En liñas xerais os tres decretos tratan de potenciar o galego, tanto no ámbito da administración coma no ámbito do ensino. A sensación tras ler os tres decretos, e que perfilan unha chea de ideas teóricas, que no mundo real, a lo menos dende o meu punto de vista, non foron levados á práctica dun xeito moi eficiente. Está ben empregar o ensino como sector fundamental para a implantación de hábitos lingüísticos en galego, dado que é a propia lingua un elemento vehicular do ensino, pero falta moita labor de concienzación sobre as persoas, para que sintan a necesidade de coñecer e empregar a lingua propia da súa comunidade. Con todo, e grandes rasgos, o Decreto 247/1995, establece o mesmo número de horas ó ensino do galego e do castelán, e non trata de potencialo galego en ámbitos extrascolares (cousa da que si que se preocupan o Decreto 124/2007 e o Decreto79/2010) O Decreto 124/2007, pretende instaurar o galego como idioma base de aprendizaxe. Chama a atención o feito de que se manisfeste en contra de separar ós alumnos por motivos da lingua (entre o galego e o castelán), e señan separatistas no trocante á exención do galego. Tamén xurden a través deste decreto os primeiros equipos de normalización e dinamización lingüística, para potenciar o uso dalingua galega. Por último, no Decreto 79/2010, ainda que tamén toma o galego como idioma base de aprendizaxe, ao igual que no decreto anterior, a medida que avanzamos na súa lectura, atopamos a intención de equiparar o galego ás linguas extranxeiras, promovendo máis directamente unha delas (o inglés), provocando a reducción directa de horas de ensino na nosa lingua. Baixo a idea da educación plurilingüe, reparte o horario escolar baixo a regra de "1/3 de formación en cada lingua". Este último decreto mantén os equipos de dinamización lingüística (antes chamados equipos de normalización e dinamización lingüística), e introduce dun xeito moi positivo, a necesidade de adaptar o sistema educativo no trocante ás competencias lingüísticas, ao alumnado con necesidades educativas especiais. Os tres decretos suliñan a necesidade da revisar o cumplimento da lei a través da figura do inspector, pero en vista das experiencias vividas, e as que saen nos medios de comunicación, e unha figura na que poño en dúbida a súa eficacia tal e coma hoxe en día se atopa regulada.
Yolanda fixo un resumo perfecto dos decretos. No 247/1995 busca unha equiparación de competencia oral e escrita entre ambas linguas ao remate de cada un dos ciclos educativos non universitarios a través dun número mínimo de materias que se deben impartir en galego. O Decreto 124/2007 di que en Educación Infantil o profesorado usará a lingua materna predominante entre o alumnado, que será determinada polo claustro. Nun anexo,ao final, tamén expresa a necesidade de garantir que o alumnado reciba o 50% de docencia en galego,en primaria, secundaria e bacharalato entre outros. No último Decreto, o 79/2010 apóstase pola inclusión dunha lingua extranxeira, o que supón a reducción de horario lectivo na lingua galega. Como xa dixo a miña compañeira, mantéñense os equipos de dinamización lingüistica. Non sei ata que punto funcionarán estes decretos, tamén dependerá do centro e da sua situación xeográfica diste. Eu recordo que no meu instituto moi poucos falaban galego, pero si acórdome dunha profesora que era do País Vasco e nembargantes falaba,ou intentabao,en galego. Cóstaballe,pero ela empregaba a nosa lingua. Espero que co tempo cheguemos a unha normalización ben consolidada.
Pola miña parte, entendo que as ideas xerais dos decretos quedan moi ben resumidas nos comentarios anteriores dos meus compañeiros.
En cando á sensación que me deron os decretos teño que dicir que foron semellantes ás dun programa electoral, con bastantes ambigüidades e sen concrecións, o que nestes casos remata nunha liberdade de aplicación en ocasións perigosa.
Atendendo á súa evolución, as medidas sofren un proceso iterativo e incremental, engadindo despois do primeiro decreto medidas coma a formación dos funcionarios na lingua galega, a inclusión dos proxectos lingüísticos dos centros, o fomento das actividades complementarias en galego, os equipos de normalización e dinamización lingüística (chamados no último decreto equipos de dinamización da lingua galega)... todos eles ó meu parecer positivos, sempre e cando o seu funcionamento sexa o adecuado.
Decateime por outra banda, que se produciron algunhas regresións (ao meu parecer):
-No caso das ensinanzas de persoas adultas, que no decreto 124/2007 establece o 50% de cada idioma nos niveis I e II, e únicamente o galego no nivel III (ESO) e Bacharelato; no decreto 79/2010 establecese o 50% para todos os niveis deste tipo de ensinanza.
-No decreto 79/2010 auméntase a marxe de idade na que os alumnos poderán quedar exentos da cualificación das probas de lingua galega. No decreto 124/2007 establecíase que podería quedar exento o alumnado que se incorporase a partires de 4º da ESO, mentras que no 79/2010 esta exención aplicase xa dende 3º ciclo de educación primaria.
Por último, coincido cos meus compañeiros en que a inclusión da lingua estranxeira no derradeiro decreto prexudicou o número de horas de galego claramente.
Os resumos dos meus compañeiros sintetizan realmente ben o expresado nos decretos. Eu, pola miña parte, propoño unha visión un tanto distinta con respecto ó derradeiro decreto e ó falado na clase. O feito de que o D79/2010 estableza como asignaturas obrigatorias en galego Ciencias sociais, xeografía e historia, ciencias da natureza e bioloxía e xeoloxía paréceme un xeito de intentar promove-la lingua. Tendo en conta que son as materias con máis carga lingüística,esa selección só trata de favorecer o galego. As matemáticas ou os elementos químicos van ser os mesmos independentemente da lingua na que se ensinen. O mesmo acontecerá coas fórmulas e os números empregados. Mais no canto das asignaturas en galego, ademais de utilizalo como lingua vehicular na clase, esas materias van esixir un certo traballo lingüístico: confección de esquemas, resumos, mesmo artigos de opinión... o que facilitará un maior uso da lingua. Por outra parte, a utópica pretensión de acadar( paulatinamente) o ensino,cun número igual de horas semanais, dunha lingua extranxeira, paréceme perfecto. Do mesmo xeito que non se cumpriron antigos decretos con respecto ó uso do galego, o cumplimento deste novo é realmente difícil. Mais, senta unha primeira base para que, no futuro, ademais de sermos competentes nas nosas dúas linguas oficiais, poidamos ter uns coñecementos mínimos dunha lingua extranxeira.Aínda no suposto de que se alcanzase o reparto equitativo de horas, o nivel de competencia nunca sería o mesmo, porque podemos empregar o galego na estrada, ou coa familia, pero o inglés.... E se etamos todos a favor do coñecemento lingüístico, canto máis amplo mellor xa que nos permite comunicarnos co maior número de persoas, vamos rexeitar o inglés simplemente por se-la lingua do poder? Non deberiamos. Así que o intento de acadar un mínimo de competencia nunha lingua extranxeira, aínda que para acadar ese mínimo teñamos que equiparar o número de horas que se usan as linguas de modo vehicular, paréceme ben. Temos que aspirar ó máximo,e non conformarnos con saber falar ben só as nosas linguas oficiais.Penso que esa é a idea do decreto, nada que ver con deixar de aprender o galego en prol do inglés.
No podría estar más de acuerdo con lo que ha dicho Alba. El Decreto 79/2010 lo que intenta es hacer que se adquiera una competencia lingüística no sólo en las dos lenguas oficiales sino también en una lengua extranjera como el inglés que hoy en día tanto a nivel mediático como en general en todos los ámbitos es la lengua más usada. En la cuestión de las asignaturas opino lo mismo ya que en matemáticas o física el porcentaje de lengua usado es bastante bajo en comparación con asignaturas como geología, biología o historia. Precisamente lo que se intenta es impulsar y promover el uso del gallego tanto a nivel escrito como oral. En lo referente a lo hablado en clase sobre impartir por defecto como lengua extranjera el inglés y no otra lengua pienso que se escoge esa como primera LE y no otra porque saber inglés te proporciona una competencia y unas herramientas para poder desenvolverte en muchos ámbitos como el tecnológico, científico, por no hablar a la hora de viajar que sabiendo inglés te desenvuelves en todos los sitios. Ahora desde 1º de la ESO ya les imparten francés como 2ª LE, así que creo que esto es un avance progresivo y que si alguien quisiera aprender más idiomas para eso existe la EOI. Debido a mi formación soy de la opinión de que cuantas más lenguas sepamos mejor y más recursos tendremos a la hora de comunicarnos pero creo que en ESO/BACH se debe establecer una lista de prioridades y escoger lo más útil para los alumnos y ya con el tiempo ellos decidirán si quieren aprender otra lengua o no, que tienen toda la vida por delante. Cuestionar esto a estas alturas sería como cuestionar si se imparte o no matemáticas y literatura.
Sobre lo de repartir la enseñanza equitativamente en castellano, gallego e inglés pienso que es un avance lo de incluir la LE ya que, a diferencia del gallego y el castellano, no es una lengua que podamos oír y practicar en cualquier ámbito de la vida cotidiana. Ver esto como un menoscabo para el gallego me parece un poco fuera de lugar ya que la normalización del gallego no implica deshacernos del resto y sólo centramos en él sino que tenga la misma presencia que las demás y que los alumnos adquieran las competencias suficientes para desenvolverse en esa lengua tanto a nivel escrito como a nivel oral pero sin olvidar que existe un mundo ahí fuera y que precisamente hoy en día el conocimiento de las LE es un hándicap tanto a nivel personal como en el mundo laboral y algo necesario para el progreso, la evolución y contacto con el mundo. No creo que ponernos una barrera y conformarnos con saber lo de casa sea una opción y menos una visión rentable para los tiempos que corren. Bajo mi punto de vista, lo ideal es lo que se intenta hoy en día, que es hacer una equiparación entre las tres lenguas y que los alumnos al terminar Bachiller posean competencias lingüísticas suficientes como para desenvolverse en las cuatro destrezas principales que son: comprensión oral, comprensión escrita, expresión oral y expresión escrita. Porque si el argumento es que en algunas zonas por razones sociolingüísticas sólo se habla castellano, pues entonces la necesidad de la práctica del inglés se incrementaría puesto que el porcentaje de inglés disponible a diario sólo existe si utilizamos recursos online. Precisamente hablar de plurilingüismo es hablar de diversidad y, eso incluye un amplio rango de idiomas, no sólo las oficiales del territorio y con este decreto lo que se intenta no es menospreciar el gallego porque por esa regla de tres también el castellano quedaría relegado a un uso menor, pero para nada es así. Lo que se intenta es que los alumnos no sólo posean competencia escrita en inglés sino, por fin, también en el ámbito oral y así darles herramientas suficientes para expresarse en esa lengua y que el día de mañana puedan tener cuantas más oportunidades en el mundo laboral mejor.
De eso se trata a fin de cuentas, de proporcionarles una formación lo más completa posible para que tengan un buen nivel a la hora de escoger un camino u otro y no quedarnos en debates lingüístico-políticos que lo único que hacen es perjudicar al alumno. Creo que tender a centrarnos sólo en el gallego o en una lengua sola (sea castellano u otra) y obviar lo demás es un error, en la igualdad está el éxito y los extremos y cerrarse a los avances sólo nos hace retroceder.
De todos modos, adquirir un buen nivel de la LE sólo con eso es difícil sobre todo a nivel oral pero creo que es un gran avance y que muchos de nosotros desearíamos haber tenido esa suerte cuando estábamos en ese nivel de educación.
En lo que respecta a los otros decretos, el Decreto 247/1995 establece cuales son las asignaturas que se imparten en gallego y cuales las que se imparten en castellano mientras que el Decreto 124/2007 se centra en fomentar el uso del gallego y en que haya un 50% de enseñanza en cada lengua. El D247/1995 no se centraba tanto en el fomento de la lengua gallega sino en el establecimiento del uso de una y otra y el D124/2007 ya ahonda en la materia y propone mejoras en ese aspecto, sobre todo porque el anterior decreto, en la práctica, no se cumplía en muchos centros, sobre todo en entornos castellanohablantes. De ahí surge en este decreto de 2007 el uso y necesidad de equipos de normalización y dinamización lingüística para potenciar el uso del gallego y su competencia lingüística por parte de los alumnos. Con el D124/2007 sólo en educación infantil se impartirán las clases en la lengua materna del alumnado mientras que antes con el D247/1995 era en educación infantil y el primer ciclo de educación primaria. Con el D79/2010 se empieza a hablar de plurilingüismo y se abren nuevos horizontes y oportunidades a los alumnos.
Tocante a esto, otro tema de fricción sería si los profesores de la sección bilingüe están preparados o no para impartir esta enseñanza ya que un B1 es un nivel bastante bajo puesto que equivale a un Intermedio II de la EOI o al PET (Preliminary English Test) de Cambridge. Entonces esto hace que cuestione no el planteamiento del plurilingüismo, que me parece una opción perfecta para el alumnado, sino el nivel de exigencia con el profesorado ya que tener un B1 implica poder entender argumentos y conversaciones sencillas sobre temas conocidos y expresarse de forma sencilla y coherente sobre temas conocidos e intereses personales mientras que para poder dar una clase de la asignatura que sea creo que se debería tener mínimo un B2 y así poder desenvolverse con soltura y poder hacer que los alumnos logren esa misma competencia lingüística al tiempo que aprender una determinada materia.
Sobre as diferenzas entre os decretos, creo que se ós comentarios de Yolanda, Alberto e Silvia, lles engadimos o comentado na aula, o que eu resuma sería una repetición innecesaria. Coincido co dito por Alba, no tocante ó decreto do pluringüismo, pois non o entendo como un detrimento do galego, senón como una formación máis completa para os alumnos que, se todo sae ben, deberían abandoar a escola dominando tres linguas moi importantes, dúas por seren propias deles e a unha terceira pola súa presenza en múltiples e diversos ámbitos a nivel mundial. Como alumna, houbérame gustado rematar a ensinanza obrigatoria cun bo dominio do inglés (e non estar, agora e tras ter estudiado inglés durante anos e anos, estudando na EOI para ampliar as miñas competencias, especialmente nos ámbitos de comprensión e expresión oral). Coido, pois, que o decreto do ano pasado plantéxase como un gran avance na formación dos estudantes e non como un retroceso do galego ou do castelán, mais o problema está na formación dos profesorado; eu teño o nivel B1 da EOI e non estou, nin moito menos, capacitada para dar unha clase en inglés. Voltando ó tema do galego, é a súa presenza en todos os ámbitos o que consegue a súa normalización, e, por iso, que un 33% do currículo sexa nuha lingua estranxeira non é o prexudicial se o 33% tocante ó galego é impartido por profesores cualificados e, unha vez rematado o horario lectivo o alumnado ten ámbitos onde empregar o galego.
Tal e como ben din os meus compañeiros, o decreto do plurilingüismo supón un retroceso á hora de fomentar o galego. Se non se investiron cartos para a formación en galego do profesorado, por que si investir para o inglés? Pareceríame moi inxusto este sistema de preferencia de linguas... Penso que as linguas extranxeiras son moi importantes para o desenvolvemento dunha persoa porque tamén axuda a pensar nese idioma e, polo tanto, a termos unha visión máis ampla do mundo, pero creo que antes de impor o inglés como lingua extranxeira por excelencia, deberíamos preocuparnos máis polo galego xa non só adicando unhas asignaturas do currículo que deben ser dadas en galego, senón tamén a que os rapaces saian das aulas e se divirtan en galego por medio de actividades destas asignaturas como poden ser representacións teatrais ou pequenos experimentos e clases prácticas en galego.
Gustaríame dicir que estou dacordo cos meus compañeiros, pero dunha forma moi concreta con cada un deles. Non me queda moito máis que engadir, as cousas como son, porque xa o dixeron todo eles, pero sí me gustaría dicir en qué puntos estou a favor do que din cada un deles.
Paréceme que o comentario de Yolanda fai un resumo claro e conciso sobre o que aparece reflectido nos Decretos 247/1995, 124/2007 e 79/ 2010. Estou dacordo con ela sobre todo cando di que fai falta “labor de concienciación”, pero eu diría mais, necesítase unha labor de concienciación de calidade.
Con todo unha cousa é darlle uso, e outra é rexeitar as outras linguas. Por iso penso que, ao igual que di Alba Prieto, as asignaturas que se dan en galego, é dicir, Ciencias Sociais (xeografía e historia) e Ciencias da Natureza (bioloxía e xeoloxía) son afortunadas pensando no feito de promover a lingua e fomentar o seu uso. Encontro unha maior relación co uso e coidado do galego nestas asignaturas e non por exemplo, en matemáticas.
Tamén estou dacordo con Alba cando fala de conseguir unha equidade de horas semanas con respecto á lingua extranxeira. Na miña opinión, a diversidade lingüística ofrécenos diversidade de cosmovisións e sempre vai a ser satisfactoria. Quédome ca súa frase cando di “Temos que aspirar ó máximo, e non conformarnos con saber falar ben só as nosas linguas oficiais.” E seguindo co tema da equidade lingüística, teño que decir que tamén estou dacordo co que fala Silvia sobre a normalización lingüística do galego, que non implica que nos teñamos que desfacer do resto das linguas e só centrarnos nas nosas propias. Para min, ao igual que Paula, o decreto 79/2010 podería considerarse unha mellora na formación estudantil.
Para rematar, teño que dicir que cando demos en clase os decretos fíxenme unha idea do que me podía encontrar lendoos, pero unha vez acabados de leer, dinme conta de que era unha idea moi superficial, e agora teño por sorte unha visión máis acertada sobre o galego, e o qué representan e suponen realmente os decretos 247/1995, 124/2007 , 79/2010 e a ensinanza para a lingua galega.
O plan xeral para a normalización da lingua galega (PXNLG) conclúe que o Decreto 247/95 para a normalización do galego no ensino era insuficiente para conseguir os obxectivos para os que fora aprobado: que o ensino obrigatorio garantise unha competencia plena no idioma galego e repercutise de forma efectiva na súa adopción como lingua habitual por parte das novas xeracións. Nembargantes, posteriormente isto considerouse insuficiente e implementouse o Decreto 124/2007 que establecía unha oferta educativa en galego en preescolar (0-3 anos) e na educación infantil para todos os nenos e nenas galegofalantes e fixaba, como mínimo, un terzo do horario semanal en galego nestas etapas educativas para os contextos e contornos nos que a lingua predominante fose o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se fose incrementando progresivamente. Na educación primaria e secundaria, obrigatoria e post-obrigatoria buscaba garantir que, como mínimo, o alumnado recibise o 50% da súa docencia en galego. Supoñía un avance fronte ao anterior Decreto (247/1995) que supuxo un primeiro chanzo no labor de normalizar a lingua no ensino ao desenvolver a Lei 3/1983i de normalización lingüística(LNL) e determinaba que se debía empregar, con carácter xeral, a lingua propia de Galicia como lingua da administración educativa e establecía a impartición de dúas materias, como mínimo, en galego. O Decreto actualmente en vigor (79/2010) creou unha enorme polémica e foi recorrido por diversas entidades. Resulta, ao entender da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, un retroceso obxectivo nos intentos de normalizar a lingua galega no ensino xa desde a súa planificación, que se pode cualificar de perniciosa xa que o contrario dos outros decretos xa non promociona o galego no sistema educativo se non que aparece como o Decreto do plurilingüismo, abríndolle a posibilidade para que os centros de ensino ofrezan un terzo das materias en lingua estranxeira, nomeadamente en inglés. As horas restantes repartiríanse “equitativamente” entre castelán e galego mais isto é un camiño para a eliminación de horas en materias da lingua minorizada, xa que os centros que se acollen ás seccións bilingües, na súa maioría, imparten en inglés as materias que se deberían dar en galego deixando para esta lingua as materias que non usan libros de texto ou que son consideradas polas familias como “menos importantes”.
Comezo dicindo o que xa dixeron todos os meus compañeiros; en liñas xerais estou dacordo con eles, e co xa exposto aqui previamente a esta miña intervención.
Non obstante, para tratar de aportar algo novo nesta interesante conversa tentarei expor a miña opinión persoal sobre estes decretos, o cal se cadra, non é especialmente académico.
Penso que entre eles hai dous tipos de cambios; por unha banda, cambios ou mudanzas de tipo formal no que se adoptan discursos derivados da política de cada un dos partidos impulsores/asinantes, e outros realmente profundos en canto á súa praxe.
É sabido que o decreto 247/95 versa sobre a "normalización", algo que vexo moi positivo, conseguir que falar galego en Galicia sexa normal, ao igual que é normal que en Burgos se fale castelán ou italiano en Roma. Sen embargo a metodoloxía do 50% non se perfilou como unha ferramenta adecuada ao abeiro dos resultados. Entre outras cousas desde a miña perspectiva este decreto non tivo os resultados agardados, e iso á vista de todos está, o decreto de 1995 axudou nalgo en 12 anos á recuperación do galego?, non estou seguro nin os datos o avalan. Conseguiu que a maioria de rapazas que fala galego habitualmente o sigan a falar cando entran nas tendas de Zara (podería dicir calquer outra boutique), nas consultas médicas, ou nos bancos?, non estou seguro. Aínda así para min, o decreto 247/95 foi positivo, pero non todo o positivo que o momento requería, polo tanto quedou escaso e hoxe vemos a sua eficacia; pouca.
Persoalmente vexo un erro profundo naquel decreto do 95; tratar por iguais a dúas linguas que non están nunha situación igual. Cantos xornais se podían ler en 1995 en castelán?, e en galego?, cantos canais se podían ver en castelán? e en galego?, sabemos a resposta. É por iso que entendo que a equidade non é dar a todos o mesmo, senón dar a cada un o que precisa, e o galego precisaba dunha atención especial que non tivo, o que non o queira ver, que saia a dar un paseo polos institutos e escolas e vexa cantos nenos falan hoxe galego.
Penso que o decreto 124/2007 puido dar máis de sí. Concordo cos meus compañeiros en consideralo máis ambicioso, xa non fala de normalización nos termos do 95, senón que fala de "promoción do galego", semella que o galego xa estaba normalizado hai cinco anos e que era o momento de promovelo.., evidentemente que non estaba nin daquela nin hoxe normalizado. Penso que si correxiu eivas anteriores, e estimo boa a resposta de facer do galego o idioma básico de ensinanza. Non me gustan os tecnócratas nin tratar á xente como números, mais si que ás veces está ben consultar as cifras, e niso estas son claras; nas comunidades que se instaurou a inmersión lingüística o seu idioma cada vez vai a máis, é máis respetado no interior e no exterior. Nas que non se instaurou (caso de Galicia), o idioma propio vai a menos e é menos valorado, mais pola xente de dentro que pola de fóra na miña experiencia.
En canto ao decreto 79/2010, poderíanse dicir moitas cousas. Igual que o anterior responde a unha vontade política clara sen embargo hai unha clara diferenza para min. O decreto do 2007 aínda podía defender a súa existencia, a súa razón de ser, tras doce anos de comprobación, doce anos nos que se viu que o modelo era negativo -ou non o suficientemente positivo- para que galego fose normalizado e que puidera resistir co paso do tempo.Sen embargo, o decreto de 2010 é manifestamente político, demostra que se fai un novo decreto non porque se mostrara como efectivo -con apenas dous anos de implantación quen pode xulgar os seus efectos? é ridículo-, polo tanto, para min ten un cariz completamente distinto no que prima o interese político e non o educativo. De novo vólvese á equiparación de linguas -por desiguais que estas sexan e pola súa situación- de xeito que se estipula un 33% para cada lingua coa novidade de inclusión do inglés. A inclusión do inglés para min non é perxudicial, a min gustariame ter un bo nivel de inglés tamén, mais paréceme un pano de fume de novo. O 33% véndese aos pais como que os seus fillos van ser trilingues... e na verdade é que os seus fillos saberan tanto castelán como agora, saberan falar pouco en galego (tampouco o practicarán) e algo de inglés ou espanenglish (que tampouco practicarán). Coa mesma lóxica eu opto polo multilinguismo; un 10% a cada lingua e así saberemos falar chinés, inglés, alemán, francés, etc.. e todos encantados. Polo tanto vexo que erran de novo, hai que facer fincapé nos idiomas que precisan reforzo, e ese non é o castelán, que con acender a tele xa nos entra por todas partes. O feito de que o galego sexa visto como lingua que non vale para matemáticas tamén é outra boa..., sei que o mesmo poderase dicir do castelán, que non vale para a historia, vale, pero cantos alumnos collen ciencias e cantos letras?. De todos xeitos e con estes decretos eu pregúntome, de verdade alguén pode pensar que se están a cumprir?, na miña vida académica os profes que falaron galego foron máis do 20%.
