quarta-feira, 26 de outubro de 2011

En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega

63 comentários:

  1. Parece mentira que nun libro tan pequeno, e tan doado de ler, caiba tanto contido. O certo é, que a medida que avanzaba na súa lectura, recoñecíame nos prexuizos e simplificacións que se plantexaban, e que moitos de nós temos ou tivemos con respecto ás cousas, e coma non, sobre a nosa lingua. E digo temos ou tivemos, porque tamén recoñezo que algún deles aínda o tiña, e sobor dalgún outro levaba un tempo reflexionando, e gracias a este libro conseguín chegar á miña propia conclusión.
    Certamente, non sabemos de todo, e non temos tempo (ás veces incluso ganas) de aprender e reflexionar sobre todo o que na vida surxe ou acontece. Adoptamos cómodamente a opinión da maioría, e iso é sen dúbida, algo perigoso. Intentarei polo tanto ter en conta esta pequena chamada de atención de agora en diante.
    Como ben dicía o autor, denigramos e minusvaloramos o que é alleo a nós, o que descoñecemos, o que é diferente,... eu engadiría máis, chegamos a denigrarnos a nós mesmos, a denigrar a nosa lingua galega debido á presión de factores externos. Sen embargo, ¿a que vos sentides fachendosos cando xente do resto de España ou dalgún outro país fala positivamente de Galicia?... que fermosas paisaxes, que bo carácter o da súa xente, que riqueza nas terras, que bo xantar,... por tanto afastemos o malo, e valoremos todo o bon que temos, incluida esta lingua que é a culpable de que "cantemos ao falar español", e que á xente tanto lle agrada.
    Non cabe dúbida. O noso idioma é un grande herdo cultural (coma todos os idiomas). Ven acompañado da nosa idiosincrasia, de novos saberes, pensamentos, conceptos,... Que riqueza posuimos! Nenbargantes, coma di o autor, "nada hai tan difícil de aprender como aquilo que non nos interesa", e non poido concebir que alomenos ós galegos, non nos interese aprender algo que é noso.
    Gustoume moito comprobar que Manuel Núñez fixera referencia a algo que no meu círculo de amizades levabamos un tempo cavilando... "que as linguas non existen como productos puros máis ca na mente dos lingüístas", e esta é sen dúbida a primeira mensaxe que debera chegar a toda a xente... Deberiamos decirlle ós galegos e ós galego-falantes que todos falamos un bo galego, e aínda que nos pareza o contrario, non deberiamos nunca renunciar á nosa lingua, deberiamos estar abertos a estudar outras, sempre e cando nos faiga falla ou nos interese, sempre sumando novos contidos nas nosas cabeciña, nunca restando. E nada de sentirse pequenos, se estamos no posto 136 de 5000 na clasificación das linguas, non somos tan pequenos como nos queren facer sentir.
    Xa para finalizar, creo que é unha boa idea, dado que este libro me foi de gran axuda para acabar de elaborar a miña opinión sobre a lingua galega ( e sentirme un pouco máis receptiva fronte a outras linguas e ideas), facelo circular no meu entorno máis inmediato, comezando polos meus pais, galego-falantes ambos, pero convencidos de que o galego fóra das nosas fronteiras non pinta nada no mundo... a ver se unha pequena dose de sentido común e reflexión nos axuda a todos a seguir valorando como se merece á nosa lingua.

    ResponderEliminar
  2. A diversidade cultural e lingüistica é un ben que non podemos, nin debemos desperdiciar. Manuel Nuñez fai pensar con este libro sobre o galego e as nosas actitudes fronte a nosa linga, intenta que fagamos uns exercicios de derrube dos prexuizos e as simplificacións que moita xente segue tendo arredor da lingua. Francamente impresionoume moito este libro xa que é sinxelo, cheo de contido e sobre todo realista. Cada parágrafo que ia lendo dicia eu,"que gran verdade". Claro que moitas, moitísimas,veces as opinións que temos non son nosas, collemos unha, é máis fácil e non sempre temos o valor para ser "diferentes". Eu sei de moita xente que na sua casa fala en galego e logo cos amigos cambia a castelán,¿por que?Porque según moita xente o galego non vale pra nada e é de pailáns? e logo non é mais de palián falar o castelán mal,coas formas do galego?O exemplo que saía no libro e tal cal a realidade!eso si que é de pailán e non falar ben o galego.Eu creo que hai unha presión social moi importante pero tamén moita ignorancia, e non solo nosa, senón tamén fora de Galicia. Unha das veces que estiven en Barcelona, coñecin ali a unhas rapazas e falando preguntaronme se en Galicia habia discotecas!!! non din crédito...só vin ignorancia nesas persoas. Creo que deberiamos loitar máis polo noso,jolín, que é noso!a nosa cultura,a nosa lingua...se non o facemos nós,que o vai facer?Dame moita pena que o noso galego veaxe asi,por nós mesmos. Espero que algún dia cheguemos a concienzarnos do tesoro que temos e que estamos a perder. Dende logo recomendarei este libro, porque pode cambiar o pensamento de moitos/as. A min, reforzoumo.

    ResponderEliminar
  3. El libro trata sin ninguna doble intención de exponer datos sobre el gallego y lo que normalmente la gente piensa de él. Sin embargo, para ello no utiliza un discurso centralista y reivindicativo como se podría imaginar, sino que se refiere al gallego como lo que es, una lengua entre seis mil. El lector se encuentra con un libro que lo único que pretende es transmitir la idea de que sin saberlo muchas veces juzgamos sin saber y defendemos ideas que posiblemente nos han sido impuestas desde el exterior. El autor quiere que nos planteemos situaciones, que pensemos por nostros mismos, y cuando ya lo hemos hecho nos muestra datos reales para que de este modo nos demos cuenta de que la realidad puede ser distinta de lo que nosotros pensábamos en un principio. Está claro que el libro es una llamada en favor del uso del gallego, y que la intención del autor es la defensa de este idioma, pero sin ninguna otra visión que la defensa de un idioma. Los ejemplos que utiliza a lo largo del libro son simples y didácticos. Todos ellos ayudan a que el lector mantenga una mente abierta y deje de lado prejuicios y argumentos vacios. Todo el libro es un toque de atención para que valoremos lo que tenemos y apreciar la belleza de la diversidad. Una diversidad que podríamos perder y muchas veces sin darnos cuenta de todo lo que con ella arrastra; cultura, pueblos, história e incluso la oportunidad de aprender. El mensaje del libro es claro y sincero: "el saber no ocupa lugar, sino que lo crea".

    ResponderEliminar
  4. "En galego, ¿por qué non?" é un libro moi ameno de ler onde Singala tenta derrumbar os prexuízos sobre o galego -e penso que sobre as linguas en xeral- con argumentos moi sinxelos e incontestables.

    O comenzo, cos cadrados e puntos, xa é un claro aviso ao lector: abaixo prexuízos, liberade a mente dos obstáculos que impiden ver máis aló e xulgade partindo de cero.

    Dende logo que Singala consegue en ocasións sorprender ao lector**, o cal dende o meu punto de vista é o grande éxito do libro.

    Máis aló de conseguir ou non gañar adeptos "a causa", ou da novidade dos argumentos expostos, a grande aportación deste libro penso que é a reflexión que o lector vese obrigado a facer por mor destas sorpresas inesperadas. A realidade non é sempre o que se ve, e conseguir dunha maneira, insisto, tan sinxela e amena que recapacitemos sobre o que ata o de agora tíñamos por incuestionable e un logro que Singala consegue "sen despeitearse".

    Por outra banda, creo xusto tamén comentar dúas cuestións que no meu caso perecéronme que lle quitan algo de "forza", por así dicilo, ao libro:

    Dunha banda, penso que o autor peca en ocasións dunha linguaxe ou posta en escena excesivamente infantil se entendemos que o libro vai enfocado a xóves e adolescentes. Por momentos pareceume que como lector tratábaseme coma un neno de 10 anos, algo por outro lado comprensible se consideramos tamén aos rapazes como destinatarios da obra.

    Poo outra, e moi en relación, algúns dos argumentos parecenme tamén demasiado simplistas, a pesares de que en conxunto non teño nada que obxetar. Como exemplo, o argumento para superar a cuestión de que non o damos falado ben é o feito de que todos o falamos ben. Pero a vez "ataca" o falar o castelán cun exemplo no que tenta facernos ver que non o falamos ben. Penso que os galeguismos que pode utilizar un castelán-falante, son os mesmos castelanismos que podemos encontrar nun galego-falante, algo por outra banda inevitable cando duas linguas conviven como é o caso.
    No caso de considerar unha perda de tempo aprendelo, él fálanos de que o saber non ocupa lugar. Estamos dacordo. Pero si ocupa tempo, e compartámolo ou non penso que é totalmente respetable a decisión de calquera persoa (e supoño que falamos de persoas que veñan de fora de Galicia) de adicar o seu tempo a aprendizaxe doutros coñecementos.

    En fin, tanta palabrería para dicir que o libro gustoume, que penso que é unha lectura altamente recomendable, ainda que con momentos nos que o que lemos renxe un pouco.

    Pablo Taboada Duro

    **Avergóñome de non ter caido na solución do último relato. Mesmo pensei noutra posible solución, que os pais foran homosexuais. Posible pero sen dúbida menos común que a que nos dan. Ata sentoume mal...

    ResponderEliminar
  5. Este libro fainos reflexionar sobre os tópicos, os prexuízos e as atitudes que temos sobre o galego e todo iso dende a perspectiva do sentido común e dende o evidente.
    O autor vai derribando todos estos aspectos con exemplos e problemas ilustrativos moi suxerentes e sinxelos de comprender intentando animarnos a optar polo galego coma a nosa primeria lingua buscando a superación de prexuizos e actitudes negativas para darlle unha volta a tendencia de actual de perda de falantes e o que é máis importante a que sexamos individuos críticos capaces de reflexionar e por en cuestión aspectos e ideas que están preconcebidos na sociedade.
    O autor quere que entendamos que a diversidade lingüísitca é un ben, e coma él mesmo dí, "O saber non ocupa lugar" e axuda a desenrolar a nosa intelixencia. Por iso, nos, galegos, que ignoremos a nosa lingua, non deixa de ser dramático. Todos os galegos temos un deber de lealtade cara a nosa cultura e idioma e un deber de respetar a nosa identidade.
    A min persoalmente valiume de moito esta lectura, abriume os ollos sobre ideas que precisamente eu tiña sobre o galego, síntome máis cercana con unha actitude mellor para con a nosa lingua e cultura.

    ResponderEliminar
  6. A lectura desta obra afróntase, en primeira instancia, como unha lectura sinxela: é un volume breve, con amplas marxes e abundantes imaxes. Porén, a súa profundidade é moito máis da que seriamos capaces de imaginar. Tras un primeiro momento no que Núñez Singala explica a importancia do punto de vista, das simplificacións e dos prexuízos, dase paso a uns dos oitos “porques” máis escoitados en contra da lingua galega, conseguindo unha atmosfera de lectura familiar e próxima o lector xa que, sexan cales sexan, lingüísticamente falando, os seus puntos de partida, sería moi raro que non tivese escoitado ese oito porques (ou, canda menos, unha gran maioría deles). En cada “porque” invítanos a reflexionar con el, pois suxírenos unhas doadas actividades que fan que o lector se involucre cada vez máis na lectura, na reflexión, no pensamento, é dicir, conséguese unha lectura activa na que o lector é, ademáis de consciente do que está a ler, partícipe mesmo da reflexión proposta e, en certa medida co-autor do que vai descubrindo, pois é precisa a realización das actividades propostas para comprender o que se nos transmite (ou cando menos, totalmente recomedábel; un pode, como non, pasar polas páxinas sen que as páxinas pasen por un).
    Como material didáctico e “concienciador” do lector, é unha gran obra xa que, ademáis do exposto até o de agora, gustaríame destacar que as actividades propostas non son estrañas nin rebuscadas, de xeito que é doado que o lector as coñeza, pero que descoñeza as diversas aplicacións que un mesmo xogo/ conto/ chiste... pode ter. E o feito de que o lector sexa quen de pensar “mira ti, esto que eu xa coñecía e sérveme agora para propiciar estas reflexións de carácter lingüistico”, fan que o este se sinta como parte totalmente activa da reflexión. Mais coido, coincidindo con Pablo, que, en ocasións, os argumentos empregados, sinxelos e de doada comprensión para calquera tipo de público son demasiado simples (por pouco que pensemos o que lemos, enseguida comprendemos que non imos falar con todos os ingleses do mundo, nin con todos os chineses, mais tampouco o faremos con todos os galegos, con todos españois, con todos os portugueses, e así até seis mil linguas, sexan cales sexan as que decidamos aprender. Ou por exemplo, cando di que o galego é a lingua do noso entorno máis próximo; si, é a lingua empregada no noso entorno máis próximo, mais hoxe en día é moi raro que a xente non viaxe –estadías no estranxeiro, milleiros de congresos, bolsas de leitorado e traballos varios ou, simplemente, a abundancia de viaxes de baixo prezo-, polo que, nun momento en que cada vez se escoita máis aquilo de sermos “cidadáns do mundo”, coido que afirmar que cunha lingua desenvolveremos todas as nosas actividades é demasiado utópico).
    Finalmente, e deixando a un lado esta pequena crítica sobre os argumentos empregados, o imoprtante é que o libro fai moi patente a riqueza que posuimos e da que semella que non nos damos conta (ou que non queremos danos conta?). Volvemos á gaivota da introdución?

    ResponderEliminar
  7. 1ª PARTE:
    Teño que recoñecer que lin o libro de seguido e case podo dicir tamén que aínda tendo en conta o sono que tiña non podía parar de ler (feito un tanto raro na miña persoa xa que os libros, textos e incluso series de TV non soen engancharme).
    Paréceme un libro moi doado de ler e aínda por riba moi didáctico xa que, emprega unha serie de ferramentas moi beneficiosas para un mellor entendemento do que se nos quere explicar. A través destes debuxos, problemas e discursos anecdóticos vamos máis aló das simples aparencias e prexuízos e vémoslle por dicilo de algunha maneira cinco pes ó gato.
    Moitas das expresións que Singala utiliza ó comezo de cada capítulo óioas con frecuencia no meu ámbito máis próximo sobre todo no ámbito do ocio e tempo libre, é dicir, cos meus amigos. Nalgunhas ocasións inténtase derrocar algunhas desas expresións pero, nada mellor que ler este libro para ter argumentos suficientes para que queden convencidos dos seus erros.
    Estou moi de acordo con Singala en que os galegos soemos ser pesimistas e vemos antes o malo que o bo. Entendo isto xa non so coa lingua senón no noso día a día. Teño lido moito sobre o carácter das persoas do noso entorno e o argumento que máis me convenceu e ó que eu lle dou maior relevancia é a situación xeográfica e o clima da nosa comunidade, o cal aféctanos directamente sobre o noso comportamento.
    Con respecto ós prexuízos e as simplificacións gustaríame comentar que aínda que a inmensa maioría das persoas tende a proxectar estas actitudes, tamén hai moitas outras que ve cousas onde realmente non as hai. No á lingua galega creo enormemente que está plagada de prexuízos e simplificacións pero tamén que moita xente rebusca e chega a atopar complicacións na nosa lingua non moi diferentes ás que toda lingua pode ter.
    Verdadeiramente non creo que a xente poda pensar que o galego soa mal e, ademais dos bos argumentos que nos ofrece o autor para desmontar este prexuízo, considero que esta idea formase polo feito de que a lingua galega conservouse moito máis no rural, ámbito de traballo duro asociado ó bruto e á falta de coñecementos. De aí pode saír tamén a idea de que falar galego diante dunha persoa que non o fala pero si o entende é de mala educación, persoalmente debido a falta de prestixio do galego fronte o castelán para determinadas persoas.

