Trátase dunha curta na que vemos á perfección as consecuencias da immplantación do castelán como lingua vehicular na escola. Sen embargo, o video reflicte moi ben que ese castelán trátase dun castelán aprendido, pois o mestre emplea, en varias aocasións, una sintaxe galega na que simplemente pon palabras castelás (así, podemos escoitar "voy hablar de contado con tu padre" ou "vamos cmoprobarlo"). A curta mostra tamén unha serie de prexuízos existentes ante o galego e o seu uso("el gallego solo sirve para hablarle a las bestias"). Finalmente, debemos salientar tamén que o mestre sente en galego,e é por iso polo que, ó final, exclama "merda!", feito que provoca a burla dos rapaces ("quererá dicir mierda, esñor mestre").
Estou dacordo co que defende a miña compañeira. Pero eu tamén remarcaría que a forma de ensinar é moi importante. O primeiro profesor trata de ensiñarlles ós alumnos a base de repeticións e memorización, mentras que o frade primeiro fixouse nos gustos e aficións do alumno e utilizounos para que este se interesase mais polo que se lle está a ensinar e aprenda máis rápido.
Coincido coas miñas compañeiras en que a curtametraxe é moi bela, tanto artísticamente como na súa mensaxe. Seguindo coas opinións dos comentarios anteriores, penso que o video o que mostra son dous métodos educativos contrarios. Por unha parte temos ao mestre da escola que segue unha ensinanza baseada na memorización, no aprendizaxe por memorización. Por este motivo, o cativo non mostra interese polo que se supone que lle están ensinando. O mestre non fai divertida a aprendizaxe. Por outra parte, e cun método contrario, temos as clases co fraile. Xa fóra da aula, o fraile trata que a ensinanza se basee nun método máis empírico. Nun principio ao rapaz cústalle prestar atención, supoño que porque pensa que as clases serán iguais cas do seu mestre, máis pouco a pouco vai collendo entusiasmo por aprender, pois o fraile fai que o ensino lle sexa atractivo (por exemplo a través da lectura de textos máis próximos a el). Así, a ensinanza debería fundamentarse nun método similar ao do fraile, pero aplicado no recinto da aula. Cabe destacar, dende logo, o referido á lingua. Como sucedía neses anos de represión, o mestre demostra unha conciencia totalmente imposta: o castelán como lingua de cultura e o galego como unha lingua de bestas. E continuando a idea de Paula Martínez, paréceme, como ben di ela, que o castelán do mestre segue unha sintaxe galega, e en moitas ocasións, con expresións propias da lingua nativa. Sen máis, paréceme unha curta que mostra moi ben estás ideas.
Nesta historia plásmanse moi ben dous tipos de métodos educativos, como ben indica Gemma. Por unha banda, o profesor repite dun modo memorístico uns contido aprendidos sen ningunha paixón polo que fai, nin interese por amenizar as súas sesions; isto desmotiva ó rapaz. Cabe destacar que é un mestre que, como comentou Paula, emprega calcos semánticos do galego á hora de falar en castelán. Ademais, considera que o galego só serve para dirixirse ós animais; mais á hora de amosar espontaneidade, lle sae a lingua galega. Isto indica que o galego é a súa lingua materna, mais na aula emprega o castelán como lingua vehicular. Por outra banda, amósasenos outro tipo de educador: un crego que aposta por unha educación nun entorno máis distendido, onde o rapaz se sinta cómodo. Interésase polos gustos do seu alumno e trata de facerlle atractiva a aprendizaxe conseguindo resultados positivos.
Esta marabillosa curtametraxe invítanos a reflexionar sobre dous métodos educativos moi diferentes e comezar a pensar nas ferramentas e o modo de xestionar a aula máis adecuados para así poder chegar ós nosos alumnos cando sexamos docentes.