Creo que cuestionar la inclusión de una LE es un atraso social. Queremos estar equiparados a Europa con Boloña y demás y después hay una iniciativa para que "por fin" España no sea uno de los países europeos a la cola en LE (porque junto con Italia, España a nivel expresión oral tiene un nivel bajísimo) y ponemos el grito en el cielo. Promover lo propio está muy bien y estoy de acuerdo, pero lo que hay que tener claro es que un niño castellanohablante lo seguirá siendo porque su entorno y su lengua materna lo son, es un hecho innegable. Lo que se debería hacer como ya he dicho unas cuantas veces en este foro (tengo la sensación de que me repito...) es fijar ámbitos de uso de los gallegohablantes y que ellos no se cambien de lengua con el paso de las generaciones, que sigan conservando sus orígenes porque la tarea de la dinamización lingüística o normalización lingüística siempre ha sido esa, no hacer cambiar a alguien su lengua materna. Yo lo que veo es que lo necesario sería proporcionar un conocimiento tanto a nivel escrito como oral, pero la exclusividad o la discriminación positiva me parecería un error porque entonces ahí es donde incurrimos en obligaciones y en imponer una lengua, cosa que no entiendo ni entenderé nunca porque la comunicación en una lengua u otra es un acto voluntario. Además, el motivo de que las zonas castellanohablantes tengan un nivel bajo de gallego, sobre todo en la expresión oral, es debido a que no lo practican, pero porque para ellos su lengua materna es otra y hacerles cambiar eso sería una injusticia y algo que nadie tiene derecho a hacer. En el pasado se hizo con el gallego y ahora lo que no se puede caer es en el mismo error pero a la inversa. El decreto del plurilingüismo se adapta perfectamente a los tiempos que corren y a las necesidades de una sociedad donde la expansión a nivel internacional está a la orden del día. Hoy en día preguntarse "¿para qué sirve el inglés?" cuando está súper presente en en los medios de comunicación, videojuegos, informática, etc., y usarlo como argumento porque le quita horas al gallego me parece algo alucinante. Lo que sigo sin entender es por qué para fomentar algo hay que echar por tierra otras lenguas. En su día lo hizo el castellano con lenguas como gallego y catalán y es sabido por todos que fue una aberración. Pues no intentemos hacer lo mismo.
A educación dunha lingua non ha de ser só na materia que a compende, senón no ámbito sociolingüístico curricular. O feito de aplicala como vehículo doutras materias, coñecementos, discursos, fai que esta se enriqueza, e soe familiar ós oídos dos alumnos, sendo isto moi importante dende a Escola infantil, pois a lingua na que se educan é a que empregarán para se desenrolar na súa vida. Lembrémonos que os profesores non só debemos ensinar contidos das materias que nos incumben a nós, senón que debemos ser bos oradores, expoñer discursos que teñan un transfondo, e sobre todo somos “escultores de persoas”; é moi importante ser conscientes disto para poder levar a cabo unha boa educación nas escolas. Dito isto, paso a analizar os tres decretos en conxunto. Como ben dixo Yolanda, en liñas xerais os tres decretos tratan de potenciar o emprego do galego tanto no ámbito da administración como no da educación; mais isto por mágoa fica en moitos casos, demasiados, nun intento de lanzadeira, de avivar os soños de aqueles que sentimos a nosa lingua, e quédase só niso, moitas veces é por falta de empeño e iniciativa, por non ter que cambiar o currículo dalgunhas materias, por falta de docentes cualificados para facelo, ou aínda que estén cualificados, por falta de gañas e motivación; algúns centros limítanse a cumplir o mínimo a lei, potenciado isto pola falta de control, de inspeccións sobre dita normativa, que aínda que nos tres se suliña a figura do inspector como parte fundamental do cumplimento lexislativo exposto, esta figura non está presente na maioría dos centros. É esquivo, aveces inexistente. O decreto 247/1995, é o primeiro en falar de equiparación lingüística poñendo ó galego á altura do castelán, e implantando a lei da necesidade de impartir un mínimo de materias en galego (arredor do 40%); pois como xa fora aprobado na lei 3/1983 (de normalización lingüística), o galego debe ser usado como lingua cooficial de Galiza, por ser o idioma desta Comunidade. Algo que inclúe tamén este decreto é a importancia de darse, nas escolas, as clases na lingua materna da maioría, aínda así nunca deixando de lado a normativa presente. Segundo avanzamos na lectura deste, podemos observar que inclúe un listado de materias que deben ser impartidas en galego; materias que medran ou cambian no decreto 124/2007, que vai máis alá en canto ó emprego do galego no ensino, e impón/promulga que se deben dar en galego como MÍNIMO o 50% das materias do currículo, ademais das xa mencionadas no anterior decreto, pois ha de ser esta a lingua falada dende os máis pequenos. Algo a destacar deste último decreto fronte ó primeiro que tratamos, é que fala da educación no seu sentido máis amplo, non só da escola ou o instituto, senón tamén das clases para adultos, de clases extraescolares, grupos de apoio, etc., algo que formentará máis, sen dúbida, o emprego da lingua. É importante tamén mencionar a potenciación de creación de equipos de normalización e dinamización lingüística.
Por último, o decreto 79/2010, creo ó igual que as miñas compañeiras/os expuxeron, que é un paso atrais no sistema lingüístico e que atenta en certo modo contra a nosa lingua, pois a nova implantación no ámbito lingüístico que fai é a do plurilingüísmo. Con esta nova normativa, outorgaselle gran importancia non só ó uso do galego e do castelán, senón tamén ó emprego dunha terceira lingua extranxeira, o inglés. Debido a isto a ensinanza a través das linguas redúcese a un 33% en galego, un 33% en castelán, e o 33% restante ó inglés (que se potencia dunha forma incrible, para o meu punto de vista, excesivo). Non penso que sexa malo potenciar unha terceira lingua, é máis, creo que cantas máis linguas se saiban, mellor, pero creo que é excesivo, quítalle territorio á nosa lingua, que se nós non a defendemos e a usamos, ninguén o fará por nós, e é por iso que espero, que tal e como pasou cos outros decretos, que non se levaron moito a cabo por distintos factores anteriormente expostos, que con este sobre todo pase o mesmo, e que non se cheguen a impartir ese 33% de materias en inglés, pois trátase dun erro de mentalidade actual. Novamente sae a idea de eurocentrismo, e homoxeinización. Escapemos diso. En Galiza, en galego. Algo que segue promulgando este último decreto é o fomento dos equipos de normalización lingüística, así como engade a necesidade de adaptar o sistema educativo ós alumnos con necesidades educativas especiais, no tocante á lingua. Creo que iamos nun camiño moi bo ata 2010 propiciando cada vez máis o uso do galego, pasou de imporse como mínimo coma o castelán, para seguir subindo escalóns, e de repente chega o inglés, o de fóra, o neno mimado hoxe en día, e péganos un empuxón. Que se derrogue este decreto, novo decreto xa. Agora o cumprir ou non as normativas cae un pouco nas nosas mans como futuros docentes que somos, e debemos elixir e inclinarnos por un lado da balanza. Está este cumprimento ou non cumprimento, moi condicionado dependendo no centro no que nos atopemos e nas características socio-culturais do entorno, como ben apuntaba tamén algún compañeiro con anterioridade.
Ben, ó fin podo dala miña aportación á comparativa dos decretos. En moitas cousas coincido cos meus compañeiros máis vou recoller todalas conclusións as que cheguei cas lecturas deles, e co que aprendimos na clase. O decreto 247/1995 foi o primeriro intento de normalizar o uso do galego no sistema educativo, nese sentido, recoñece que a adquisición dunha competencia comunicativa en gallego sólo se pode conseguir a través da utilización vehicular desta lengua nunha parte significativa do currículo e para garantir a adquisición de amabas competencias linguísticas asigna o 50% das horas lectivas ó ensino a cada unha das linguas, establecendo as materias relacionadas co medio social e natural para impartir obligatoriamente en galego. Tamén defendía aspectos básicos como que non se separasen os alumnos por áreas e que non se puidese escoller o galego ou o castelán como lingua vehicular. Na etapa de educación infantil e primer ciclo de educación primaria tíñase en conta a lingua materna predominante no grupo de alumnos. Este decreto, ademáis, impón indirectamente o deber de coñecer o galego no ámbito da Administración educativa, ó establecer que era la única lingua que se podía usar en las relaciones administrativas. O proxecto non se puido levar a cabo xa que non había seguimento de que se cumpríra polo que as persoas non adquirían a competencia suficiente en galego e o coñecemento do castelán era moi superior. Co Decreto 124/2007, ou o do fomento, dase un novo impulso á normalización da lingua no ensino motivado polo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004) que pretende conseguir máis funcións sociais para a lingua galega. Na etapa da educación infantil terase tamén en conta a lingua materna dos rapaces pero ademáis en entornos casteláns falantes garantizarase un número mínimo de horas en galego coma lingua vehicular. No resto das etapas, trátarase de garantir que como mínimo o 50% da sua docencia sexa en galego fomentando que ademáis se impartan materias troncais en lingua galega, e dicir, pretendese que o galego sexa o idoma base do aprendizaxe. Tamén establece a obligatoriedade para cada centro de elaborar o seu Proxecto Linguístico que formará parte do Proxecto Educativo do Centro.. Ademáis fomentarase o uso da lingua galega nas actividades complementarias e actos que o centro organice e producíndose a introducción de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística para potenciar o uso da lingua galega nos centros. Quere dicir, que sí se realizaba un seguimento e existía un compromiso por levar á practica a teoría que se plantexaba. O Decreto 79/2010, do plurilingüismo ou da polémica, entendoo igual ca maioría dos meus compañeiros no sentido que se perde forza xa que, aínda que establece o galego como base do aprendizaxe, equipara porcentualmente tres linguas, galego, castelán e inglés, tendo en conta que unha delas non está recoñecida legalmente. Eso sí, supón un avance a hora de pretender aquirir competencias na lingua da modernidade e da globalización aínda que eso na práctica sabemos que a día de hoxe non é factible porque no hay profesorado cualificado para iso, xa que a institución non o esixe, polo tanto nin que falar hai do control e da inspección da posta en práctica deste decreto. Ademáis este decreto marca as asignaturas que teñen que impartirse en castelán, asignánollo as materias con "maior prestixo". Na etapa primaria xa se especifica que se impartirá en galego a materia de coñecemento do medio natural, social e cultural e en castelán a materia de matemáticas. Na etapa secundaria, tamén se especifica que se impartirá en galego a materias de ciencias sociais e naturais e en castelán as materias de matemáticas, tecnoloxías e física e química.
As principais diferenzas entre o novo Decreto e o Decreto anterior e que, no Decreto de dous mil sete, falábase da promoción do galego, mentres que no novo Decreto téntase a introdución dunha lingua estranxeira como vehículo do ensino xunto as dúas linguas oficiais. Mentres que se considere un "perigo" para os castelanfalantes, que a maior parte do ensino sexa en galego, e estase admitindo o inglés como lingua estranxeira. Por unha banda, o feito de que as programacións e outros documentos didácticos do inglés se redacten nese idioma esixe ás familias e aos demais membros do profesorado, o coñecemento desa lingua (legalmente iso non se pode esixir). Por outra banda, é inaudito que a lingua predominante nas institucións do ensino para a educación infantil e o primeiro ciclo da educación primaria, sexa determinante preguntar ás familias durante a preinscrición das súas fillas e dos seus fillos nos centros escolares. No segundo e terceiro ciclo da educación primaria, estánse a reducir as horas de ensino en lingua galego, o mesmo que acontecerá na educación secundaria. Na formación profesional e na educación secundaria para adultos, as bases do novo Decreto poden interpretarse de tal maneira que só sexa obrigatorio dar en galego a materia de lingua galega. Para concluír, o novo Decreto supón unha redución do galego no ámbito escolar e rexeita a inmersión lingüística( mellor maneira de aprender unha lingua). Nunha situación coma a galega, en que a lingua ten que superar unha desigualdade de seculos, estas medidas contribúen a colocala nunha situación de inferioridade respecto do castelán.
Dos decretos asinados polos señores Fraga e Touriño, se ben o asinado polo segundo amplía de forma notable as medidas do primeiro, para non repetir o que xa se explicou neste post, centrareime no polémico terceiro decreto porque non podería estar máis en desacordo con algún dos meus compañeiros. Non creo que a obriga de impartir certas materias nun idioma ou outro sexa casual, nin penso precisamente que a elección do galego para as ciencias do medio natural sexa precisamente porque son nas que máis conceptos lingüísticos se usan. Se isto fose así, pareceriame a peor opción de todas escoller o castelán para as materias de técnicas, sobretodo tendo en conta que os mellores manuais (ben se pode consultar en calquera facultade dunha carreira de ciencias) tanto de matemáticas, física,... están prácticamente todos en inglés, e se realmente o que se persegue é un plurilingüismo, deberían ser estas as materias a impartir na lingua extranxeira.
Os comentarios dos meu compañeiros resumen moi ben no decreto 247/1995 busca unha igualdade de competencia oral e escrita entre ambas linguas ao remate de cada un dos ciclos educativos non universitarios a través dun número mínimo de materias que se deben impartir en galego. O Decreto 124/2007 di que en Educación Infantil o profesorado usará a lingua materna predominante entre o alumnado, que será determinada polo claustro. No último Decreto, o 79/2010 apóstase pola inclusión dunha lingua extranxeira, o que supón a reducción de horario lectivo na lingua galega. Como xa dixeron os meus compañeiros, mantéñense os equipos de dinamización lingüistica. Na formación profesional e na educación secundaria para adultos, as bases do novo Decreto poden interpretarse de tal maneira que só sexa obrigatorio dar en galego a materia de lingua gallega. Entón estas medidas o que seguen a facer e mantee o gallego en desigualdad e frente a lingua castelán.
En liñas xenerais os tres decretos tratan de potenciar ao máximo o uso do galego, mais en cada un deles pódese ver unha evolución para ampliar os obxectivos e a maneira de acadar os resultados finais, así como, tamén se pode ver que intentan cumprir as demandas dos pais e nais.
O decreto de 247/1995 intenta potenciar o uso do galego tanto no ámbito da administración coma na educación. No caso do primeiro, por unha banda, usarase o galego para intentar potenciar non só o seu uso na escrita senón tamén como lingua vehicular nas relacións coa administración. No caso da educación, pola outra banda, foméntase un uso equitativo do galego e do español, marcando as materias que deben ser impartidas en galego. Este é un pequeno decreto que en liñas xerais necesita duns obxectivos máis claros para a súa implantación. Desta maneira, dende o Plan Xeral de Normalización da lingua galega en setembro de 2004 inténtase dar prioridade o galego en sectores estratéxicos, así como máis funcións sociais en máis espazos de uso. Alén diso, segue a ter presente que a educación é o ámbito máis importante para poder acadar un uso correcto da lingua tanto oral como escrito para poder formar unha sociedade competente na súa lingua, e é por iso polo que o Decreto 124/2007 establece que o uso do galego e do castelán no bacharelato debe ser dun 50% respectivamente, mentres que na educación secundaria obrigatoria mantense as materias do anterior decreto. Isto serve para acadar unha competencia lingüística nas dúas linguas en relación ao nivel escolar. Ademais, o decreto trata de garantir a formación en galego de todo o persoal do centro educativo e analiza punto por punto o proxecto lingüístico do centro. Outra cuestión importante deste decreto é a aparición dos equipos de normalización e dinamización lingüística para promover o uso do galego fora das aulas, carencia importante do decreto anterior.
Por último o Decreto 79/2010 está influenciado dunha maneira moi clara polas demandas da sociedade, concretamente polos pais e nais. Pídese que xunto coa ensinanza das linguas cooficiais tamén se aprenda outra lingua estranxeira, propoñendo un horario que dedica un terzo do horario lectivo á aprendizaxe de linguas estranxeiras e resto do tempo para as linguas da Comunidades Autónoma dunha maneira equitativa (tal e como se estaba a facer anteriormente). Ademais, propón un plan dirixo aos alumnos con necesidades educativas especiais para garantir a competencia lingüística nas linguas oficiais e se manteñen os equipos de normalización e dinamización lingüística que agora se chaman equipos de dinamización lingüística.
Son todos eles unha teoría moi boa, mais só é iso: unha teoría. O que está a pasar en realidade nas aulas é unha cousa moi diferente. Por moito que intenten formar ao persoal do centro e os alumnos os prexuízos seguen aí, e así como moita xuventude non usa o galego, moitos mestres non queren ou non saben falar o galego. Sen embargo, son unha boas medidas xa que en moitos casos o galego aplícase a materias que poden axudar a comprender mellor a lingua, por exemplo o caso das ciencias da natureza, que moitas veces se entende como unha ofensa porque tenden a relacionar aos cativos esa imaxe de rural coa lingua galega; mais eu penso que é a materia idónea xa que precisamente Galicia é natureza, e precisamente nós temos vocabulario suficiente para falar da natureza e do entorno. Alén diso, outra cuestión importante é o fomento dos equipos de dinamización lingüística porque recollen propostas que fomentan o uso do galego en outros ámbitos, de maneira que os cativos relacionen o galego con actividades que acontezan foras das aulas. Penso que é fundamental promover este tivo de actividades, porque como xa dixera noutro comentario, os cativos non entenden de prexuízos pois os únicos que establecen prexuízos son os maiores. Hai que ensinar a ver o galego con outros ollos.
Aínda que o decreto 247/1995 busque que o rematar a etapa secundaria obrigatoria exista unha mesma competencia lingüística entre o galego e o castelán, podo dicir, por experiencia propia, que esto non se cumpriu na práctica. Se ben os libro os mandaban mercar en galego ou castelán, o profesor acababa impartindo a clase na lingua que se sentía máis cómodo, e como non, a maioría das veces a lingua elexida era o castelán. Polo tanto o alumno atopábase cun libro de texto en castelán ou galego e a traducción deste á otra lingua nos seus apuntamentos. Polo tanto estas medidas no é que axudaran moito a normalizar a lingua galega, máis ben todo o contrario. No que respecta o D124/2007, destacarío o feito de que se promova a lingua galega en preescolar, xa que considero que unha normalización lingüística eficaz debe comezar dende a máis tenra infancia. Ademáis, o feito de que se impoña que un 50% das clases han de impartirse en galego en tódalas etapas educativas é un paso realmente importante.Por outra banda, os equipos de normalización e dinamización lingüística poden axudar á concienciación do profesorado e alumnado sobre a necesidade de potenciar o uso da lingua galega, así como mellorar a competencia lingüística no idioma. Finalmente, co D79/2010 preténdese favorecer o estudo dunha lingua extranxeira, quedando o horario lectivo dividido en tres terzos, cada un adicado a impartir as clases en castelán, galego e a lingua extranxeira (que case con total seguridade será o inglés). Este decreto pretende favorecer o plurilingüismo pero, na miña opinión, o que pode acontecer é que se baixen as competencias lingüísticas nas tres linguas. Ademáis, non me parece xusto que se adiquen o mesmo número de horas ós tres idiomas cando a súa situación non é igual. Primeiramente, o castelán goza de prestixio e dun gran uso, polo que, seguramente, ningún alumno teña problemas para aprendelo. O caso do inglés, é parecido, se non se estudiase na escola seguramente acabariase aprendendo nunha academia, xa que semella ser imprescindible para a vida. Pero o caso do galego é ben distinto, sobre todo nos ámbitos urbanos, onde moitos nenos pertencen a familias castelán falantes e o único contacto que teñen co galego é a escola. Polo tanto, se rebaixamos a presenza do galego na educación e, por riba coñecemos que pola falta de prestixio social do idioma pouquísima xente estaría a prol de levar o seu fillo a unha academia para que o aprenda, o galego acabará por extinguirse dentro da súa propia comunidade. É necesario unha discriminación positiva cara a lingua galega se queremos alcanzar a igualdade, do mesmo xeito que acontece coa discriminación positiva que existe para promover a inserción da muller ó mercado laboral. E despois de facer este tipo de reformas educativas promovemos campañas de normalización da lingua galega? Canta hipocresía....
En canto ao resumo dos decretos, non podo engadir nada máis, pois os meus compañeiros fixeron moi bo resumo deles. Mais, podo agregar algún comentario crítico ao respecto. Ter uns documentos nos que constara formalmente a legalidade do galego nas aulas era necesario, sen embargo a formalidade escrita non sempre ten as repercusións que desexamos na práctica. Xa sabemos, por velo na clase e nalgunha lectura obrigatoria, que o decreto de 247/95 foi unha simple simulación ante papel, pois nas aulas non se levaba a cabo o que se “esixía”. Dos tres decretos que sinalamos, eu estudei co do 95, e podo dicir que, no que a mín respecta, o uso do galego só aperecía nos libros de texto dalgunhas asinaturas e na materia concreta de lingua e literatura galega, maís alá diso ningún mestre me falaba en galego. O decreto non tivo a participación adecuada do profesorado e tampouco o seguimento adecuado para vixiar e facer que se introducise nos centros educativos. Xa, despois de máis de dez anos e dalgunhas decisións formais de por medio, saíu á luz outro decreto no que se facía maior hincapé na normalización do galego. No que se demandan máis usos sociais para a lingua (por exemplo no uso en actividades complementarias e en actos organizados polo centro), non só nas aulas; deste modo, vemos a lingua sen que teña o rasgo de imposición. Dende logo, co fortalecemento dos Equipos de Normalización Lingüística consolídade o uso da lingua no centro. O último decreto, 79/2010 ou o do plurilingüismo, parece que plantea moitos puntos de vista. A equiparación de tres linguas, as dúas cooficiais e a outra extranxeira non agrada a todos. Dende logo, o mundo no que vivimos repercute moito na educación; estamos ante unha sociedade que demanda o uso de moitas linguas para un futuro laboral. Rectifico. Moitas non, máis ben demanda o coñecemento das linguas imperantes (inglés, francés, e agora moito xaponés). A mín non me parece de todo mal que exista un número de horas para impartir clase en linguas extranxeiras. Como alumna que fun, agradecería haber tido isto; máis que nada porque ter clases orais en outras linguas facilita ter un bo oído e aprender algo máis que gramática na clase, por exemplo, de inglés. O problema está na elección de materias para cada lingua. Non habería problema se non existirá un prestixio e desprestixio de linguas e de materias, e se tampouco xurdira o problema de contar con profesorado cualificado. Se simplemente nos deixáramos levar por un bo razoamento para aprender o idioma sería máis doado. Por suposto, canto maior número de linguas sepamos mellor que mellor, pero sen deixar as linguas propias. Paréceme ben se despois contamos con máis ámbitos nos que se empregue o galego, tales como os que dixemos antes de actividades complementarias, actos formais do centro ou en obradoiros.
Ei de dicer que en liñas xeráis os decretos están xa suficientemente comentados e explicados nos comentarios dos compañeiros.
A min gustaríame chamar a atención sobre dous puntos en concreto:
En primeiro lugar, estou totalmente dacordo cos dous comentarios anteriores, o de Raquel e Gemma, sobre o cumplimento ou non das premisas do Decreto 247/1995. Certamente, e especialmente nas cidades como Coruña, non se levaron a cabo as indicacións da lei, pois os da nosa xeración estamos acostumados, como di Raquel, a té-los libros en galego, mais recibir as leccións na lingua materna do profesor. Penso que a propia norma é responsable. A calidade do decreto deixa moito que desexar, pois parece escrito a presa e correndo, sen darlle importancia real aos contidos nin otorgándolle o prestixio necesario para que os docentes a tiveran realmente en serio. Non deixa de ser unha norma e como tal debe cumprirse, é certo, pero por moi boas intencións que conteña, o trato que se lle dá as leis por parte do lexislador é tamén importante para que a comunidade (neste caso educativa) a perciba cunha maior ou menor importancia. No caso por exemplo do Decreto 124/2007, non e que a situación "oficial" do galego cambie moitísimo con respecto a anterior (ainda que si fala de mínimos, máis asignaturas en galego... É certo), pero é a propia norma, o seu contido (plans de formación para os docentes, algo necesario para o cumplimento da norma e do que antes non falábamos; Proyecto lingüistico do centro; Equipos de normalización e dinamización lingüistica...) o que confire unha maior forza a norma. A intención das normas penso que é similar, máis non as normas en si. A magoa é que non saibamos o resultado que tivo este segundo decreto.
Por outra banda, gustaríame facer incapé en que o Decreto 79/2010 na miña opición é un retroceso ata a lexislación de 1983. Penso que é unha medida populista que cede ás esixencias de asociacións cláramente politizadas, facendo ouvidos sordos a expertos e lingüistas.
A conclusión o final de ler tódolos decretos e que co último (Decreto 79/2010) o galego perde claramente con respecto os anteriores.
