lo tengan en cuenta en su día a día fuera de los centros. En los centros se habla valenciano porque viene por ley, no porque realmente estos alumnos quieran hablarlo (esto ocurre de forma general, pero con más frecuencia en las ciudades) lo que implica que los alumnos asociarán el valenciano como algo obligatorio, por lo tanto, no les gustará. Además, el fenómeno de tener los libros en gallego/valenciano y que el profesor de la clase en castellano también es muy típico por allí.
    Yo tengo la suerte de que mi entorno es 99% valenciano pero aún así, la influencia del castellano está muy presente. Como filóloga, leo libros en las dos lenguas, el último que leí fue "Contra el vent del nord" y era, obviamente, en catalán. Pero, como aquí, la mayoría de gente no elige literatura en valenciano para leer, sino en castellano. Por ello, estoy de acuerdo con Silva en que hay que darle una mayor importancia a nuestras lenguas en los centros. A partir de ahí, todo será más fácil. Pero, si nosotros como docentes, no fomentamos el uso de ellas nadie lo va a hacer. Entonces, debemos tener conciencia de lo que, como profesores, vamos a transmitir a los alumnos.

    ResponderEliminar
  44. Comezo de forma off-topic para alegrarme de que haxa xente con sentido común que diga que o valenciano é catalán, porque xa está ben de tanta tontería. Vale que o de galego-portugués xa é máis que nada un título honorífico, despois de séculos de camiños separados... pero o catalán... sería como dicir que o castelán da Galiza é unha lingua á parte (claro que hai con xente coa que te plantexas esa posibilidade.)

    Voltando ao tema, pareceume moi importante o balance de resultados que fixo Silva. Aínda que xa está un chisco desactualizado o texto, as conclusións dubido eu moito que cambiasen un algo nestes anos. Ademais, quero resaltar o cambio que se trata de fomentar dende o documento no relativo á didáctica da lingua. Non sei como está agora, pero cando eu estudaba L.Galega e Lit. (e non hai tantos anos), perdiamos bastante tempo facendo actividades pouco útiles e aprendendo listas de palabras, de tiles diacríticos, de "o" ou "e" abertos e pechados... é dicir, basicamente reproduciase o mesmo sistema "exitoso" que resultou na actual xeración de anglófonos neste país, un fracaso absoluto, porque si me parece certo o que di Silva co de "(...) o que se aprendeu foi unha caricatura simplificada ou deformada do código en cuestión." Se non fose polo Xabarín Club, creo que non existiría a actual xeración de neofalantes, sobre todo aqueles que non tiñan o galego na casa de ningún xeito.

    ResponderEliminar
  45. Neste punto non me parece apropiado vir resumir o contido do texto de Bieito Silva, entre outras cousas, porque sería repetir intervencións anteriores de compañeiros. Pero si me gustaría reflexionar a raíz del, ou salientar, máis ben, un par de cuestións que se mencionan (que si, tamén xa comentamos noutras ocasións, aquí e nas aulas), pero que me parece paga a pena ter sempre presentes.
    Dun lado a estreitísima relación e influencia entre lingua e escola. É absurdo obvialo como é absurdo non atender a que linguas se transmiten, como se transmiten e que valores en xeral se transmiten sobre delas. A escola canto transmisora do normativismo da lingua, por outra banda, como transmisora dun estándar parece a esfera crucial. Así pois, coidar esa transmisión, coidar a propia metodoloxía e incluso a normalización das linguas como linguas vehiculares e non como contidos parece que non estará nunca de máis.
    Mais, como sabemos todos polas experiencias propias entre outras cousas, a realidade escolar non é sempre esa idónea. E sabemos que se dan avances, ou tamén que é verdade que vivimos (algúns máis que outros) momentos -e contextos- con menor control sobre o uso que se fai ou deixa de facer no ensino, máis podemos recoñecer, que queda un camiño longo para acadar a normalización, para sacar esa nube que cubre a sociedade de dúbidas e prexuízos sobre a lingua. O divorcio teoría e praxe, xa sabemos, que sempre nos vai perseguir (case en calquera tema, en realidade, non afecta en exclusiva ás linguas!).
    En fin... doutra banda, está a reflexión sobre a diferenza entre considerar a cantidade e a calidade do ensino (das linguas, neste caso). Ás veces, moitas, tamén en claro contraste. E aí, coido que sen dúbida a escola ten moita responsabilidade para equilibrar o asunto. Debería ser, entendo eu, en parte unha das súas misións fundamentais.
    Outras reflexións a que convida este artigo, pero que tamén xa fixemos noutras entradas e momento das aulas fala do plurilingüismo, entendido como riqueza. E o toque de atención que hai que dar sobre como abordar esta realidade no ensino, a importancia da súa achega cultural enriquecedora para os individuos, e a necesidade, obviamente tamén, de abordalo con racionalidade. Neste caso, parece que si é esencial a boa organización, por exemplo, dos currículos, a eleccións das estratexias, das metodoloxías... E claro aí é cando un pouco se van esvaendo as boas intencións, cuestións como a primacía da calidade ou ese sermos conscientes da presencia e dominancia ideolóxica que afecta, inevitablemente á escola e ó sistema educativo. Por iso parece claro que habería andar un pouco máis cos pés no aire nese traspasar a teoría á práctica, para non perder polo camiño todas estas consideracións.
    Hai moitas reflexións dos compañeiros que falan un pouco de como se experimenta na realidade estas valencias. A última reflexión da entrada de Iago paréceme tamén moi significativa a este respecto. É que fala un pouco da percepción (seguramente bastante obxectiva) de que non podemos fiar o futuro da lingua só na escola. A familia, os medios, o contorno en definitiva son claves. Pero, claro, dixémolo en tantas ocasións..., a escola é vital para a transmisión de cultura, de estándares tamén. De aí, a especial consideración que deberiamos ter á hora de concebir a súa posición a respecto, neste caso, da lingua.

    ResponderEliminar