    ResponderEliminar
  8. 2ª PARTE:

    No tocante ó feito de que o saber non ocupa lugar gustaríame propoñer unha aportación a cal non pretende desmontar os argumentos de Singala senón ofrecer a miña propia opinión que non ten porque ser única ni valiosa. Pois ben, creo q cando unha persoa di que coñecer unha lingua que realmente non lle vai aportar nada é unha perda de tempo (non me refiro ó galego senón a calquera outra lingua obxecto de estudo) a xente refírese a falla de tempo propiamente dito, non ó esforzo necesario. Hoxe en día o sistema educativo está tan saturado que os alumnos/as unha vez finalizado o seu horario escolar pasan horas e horas adicando o seu tempo libre ós deberes ou a actividades extraescolares o cal non lles permite un breve acceso ó estudo de lingua por propio interese non por obrigas escolares.
    Tendo en conta o argumento da existencia de unha única lingua para todos gustaríame aportar que, se só existe unha lingua todos seríamos case iguais, todo sería moi mecanizado, perderiamos riqueza xa non lingüisticamente senón cultural e ata persoalmente.
    Falando xa máis concretamente do caso do galego, creo que a maioría de nos o falamos ben aínda que usemos por contaxio moitas expresións do castelán, feito que non me parece de todo malo xa que, vivimos nunha comunidade na que conviven estas dúas linguas, polo tanto chega a ser un feito normal.
    Finalmente, e para rematar un discurso acerca deste libro como ben dixen moi aclaratorio, gustaríame poñer tan só un punto negativo, e é que non me gustou o argumento e a explicación que Singala da dos minutos necesarios para falar coas persoas se todos soubésemos inglés e español ou chinés ou, outra lingua por denominala de algunha maneira internacional. Persoalmente creo que cando un autor di que se podería falar con máis de medio mundo quere dicir que se vas a moitas poboacións deste mundo poderías convivir e relacionarte coas persoas que o habitan, non que necesites aprender todas esas linguas so para falar, senón que é máis ben para convivir.

    ResponderEliminar
  9. La verdad que este libro me ha gustado bastante por su sencillez y el contenido que realmente tiene. En tan pocas páginas no imaginaba lo ejemplificado que iba a estar y es una de las muy buenas cosas que tiene: los ejemplos. Para defender una teoría siempre necesitamos ejemplos, y la verdad que el autor lo borda. Con el libro, trata aspectos "de la nada a lo mucho" empezando por ejemplos muy simples y fácilmente entendibles con las explicaciones posteriores. Más tarde viene la teoría, la cual parece entenderse mucho mejor habiendo resuelto previamente los enigmas.
    Me gustó mucho el punto de vista que tiene sobre los prejuicios y las simplificaciones pero no coincido con él (y supongo que otros compañeros del gremio tampoco) cuando dice que "é verdade que se di que o inglés serve para falar con non sei cantos millóns de persoas, pero o que ninguén nos di é cando imos poder falar con tantos millóns de persoas nin de onde sacaremos o tempo". En mi opinión, con esta frase el autor se da un bacatazo tremendo. Podemos pensar que es una frase irónica ya que como él dice, no tiene nada en contra de ninguna lengua y cuantas más aprendamos mejor, pero las explicaciones posteriores suenan a que el autor tiene un complejo de inferioridad respecto al inglés. Tampoco me pareció bien la relación que hizo con el tiempo y el número de hablantes porque si Galicia tiene arededor de 3 millones de hablantes, tampoco habrá nadie que le dedique toda su vida a hablar con cada uno de ellos.
    Considero que el capítulo 7 en general es un poco absurdo y no entra en concordancia con el resto del libro, pero ya repito que el autor podría haberse dirigido a los lectores con una cierta ironía.
    En general, me parece un buen libro, muy recomendable en la asignatura de lengua gallega para estudiantes de Bachillerato ya que es muy fácil de leer y fácilmente comprensible además de recoger todos los problemas (prejuicios, lengua impuesta, hablar gallego delante de personas que no lo hablan es de mala educación, etc) que presenta el gallego y que los estudiantes deben conocer para proteger su propia lengua.

    ResponderEliminar
  10. Como moitos dos compañeiros que xa comentaron esta lectura, aplaudo o saber facer de Núñez Singala en canto á creación dun volume altamente didáctico, que, ó meu parecer, cumpre exitosamente coa súa pretensión de derrubar prexuízos moi asentados sobre a nosa lingua. Con todo, como lle pasou en parte a Pablo Taboada, tamén me quedo co feito de que se os prexuízos son simplistas as contrapartidas tamén o son. Supoño que ten sentido e lóxica e que, de feito, iso é un dos factores que máis forza lle dan ó libro como tal: ante obviedades asumidas, obviedades obviadas. Paréceme un xogo máis que acertado, como dicía, para cumprir coa finalidade didáctica e cun certo aire de informalidade (no sentido de buscar a proximidade; non falo, en absoluto, de non-rigorosidade) que fai que esta obriña sexa tan impactante e ó mesmo tempo sinxela de ler. Pero volvo ó que dicía da simplicidade da argumentación tanto nun sentido coma noutro. E volvo porque se ben vexo que si, que con estes "novos" argumentos que nos fornece o autor podemos loitar contra esoutras crenzas asentadas (prexuízos) sobre a lingua, o que non creo que sirva tanto é para conseguir a inversión da situación. Refírome, en que nin creo que eses prexuízos sexan os únicos "culpables" do retroceso no uso (ou máis ben no prestixio) do galego, nin que estender o contrapunto sexa a panacea para frear ese retroceso e recuperar o pulo da lingua. E si, doume conta que estou sendo crítica de máis e que non teño nin a menor idea de onde estaría a clave. Pero teño a sensación (e, como digo, é unha sensación, non teño aínda argumentos para defendela) que habería que profundar bastante máis para atopar e dar cos resortes que fan que cada un de nós se posicione dun ou doutro xeito a respecto da lingua. Certo que a lingua é un produto social e cultural, colectivo, pois, nese sentido, e que, por tanto, parece que o que determina a súa asunción, a súa posición, o seu estatus é o grupo como tal, mais, como digo, a miña sensación é que se está deixando de lado unha importante carga no individual, porque á fin, a decisión sobre a lingua que falamos e na que vivimos (ou as linguas) ten moito de persoal tamén. E, polo que eu coñezo, ese aspecto (supoño que pola dificultade de abordalo, non porque non se lle ocorrese a ninguén, dende logo; aínda que poida que porque non teña tanta relevancia coma a que a min me pode parecer) non adoita constituírse en eixo de investigación, nin é habitual que se trate abondosamente, como tampouco sucede, é claro, neste libro. Por iso, con ser unha lectura amena e recomendable (está claro que todos temos na cabeza, como xa se ve polos comentarios precedentes, a quen meterlle o libro nas mans para espertalo), o sabor que me deixa ó rematar persoalmente é un tanto agridoce. E é que se eses son os prexuízos, se cousas tan simples son as que tan fondo callan na sociedade e tan forte estrago fan na lingua, o que a min me queda é que esta é unha sociedade ben feble. Quizáis por iso é que quero pensar que ten que haber algo máis fondo, máis forte. Aínda que, ben, en calquera caso, aí queda a esperanza de que todos os males sexan eses e que baste con máis labor divulgativa deste tipo para espertar alguén máis por aí que bote a falar, que, queiramos ou non, é o único remedio para devolverlle o estatus e a forza que parece indiscutible vai perdendo o galego.

    ResponderEliminar
  11. Sen dúbida é un exemplar moi pequeño contando algo moi grande. Nunca reparara dunha maneira tan profunda en qué significaban as simplificacións e os prexuízos para as linguas… De feito, recordo estudar no instituto os prexuízos, pero dunha forma máis vaga…e non tan clara como aparece reflectida neste libro. Vou comentar os apartados por orde, segundo me fun identificando con eles.
    O punto que máis me chamou a atención foi o apartado de “Porque é unha lingua bruta, que soa mal”. Teño oído varias veces que o galego é a lingua dos brutos…De feito moita xente utiliza a lingua galega coa intención de facer o que din “malsoante”, ou ben simplemente te consideran inferior a eles simplemente por falar galego. Esto último pasoume cando me transladei de Vilalba para Coruña para continuar os meus estudos…Non creo que poda esquecer esa situación, esa frase…”Chicas, este es como vosotras…”. Admito que ata o ano pasado tiña un concepto equivocado, un concepto de “lingua bruta”, no referente ó Alemán. E digo que o tiña porque o ano pasado decidín coñecer un pouco máis esa lingua, estudeina no Centro de Linguas…e a verdade é que levei unha experiencia moi grata e perdín, por sorte, ese prexuízo que tiña con respecto a esa lingua. Ademáis de aprender alemán, aprendín que non se pode rexeitar xa unha lingua sen mais, só polas apariencias… Nunca cheguei a pensar nun “racismo” entre linguas, porque sinceramente nunca pensei no Alemán e en Hitler á vez como aparece relacionado na obra de Singala, pero sí que sentía que esa lingua era menos melódica, por dicilo dalgunha maneira, que as linguas romances, e agora sei que non é verdade.
    Por outra banda, e pasando xa ó seguinte apartado do libro “Porque aprender galego é unha perda de tempo, se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse” gustaríame engadir que estou dacordo cunha frase que di “Nunca o saber, o coñecer, sexa o que sexa, será unha perda de tempo”. Cantas máis linguas coñezamos, máis riqueza lingüística imos ter. Descarto por suposto a idea de ter unha única lingua para comunicarse. Por iso, tamén estou dacordo ca opinión de David Crystal cando di “Se isto chega a pasar será o maior desastre intelectual que o planeta coñeza en toda a súa historia”. Canta máis variedade lingüística teñamos máis ricos lingüísticamente falando imos ser. É inconcebible a idea de rexeitar o resto das linguas existentes para quedarnos soamente con unha. Todas as linguas son útiles nos seus entornos, todas permiten comunicarse…e polo tanto todas son necesarias.

    ResponderEliminar
  12. CONTINUACIÓN


    Co apartado “Porque non todos o falamos, e falar galego cando hai alguén que non a fala é de mala educación” tamén me sinto identificada. A todos, penso, nos ten pasado de estar entre un grupo de persoas e ver cómo alguén cambia de lingua. Eu en concreto non acostumo a facelo, non en Galicia. Dame igual falar galego ou castelán, pero si nun momento determinado estou falando galego (como acostumo a facer) e si sei que me entenden sen problema, non cambio de lingua ¿Por qué teño que facelo? De feito, nin cando vou a Asturias o fago…no momento que os meus amigos asturianos non me entendan sí, procuro explicarlles as cousas en castelán…pero retomo o galego unha vez acabada a explicación.
    “Porque non o damos falado ben” é un apartado que non me deixou indiferente. Pareceume moi interesante o feito de traducir a frase do galego ó castelán, o xogo das vogais no verbo “comer” e da consoante na palabra “pan”. E quédome tamén co que se di de que, “con un pouco de esforzo seríanos posible falar o galego moito mellor do que nunca chegaremos a falar o español”. Non podemos renunciar a falar a nosa lingua, se non a falamos nos e a mantemos nos, os galegos ¿quen o vai facer?
    Para rematar, gustaríame engadir que eu tamén aprezo a obra de Singala por amosar ese nivel didáctico que nos incentiva a rematar cos prexuízos que está a vivir a nosa lingua. Dende o meu punto de vista, este libro é recomendable para calquera persoa, tanto polo amena que se fai a lectura como polo vocabulario empregado, que non usa apenas tecnicismos e non dificulta de por sí a lectura. Sen dúbida, e acabo xa, é unha obra para reflexionar, para facernos pensar con qué está a loitar o galego, contra nos e os nosos posibles prexuízos. E a miña pregunta é ¿Por qué non querer unha lingua tal e como é?

    ResponderEliminar
  13. Aunque podería empezar facendo un pequeno resumo do libro, esta idea paréceme redundante, xa que a maioría dos meus compañeiros xa o realizaron. Só me gustaría dicir que este estudo sobre a lingua galega, a parte de ser moi didáctico e entretido, estou seguro de que poderíamolo aplicar a outras miles de linguas denominadas minoritarias e a algunhas maioritarias en determinados lugares como ben se di no libro.
    Por outro lado, e cas ideas do libro de fondo, gustaríame relacionar este coa miña experiencia persoal tanto na nosa terra, como en España e no extranxeiro.
    Está claro que a nivel persoal, todos aplicamos simplificacións e todos temos prexuizos; é inherente o ser humano. Estes fenómenos son de grado diferente en cada persoa, pero é moi difícil facer xuizos sen telos en conta; eu non vou ser menos,e por suposto que os teño.
    Este último ano pasoume algo que me fixo ver o mundo dende outra perspectiva; vivín nun país extranxeiro, case durante un ano, con xente de diferentes culturas e paises. Considero que a parte de estudar e manexar unha lingua extranxeira que sempre me parecera moi complicada (inglés), esta experiencia cambioume moito a nivel persoal. Vou intentar expoñer varios exemplos que están moi ligados as ideas fundamentais do libro de Singala.
    Unha das situacións que máis me chamou a atención foi como se aprecia o galego por os galegos, os españois e os extranxeiros.
    Pos galegos galegofalantes está claro que o galego ten un gran significado, mentras que a experiencia persoal dime que existe un gran grupo de galegos que opta polo castelán, porque como ben se cita no libro, para algúns destes, o galego é bruto, mal soante e inservible.
    Pola contra fora da nosa terra, en España, o galego é visto como unha lingua ben soante e melosa (os amigos casteláns que fixen no extranxeiro non deixaban de dicir que lles encantaba o meu acento, a miña fonética).
    Fora de España o galego soe ser bastante descoñecido, ou polo menos esa é a miña experiencia persoal. Normalmente para que tibesen unha idea sobre a nosa lingua, eu solía dicir que era irmá do portugués, con matices casteláns. Eu era o único galego no grupo de amigos, polo que nunca falaba galego; pero nunha ocasión viñeronme visitar uns amigos galegos, co cal os meus amigos extranxeiros poideron escoitar algo da nosa lingua. A que non sabedes cal foi a resposta destes a pregunta de...que che parece o galego? (hai que ter en conta que no meu grupo de amigos había dende alemáns e rusos asta coreanos e xaponeses). Todos coincidiron cos casteláns falantes, o galego é unha lingua que soaba ben e melosa.
    Con esta anécdota sobran as palabras, os únicos que lle poñemos pegas a nosa lingua somos nos mesmos, tiramos pedras ao noso tellado...e paréceme moi triste. Espero que a xente reflexione e non deixe que o galego se extinga como o están facendo moitas ao longo do noso querido planeta azul.

    ResponderEliminar
  14. En galego, por que non? é un libro práctico e moi atrevido en que o autor, Manuel Núñez Singala, pon a proba ao lector a través de diferentes exercicios e situacións para desbotar tópicos da sociedade cara a lingua galega, en concreto para axudar a eliminar os prexuízos e as simplificacións que se teñen cara o idioma.Á súa vez, está dirixido en especial á mocidade, xa que o galego segue a perder falantes, é neste grupo no que está o futuro do idioma.

    En resumo, aprender galego -como calquera outro idioma- non é unha perda de tempo, senón que facilita aprender outras linguas e coñecementos; falar galego con quen se dirixe a ti noutra lingua non é de mala educación senón que todo o contrario, xa que, ao igual que ilustra Núñez Singala, moitos comprobamos que cando falamos galego, por exemplo, cun grupo de amizades, esas persoas -en teoría españolfalantes- comezan a usar o galego na rúa -non só na casa-, saíndo así do armario lingüístico.

    Canto ao prexuízo de que non o damos falado ben, é o prexuízo, na miña opinión, máis absurdo, porque cada un fala como pode e ninguén se cuestiona se fala ben ou mal español, senón que directamente o fala sen reparar,en moitos casos que tampouco é un español "correcto", ou que simplemente cada un fala o español ou o galego da súa zona e iso non é falar mal; porque a maior parte das cousas da vida para facelas ben primeiro hai que facelas aínda que sexa mal, xa que o importante é facelo.

    En relación co anterior, nalgunhas persoas prospera a idea de que o galego se está impoñendo, discurso totalmente falso porque a lingua imposta para os galegos é o español, e simplemente acudindo á historia de Galiza e do idioma galego observamos isto claramente; por tanto, estou totalmente de acordo con Singala cando di que "simplemente para que o galego recupere usos, o español ten que perdelos".

    Así que, deixemos a un lado os prexuízos e as simplificacións de orixe imperialista, e deámonos conta de que apesar de todo o galego resiste estando entre as linguas maioritarias, e nós, a mocidade, temos que darlle pulo simplemente usándoa e solicitándoa para acadarmos a normalización.