O decreto 247/1995 no seu primeiro articulo detalla o uso da lingua galega en todo o referente a administración educativa, traducindo aquilo que teña que surtir efecto fora da comunidade autónoma. En canto a normalización do galego na ensinanza establece que en educación infantil se use a lingua materna predominante entre os alumnos e nos seguintes ciclos unha serie de materias tanto obrigatorias coma optativas que se deberan de impartir en galego (sobre un 40%). Por ultimo menciona o papel fundamental da inspección educativa para salvagardar estes cumprimentos, cousa que na realidade non pasou e o decreto non se cumpriu.
O decreto 124/2007, mantén o uso da lingua galega na administración educativa, e neste eido establece como novidade un plan de formación que garanta que todo o persoal relacionado con dita administración, teña competencias suficientes no idioma galego. Na etapa de educación infantil fomenta a educación na lingua materna, e en contornos castelán falantes garante un número de horas lectivas en galego. Con respecto a fixación dalgunhas materias que se deben impartir en lingua galega, o decreto mantén o mesmo criterio que o anterior pero aumentando o numero de horas para que se consiga que o numero de materias en galego non sexa inferior o 50%. Por último nomea tamén os equipos de inspección como fundamentais para garantir o seu cumprimento.
En derradeiro lugar, o decreto 79/2010 para o plurilingüismo, que ten en conta a realidade social europea mais que a realidade galega. Entre as súas medidas polémicas a de que sexan as familias quen decidan a lingua que se usará na aula en educación infantil, e o nomeamento de materias que se deben dar en castelán, como as matemáticas, tecnoloxía e física e química.
Para rematar comentar que como din a maior parte dos meus compañeiros, o decreto do plurilingüismo mais que unha novo impulso para o galego, adecuado o contexto no que vivimos, supón un retroceso evidente.
Eu antes de falar sobre o que se trata nos decretos, prefiro velos dende o punto de vista político. Quen gobernaba cando se aproba un ou outro decreto. Sobre todo nos dous últimos decretos que son os máis opostos.
O decreto 124/2007, foi aprobado polo bipartito. Ó estar o BNG no goberno de coalición, nótase o seu interese en darlle mais presenza e pulo ó galego naquel sector onde primeiro é mester actuar, que é na ensinanza.
O do plurilingüísmo, xa é con PP na presidencia da xunta. E se cadra, por diferezas ideolóxicas rompe con anterior decreto do bipartito. Ademais introdúcese a necesidade de incorporar un lingua estranxeira.
Eu estou de acordo con que o galego ten que ser protexido ou potenciado por enriba do castelán, pero tamén vexo moi necesario ter competencia unha lingua estranxeira nos tempos que corren.
E agoa se queredes votar un pouco de escuma pola boca ollade este vídeos:
Tras os comentarios dos meus compañeiros, está claro que pouco máis podo engadir. Persoalmente penso que, dende o decreto do 1995 ao 2010 se produxo unha mellora en canto ao que se propuxo con respecto, non só ao galego senon ao sistema educativo en xeral. No do 1995 promovíase o uso do galego e establecía unha serie de materias que había que dar en galego, no do 2007 resaltouse a necesidade de reforzar aos nenos na lingua galega usando nunca menos do 50% do galego na escola e, no 2010, apostouse máis por un plurilinguismo no que se reducía esta porcentaxe a un 30%. Ben. Estamos en Galicia e temos unha lingua oficial que é propia: o galego. Polo tanto, é necesario e un dereito mais, considero, un deber, que se ensine nas escolas e non debe, polo tanto, ter menos peso que o castelán ou outro idioma. Non coincido con alguns dos meus compañeiros no tocante ao "negativismo" do plurilinguismo ao que aspira o decreto do 2010. Penso que é moi positivo para os alumnos que aprendan máis dun idioma e dous na escola, ainda que sexa dunha maneira rudimentaria (cousa que atribúo ao sistema educativo) xa que sempre sairán máis formados. Como ben di esta noticia da Voz De Galicia, unha persoa aprende de maneira máis fácil un idioma se xa sabe outros dous. http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/11/04/0003_6288266.htm
Todo o que sexa aprender, benvido sexa.
Con isto, reitero a miña idea de que o galego debe ser defendido e apoiado e, sobre todo, ensinado na escola que é o lugar onde os rapaces adquiren gran parte do seu coñecemento e formación. É nesa idade cando mellor se asimilan conceptos e demáis mais penso que un plurilinguismo non afecta de maneira negativa ao galego senon que lle favorece.
En canto ao que son os decretos en sí, quedan moi ben e sonan moi ben mais eses ideais deberían respetarse máis e levar á práctica en todos os centros. Agora recentemente pode que si que se leven máis á práctica pero o decreto do 95 respetouse pouco por aquel tempo e asi non imos a ningures.
No Decreto 247/1995 establécese que o número de horas impartidas en galego e en castelán teñen que ser as mesmas. Esto non é unha situación moi favorable para o galego, xa que tendo en conta que é unha lingua desfavorecida frente ó castelán debería reforzarse no eido escolar. Esto corríxese no Decreto 124/2007 no que as horas impartidas en galego son máis que as impartidas en castelán, o que supón un adianto para a nosa lingua. Pero no Decreto do 2010 o galego volve a sufrir un novo revés, ó quitarlle horas, en teoría para favorecer o plurilingüismo. Na miña opinión está moi ben eso do plurilingüismo, pero antes de intentar ensinar unha nova lingua deberíase asentar primeiro a materna. Con outra cousa que non estou dacordo é con que na educación infantil sexa o centro o que escolle a lingua na que se imparten as clases. No Decreto do 2010 dise que esto faise a partir dunhas preguntas realizadas ós pais, polo que o máis probable por tanto será que nas zonas donde predominen os castelán falantes no colexio tamén se escolla esta opción. Esto o único que fai é seguir aumentando as diferencias entre os dous grupos. Ademáis nesta época é cando os nenos aprenden máis rápido e teñen menos prexuízos, polo que é cando máis fincapé se lle debería facer na ensinanza do galego. O mesmo pasa na educación primaria, mentras que no Decreto 124/2007 había unha serie de materias xa estipuladas que se debían impartir en galego no do 2010 queda á escolla da propia escola. O que me parece unha gran idea é necesidade dun equipo de normalización da lingua galega, xa que estes potenciarán o uso do galego. O que precisamos é unha ampliación dos dereitos do galego, e non que se lle quiten cada día máis.
Creo que o D79/2010 é o decreto máis xusto, pois obedece a tres realidades: 1) Estamos en Galicia. 2) Estamos en España. 3) Estamos en Europa.
É a gusto de (case) todos. Para os que non queren 100% en castelán, para os que non queren o 100% en galego, e para os que queren que os rapaces acaden unha solvencia decente nunha lingua estranxeira. Equidade.
Podemos pecha-los ollos, pero é innegable que o inglés hoxe en día é básico. E é xusto outorgarlle máis saídas que a aspiración ó capitalismo ou ó dominio do planeta terra. Non acaba este decreto co elitismo que existiu ata agora integrando unha lingua estranxeira na educación pública? Igualdade.
En canto ó tema do reparto de materias que se imparten en galego e en castelán, o galego é o favorecido. Penso que dicir que as matemáticas, a F-Q e a tecnoloxía impártense en castelán por ser as materias prestixiosas é nocivo por dúas razóns. A primeira, que a carga lingüística das materias "prestixiosas" é nula. E por outra banda, nesa afirmación va inherente unha clasificación das asignaturas. Independentemente das carreiras nas que despois desemboquen e do número de alumnos que vaian por un itinerario o por outro, creo que todas e cada unha das materias son igualmente importantes.
Entre estes tres decretos, nos que concrétanse no ámbito da educación os obxectivos xerais presentes en normativas de ámbito superior, atópanse bastantes similitudes e algunhas diferencias.
En todos eles plantéxase o uso vehicular das dúas linguas oficiais, galego e castelán, no ensino, atribuíndo unha porcentaxe polo menos semellante á do castelán para o galego. No caso dos dous primeiros ese 50% do galego respecto ó castelán sería o mínimo a garantir e non tería límite, mentres que no caso do último, o de 2010, coa escusa de que o feito de non limitar a porcentaxe de galego podería darlle a volta á situación lingüística e por en perigo a aprendizaxe do castelán (¿?) estableceuse un 50% estricto entre as dúas linguas.
En todos eles fálase de determinadas materias que ensinaranse en galego, pero a nivel persoal aprecio que o longo do articulado non se acada o mesmo nivel de concreción dos mecanismos para levar a cabo as intencións implícitas nos decretos, xa que por exemplo na formación profesional non se entra a concretar case nada, e no tema da avaliación e verificación do cumprimento dos decretos delégase sen mais no criterio da inspección ou das institución escolares, cando penso que sería un punto importante a incluír na propia normativa para evitar que a realidade non se corresponda co que se lexisla.
Un tema que cambiou entre os decretos é o da lingua na que se fará o primeiro ensino. No primeiro decreto a lingua na que se imparte a clase é a predominante na aula, con atención individual a aqueles alumnos que non a entendan ben. No segundo a lingua será tamén a predominante, pero agora sen atención individual e aparecendo a obrigatoriedade de dar a coñecer ámbalas linguas nesta etapa. No caso do último decreto serán os pais mediante consulta os que decidan a lingua na que se fará o primeiro ensino, e o profesor dirixirase individualmente na lingua elixida a cada alumno.
En relación con isto, tamén é posible ver unha evolución nos mecanismos de avaliación da situación lingüística do alumnado e de intervención subsecuente. No primeiro decreto isto non parece estar moi concretado, soamente faise referencia ó proxecto educativo de centro, no segundo aparece a figura mais concreta do proxecto lingüístico, que tamén forma parte do proxecto educativo de centro, e no último decreto son as consultas ós pais as que condicionan o ensino coas elección motivadas por elas.
Tamén resulta importante neste sentido a aparición no decreto do 2007 da referencia ós equipos de normalización e dinamización lingüística, que non existían no decreto de 1995 e son os encargados de potenciar o uso da lingua.
Quizais o segundo punto mais relevante do decreto do 2010 sexa a aparición da referencia a necesidade de usar como linguas vehiculares tamén as estranxeiras, sempre mantendo a proporción do 50% entre galego e castelán, e ata un máximo dun terzo das materias segundo dirima o centro a partires das enquisas feitas ós pais. Na práctica, dada a tendencia social imperante a primar o uso utilitario da lingua, isto podería condicionar un ensino repartido a nivel vehicular en tres partes iguais entre o galego, o castelán e unha lingua estranxeira.
Un punto que atopo absurdo do decreto do 2010 é que plantexa que a lingua vehicular na que se de unha materia, a excepción das materias das distintas linguas, que teñen un tratamento similar en tódolos decretos, non teña que ser a lingua na que o alumno conteste ó profesor, co cal pérdese todo o valor que ten dar unha materia nunha determinada lingua para facilitar a asimilación desa lingua fora dun contexto meramente lingüístico.
Eu penso que en xeral falta concreción nos obxectivos, na definición dos organismos de avaliación e corrección e nas tarefas que deben desenrolar. Se non se precisan punto por punto as cousas penso que levalas a cabo implica a boa vontade dos encargados de facelo, mais se os mecanismos de control non existen ou sofren o mesmo nivel de indefinición. En certo modo é o que di Bieito Silva Valdivia no texto de “Lingua e escola en Galicia”, facendo ademais fincapé na falta de medios e de formación por parte de quen tiña que desenrolar o expresado nos decretos.
Penso que o feito de ter que dirixirse no ensino infantil a cada alumno na lingua que decidan os pais non é unha cousa moi de recibo, e nese aspecto o decreto do 2010 da un paso atrás e o do 2007 sería o referente, xa que nel fálase de potenciar o uso das dúas linguas e de dar a clase na lingua mais adecuada para tal fin.
Non me parece mal o feito de repartir nun trinta por cento as linguas vehiculares coma dise no decreto do 2010, eu veño dunha ensinanza previa a estes tres decretos onde só dábanse en galego as materias de lingua e literatura galegas, e penso que inda así o nivel de galego que tiñamos os que estudamos naquel sistema, e que en certo modo os que non falamos galego de maneira cotián perdemos, era moi alto. Non penso que o problema do galego sexa de falta de coñecemento, senón mais ben de falta de compromiso social e persoal para potenciar o seu uso, e creo que está ben que se converta en lingua vehicular do ensino e non nada mais que en lingua obxecto de estudo, pero penso que o esforzo para que non se perda debe estar noutro sitio. Non creo que ninguén pense que se a lingua vehicular obrigatoria fose o inglés todos poriámonos a falares en inglés pola rúa. De feito penso que a ese nivel vehicular incluso teríamos que repartir entre mais linguas que tres. O que non sería de recibo sería eliminar o galego dese reparto. De todos modos eu penso que o que tocaría facer na escola de cara a fomentar o uso real do galego sería ter un marco no que expoñelo claramente, é dicir, seguramente unha materia de corte sociolóxico onde se debatese sobre o uso do galego. Ou facer que a tarefa dos equipos de normalización estivese integrada nas horas lectivas e que os alumnos soubesen claramente o porqué dela. Penso que na escola sobra obriga de asimilar coñecementos ou de usar tal ou cal lingua, e falta explicación das razóns para facelo.
Coido que o que fai falta para potenciar o uso do galego é que a xente teña a oportunidade de debater sobre elo, e formarse unha opinión crítica. Pero isto non significa que pense que o galego teña que deixar de ser lingua vehicular.
Ó leer os comentarios e críticas xa feitos pouco máis queda por engadir. Paréceme que do que tratan os decretos é de mellorar a situación do galego. Coincido con Tamara en que é só unh teoría, xa que se nos pasamos polas aulas, moi poucas respetan isto e levan a cabo o establecido. En relación ó Decreto 247/1995, o que trata é de reforzar o seu uso mediante a imposición dun porcentaxe de horas en galego, e o resto en castelán, pero como dí Noemí, penso que sería interesante promover o galego e non equiparalo co castelán, como se fixo. No Decreto 124/2007, tratou de enmendarse ese erro e de darlle maior pulo ó galego, que sería oficial na administración e na escola sería dun 50% fronte o outro 50% en castelán. Crearonse numerosas inspeccións que se levaron a cabo para que este plan se puxese en marcha e se cumprise, pero persoalmente creo que non sirveu de moito. Finalmente co Decreto 79/2010 establécese o plurilingüismo, contando np ámbito escolar cun 33% para galego, castelán e lingua extranxeira, respetivamente. Do que tratou este Decreto era de achegar Galicia máis á realidade europea, onde o plurilingüismo está presente, sen embargo, creo que deixando o galego tan de lado, por dicilo dalgunha forma, creo que se está deoxando de promover o seu uso, algo que non debería pasar. Somos galegoa, estamos en Galiza, e a nosa lingua é o galego, polo que deberíamos defendelo, e aceptalo me tratar de usalo sempre. Creo que se a xente se concienciase máis de que se perdemos a lingua perdemos identidade sería máis fácil potencialo. Por outro lado, hai que mencionar as ideoloxías políticas imperantes en cada momento. Dependendo de cada partido, foméntase unha lingua ou outra e xógase ca educación e ca creación e derogación de Decretos como se non pasara nada. E sí que pasa. Estamos falando de educació, de construir un futuro e unha vida, unha identidade, unha forma de ser condicionada pola sociedade e non se debería xogar con iso. Deberíase ser máis obxetivos e ver a realidade que vive o galego e despois actuar dacordo a esas consecuencias.
Pois pouco máis que dicir, so recalcar o que me parece máis importante do comentado ata o de agora. En relación ó Decreto 247/1995, o que trata é de reforzar o seu uso mediante a imposición dun porcentaxe de horas en galego. Esta medida non e mala se alguén se preocupará de levala a cabo nas escolas, pero como sempre pasa as escolas das cidades onde máis se precisa esta medida son as primeiras que pasan do tema.(digoo por experiencia propia) E aínda así como dí Noemy esta medida non e suficiente, non olvidemos que o Galego e o Castelán non viviron a mesma situación no pais durante anos, e se queremos desandar o andado e recuperar a nosa lingua temos que facer moito máis. Estou dacordo con Alba en que a idea do decreto "D79/2010 estableza como asignaturas obrigatorias en galego Ciencias sociais, xeografía e historia, ciencias da natureza e bioloxía e xeoloxía" non é unha mala idea, pode ser un intento de promover a língua, por que son as asignaturas nas que máis se fala, e usase unha grande variedade léxica. Pero como sempre pasou se o decreto non se cumple, o escrito serve máis ben de pouco, hai que controlar que se fale galego nesas asignaturas pero sobre todo hai que animar os alumnos a que o usen entre eles e non só a aprender lección de carrerilla sen saber o que dín, por que se non de pouco serve. Algo parecido o que dín Tamara ou Carmen Ramos) Como xa dixen noutros comentarios o verdadeiramente importante e achegar o alumno o galego, para que o sinta como seu e o use, todalás imposicións soen producir rechazo.(e máis nos nenos)As leis están ben pero se non se desarrolla ou se forma os profesores para que realmente den os seus frutos eso quedará ahí. E necesario non so facer leis se non evalualas e melloralas.
Penso que o gran problema dos tres decretos é a súa aplicación. Sen unha mente positiva xeral e sen un entorno favorable, as leis quédanse en algo abstracto e teórico, e iso é o que está a pasar. Non só o ámbito educativo é o que afecta ó pouco uso do galego, precisamos unha sociedade á que lle guste falar galego, que queira que a súa lingua perdure, pero isto non está a pasar (na maioría de cidades de Galicia)
Partindo da base de que este é o problema principal; a infravaloración da nosa lingua en moitos sectores; imos falar da educación. Está claro que si se pode facer algo no ámbito educativo, hai que facelo. A cuestión é FACELO.
O decreto 247/1995, foi un fracaso a pesar de que propulsaba a normalización de galego, a causa dunha falta de control, dunha inspección inexistente. O decreto 124/2007 promocionaba o galego, facéndoo coincidir en número de horas co castelán. Ademáis, declaraba a importancia do uso do galego dende a Educación INfantil, e propulsou o funcionamento de equipos de normalización lingüística e do uso do galego nas actividades extraescolares. Estos dous decretos reflicten un esforzo por parte do goberno para reforza-lo galego, dándolle cada vez máis importancia no ámbito educativo.
¿Qué é o que esta a suceder agora, coa implantación do decreto 79/2010? A cuestión é complexa. É verdade que, como opina a miña compañeira Silvia, cantas máis línguas sepan os alumnos, conseguiremos unha maior riqueza cultural da nosa poboación. A cuestión salientable neste decreto é a igualdade de horas que se lle dan o galego, castelán e maila língua extranxeira. Cada unha delas ocupará un tercio do currículo, dándolle así a este sistema o nome de "Plurilingüismo". Máis esta repartición horaria non é viable cando a língua propia da comunidade é feble. É dicir, xa cos decretos anteriores, a língua galega presentaba un estatus baixo. Coa nova situación o que se lle está facendo é condenala aínda máis, xa que as horas impartidas en galego serán reducidas e equiparadas ás horas que se dan de castelán e inglés (na súa maioria).
¿Cal é a conclusión? O último decreto é un atraso se queremos que o galego recobre forza. En realidade a única maneira de recuperar unha lingua é utilizándoa máis. E se esa Língua está en perigo, haberá que utilizala máis cas demáis, no de maneira igual, para reforzala.
Outra cuestión é que haia xente que non considere útil ó galego, e dende ese punto de vista, o da utilidade, é normal pensar que a língua extranxeira é moito máis necesaria nestes tempos europeizados. O que temos que decidir é cómo tratar á língua, coma un mero instrumento, ou coma un símbolo de identidade da nosa cultura.
Tras facer unha lectura e unha análise comparativa entre os decretos lingüísticos para Galiza de 1995, de 2007 e o de 2010, obtiven os seguintes puntos diferenciadores entre estes decretos: O primeiro, O Decreto de 2010 baséase supostamente na consulta ás familias, dicíndose que o resultado é o “plurilingüismo”. A este respecto teño que engadir que esa consulta foi unha falacia, xa que as preguntas eran totalmente enganosas –e dígoo con coñecemento de causa, xa que lin esas consultas e vin como moita xente podía caer facilmente na trampa-, así con esta manipulación obtivéronse os datos que o PP desexaba acadar. Ademais, ese “plurilingüismo” deixa moito que desexar, xa que iso non se pode denominar así, senón que é simplemente unha etiquetaxe que queda moi bonita, para poder silenciar e ocultar no sistema educativo a lingua propia, o galego. En relación con isto, neste “plurilingüismo” do sistema educativo, contémplase a impartición de materias non lingüísticas en lingua estranxeira, principalmente inglés. A seguir, observamos bastante similitude entre o Decreto do 95 e o de 2010 no sentido en que o galego queda limitado á áreas das Ciencias -sociais e da natureza-, deixándose á elección do centro no D.95 o idioma vehicular para as Matemáticas e no D.10 fíxase como vehicular o español (non vaia ser que se diga “ 3 ao caldeiro”, como dixo algún político). E vagamente, no D.07 dáse un paso adiante co galego impartíndose as Matemáticas nesta lingua, alén de que neste contémplase que o 50% das materias impartiranse en galego. Canto á educación infantil, tanto no D. 95 como no de 2010, recóllese que na clase utilizarase a lingua materna predominante entre o alumnado, coidándose que se adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua. Porén, no D.07 avánzase cara a difusión do galego no ensino, engadíndose que en contextos españolfalantes utilizarase a lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza, como mínimo, igual que o español. Alén disto, avógase por fomentar a adquisición progresiva da lectura e escrita en galego, converténdoo en idioma de aprendizaxe para obter competencia de comunicación normal. A respecto de FP e Ensinanzas artísticas e deportivas, ao igual que na Ensinanza de persoas adultas, tanto no D.95 como no D.07 recóllese a achega ao alumnado de vocabulario específico en cada módulo en lingua galega, mentres que no D. 10 “garántese que os alumnos coñezan o vocabulario específico nas dúas linguas oficiais”, así como o desenvolvemento das habilidades de comunicación oral e escrita en lingua estranxeira, isto é, en inglés; xa que, tal é como se recolle no D. 10 esa lingua estraxeira é principalmente o inglés, así que, modelo totalmente a servizo da globalización.
Outro punto a ter en conta, é o carácter segregacionista do D.10. “atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna” (educación infantil). Así mesmo, no D.07, nin tampouco o señor Fraga Iribarne no D.95 se atreveu a tanto, xa que nestes decretos avógase pola non separación de alumnos por razón de lingua. Por tanto, o D.95 e o D.07 manifestan que nas materias impartidas en lingua galega débese procurar que o alumnado empregue esta lingua en manifestacións orais e escritas, adquirindo deste xeito competencia lingüística en galego. Porén, o D. 10 desde unha perspectiva contraditoria indica que “o alumnado poderá utilizar nas manifestacións orais e escritas a lingua oficial da súa preferencia. Non obstante, ao anterior, procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo”. Como conclusión, considero que se o Decreto de 1995 era pouco comprometido co idioma propio, e do mesmo xeito tamén é insuficiente o Decreto de 2007 –aínda que este é máis comprometido co galego que o do 95, mais aínda lle faltaba bastante-, o Decreto de 2010 é totalmente desfavorábel para o noso idioma, aínda que se encubra coa falacia dese suposto “plurilingüismo”. Por tanto, si é certo que os Decretos anteriores ao de 2010 eran mellores para a pervivencia e difusión do galego no ensino, mais insuficientes. Se queremos que o galego sobreviva e consiga maior pulo e prestixio social, o medio fundamental para conseguilo é o sistema educativo, por tanto o aconsellábel e necesario para Galiza é un sistema educativo monolingüe en galego, iso si, potenciando o ensino doutras linguas, tanto o español como lingua oficial do Estado, como o inglés como lingua que abre portas en moitos lugares do mundo, así como poder ter a opción de estudo no sistema educativo das outras linguas oficiais do estado –catalán e euskera-, da lingua veciña -o portugués- e outras linguas romances próximas, como o francés ou italiano. Isto aproximaríase máis a un sistema plurilingüe.