Esta é unha curta ben bonita. Ademais de outorgarlle o prestixio que se merece á lingua galega, fai referencia ó falado na clase: está mellor visto pola sociedade falar ben o galego, ca falar castelán con galeguismos ou mesmo con acento. É iso o que fai cómico ó profesor, que se cre mellor ca os seus alumnos cando é el mesmo o que fala o castelán incorrectamente. Se iso era o que lles ía ensinar ós seus alumnos, non lles ía valer de moito mudar a lingua. As figuras do clero o do médico ilustran, ademais, que se pode ser da elite social ou pertencer ó clero e falar o galego. Ao falar, estanlle dando prestixio á lingua.
Na miña opinión a curta amosa dous estilos ben diferentes de aprendizaxe mais tamén de posicionamento cultural como ben dicían antes os meus compañeiros. Por unha banda, temos o típico profesor do XVIII que reflicte non só o método educativo da súa época, baseado na repetición e memorización de linguas "cultas" como o latín, senón tamén os prexuizos pexorativos que contra unha lingua -indefensa aínda que propia- emerxen ou se arrastran nese contexto histórico. Por outra banda teríamos o método empregado polo Pai Sarmiento, quen posúe un ton moito máis familiar facendo forza sobre a comprensión e non na memorización, así como unha mente aberta, libre de prexuizos sociais negativos cara o galego. De calquer xeito, non querería deixar de sinalar que -desde o meu punto de vista- o profesor non deixa de ser un produto da política educativa e lingüística levada a cabo desde as altas esferas políticas, e que posiblemente nunca tivo un contrapunto ou referente ideolóxico ante estas. En definitiva, mais que carraxe o mestre inspirame mágoa.
Xa pouco quedame que comentar xa que o que estou completamente de acordo cós comentarios dos meus compañeiros. Certo é que o profesor que lles fala en castelán, porque senón serán uns perdidos según el, xa non é solo que siga un método baseado en memorizar e repetir, senón que chega a pegarlle e fai que o rapaz sintase ridiculo. Nesta curta vese ben claro os perxuizos que tiñan do galego, e como o mestre fala castelán por algún tipo de "imposición social" xa que pola sua sintaxe nótabase que el habitualmente,na casa, ou nun ambiente máis intimo emprega o galego. E que non por falar galego ia a ser un perdido, xa que o seu pai era un importante doutor,ou Pai Sarmiento que conseguiu que o neno leera e escribira antes que o mestre que falaba castelán. Unha curta moi bonita
Esta curtametraxe como ben din as miñas compañeiras é unha beleza que entra polos ollos e máis pola mente. Fai pensar sobre a sistema educativo galego utilizado non fai tantos anos e a idea que transmitía a todos os nenos: o castelán representaba a cultura e o galego era a lingua usada nas súas casas. Creo que é unha crítica moi ben plasmada. Por un lado, atopamos a un mestre que fala castelán porque pensa que é a única maneira de ter prestixio e ser alguén na vida. É un mestre altivo que viste “aburguesado” e que usa unha mestura de castelán e galego sen decatarse. Isto non pasa desapercibido polo rapaz, quen aprende a ler grazas a figura dunha persoa moito más preta a el. Como o consegue? É tan sinxelo como situalo na súa contorna, nas cousas que el coñece e falarlle como el entende. O rapaz pronto se decata, grazas a esas historias lidas por Sarmiento, de que non era como o seu mestre lle quería facer ver: pódese aprender cultura usando a lingua galega.