    ResponderEliminar
  15. Dende logo, en primeiro lugar, quero destacar que creo que na miña vida universitaria non lera un libro que tratase un tema tan delicado de forma tan amena. De verdade, a lectura faise moi doada coa narración que emprega Singala; ese achegamento ao lector, nomeándoo en numerosas ocasións e axudándoo a comprender a base de exemplos, fai que o libro sexa moi entretido.
    Agora sí, despois de eloxiar o libro en sí, acadarei un pouco máis no tema da lectura. A finalidade deste libro é facernos reflexionar sobre a nosa lingua e, especialmente, acerca dos prexuízos e as chamadas simplificacións que existen sobre ela. Xa o título do mesmo, “En galego, por que non?”, danos unha pista sobre como vai tratar o tema. E así é, Singala vai respondendo a esa pregunta cos diferentes puntos de vista que existen na sociedade, e con moita sabiduría vai anotando o contrapunto, é dicir, un bo razoamento que os derriba.
    Así, pois, o autor comeza coa diferenza entre os adxectivos que usan outras linguas e o que nós empregamos para denominar á gaivota. Dende logo, dá que pensar, mais (descoñecendo anteriormente esta calificación) eu estou totalmente dacordo co adxectivo que lle otorga a nosa lingua; será polo que di Singala de que somos tan negativos que eu xa o teño interiorizado e non asimilo o grallar desta ave coa risa? Non sei, pero cada cultura coa súa lingua posúe outra maneira de ver a realidade. Non me quero desviar do que é verdadeiramente importante, que son as “razóns” polas que non se fala galego en Galicia, pero quería deixar claro que o ambiente fai distinta a unha poboación e iso ten que repercutir no pensamento e na lingua.
    Deste modo, despois de falar do caso da gaivota, Singala nos achega aos conceptos de “simplificación” e “prexuízo”, quedando totalmente explicados para poder continuar, xa, coas respostas “típicas” que ofrecen os no falantes de galego. Ímolas poñer por orden de tratamento na lectura:
    - Porque é unha lingua bruta.
    É unha verdadera mágoa que o noso pensamento estea tan suxeito ao que se rixe na sociedade, é dicir, ao que se impón dende o poder. Parece que as linguas que mellor nos soan son as máis poderosas e, polo tanto, as máis coñecidas fóra das nosas barreiras; quedan así relegadas a un grupo máis negativo as linguas menos coñecidas. Mais, como di o libro non podemos realizar unha consideración como esta, xa que as linguas non se caracterizan así, o que podería ser son falantes que soan ben e outros que soan mal, pero dependendo do gusto de cada quen.
    - Porque é unha perda de tempo, todos deberíamos falar inglés.
    Aprender nunca é unha perda de tempo como ben di Singala, e deberíamos aprender as linguas dende máis pequenos. Nós, que vivimos nun territorio onde contamos co privilexio de posuir dúas linguas, teríamos moito máis doado a aprendizaje doutras linguas. En canto a outra parte, aínda que todos falásemos unha mesma lingua (independentemente de que sexa o inglés ou algunha outra) é imposible a igualdade. Xa en Galiza existen moitas variantes diatópicas, que pasaría se tivesemos unha lingua única para toda a humanidade? ao final acabaría por haber un gran número de variantes diatópicas.
    - Porque é de mala educación falalo cando outros non o fan.
    A verdade é que os gráficos deixáronme abraiada, nunca o pensara así. Non obstante, eu penso que esta mentalidade está desvaecéndose. Eu o que vexo é o contrario, é dicir, vexo a máis xente que cambia ao galego cando alguén lle fala en galego.
    - Porque non o damos falado ben.
    Esta razón xa a discutiramos na aula e nalgúns vídeos do blog. Como xa dicen nalgún comentario do blog, penso que para falar unha lingua ben, primeiro debemos empezar a falala aínda que se faga mal, porque é imposíbel que dende un principio se faga correctisimamente. E outra das circunstancias que menciona Singala, na que estou completamente dacordo, é a que moitos dos que non falan galego teñen unhas estruturas sintácticas, algunhas voces e unha fonética demasiado apegada á lingua galega, co cal o seu español tampouco está ben falado.

    ResponderEliminar
  16. CONTINUACIÓN

    - Porque é unha lingua imposta.
    Como ben di o autor, a reivindicación dos dereitos do galego pode confundirse cunha imposición. Na actualidade, o galego vai adquirindo máis ámbitos da nosa sociedade, ou así opino eu. Só falta que na educación as dúas estean ben equilibradas para que os alumnos saían coas mesmas competencias lingüísticas nunha e outra.
    - Porque é unha lingua minoritaria.
    Como xa víramos en clase, o galego, comparando todas as linguas que hai, ocupa un posto moi bo na listaxe de linguas. Mais, fóra de estadísticas, o galego ten unha cultura, unha tradición. Tan só por poder ler a literatura. Eu recordo que na miña etapa no instituto disfrutaba moito coa literatura que lía en galego. Era unha literatura máis xuvenil que a que me ofrecían en lingua castelá, por exemplo: Morning star, trece badaladas, agosto do 36, resultábame moito máis atractiva.
    - Porque non o fala ninguén.
    A verdade é que hai pouco que dicir, o exemplo que puso Singala paréceme asombroso. Quedei abraiada, de novo, coa facilidade que ten este autor para poñer exemplos tan ilustrativos. Todo é destacable, pero fago hincapé no que comenta de que as persoas que soen pensar que non o falan ninguén tamén pensan que o fala demasiada xente. Nunca o pensara dese modo, pero de ser así, atópoo sospeitosamente contradictorio.
    - Porque non.
    Aquí xa entramos en terreo pantanoso. Unha resposta que non explica nada. Supoño que neste apartado xa entran todo tipo de prexuízos, tanto por vela como unha lingua asociada aos máis vellos, como por vela pouco prestixiosa, etc.
    Manuel Núñez Singala ofrece á perfección todo o que nos atopamos na sociedade acerca da nosa lingua. Este libro non pode deixar indiferente a ninguén, creo que nos ofrece todas as verdades. Agora o futuro da lingua está nos máis xoves, mais eu estou convencida de que cada vez máis xente fala galego. Eu cheguei á universidade, aquí á Coruña, e encontreime con moitísima xente galegofalante. Pode ser que sexa porque é unha cidade universitaria, ao igual que pode ocorrer en Santiago, e se concentren un gran número de persoas doutras zonas. E así, como ocurríu coa filla de Singala, quizáis esas persoas tamén cambian a maneira de pensar doutras.

    ResponderEliminar
  17. Nuñez Singala se enfrenta a los prejuicios y simplificaciones más comunes que existen en torno al gallego a través de una serie de juegos y ejemplos fáciles de entender y que nos llevan a reflexionar sobre nuestra propia actitud frente al idioma.
    La sencilla división en capítulos correspondientes con cada una de las respuestas más utilizadas, la forma directa con la que habla al lector, implicándolo en el desarrollo del libro y la forma didáctica de acercarnos su postura, mediante razonamientos y no imposiciones, me han parecido un gran acierto.
    Realmente consigue llegar a nosotros y que nos sintamos identificados como parte activa de la realidad lingüística gallega.
    Sin embargo, tengo que decir que algunos de esos razonamientos acaban siendo, en mi opinión, un juego efectista y un tanto simpe.
    Cuando nos asegura que el saber no ocupa lugar, la uniformidad es imposible, que poder hablar con la mitad del planeta es inútil o que no hay lenguas mejores ni peores, evita decirnos que el saber si ocupa tiempo y esfuerzo, que el fin primero del lenguaje es la comunicación y que es necesario ciertos pactos para que se pueda llevar a cabo, que hay idiomas que nos permiten una mayor facilidad para movernos por el mundo y que si podemos hacer una valoración individual y subjetiva de las lenguas en función de la medida en que satisfagan nuestras demandas.
    También me parece que hace una pequeña trampa en el título del capítulo 4, sería de mala educación hablar gallego delante de alguien que no lo entienda, no que no lo hable.
    En contraposición, otros ejemplos han conseguido cogerme por sorpresa. El no encontrar la solución en el relato del último capítulo y me ha hecho pensar mucho en los prejuicios que aún siendo conocidos no sabemos que tenemos y los que ni siquiera somos capaces de reconocer. Si a veces no podemos de explicar nuestra posición, debe de ser que algo falla.

    ResponderEliminar
  18. Estou de acordo con Pablo de que "En galego, ¿por qué non?" é un libro moi ameno, pero o que mais me chamou a atención es que está escrito dunha forma moi sinxela pero tamén moi intelixente:

    O que intenta é derrubar todas a barreiras que atopamos fronte o galego, dende a sua base, e dicir, amosandonos coma eses argumentos que moitos crían certos, non son mais que prexuizos que non teñen ningunha base.

    Dende logo un dos argumentos que mais abraida me deixou foi a explicaciòn de por que a xente cree que unha lingua soa mal. Coma as películas ou ideas doutros paises poden influir no noso modo de ver unha lingua. Eu non comparto parte de esa idea. A min nin o Xaponés, o Ruso, ou a Alemán me soan mal. Pero sen dubida creo que a xente que pensa que o galego soa mal e por culpa de prexuizaos.

    O galego non é unha perda de tempo! O mais importante é poder comunicanos cós nosos veciños e cós que temos o noso lao. Non digo que aprendermos outra lingua (coma o inglés)sexa unha perda de tempo, pero perder unhas das señas da nosa identidade, coma é a nosa lingua, é moito mais preocupante.

    Por último unha das cousas que mais me chamou a atención, é a xente que pensa que o galego é unha lingua imposta. De cavilarmos un pouco nelo, sabriamos que é todo o contrario. O galego non e so una fonte de cultura, é o máximo esponente da nosa identidade coma pobo, que durante uns anos ficou cuberto de desprezos.

    Coma conclusión estou de acordo que o mais importante é derrubar os muros que se crearon tras centros de anos de discriminación. Como? Falando galego, ¿por que non?

    ResponderEliminar
  19. Sinxelo, fermoso, intrigante e divertido. Doado de ler, curtiño e cun contido moi amplo e enriquecedor que se contrapón ó que parece en primeira instancia, é incrible que nun libro tan pequeno se poda dicir tanto.
    A gaivota, qué gran exemplo, gran historia, gran verdade, que fala do sentimento negativo dunha sociedade, da nosa sociedade.
    En primeiro lugar gustaríame resaltar a importancia dos exemplos empregados para falar de prexuízos; cómo dunha forma tan sinxela e ilustrativa nos fai mergullarnos de fondo nun tema, xogar con el, e así facer máis doada a comprensión do que nos quere transmitir, pois cando o vives na propia pel, séntelo máis, compréndelo mellor.
    Cargado de ideas profundas, grandes verdades, ditas en tan pouco espazo: “apreciar o propio non supón desprezas o dos demais”, “unha lingua é sempre unha riqueza e moitos ven niso un estorbo, un atranco, en definitiva, un choro, como no caso da gaivota”, “a realidade é case sempre menos simple do que pensamos e con frecuencia unicamente somos quen de ver unha pequena parte do total”, “o saber crea lugar”, “o saber alimenta a intelixencia”… e poderíame estender nunha gran infinidade de verdades que nos mostra Núñez Singala neste texto, mais sería excesivo, pois todos o lemos. Fico con estas dúas últimas ideas, pois unha idea que está moi extendida na nosa sociedade, é precisamente a contraria a esta, a xente pensa que canto máis aprendes de algo, menos espazo tes para aprender outra cousa… non se trata máis, que de outro dos grandes prexuízos da nosa sociedade; digo outro dos grandes pois a nosa sociedade, a caso da lingua, ten infinitos prexuízos. É unha mágoa, pois estes fan que vexamos a realidade dunha maneira non sempre axeitada...
    Unha idea que me parece moi importante sinalar é a de que apreciar o propio non significa desprezar o dos máis. Paréceme interesante resaltala pois a cotío a xente pensa que os que defendemos a lingua galega e a poñemos por diante de todo, o facemos por unha especie de odio cara o castelán, cara o mundo. ¡Non é así! Nós apreciamos o castelán, pero xa hai demasiada xente que o fala, ó igual que apreciamos inglés, pero o que queremos é comunicarnos coa nosa propia lingua, esa que con só pronunciala di: así son eu, ¡GALEGO!; algo pertencente unicamente a nós. Singala fala nun capítulo da importancia de saber linguas e de qué xeito, porque claro, o inglés por exemplo na sociedade de hoxe en día é moi importante, máis se o que queres é irte a un pobo “perdido” en África, terás que aprender o seu idioma, non che valerá de nada o inglés, ou italiano, ou francés… aínda así, por iso mesmo, cantas máis linguas saibamos e aprendamos, mellor.
    Outra idea que tamén trata, que é xa cargante, e que si abonda moito no pensamento da sociedade, sobre todo nos galegos castelán falantes (que ridículo soa iso…), é a de que o galego é un idioma bruto, ¿en qué se basean para dicir iso? ¿qué fai? ¿pégalle ós demais? Simplemente ten un ton diferente e ben bonito, pois somos nos mesmos (eu non me inclúo pero refírome ós galegos) os que o dicimos, pois a xente de fóra que nos escoita destaca de nós o acento e di que sona alegre e que parece que falamos como cantando (era o que me dicían sempre en Valencia, cando as primeiras veces que falei cos meus compañeiros o tiña que facer en castelán, logo, faláballes galego, e ensináballes a falalo! Foi divertido!).

    ResponderEliminar
  20. CONTINUACIÓN...

    É moi importante que a idea que nos expón de Ana Iglesias, fique con nós, pois hai galegos que din que non falan o galego porque non o saben falar ben, e para falalo mal, mellor non falalo (véxase a impresentable que se facía chamar galega, que foi a Gran Hermano… disto xa falei na respectiva entrada), e sen embargo Iglesias di que: “para falar unha lingua ben primeiro hai que falala mal”, e eu engádolle, pois ninguén nace aprendido. Aínda así, os que predican esta idea de falar ben unha lingua, os que non falan o galego para non falalo mal, soen empregar un castelán que soa ridículo, pois está cargado de galeguismos, cheo de incorreccións, co léxico, sintácticas, etc., galegos; pero ridiculamente prefiren iso. Disparo outra gran verdade que apunta Singala: “a maior parte dos galegos falamos un galego moito mellor do que pensamos, e un español moito peor do que nos parece”.
    Hai unha gran infinidade de ideas e conceptos plantexados neste libro dunha forma directa e profundamente fundamentada; pareceume moi interesante, e de doada comprensión. Do tema da lingua, dos problemas que se presentan fronte ó galego, e da elección de empregalo en todo, é algo do que estou concienciada dende sempre, sempre me sentín galega e sempre quixen mostralo, a miña mente e o meu corazón falan en galego, cando penso son incapaz de facelo noutra lingua. Téñome atopado xente no meu camiño, que pensa que o meu sentimento galego é por un odio ó castelán (como se fala no texto), de feito esa discusión está de seguido na miña casa cando falan por exemplo de educación e do feito de implantar o castelán nas aulas (30, 30, 30%, dixéramos ¿non?), loxicamente non estou de acordo con iso, estamos en Galiza e aquí deberíase falar galego, estou de acordo con que a materia de lingua castelá se dea en castelá (pois deben ter coñecementos deste tipo os nenos, ó igual que a de inglés en inglés, etc.) mais as demais non. Se non loitamos nós pola nosa lingua… ¿Quén o vai facer? Meus pais que mo discuten dinme: “se ti agora queres ir estudar a Barcelona… ¿gustaríache que che deran as clases na súa lingua, e así suspender porque non te enteras de nada?” Oxalá fose alí e me deran as clases no seu idioma, fan ben en defendelo, igual que eu defendo o noso, e así sería a maneira de aprendelo, o saber outras linguas non pesa; costaríame máis ou menos, pero aprenderíaa.
    Remato xa dicindo que non coñecía a este autor, e que foi un gran descubrimento para min, pois gústame moito a súa maneira de chegar a nós desa forma tan sinxela e aberta, ó igual que o fai cos seus vídeos de se atopan noutras entradas posteriores a este apartado. Núñez Singala, si é GALEGO (coma min! :D ).