No hay nada más que decir por mi parte que no hayan dicho mis compañeros anteriormente. Solamente decir, a modo de resumen, que los tres decretos van a incentivar un mayor uso del gallego ya que en Decreto de 1995 hay una equiparación de competencia oral y escrita en gallego en donde hubo un mínimo de materias en gallego. Más tarde, con el Decreto de 2007, se intentó garantizar al alumnado un 50% de enseñanza en gallego, lo cual fue una buena señal ya que se implementarían las horas de gallego en los centros. Pero finalmente, en el Decreto de 2010, se apuesta por un plurilingüismo que no sabemos hasta que punto favorece o no al gallego. Está claro que en ellos tres se intenta motivar y potenciar la enseñanza en gallego, pero, yo veo un claro retroceso del gallego con el último Decreto. Si bien siempre he apostado por un modelo de lengua plurilingüe, ya que soy de las personas que piensa que cuantas más lengua aprenda uno mucho mejor, pero no veo la luz con este Decreto. Podemos decir que está muy bien la enseñanza de lenguas extranjeras en los centros, y que son necesarias hoy en día, pero este plurilingüismo no va a favorecer a la lengua minoritaria que en este caso es el gallego. No es que sea una lengua minoritaria (pocos hablantes) sino que cuando decimos minoritaria nos referimos a que es la lengua más perjudicada y con más posibilidades o riesgo de perder hablantes. Por ello, debemos utilizarla más y no "recortar" su uso como han hecho en el Decreto de 2010. Podríamos apostar por un modelo que incrementase el uso del gallego y redujese el uso del castellano, de esta forma podríamos inserir una tercera lengua (que será el inglés)y el gallego, que es la principal lengua a fomentar, tendría una gran importancia en las aulas. Esto sería posible si no existiesen los prejuicios sobre esta lengua porque en el caso del castellano, claramente vemos que estamos rodeados de ella: televisión, periódicos, etc. El castellano lo aprendemos desde que nacemos "sin querer" porque estamos en contacto constante con esta lengua. El modelo que proponemos debería mantenerse hasta que el gallego alcanzase el grado que tiene ahora el castellano. Una vez conseguido, ya se podrían igualar las tres lenguas al modelo que tenemos ahora del 33%. Pero está claro que una vez más, los perjuicios rodean a la lengua porque visto desde fuera, éste es el modelo que se debería tener. Un sistema plurilingüe no es negativo, al contrario, pero no se pueden poner las tres lenguas en la enseñanza con el mismo porcentaje sabiendo que una de ellas está en un escalón inferior.
Antes de nada gustaríame deixar claro que estou totalemente en contra de todo o que teña que ver con Lexislación; xa que considero que as leis están feitas para non cumprirse tendo así un pretexto legal para incidir repetidamente na tertulias dos políticos que aburren a todo o mundo. Tamén considero que son un exemplo do ben que firman os políticos dominantes cousas que nin sequera redactan, nin creo que lean, en fin están moi ben escritas, cunha linguaxe moi seria e rigurosa pero non feita para o pobo que en escasas ocasións (p0r non dicir nunca) acuden a elas. Deberiamos deixar de permitir que a lingua sexa un instrumento político. Se ben, considero en certo modo útil leer o que se estipula para saber que é o que non se cumpre; é necesario saber a que se adican os partidos (a parte do café das doce e as viaxes promocionais puntuais en momentos de interese propio) e que necesidades de cambio perciben como necesarias no noso sistema educativo. Se ben preferiría unha lectura máis realista, é decir, ver datos ou casos reais neste caso tocou un pouco de lei. Un resumo do meu pensamento: Decreto 247/1995 Señor Fraga un decreto moi chulo, moi ben redactao, soa ata creíble e que realmente se podia levar á práctica. Moito número e referencia a outras leis, moi ben iso de que se dean materias en galego e que os profesores fomenten o seu uso na educación primaria infantil, tamén moi interesante o uso do galego para a historia e o medioambiente, que non se separen os alumnos por mor da lingua e os materias que estén en galego, BLA BLA BLA… ¿Onde se fala da calidade da Educación? ¿ E a opinión dos alumnos? Decreto 124/2007 Señor Touriño, un aplauso merecido pola referencia e a formación dos Equipos de normalización e dinamización lingüística e as Comisións territorias de coordinación. Pero gustaríame destacar a frase: “cómpre reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos”
Teño unha pregunta para vostede ¿cáles son os contextos mortos? E unha vez máis ¿Onde se fala da calidade da Educación? ¿E a opinión dos alumnos?
Decreto 79/2010
Señor Feijóo, a súa aportación pode só resumirse no seguinte: Os pais queren menos galego e máis inglés.
Increíble o uso dos pais para xustificar a súa ansia de ser español, unha vez máis ¿Onde se fala da calidade da Educación? ¿E a opinión dos alumnos?
PARTE 1 Os tres decretos potencian o uso do galego, centrándose nos ámbitos da administración e do ensino. Mentres que o decreto 247/1995 fala da implantación de cursos de galego para o persoal que traballa na administración; o decreto 124/2007 contempla un plan de formación máis específico atendendo especialmente ó profesorado cunha oferta de cursos orientados cara a súa especialidade; así como da necesidade de obter un nivel de perfeccionamento na lingua galega, para poder así participar no concurso de traslados. Seguindo esta liña, o decreto 79/2010 tamén recolle a formación dos funcionarios en prácticas con mesmo contido que no decreto 124/2007; pero non fai referencia ó concurso de traslados e a necesidade de obter un título que acredite o seu nivel de perfeccionamento nesta lingua. Paréceme moi boa medida que os funcionarios continúen a formarse no galego e a súa cultura, pero non estaría de máis acadar un título, que por unha banda é motivo de orgullo, porque consiste nun mérito e por outra (ó ser recoñecido pola administración) axuda á persoa a evolucionar laboralmente, xa que pode entrar nese concurso de traslados e optar a mellorar a súa situación de traballo.
En canto á etapa infantil; o decreto 247/1995 establece que a lingua empregada na aula será a predominante entre os alumnos tendo en conta o contorno (tamén abarca o primeiro ciclo de primaria); o decreto 124/2007 recolle o mesmo co matiz de que esta decisión a leva a cabo o claustro e o decreto 79/2010 matiza que a decisión a debe tomar o centro previa consulta ás familias.
Tanto o o decreto 247/1995 coma o 124/2007 explicitan unha serie de materias que se imparten en galego, tanto en primaria e secundaria coma en bacharelato e educación secundaria, F. P. e ensinanza de adultos. Cabe destacar que o decreto 124/2007 ampárase no PXNL.
O decreto 79/2010 tamén fai referencia ás materias que se imparten en galego pero sempre indicando que para o resto da materias é o centro o que decide que lingua usar (dun modo equilibrado entre as dúas oficiais); sen embargo explicita que tanto Matemáticas, Física e Química como Tecnoloxía deben impartirse en castelán. Isto pódese ver dende dúas ópticas diferentes; podemos pensar que esas materias se imparten en castelán porque son as mellor consideradas pola sociedade e deste modo estaríase a favorecer ó castelán, ou pola contra, que son estas as que teñen unha menor carga lingüística e se prefire reservar o galego para outras materias nas que se traballa máis a expresión e redacción como Ciencias sociais ou Xeografía e Historia.
PARTE 2 Tamén apuntar que tódolos decretos fan referencia ó servizo da inspección como salvagarda dos contidos dispostos neles.
O decreto 79/2010 cambia a nomenclatura dos equipos de normalización e dinamización lingüística denominándoos equipos de dinamización da lingua galega e hai un epígrafe onde se atende ó alumnado con necesidades educativas especiais, en canto a competencias lingüísticas.
Outro punto a tratar foi a da exención da materia de galego (decretos 247/1995 e 124/2007) , á que se acollía o alumnado que viña de fóra da comunidade ó incorporarse ó sistema educativo a partir de cuarto da E.S.O. ou en Bacharelato; mentres que co decreto 79/2010 esta exención aplícaselle ós alumnos que se incorporan xa no terceiro ciclo de educación primaria.
Ata o decreto 79/2010 falouse dunha repartición equitativa entre as horas de galego e castelán de 50%-50% garantindo deste modo a competencias en ámbalas dúas linguas. Co último decreto (79/2010) téntase facer outra repartición equiparando unha lingua non oficial no noso territorio (inglés) ás dúas que si o son quedando deste modo a porcentaxe de horas en 33% para cada idioma. Todo o que sexa enriquecernos culturalmente ca aprendizaxe de linguas paréceme moi positivo, xa que cantas máis linguas saibamos, máis doado resultaranos aprenderen outras. O problema está en que a repartición tripartita pode ser un arma de dobre fío e ir en detrimento do galego (ó restrinxirlle ás horas de importación de materias en galego) e que ó rematar os estudos de Bacharelato, os nenos non acaden a competencia desexada nesta lingua.
O que expón, soa moi ben, formar rapaces e rapazas competentes en tres linguas pero me temo que non será positivo para o galego e resultará un paso cara atrás. De todos xeitos, haberá que esperar a que pasen uns anos para ver se se cumpriu o obxectivo ou, se pola contra, foi prexudicial para o galego.
Despois de ler os tres decretos, faremos una análise comparativa por bloques. No tocante ao reparto de materias por linguas, no Decreto de 1995 avogábase pola equidade entre ambas, fixándose cales debían ser impartidas en galego e cales dependerían do centro. O Decreto de 2007 amplía o número de materias que se impartirán en galego, incluíndo as técnicas, coa intención de garantir as competencias na lingua propia de Galicia tendo en conta a súa situación social de desvantaxe con respecto ao castelán. Pola contra, no Decreto de 2010 retómase a idea “do máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias impartidas nas dúas linguas oficiais de Galicia, co obxectivo de asegurar a adquisición da competencia en igualdade nelas”. Evidentemente, nunha situación de desigualdade, proceder con equidade supón promover a perpetuación da desigualdade. Ademais, o feito que fai deste decreto máis agresivo para co galego que o de 1995 radica no establecemento da posibilidade de impartir en inglés ata un terzo das materias, o que levaría a que o galego se restrixise a outro terzo, e non á metade. Ademais, novamente as materias técnicas teñen que ser impartidas forzosamente en castelán, o que contribúe a dar unha imaxe de que o galego só é válido para determinados ámbitos. En canto ao uso das linguas por parte do alumnado , no decreto do 1995 estipulábase que “nas áreas ou materias impartidas en lingua galega débese procurar que os alumnos e as alumnas a utilicen nas manifestacións oral e escrita”, postura na que avanzou o decreto de 2007, que establecía que nestas áreas “o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita”. Porén, o decreto de 2010 presenta nesta cuestión un carácter bastante retrógrado e alarmante, cando fixa que “o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia”. Isto é un paso atrás moi grave, xa que a pervivencia e equidade das linguas garántese fomentando o seu uso na maioría dos ámbitos posibles. Así, os nenos teñen que acostumarse a falar e expresarse por escrito en galego non só na asignatura de lingua galega. No Decreto de 2010 tamén se introduce un cambio na nomenclatura dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que pasan a denominarse Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Isto pode ter unha connotación negativa, ao suprimirse o carácter normalizador dos equipos e a idea de que existe a necesidade dun proceso de normalización. Logo deste breve análise, cómpre resaltar algúns elementos peculiares do último Decreto. Chamoume a atención o feito de que se realice unha crítica explícita ao Decreto anterior, sinalando que este “orientouse nomeadamente cara á obtención dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio, sen o establecemento dun número ou porcentaxe mínima de materias impartidas en lingua castelá, o cal podería chegar a cambiar o modelo de conxunción de linguas desenvolvido en Galicia desde o inicio da autonomía e aceptado por todos os galegos e galegas”. En primeiro lugar, afirmar con rotundidade que o “modelo de conxunción de linguas” da etapa autonómica é aceptado por absolutamente todos os galegos e galegas é falso, posto que existen posicións refractarias á oficialidade dunha das dúas. En segundo lugar, e o que é máis grave, pártese da premisa de que o modelo establecido no Decreto de 2007, que daba preeminencia ao galego, podía por en perigo o desenvolvemento de competencias en castelán, o que resulta inverosímil, ao tratarse o galego dunha lingua minorizada, en claro retroceso e con menor prestixio social que o castelán. Unha educación en equidade materializarase nunha maior desigualdade na práctica.
A estas alturas o que diga eu pouco pode aportar respecto ó que se dixo acerca dos decretos. Creo que a opinión maioritaria acerca da situación actual é que o galego non sae ben parado e así o penso eu tamén. O que me choca bastante é que tantos e tantos compañeiros do mestrado teñan opinións favorables ó galego. Non hai que pasar por alto que a gran maioría deles terán sobre 21-30 anos, polo que vin nas aulas, e ademais teñen estudos universitarios polo que en teoría deberían estar nesa franxa na que o porcentaxe de galego falantes debería ser baixa, e onde en principio serían persoas que tivesen prexuízos sobre o uso do galego. Eu insisto coma tantas outras veces que o galego forma parte da nosa cultura e que é unha pena que o vaiamos deixando de lado. Creo que os prexuízos que hai sobre o galego estano a “matar” claramente e quizais se debería incidir sobre ese punto para que nos fose mellor. Non poñemos problemas en estudar Ciencias Naturais, Bioloxía, Matemáticas, e tantas e tantas sinaturas e sen embargo estamos a matar á nosa lingua. Unha pena como xa dixen antes.
Despois de tantas opinións diferentes, sobre todo sobre o decreto do plurilingüismo, aquí vai a miña reflexión. O Dereto 247/1995 establece de forma oficial as bases para difundir o galego nas aulas, impoñendo as materias que se deben impartir en galego. O decreto 124/2007 segue os mesmos plantexamentos que o anterior, pero elevando a porcentaxe de materias impartidas en galego ata equiparalas ás do castelan, concretando que se impartan nun 50% en cada lingua. Co decreto 79/2010 consolídanse os principios dos anteriores decretos e como engadido foméntase o uso dunha lingua estranxeira non só como materia a impartir, senón como lingua de docencia ata nun terzo das materias. Este decreto denomínase “para o plurilingüismo”. ”O termo “plurilinguismo” non creo en absoluto que sea excluínte do termo “normalización” ou “promoción” da lingua galega, non por incluír unha lingua estranxeira no ensino ten que deixarse de lado a defensa de que o galego e o noso marco de identidade cultural. O que pasa é simplemente que se están ampliando as fronteiras. Non é que se favoreza o inglés, é a realidade social na que vivimos, e estou dacordo en que deben de afianzarse moito mellor as bases do galego e do castelán antes de pasar a unha terceira lingua, pero a realidade está ahí, e qué mellor que inculcar o uso dunha terceira lingua no ensino para potenciar o seu posterior uso. Como se constata no decreto 79/2010 é un proceso progresivo e voluntario, polo tanto cada centro elixirá se se leva a cabo ou non, pero eu estou moi a favor de esta medida. Ábreselles aos alumnos unha porta de cara a Europa, dado a situación actual, na que a movilidade en cuestión laborais cara outros países está á orde do día. Tamen cabe destacar, como mencionaron moitos dos meus compañeiros, que o que probablemente falle é a súa aplicación. Debería de estar máis controlado que estos plantexamentos se cumplisen verdadeiramente nas aulas, cousa que non estou moi segura de que pase.
En todos os decretos querese equiparar o galego co castelán ou co inglés (no último decreto), pero tamén é certo que o catelán é importante porque o salir de Galicia vas ter que desenvolverte neste idioma (e polo menos ter algo de soltura). Pero en todos os decretos quérese dar algo máis de importancia ó galego, xa que se recollen os equipos de dinamización da lingua galega.
Con el decreto 247/1995 se propone el uso del gallego en una serie de áreas del currículo con la intención de equiparar competencias en las dos lenguas. El decreto 124/2007 avanza en esa dirección y lleva a la equiparación en la utilización del gallego y castellano (al menos 50% de la docencia en gallego). Además se introducen los Equipos de Coordinación y Dinamización Lingüística, con lo que se vislumbra una mayor preocupación por el gallego como lengua minoritaria. El cambio más significativo que tiene lugar en el decreto de 79/2010 es el de fomentar la impartición de materias en una lengua extranjera, principalmente en inglés, para que se llegue ofrecer un tercio del horario lectivo en esta lengua.
En mi opinión esta disposición es el resultado a una demanda social y laboral, es incuestionable que el inglés es actualmente una herramienta de trabajo casi imprescindible, y pretende resolver el bajo nivel oral que tienen a día de hoy los estudiantes españoles de la manera más eficaz, incluyéndolo como lengua vehicular en la escuela. En ese sentido creo que es una buena medida.
Sin embargo creo que el decreto en este punto es un tanto engañoso. Parece que se propone un futuro con un uso equilibrado de los tres idiomas, pero obviamente no se pretende llegar a este equilibrio, ya que las tres lenguas se encuentran en una situación muy distinta y no se toman las medidas necesarias para corregirlo: en cuanto al gallego no se le presta una mayor atención por tratarse de la lengua en receso y en cuanto al inglés se propone un cambio “progresivo y voluntario” que no compromete a nada. Es decir que no se trata de la medida “justa“ que puede parecer a primera vista.
Por último, resaltar dos puntos negativos que a mi entender comparten los tres decretos: _Son poco o nada específicos a cerca del control de su aplicación y de la evaluación de sus resultados. _En ninguno de ellos se tiene en cuenta las características lingüísticas del área al que corresponde el centro, es decir, que no tiene en cuenta que lengua utilizan más sus alumnos y por contra, cual necesitarían reforzar por tener en ella mayores dificultades.
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística é o punto de partida xa que dela deriva o resto da normativa que trata as linguas no sistema educativo galego. Por orde cronolóxico temos en primeiro lugar o Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, elaborado no marco de aplicación da Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE). Composto por 11 artigos, 2 disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e 2 disposicións derradeiras.
Xa no marco da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE) e derogando o Decreto 247/1995 entra en vigor o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Formado por 21 artigos, 5 disposicións adicionais, unha disposición transitoria, unha disposición derrogatoria e 2 disposicións derradeiras. O Decreto vixente é o 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Composto en 4 capítulos formados por 23 artigos e 5 disposicións adicionais, 2 disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e 2 disposicións derradeiras. Parten os tres decretos dunhas disposicións xerais e seguen unha estrutura similar. Dispoñen primeiro o uso do galego pola Administración educativa nos documentos e nas actuacións administrativas. O D 79/2010 introduce un aspecto que non aparece nos outros: “ As programacións e outros documentos didácticos das materias de lingua redactaranse, con carácter xeral, na lingua respectiva.” Falan todos dun plan de formación para todo persoal dos centros educativos para que podan desenvolver a súa actividade profesional en galego. Tanto no D 247/1995 como no D 124/2007 regúlanse as materias que se imparten en galego nas distintas etapas educativas (ao redor do 40% no primeiro e un mínimo do 50% no segundo). Pola súa banda o D 79/2010 marca as materias a impartir en galego e outras obrigatorias en castelán. Reducindo o número de horas para as materias en galego. Outro cambio importante deste último decreto é que a decisión da lingua que usará o profesorado en educación infantil (lingua materna predominante) será determinada polo centro educativo previa pregunta a nais e pais. No D 214/2007 está decisión tomábaa o claustro.
Na formación profesional garántese o coñecemento do galego no D 247/1995 e no D 124/2007 mentres que o D 79/2010 reduce o seu uso á metade das materias. Introduce o D 124/2007 o regulamento das ensinanzas das persoas adultas: 50% en galego nos niveis I e II, e a totalidade no nivel II e en bacharelato. O D 79/2010, dando pasos atrás, fala de novo da adquisición das competencias nas dúas linguas oficiais. Estes dous decretos establecen un plan específico destinado á nova poboación inmigrante que se está a asentar en Galicia, que prevexa formación lingüística, coñecementos históricos e socioculturais. Regulan amplamente o proxecto lingüístico do centro, que non o menciona o D 247/1995 e a exención da lingua galega. Novamente o D 79/2010 desfavorecendo o aprendizaxe do galego amplía o colectivo que pode obter a exención (neste 3º ciclo de primaria, ESO e bacharelato, mentres que no anterior decreto optaban a exención o alumnado que se incorporase en 4º de ESO ou en bacharelato procedente de fora de Galicia). Fago unha paréntese para comentar que eu cheguei a A Coruña na metade de 3º de ESO (son galega pero vivía en Madrid) e non tiven nin exención de Lingua e Literatura Galega nin problemas para superar a materia, un pouco de esforzo e cariño, nada máis. No D 124/2007 aparecen os Equipos ne normalización e dinamización lingüística para potenciar o uso da lingua galega nos centros que co D 79/2010 pasan a chamarse Equipos de dinamización da lingua galega. O tres decretos dispoñen que os servizos de inspección educativa velarán para que en todos os centros educativos se cumpra o establecido neles. Feito que non debeu ocorrer pois, na miña experiencia cada profesor e profesora que tiven nos distintos niveis falaban na clase na mesma lingua que usaban fora. Eu aínda tiven sorte e recibín (mais sen chegar ao 50% normativo) moitas materias en galego. Para rematar a maior novidade do D 79/2010 é o fomento da impartición de materias en linguas estranxeiras para chegar, xa non a un bilingüismo, se non a un plurilingüismo onde se equiparen as horas lectivas do galego, castelán e inglés. É dicir, que o tempo para o ensino en galego pasa do 50% ao 33%. Vivimos en Galicia e somos galegos ¿por qué temos que recibir o 66% das materias en linguas alleas? O decreto vixente mostra un retroceso para a normalización e a promoción da lingua galega, si é que os anteriores conseguiron avance algún. Non teño ningunha esperanza nos políticos que elaboran estas leis e decretos, mais confío plenamente en nós, que (se nos deixan) seremos os futuros docentes nos centros de Galicia e levaremos ó galego as aulas e transmitiremos ao noso alumnado o cariño e respecto que merece a nosa lingua.
Seguramente haxa moi poucas cousas que non aportasen xa os meus compañeiros, polo que tentarei facer sobre todo unha valoración persoal. Os decretos xorden co obxectivo de protexer e fomentar a lingua galega, mais de diferentes xeitos. Co decreto 247/1995 téntase equiparar no sistema educativo o mesmo número de horas de galego e castelán, xa que ata ese momento non existía ningunha regulación específica neste eido. Este propósito finalmente non se chegou a cumprir, polo que cómpre establecer outras bases que fomenten o galego dun xeito máis ambicioso. Así, temos o decreto 124/2007, que penso que introduce un aspecto clave: para fomentar o galego non é dabondo só o galego no ensino, senón tamén o seu emprego como lingua vehicular no sistema educativo, clave para a adquisición de competencias lingüísticas. Téñense en conta os contornos dos alumnos: en caso de seren castelán falantes, trátase de introducir o uso do galego cun número de horas que en ningún caso pode ser menor que o do castelán. Alén diso, preténdense fomentar os contornos galego falantes na educación infantil, xa que é fundamental que os alumnos se familiaricen desde edades moi novas. Na miña opinión, trátase dun decreto xusto que procura impulsar unha lingua que se atopa en desventaxa a respecto do castelán. Creo que non se poden tratar por igual dúas linguas cando non gozan do mesmo estatus. Por iso, considero que o decreto 79/2010 supón un retroceso. O galego pasa a estar moito menos presente e equipárase co mesmo número de horas a unha lingua estranxeira, o inglés. Recoñezo que o que persegue este decreto é positivo, mais non creo que sexa realista, pois non penso que sexa posíbel acadar unha suficiente e correcta competencia das tres linguas. Se xa había problemas para garantir a presenza do galego nas aulas, como se vai garantir agora cando a súa presenza se reduce? Penso que a liña que se trata de seguir con este decreto responde ás demandas de gran parte da poboación, mais non penso que sexa a maneira máis axeitada de asegurar ditas demandas, cando se desatende unha lingua propia do noso país, que precisa de medidas para garantir a súa presenza e o seu uso, en detrimento doutra lingua estranxeira, que non posúe carácter oficial no noso país. Podería aplicarse o conto de que «quen moito abarca, pouco apreta».
Vou tentar facer un pequeno resumo de cada un dos decretos e como á a miña opinión da evolución que se ha acadado
No decreto 247/1995, proponse por primeira vez a unha proporción igual de horas para ámbalas dúas linguas oficiais. Sen embargo, so se fixan unas horas mínimas que se deben cumprir e deixa o resto a opción persoal do centro, de maneira que na realidade, era moi complicado que este feito chegara a cumprise. Na educación infantil promovese que o idioma no que se comece a ensinar os cativos, sexa a lingua maioritariamente falada na súa contorno.
Xa no decreto 124/2007, tratase de solucionar todos o erros que se puideran albiscar no decreto anterior. Por exemplo, xa se fixan a lingua en que deben de falarse todas a materias para tentar asegurarse de que cumpran o porcentaxe esixido. Tamén e importante comentar que sa se pide que nos ambientes maioritariamente castelán falantes, a lingua empregada no ensino para os cativos xa non sexa unicamente o castelán e que comécese a falarlles en galego.
No decreto 79/2010. O Galego, pasa a falarse so nun 30% das horas, xa que se introduce no currículo o feito de que un 30% das clases débense dar en Inglés. Por último, neste decreto non se lle da tanta importancia a lingua que se debe empregar nas zonas castelanfalantes. E importante salientar que as clases de maior prestixio volven a ser en castelán.