Fermosa curtametraxe tanto en feitura como en contido. Doada de entender, e que mantén en vilo ata o final. Trata dous temas fundamentais, o primeiro deles o emprego da lingua castelá como lingua vehicular na escola, tal e como apuntou unha das miñas compañeiras, provocando isto o sentimento de desprezo neste ámbito cara a nosa lingua, o galego. Dende o ámbito da escola, coa figura do mestre, fálase do castelán como lingua fundamental para a cultura, con frases como: “como no aprendas bien el castellano vas a ser un parvo toda la vida”. E é a propia figura do mestre, ironizada, a que provoca gargalladas, pois o seu castelán é pésimo e está moi galeguizado, expresións como “parvo”, “al chou”, “voy a hablar de contado con tu padre”…, fan notoria a presenza do galego na súa fala e costumes, ata que finalmente o galego lle sae de dentro e solta un “¡merda!”. O frade que aparece, sen embargo, apoia o galego como lingua na ensinanza, que pode axudar ó aprendizaxe do latín, ou doutras linguas; é máis, séntese ofendido cando nunha conversa sentados á mesa se fala da importancia do castelán por riba do galego, el deféndeo como lingua nosa e tan válida como as demais. É a figura do frade a que pon de relevo o outro tema fundamental deste vídeo, que non é outro que as distintas formas de ensinanzas. Vemos como o profesor fai este feito aburrido, e intenta obrigalos a aprender a base de rifas, castigos, etc., mentres que o frade lle ensina a ler a Alfonso, dunha forma entretida, simplemente con motivacións e vendo qué é o que lle interesa ó rapaz. O Frade resume moi ben este feito cando di: “calquera pode aprender, só hai que saber cómo ensinarlle”.
Para empezar, estou dacordo con todo. O corto é unha marabilla, e é moi faciliño de ver. Tamén coincido cos temas a tratar: o desprestixio da língua minorizada, e os distintos métodos de ensinanza que se aplican (baseados na memorización, ou no aprendizaxe dinámico e dentro dun contexto educativo favorable) Eu supoño que a algunha xente pasoulle o mesmo que a min con esta peza, xa que a min recordoume ó meu paso pola escola, aínda que con algunhas modificacións. No meu caso,os meus mestres tiñan a obriga de imparti-las clases, coma en calquer colexio, en galego, pero iso non era así. Non era un caso tan claro de prexuízos contra a língua, pero penso que todo básase no mesmo. Unha das miñas profesoras xustificábase coa frase: "Me disculparéis, pero esque hablando en gallego me siento ridícula, no me manejo bien con él para hablar" Isto, ademáis de mostrar este prexuízo contra o galego, recordoume ó que falamos na aula. Necesitamos como docentes decidi-lo noso papel, e moitas veces require un esforzo, que é o que moita xente non está disposta a facer (falo dende a miña perspectiva, na que o galego non é a miña língua inicial -supoño que notaráse polos meus erros ás veces). Tamén, mentres non se pense no galego coma noutra língua calqueira, na que o rexistro culto tamén existe, e hai que aprendelo e practicalo, sempre existirán estes prexuízos. Por último dicir que o frade recordoume á miña profesora de Língua Galega, que foi a única que cumpría a súa labor de transmisión do galego, e que nos deu esta perspectiva del coma língua culta e igual de prestixiosa que as outras.
Na curta amósanse dúas ideas fundamentais: A idea da innovación pedagóxica, representada na figura do Pai Sarmiento; fronte a un modelo de aprendizaxe tradicional baseado na repetición para acadar a memorización do contido. A escola como axente castelanizador e a posición ao respecto de Sarmiento, quen atopa que a mellor forma de instruír ao alumno é mediante a educación na lingua nativa do mesmo, neste caso o galego.
Nesta divertida curtametraxe podemos ver o contraste entre dous métodos educativos: o usado polo mestre do pobo é autoritario e baséase no castigo físico e na aprendizaxe memorística, coa dificultade engadida de usar o castelán (lingua descoñecida tanto polo alumno como polo mestre); o método do Padre Sarmiento é máis didáctico e creativo e parte dos intereses do alumno, relacionando os coñecementos adquiridos co entorno do rapaz. O Padre Sarmiento fálalle o rapaz "no seu propio idioma", e non só en sentido lingüístico, senón tamén porque ten en conta as súas características individuais e permítelle interactuar, en vez de ser o suxeito pasivo de aprendizaxe. Esta curta paréceme moi ilustrativa e simpática, xa que describe axeitadamente o que funciona e o que non á hora de ensinar.
Penso que algúns dos mensaxes que nos da este vídeo son a importancia que ten a figura do mestre á hora de ensinar . Vemos como ridiculiza ó método que se daba na aula e como se lle da mérito á forma de ensinar do frei. Tamén vemos como o pai de Alfonso lle agradece ó frei por a labor que fixo co seu fillo sen importarlle en que idioma fora ensinado. Coma tantas outras veces o sentimento de lingua culta do castelán preténdese impoñer polos mestres nas aulas.