    ResponderEliminar
  21. PARTE 1
    En galego, por que non? Un libro claro, conciso e útil.
    Singala pretende con estas páxinas que o lector cree a súa propia opinión sobre a lingua galega ó marxe de: prexuízos, pensamentos erróneos inculcados ó longo do tempo, persoas, costumes… Pero non só iso, busca e consegue inxectar un sentimento galeguista nas persoas que leen as súas liñas.
    O autor plantexanos unha serie de exemplos e actividades para explicar os prexuízos e simplificacións de falar galego, que o galego non é unha lingua bruta, que aprender a nosa lingua non é perder o tempo, que todo o mundo pode falar galego se o pretende e se esforza un pouquiño, que todos debemos coñecer a nosa lingua( e iso non é unha imposición), que o galego ocupa o número 136 en canto a número de falantes… moitas cousas máis e moi interesantes que xorden ó longo do libro.
    Despois de ler “En galego, por que non?” quixen recapacitar sobre o mesmo e crear, como di Singala, unha opinión propia sobre a lingua galega, a miña lingua nai. A conclusión a que cheguei foi a mesma que cando comecei a ler o libro, o galego é a miña lingua, a lingua na que quero falar e na que me sinto máis cómoda e realizada.
    Debo recoñecer que esta opinión, en momentos puntuais da miña vida, foi posta en dúbida. Falo galego dende sempre, na casa, coa familia e con todos aqueles que me relaciono. No colexio e no instituto a gran maioría das clases eran en galego, co que falar castelán e escribilo resultábame incluso complexo. A cousa cambia o chegar a facultade de turismo onde a pesar de sermos catro persoas contadas as que falabamos galego, seguino falando con todo o mundo, iso si, en certas ocasións o resto de persoas (aínda que sen ser propósito) facían que me sentise afastada. O comezo da carreira seguía facendo os traballos e exames en galego pois era a lingua na que sentía que me expresaba mellor. Co paso dos anos, o non recibir ningún tipo de apuntes, power point, libros, etc en galego o meu idioma (escrito) foi diminuíndo, chegando incluso a escribir sempre en castelán. Agora o ler o libro, pregúntome ¿Cómo pasou? ¿Cómo cambiei de rexistro na escrita sen darme conta? Pode ser porque era máis sinxelo a hora de tomar apuntes na clase e de non esforzarme o que debería na miña lingua, o contrario do que aconsella Singala. Analizando o meu caso persoal vexo máis claro aínda a importanza da educación para que unha lingua non se perda. Quizais se eu non tibese a oportunidade de estudar galego no colexio e no instituto o meu galego desaparecería moito antes, chegando a afectar tamén a parte oral.

    ResponderEliminar
  22. PARTE2
    Deixando ó marxe o meu caso persoal quixen buscar ademais, outras opinións ó respecto, cal é a reflexión que fan outras persoas (lean ou non o libro de Singala) sobre o galego; foi así como atopei o blog da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que ten como nome: Motivos polos que falar galego, do cal vos deixo o link por se é do voso interese.http://www.xunta.es/linguagalega/motivos_polos_que_falar_galego
    Gustaríame compartir algún destes comentarios que creo que poden ser moi interesantes. Fixen tres divisións: Reflexións positivas, reflexión triste, reflexións polémicas.
    Reflexións positivas
    Porque me peta, quero e podo. Trutxo64

    Porque me dá a gana. (anónimo)
    Motivos??????? Fanlle falla motivos a Terra para xirar ou ao vento para zoar?, pois iso, nin mais nin caralloo. José Antonio Pazos Pazos

    Reflexión triste
    O meu motivo e que e a lingua ca que me sinto mais identificado a que me corresponde falar e sinto vergoña cando hay uns meses fun a unha entrevista de traballo a Citroen de vigo e unha das preguntas que me fan e porque falo galego,quedei de pedra ante esa pregunta,vivin 5 anos en Cataluña e fixen moitas entrevistas de traballo e nadie me fixera nunca unha pregunta de ese tipo pareceme indignante que ainda poida haber xente que faga esas preguntas e mais sendo para unha entrevista de traballo,como dixen vivin 5 anos en Cataluña e penso que nos queda moito por aprender deles en ese aspecto empezando polas isntitucions pois calquera papel oficial ven escrito en catalan os nomes da tendas e os letreiros publicos e obrigatorio facelos en catalan eu o principio paseino mal con iso pero a base de non quedarme mais remedio aprendino e penso que aqui deberiase facer o mesmo,moitas gracias por todo e un saudo moi atento. Juancho

    Reflexións polémicas
    O meu motivo para deixar de falar galego, é qeu vivin moitos anos nunha dictadura onde me impuxeron o castelán e non voy permitir que me impoñan agora que teño que falar galego.Sempre temos que imitar a cataluña, nós somos un pobo único e diferente a ver si se dan conta............ DINA

    Sentirme galego e falar a miña lingua en liberdade... ese é o mellor motivo que teño para estar en contra de calquera IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA por Decreto! Para min cando unha lingua e unha cultura son obrigatorias deixan de ter o esencial que todo ser humano precisa para acollelas coma propias: A LIBERDADE! Nazón de Breogán... volo imaxinades cumprindo Decretos? Erasmo

    Porque me obrigan. giacomo

    Estas son só algunhas das opinións que se recollen no blog e que darían pe a multitude de comentarios, os últimos (reflexións polémicas) incluso poderían servir para outro tema como son os decretos.
    Para finalizar o comentario sobre o libro, aprópiome dun dos comentarios que apuntei anteriormente: Falo galego porque me peta, quero e podo.

    ResponderEliminar
  23. O libro de Singala é, sin dúbida ninguna, un libro que fai pensar. Non só por todos eses exemplos (non que por certo piquei ata o último, a pesares de estar baixo aviso do escritor) senón tamén porque contesta a tódalas posibles disculpas que tanto os galegofalantes como os que non o son poñemos para cambiarnos de lingua, ou avergoñarnos de usala nosa propia en segundo que entornos (que disque hai quen o fai, mira ti que cousas).
    Chamáronme a atención algunhas cousas nas que nunca reparara, como por exemplo a expresión referida a que alguén fala “galego cerrado”, que eu sempre asociara a una persoa cun acento moi marcado, mais nunca me dera conta do feito de que una persoa da Rioxa co seu “perfecto español” tamén tería que estar a falar un “ castelán cerrado” e eso sí que ninguén o dirá nunca. Terei que engadir que tal expresión queda desterrada do meu vocabulario dende o día de hoxe.
    Outro capítulo que me pareciu interesante foi o que nada nunha idea de lingua única para todo o mundo, cousa imposíbel máis que desastrosa, xa que o primeiro que me veu á mente ao ler esa parte foi: é como se dirán morriña ou saudade en esperanto? E raxo? E cafuné? O que eu diga, cousa imposíbel.
    Para rematar, gustaríame engadir que este libro doume moitas máis razóns para falar galego das que xa tiña e moitos motivos para razoar se alguén se atreve a refutar a miña opción lingüística. E pensó que este libro debería ser moito máis obrigatorio para ler na secundaria que “O vixía no centeo” que polo menos á miña xeración xa o tiña máis que mastigado.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Morriña, saudade: hejmsopiro, hejmveo, saŭdado.
      Raxo: porklumbaĵo.
      Cafuné: kapmasaĝo.

      O esperanto nunca foi concebido como única língua para todo o mundo, senom como segunda língua auxiliar, neutral, para a comunicaçom em pé de igualdade, em contra dos imperialismos linguísticos.

      Um saúdo,

      Suso Moinhos
      Professor de esperanto nas escolas médias públicas de Mazara del Vallo, Sicília

      http://estrelasnanoite.blogspot.com.es/

      Eliminar
  24. 1ªPARTE
    A verdade é que calquera persoa que tivese algún prexuizo con respecto ao galego, tras ler este libro,estou practicamente segura de que Singala lle derrumbou todas esas ideas que tiña anteriormente coa multitude de exemplos adecuados que expuxo en cada apartado.
    Unha obra na que o autor, con argumentos aos que ninguén osaría rechistar e empregando un rexistro coloquial, consegue que o lector se sinta sumerxido na obra e case fronte a fronte co propio autor que o está facendo reflexionar.
    En canto ao contido do libro, Singala divideo en dez capítulos, sendo o primeiro a introducción e o último o epílogo. Nos capítulos que se atopan no medio deses dous, o autor expón os prexuizos que teñen as persoas en relación co galego e, acto seguido, acompaña o seu contraataque con un exemplo que invita ao lector a reflexionar, facéndoo partícipe deste contraataque.
    Vou a comentar non todolos capítulos do libro, mais si aqueles dos que me gustaría dicir algo. Para comezar, o capitulo 3 “porque aprender galego é unha perda de tempo , se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse”. Ben. Esta idea é conformista, de persoas que non teñen ningun tipo de interese en aprender e que están reivindicando unha igualdade lingüística cando realmente se están contradicindo a si mesmos. Unha língua única mais no fondo están marxinando ao resto das línguas renegándolles a sua capacidade comunicativa. Para unha cousa queren igualdade mais cando falan da língua están dandolle prestixio a unha soa. Esto é ilóxico xa que as persoas deberíamos estar orgullosas de ter unha língua propia que nos fai diferentes dos demais e que nos identifica. Que pasaría se todos fosemos iguais? E trasladome agora ao físico e ao caracter dunha persoa por exemplificar isto. As relacións persoais serían un aburrimento pois non aprenderias nada da outra persoa e en todo estaríades de acordo. Co bonitas que son as reconciliacions! O mesmo pasa coa língua. Cando entras en contacto cunha língua allea, entras tamén en contacto cunha cultura que pode ter vocabulario ou expresións que nunca antes escoitaras e isto fai que enriqueza o teu nível cultural. A outra afirmación que facía o título deste capítulo é que aprender galego é unha perda de tempo. Persoalmente, se nunca aprendese o galego, probablemente o tivese mais difícil para aprender o português, língua que domino bastante ben. Todo o que sexa aprender non é unha perda de tempo, ao contrario, unha persoa debe medrar non só fisicamente senon tamen intelectualmente e isto conseguese a través da adquisicion de coñecementos e cunha mente aberta.

    ResponderEliminar
  25. 2ªPARTE:

    Outro capitulo que quero comentar é o 8 “porque non o fala ninguén”. Este argumento contradicese co que vimos anteriormente no capitulo 7 no que Singala nos informa dun dato que a moitos lle é sorprendente. No mundo hai unhas 5000 linguas e o galego situase entre as 200 linguas mais faladas. Relacionado con este caso, teño unha anécdota persoal. Cando viñen de Londres non falaba o galego e os meus compañeiros tomábanme o pelo na escola preguntandome por vocabulario en galego que eu descoñecía completamente. Un dia preguntaronme que era un “carabullo” e como non souben respostar, a clase enchiuse de carcaxadas. Co paso dos meses e ao ter amigos galego-falantes, comecei a falar o galego mais por vontade propia, non porque estivera sometida a burlas constantes. Fálase moito de que as persoas que falan galego son obxeto de risa por parte dos castelan-falantes mais os galego-falantes tamen teñen prexuizos cara a persoas que falan outras línguas, mais isto xa é outro tema. De todos modos, non é esta a conclusión á que pretendo chegar. O que pretendo dicir é que, ao igual que a filla de Singala, o ámbito no que te movas inflúe moito na língua que escolles falar e no caso do galego, pasoume algo parecido ainda que a diferenza da filla do autor,eu non o falaba na casa. É asi cando te abres ao mundo e cando decides empregar unha língua que realmente te das conta de que hai xente que si fala galego e probablemente lle pase como á filla de Singala, que non se atrevia por asi decilo, a falalo.
    Por último, o autor recalca unha idea que é de vital importancia para a conservación dunha língua: usala. Para que unha língua se siga conservando, é moi importante empregala sen vergoña e sempre que se poida porque é a única maneira de evitar a sua perda. Se todos deixasemos de falar o galego e se deixase de ensinar na escola, acabaria practicamente desaparecendo e volveríamos á situación que viviu o galego anos atrás. Un verdadeiro retroceso que se debe evitar.
    Um gran libro e coincido com Paula em que se debería poñer como lectura obrigatória (ainda que a min o Vixia no Centeo encantoume ;)

    PD: Ía no bus escoitando a Radio Galega e saiu un rap do Puto Coke (que vaia nome se gasta, por certo), mais pareceme, ainda que a canción me parece horrenda, que a canción ten moito que ver co que falamos neste blog en xeral. Déixovos o link co tema e coma ben di el, non hai nada peor ca "ser un galego con complexo".
    http://www.youtube.com/watch?v=Ks-PzZPekOI

    ResponderEliminar
  26. “En galego, por que non?” encantoume. Trátase dun libro sinxelo de ler, ameno, divertido que ao mesmo tempo nos fai reflexionar sobre o uso e a importancia da nosa lingua, unha lingua que ten a súa importancia en moitos ámbitos da vida e da sociedade e que debería ocupar máis espazos nelas. Este libro derruba os prexuízos que se podan ter sobre o galego, tal e coma se di no libro “os galegos somos un pobo moi duro con nós mesmos, con frecuencia resaltamos o que temos de negativo e somos incapaces de ver as cousas boas”. O libro invítanos a reflexionar sobre argumentos como que o galego soa mal ou que non resulta práctico, cando todos deberíamos saber que o acento galego e o galego gústalles a moita xente de fóra e iso anímalles a aprendelo e que, por outra banda, cunha lingua vai asociada unha cultura… polo que perder o galego sería comezar a perder tamén a nosa cultura e non podemos permitir que iso ocorra despois de todo o esforzo que fixo moita xente para poder recuperarmos o uso da nosa lingua.
    Os puntos para a reflexión do libro son argumentos que se escoitan a cotío e penso que moita xente debería ler este libro, porque, precisamente polo seu carácter ameno e divertido, chega a todo o mundo grazas a exemplos que, nun primeiro momento non os vincularíamos ás linguas (como o da imaxe da copa e as caras ou o xogo de saber cantos cadrados hai), pero que nos levan a pensar nuns aspectos que tamén son perfectamente aplicables ao caso do galego. Eu, coma galega, aprendín moito con este libro e pénsollo recomendar a todo o mundo para espertar as ganas de sentirmos e falarmos máis en galego.

    ResponderEliminar
  27. Soése dicir que os grandes perfumes van dentro de frascos pequenos; e este libro é un claro exemplo de ese dito, xa que, En galego, por que non?, pequeno, compresible, amósanos bastantes razóns de peso polas cales podemos romper prexuizos sobre o noso idioma, o galego. Prexuízos que levamos mantendo xeración tras xeración, pero que Singala rompeas dunha maneira moi sinxela e lóxica.
    Incluso a medida que ía lendo, recoñecía certos prexuízos, como ben pode ser que a veces non utilizamos o galego porque pensamos que o estamos a falar mal, ou que os demais non nos van a entender, pero a realidade é ben diferente, porque en cada zona falase distinto (e non por iso é incorrecto).

    ResponderEliminar
  28. Es un libro que como han dicho mis compañeros es ameno y, al tiempo que explica la realidad del gallego desde diferentes perspectivas, muestra unos sencillos juegos con los que hace un paralelismo con la situación que vive esta lengua.

    Trata de ofrecer una visión global sobre los prejuicios que existen sobre el gallego y uno de los juegos que utiliza nos muestra que ciertas profesiones las asociamos a los hombres y esto nos hace reflexionar ya que tras cada acto subyace un motivo y, en algunos casos, igual ciertos prejuicios, aunque no se representen de forma consciente.

    Muchas veces se identifican ciertas lenguas como algo bruto, y el gallego es una de ellas. Se asocia el gallego a la zona rural, por tanto a algo tosco y bruto, cuando la gente de fuera siempre tiene una impresión totalmente contraria. Éste sería uno de los prejuicios de los que Singala habla al principio del libro.

    A lo largo de los capítulos responde a varias cuestiones todas ellas ligadas a los debates que hemos tenido en clase y a lo expuesto en el blog. Estoy de acuerdo con él en que si en el mundo hubiera una única lengua habría muchas carencias, por no mencionar que cada territorio evolucionaría de una manera y con el tiempo se iría disgregando en varios dialectos hasta crear nuevas lenguas partiendo de esa "única". Prueba de ello están los ejemplos que se exponen del inglés y del español, donde según el país varía el léxico, la fonética y muchos otros rasgos lingüísticos, y aún dentro del mismo territorio también se producen cambios y diferencias. Las lenguas son cambiantes y como tal evolucionan de un modo diferente en cada territorio.