A miña opinión é que todos os avances acadados no decreto do 2007, quedaron en papel mollado ca formulación do decreto do 2010. A miña opinión, e que con este decreto, trátanse de acalar todas aquelas voces críticas que puxeron o grito no ceo co decreto do 2007. Non se poden equipara a linguas como o inglés e o castelán có galego, xa que o galego e unha lingua minorizada e polo tanto necesita dun impulso maior cás outras dúas. É mais, o castelán e o inglés presentan medios de difusión con moita mais forza que a lingua galega e se atopan nunha situación menos perigosa. Tendo en conta que o galego pasou no 2002 a formar parte do libro branco das linguas, compre tomar medidas para mellorar o seu prestixio y fomentala súa fala, non para faceres todo o contrario.
Os tres decretos tratan de potenciar o uso dol galego,con diferentes propostas. No decreto 247/1995 establecese que ó ensino será do mesmo número de horas en castelán e en galego. Establece cales son as asignaturas en cada unha das linguas.Non potencia o galego no ambito extraescolar. O decreto 124/2007 si que potencia a lingua no ambito extraescolar e propón o galego como lingua base do aprendizaxe ,establece que a educación infantil debese basear na lingua materna ,determinada polo claustro e pretende que a docencia sexa nun 50%en cada lingua. O decreto 124/2007 tamen potencia a lingua no ambito extraescolar e fai unha proposta plurilinguistica na que propon que a docencia sexa nun 33% en cada lingua,sendo estas o castelán,o galego,e unha estranxeira, xeralmente o ingles.Se realmente se levara a cabo esta ultima proposta na práctica ,para eso habería que formar e concienciar ben ó profesorado,que realmente apreciaran a diversidade lingüística e loitaran por ela,sería moi bo e moi enriquecedor, xa que saeríamos da escola desenvolvendonos en 3 linguas, o castelán o galego e o inglés,esto traería consigo 3 cosmovisións,3 formas de ve-lo mundo,a vida.
A estas alturas ya esta claro que los tres decretos tratan de incrementar el uso de la lengua gallega, por lo que poco o nada puedo añadir sobre este tema. En cuanto al tema del plurilingüismo, no creo que el gallego se viera afectado negativamente ni creo que sea necesario ni bueno quitar protagonismo al castellano para dárselo al inglés. Está visto que en muchos países de europa los alumnos son capaces de aprender hasta tres lenguas sin problemas, por lo que no veo justo que para aumentar el porcentaje de una lengua se tenga que disminuir el de otra. La idea en sí es buena, y aunque a la hora de la verdad sea muy complicado de hacer, ya que es necesaria la participación de un profesorado capacitado para dar las asignaturas en estas tres lenguas, es una idea que no debe darse por vencida. La escuela es la mejor erramienta para que los estudiantes dominen una lengua, porque viendo la tele (como algún compañero ha mencionado) puedes aprender a entender la lengua, pero la tele no te enseña la lengua ni te enseña a usarla con propiedad.
PARTE 1 O decreto do 2007 engade ó plan de formación do art.2º do 1995 o coñecemento dos aspectos lingüísticos do galego, o cal supón un pequeno pero importante engadido. Tamén introduce como novidade a formación dos funcionarios e funcionarias en prácticas e a obriga de acreditación de capacitación na lengua galega para poder participar no concurso xeral de traslados a prazas en que é preceptivo o uso do galego. Para a etapa de educación infantil o decreto do 2007 engade o fomento da adquisición progresiva da lectura e da escritura en galego, pero non indica como. Para a ESO hai un aumento das materias que se deben dar en lingua galega e fala ademais de proporcionar competencia nas dúas linguas pero tampouco establece como conseguilo. Outro engadido deste decreto respecto ó do 1995 é o plan específico para a poboación inmigrante na ensinanza de persoas adultas. No tocante ó proxecto lingüístico de centro penso que o decreto do 2007 está moito máis reducido e menos definido có do 1995, mais sí engade algo que achaba en falta neste, que é o fomento do uso da lingua galega nas actividades complementarias e actos que o centro organice, o cal me parece totalmente necesario. Tamén se fala da exención, que apenas se mencionaba no decreto do 2005 e dos equipos de normalización e dinamización lingüística. Ademais, engade as comisións territoriais de coordinación e, máis importante, a actuación dos servizos de inspección, a cal considero totalmente insuficiente, xa que o único que di é “velarán”.
PARTE 2 O decreto do 2010 ten a súa maior novidade xa en primeiro lugar, na referencia ó plurilingüismo, entendéndose de este modo a inclusión da linguas estranxeiras. Tamén en educación infantil inclúese a obriga de que o centro faga constar no seu proxecto lingüístico as estrategias e actividades para que o alumno adquira o coñecemento das dúas linguas oficiais, o cal é un pequeño avance na teoría en comparación co decreto do 2007 mais é todavía insuficiente xa que non asegura o seu cumprimento. Pareceume significativo o cambio das matemáticas á lingua castelá tanto en primaria como na ESO e tamén na ESO o cambio de física tamén a lingua castelá. Como xa se comentara na clase, parece moita coincidencia que este cambio tivera lugar nas materias de máis prestixio social. No artigo referente á FP parece haber tamén un retroceso pois fala dunha oferta equilibrada, en vez de indicar a porcentaje. Neste decreto do 2010 o proxecto lingüístico do centro aparece máis especificado, mais coido que aínda así, hai un pequeño retroceso respecto ó decreto do 2007 xa que neste pedíase unha elaboración anual do mesmo, mentres que agora esta é cada catro anos. Como punto positivo está o punto 4 do artigo 14, que establece un maior contro para a escolla da lingua materna predominante no alumnado. Vexo ben que se lles pregunte ós pais porque se cadra, aínda que os nenos non falen unha certa lingua, pode que os pais queiran que se lles ensine nela. No tocante á inspeción educativa, parece que non houbo ningún cambio, xa as medidas xa eran insufientes e non se corrixiu nada. A maior novidade do decreto do 2010 está na inclusión das materias en linguas estranxeiras.
Xa está longamente discutida a evolución que hai nos decretos, e si creo que hai un retroceso na protección ao galego, entre outros, no 79/2010. Porén, a introdución da posibilidade de dar materias nunha lingua estranxeira paréceme un avance. Coido que ese terzo (como máximo) de materias en LE non está desperdiciado. Máis ben, non estaría, dubido eu moito que se chegue a dar máis de un par de materias, sobre todo na actual crise que redundará nunha falta de recursos para a educación. Claro que aumentar as horas en LE significa menos horas en galego, mais hoxe en día unha educación completa non se entende sen unha lingua estranxeira e, tal e como estaba plantexado o uso da LE anteriormente, non se garantía o suficientemente a aprendizaxe real. Mais, como dicía antes, o máis probable é que dentro duns anos cambie o decreto sen que se chegara ao 33% de máximo na LE na maioría dos centros.
Chegar a estas alturas do conto e pretender engadir algo interesante ou novo ás reflexións parece pouco intelixente. En calquera caso, cumpría deixar algún apuntamento: A comparativa destes decretos máis recentes que afectan á consideración, uso e ensino da lingua galega (estritamente das linguas, no caso do último e actual, non "especificamente" do galego, pero entendámnonos) haberá que facela tendo un pouco en conta xustamente iso, o seu momento, o seu momento na evolución normativa e lexislativa. E, dese xeito, unha vez contextualizados, quizá se entendan mellor algunha das súas características ou, más que as súas características un pouco a súa esencia, por que vén determinada. Así, no decreto (actual) do plurilingüismo, como mencionamos e como se ve xa dende a propia denominación, deuse un xiro, aparentemente copernicano, canto o foco de atención. Plurilingüismo di, e non é uso do galego, ou normalización lingüística pensada pola confluencia de galego e español. Está aí esa pretensión de ser máis comprensivo, de avance na súa concepción e de incluír outras linguas... as linguas estranxeiras. Aínda que, bueno, quizáis sexa pretencioso co enfoque dado falar de plurilingüísmo, non? En realidade non é a competencia noutras linguas, é a competencia nunha outra lingua estranxeira. Podían terse quedado en chamala lei para o trilingüismo, non? Bueno, máis reformas haberá (seguro!), así que quizá acabemos por chegar a outro concepto de plurilingüismo (discutímolo tantas veces nas aulas, e parece ata tan utópico chegar a ese concepto claramente máis enriquecedor...), un concepto que non queira decir únicamente na praxe "mellorar a competencia en inglés". Supón, en calquera caso, desde a súa intencionalidade, un paso de afondamento na idea de normalización lingüística en canto ó ensino en consideración especial da situación do galego como lingua "débil" no noso contexto fronte ó galego. Pero, como dicimos, cun querer ir máis aló, considerar a importancia do momento e contexto actual de mobilidade e de encaixe internacional (europeo quérese dicir, en realidade, desde logo), para facer énfase na necesidade do ensino de linguas estranxeiras (inglés, simplemente, en realidade, pero ben, a estas alturas xa sabemos como vai o conto e os prexuízos sobre lingua e linguas cos que nos toca lidar nos nosos tempos...). Aínda que verdade é, e ten nisto razón Iago tamén, que non está mal ese intento, que é bo, e é, claro, un avance no ensino (na aprendizaxe, máis ben) da lingua estranxeira, da competencia a través da introdución desa lingua cunha porcentaxe equitativa como lingua vehicular nas materias. Mais... equitativo? Por que o resultado do que quedou definido, ese chegar ó 33% e manter o equilibrio entre as tres linguas? Acaso a situación de partida xa é equitativa? Non parece moi razoable, neste sentido que a "sentenza" sexa que igual para todos cando o punto de partida é desigual, e cando non podemos esquecer que o propósito de normalización tamén estaba na concepción (en teoría) desta lingua... a priori, como digo, non me parece que sexa moi coherente o funcional a conclusión. E, ben, iso xa sen entrar a cuestionar que a igualdade, nin sequera sobre o papel é tal. Que se están establecendo nomeadamente as materias que se darán en castelán. E... ben, non deberiamos querer ser tan neutros de pensar que non hai intencionalidade niso, tampouco que non hai prexuízos. Por que esas materias e non outras? Se se establecen é porque se considera importante nalgún sentido, e parece, cando menos curioso, que sexan xusto matemáticas, ciencias (tecnoloxía, física e química) as materias asignadas para o castelán... Xógase sen moito disimulo coa concepción xa establecida da percepción das linguas do seu prestixio e oportunidade para segundo que cousas, e vincúlase tamén co "prestixio" de determinadas materias de estudo e non outras. Por iso... fai reflexionar un pouco.
E por rematar un pouco... Non podemos pensar, pois, que vaia ser o derradeiro decreto. Non naceu xa con demasiada forza e a contestación e mobilización (tamén desde sectores institucionais da cultura galega) que supuxo (canto proposta inicial) é máis que significativa. Certo que se modificaron(e moito) as bases para ese decreto antes de poder ser aprobado o decreto. E, ben, quizá ó final se afinara moito máis, pero non parece tampouco que sexa a proposta acabada e, aínda podendo concordar todos que si, que asi é... hai que pensar que as situacións non son estáticas e que as lexislacións avanzan (non á par, desde logo) levadas por eses cambios situacionais, de contexto e, tamén, obviamente, de ideoloxía. Así que... poderiamos estar xa impacientes por ver por onde se fai a énfase na próxima ocasión. Viñamos do decreto anterior, o de 2007, que en realidade por denominación xa falaba doutra cousa... de fomento do uso do galego. Parece que, nese sentido é máis específico ou máis concreto... co foco no galego e na súa situación. Mais, como diciamos hai que pensalo en contexto no que se redacta. E, claro, aí estaba de fondo o compromiso adquirido polo Estado coa Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Un compromiso que pasaba por protexer e incluso incrementar a presenza da lingua rexional, do galego, neste caso, e de garantir que sexa maioritaria no sistema educativo. En certo sentido, este compromiso si parece un pouco máis cabal ó tratar desigual situacións desiguais. Aparece o proxecto lingüístico do centro, e parece que por aí se está coidando de xeito especial dese fomento da lingua galega. Parece que o avance, a respecto do decreto do 95 era real, alí si, estaban determinadas as materias que se reservarían para a lingua galega, mais ó non cumprirse, ou mellor dito, ó ninguén vlar polo seu cumprimento, parecía que quedara un tanto no aire. Este de 2007 hai que velo, sen dúbida como un grande avance para o galego, para a súa normalización efectiva. Mais claro, como vimos de reflexionar sobre o punto no que nos deixa o decreto do plurilingüismo... parece que, neste sentido, en realidade o decreto de 2010 e unha reacción contra os "excesos" ou "bondades", segundo o enfoquen uns ou outrs, do de 2007. Por iso, un pouco dicía eu antes, que agardemos o sentido do que vaia vir... porque, sen dubidalo moito, tamén será a reacción a algo.
En liñas xerais os tres decretos tratan de potenciar o galego, tanto no ámbito da administración coma no ámbito do ensino. A sensación tras ler os tres decretos, e que perfilan unha chea de ideas teóricas, que no mundo real, a lo menos dende o meu punto de vista, non foron levados á práctica dun xeito moi eficiente. Está ben empregar o ensino como sector fundamental para a implantación de hábitos lingüísticos en galego, dado que é a propia lingua un elemento vehicular do ensino, pero falta moita labor de concienzación sobre as persoas, para que sintan a necesidade de coñecer e empregar a lingua propia da súa comunidade.
ResponderEliminarCon todo, e grandes rasgos, o Decreto 247/1995, establece o mesmo número de horas ó ensino do galego e do castelán, e non trata de potencialo galego en ámbitos extrascolares (cousa da que si que se preocupan o Decreto 124/2007 e o Decreto79/2010)
O Decreto 124/2007, pretende instaurar o galego como idioma base de aprendizaxe. Chama a atención o feito de que se manisfeste en contra de separar ós alumnos por motivos da lingua (entre o galego e o castelán), e señan separatistas no trocante á exención do galego.
Tamén xurden a través deste decreto os primeiros equipos de normalización e dinamización lingüística, para potenciar o uso dalingua galega.
Por último, no Decreto 79/2010, ainda que tamén toma o galego como idioma base de aprendizaxe, ao igual que no decreto anterior, a medida que avanzamos na súa lectura, atopamos a intención de equiparar o galego ás linguas extranxeiras, promovendo máis directamente unha delas (o inglés), provocando a reducción directa de horas de ensino na nosa lingua. Baixo a idea da educación plurilingüe, reparte o horario escolar baixo a regra de "1/3 de formación en cada lingua". Este último decreto mantén os equipos de dinamización lingüística (antes chamados equipos de normalización e dinamización lingüística), e introduce dun xeito moi positivo, a necesidade de adaptar o sistema educativo no trocante ás competencias lingüísticas, ao alumnado con necesidades educativas especiais.
Os tres decretos suliñan a necesidade da revisar o cumplimento da lei a través da figura do inspector, pero en vista das experiencias vividas, e as que saen nos medios de comunicación, e unha figura na que poño en dúbida a súa eficacia tal e coma hoxe en día se atopa regulada.
Despois de ler o comentario de Yolanda penso que non hai nada máis que dicir...
ResponderEliminarSimplemente un análise moi bo...
Estou de acordo en todo con ela.
Yolanda fixo un resumo perfecto dos decretos. No 247/1995 busca unha equiparación de competencia oral e escrita entre ambas linguas ao remate de cada un dos ciclos educativos non universitarios a través dun número mínimo de materias que se deben impartir en galego. O Decreto 124/2007 di que en Educación Infantil o profesorado usará a lingua materna predominante entre o alumnado, que será determinada polo claustro. Nun anexo,ao final, tamén expresa a necesidade de garantir que o alumnado reciba o 50% de docencia en galego,en primaria, secundaria e bacharalato entre outros. No último Decreto, o 79/2010 apóstase pola inclusión dunha lingua extranxeira, o que supón a reducción de horario lectivo na lingua galega. Como xa dixo a miña compañeira, mantéñense os equipos de dinamización lingüistica. Non sei ata que punto funcionarán estes decretos, tamén dependerá do centro e da sua situación xeográfica diste. Eu recordo que no meu instituto moi poucos falaban galego, pero si acórdome dunha profesora que era do País Vasco e nembargantes falaba,ou intentabao,en galego. Cóstaballe,pero ela empregaba a nosa lingua. Espero que co tempo cheguemos a unha normalización ben consolidada.
ResponderEliminarPola miña parte, entendo que as ideas xerais dos decretos quedan moi ben resumidas nos comentarios anteriores dos meus compañeiros.
ResponderEliminarEn cando á sensación que me deron os decretos teño que dicir que foron semellantes ás dun programa electoral, con bastantes ambigüidades e sen concrecións, o que nestes casos remata nunha liberdade de aplicación en ocasións perigosa.
Atendendo á súa evolución, as medidas sofren un proceso iterativo e incremental, engadindo despois do primeiro decreto medidas coma a formación dos funcionarios na lingua galega, a inclusión dos proxectos lingüísticos dos centros, o fomento das actividades complementarias en galego, os equipos de normalización e dinamización lingüística (chamados no último decreto equipos de dinamización da lingua galega)... todos eles ó meu parecer positivos, sempre e cando o seu funcionamento sexa o adecuado.
Decateime por outra banda, que se produciron algunhas regresións (ao meu parecer):
-No caso das ensinanzas de persoas adultas, que no decreto 124/2007 establece o 50% de cada idioma nos niveis I e II, e únicamente o galego no nivel III (ESO) e Bacharelato; no decreto 79/2010 establecese o 50% para todos os niveis deste tipo de ensinanza.
-No decreto 79/2010 auméntase a marxe de idade na que os alumnos poderán quedar exentos da cualificación das probas de lingua galega. No decreto 124/2007 establecíase que podería quedar exento o alumnado que se incorporase a partires de 4º da ESO, mentras que no 79/2010 esta exención aplicase xa dende 3º ciclo de educación primaria.
Por último, coincido cos meus compañeiros en que a inclusión da lingua estranxeira no derradeiro decreto prexudicou o número de horas de galego claramente.
Un saúdo.
Alberto Silva López.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarOs resumos dos meus compañeiros sintetizan realmente ben o expresado nos decretos. Eu, pola miña parte, propoño unha visión un tanto distinta con respecto ó derradeiro decreto e ó falado na clase. O feito de que o D79/2010 estableza como asignaturas obrigatorias en galego Ciencias sociais, xeografía e historia, ciencias da natureza e bioloxía e xeoloxía paréceme un xeito de intentar promove-la lingua. Tendo en conta que son as materias con máis carga lingüística,esa selección só trata de favorecer o galego. As matemáticas ou os elementos químicos van ser os mesmos independentemente da lingua na que se ensinen. O mesmo acontecerá coas fórmulas e os números empregados. Mais no canto das asignaturas en galego, ademais de utilizalo como lingua vehicular na clase, esas materias van esixir un certo traballo lingüístico: confección de esquemas, resumos, mesmo artigos de opinión... o que facilitará un maior uso da lingua.
ResponderEliminarPor outra parte, a utópica pretensión de acadar( paulatinamente) o ensino,cun número igual de horas semanais, dunha lingua extranxeira, paréceme perfecto. Do mesmo xeito que non se cumpriron antigos decretos con respecto ó uso do galego, o cumplimento deste novo é realmente difícil. Mais, senta unha primeira base para que, no futuro, ademais de sermos competentes nas nosas dúas linguas oficiais, poidamos ter uns coñecementos mínimos dunha lingua extranxeira.Aínda no suposto de que se alcanzase o reparto equitativo de horas, o nivel de competencia nunca sería o mesmo, porque podemos empregar o galego na estrada, ou coa familia, pero o inglés.... E se etamos todos a favor do coñecemento lingüístico, canto máis amplo mellor xa que nos permite comunicarnos co maior número de persoas, vamos rexeitar o inglés simplemente por se-la lingua do poder? Non deberiamos. Así que o intento de acadar un mínimo de competencia nunha lingua extranxeira, aínda que para acadar ese mínimo teñamos que equiparar o número de horas que se usan as linguas de modo vehicular, paréceme ben. Temos que aspirar ó máximo,e non conformarnos con saber falar ben só as nosas linguas oficiais.Penso que esa é a idea do decreto, nada que ver con deixar de aprender o galego en prol do inglés.
No podría estar más de acuerdo con lo que ha dicho Alba. El Decreto 79/2010 lo que intenta es hacer que se adquiera una competencia lingüística no sólo en las dos lenguas oficiales sino también en una lengua extranjera como el inglés que hoy en día tanto a nivel mediático como en general en todos los ámbitos es la lengua más usada. En la cuestión de las asignaturas opino lo mismo ya que en matemáticas o física el porcentaje de lengua usado es bastante bajo en comparación con asignaturas como geología, biología o historia. Precisamente lo que se intenta es impulsar y promover el uso del gallego tanto a nivel escrito como oral. En lo referente a lo hablado en clase sobre impartir por defecto como lengua extranjera el inglés y no otra lengua pienso que se escoge esa como primera LE y no otra porque saber inglés te proporciona una competencia y unas herramientas para poder desenvolverte en muchos ámbitos como el tecnológico, científico, por no hablar a la hora de viajar que sabiendo inglés te desenvuelves en todos los sitios. Ahora desde 1º de la ESO ya les imparten francés como 2ª LE, así que creo que esto es un avance progresivo y que si alguien quisiera aprender más idiomas para eso existe la EOI. Debido a mi formación soy de la opinión de que cuantas más lenguas sepamos mejor y más recursos tendremos a la hora de comunicarnos pero creo que en ESO/BACH se debe establecer una lista de prioridades y escoger lo más útil para los alumnos y ya con el tiempo ellos decidirán si quieren aprender otra lengua o no, que tienen toda la vida por delante. Cuestionar esto a estas alturas sería como cuestionar si se imparte o no matemáticas y literatura.
ResponderEliminarSobre lo de repartir la enseñanza equitativamente en castellano, gallego e inglés pienso que es un avance lo de incluir la LE ya que, a diferencia del gallego y el castellano, no es una lengua que podamos oír y practicar en cualquier ámbito de la vida cotidiana. Ver esto como un menoscabo para el gallego me parece un poco fuera de lugar ya que la normalización del gallego no implica deshacernos del resto y sólo centramos en él sino que tenga la misma presencia que las demás y que los alumnos adquieran las competencias suficientes para desenvolverse en esa lengua tanto a nivel escrito como a nivel oral pero sin olvidar que existe un mundo ahí fuera y que precisamente hoy en día el conocimiento de las LE es un hándicap tanto a nivel personal como en el mundo laboral y algo necesario para el progreso, la evolución y contacto con el mundo. No creo que ponernos una barrera y conformarnos con saber lo de casa sea una opción y menos una visión rentable para los tiempos que corren. Bajo mi punto de vista, lo ideal es lo que se intenta hoy en día, que es hacer una equiparación entre las tres lenguas y que los alumnos al terminar Bachiller posean competencias lingüísticas suficientes como para desenvolverse en las cuatro destrezas principales que son: comprensión oral, comprensión escrita, expresión oral y expresión escrita. Porque si el argumento es que en algunas zonas por razones sociolingüísticas sólo se habla castellano, pues entonces la necesidad de la práctica del inglés se incrementaría puesto que el porcentaje de inglés disponible a diario sólo existe si utilizamos recursos online. Precisamente hablar de plurilingüismo es hablar de diversidad y, eso incluye un amplio rango de idiomas, no sólo las oficiales del territorio y con este decreto lo que se intenta no es menospreciar el gallego porque por esa regla de tres también el castellano quedaría relegado a un uso menor, pero para nada es así. Lo que se intenta es que los alumnos no sólo posean competencia escrita en inglés sino, por fin, también en el ámbito oral y así darles herramientas suficientes para expresarse en esa lengua y que el día de mañana puedan tener cuantas más oportunidades en el mundo laboral mejor.
De eso se trata a fin de cuentas, de proporcionarles una formación lo más completa posible para que tengan un buen nivel a la hora de escoger un camino u otro y no quedarnos en debates lingüístico-políticos que lo único que hacen es perjudicar al alumno. Creo que tender a centrarnos sólo en el gallego o en una lengua sola (sea castellano u otra) y obviar lo demás es un error, en la igualdad está el éxito y los extremos y cerrarse a los avances sólo nos hace retroceder.
ResponderEliminarDe todos modos, adquirir un buen nivel de la LE sólo con eso es difícil sobre todo a nivel oral pero creo que es un gran avance y que muchos de nosotros desearíamos haber tenido esa suerte cuando estábamos en ese nivel de educación.