O vídeo móstranos dous diferentes métodos de ensinar. O monxe discute co mestre e dille que o galego é a lingua nativa e materna de onde ten que partir todo o aprendizaxe. Co seu método pedagóxico, o Padre Sarmiento vai facendo que o rapáz se interese pola lectura, enséñalle observando a natureza porque considera que para aprender primeiro hai que comprender e rechaza a memorización e o castigo. Fainos ver que a culpa non é do alumno senon do método e do descoñecemento que ten o profesor da natureza dos nenos, da súa lingua a cal non respeta, nin utiliza.
Moi curriña. Cando vexo este video vexo a miña nai na escola...(polas historias que me ten contado).Produce riso pero é (e foi ainda máis)ben triste e ridículo, un profesor falando un castelán de pena dícindolles aos rapaces que sin saber ben o castelán non van ser nada na vida, ridiculizandoos, forzándoos...Como xa se comentou o tema dos métodos de ensino tan diferentes do profe e do frade, é os prexuizos sobre do galego, gostaríame engadir que o que vemos nesta curta pódese traducir a moitos outros ámbitos, é o caso de persoas que non ven máis alá, que pensan que cultura é saber o Atlas de memoria, persoas que, para min,son elas as faltas de cultura, xa que se ofuscan nunha idea sen mirar máis aló...
Encantoume volver ver esta pequena animación. Por razóns persoais que non veñen ó caso, téñolle un apego especial a Sarmiento, pero iso si, sacoume un sorriso aínda coñecendo a curta. Porque, en realidade, é moi boa, moi expresiva, e reflicte ben o pensamento do frade. E sobre todo queda de manifesto esa teima ilustrada de que para ben ensinar ós cativos habería que facelo na súa lingua. É dicir, ese absurdo de pretender ensinar unha lingua (o latín) para un falante doutra lingua (o galego) tendendo unha ponte intermedia (o castelán). Podía ver claro que a primeira escolarización dos cativos, a primeira aprendizaxe, o lóxico era que fose na súa lingua. En definitiva, Martín Sarmiento era quen de ver a incoherencia, e tamén era quen de ver o absurdo dun mestre que pretendía que o seu era castelán, cando non deixaba de ser esa mestura que vemos reproducida nesta pequena animación. A preocupación de Sarmiento pola lingua, polos métodos de ensino (non falando só de lingua, nin de ler, tamén é fascinante ás voltas que lle deu a outras materias, e esa ferocidade crítica nas súas argumentacións) tamén foi moi abondosa e adiantada para os seus tempos... e parece, polo que se anda comentando por aquí, que ás veces incluso para os nosos. A verdade é que é todo un personaxe... e o que me parece é que nesa curta queda moi ben recollido o seu espirito, incluso ese orgullo, esa vehemencia, ese saberse coñecedor de un pouco máis que os seus coetáneos... coñecedor, sobre todo, dun mellor xeito de enfrontarse ós coñecementos.
Es un vídeo muy bueno que refleja una realidad de choque existente entre gallego y castellano. El profesor le recrimina al niño que no sepa castellano y que no sepa leer, pero él habla castellano y usa muchísimas expresiones en gallego (de contado, merda, etc.) que le salen expontáneamente. Desprecia y ridiculiza al niño por no saber leer, pero cuando el niño está con alguien que sí le sabe enseñar lo aprende. De esto podemos extraer que la enseñanza es un arte y no todo el mundo sabiendo lo mismo enseña igual ni lo hace bien. El método de enseñanza es primordial a la hora de calar en el alumno y que éste comprenda y se interese por lo que le están explicando.
Simplemente marabillosa!