    Pero no estoy de acuerdo en que los gallegohablantes cambien de lengua por educación puesto que no tienen motivo alguno para hacerlo ni nadie pide que ellos lo hagan. De hecho, es algo que nunca he entendido, como ya he dicho en alguna otra entrada, porque es coartarse ellos mismos cuando a la persona con la que hablan seguramente ni le importa que le hablen en gallego y esa persona en castellano. Es más, a mi me pasa eso constantemente, y el hecho de que yo hable castellano no implica que quiera y menos obligue a los demás a dejar de hablar gallego. Si nos entendemos, ¿dónde está el problema? Es algo que pasa mucho y lo que deberían de hacer es no cambiar de lengua, siempre y cuando la persona con la que hablemos lo entienda, claro. Esto es más un problema infundado de los gallegohablantes que una cuestión de queja y sometimiento por parte de los castellanohablantes, como señala Singala.

    ResponderEliminar
  29. Por hacer un paralelismo con otros idiomas, me gustaría destacar el caso del catalán en Catalunya ya que en este caso pasa un poco de lo mismo, que tienden a cambiar al castellano cuando hablan con un castellanohablante, a pesar de los prejuicios, la desinformación y el linchamiento social y mediático al que se ven sometidos precisamente porque se tiene la concepción errónea de que son unos maleducados y te hablan siempre en catalán aunque no les entiendas, cuestión que es totalmente falsa y además ocurre todo lo contrario. Bueno, volviendo al tema, el catalán sería un caso cercano y similar, pero también me he encontrado en casos como por ejemplo estar con un grupo de gente española, en Barcelona, y haber una chica americana que por llevar poco tiempo en España no sabe castellano. Todos los presentes sabemos inglés y en ese momento nos expresamos en esa lengua excepto dos personas (que saben inglés perfectamente también) que hablan en castellano entre ellas y con el resto de gente española, quedando la americana excluida de la conversación en los momentos en los que ellas hablaban. Éste sí sería un caso de maleducación ya que si tú tienes las herramientas necesarias para comunicarte con esa persona lo mínimo es tener la deferencia de expresarte en su lengua. Pero el caso que expone Singala no lo acabo de ver muy coherente ya que ese cambio de los gallegohabalntes es voluntario e innecesario porque la comunicación sería fluida sin necesidad de perder el derecho de hablar la lengua que a uno le es propia, y más si esa persona ni le está pidiendo que lo haga como sucede en la mayoría de casos, por no decir en todos.
    En el libro, Singala hace una reflexión sobre por qué no se habla gallego y cuáles son las zonas de Galicia en las que menos se habla. Es cierto que hay muchas cosas que no se pueden encontrar en gallego, pero cada día menos. El mundo ha avanzado mucho en los últimos años y la gente con él. A día de hoy no creo que haya tantos prejuicios, sino que hay un gran número de castellanohablantes para los que el castellano es su lengua materna. Eso no implica que los gallegohablantes tengan que perder de su derecho a expresarse en su lengua materna pero tampoco hacer perder sus derechos para tú conseguir los tuyos. En la enseñanza lo que hay que aplicar es una enseñanza que logre las mismas competencias en ambas y que después cada uno con su libertad se exprese en la que crea conveniente. El problema es que la mayoría de las veces ese debate tan controvertido traspasa las fronteras del mundo educativo y se traslada a la vida cotidiana. Y nos olvidamos que todo el mundo tiene el derecho de decidir en qué lengua se expresa y nada ni nadie puede ni debe coartar esa libertad de elección. Y muchas veces nos encontramos con juicios morales sobre si esto es educado o no o sobre si uno es de tal sitio y habla gallego o castellano o catalán, etc. Yo creo que ya es momento de hacer un pensamiento y evolucionar y dejar que cada cual viva la vida a su manera, siempre y cuando no se incurra en la maleducación de hablar con alguien en una lengua que no conoce a pesar de saber tú la suya.
    En conclusión, Singala nos viene a hacer un resumen del panorama sociolingüístico de la lengua gallega y de los factores que influyen en él haciendo varias reflexiones e invitando a los lectores a que las hagan con él mediante técnicas muy amenas y constructivas. Como última reflexión, considero que a estas alturas, con la información que poseemos y el plurilingüismo y la accesibilidad al aprendizaje de lenguas que tenemos, hoy en día, todo el mundo debería de abrir un poco más la mente y no coartar la libertad de nadie sino fomentarla y colaborar para que su consecución sea factible, tanto sea gallego como cualquier otra lengua.

    ResponderEliminar
  30. O libro de Singala pareceume moi entretido e interesante tanto para un galego falante como para un acercamento ao idioma de alguén que queira aprender o idioma. Durante todo o libro podemos apreciar a interesante argumentación que fai o autor dunha manera reflexiva e crítica cos pontos a favor de derrubalos prexuízos lingüísticos que se cernen sobre o galego. Pareceume de capital importancia, a parte de que entre a poboación xove estáse a perder nas cidades e que resulta nas cabezas de algúns que falalo minusvalorízate e que é mais prestixioso falar o castelán por culpa dos prexuízos que se veñen dando desde fai séculos cuando impuxéronlle pola forza aos nosos pais, avós, e bisavós é que falalo era de xente pouco instruída. Tamén interesoume o ponto de que o galego está a perder falantes cada día, e lembroume un libro que vou a recomendar desde aquí o cal é "A morte das línguas" de David Crystal o cal estudei en sociolinguística en primeiro de filoloxía é que me pareceu de capital importancia para entender a importancia de que todos os idiomas han de ser falados e promovidos polos seu falantes para que esta non se perda.

    Xa para concluír Singala veunos explicar que os prexuízos que mesmo a xente galega ten en contra do seu propio idioma son ridículos, porque os idiomas están para ser utilizados, e non se teñen que perder por uns prexuízos que non teñen razón de ser. Por exemplo un dos prexuízos que nos describiu foi, "Aprender galego é unha parvada, se todos fallásemos inglés non habría problemas para entendernos". O autor dixo que isto era verdade, pero se todos falasemos francés, catalán ou mesmo galego, tampouco habería problemas para entendernos todos.

    A min este libro gustoume moito, porque nos fixo entender que moitos (senón todos) dos prexuízos que temos en contra do uso do noso idioma son verdadeiramente unhas aberracións, porque non teñen nada que ver co que de verdade é unha lingua.

    ResponderEliminar
  31. Moitas veces preguntámonos de que maneira podemos rematar cos prexuízos pois é unha tarefa moi complicada e non sabemos como abordala. No caso do galego existen moitos e de moita índole, ademais de opinións inducidas pola sociedade. Algúns son que o galego é unha lingua antiga, errada, minoritaria, rural…que aínda persisten a día de hoxe na sociedade galega. Desta maneira, Manuel Núñez Singala recolle neste libro, titulado "En galego, por que non?", todos os prexuízos para demostrar que son falsos e falaces. O motivo é moi claro o futuro do galego está na xente nova, mais esta xente nova convive todos os días con estes prexuízos. Como conseguir o punto final desta situación?

    O autor propón en cada capítulo derribar con esas opinións que ten a xente sobre o galego. Sen embargo, antes de comezar o autor propón que pensemos sobre as características do pobo galego. É unha reflexión moi interesante porque non nos decatamos de que pasamos por situacións moi duras na historia e que por iso só nos centramos no negativo que temos, sen pensar nas cousas boas. Somos un pobo que como a gaivota é chorona, está sempre a chorar polo malo e a nosa lingua queda como a vítima dese desprezo. Unha opinión maioritaria, mais errónea. Desta maneira, Singala quere rematar con estes “xuízo[s] previo[s]” porque son só opinións iniciais e equivocadas que nos impiden ver a realidade tal é como é.
    Algúns deles son: porque é unha lingua bruta, que soa mal; porque aprender galego é unha perda de tempo, se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse; porque non o damos falado ben; porque é unha lingua imposta…e moitos máis propostos por Singala aos que seguro que habería que engadir outros tantos máis. A cuestión é que todo son pegas para falar galego, razóns para xustificar a perda no uso do galego. Sen embargo, son xustificacións que non teñen un apoio razoable, pois Singala derriba os seus argumentos nun abrir e pechar de ollos.

    Penso que cada capítulo é acertado e a súa explicación clara e directa. Non intenta facer en ningún momento un discurso político ou reivindicativo, só intenta abordar dunha maneira clara e continuada o seu pensamento; presentándose cada capítulo dunha maneira sinxela e didáctica, que remata cunha sentenza. Dende o meu punto de vista é unha xustificación que trata en todo momento de facernos ver que as cousas hai que velas con perspectiva, como por exemplo o caso do inglés. É a lingua “maioritaria” dende o punto de vista económico, mais non social; sen embargo, só gaña falantes e nunca os perde como acontece no caso das linguas maioritarias. A influencia que ten a sociedade e os medios de comunicación é máis grande do que nos decatamos e é tan xeneralizada que o autor acerta no noso pensamento cada vez que nos pon a proba. Polo tanto o máis valioso deste libro é que debemos entender que “unha lingua é sempre unha riqueza” nunca é “un estorbo, un atranco, en definitiva, un choro, como no caso da gaivota”.

    ResponderEliminar
  32. 1º PARTE
    Tras ler por riba algúns dos comentarios dos meus compañeiros (por riba, non por puco interesantes, senón, porque son moitos) coincido en que esta obra de Singala é moi boa. Non só trata temas lingüísticos con bastante profundidade, senón que o fai de forma amena, sinxela e multidisciplinar. Dende esta aparente sinxeleza, o autor consegue crear unha atmófera de comodidade na que o lector non se sinte abrumado por un discurso demasiado especializado, nin sente reparos en confesar, coa axuda dos "xogos" que propón Singala, se fose preciso, que él, como a maioría de todos nós, é un lector con prexuízos lingüísticos. Dende logo, este é o primeiro paso para loitar contra eles, os prexuíxos existen, o que pasa e que custa recoñecer que os temos e, o que é máis interesante, os podemos ter sen sequera sabelo. Unha vez que temos asumido isto, xa estamos en disposición de "racionalizar" o sentido que ten ter uns prexuízos ou outros. É, neste momento, no que Singala quere facernos reflexionar sobre a valía dos argumentos que sosteñen ós nosos presuízos cara unha lingua calquera, podería ser, pero neste caso, cara o galego.
    Sen dúbida algunha, Manuel Núñez Singala ten "don de xentes", sabe como articular un discurso razoado sen levantar no lector sospeitas de ningún tipo. Na sua escritura é difícil atopar intereses ocultos (de tipo político ou ideolóxico) e isto é o que fai que o lector poida chegar a súas propias conclusións. Singala conduce a nosa reflexión (principalmente a través da articulación dos seus capítulos, adicados a profundizar nalgún tipo de prexuízo xeneralizado cara o galego) pero sen tratar de impoñer as súas crenzas. E, na miña opinión, é relativamente fácil combater os seguintes prexuízos:
    -Porque é unha lingua bruta: pode selo, claro que sí, dependendo de quen a fale, ó igual que calquera outra lingua.
    -Porque todos deberiamos falar inglés: non estaría de máis saber inglés, é innegable que é unha lingua moi usada, non só por falantes que a teñen como primeira lingua, senón tamén por moitos outros que a aprenden como segunda. Aínda que calquera outra lingua podería acadar este estatus, por poder...ou acaso hai linguas mellores ca outras?
    -Porque é de mala educación falalo cando outros non o fan: non é acaso un argumento circular?poderiamos decir o mesmo do castelán. Ademáis, se no caso de Galicia entendemos perfectamente as dúas linguas, aínda que non as falemos....
    - Porque non o damos falado ben: imos ser realistas...hai alguén que fale á perfección algunha lingua?se é así quero coñecelo. Estou segura de que a falamos mellor do que cremos e, se a falamos mal, podemos mellorala pouco a pouco co uso.
    - Porque é unha lingua imposta: ben, hai que recoñecer que nos últimos anos o galego conta con moitas campañas de normalización lingüística que promoven o uso do idioma, pero, aínda así, ditas campañas non obrigan a que se use, nin tampouco existe esta obriga dende as Institución, nin nada de nada. A obriga, en todo caso, é a aprendelo como lingua cooficial que é, e, se nos poñemos así...tamén nos obrigan a aprender certos contidos de matemáticas ou sociais que non eliximos.
    -Porque é unha lingua minoritaria: aínda que non estou dacordo cas persoas que din que o galego e o portugués son a mesma lingua (pode ser que na orixe o foran pero é innegable que na actualidade evolucionaron cara formas distintas) sí que é verdade que o galego garda un parentesco moi grande co portugués e isto facilita o contacto con portugueses, brasileiros, etc. Ademáis, aínda que só contásemos co número de falantes de galego dentro de Galicia, a lingua segue a ser das máis faladas. E, aínda que fose minoritaria na propia Galicia, deberiamos promover que non se perdese pola riqueza cultural que garda.

    ResponderEliminar
  33. 2º PARTE
    - Porque non o fala ninguén: depende do círculo social no que te movas...pero creo que é imposible que na tua vida non escoites a moreas de persoas falando galego. No rural, a maoiría; na cidade, menos, pero, aínda que non o escoites habitualmente, non podes dicir que ninguén o fala cando, para comezar, xa hai unha canle de televisión na que as 24 horas do día retransmite en galego.
    -Porque non: sen dúbida o argumento máis poderoso. Este prexuízo é o máis difícil de combater, é máis, tal vez sexa incombatible.
    A conclusión a que chego tras a lectura dos seus capítulos, e a que creo que calquera de nós pode chegar, é que o que non fala galego é porque non quere, sen máis. Por suposto esta afirmación vai vencellada ó momento histórico no que vivimos, no cal o galego está recoñecido e promovido dende as Institucións.

    ResponderEliminar
  34. Debo recoñecer que fai xa tempo que lin o libro, mais como estivemos tan ocupados coas presentacións e cos outros traballos de clase, deixara o comentario de lado e tiven que volver a botarlle unha ollada. Despois de volver sobre el, caín en cousas nas que non me percatara a primeira vez, e a verdade é que este libro ben podería ter sido escrito para min, xa me recoñezo en máis prexuízos dos que me gustaría. Superei con éxito o prexuízo do cadrado, pero temo que fun caendo en case todos os demais. Non no primeiro, xa que me gusta como soa a nosa lingua, é moi riquiña, e sempre que viaxas , grazas ó acento, atópaste con alguén que che di aquilo de ¿”galleguiña”? Tampouco no segundo, pois o inglés, esperemos que nunca intente seguir os pasos do esperanto. Pero de aí en adiante…Eu era das que sé pensaba que falar galego cando houbera xente de fóra de Galicia era de mala educación, mais non só iso, senón que tamén era da idea de intentar contestar na lingua na que me falasen, por educación. Non sei de onde quitara eu isto, pero así é. Porque non o damos falado ben tamén era prexuízo meu. Ou máis que prexuízo , vergoña, xa que sendo máis pequena, se falaba en galego, os chavales ríanse porque dicían que non me pegaba, que non o falaba ben, que o que eu falaba era o galego da escola e non o que eles escoitaban na casa, que non era galego de verdade. E sendo adolescente, e ante a risa dos compañeiros…non ai que facer! É por iso que non o falaba(agás coa miña bisavoa,pero iso era por educación) ata chegar á facultade onde coñecín xente nova que en vez de rirse, corrixíanme os erros, por aquilo de non soar coma os “neofalantes”(ollo, con isto non quero quitarlles mérito), axudándome a non misturar os pronomes ou a colocalos no seu sitio (mala influencia do castelán). Tamén no prexuízo de ser unha lingua imposta, aínda que logo de ler o contiño do neno, xa fiquei convencida, non me fixo falta máis explicación. Podería seguir dicindo que caín tamén naquilo de que ninguén fala o galego, xa que meus avós abandonaron o galego para educar aos meus pais e só o mantiveron para falar entre eles e meus pais sempre falaron en castelán, pero penso que xa confesei bastante.
    Por sinxelo que pareza este libriño, rebate unha a unha todas as posibles escusas que se podan atopar para non falar o galego, para non promocionar a nosa lingua. A verdade é que por moito castelán que eu falase ou por moito que se riran de min no instituto ao falalo, para min o raxo é raxo, o mozo é o mozo e as perífrases non levan vogal. Caín na conta de que non falo ben ningunha das duas linguas, e que me vou ter que esforzar por ser máis competente nelas, e sei que o único xeito de volverse competente nunha lingua é usándoa. Ler este libro supuxo unha chamada de atención, pararme a pensar que estiven anos obrando mal e que iso tróuxome consecuencias, como quizais ter deixado de lado unha lingua que é parte de min, e da cultura na que me criei. Porque non serían quen de traducir todos os pasteliños que se fan no Entroido ou esas costumes tan nosas que namoran ós madrileños. Neste punto, non sabería se pedirlle perdón ao autor por ser un ser maléfico, ou darlle as grazas por abrirme os ollos. É difícil desbotar os prexuízos, máis aínda se os tes dende a infancia. Pero ó contrario que nunha disputa, ó ler o libro tiven que estar calada e deixar falar ao autor, que botou por terra todos os meus posíbeis argumentos. Foi unha boa escolla, e non vou perder a oportunidade de emendar os meus errores.