En lo que respecta a los otros decretos, el Decreto 247/1995 establece cuales son las asignaturas que se imparten en gallego y cuales las que se imparten en castellano mientras que el Decreto 124/2007 se centra en fomentar el uso del gallego y en que haya un 50% de enseñanza en cada lengua. El D247/1995 no se centraba tanto en el fomento de la lengua gallega sino en el establecimiento del uso de una y otra y el D124/2007 ya ahonda en la materia y propone mejoras en ese aspecto, sobre todo porque el anterior decreto, en la práctica, no se cumplía en muchos centros, sobre todo en entornos castellanohablantes. De ahí surge en este decreto de 2007 el uso y necesidad de equipos de normalización y dinamización lingüística para potenciar el uso del gallego y su competencia lingüística por parte de los alumnos. Con el D124/2007 sólo en educación infantil se impartirán las clases en la lengua materna del alumnado mientras que antes con el D247/1995 era en educación infantil y el primer ciclo de educación primaria. Con el D79/2010 se empieza a hablar de plurilingüismo y se abren nuevos horizontes y oportunidades a los alumnos.
Tocante a esto, otro tema de fricción sería si los profesores de la sección bilingüe están preparados o no para impartir esta enseñanza ya que un B1 es un nivel bastante bajo puesto que equivale a un Intermedio II de la EOI o al PET (Preliminary English Test) de Cambridge. Entonces esto hace que cuestione no el planteamiento del plurilingüismo, que me parece una opción perfecta para el alumnado, sino el nivel de exigencia con el profesorado ya que tener un B1 implica poder entender argumentos y conversaciones sencillas sobre temas conocidos y expresarse de forma sencilla y coherente sobre temas conocidos e intereses personales mientras que para poder dar una clase de la asignatura que sea creo que se debería tener mínimo un B2 y así poder desenvolverse con soltura y poder hacer que los alumnos logren esa misma competencia lingüística al tiempo que aprender una determinada materia.
Sobre as diferenzas entre os decretos, creo que se ós comentarios de Yolanda, Alberto e Silvia, lles engadimos o comentado na aula, o que eu resuma sería una repetición innecesaria.
ResponderEliminarCoincido co dito por Alba, no tocante ó decreto do pluringüismo, pois non o entendo como un detrimento do galego, senón como una formación máis completa para os alumnos que, se todo sae ben, deberían abandoar a escola dominando tres linguas moi importantes, dúas por seren propias deles e a unha terceira pola súa presenza en múltiples e diversos ámbitos a nivel mundial. Como alumna, houbérame gustado rematar a ensinanza obrigatoria cun bo dominio do inglés (e non estar, agora e tras ter estudiado inglés durante anos e anos, estudando na EOI para ampliar as miñas competencias, especialmente nos ámbitos de comprensión e expresión oral).
Coido, pois, que o decreto do ano pasado plantéxase como un gran avance na formación dos estudantes e non como un retroceso do galego ou do castelán, mais o problema está na formación dos profesorado; eu teño o nivel B1 da EOI e non estou, nin moito menos, capacitada para dar unha clase en inglés. Voltando ó tema do galego, é a súa presenza en todos os ámbitos o que consegue a súa normalización, e, por iso, que un 33% do currículo sexa nuha lingua estranxeira non é o prexudicial se o 33% tocante ó galego é impartido por profesores cualificados e, unha vez rematado o horario lectivo o alumnado ten ámbitos onde empregar o galego.
Tal e como ben din os meus compañeiros, o decreto do plurilingüismo supón un retroceso á hora de fomentar o galego. Se non se investiron cartos para a formación en galego do profesorado, por que si investir para o inglés? Pareceríame moi inxusto este sistema de preferencia de linguas... Penso que as linguas extranxeiras son moi importantes para o desenvolvemento dunha persoa porque tamén axuda a pensar nese idioma e, polo tanto, a termos unha visión máis ampla do mundo, pero creo que antes de impor o inglés como lingua extranxeira por excelencia, deberíamos preocuparnos máis polo galego xa non só adicando unhas asignaturas do currículo que deben ser dadas en galego, senón tamén a que os rapaces saian das aulas e se divirtan en galego por medio de actividades destas asignaturas como poden ser representacións teatrais ou pequenos experimentos e clases prácticas en galego.
ResponderEliminarGustaríame dicir que estou dacordo cos meus compañeiros, pero dunha forma moi concreta con cada un deles. Non me queda moito máis que engadir, as cousas como son, porque xa o dixeron todo eles, pero sí me gustaría dicir en qué puntos estou a favor do que din cada un deles.
ResponderEliminarParéceme que o comentario de Yolanda fai un resumo claro e conciso sobre o que aparece reflectido nos Decretos 247/1995, 124/2007 e 79/ 2010. Estou dacordo con ela sobre todo cando di que fai falta “labor de concienciación”, pero eu diría mais, necesítase unha labor de concienciación de calidade.
Con todo unha cousa é darlle uso, e outra é rexeitar as outras linguas. Por iso penso que, ao igual que di Alba Prieto, as asignaturas que se dan en galego, é dicir, Ciencias Sociais (xeografía e historia) e Ciencias da Natureza (bioloxía e xeoloxía) son afortunadas pensando no feito de promover a lingua e fomentar o seu uso. Encontro unha maior relación co uso e coidado do galego nestas asignaturas e non por exemplo, en matemáticas.
Tamén estou dacordo con Alba cando fala de conseguir unha equidade de horas semanas con respecto á lingua extranxeira. Na miña opinión, a diversidade lingüística ofrécenos diversidade de cosmovisións e sempre vai a ser satisfactoria. Quédome ca súa frase cando di “Temos que aspirar ó máximo, e non conformarnos con saber falar ben só as nosas linguas oficiais.” E seguindo co tema da equidade lingüística, teño que decir que tamén estou dacordo co que fala Silvia sobre a normalización lingüística do galego, que non implica que nos teñamos que desfacer do resto das linguas e só centrarnos nas nosas propias. Para min, ao igual que Paula, o decreto 79/2010 podería considerarse unha mellora na formación estudantil.
Para rematar, teño que dicir que cando demos en clase os decretos fíxenme unha idea do que me podía encontrar lendoos, pero unha vez acabados de leer, dinme conta de que era unha idea moi superficial, e agora teño por sorte unha visión máis acertada sobre o galego, e o qué representan e suponen realmente os decretos 247/1995, 124/2007 , 79/2010 e a ensinanza para a lingua galega.
O plan xeral para a normalización da lingua galega (PXNLG) conclúe que o Decreto 247/95 para a normalización do galego no ensino era insuficiente para conseguir os obxectivos para os que fora aprobado: que o ensino obrigatorio garantise unha competencia plena no idioma galego e repercutise de forma efectiva na súa adopción como lingua habitual por parte das novas xeracións. Nembargantes, posteriormente isto considerouse insuficiente e implementouse o Decreto 124/2007 que establecía unha oferta educativa en galego en preescolar (0-3 anos) e na educación infantil para todos os nenos e nenas galegofalantes e fixaba, como mínimo, un terzo do horario semanal en galego nestas etapas educativas para os contextos e contornos nos que a lingua predominante fose o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se fose incrementando progresivamente. Na educación primaria e secundaria, obrigatoria e post-obrigatoria buscaba garantir que, como mínimo, o alumnado recibise o 50% da súa docencia en galego. Supoñía un avance fronte ao anterior Decreto (247/1995) que supuxo un primeiro chanzo no labor de normalizar a lingua no ensino ao desenvolver a Lei 3/1983i de normalización lingüística(LNL) e determinaba que se debía empregar, con carácter xeral, a lingua propia de Galicia como lingua da administración educativa e establecía a impartición de dúas materias, como mínimo, en galego.
ResponderEliminarO Decreto actualmente en vigor (79/2010) creou unha enorme polémica e foi recorrido por diversas entidades. Resulta, ao entender da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, un retroceso obxectivo nos intentos de normalizar a lingua galega no ensino xa desde a súa planificación, que se pode cualificar de perniciosa xa que o contrario dos outros decretos xa non promociona o galego no sistema educativo se non que aparece como o Decreto do plurilingüismo, abríndolle a posibilidade para que os centros de ensino ofrezan un terzo das materias en lingua estranxeira, nomeadamente en inglés. As horas restantes repartiríanse “equitativamente” entre castelán e galego mais isto é un camiño para a eliminación de horas en materias da lingua minorizada, xa que os centros que se acollen ás seccións bilingües, na súa maioría, imparten en inglés as materias que se deberían dar en galego deixando para esta lingua as materias que non usan libros de texto ou que son consideradas polas familias como “menos importantes”.
Comezo dicindo o que xa dixeron todos os meus compañeiros; en liñas xerais estou dacordo con eles, e co xa exposto aqui previamente a esta miña intervención.
ResponderEliminarNon obstante, para tratar de aportar algo novo nesta interesante conversa tentarei expor a miña opinión persoal sobre estes decretos, o cal se cadra, non é especialmente académico.
Penso que entre eles hai dous tipos de cambios; por unha banda, cambios ou mudanzas de tipo formal no que se adoptan discursos derivados da política de cada un dos partidos impulsores/asinantes, e outros realmente profundos en canto á súa praxe.
É sabido que o decreto 247/95 versa sobre a "normalización", algo que vexo moi positivo, conseguir que falar galego en Galicia sexa normal, ao igual que é normal que en Burgos se fale castelán ou italiano en Roma. Sen embargo a metodoloxía do 50% non se perfilou como unha ferramenta adecuada ao abeiro dos resultados. Entre outras cousas desde a miña perspectiva este decreto non tivo os resultados agardados, e iso á vista de todos está, o decreto de 1995 axudou nalgo en 12 anos á recuperación do galego?, non estou seguro nin os datos o avalan. Conseguiu que a maioria de rapazas que fala galego habitualmente o sigan a falar cando entran nas tendas de Zara (podería dicir calquer outra boutique), nas consultas médicas, ou nos bancos?, non estou seguro. Aínda así para min, o decreto 247/95 foi positivo, pero non todo o positivo que o momento requería, polo tanto quedou escaso e hoxe vemos a sua eficacia; pouca.
Persoalmente vexo un erro profundo naquel decreto do 95; tratar por iguais a dúas linguas que non están nunha situación igual. Cantos xornais se podían ler en 1995 en castelán?, e en galego?, cantos canais se podían ver en castelán? e en galego?, sabemos a resposta. É por iso que entendo que a equidade non é dar a todos o mesmo, senón dar a cada un o que precisa, e o galego precisaba dunha atención especial que non tivo, o que non o queira ver, que saia a dar un paseo polos institutos e escolas e vexa cantos nenos falan hoxe galego.
Penso que o decreto 124/2007 puido dar máis de sí. Concordo cos meus compañeiros en consideralo máis ambicioso, xa non fala de normalización nos termos do 95, senón que fala de "promoción do galego", semella que o galego xa estaba normalizado hai cinco anos e que era o momento de promovelo.., evidentemente que non estaba nin daquela nin hoxe normalizado. Penso que si correxiu eivas anteriores, e estimo boa a resposta de facer do galego o idioma básico de ensinanza. Non me gustan os tecnócratas nin tratar á xente como números, mais si que ás veces está ben consultar as cifras, e niso estas son claras; nas comunidades que se instaurou a inmersión lingüística o seu idioma cada vez vai a máis, é máis respetado no interior e no exterior. Nas que non se instaurou (caso de Galicia), o idioma propio vai a menos e é menos valorado, mais pola xente de dentro que pola de fóra na miña experiencia.
En canto ao decreto 79/2010, poderíanse dicir moitas cousas. Igual que o anterior responde a unha vontade política clara sen embargo hai unha clara diferenza para min. O decreto do 2007 aínda podía defender a súa existencia, a súa razón de ser, tras doce anos de comprobación, doce anos nos que se viu que o modelo era negativo -ou non o suficientemente positivo- para que galego fose normalizado e que puidera resistir co paso do tempo.Sen embargo, o decreto de 2010 é manifestamente político, demostra que se fai un novo decreto non porque se mostrara como efectivo -con apenas dous anos de implantación quen pode xulgar os seus efectos? é ridículo-, polo tanto, para min ten un cariz completamente distinto no que prima o interese político e non o educativo. De novo vólvese á equiparación de linguas -por desiguais que estas sexan e pola súa situación- de xeito que se estipula un 33% para cada lingua coa novidade de inclusión do inglés. A inclusión do inglés para min non é perxudicial, a min gustariame ter un bo nivel de inglés tamén, mais paréceme un pano de fume de novo. O 33% véndese aos pais como que os seus fillos van ser trilingues... e na verdade é que os seus fillos saberan tanto castelán como agora, saberan falar pouco en galego (tampouco o practicarán) e algo de inglés ou espanenglish (que tampouco practicarán). Coa mesma lóxica eu opto polo multilinguismo; un 10% a cada lingua e así saberemos falar chinés, inglés, alemán, francés, etc.. e todos encantados. Polo tanto vexo que erran de novo, hai que facer fincapé nos idiomas que precisan reforzo, e ese non é o castelán, que con acender a tele xa nos entra por todas partes. O feito de que o galego sexa visto como lingua que non vale para matemáticas tamén é outra boa..., sei que o mesmo poderase dicir do castelán, que non vale para a historia, vale, pero cantos alumnos collen ciencias e cantos letras?.
ResponderEliminarDe todos xeitos e con estes decretos eu pregúntome, de verdade alguén pode pensar que se están a cumprir?, na miña vida académica os profes que falaron galego foron máis do 20%.
Creo que cuestionar la inclusión de una LE es un atraso social. Queremos estar equiparados a Europa con Boloña y demás y después hay una iniciativa para que "por fin" España no sea uno de los países europeos a la cola en LE (porque junto con Italia, España a nivel expresión oral tiene un nivel bajísimo) y ponemos el grito en el cielo. Promover lo propio está muy bien y estoy de acuerdo, pero lo que hay que tener claro es que un niño castellanohablante lo seguirá siendo porque su entorno y su lengua materna lo son, es un hecho innegable. Lo que se debería hacer como ya he dicho unas cuantas veces en este foro (tengo la sensación de que me repito...) es fijar ámbitos de uso de los gallegohablantes y que ellos no se cambien de lengua con el paso de las generaciones, que sigan conservando sus orígenes porque la tarea de la dinamización lingüística o normalización lingüística siempre ha sido esa, no hacer cambiar a alguien su lengua materna. Yo lo que veo es que lo necesario sería proporcionar un conocimiento tanto a nivel escrito como oral, pero la exclusividad o la discriminación positiva me parecería un error porque entonces ahí es donde incurrimos en obligaciones y en imponer una lengua, cosa que no entiendo ni entenderé nunca porque la comunicación en una lengua u otra es un acto voluntario. Además, el motivo de que las zonas castellanohablantes tengan un nivel bajo de gallego, sobre todo en la expresión oral, es debido a que no lo practican, pero porque para ellos su lengua materna es otra y hacerles cambiar eso sería una injusticia y algo que nadie tiene derecho a hacer. En el pasado se hizo con el gallego y ahora lo que no se puede caer es en el mismo error pero a la inversa. El decreto del plurilingüismo se adapta perfectamente a los tiempos que corren y a las necesidades de una sociedad donde la expansión a nivel internacional está a la orden del día. Hoy en día preguntarse "¿para qué sirve el inglés?" cuando está súper presente en en los medios de comunicación, videojuegos, informática, etc., y usarlo como argumento porque le quita horas al gallego me parece algo alucinante. Lo que sigo sin entender es por qué para fomentar algo hay que echar por tierra otras lenguas. En su día lo hizo el castellano con lenguas como gallego y catalán y es sabido por todos que fue una aberración. Pues no intentemos hacer lo mismo.
ResponderEliminarA educación dunha lingua non ha de ser só na materia que a compende, senón no ámbito sociolingüístico curricular. O feito de aplicala como vehículo doutras materias, coñecementos, discursos, fai que esta se enriqueza, e soe familiar ós oídos dos alumnos, sendo isto moi importante dende a Escola infantil, pois a lingua na que se educan é a que empregarán para se desenrolar na súa vida. Lembrémonos que os profesores non só debemos ensinar contidos das materias que nos incumben a nós, senón que debemos ser bos oradores, expoñer discursos que teñan un transfondo, e sobre todo somos “escultores de persoas”; é moi importante ser conscientes disto para poder levar a cabo unha boa educación nas escolas.
ResponderEliminarDito isto, paso a analizar os tres decretos en conxunto.
Como ben dixo Yolanda, en liñas xerais os tres decretos tratan de potenciar o emprego do galego tanto no ámbito da administración como no da educación; mais isto por mágoa fica en moitos casos, demasiados, nun intento de lanzadeira, de avivar os soños de aqueles que sentimos a nosa lingua, e quédase só niso, moitas veces é por falta de empeño e iniciativa, por non ter que cambiar o currículo dalgunhas materias, por falta de docentes cualificados para facelo, ou aínda que estén cualificados, por falta de gañas e motivación; algúns centros limítanse a cumplir o mínimo a lei, potenciado isto pola falta de control, de inspeccións sobre dita normativa, que aínda que nos tres se suliña a figura do inspector como parte fundamental do cumplimento lexislativo exposto, esta figura non está presente na maioría dos centros. É esquivo, aveces inexistente.
O decreto 247/1995, é o primeiro en falar de equiparación lingüística poñendo ó galego á altura do castelán, e implantando a lei da necesidade de impartir un mínimo de materias en galego (arredor do 40%); pois como xa fora aprobado na lei 3/1983 (de normalización lingüística), o galego debe ser usado como lingua cooficial de Galiza, por ser o idioma desta Comunidade. Algo que inclúe tamén este decreto é a importancia de darse, nas escolas, as clases na lingua materna da maioría, aínda así nunca deixando de lado a normativa presente. Segundo avanzamos na lectura deste, podemos observar que inclúe un listado de materias que deben ser impartidas en galego; materias que medran ou cambian no decreto 124/2007, que vai máis alá en canto ó emprego do galego no ensino, e impón/promulga que se deben dar en galego como MÍNIMO o 50% das materias do currículo, ademais das xa mencionadas no anterior decreto, pois ha de ser esta a lingua falada dende os máis pequenos. Algo a destacar deste último decreto fronte ó primeiro que tratamos, é que fala da educación no seu sentido máis amplo, non só da escola ou o instituto, senón tamén das clases para adultos, de clases extraescolares, grupos de apoio, etc., algo que formentará máis, sen dúbida, o emprego da lingua. É importante tamén mencionar a potenciación de creación de equipos de normalización e dinamización lingüística.
CONTINÚO...
ResponderEliminarPor último, o decreto 79/2010, creo ó igual que as miñas compañeiras/os expuxeron, que é un paso atrais no sistema lingüístico e que atenta en certo modo contra a nosa lingua, pois a nova implantación no ámbito lingüístico que fai é a do plurilingüísmo. Con esta nova normativa, outorgaselle gran importancia non só ó uso do galego e do castelán, senón tamén ó emprego dunha terceira lingua extranxeira, o inglés. Debido a isto a ensinanza a través das linguas redúcese a un 33% en galego, un 33% en castelán, e o 33% restante ó inglés (que se potencia dunha forma incrible, para o meu punto de vista, excesivo). Non penso que sexa malo potenciar unha terceira lingua, é máis, creo que cantas máis linguas se saiban, mellor, pero creo que é excesivo, quítalle territorio á nosa lingua, que se nós non a defendemos e a usamos, ninguén o fará por nós, e é por iso que espero, que tal e como pasou cos outros decretos, que non se levaron moito a cabo por distintos factores anteriormente expostos, que con este sobre todo pase o mesmo, e que non se cheguen a impartir ese 33% de materias en inglés, pois trátase dun erro de mentalidade actual. Novamente sae a idea de eurocentrismo, e homoxeinización. Escapemos diso. En Galiza, en galego. Algo que segue promulgando este último decreto é o fomento dos equipos de normalización lingüística, así como engade a necesidade de adaptar o sistema educativo ós alumnos con necesidades educativas especiais, no tocante á lingua.
Creo que iamos nun camiño moi bo ata 2010 propiciando cada vez máis o uso do galego, pasou de imporse como mínimo coma o castelán, para seguir subindo escalóns, e de repente chega o inglés, o de fóra, o neno mimado hoxe en día, e péganos un empuxón. Que se derrogue este decreto, novo decreto xa.
Agora o cumprir ou non as normativas cae un pouco nas nosas mans como futuros docentes que somos, e debemos elixir e inclinarnos por un lado da balanza. Está este cumprimento ou non cumprimento, moi condicionado dependendo no centro no que nos atopemos e nas características socio-culturais do entorno, como ben apuntaba tamén algún compañeiro con anterioridade.
Ben, ó fin podo dala miña aportación á comparativa dos decretos. En moitas cousas coincido cos meus compañeiros máis vou recoller todalas conclusións as que cheguei cas lecturas deles, e co que aprendimos na clase.
ResponderEliminarO decreto 247/1995 foi o primeriro intento de normalizar o uso do galego no sistema educativo, nese sentido, recoñece que a adquisición dunha competencia comunicativa en gallego sólo se pode conseguir a través da utilización vehicular desta lengua nunha parte significativa do currículo e para garantir a adquisición de amabas competencias linguísticas asigna o 50% das horas lectivas ó ensino a cada unha das linguas, establecendo as materias relacionadas co medio social e natural para impartir obligatoriamente en galego. Tamén defendía aspectos básicos como que non se separasen os alumnos por áreas e que non se puidese escoller o galego ou o castelán como lingua vehicular. Na etapa de educación infantil e primer ciclo de educación primaria tíñase en conta a lingua materna predominante no grupo de alumnos. Este decreto, ademáis, impón indirectamente o deber de coñecer o galego no ámbito da Administración educativa, ó establecer que era la única lingua que se podía usar en las relaciones administrativas. O proxecto non se puido levar a cabo xa que non había seguimento de que se cumpríra polo que as persoas non adquirían a competencia suficiente en galego e o coñecemento do castelán era moi superior.
Co Decreto 124/2007, ou o do fomento, dase un novo impulso á normalización da lingua no ensino motivado polo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004) que pretende conseguir máis funcións sociais para a lingua galega. Na etapa da educación infantil terase tamén en conta a lingua materna dos rapaces pero ademáis en entornos casteláns falantes garantizarase un número mínimo de horas en galego coma lingua vehicular. No resto das etapas, trátarase de garantir que como mínimo o 50% da sua docencia sexa en galego fomentando que ademáis se impartan materias troncais en lingua galega, e dicir, pretendese que o galego sexa o idoma base do aprendizaxe. Tamén establece a obligatoriedade para cada centro de elaborar o seu Proxecto Linguístico que formará parte do Proxecto Educativo do Centro.. Ademáis fomentarase o uso da lingua galega nas actividades complementarias e actos que o centro organice e producíndose a introducción de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística para potenciar o uso da lingua galega nos centros. Quere dicir, que sí se realizaba un seguimento e existía un compromiso por levar á practica a teoría que se plantexaba.
O Decreto 79/2010, do plurilingüismo ou da polémica, entendoo igual ca maioría dos meus compañeiros no sentido que se perde forza xa que, aínda que establece o galego como base do aprendizaxe, equipara porcentualmente tres linguas, galego, castelán e inglés, tendo en conta que unha delas non está recoñecida legalmente. Eso sí, supón un avance a hora de pretender aquirir competencias na lingua da modernidade e da globalización aínda que eso na práctica sabemos que a día de hoxe non é factible porque no hay profesorado cualificado para iso, xa que a institución non o esixe, polo tanto nin que falar hai do control e da inspección da posta en práctica deste decreto. Ademáis este decreto marca as asignaturas que teñen que impartirse en castelán, asignánollo as materias con "maior prestixo". Na etapa primaria xa se especifica que se impartirá en galego a materia de coñecemento do medio natural, social e cultural e en castelán a materia de matemáticas. Na etapa secundaria, tamén se especifica que se impartirá en galego a materias de ciencias sociais e naturais e en castelán as materias de matemáticas, tecnoloxías e física e química.
As principais diferenzas entre o novo Decreto e o Decreto anterior e que, no Decreto de dous mil sete, falábase da promoción do galego, mentres que no novo Decreto téntase a introdución dunha lingua estranxeira como vehículo do ensino xunto as dúas linguas oficiais.
ResponderEliminarMentres que se considere un "perigo" para os castelanfalantes, que a maior parte do ensino sexa en galego, e estase admitindo o inglés como lingua estranxeira.
Por unha banda, o feito de que as programacións e outros documentos didácticos do inglés se redacten nese idioma esixe ás familias e aos demais membros do profesorado, o coñecemento desa lingua (legalmente iso non se pode esixir).
Por outra banda, é inaudito que a lingua predominante nas institucións do ensino para a educación infantil e o primeiro ciclo da educación primaria, sexa determinante preguntar ás familias durante a preinscrición das súas fillas e dos seus fillos nos centros escolares. No segundo e terceiro ciclo da educación primaria, estánse a reducir as horas de ensino en lingua galego, o mesmo que acontecerá na educación secundaria.