ResponderEliminarTrátase dunha curta na que vemos á perfección as consecuencias da immplantación do castelán como lingua vehicular na escola. Sen embargo, o video reflicte moi ben que ese castelán trátase dun castelán aprendido, pois o mestre emplea, en varias aocasións, una sintaxe galega na que simplemente pon palabras castelás (así, podemos escoitar "voy hablar de contado con tu padre" ou "vamos cmoprobarlo"). A curta mostra tamén unha serie de prexuízos existentes ante o galego e o seu uso("el gallego solo sirve para hablarle a las bestias"). Finalmente, debemos salientar tamén que o mestre sente en galego,e é por iso polo que, ó final, exclama "merda!", feito que provoca a burla dos rapaces ("quererá dicir mierda, esñor mestre").
Fantástico, é un video fantástico.
É unha curtametraxe moi divertida.
ResponderEliminarEstou dacordo co que defende a miña compañeira. Pero eu tamén remarcaría que a forma de ensinar é moi importante. O primeiro profesor trata de ensiñarlles ós alumnos a base de repeticións e memorización, mentras que o frade primeiro fixouse nos gustos e aficións do alumno e utilizounos para que este se interesase mais polo que se lle está a ensinar e aprenda máis rápido.
Coincido coas miñas compañeiras en que a curtametraxe é moi bela, tanto artísticamente como na súa mensaxe. Seguindo coas opinións dos comentarios anteriores, penso que o video o que mostra son dous métodos educativos contrarios. Por unha parte temos ao mestre da escola que segue unha ensinanza baseada na memorización, no aprendizaxe por memorización. Por este motivo, o cativo non mostra interese polo que se supone que lle están ensinando. O mestre non fai divertida a aprendizaxe. Por outra parte, e cun método contrario, temos as clases co fraile. Xa fóra da aula, o fraile trata que a ensinanza se basee nun método máis empírico. Nun principio ao rapaz cústalle prestar atención, supoño que porque pensa que as clases serán iguais cas do seu mestre, máis pouco a pouco vai collendo entusiasmo por aprender, pois o fraile fai que o ensino lle sexa atractivo (por exemplo a través da lectura de textos máis próximos a el). Así, a ensinanza debería fundamentarse nun método similar ao do fraile, pero aplicado no recinto da aula.
ResponderEliminarCabe destacar, dende logo, o referido á lingua. Como sucedía neses anos de represión, o mestre demostra unha conciencia totalmente imposta: o castelán como lingua de cultura e o galego como unha lingua de bestas. E continuando a idea de Paula Martínez, paréceme, como ben di ela, que o castelán do mestre segue unha sintaxe galega, e en moitas ocasións, con expresións propias da lingua nativa.
Sen máis, paréceme unha curta que mostra moi ben estás ideas.
Nesta historia plásmanse moi ben dous tipos de métodos educativos, como ben indica Gemma.
ResponderEliminarPor unha banda, o profesor repite dun modo memorístico uns contido aprendidos sen ningunha paixón polo que fai, nin interese por amenizar as súas sesions; isto desmotiva ó rapaz.
Cabe destacar que é un mestre que, como comentou Paula, emprega calcos semánticos do galego á hora de falar en castelán.
Ademais, considera que o galego só serve para dirixirse ós animais; mais á hora de amosar espontaneidade, lle sae a lingua galega.
Isto indica que o galego é a súa lingua materna, mais na aula emprega o castelán como lingua vehicular.
Por outra banda, amósasenos outro tipo de educador: un crego que aposta por unha educación nun entorno máis distendido, onde o rapaz se sinta cómodo. Interésase polos gustos do seu alumno e trata de facerlle atractiva a aprendizaxe conseguindo resultados positivos.
Esta marabillosa curtametraxe invítanos a reflexionar sobre dous métodos educativos moi diferentes e comezar a pensar nas ferramentas e o modo de xestionar a aula máis adecuados para así poder chegar ós nosos alumnos cando sexamos docentes.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEsta é unha curta ben bonita. Ademais de outorgarlle o prestixio que se merece á lingua galega, fai referencia ó falado na clase: está mellor visto pola sociedade falar ben o galego, ca falar castelán con galeguismos ou mesmo con acento. É iso o que fai cómico ó profesor, que se cre mellor ca os seus alumnos cando é el mesmo o que fala o castelán incorrectamente. Se iso era o que lles ía ensinar ós seus alumnos, non lles ía valer de moito mudar a lingua. As figuras do clero o do médico ilustran, ademais, que se pode ser da elite social ou pertencer ó clero e falar o galego. Ao falar, estanlle dando prestixio á lingua.