    ResponderEliminar
  35. Penso que este libro é un documento necesario, porque fai posible que calquera poida cavilar acerca dos prexuízos máis habituais respecto a lingua que temos, sen precisar meterse en razoamentos lingüísticos complicados. Tenta, e acádao, ser ameno. Os temas, centrados en posibles e habituais escusas para non falar galego, están apenas esbozados na superficie e ilustrados con exemplos sinxelos e entretidos.

    Persoalmente son temas que xa se me plantexaran nalgún intre, pero ós que nunca está de mais darlles unha nova volta dende outra óptica. Sobre todo cando un decátase mais ou menos claramente do que quere facer pero non termina de atopar un argumento definitivo que o xustifique. Non digo que o libro o acade, pero aporta novas opinións e puntos de vista.

    Neste sentido atopei especialmente interesantes os capítulos catro e cinco, que falan do feito de non falar en galego cando estamos ante alguén que non o usa habitualmente, ou cando pensamos que o falamos mal, por seren as escusas para non falar a nosa lingua nas que mais doado resulta caer ou menos doado atopar o razoamento que as rebata.

    Os exemplos do libro sen embargo provocáronme unha sensación contraditoria, porque a maioría atopeinos moi atinados, mais houbo algún que pareceume incluso contraproducente. Estou pensando cando se comenta a imposibilidade real de comunicarse con todos e cada un dos falantes dunha das linguas ultramaioritarias, argumento que me parece sofista, absurdo e por tanto incluso nocivo para defender a utilidade dunha lingua non maioritaria. Tamén unha das historias das que se fai uso no libro, a dos tres amigos e o camareiro, penso que non está contada coma era orixinalmente e iso fai que non se entenda e resolva moi ben, pero isto xa é pura anécdota.

    Polo demais os exemplos sobre a posición do galego entre os idiomas do mundo, a fragmentación das linguas, a opinión sobre a calidade do propio idioma,... creo que fan que mereza a pena a lectura do libro, porque ilustran e reforzan que o galego é unha lingua de pleno dereito e perfectamente válida para o uso cotián.

    Atopo moi atinado a linguaxe sinxelo e o formato agradable que ten o libro, porque penso que é unha lectura moi adecuada para xente nova que poida estar inmersa en dúbidas sobre a cuestión lingüística.

    ResponderEliminar
  36. Sen ánimo de repetir todo o que dixeron os meus compañeiros, é obvio que é un libro ameno e que explica dunha forma moi sinxela os prexuízos sobre o uso e a imaxe do galego, defendendo humildemente a lingua a través de argumentacións que xustifican o seu estado e o porque da súa recuperación.

    Pero ás veces penso que mestúrase a sinxeleza coa simplificación. Considero que é xusto remarcar afirmacións que poden ser, baixo o meu punto de vista, medias verdades, trampas ou incluso algunha mentira.

    Tódo-los puntos que trata no libro, faláronse na clase e están relacionados coas entradas do blog, polo que non quero repetir todas as reflexións. Partindo da premisa de que o fomento da lingua é positivo e que hai que conservala, cómpre ter coidado con algunhas ideas satélites á lingua, pois podemos pasar da defensa da lingua ó ataque. E que dicir que temos prexuízos respecto a linguas -malsoantes- por motivos como que as linguas de países que foron inimigos dos EEUU nas guerras, paréceme insultante -e curioso que páxinas despois xustifique que o galego non é unha lingua minoritaria, entre outros motivos, porque é una das linguas do Google-.

    Que é un investimento -de tempo e esforzo- en cultura aprender o galego, está clarísimo. En galego, en inglés, francés... aprender calqueira lingua é positivo. E pode ser que sexamos a xeración da rendibilidade, pero non cabe dúbida que coñecer linguas comúns, sexa o inglés, o esperanto, o chinés... é de grandísima utilidade. E non vexo a relación entre a situación do galego e a posta en dúbida da aprendizaxe do inglés. Ademais, Singala non é moi partidario do coñecemento de linguas polo mero feito de que teña millóns de falantes, pero anima á xente a aprender galego, pois abre as portas do portugués, recalcando a gran cantidade de falantes que ten. Aínda non atopo as incompatibilidades entre aprender galego e inglés.

    Queremos face-la inmersión do galego na educación, aceptando como verdade que "Mi moza te me va aprender a cocinar. Estoy harto de ir comer fuera. Lo que no sé es si daré hecho la receta del rajo con pan reseso". Pode ser que na defensa férrea da lingua, Singala lévese por diante ós galegos.

    Os galegos teñen motivos de sobra para estaren orgullosos da súa terra, da súa cultura e da súa lingua. Creo que hai que deixar de mirar ós demais, e poñer en dúbida as eleccións persoais de cada quen. Eu estou a favor da integración do galego na administración, na educación.. en todas partes. Pero iso vai facer que a lingua se conserve e se coñeza. Pero que se fale? A fin de contas, é una elección que cada individuo toma dende a liberdade, e que a lingua falada prospere, "só" depende de todos e cada un dos galegos.

    ResponderEliminar
  37. A min,coma dixeron os meus compañeiros tamen gustoume moito o libro,ameno,sinxelo e con moito contido,gustaronme moito os xogos matemáticos e de imaxe cos que transmite de maneira moi clara a idea de que moitas veces o que observamos non e mais que unha moi pequena parte da realidade,e haberia que mirar dende mais angulos,con outras lentes,mais detidamente,dende outra distancia,as veces teremos que colocarnos onde esta situado o compañeiro,o imao,o amigo...,para poder recoller toda a información e tener un coñecemento xusto e total do observado.
    Primeiro quería destacar unha idea ,para min moi sabia y moi útil de “o saber crea lugar”, e non, como moitas veces se pensa, que por aprender unha cousa nova temos menos sitio para outras.O saber crea lugar(e non so o ocupa,como soemos escoitar),e o fai ,xa que canto mais sabemos,do que sexa, mais comprendemo-lo mundo e mais doado será comprender cousas novas.
    Con respecto o prexuizo de que o galego e unha lingua que soa mal, quería dicir que en calquer lugar da península que esteamos, vai ser estrano que non nos digan que lles gusta o noso acento, de feito case sempre o din, e a parte de isto ,escoitando musica galega, damonos conta de que soa doce e con moito sentimento, lonxe do adxectivo bruto do prexuizo.
    Outro prexuizo, penso eu que moi presente, de feito un dos que mais e o de non falar galego”porque non o damos falado ben” e unha parvada, xa que se deixaramos de facer as cousas porque non as facemos ben,nunca aprenderiamos a facelas ben,xa que todo nesta vida ten que ser practicado para ser perfeccionado.
    O prexuizo de que é unha lingua imposta non o escoitara anteriormente e aquí cómpre destacar que cando un sabe que algo se pode perder en uso e ese algo e algo que lle importa,é loxico que loite para usalo e para que os demais o fagan, motivandoos a tal fin..asi que non sería unha lingua imposta,xa que non se ve por ningures unha obligacion ,o que si ,é unha loita por mantelo vivo.
    Para finalizar,volvo o que comentaba o principio de que, para aproximarse e saber de algo hay que facelo liberandose dos prexuizos e intentando observalo da maneira mais directa e completa posible.

    ResponderEliminar
  38. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  39. Gustei moito o libro de Manuel Nuñez Singala, porque ademais de ser moi fácil de ler e entender, di verdades moi grandes.

    O libro desmonta prexuízos e simplificacións moi arraigados no pobo galego, que como di o autor é un pobo moi duro consigo mesmo, sempre resaltando o negativo, exemplificado na gaivota chorona (que nos acompañará na lectura) e nunca apreciando o propio.
    Comezando pola opinión que teñen a maior parte dos galegos sobre a nosa lingua, unha opinión collida de prestado,sen reflexionala, unha opinión de masas, que como ben dí André Mourois, non sempre é a multitude a posuidora dunha verdade absoluta.

    O autor axúdanos durante a obra a reflexionar opinións formadas en cuestión de lingua, moitas delas nunca as había escoitado como a de que non damos falado ben o galego, pero cantas veces escoitei iso de que o galego era unha lingua bruta! sobre todo en boca das mulleres, e como di o autor non hai linguas que soen ben ou mal, como moito falantes que soan ben ou mal.

    Como reflexión final menciono a necesidade de perder dunha vez tódolos prexuízos formados o redor do galego, e sobre todo a necesidade de usalo para que non morra.

    ResponderEliminar
  40. O libro "En galego, por que non?" gustoume moito por varios motivos:
    En primeiro lugar é unha lectura sinxela que non se fai pesada nin excesivamente técnica, de maneira que resulta accesibel para persoas que non sexan especialistas en linguas ou docentes.
    En segundo lugar, todos e cada un dos prexuicios dos que fala Singala os escoitamos habitualmente, nas nosas casas e na rúa. Algúns están tan "normalizados" que parecen certos, como o de que o galego non vale de nada fora das nosas fronteiras e que resulta mais útil aprender inglés.
    Singala da boas respostas para afrontar ese tipo de discurso e fainos cavilar acerca da estreitez de miras que supoñen.
    Fixome rir o de que o galego "é unha lingua bruta" porque ainda que este prexuizo parece algo superado na nosa xeración era típico na dos nosos pais e hai moita xente que ainda o ten, especialmente no medio rural, e reconocinme a mín mesmo noutro: o de non falar galego diante dos que non o entenden "por educación".
    A maneira de desmontar todos esos prexuizos, mediante o puro sentido común e a lóxica, pareceume do mais reveladora. Certamente, esos prexuizos existen só porque os aceptamos sen pararnos a cavilar, alimentanse de sí mesmos e estannos a conducir a unha rúa sen saída: "non falo galego porque é unha lingua minoritaria", polo tanto vai seguir a ser unha lingua minoritaria porque non o falamos...
    En fin, é unha obra esclarecedora e sinxela, escrita dun modo ameno, doada de ler pero, eu destacaría que fai cavilar en cousas que só son certas porque as aceptamos sen cuestionalas. Precisamente, como docentes, deberiamos formar rapaces que se cuestionasen o que lles dín e que non deran por bó todo o que lén, ven ou escoitan sen cavilar antes, por ese motivo recomendaría este texto a calquera, xa que fomenta o emprego do sentido común e vez de esgrimir argumentos emocionais ou excesivamente técnicos.

    ResponderEliminar
  41. Vaia por diante que o libro gustoume. E un libro sinxelo, doado de ler e ademais entretido.

    No libro de Núnez Singala, trátanse os prexuízos e as ideas reconvidas dos galegos cara o galego. Antes de mergullarse no prexuízo fai un achegamento por medio doutro tópicos presentes na cultura popular, xogos ou anécdotas que ó final son os que lle dan ese ton sinxelo e doado de ler. Algúns deles xa foron falados nas clases desta materia.

    Con todo, hai un par de exemplos cos que non estou de acordo e incluso parecenme algo demagóxicos. O primeiro e cando fala de galego como lingua imposta. É imposta por estar recollida no Estatuto ou en leis coma a de Normalización Lingüística, polo tanto todas as demais leis tamén o son. Non creo que ninguén pense isto, é un xeito simplista de entender a imposición.
    O segundo cando fai referencia ó doado que sería para a comunicación ter unha soa lingua pra todos. Pon o exemplo da persoa que soupese español e chinés podería falar coa medade do mundo, claro que non tería tempo nesta vida para falar con todas esas persoas. Eu faría un achegamento máis práctico, poderías falar con a metade do mundo se vas a China, sudamérica ou España, pero no resto do mundo dificilmente.

    Pareceume interesante que se centrara nos prexuízos dos galegos cara ó galego, xa que a fin de contas somos os que temos que acabar con eles.

    ResponderEliminar
  42. En primeiro lugar, o libro pareceume moi interesante. Trata de botar abaixo os prexuízos cara o galego pero non intentando convencer, senón mostrando exemplos da realidade, sen poñerse dun lado ou doutro. Fai caer en verdades que están aí pero das que non te dás conta.
    A modo de introducción do libro, un dos primeiros exercicios que nos propón Singala, o dos cadrados, paréceme unha forma moi sinxela e á vez moi acertada de facernos ver que non só existe un punto de vista, e hai que abrir un pouco a mente e nutrirse de todos os puntos de vista posibles para formar a propia perspectiva.
    Singala tenta desmontar prexuízos formados ó redor do galego como que é unha lingua que soa mal, é unha perda de tempo aprendelo pola pouca utilidade que poida ter fóra de Galicia, etc. A maneira de eliminar estas convencións é simplemente mostrar a verdade, recavando en cousas moi evidentes e explicando o por qué de estos prexuízos. Unha das explicacións que me chamou máis a atención é a das linguas que soan ben e linguas que soan mal. E é certo que moitas das que o autor menciona as temos como estereotipos, coma o alemán, polo menos para min. Pero máis adiante no capítulo vemos que este aspecto un tanto agresivo que lle vemos ao alemán ten unha razón, e por iso fainos reflexionar.
    Esta maneira de mostrarnos os contidos é moi sinxela e fácil de entender, o que fai do libro de Singala unha obra moi recomendada para todo o mundo, de feito creo que estaría xenial que a lesen os alumnos de secundaria. Eles son moito máis susceptibles a perder esos prexuízos na súa xuventude que cando sexan moito máis maiores.

    ResponderEliminar
  43. En galego por que non? É un libro moi interesante no que se trata de derrubar os mitos e prexuízos existentes sobre a lingua galega. A través de exemplos simples trata de contrarrestar a idea de que o galego é unha opción minoritaria, rural ou propia de radicais.
    O autor dice ó comezo do libro unha cousa triste pero creo que certa, que os galgegos somos un pobo moi duro con nos mesmos, e somos incapaces de ver as cousas boas que temos. Quizais por esto somos incapaces de darnos conta da riqueza que supón ter unha lingua propia coma o galego.
    O primeiro prexuízo que quere desmentir o autor é o que di que o galego é unha lingua bruta e que soa mal. Creo que ten razón Núñez Singala cando di que non hai linguas que soen ben ou mal por si mesmas, senon que como nos resultan descoñecidas nos da a impresión de que son feas ou brutas.
    O segundo tema que trata o autor é a teima de que apreder galego é unha perda de tempo, e que si todos falásemos inglés non habería problemas de entendemento. Neste punto estou dacordo con el cando di que aprender algo nunca é unha perda de tempo. Ademáis que todos falemos o mesmo idioma non quere decir que todos nos vaiamos entender, xa que esto non depende so da lingua que falas, senon tamén da tua cultura. Asimesmo vexo imposible que todo o mundo chegase a falar o mesmo idioma xa que, ademáis dos esforzos que costaría ensinarlla a todo o mundo, penso que esta se acabaría modificando co tempo nas distintas rexións.
    O seguinte prexuízo tratado é aquel que din algunhas persoas que non o dan falado ben. A única maneira de falar ben un idioma é usándoi, se non se fala nunca se aprenderá a ben. Outra idea que expresa o autor é o feito de que a maior parte da xente opina que non fala ben o galego, e esto pode ser por tantos anos de desprezos ó noso idioma. O que en realidade pasa é que se dan distintas variedades de galego en función da zona, pero eso non significa que unha variedade sexa mellor ca outra.
    Estou totalmente dacordo coa afirmación de que a lingua galega non se está a impoñer senon que se está a recuperar. É máis, vexo totalmente necesario que se recupere, e reconquiste o terreo que antano lle quitou o castelán.
    Para concluir, decir que ten razón o autor ó decir que é preciso romper os muros que nos impoñen os prexuízos, para poder ver con claridade a situación do galego. Ver que non é unha lingua minoritaria nin burda. E ver tamén que o plurilingüismo é un ben que debemos defender, xa que unha lingua sempre é un tesouro.