Na formación profesional e na educación secundaria para adultos, as bases do novo Decreto poden interpretarse de tal maneira que só sexa obrigatorio dar en galego a materia de lingua galega.
Para concluír, o novo Decreto supón unha redución do galego no ámbito escolar e rexeita a inmersión lingüística( mellor maneira de aprender unha lingua). Nunha situación coma a galega, en que a lingua ten que superar unha desigualdade de seculos, estas medidas contribúen a colocala nunha situación de inferioridade respecto do castelán.
Dos decretos asinados polos señores Fraga e Touriño, se ben o asinado polo segundo amplía de forma notable as medidas do primeiro, para non repetir o que xa se explicou neste post, centrareime no polémico terceiro decreto porque non podería estar máis en desacordo con algún dos meus compañeiros.
ResponderEliminarNon creo que a obriga de impartir certas materias nun idioma ou outro sexa casual, nin penso precisamente que a elección do galego para as ciencias do medio natural sexa precisamente porque son nas que máis conceptos lingüísticos se usan. Se isto fose así, pareceriame a peor opción de todas escoller o castelán para as materias de técnicas, sobretodo tendo en conta que os mellores manuais (ben se pode consultar en calquera facultade dunha carreira de ciencias) tanto de matemáticas, física,... están prácticamente todos en inglés, e se realmente o que se persegue é un plurilingüismo, deberían ser estas as materias a impartir na lingua extranxeira.
Os comentarios dos meu compañeiros resumen moi ben no decreto 247/1995 busca unha igualdade de competencia oral e escrita entre ambas linguas ao remate de cada un dos ciclos educativos non universitarios a través dun número mínimo de materias que se deben impartir en galego. O Decreto 124/2007 di que en Educación Infantil o profesorado usará a lingua materna predominante entre o alumnado, que será determinada polo claustro. No último Decreto, o 79/2010 apóstase pola inclusión dunha lingua extranxeira, o que supón a reducción de horario lectivo na lingua galega. Como xa dixeron os meus compañeiros, mantéñense os equipos de dinamización lingüistica. Na formación profesional e na educación secundaria para adultos, as bases do novo Decreto poden interpretarse de tal maneira que só sexa obrigatorio dar en galego a materia de lingua gallega. Entón estas medidas o que seguen a facer e mantee o gallego en desigualdad e frente a lingua castelán.
ResponderEliminarEn liñas xenerais os tres decretos tratan de potenciar ao máximo o uso do galego, mais en cada un deles pódese ver unha evolución para ampliar os obxectivos e a maneira de acadar os resultados finais, así como, tamén se pode ver que intentan cumprir as demandas dos pais e nais.
ResponderEliminarO decreto de 247/1995 intenta potenciar o uso do galego tanto no ámbito da administración coma na educación. No caso do primeiro, por unha banda, usarase o galego para intentar potenciar non só o seu uso na escrita senón tamén como lingua vehicular nas relacións coa administración. No caso da educación, pola outra banda, foméntase un uso equitativo do galego e do español, marcando as materias que deben ser impartidas en galego. Este é un pequeno decreto que en liñas xerais necesita duns obxectivos máis claros para a súa implantación. Desta maneira, dende o Plan Xeral de Normalización da lingua galega en setembro de 2004 inténtase dar prioridade o galego en sectores estratéxicos, así como máis funcións sociais en máis espazos de uso. Alén diso, segue a ter presente que a educación é o ámbito máis importante para poder acadar un uso correcto da lingua tanto oral como escrito para poder formar unha sociedade competente na súa lingua, e é por iso polo que o Decreto 124/2007 establece que o uso do galego e do castelán no bacharelato debe ser dun 50% respectivamente, mentres que na educación secundaria obrigatoria mantense as materias do anterior decreto. Isto serve para acadar unha competencia lingüística nas dúas linguas en relación ao nivel escolar. Ademais, o decreto trata de garantir a formación en galego de todo o persoal do centro educativo e analiza punto por punto o proxecto lingüístico do centro. Outra cuestión importante deste decreto é a aparición dos equipos de normalización e dinamización lingüística para promover o uso do galego fora das aulas, carencia importante do decreto anterior.
Por último o Decreto 79/2010 está influenciado dunha maneira moi clara polas demandas da sociedade, concretamente polos pais e nais. Pídese que xunto coa ensinanza das linguas cooficiais tamén se aprenda outra lingua estranxeira, propoñendo un horario que dedica un terzo do horario lectivo á aprendizaxe de linguas estranxeiras e resto do tempo para as linguas da Comunidades Autónoma dunha maneira equitativa (tal e como se estaba a facer anteriormente). Ademais, propón un plan dirixo aos alumnos con necesidades educativas especiais para garantir a competencia lingüística nas linguas oficiais e se manteñen os equipos de normalización e dinamización lingüística que agora se chaman equipos de dinamización lingüística.
Son todos eles unha teoría moi boa, mais só é iso: unha teoría. O que está a pasar en realidade nas aulas é unha cousa moi diferente. Por moito que intenten formar ao persoal do centro e os alumnos os prexuízos seguen aí, e así como moita xuventude non usa o galego, moitos mestres non queren ou non saben falar o galego. Sen embargo, son unha boas medidas xa que en moitos casos o galego aplícase a materias que poden axudar a comprender mellor a lingua, por exemplo o caso das ciencias da natureza, que moitas veces se entende como unha ofensa porque tenden a relacionar aos cativos esa imaxe de rural coa lingua galega; mais eu penso que é a materia idónea xa que precisamente Galicia é natureza, e precisamente nós temos vocabulario suficiente para falar da natureza e do entorno. Alén diso, outra cuestión importante é o fomento dos equipos de dinamización lingüística porque recollen propostas que fomentan o uso do galego en outros ámbitos, de maneira que os cativos relacionen o galego con actividades que acontezan foras das aulas. Penso que é fundamental promover este tivo de actividades, porque como xa dixera noutro comentario, os cativos non entenden de prexuízos pois os únicos que establecen prexuízos son os maiores. Hai que ensinar a ver o galego con outros ollos.
Aínda que o decreto 247/1995 busque que o rematar a etapa secundaria obrigatoria exista unha mesma competencia lingüística entre o galego e o castelán, podo dicir, por experiencia propia, que esto non se cumpriu na práctica. Se ben os libro os mandaban mercar en galego ou castelán, o profesor acababa impartindo a clase na lingua que se sentía máis cómodo, e como non, a maioría das veces a lingua elexida era o castelán. Polo tanto o alumno atopábase cun libro de texto en castelán ou galego e a traducción deste á otra lingua nos seus apuntamentos. Polo tanto estas medidas no é que axudaran moito a normalizar a lingua galega, máis ben todo o contrario.
ResponderEliminarNo que respecta o D124/2007, destacarío o feito de que se promova a lingua galega en preescolar, xa que considero que unha normalización lingüística eficaz debe comezar dende a máis tenra infancia. Ademáis, o feito de que se impoña que un 50% das clases han de impartirse en galego en tódalas etapas educativas é un paso realmente importante.Por outra banda, os equipos de normalización e dinamización lingüística poden axudar á concienciación do profesorado e alumnado sobre a necesidade de potenciar o uso da lingua galega, así como mellorar a competencia lingüística no idioma.
Finalmente, co D79/2010 preténdese favorecer o estudo dunha lingua extranxeira, quedando o horario lectivo dividido en tres terzos, cada un adicado a impartir as clases en castelán, galego e a lingua extranxeira (que case con total seguridade será o inglés). Este decreto pretende favorecer o plurilingüismo pero, na miña opinión, o que pode acontecer é que se baixen as competencias lingüísticas nas tres linguas. Ademáis, non me parece xusto que se adiquen o mesmo número de horas ós tres idiomas cando a súa situación non é igual. Primeiramente, o castelán goza de prestixio e dun gran uso, polo que, seguramente, ningún alumno teña problemas para aprendelo. O caso do inglés, é parecido, se non se estudiase na escola seguramente acabariase aprendendo nunha academia, xa que semella ser imprescindible para a vida. Pero o caso do galego é ben distinto, sobre todo nos ámbitos urbanos, onde moitos nenos pertencen a familias castelán falantes e o único contacto que teñen co galego é a escola. Polo tanto, se rebaixamos a presenza do galego na educación e, por riba coñecemos que pola falta de prestixio social do idioma pouquísima xente estaría a prol de levar o seu fillo a unha academia para que o aprenda, o galego acabará por extinguirse dentro da súa propia comunidade. É necesario unha discriminación positiva cara a lingua galega se queremos alcanzar a igualdade, do mesmo xeito que acontece coa discriminación positiva que existe para promover a inserción da muller ó mercado laboral.
E despois de facer este tipo de reformas educativas promovemos campañas de normalización da lingua galega? Canta hipocresía....
En canto ao resumo dos decretos, non podo engadir nada máis, pois os meus compañeiros fixeron moi bo resumo deles. Mais, podo agregar algún comentario crítico ao respecto.
ResponderEliminarTer uns documentos nos que constara formalmente a legalidade do galego nas aulas era necesario, sen embargo a formalidade escrita non sempre ten as repercusións que desexamos na práctica. Xa sabemos, por velo na clase e nalgunha lectura obrigatoria, que o decreto de 247/95 foi unha simple simulación ante papel, pois nas aulas non se levaba a cabo o que se “esixía”. Dos tres decretos que sinalamos, eu estudei co do 95, e podo dicir que, no que a mín respecta, o uso do galego só aperecía nos libros de texto dalgunhas asinaturas e na materia concreta de lingua e literatura galega, maís alá diso ningún mestre me falaba en galego. O decreto non tivo a participación adecuada do profesorado e tampouco o seguimento adecuado para vixiar e facer que se introducise nos centros educativos.
Xa, despois de máis de dez anos e dalgunhas decisións formais de por medio, saíu á luz outro decreto no que se facía maior hincapé na normalización do galego. No que se demandan máis usos sociais para a lingua (por exemplo no uso en actividades complementarias e en actos organizados polo centro), non só nas aulas; deste modo, vemos a lingua sen que teña o rasgo de imposición. Dende logo, co fortalecemento dos Equipos de Normalización Lingüística consolídade o uso da lingua no centro.
O último decreto, 79/2010 ou o do plurilingüismo, parece que plantea moitos puntos de vista. A equiparación de tres linguas, as dúas cooficiais e a outra extranxeira non agrada a todos. Dende logo, o mundo no que vivimos repercute moito na educación; estamos ante unha sociedade que demanda o uso de moitas linguas para un futuro laboral. Rectifico. Moitas non, máis ben demanda o coñecemento das linguas imperantes (inglés, francés, e agora moito xaponés). A mín non me parece de todo mal que exista un número de horas para impartir clase en linguas extranxeiras. Como alumna que fun, agradecería haber tido isto; máis que nada porque ter clases orais en outras linguas facilita ter un bo oído e aprender algo máis que gramática na clase, por exemplo, de inglés. O problema está na elección de materias para cada lingua. Non habería problema se non existirá un prestixio e desprestixio de linguas e de materias, e se tampouco xurdira o problema de contar con profesorado cualificado. Se simplemente nos deixáramos levar por un bo razoamento para aprender o idioma sería máis doado. Por suposto, canto maior número de linguas sepamos mellor que mellor, pero sen deixar as linguas propias. Paréceme ben se despois contamos con máis ámbitos nos que se empregue o galego, tales como os que dixemos antes de actividades complementarias, actos formais do centro ou en obradoiros.
Ei de dicer que en liñas xeráis os decretos están xa suficientemente comentados e explicados nos comentarios dos compañeiros.
ResponderEliminarA min gustaríame chamar a atención sobre dous puntos en concreto:
En primeiro lugar, estou totalmente dacordo cos dous comentarios anteriores, o de Raquel e Gemma, sobre o cumplimento ou non das premisas do Decreto 247/1995. Certamente, e especialmente nas cidades como Coruña, non se levaron a cabo as indicacións da lei, pois os da nosa xeración estamos acostumados, como di Raquel, a té-los libros en galego, mais recibir as leccións na lingua materna do profesor. Penso que a propia norma é responsable. A calidade do decreto deixa moito que desexar, pois parece escrito a presa e correndo, sen darlle importancia real aos contidos nin otorgándolle o prestixio necesario para que os docentes a tiveran realmente en serio. Non deixa de ser unha norma e como tal debe cumprirse, é certo, pero por moi boas intencións que conteña, o trato que se lle dá as leis por parte do lexislador é tamén importante para que a comunidade (neste caso educativa) a perciba cunha maior ou menor importancia.
No caso por exemplo do Decreto 124/2007, non e que a situación "oficial" do galego cambie moitísimo con respecto a anterior (ainda que si fala de mínimos, máis asignaturas en galego... É certo), pero é a propia norma, o seu contido (plans de formación para os docentes, algo necesario para o cumplimento da norma e do que antes non falábamos; Proyecto lingüistico do centro; Equipos de normalización e dinamización lingüistica...) o que confire unha maior forza a norma.
A intención das normas penso que é similar, máis non as normas en si. A magoa é que non saibamos o resultado que tivo este segundo decreto.
Por outra banda, gustaríame facer incapé en que o Decreto 79/2010 na miña opición é un retroceso ata a lexislación de 1983. Penso que é unha medida populista que cede ás esixencias de asociacións cláramente politizadas, facendo ouvidos sordos a expertos e lingüistas.
A conclusión o final de ler tódolos decretos e que co último (Decreto 79/2010) o galego perde claramente con respecto os anteriores.
ResponderEliminarO decreto 247/1995 no seu primeiro articulo detalla o uso da lingua galega en todo o referente a administración educativa, traducindo aquilo que teña que surtir efecto fora da comunidade autónoma. En canto a normalización do galego na ensinanza establece que en educación infantil se use a lingua materna predominante entre os alumnos e nos seguintes ciclos unha serie de materias tanto obrigatorias coma optativas que se deberan de impartir en galego (sobre un 40%). Por ultimo menciona o papel fundamental da inspección educativa para salvagardar estes cumprimentos, cousa que na realidade non pasou e o decreto non se cumpriu.
O decreto 124/2007, mantén o uso da lingua galega na administración educativa, e neste eido establece como novidade un plan de formación que garanta que todo o persoal relacionado con dita administración, teña competencias suficientes no idioma galego.
Na etapa de educación infantil fomenta a educación na lingua materna, e en contornos castelán falantes garante un número de horas lectivas en galego.
Con respecto a fixación dalgunhas materias que se deben impartir en lingua galega, o decreto mantén o mesmo criterio que o anterior pero aumentando o numero de horas para que se consiga que o numero de materias en galego non sexa inferior o 50%. Por último nomea tamén os equipos de inspección como fundamentais para garantir o seu cumprimento.
En derradeiro lugar, o decreto 79/2010 para o plurilingüismo, que ten en conta a realidade social europea mais que a realidade galega. Entre as súas medidas polémicas a de que sexan as familias quen decidan a lingua que se usará na aula en educación infantil, e o nomeamento de materias que se deben dar en castelán, como as matemáticas, tecnoloxía e física e química.
Para rematar comentar que como din a maior parte dos meus compañeiros, o decreto do plurilingüismo mais que unha novo impulso para o galego, adecuado o contexto no que vivimos, supón un retroceso evidente.
Eu antes de falar sobre o que se trata nos decretos, prefiro velos dende o punto de vista político. Quen gobernaba cando se aproba un ou outro decreto. Sobre todo nos dous últimos decretos que son os máis opostos.
ResponderEliminarO decreto 124/2007, foi aprobado polo bipartito. Ó estar o BNG no goberno de coalición, nótase o seu interese en darlle mais presenza e pulo ó galego naquel sector onde primeiro é mester actuar, que é na ensinanza.
O do plurilingüísmo, xa é con PP na presidencia da xunta. E se cadra, por diferezas ideolóxicas rompe con anterior decreto do bipartito. Ademais introdúcese a necesidade de incorporar un lingua estranxeira.
Eu estou de acordo con que o galego ten que ser protexido ou potenciado por enriba do castelán, pero tamén vexo moi necesario ter competencia unha lingua estranxeira nos tempos que corren.
E agoa se queredes votar un pouco de escuma pola boca ollade este vídeos:
http://youtu.be/uPFFruLHoew
http://youtu.be/pmPnI8uW134
Tras os comentarios dos meus compañeiros, está claro que pouco máis podo engadir.
ResponderEliminarPersoalmente penso que, dende o decreto do 1995 ao 2010 se produxo unha mellora en canto ao que se propuxo con respecto, non só ao galego senon ao sistema educativo en xeral.
No do 1995 promovíase o uso do galego e establecía unha serie de materias que había que dar en galego, no do 2007 resaltouse a necesidade de reforzar aos nenos na lingua galega usando nunca menos do 50% do galego na escola e, no 2010, apostouse máis por un plurilinguismo no que se reducía esta porcentaxe a un 30%.
Ben. Estamos en Galicia e temos unha lingua oficial que é propia: o galego. Polo tanto, é necesario e un dereito mais, considero, un deber, que se ensine nas escolas e non debe, polo tanto, ter menos peso que o castelán ou outro idioma. Non coincido con alguns dos meus compañeiros no tocante ao "negativismo" do plurilinguismo ao que aspira o decreto do 2010. Penso que é moi positivo para os alumnos que aprendan máis dun idioma e dous na escola, ainda que sexa dunha maneira rudimentaria (cousa que atribúo ao sistema educativo) xa que sempre sairán máis formados. Como ben di esta noticia da Voz De Galicia, unha persoa aprende de maneira máis fácil un idioma se xa sabe outros dous. http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/11/04/0003_6288266.htm
Todo o que sexa aprender, benvido sexa.
Con isto, reitero a miña idea de que o galego debe ser defendido e apoiado e, sobre todo, ensinado na escola que é o lugar onde os rapaces adquiren gran parte do seu coñecemento e formación. É nesa idade cando mellor se asimilan conceptos e demáis mais penso que un plurilinguismo non afecta de maneira negativa ao galego senon que lle favorece.
En canto ao que son os decretos en sí, quedan moi ben e sonan moi ben mais eses ideais deberían respetarse máis e levar á práctica en todos os centros. Agora recentemente pode que si que se leven máis á práctica pero o decreto do 95 respetouse pouco por aquel tempo e asi non imos a ningures.
No Decreto 247/1995 establécese que o número de horas impartidas en galego e en castelán teñen que ser as mesmas. Esto non é unha situación moi favorable para o galego, xa que tendo en conta que é unha lingua desfavorecida frente ó castelán debería reforzarse no eido escolar. Esto corríxese no Decreto 124/2007 no que as horas impartidas en galego son máis que as impartidas en castelán, o que supón un adianto para a nosa lingua. Pero no Decreto do 2010 o galego volve a sufrir un novo revés, ó quitarlle horas, en teoría para favorecer o plurilingüismo. Na miña opinión está moi ben eso do plurilingüismo, pero antes de intentar ensinar unha nova lingua deberíase asentar primeiro a materna.
ResponderEliminarCon outra cousa que non estou dacordo é con que na educación infantil sexa o centro o que escolle a lingua na que se imparten as clases. No Decreto do 2010 dise que esto faise a partir dunhas preguntas realizadas ós pais, polo que o máis probable por tanto será que nas zonas donde predominen os castelán falantes no colexio tamén se escolla esta opción. Esto o único que fai é seguir aumentando as diferencias entre os dous grupos. Ademáis nesta época é cando os nenos aprenden máis rápido e teñen menos prexuízos, polo que é cando máis fincapé se lle debería facer na ensinanza do galego. O mesmo pasa na educación primaria, mentras que no Decreto 124/2007 había unha serie de materias xa estipuladas que se debían impartir en galego no do 2010 queda á escolla da propia escola.
O que me parece unha gran idea é necesidade dun equipo de normalización da lingua galega, xa que estes potenciarán o uso do galego.
O que precisamos é unha ampliación dos dereitos do galego, e non que se lle quiten cada día máis.
Creo que o D79/2010 é o decreto máis xusto, pois obedece a tres realidades: 1) Estamos en Galicia. 2) Estamos en España. 3) Estamos en Europa.
ResponderEliminarÉ a gusto de (case) todos. Para os que non queren 100% en castelán, para os que non queren o 100% en galego, e para os que queren que os rapaces acaden unha solvencia decente nunha lingua estranxeira. Equidade.
Podemos pecha-los ollos, pero é innegable que o inglés hoxe en día é básico. E é xusto outorgarlle máis saídas que a aspiración ó capitalismo ou ó dominio do planeta terra. Non acaba este decreto co elitismo que existiu ata agora integrando unha lingua estranxeira na educación pública? Igualdade.
En canto ó tema do reparto de materias que se imparten en galego e en castelán, o galego é o favorecido. Penso que dicir que as matemáticas, a F-Q e a tecnoloxía impártense en castelán por ser as materias prestixiosas é nocivo por dúas razóns. A primeira, que a carga lingüística das materias "prestixiosas" é nula. E por outra banda, nesa afirmación va inherente unha clasificación das asignaturas. Independentemente das carreiras nas que despois desemboquen e do número de alumnos que vaian por un itinerario o por outro, creo que todas e cada unha das materias son igualmente importantes.
Entre estes tres decretos, nos que concrétanse no ámbito da educación os obxectivos xerais presentes en normativas de ámbito superior, atópanse bastantes similitudes e algunhas diferencias.
ResponderEliminarEn todos eles plantéxase o uso vehicular das dúas linguas oficiais, galego e castelán, no ensino, atribuíndo unha porcentaxe polo menos semellante á do castelán para o galego. No caso dos dous primeiros ese 50% do galego respecto ó castelán sería o mínimo a garantir e non tería límite, mentres que no caso do último, o de 2010, coa escusa de que o feito de non limitar a porcentaxe de galego podería darlle a volta á situación lingüística e por en perigo a aprendizaxe do castelán (¿?) estableceuse un 50% estricto entre as dúas linguas.
En todos eles fálase de determinadas materias que ensinaranse en galego, pero a nivel persoal aprecio que o longo do articulado non se acada o mesmo nivel de concreción dos mecanismos para levar a cabo as intencións implícitas nos decretos, xa que por exemplo na formación profesional non se entra a concretar case nada, e no tema da avaliación e verificación do cumprimento dos decretos delégase sen mais no criterio da inspección ou das institución escolares, cando penso que sería un punto importante a incluír na propia normativa para evitar que a realidade non se corresponda co que se lexisla.
Un tema que cambiou entre os decretos é o da lingua na que se fará o primeiro ensino. No primeiro decreto a lingua na que se imparte a clase é a predominante na aula, con atención individual a aqueles alumnos que non a entendan ben. No segundo a lingua será tamén a predominante, pero agora sen atención individual e aparecendo a obrigatoriedade de dar a coñecer ámbalas linguas nesta etapa. No caso do último decreto serán os pais mediante consulta os que decidan a lingua na que se fará o primeiro ensino, e o profesor dirixirase individualmente na lingua elixida a cada alumno.
En relación con isto, tamén é posible ver unha evolución nos mecanismos de avaliación da situación lingüística do alumnado e de intervención subsecuente. No primeiro decreto isto non parece estar moi concretado, soamente faise referencia ó proxecto educativo de centro, no segundo aparece a figura mais concreta do proxecto lingüístico, que tamén forma parte do proxecto educativo de centro, e no último decreto son as consultas ós pais as que condicionan o ensino coas elección motivadas por elas.
Tamén resulta importante neste sentido a aparición no decreto do 2007 da referencia ós equipos de normalización e dinamización lingüística, que non existían no decreto de 1995 e son os encargados de potenciar o uso da lingua.
Quizais o segundo punto mais relevante do decreto do 2010 sexa a aparición da referencia a necesidade de usar como linguas vehiculares tamén as estranxeiras, sempre mantendo a proporción do 50% entre galego e castelán, e ata un máximo dun terzo das materias segundo dirima o centro a partires das enquisas feitas ós pais. Na práctica, dada a tendencia social imperante a primar o uso utilitario da lingua, isto podería condicionar un ensino repartido a nivel vehicular en tres partes iguais entre o galego, o castelán e unha lingua estranxeira.
ResponderEliminarUn punto que atopo absurdo do decreto do 2010 é que plantexa que a lingua vehicular na que se de unha materia, a excepción das materias das distintas linguas, que teñen un tratamento similar en tódolos decretos, non teña que ser a lingua na que o alumno conteste ó profesor, co cal pérdese todo o valor que ten dar unha materia nunha determinada lingua para facilitar a asimilación desa lingua fora dun contexto meramente lingüístico.