ResponderEliminarNa miña opinión a curta amosa dous estilos ben diferentes de aprendizaxe mais tamén de posicionamento cultural como ben dicían antes os meus compañeiros. Por unha banda, temos o típico profesor do XVIII que reflicte non só o método educativo da súa época, baseado na repetición e memorización de linguas "cultas" como o latín, senón tamén os prexuizos pexorativos que contra unha lingua -indefensa aínda que propia- emerxen ou se arrastran nese contexto histórico. Por outra banda teríamos o método empregado polo Pai Sarmiento, quen posúe un ton moito máis familiar facendo forza sobre a comprensión e non na memorización, así como unha mente aberta, libre de prexuizos sociais negativos cara o galego. De calquer xeito, non querería deixar de sinalar que -desde o meu punto de vista- o profesor non deixa de ser un produto da política educativa e lingüística levada a cabo desde as altas esferas políticas, e que posiblemente nunca tivo un contrapunto ou referente ideolóxico ante estas. En definitiva, mais que carraxe o mestre inspirame mágoa.
ResponderEliminarXa pouco quedame que comentar xa que o que estou completamente de acordo cós comentarios dos meus compañeiros. Certo é que o profesor que lles fala en castelán, porque senón serán uns perdidos según el, xa non é solo que siga un método baseado en memorizar e repetir, senón que chega a pegarlle e fai que o rapaz sintase ridiculo. Nesta curta vese ben claro os perxuizos que tiñan do galego, e como o mestre fala castelán por algún tipo de "imposición social" xa que pola sua sintaxe nótabase que el habitualmente,na casa, ou nun ambiente máis intimo emprega o galego. E que non por falar galego ia a ser un perdido, xa que o seu pai era un importante doutor,ou Pai Sarmiento que conseguiu que o neno leera e escribira antes que o mestre que falaba castelán. Unha curta moi bonita
ResponderEliminarEsta curtametraxe como ben din as miñas compañeiras é unha beleza que entra polos ollos e máis pola mente. Fai pensar sobre a sistema educativo galego utilizado non fai tantos anos e a idea que transmitía a todos os nenos: o castelán representaba a cultura e o galego era a lingua usada nas súas casas.
ResponderEliminarCreo que é unha crítica moi ben plasmada. Por un lado, atopamos a un mestre que fala castelán porque pensa que é a única maneira de ter prestixio e ser alguén na vida. É un mestre altivo que viste “aburguesado” e que usa unha mestura de castelán e galego sen decatarse. Isto non pasa desapercibido polo rapaz, quen aprende a ler grazas a figura dunha persoa moito más preta a el. Como o consegue? É tan sinxelo como situalo na súa contorna, nas cousas que el coñece e falarlle como el entende. O rapaz pronto se decata, grazas a esas historias lidas por Sarmiento, de que non era como o seu mestre lle quería facer ver: pódese aprender cultura usando a lingua galega.
Fermosa curtametraxe tanto en feitura como en contido. Doada de entender, e que mantén en vilo ata o final.
ResponderEliminarTrata dous temas fundamentais, o primeiro deles o emprego da lingua castelá como lingua vehicular na escola, tal e como apuntou unha das miñas compañeiras, provocando isto o sentimento de desprezo neste ámbito cara a nosa lingua, o galego. Dende o ámbito da escola, coa figura do mestre, fálase do castelán como lingua fundamental para a cultura, con frases como: “como no aprendas bien el castellano vas a ser un parvo toda la vida”. E é a propia figura do mestre, ironizada, a que provoca gargalladas, pois o seu castelán é pésimo e está moi galeguizado, expresións como “parvo”, “al chou”, “voy a hablar de contado con tu padre”…, fan notoria a presenza do galego na súa fala e costumes, ata que finalmente o galego lle sae de dentro e solta un “¡merda!”. O frade que aparece, sen embargo, apoia o galego como lingua na ensinanza, que pode axudar ó aprendizaxe do latín, ou doutras linguas; é máis, séntese ofendido cando nunha conversa sentados á mesa se fala da importancia do castelán por riba do galego, el deféndeo como lingua nosa e tan válida como as demais.