    ResponderEliminar
  44. Tras a lectura deste libro, quédome con que é unha ferramenta didáctica valiosísima para achegarlla aos nosos futuros alumnos da ESO e bacharelato. Aporta numerosos exemplos e razoamentos que parecen obvios pero, irónicamente, ás veces nos custa ver. E moitos dos consellos que compoñen a obra son extrapolables a outras faccións da vida cotiá. Así, formarse opinións das cousas sen simplificacións e prexuízos é algo que temos que procurar facer en todos os ámbitos.
    A continuación indicarei os aspectos que chamaron a miña atención ou me pareceron especialmente útiles.
    A primeira idea chave que se pode tirar é que a lingua é sempre unha riqueza, a pesares e que moitos ven niso un estorbo, un atranco. E, en todo caso, para formarse unha opinión sobre a cuestión que sexa, cómpre evitar polo menos dúas trampas: as simplificacións e os prexuízos.
    Por unha parte, incorremos en simplificacións cando pensamos ou opinamos sobre a nosa lingua, pois é moi frecuente adoptar unha visión superficial, sen profundar o suficiente, e crer que o que se percibe é todo o que hai. É moi perigoso simplificar, porque a realidade é sempre moito máis complexa do que nos adoita parecer a simple vista.
    Por outra parte, os prexuízos son xuízos previos, opinións iniciais e equivocadas que impiden ver as cousas tal e como son na realidade. O terrible dos prexuízos é que non somos conscientes deles, de aí a súa forza. Evitalos supón un grande esforzo que non todo o mundo está disposto a facer. Dicir que unha lingua soa ben ou soa mal é un prexuízo.
    A homoxeneidade lingüística é un imposible. O autor, citando á súa vez a Ferro Ruibal, afirma que a tendencia natural é a fragmentación, e non a uniformidade, un artificio que só se podería manter durante un tempo. E a colación do tema, chamoume moito a atención o pasquín que circulou pola Coruña nos anos ’40, tachando de bárbaros aos que falaban galego.
    O autor cita tamén a Ana Iglesias, quen nos recorda que “para falar unha lingua ben, primeiro hai que falala mal”. Hai quen, falando un castelán cheo de galeguismos e de erros, afirma que “o galego non o damos falado ben pero o español si”. Non obstante, a maior parte dos galegos falamos un galego moito mellor do que pensamos, e un español moito peor do que nos parece.
    Evidentemente, se temos en conta a situación do galego como lingua minorizada e como lingua excluída de moitos ámbitos, con escasa presenza nos medios de comunicación, e analizamos a xestión que se está a levar a cabo a nivel político, é unha absoluta barbaridade o afirmar que o galego está a ser imposto. O galego está en total desvantaxe, e dicir que está a ser imposto é terxiversar a verdade sempre co fin de perpetuar a imposición do castelán ata acadar a completa desaparición da nosa lingua. Para evitar isto, é imprescindible un sistema educativo que asegure a competencia nas dúas linguas.
    Outra idea moi importante é que a lingua máis útil e con maiores posibilidades é a que nos permite desenvolvernos na nosa contorna. En todo caso, para aqueles que queiran ver a situación de xeito utilitarista (unha lingua é tanto mais útil cantos mais falantes teña) os datos cantan claro: o autor nos recorda que o galego ocupa o posto 136 en relación ao número de falantes, está entre as 118 linguas que posúen interface en Google, atópase entre as 50 linguas nas que se pode obter o sistema operativo Windows, está no posto 48 en canto ao número de libros traducidos a unha lingua, xusto por riba do chinés, ocupa o nº37 en canto ao número de páxinas web dispoñibles, etc. A xente non oe falar galego porque simplemente ela non o fala. En canto comezamos a facelo, decatámonos da cantidade de xente que o fala tamén.
    Coido que, por todo isto, cómpre que nos paremos a reflexionar e que elaboremos unha opinión o máis fundamentada posible, como nos recomenda Singala, sen simplificacións e sen prexuízos. Sen dúbida, levaranos a estimarmos o valor de contar cunha lingua propia, sinal que remarca a nosa especificidade ante o mundo e nos fai partícipes do rico acervo cultural da humanidade.

    ResponderEliminar
  45. PARTE 1

    Para comezar gustaríame comentar que, en liñas xerais, o libro de Singala pareceume moi entretido e moi fácil de ler, como xa comentaron os meus compañeiros. Non obstante, a pesar de ter puntos moi interesantes, achei en falta máis datos científicos, creo que algunhas das aproximacións que fixo o autor son algo vagas e teñen pouco peso para aquelas persoas máis difíciles de convencer. Mais, para me explicar mellor, gustaríame comentar os puntos que me pareceron máis interesantes e os que, pola contra, achei máis difusos, sempre baixo o meu punto de vista, claro está.
    En primeiro lugar a introdución pareceume interesantísima, pois mostra até que punto a nosa lingua fala de nós, mostrando ao mesmo tempo de onde pode vir o noso desprezo pola nosa propia lingua. Non sei se haberá máis exemplos de este tipo, ou igual hainos pero non tan adecuados, mais gustaría de ter ouvido algún máis.
    O primeiro capítulo sobre simplificacións e prexuízos foi moi ameno e constitúe un punto central para o resto da obra, aínda que hai momentos nos que, quizais, se faga un uso excesivo e pouco entrelazado destes exemplos, mais tentarei indicar cando así mo pareceu. A partir deste capítulo o autor comeza a explicar os prexuízos e simplificacións máis comúns sobre a lingua galega, comezando co do galego como unha lingua bruta. Este capítulo conta con puntos moi reveladores sobre o porque algunhas linguas parecen soar mellor que outras, dende a comparativa entre as que parecen soar mellor e as que parecen soar mellor, demostrando que a diferenza está no costume do noso ouvido a escoitar unhas ou outras, até termos mediante os que se pode comprobar este desprezo polo diferente.
    O terceiro capítulo suscitaba moito a miña curiosidade xa que un dos motivos que máis teño ouvido en contra do plurilingüismo é que non hai tempo para aprender todas as linguas do mundo, que sería moito máis fácil se todos falásemos unha mesma lingua. O único que non me convenceu moito neste punto foi o crebacabezas que o autor puxo o principio, xa sei que está aí a modo de reflexión mais, ó menos para min, non tivo nin moito impacto, nin moita relación co resto do asunto, ou a relación foi moi vaga. O que si me encantou foi: punto un, non sexamos brutos, o saber non ocupa lugar; e punto 2, unha lingua universal é unha utopía, xa se tentou co esperanto, por algo non resultou...e aquí o autor dá numerosos datos útiles para demostrar os moitos ámbitos nos que , aínda hoxe en día, cando todo semella estar tan globalizado, pódese observar a presenza de innumerables linguas e as súas variedades. Vin por aí algún comentario dalgún compañeiro que opinaba que este argumento é unha parvada pero argumentando algo que o texto non menciona en ningún momento: a imposibilidade de nos comunicar todos nunha mesma lingua. Coido que o texto non nega a posibilidade de que haxa unha lingua que todos poidamos usar para nos mover no mundo, do que fala é de ter só unha única lingua mundial sería unha situación surrealista.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Fai-me muita graça ler que o esperanto nom triunfou. Se calhar pensavas outra cousa se estivesses comigo este verám no congresso internacional de professores de esperanto a que assistim na Alemanha. O prazer de comunicar-se com gente da China, do Nepal, do Japom, dos Estados Unidos, de toda a Europa, numha língua auxiliar, neutral, que nom pertence a ningumha potência imperialista é algo que nunca sentirei com o inglês.

      O esperanto nunca foi concebido como única língua para todo o mundo, senom como segunda língua auxiliar, neutral, para a comunicaçom em pé de igualdade, em contra dos imperialismos linguísticos.

      http://estrelasnanoite.blogspot.com.es/

      Eliminar
  46. PARTE 2

    O prexuízo que se mostra no cuarto capítulo coido que non está tan estendido e autor mostra, mediante gráficos, o ridículo que resulta este prexuízo, o cal se podería resumir, baixo o meu parecer en: “¿por qué é de mala educación falar o galego con xente que non fala e non viceversa?”. No seguinte capítulo mostrase outro prexuízo, o de non falar ben o galego, que eu nunca antes escoitara como o expón o autor, eu teño escoitado isto pero dito por galego falantes que non aprenderon o galego na escola e que non teñen un coñecemento do galego normativo, máis coido que as explicacións que da o autor son válidas igualmente, en especial a comparativa co castelán falado en Galicia, o cal me lembrou a esoutra curta do padre Sarmiento.
    O capítulo sexto trata un dos prexuízos que máis rabia me da, o do galego como lingua imposta. En primeiro e tal e como fixo o autor, recordar sempre os que din tal cousa que o que foi imposto en primeiro lugar foi o castelán. En segundo lugar, o autor atinou de cheo o mencionar os diferentes fitos oficiais a prol da recuperación do galego e comparalo con outras leis, paréceme que non hai razón de máis peso ca esta. Tamén fixo moi ben en amosar a cantidade de situacións nas que o galego está en situación de inferioridade, para todos aqueles que viven na súa burbulla castelanfalante. O seguinte capítulo foi algo do que a profesora xa falara na clase e xa comentaramos mais non deixa de ser igualmente interesante e algo que a maioría da xente descoñece. Neste capítulo o único que achei en falta foi datos científicos polos que saber galego é unha vantaxe para aprender portugués, xa que para min, que estudei portugués, é obvio que o seu innegable parecido fai a súa aprendizaxe moitísimo máis fácil, pero pola contra, é algo que teño discutido con algunha xente que afirma que non ve o porque desta vantaxe.
    No oitavo capítulo atopamos algo que todos temos escoitado en máis dunha ocasión e que, como xa viramos antes no capítulo é unha falacia, en Galicia hai máis xente galegofalante que castelanfalante. Ademais, o exemplo foi moi gracioso xa que coñezo caso semellantes de, por exemplo, xente que se coñeceu falando en castelán e máis tarde descubriu que falaban normalmente galego.
    Como conclusión dicir que, a pesar de que este libro me pareza algo máis adecuado para lectores un chisquiño máis novos, atopei nel moitas cousas que non sabía e axudoume a expoñer ou a razoar pensamentos que non sabía como converter en argumentos.

    ResponderEliminar
  47. Con este marabilloso libro, Singala fainos reflexionar dun modo ameno (a través de exemplos moi ilustrativos) e intelixente acerca dos prexuízos existentes relacionados coa lingua galega e o seu uso.
    O autor comeza cunha introdución na que fala do carácter e cosmovisión do galego a través de exemplo da “gaivota chorona”. Os galegos, temos xeralmente un carácter pesimista, así coma os franceses definense polo seu chauvinismo. É un trazo propio noso que tende máis a manifestar o negativo do propio que o positivo.
    Ademais, engade que os pobos que se respetan a si mesmos son os que progresan e permanecen; os que non o fan, desaparecen.

    E por outra banda, os galegos temos un grande capital, que é a nosa lingua. Pola contra, tamén existen prexuízos, que distorsionan esa realidade.
    Seguidamente, fai referencia a que á hora de formarmos unha opinión, resulta máis doado apropiarnos da maioritaria, porque cremos que se todos pensan así, esa debe ser a correcta.
    Á hora de acercarnos ó galego, non debemos quedarnos co que hai na superficie e caer así en simplificacións e prexuízos, como exemplifica moi axeitadamente o autor co exemplo dos cadrados e a liña.
    Outro exemplo podería ser o do iceberg, que soamente vemos o que sobresae da auga, pero inda quedan tres partes soterrada.
    A continuación, o autor vai dando unha serie de razóns (conforman o título dos capítulos) polas que a xente non fala galego, estas razóns funcionan como prexuízos.
    No apartado “É unha lingua bruta, que soa mal”. O autor reflexiona sobre este prexuízo e fai referencia a que consideramos que soan mal certas linguas como o árabe, xaponés ou alemán simplemente por non estar afeitos a elas. Mais se pensamos que o italiano, francés ou portugués soan ben, por consideralas máis próximas ó seren linguas romances. Tendemos a infravalorar o que nos é alleo.
    Hai que destacar que os prexuízos xa existen dende a época dos romanos.
    Tamén aparecen prexuízos en canto a pronuncia e o son das linguas. Os prexuízos obsérvanse no caso do castelán; no que se fan diferenzas entre o castelán falado en Andalucía ou o falado en Valladolid. Sóese considerar pexorativo o primeiro acento, e positivo o segundo.

    ResponderEliminar
  48. PARTE 2
    No seguinte epígrafe, o autor trata de rebater o prexuízo de que falar galego é unha perda de tempo; se todos falásemos inglés, xa non habería problema. Pero isto é erróneo, xa que esta afirmación pódese aplicar a calquera lingua. O seguinte prexuízo consiste en considerar que aprender é unha perda de tempo; cando isto non es certo, xa que cantos máis coñecementos teñamos, máis doado nos será adquirir outros.
    O mesmo ocorre cas linguas, ás persoas que son bilingües teñen maior facilidade para adquirir outras linguas.
    Cabe destacar que este experimento de tentar facer unha lingua universal na que todos nos puideramos entender xa se dera no século XIX co esperanto.
    Inda que pensemos na idílica uniformidade lingüística, a tendencia é á fragmentación. O autor exemplifícao moi ben co tema doas dobraxes e cos correctores de texto.

    No seguinte capítulo, Singala analiza o prexuízo de cambiar de lingua por educación cando diante hai unha persoa que non fala galego pero que o entende, porque recibiu en galego parte da súa educación ou vive en Galicia.


    Moita xente non fala galego porque considera que non o fai ben. É outro prexuízo para nin sequera ter que intentalo porque iso leva tempo. Para chegar a falar ben unha lingua, primeiro hai que esvarar moitas veces. Pero só intentándoo chégase a facer ben.

    Outro tópico é o de pensar que o galego é unha lingua imposta e isto non é así, xa que a recuperación do galego fíxose dende o ámbito lexislativo e estas leis foron votadas polos galegos.
    Os que opinan que o galego estase impoñendo fronte ó castelán fano cando hai unha situación de igualdade; pero se o galego está en desvantaxe, non hai ninguén que diga que o castelán se está a impoñer (un exemplo é o dos prospectos dos fármacos, que non aparecen en galego).

    Outro prexuízo é que o galego é unha lingua minoritaria, cando en realidade, se atopa no posto 136 na lista das linguas do mundo; o posto 48 en traducións (por riba do chinés) e 37 en páxinas web.

    Por último, no capítulo 9, o autor ocúpase de desmentir que o galego non o fala ninguén. E que hai que animarse a “saír do armario lingüístico”, en palabras de Agustín Fernández Paz e tentar de empregalo cada vez máis.

    Por tanto, o autor a través deste estudio invítanos a reflexionar e eliminar os prexuízos existentes na nosa lingua e empregala. Cabe dicir que esta goza de boa saúde e debemos conservala, porque é a maior riqueza que ten un pobo.

    ResponderEliminar
  49. Manuel Núñez Singala rétanos con este libro a tódolos habitantes de Galicia.
    Comeza, co exemplo da gaivota chorona, explicando cómo a nosa cosmovisión é diferente de moitas outras, e cómo Galicia dende sempre foi un pobo moi duro consigo mesmo. Dinos que os pobos que se aprecian a sí mesmos son os que realmente perduran.
    Para que non morra o noso pobo, hai que manter os elementos culturais que o definen. No noso caso, nós temos a lingua galega, e para que non morra, hai que usala.
    Núñez Singala vainos demostrar o longo do seu libro cómo temos a costume de adoptar ideas maioritarias, crendo que son maioritarias (xa que poden non selo, ou séndoo, poden ser erróneas)
    Coa figura do cadrado ensínanos que moitas veces temos una visión superficial das cousas, sen profundizar, é dicir, vemos só una parte da realidade, e isto supón unha visión simplificadora das cousas.
    Por outra parte, dunha maneira moi esquemática, cos puntiños para unir, móstranos cómo os prexuízos están ahí (neste caso impostos por él coa anterior figura do cadrado), pero non os vemos, por iso son perigosos. Ademáis, non todo o mundo quere deixa-los prexuízos aparte.

    Núñez Singala pasa logo á afirmación de moitos galegos que din que a língua galega soa mal. Ó final do capítulo dámonos conta de que estamos relacionando a língua coa cultura que hai detrás dela, e cando esta é afastada, diferente, extrana, dámoslle connotacións negativas. Unha vez máis, destapamos o prexuízo dominante en moitos falantes.
    Isto se ve máis claro co exemplo de que existen as expresións: "galego cerrado", "catalán cerrado", pero non "español cerrado", xa que estas expresións están afectadas pola imposición do poder central sobre a periferia.

    Outro prexuizo é o do disco duro de ordenador: a idea da mente coma un caixón ríxido no que só caben una certa cantidade de coñecementos. Isto é falso, xa que como dín o autor, o saber non ocupa lugar, senón que o crea, gracias á elasticidade do noso cerebro.

    Noutro apartado, o autor fala da idea dunha soa língua para comprendernos todos mellor. Ó principio soa ben, pero ó final o lector recoñece que as linguas tenden á fragmentación. É dicir, a uniformidade non é una tendencia natural, como di Ferro Ruibal. É imposible o establecemento dunha lingua común para todo o mundo. E non só é imposible, senón que tamén é perxudicial, xa que isto suporía a eliminación das distintas tradicións literarias e culturais. Sería un desastre intelectual, unha perda enorme de información e historia.

    ResponderEliminar
  50. e sigo...

    Outra das posturas típicas dos galegos é explicada no seguinte capítulo. Cando dicimos que é de mala educación falar en galego cando hai castelán-falantes diante, ademáis de ser mentira, (xa que os castelán-falantes comprenden o galego), o único que facemos é falar menos galego. Coma nos mostra o autor cos gráficos, se seguimos con esta idea, aínda que haxa máis falantes de galego, ó final falarase máis castelán que galego.

    Coma xa vimos na clase, o autor explícanos que o maior problema é a vontade dos falantes. Aprender unha lingua e falala require esforzo e tempo, e sobre todo ter moi claro que para falar unha lingua ben, primeiro hai que facelo mal. Polo tanto, como xa dixen, o problema é a vontade. Esta nace cando algo nos interesa, entón o fondo de todo isto é que a xente que non ten a vontade de falar galego, é porque non lle interesa.

    Outra "excusa" para non falar galego é que dicimos que o falamos mal. O galego ten moitas variantes, e as identificamos con un mal galego. O problema é que non vemos que o noso castelán tamén é dialectal, e neste caso non nos preocupamos de estar falando un "mal castelán" Núñez Singala explica este feito moi claramente coa proposta de traducir un texto do galego ó castelán, gracias ó cal, dámonos conta de que o noso castelán está cheo de galeguismos, e a pesar disto, non o consideramos "mal castelán", como é lóxico. Cada variante en calquer idioma é igual de válida que o estándar.

    Â continuación, coa metáfora do neno ó que lle quitan o videoxogo, o autor ensínanos que a lingua galega é a propia, e que o español foi unha lingua imposta, e non ó reves. E ademáis aclara que "simplemente para que o galego recupere usos, o español ten que perdelos” Isto é así, unha cousa quita espazo á outra.

    Tamén Núñez Singala fálamos de algo que xa vimos na clase, isto é, que o galego non é una lingua minoritaria, senon que é una das mais faladas do mundo. Pero unha vez máis, o que predomina en Galicia é unha percepción superficial da situación, unha visión baseada na falta de información o no "non querer velo".

    Por último quero mencionar a afirmación que o autor pon a exame:“ninguen o fala”. Co exemplo da sua filla móstranos cómo, se alguén comeza a falalo, hai una reacción en cadena, e máis xente anímase a facelo, a cuestion é non deixarse guiar pola tendencia predominante do grupo no que estamos inmersos, e ser valente.

    "En galego, por que non?" comprende unha cantidade de significado inmensa nun espacio pequeniño, e explica os prexuízos existentes en Galicia dunha maneira clara e entretida. Agora o que queda é reflexionar e aplicar o conto.

    ResponderEliminar
  51. Singala fai unha gran síntese neste pequeno libro e eu vou dar unha opinión persoal de cada un dos capítulos.
    Comeza ca visión que temos da realidade que pode ser superficial e baseada en prexuízos que nos fan ter unha visión equívoca.Por iso, debemos deixalos de lado, e "ir máis aló" para atopar unha realidade diferente e certeira.
    No seguinte capítulo "Porque é unha lingua bruta, que soa mal", eu penso que as linguas soan igual, soan a identidade, e soan a querer falalas. Iso de que soa mal son só excusas. Está claro que se estamos acostumados a oir sempre a mesma lingua se un día escoitamos outra diferente soaranos "rara", pero e que non todas teñen a mesma entonación, é evidente. Isto segue na liña dos prexuizos, algo que está sempre presente e que moito ó meu pesar rixe as vidas e as visións de mundo de moita xente. Mencionase o racismo e o medo o descoñecido; en moitas ocasións rexeitamos algo que é diferente polo medo a ter que adaptarnos; outras veces, por modas ou por novas influencias máis modernas cambiase de lingua por iso de "seguir a moda e non quedar desfasado", persoalmente paréceme unha tonteria.
    No capítulo seguinte, fala do uso do inglés como única lingua, que tería supremacía lingüística, si esta ben, pero que pasaría co resto de pobos? Cas identidades? Que desaparecerían, e que se perdería un patrimonio da linguaxe moi rico. Non se pode despreciar a idea de aprender unha lingua nova, de incrementar os nosos coñecementos e de aprender cousas novas e máis na época de plurilingüismo que está instalada. Non se debe falar so unha lingua senón coñecer e respetar varias sen xulgalas en base a prexuizos. Saber, aprender, como ben di Singala, crea lugar, crea cultura, riqueza e sabedoría. Menciona na parte final as variantes de cada idioma, e no caso do inglés son 18, sería posible decantarnos por unha soa? Eu creo que non...
    O capítulo 4 ten para min un título provocador, xa que son defensora do galego e é a miña lingua natural. Tamén leva consigo unha serie de prexuízos que se nos damos conta están presentes en tódolos aspectos das nosas vidas. Gustame e paréceme moi reprentativo o exemplo gráfico dos catro habitantes de Galiza, na primeira parte sería o ideal, e o que teño esperanza de que chegue a pasar; e na segunda está a realidade, o día a día da nosa sociedade. Creo que ó igual que Singala, non teño nada que engadir. Paréceme unha realidade ben triste e desesperante.
    No capítulo 5, menciona a figura e o fondo asociándoo coas imaxes de Rubin. Vemos o que queremos ver e non intentamos ver máis aló do evidente a simple vista. Todas as linguas teñen que ser estudiadas e entendidas para poder falalas, que pasa, que senón lle dedicamos tempo o galego para aprendelo resultaranos difícil, pero o mesmo pasa con outras linguas como o chino ou o ruso, necesitamos estudialas para poder falalas ben. Debemos aprender unha serie de reglas para poder falar ben e entender todo. É unha simple cuestión de querer facelo e ter interés por aprenderlo.
    No capítulo 6, di que é unha lingua imposta, pero para min todo o contrario, trátase de conservala e intentar que non se perda, non de impoñer algo. Cadaquén é libre de elixir a lingua que queira, pero creo que estar en Galiza debe condicionar á hora de elixir unha lingua. No capítulo 7 de título "porque é unha lingua minoritaria", vale que hai linguas que son pouco coñecidas e pouco faladas, pero non o galego, está nos estudos, na rede, na xustiza, administración, publicacións, libros, películas, series, a CRTVG, etc, etc... Eu creo que iso non é ser minoritaria; eso so deberia dárselle máis publicidade para que foi máis internacional. E finalmente no capítulo 8, di que non o fala ningúen, pero creo que despois de todo o que mencionei creo que hai xente que o fala, que se preocupa pola súa continuídade e pola súa persistencia no tempo, na memoria e que siga vivo por sempre para que os nosos sucesores a sigan falando e estando orgullosos dela, como o estou eu.

    ResponderEliminar
  52. Neste libro faise unha crítica dun xeito ameno e sinxelo dos prexuizos que sufre o galego por parte dos propios galegos ao teren esa reticencia á hora de falalo como se lles influise de modo negativo, no sentido de que os poidan escasillar en que teñen una formación inferior, que son uns pueblerinos(a expresión despectiva “aldeán”) e esa falta de divulgación e defensa do galego.
    Todos os idiomas teñen que ser falados e promovidos polos seus falantes para que estes non desaparezan e se estabilicen e consoliden sen ter medo a extinguirse, xa que un idioma é algo representativo e distintivo de cada un. E o autor non entende esa falta de interese polo pobo galego e esa vergoña, xa que o ve como algo completamente absurdo e carente de sentido ningún.
    A lingua galega, e tódalas linguas, han de ser promovidas e divulgadas polos seus falantes, orgullosos de coñecelas e poder falalas. Refórzase a idea de que o galego é una lingua non con menos dereitos que outras como o inglés, alemán, castelán e que é unha lingua perfectamente apta para o uso diario.
    Na miña opinión aprender un idioma non é soamente unha ampliación do currículo senón é tamén unha ampliación do aprendizaxe. Aprender inglés, alemán chinés para mellorar nun futuro, por utilidade, non ten nada que ver con aprender galego, falalo e defendelo. Existe polo tanto unha competición ou "guerra" innecesaria e absurda( toda a vida houbo esa pugna inxusta a favor do castelán)entre as linguas.Isto é algo completamente estúpido xa que aprender unha nova lingua é algo de por sí positivo.

    ResponderEliminar
  53. Eu que vou dicir? A min o documento convenceume, máis ou menos. Dígo iso porque xa estaba bastante convencido. O texto pareceume ameno, fácil de entender, recomendable... e ata de obrigada lectura (non só para o caso do galego). Porén, na miña opinión, hai un gran fallo no libro: é paradoxal. Éo porque está escrito en galego, cando o obxectivo do libro é precisamente a xente que non quere nin oír falar del, como para recomendarlles un libro escrito nel. Esta situación recordoume moito a unhas imaxes que vin dunha manifestación en Sri Lanca (antiga Ceilán). A manifestación era en contra do uso do inglés na administración por enriba das minorizadas linguas autóctonas, e a foto para a prensa internacional foi da xente con pancartas. E claro, eles sabían que o obxectivo na manifestación non eran os seus compatriotas que non sabían inglés, senón as autoridades e as minorías dominantes daquela. Por iso, á parte de mensaxes escritos na lingua local co alfabeto cingalés había algún outro que foi o que saíu na prensa: "NO ENGLISH."
    O texto de Singala é fantástico, pero coido que falla nas formas. Tal e como está, o seu alcance é moi pequeno a non ser que fagamos o que fixo el: collemos o libro e intentamos desmontarlles os argumentos a toda a xente que poidamos. Penso que o texto debería ser bilingüe. Claro que Singala non quere ir tan lonxe, con que os galegos lean o libro xa está, pero é que para que o lean aqueles aos que máis falta lle fai, os que teñen máis prexuízos... afástanse de todo o que cheire a galego como se tivese a peste.

    Centrándome no contido, e saltándome as partes boas, que foron moitas (a min os datos parecéronme suficientes, Laura, unha persoa difícil de convencer con datos é imposible de convencer coa razón) céntrome na crítica construtiva. A parte da imposición foi a que me pareceu máis frouxa. É un tema complexo e altamente subxectivo, o que para uns é xustiza para outros é castigo e así non se pode convencer a ninguén. Aquela "reflexión triste" que recolleu Eva contén unha reflexión sobre os letreiros en catalán como algo positivo. Non me parece tan positivo tendo en conta os resultados. Hai cousas igual de polémicas pero moito máis necesarias, sobre todo no eido da educación. Quero engadir que o exemplo do neno que chega e ve que outro neno está a xogar co seu... non me parece axeitado. O neno que roubou os xoguetes leva cincuenta anos na casa, xa tivo fillos e redecorou a casa ao seu gusto. De pronto chega o descendente dos donos, ten unha lexislación que a protexe e ao usurpador non lle queda máis que marchar. O galego ten a lexislación, pero creo que non é tan necesario crear máis para impoñer máis como crear unha base popular de defensa do galego meirande (cousa que, por outra banda, é o que pretende o libro.)

    Para rematar, saco como conclusión que é preciso informar, xa sexa con este libro ou por outros medios, para erradicar preconcepcións que danan o creto da comunidade lingüística do galego. Como di o autor, "contra os prexuízos e simplificacións sobre a lingua galega."

    ResponderEliminar
  54. En Galego, por que non? de Manuel Núñez Singala é un libro que partindo dun marabilloso e acertado exemplo: a Gaivota Chorona vai analizando os prexuízos sociais aos que esta sometida a lingua galega. Argumentando nos sucesivos capítulos e coa axuda de numerosos exemplos bota por terra cada un dos tópicos que a miúdo temos que escoitar en contra da nosa lingua.

    O autor consegue que o lector se enganche desde o primeiro momento ao libro. A través dunha linguaxe para tódolos públicos e propondo, xogos, preguntas ou adiviñas que fan moi participativa a lectura e axudan á reflexión sobre o tema a tratar.
    Como resultado atopámonos ante un texto moi didáctico e ameno a pesar da importancia e densidade da súa temática.

    Libro moi recomendable como lectura en case tódolos niveis do sistema educativo galego.
    Eu agradezo a súa lectura, metinme de cheo nela e case sen darme conta o rematara. Ademais enriquecín os meus argumentos para rebater algúns comentarios infundados que ás veces teño que soportar, que como curiosidade veñen con frecuencia dese sector dos galegos que falan mal o castelán (mais non falan galego “porque soa mal, é bruto e non saben”).

    ResponderEliminar
  55. Desde o meu punto de vista, como se dixo na clase o primeiro día e un resumo do aprendido e reflexionado nas clases de galego.
    E unha mirada o valor do galego, como herdanza cultural, e como língua tan válida coma todas.
    Fainos reflexionar sobre a súa necesidade de salvación, que depende de nos.
    Trata de eliminalos prexuízos e inseguranzas, achegándonos a eles con xogos e facilidade. Sintetizando tanto os problemas cos que nos podemos atopar ou nos pensamos atopar; coma as medidas que podemos e debemos tomar para mantelo galego.
    E fácil de leer, e da unha perspectiva máis ampla do valor das linguas,establecendo unha nova forma de mirar cara o galego.

    ResponderEliminar
  56. Estupenda lectura e desde logo moi recomendada, na que o autor desenvolve os diferentes tópicos e prexuizos que existen na nosa sociedade frente ao galego. Desde o primeiro momento, co exemplo da gaivota chorona, xa quedei completamente abraiado, máis que con fascinación, con sorpresa. Considero que escolleu os diferentes exemplos dunha forma moi axeitada e elocuente para comprender o que se nos quere transmitir. É unha mágoa que sexan os propios falantes potenciais da lingua os que teñan prexuizos hacia ela. Estes son os únicos que a poden empregar, e mediante o seu uso, defender e promover, estando ben orgullosos de facelo. Por iso, sería enormemente fructífero que os contidos e explicacións que se transmiten en cada un dos capítulos do libro chegasen a todos os galegos (tanto que falan galego como que non), pois isto axudaríanos a derrubar os prexuízos lingüísticos existentes.

    ResponderEliminar
  57. Rematei agora mesmo de ler o libro, coma sempre deixando as cousas para o final...
    Escollín este aconsellado polos meus compañeiros, e do mesmo xeito ca os comentarios anteriores, e como xa rematou a asignatura, coido que server coma resumo de todo o tratado nas clases.
    Xa dende o exemplo da gaivota exposto na clase.
    Trátanse con exemplos moi clarificadores os 2 males que afectan ao galego: as simplificacións e os prexuizos.
    Teño que dicir que aínda sendo galego falante, abriume os ollos varias veces...en cousas que se me pasaban por alto.
    A historia do final...impresionante.

    ResponderEliminar