É a figura do frade a que pon de relevo o outro tema fundamental deste vídeo, que non é outro que as distintas formas de ensinanzas. Vemos como o profesor fai este feito aburrido, e intenta obrigalos a aprender a base de rifas, castigos, etc., mentres que o frade lle ensina a ler a Alfonso, dunha forma entretida, simplemente con motivacións e vendo qué é o que lle interesa ó rapaz. O Frade resume moi ben este feito cando di: “calquera pode aprender, só hai que saber cómo ensinarlle”.
Para empezar, estou dacordo con todo. O corto é unha marabilla, e é moi faciliño de ver. Tamén coincido cos temas a tratar: o desprestixio da língua minorizada, e os distintos métodos de ensinanza que se aplican (baseados na memorización, ou no aprendizaxe dinámico e dentro dun contexto educativo favorable)
ResponderEliminarEu supoño que a algunha xente pasoulle o mesmo que a min con esta peza, xa que a min recordoume ó meu paso pola escola, aínda que con algunhas modificacións. No meu caso,os meus mestres tiñan a obriga de imparti-las clases, coma en calquer colexio, en galego, pero iso non era así. Non era un caso tan claro de prexuízos contra a língua, pero penso que todo básase no mesmo. Unha das miñas profesoras xustificábase coa frase: "Me disculparéis, pero esque hablando en gallego me siento ridícula, no me manejo bien con él para hablar"
Isto, ademáis de mostrar este prexuízo contra o galego, recordoume ó que falamos na aula. Necesitamos como docentes decidi-lo noso papel, e moitas veces require un esforzo, que é o que moita xente non está disposta a facer (falo dende a miña perspectiva, na que o galego non é a miña língua inicial -supoño que notaráse polos meus erros ás veces). Tamén, mentres non se pense no galego coma noutra língua calqueira, na que o rexistro culto tamén existe, e hai que aprendelo e practicalo, sempre existirán estes prexuízos. Por último dicir que o frade recordoume á miña profesora de Língua Galega, que foi a única que cumpría a súa labor de transmisión do galego, e que nos deu esta perspectiva del coma língua culta e igual de prestixiosa que as outras.
Na curta amósanse dúas ideas fundamentais:
ResponderEliminarA idea da innovación pedagóxica, representada na figura do Pai Sarmiento; fronte a un modelo de aprendizaxe tradicional baseado na repetición para acadar a memorización do contido.
A escola como axente castelanizador e a posición ao respecto de Sarmiento, quen atopa que a mellor forma de instruír ao alumno é mediante a educación na lingua nativa do mesmo, neste caso o galego.
Nesta divertida curtametraxe podemos ver o contraste entre dous métodos educativos: o usado polo mestre do pobo é autoritario e baséase no castigo físico e na aprendizaxe memorística, coa dificultade engadida de usar o castelán (lingua descoñecida tanto polo alumno como polo mestre); o método do Padre Sarmiento é máis didáctico e creativo e parte dos intereses do alumno, relacionando os coñecementos adquiridos co entorno do rapaz. O Padre Sarmiento fálalle o rapaz "no seu propio idioma", e non só en sentido lingüístico, senón tamén porque ten en conta as súas características individuais e permítelle interactuar, en vez de ser o suxeito pasivo de aprendizaxe.
ResponderEliminarEsta curta paréceme moi ilustrativa e simpática, xa que describe axeitadamente o que funciona e o que non á hora de ensinar.
Penso que algúns dos mensaxes que nos da este vídeo son a importancia que ten a figura do mestre á hora de ensinar . Vemos como ridiculiza ó método que se daba na aula e como se lle da mérito á forma de ensinar do frei. Tamén vemos como o pai de Alfonso lle agradece ó frei por a labor que fixo co seu fillo sen importarlle en que idioma fora ensinado. Coma tantas outras veces o sentimento de lingua culta do castelán preténdese impoñer polos mestres nas aulas.
ResponderEliminarO vídeo móstranos dous diferentes métodos de ensinar. O monxe discute co mestre e dille que o galego é a lingua nativa e materna de onde ten que partir todo o aprendizaxe. Co seu método pedagóxico, o Padre Sarmiento vai facendo que o rapáz se interese pola lectura, enséñalle observando a natureza porque considera que para aprender primeiro hai que comprender e rechaza a memorización e o castigo. Fainos ver que a culpa non é do alumno senon do método e do descoñecemento que ten o profesor da natureza dos nenos, da súa lingua a cal non respeta, nin utiliza.
ResponderEliminarMoi curriña. Cando vexo este video vexo a miña nai na escola...(polas historias que me ten contado).Produce riso pero é (e foi ainda máis)ben triste e ridículo, un profesor falando un castelán de pena dícindolles aos rapaces que sin saber ben o castelán non van ser nada na vida, ridiculizandoos, forzándoos...Como xa se comentou o tema dos métodos de ensino tan diferentes do profe e do frade, é os prexuizos sobre do galego, gostaríame engadir que o que vemos nesta curta pódese traducir a moitos outros ámbitos, é o caso de persoas que non ven máis alá, que pensan que cultura é saber o Atlas de memoria, persoas que, para min,son elas as faltas de cultura, xa que se ofuscan nunha idea sen mirar máis aló...
ResponderEliminarEncantoume volver ver esta pequena animación. Por razóns persoais que non veñen ó caso, téñolle un apego especial a Sarmiento, pero iso si, sacoume un sorriso aínda coñecendo a curta. Porque, en realidade, é moi boa, moi expresiva, e reflicte ben o pensamento do frade. E sobre todo queda de manifesto esa teima ilustrada de que para ben ensinar ós cativos habería que facelo na súa lingua. É dicir, ese absurdo de pretender ensinar unha lingua (o latín) para un falante doutra lingua (o galego) tendendo unha ponte intermedia (o castelán). Podía ver claro que a primeira escolarización dos cativos, a primeira aprendizaxe, o lóxico era que fose na súa lingua. En definitiva, Martín Sarmiento era quen de ver a incoherencia, e tamén era quen de ver o absurdo dun mestre que pretendía que o seu era castelán, cando non deixaba de ser esa mestura que vemos reproducida nesta pequena animación.
ResponderEliminarA preocupación de Sarmiento pola lingua, polos métodos de ensino (non falando só de lingua, nin de ler, tamén é fascinante ás voltas que lle deu a outras materias, e esa ferocidade crítica nas súas argumentacións) tamén foi moi abondosa e adiantada para os seus tempos... e parece, polo que se anda comentando por aquí, que ás veces incluso para os nosos. A verdade é que é todo un personaxe... e o que me parece é que nesa curta queda moi ben recollido o seu espirito, incluso ese orgullo, esa vehemencia, ese saberse coñecedor de un pouco máis que os seus coetáneos... coñecedor, sobre todo, dun mellor xeito de enfrontarse ós coñecementos.
Es un vídeo muy bueno que refleja una realidad de choque existente entre gallego y castellano. El profesor le recrimina al niño que no sepa castellano y que no sepa leer, pero él habla castellano y usa muchísimas expresiones en gallego (de contado, merda, etc.) que le salen expontáneamente. Desprecia y ridiculiza al niño por no saber leer, pero cuando el niño está con alguien que sí le sabe enseñar lo aprende. De esto podemos extraer que la enseñanza es un arte y no todo el mundo sabiendo lo mismo enseña igual ni lo hace bien. El método de enseñanza es primordial a la hora de calar en el alumno y que éste comprenda y se interese por lo que le están explicando.
ResponderEliminar