Eu penso que en xeral falta concreción nos obxectivos, na definición dos organismos de avaliación e corrección e nas tarefas que deben desenrolar. Se non se precisan punto por punto as cousas penso que levalas a cabo implica a boa vontade dos encargados de facelo, mais se os mecanismos de control non existen ou sofren o mesmo nivel de indefinición. En certo modo é o que di Bieito Silva Valdivia no texto de “Lingua e escola en Galicia”, facendo ademais fincapé na falta de medios e de formación por parte de quen tiña que desenrolar o expresado nos decretos.
Penso que o feito de ter que dirixirse no ensino infantil a cada alumno na lingua que decidan os pais non é unha cousa moi de recibo, e nese aspecto o decreto do 2010 da un paso atrás e o do 2007 sería o referente, xa que nel fálase de potenciar o uso das dúas linguas e de dar a clase na lingua mais adecuada para tal fin.
Non me parece mal o feito de repartir nun trinta por cento as linguas vehiculares coma dise no decreto do 2010, eu veño dunha ensinanza previa a estes tres decretos onde só dábanse en galego as materias de lingua e literatura galegas, e penso que inda así o nivel de galego que tiñamos os que estudamos naquel sistema, e que en certo modo os que non falamos galego de maneira cotián perdemos, era moi alto. Non penso que o problema do galego sexa de falta de coñecemento, senón mais ben de falta de compromiso social e persoal para potenciar o seu uso, e creo que está ben que se converta en lingua vehicular do ensino e non nada mais que en lingua obxecto de estudo, pero penso que o esforzo para que non se perda debe estar noutro sitio. Non creo que ninguén pense que se a lingua vehicular obrigatoria fose o inglés todos poriámonos a falares en inglés pola rúa. De feito penso que a ese nivel vehicular incluso teríamos que repartir entre mais linguas que tres. O que non sería de recibo sería eliminar o galego dese reparto. De todos modos eu penso que o que tocaría facer na escola de cara a fomentar o uso real do galego sería ter un marco no que expoñelo claramente, é dicir, seguramente unha materia de corte sociolóxico onde se debatese sobre o uso do galego. Ou facer que a tarefa dos equipos de normalización estivese integrada nas horas lectivas e que os alumnos soubesen claramente o porqué dela. Penso que na escola sobra obriga de asimilar coñecementos ou de usar tal ou cal lingua, e falta explicación das razóns para facelo.
Coido que o que fai falta para potenciar o uso do galego é que a xente teña a oportunidade de debater sobre elo, e formarse unha opinión crítica. Pero isto non significa que pense que o galego teña que deixar de ser lingua vehicular.
Ó leer os comentarios e críticas xa feitos pouco máis queda por engadir. Paréceme que do que tratan os decretos é de mellorar a situación do galego. Coincido con Tamara en que é só unh teoría, xa que se nos pasamos polas aulas, moi poucas respetan isto e levan a cabo o establecido.
ResponderEliminarEn relación ó Decreto 247/1995, o que trata é de reforzar o seu uso mediante a imposición dun porcentaxe de horas en galego, e o resto en castelán, pero como dí Noemí, penso que sería interesante promover o galego e non equiparalo co castelán, como se fixo.
No Decreto 124/2007, tratou de enmendarse ese erro e de darlle maior pulo ó galego, que sería oficial na administración e na escola sería dun 50% fronte o outro 50% en castelán. Crearonse numerosas inspeccións que se levaron a cabo para que este plan se puxese en marcha e se cumprise, pero persoalmente creo que non sirveu de moito.
Finalmente co Decreto 79/2010 establécese o plurilingüismo, contando np ámbito escolar cun 33% para galego, castelán e lingua extranxeira, respetivamente. Do que tratou este Decreto era de achegar Galicia máis á realidade europea, onde o plurilingüismo está presente, sen embargo, creo que deixando o galego tan de lado, por dicilo dalgunha forma, creo que se está deoxando de promover o seu uso, algo que non debería pasar. Somos galegoa, estamos en Galiza, e a nosa lingua é o galego, polo que deberíamos defendelo, e aceptalo me tratar de usalo sempre. Creo que se a xente se concienciase máis de que se perdemos a lingua perdemos identidade sería máis fácil potencialo. Por outro lado, hai que mencionar as ideoloxías políticas imperantes en cada momento. Dependendo de cada partido, foméntase unha lingua ou outra e xógase ca educación e ca creación e derogación de Decretos como se non pasara nada. E sí que pasa. Estamos falando de educació, de construir un futuro e unha vida, unha identidade, unha forma de ser condicionada pola sociedade e non se debería xogar con iso. Deberíase ser máis obxetivos e ver a realidade que vive o galego e despois actuar dacordo a esas consecuencias.
Pois pouco máis que dicir, so recalcar o que me parece máis importante do comentado ata o de agora.
ResponderEliminarEn relación ó Decreto 247/1995, o que trata é de reforzar o seu uso mediante a imposición dun porcentaxe de horas en galego. Esta medida non e mala se alguén se preocupará de levala a cabo nas escolas, pero como sempre pasa as escolas das cidades onde máis se precisa esta medida son as primeiras que pasan do tema.(digoo por experiencia propia)
E aínda así como dí Noemy esta medida non e suficiente, non olvidemos que o Galego e o Castelán non viviron a mesma situación no pais durante anos, e se queremos desandar o andado e recuperar a nosa lingua temos que facer moito máis.
Estou dacordo con Alba en que a idea do decreto "D79/2010 estableza como asignaturas obrigatorias en galego Ciencias sociais, xeografía e historia, ciencias da natureza e bioloxía e xeoloxía" non é unha mala idea, pode ser un intento de promover a língua, por que son as asignaturas nas que máis se fala, e usase unha grande variedade léxica.
Pero como sempre pasou se o decreto non se cumple, o escrito serve máis ben de pouco, hai que controlar que se fale galego nesas asignaturas pero sobre todo hai que animar os alumnos a que o usen entre eles e non só a aprender lección de carrerilla sen saber o que dín, por que se non de pouco serve.
Algo parecido o que dín Tamara ou Carmen Ramos)
Como xa dixen noutros comentarios o verdadeiramente importante e achegar o alumno o galego, para que o sinta como seu e o use, todalás imposicións soen producir rechazo.(e máis nos nenos)As leis están ben pero se non se desarrolla ou se forma os profesores para que realmente den os seus frutos eso quedará ahí.
E necesario non so facer leis se non evalualas e melloralas.
Penso que o gran problema dos tres decretos é a súa aplicación. Sen unha mente positiva xeral e sen un entorno favorable, as leis quédanse en algo abstracto e teórico, e iso é o que está a pasar. Non só o ámbito educativo é o que afecta ó pouco uso do galego, precisamos unha sociedade á que lle guste falar galego, que queira que a súa lingua perdure, pero isto non está a pasar (na maioría de cidades de Galicia)
ResponderEliminarPartindo da base de que este é o problema principal; a infravaloración da nosa lingua en moitos sectores; imos falar da educación. Está claro que si se pode facer algo no ámbito educativo, hai que facelo. A cuestión é FACELO.
O decreto 247/1995, foi un fracaso a pesar de que propulsaba a normalización de galego, a causa dunha falta de control, dunha inspección inexistente.
O decreto 124/2007 promocionaba o galego, facéndoo coincidir en número de horas co castelán. Ademáis, declaraba a importancia do uso do galego dende a Educación INfantil, e propulsou o funcionamento de equipos de normalización lingüística e do uso do galego nas actividades extraescolares.
Estos dous decretos reflicten un esforzo por parte do goberno para reforza-lo galego, dándolle cada vez máis importancia no ámbito educativo.
¿Qué é o que esta a suceder agora, coa implantación do decreto 79/2010? A cuestión é complexa.
É verdade que, como opina a miña compañeira Silvia, cantas máis línguas sepan os alumnos, conseguiremos unha maior riqueza cultural da nosa poboación. A cuestión salientable neste decreto é a igualdade de horas que se lle dan o galego, castelán e maila língua extranxeira. Cada unha delas ocupará un tercio do currículo, dándolle así a este sistema o nome de "Plurilingüismo". Máis esta repartición horaria non é viable cando a língua propia da comunidade é feble. É dicir, xa cos decretos anteriores, a língua galega presentaba un estatus baixo. Coa nova situación o que se lle está facendo é condenala aínda máis, xa que as horas impartidas en galego serán reducidas e equiparadas ás horas que se dan de castelán e inglés (na súa maioria).
¿Cal é a conclusión? O último decreto é un atraso se queremos que o galego recobre forza. En realidade a única maneira de recuperar unha lingua é utilizándoa máis. E se esa Língua está en perigo, haberá que utilizala máis cas demáis, no de maneira igual, para reforzala.
Outra cuestión é que haia xente que non considere útil ó galego, e dende ese punto de vista, o da utilidade, é normal pensar que a língua extranxeira é moito máis necesaria nestes tempos europeizados. O que temos que decidir é cómo tratar á língua, coma un mero instrumento, ou coma un símbolo de identidade da nosa cultura.
Tras facer unha lectura e unha análise comparativa entre os decretos lingüísticos para Galiza de 1995, de 2007 e o de 2010, obtiven os seguintes puntos diferenciadores entre estes decretos:
ResponderEliminarO primeiro, O Decreto de 2010 baséase supostamente na consulta ás familias, dicíndose que o resultado é o “plurilingüismo”. A este respecto teño que engadir que esa consulta foi unha falacia, xa que as preguntas eran totalmente enganosas –e dígoo con coñecemento de causa, xa que lin esas consultas e vin como moita xente podía caer facilmente na trampa-, así con esta manipulación obtivéronse os datos que o PP desexaba acadar. Ademais, ese “plurilingüismo” deixa moito que desexar, xa que iso non se pode denominar así, senón que é simplemente unha etiquetaxe que queda moi bonita, para poder silenciar e ocultar no sistema educativo a lingua propia, o galego. En relación con isto, neste “plurilingüismo” do sistema educativo, contémplase a impartición de materias non lingüísticas en lingua estranxeira, principalmente inglés.
A seguir, observamos bastante similitude entre o Decreto do 95 e o de 2010 no sentido en que o galego queda limitado á áreas das Ciencias -sociais e da natureza-, deixándose á elección do centro no D.95 o idioma vehicular para as Matemáticas e no D.10 fíxase como vehicular o español (non vaia ser que se diga “ 3 ao caldeiro”, como dixo algún político). E vagamente, no D.07 dáse un paso adiante co galego impartíndose as Matemáticas nesta lingua, alén de que neste contémplase que o 50% das materias impartiranse en galego. Canto á educación infantil, tanto no D. 95 como no de 2010, recóllese que na clase utilizarase a lingua materna predominante entre o alumnado, coidándose que se adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua. Porén, no D.07 avánzase cara a difusión do galego no ensino, engadíndose que en contextos españolfalantes utilizarase a lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza, como mínimo, igual que o español. Alén disto, avógase por fomentar a adquisición progresiva da lectura e escrita en galego, converténdoo en idioma de aprendizaxe para obter competencia de comunicación normal. A respecto de FP e Ensinanzas artísticas e deportivas, ao igual que na Ensinanza de persoas adultas, tanto no D.95 como no D.07 recóllese a achega ao alumnado de vocabulario específico en cada módulo en lingua galega, mentres que no D. 10 “garántese que os alumnos coñezan o vocabulario específico nas dúas linguas oficiais”, así como o desenvolvemento das habilidades de comunicación oral e escrita en lingua estranxeira, isto é, en inglés; xa que, tal é como se recolle no D. 10 esa lingua estraxeira é principalmente o inglés, así que, modelo totalmente a servizo da globalización.
SEGUNDA PARTE:
ResponderEliminarOutro punto a ter en conta, é o carácter segregacionista do D.10. “atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna” (educación infantil). Así mesmo, no D.07, nin tampouco o señor Fraga Iribarne no D.95 se atreveu a tanto, xa que nestes decretos avógase pola non separación de alumnos por razón de lingua.
Por tanto, o D.95 e o D.07 manifestan que nas materias impartidas en lingua galega débese procurar que o alumnado empregue esta lingua en manifestacións orais e escritas, adquirindo deste xeito competencia lingüística en galego. Porén, o D. 10 desde unha perspectiva contraditoria indica que “o alumnado poderá utilizar nas manifestacións orais e escritas a lingua oficial da súa preferencia. Non obstante, ao anterior, procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo”.
Como conclusión, considero que se o Decreto de 1995 era pouco comprometido co idioma propio, e do mesmo xeito tamén é insuficiente o Decreto de 2007 –aínda que este é máis comprometido co galego que o do 95, mais aínda lle faltaba bastante-, o Decreto de 2010 é totalmente desfavorábel para o noso idioma, aínda que se encubra coa falacia dese suposto “plurilingüismo”. Por tanto, si é certo que os Decretos anteriores ao de 2010 eran mellores para a pervivencia e difusión do galego no ensino, mais insuficientes. Se queremos que o galego sobreviva e consiga maior pulo e prestixio social, o medio fundamental para conseguilo é o sistema educativo, por tanto o aconsellábel e necesario para Galiza é un sistema educativo monolingüe en galego, iso si, potenciando o ensino doutras linguas, tanto o español como lingua oficial do Estado, como o inglés como lingua que abre portas en moitos lugares do mundo, así como poder ter a opción de estudo no sistema educativo das outras linguas oficiais do estado –catalán e euskera-, da lingua veciña -o portugués- e outras linguas romances próximas, como o francés ou italiano. Isto aproximaríase máis a un sistema plurilingüe.
No hay nada más que decir por mi parte que no hayan dicho mis compañeros anteriormente. Solamente decir, a modo de resumen, que los tres decretos van a incentivar un mayor uso del gallego ya que en Decreto de 1995 hay una equiparación de competencia oral y escrita en gallego en donde hubo un mínimo de materias en gallego. Más tarde, con el Decreto de 2007, se intentó garantizar al alumnado un 50% de enseñanza en gallego, lo cual fue una buena señal ya que se implementarían las horas de gallego en los centros. Pero finalmente, en el Decreto de 2010, se apuesta por un plurilingüismo que no sabemos hasta que punto favorece o no al gallego. Está claro que en ellos tres se intenta motivar y potenciar la enseñanza en gallego, pero, yo veo un claro retroceso del gallego con el último Decreto. Si bien siempre he apostado por un modelo de lengua plurilingüe, ya que soy de las personas que piensa que cuantas más lengua aprenda uno mucho mejor, pero no veo la luz con este Decreto. Podemos decir que está muy bien la enseñanza de lenguas extranjeras en los centros, y que son necesarias hoy en día, pero este plurilingüismo no va a favorecer a la lengua minoritaria que en este caso es el gallego. No es que sea una lengua minoritaria (pocos hablantes) sino que cuando decimos minoritaria nos referimos a que es la lengua más perjudicada y con más posibilidades o riesgo de perder hablantes.
ResponderEliminarPor ello, debemos utilizarla más y no "recortar" su uso como han hecho en el Decreto de 2010.
Podríamos apostar por un modelo que incrementase el uso del gallego y redujese el uso del castellano, de esta forma podríamos inserir una tercera lengua (que será el inglés)y el gallego, que es la principal lengua a fomentar, tendría una gran importancia en las aulas. Esto sería posible si no existiesen los prejuicios sobre esta lengua porque en el caso del castellano, claramente vemos que estamos rodeados de ella: televisión, periódicos, etc. El castellano lo aprendemos desde que nacemos "sin querer" porque estamos en contacto constante con esta lengua. El modelo que proponemos debería mantenerse hasta que el gallego alcanzase el grado que tiene ahora el castellano. Una vez conseguido, ya se podrían igualar las tres lenguas al modelo que tenemos ahora del 33%. Pero está claro que una vez más, los perjuicios rodean a la lengua porque visto desde fuera, éste es el modelo que se debería tener. Un sistema plurilingüe no es negativo, al contrario, pero no se pueden poner las tres lenguas en la enseñanza con el mismo porcentaje sabiendo que una de ellas está en un escalón inferior.
Antes de nada gustaríame deixar claro que estou totalemente en contra de todo o que teña que ver con Lexislación; xa que considero que as leis están feitas para non cumprirse tendo así un pretexto legal para incidir repetidamente na tertulias dos políticos que aburren a todo o mundo. Tamén considero que son un exemplo do ben que firman os políticos dominantes cousas que nin sequera redactan, nin creo que lean, en fin están moi ben escritas, cunha linguaxe moi seria e rigurosa pero non feita para o pobo que en escasas ocasións (p0r non dicir nunca) acuden a elas. Deberiamos deixar de permitir que a lingua sexa un instrumento político. Se ben, considero en certo modo útil leer o que se estipula para saber que é o que non se cumpre; é necesario saber a que se adican os partidos (a parte do café das doce e as viaxes promocionais puntuais en momentos de interese propio) e que necesidades de cambio perciben como necesarias no noso sistema educativo. Se ben preferiría unha lectura máis realista, é decir, ver datos ou casos reais neste caso tocou un pouco de lei. Un resumo do meu pensamento:
ResponderEliminarDecreto 247/1995
Señor Fraga un decreto moi chulo, moi ben redactao, soa ata creíble e que realmente se podia levar á práctica. Moito número e referencia a outras leis, moi ben iso de que se dean materias en galego e que os profesores fomenten o seu uso na educación primaria infantil, tamén moi interesante o uso do galego para a historia e o medioambiente, que non se separen os alumnos por mor da lingua e os materias que estén en galego, BLA BLA BLA…
¿Onde se fala da calidade da Educación? ¿ E a opinión dos alumnos?
Decreto 124/2007
Señor Touriño, un aplauso merecido pola referencia e a formación dos Equipos de normalización e dinamización lingüística e as Comisións territorias de coordinación. Pero gustaríame destacar a frase: “cómpre reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos”
Teño unha pregunta para vostede ¿cáles son os contextos mortos? E unha vez máis ¿Onde se fala da calidade da Educación? ¿E a opinión dos alumnos?
Decreto 79/2010
Señor Feijóo, a súa aportación pode só resumirse no seguinte: Os pais queren menos galego e máis inglés.
Increíble o uso dos pais para xustificar a súa ansia de ser español, unha vez máis ¿Onde se fala da calidade da Educación? ¿E a opinión dos alumnos?
PARTE 1
ResponderEliminarOs tres decretos potencian o uso do galego, centrándose nos ámbitos da administración e do ensino.
Mentres que o decreto 247/1995 fala da implantación de cursos de galego para o persoal que traballa na administración; o decreto 124/2007 contempla un plan de formación máis específico atendendo especialmente ó profesorado cunha oferta de cursos orientados cara a súa especialidade; así como da necesidade de obter un nivel de perfeccionamento na lingua galega, para poder así participar no concurso de traslados. Seguindo esta liña, o decreto 79/2010 tamén recolle a formación dos funcionarios en prácticas con mesmo contido que no decreto 124/2007; pero non fai referencia ó concurso de traslados e a necesidade de obter un título que acredite o seu nivel de perfeccionamento nesta lingua.
Paréceme moi boa medida que os funcionarios continúen a formarse no galego e a súa cultura, pero non estaría de máis acadar un título, que por unha banda é motivo de orgullo, porque consiste nun mérito e por outra (ó ser recoñecido pola administración) axuda á persoa a evolucionar laboralmente, xa que pode entrar nese concurso de traslados e optar a mellorar a súa situación de traballo.
En canto á etapa infantil; o decreto 247/1995 establece que a lingua empregada na aula será a predominante entre os alumnos tendo en conta o contorno (tamén abarca o primeiro ciclo de primaria); o decreto 124/2007 recolle o mesmo co matiz de que esta decisión a leva a cabo o claustro e o decreto 79/2010 matiza que a decisión a debe tomar o centro previa consulta ás familias.
Tanto o o decreto 247/1995 coma o 124/2007 explicitan unha serie de materias que se imparten en galego, tanto en primaria e secundaria coma en bacharelato e educación secundaria, F. P. e ensinanza de adultos. Cabe destacar que o decreto 124/2007 ampárase no PXNL.
O decreto 79/2010 tamén fai referencia ás materias que se imparten en galego pero sempre indicando que para o resto da materias é o centro o que decide que lingua usar (dun modo equilibrado entre as dúas oficiais); sen embargo explicita que tanto Matemáticas, Física e Química como Tecnoloxía deben impartirse en castelán.
Isto pódese ver dende dúas ópticas diferentes; podemos pensar que esas materias se imparten en castelán porque son as mellor consideradas pola sociedade e deste modo estaríase a favorecer ó castelán, ou pola contra, que son estas as que teñen unha menor carga lingüística e se prefire reservar o galego para outras materias nas que se traballa máis a expresión e redacción como Ciencias sociais ou Xeografía e Historia.
PARTE 2
ResponderEliminarTamén apuntar que tódolos decretos fan referencia ó servizo da inspección como salvagarda dos
contidos dispostos neles.
O decreto 79/2010 cambia a nomenclatura dos equipos de normalización e dinamización lingüística denominándoos equipos de dinamización da lingua galega e hai un epígrafe onde se atende ó alumnado con necesidades educativas especiais, en canto a competencias lingüísticas.
Outro punto a tratar foi a da exención da materia de galego (decretos 247/1995 e 124/2007) , á que se acollía o alumnado que viña de fóra da comunidade ó incorporarse ó sistema educativo a partir de cuarto da E.S.O. ou en Bacharelato; mentres que co decreto 79/2010 esta exención aplícaselle ós alumnos que se incorporan xa no terceiro ciclo de educación primaria.
Ata o decreto 79/2010 falouse dunha repartición equitativa entre as horas de galego e castelán de 50%-50% garantindo deste modo a competencias en ámbalas dúas linguas.
Co último decreto (79/2010) téntase facer outra repartición equiparando unha lingua non oficial no noso territorio (inglés) ás dúas que si o son quedando deste modo a porcentaxe de horas en 33% para cada idioma.
Todo o que sexa enriquecernos culturalmente ca aprendizaxe de linguas paréceme moi positivo, xa que cantas máis linguas saibamos, máis doado resultaranos aprenderen outras.
O problema está en que a repartición tripartita pode ser un arma de dobre fío e ir en detrimento do galego (ó restrinxirlle ás horas de importación de materias en galego) e que ó rematar os estudos de Bacharelato, os nenos non acaden a competencia desexada nesta lingua.
O que expón, soa moi ben, formar rapaces e rapazas competentes en tres linguas pero me temo que non será positivo para o galego e resultará un paso cara atrás. De todos xeitos, haberá que esperar a que pasen uns anos para ver se se cumpriu o obxectivo ou, se pola contra, foi prexudicial para o galego.
Despois de ler os tres decretos, faremos una análise comparativa por bloques.
ResponderEliminarNo tocante ao reparto de materias por linguas, no Decreto de 1995 avogábase pola equidade entre ambas, fixándose cales debían ser impartidas en galego e cales dependerían do centro. O Decreto de 2007 amplía o número de materias que se impartirán en galego, incluíndo as técnicas, coa intención de garantir as competencias na lingua propia de Galicia tendo en conta a súa situación social de desvantaxe con respecto ao castelán. Pola contra, no Decreto de 2010 retómase a idea “do máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias impartidas nas dúas linguas oficiais de Galicia, co obxectivo de asegurar a adquisición da competencia en igualdade nelas”. Evidentemente, nunha situación de desigualdade, proceder con equidade supón promover a perpetuación da desigualdade. Ademais, o feito que fai deste decreto máis agresivo para co galego que o de 1995 radica no establecemento da posibilidade de impartir en inglés ata un terzo das materias, o que levaría a que o galego se restrixise a outro terzo, e non á metade. Ademais, novamente as materias técnicas teñen que ser impartidas forzosamente en castelán, o que contribúe a dar unha imaxe de que o galego só é válido para determinados ámbitos.
En canto ao uso das linguas por parte do alumnado , no decreto do 1995 estipulábase que “nas áreas ou materias impartidas en lingua galega débese procurar que os alumnos e as alumnas a utilicen nas manifestacións oral e escrita”, postura na que avanzou o decreto de 2007, que establecía que nestas áreas “o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita”. Porén, o decreto de 2010 presenta nesta cuestión un carácter bastante retrógrado e alarmante, cando fixa que “o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia”. Isto é un paso atrás moi grave, xa que a pervivencia e equidade das linguas garántese fomentando o seu uso na maioría dos ámbitos posibles. Así, os nenos teñen que acostumarse a falar e expresarse por escrito en galego non só na asignatura de lingua galega.
No Decreto de 2010 tamén se introduce un cambio na nomenclatura dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que pasan a denominarse Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Isto pode ter unha connotación negativa, ao suprimirse o carácter normalizador dos equipos e a idea de que existe a necesidade dun proceso de normalización.
Logo deste breve análise, cómpre resaltar algúns elementos peculiares do último Decreto. Chamoume a atención o feito de que se realice unha crítica explícita ao Decreto anterior, sinalando que este “orientouse nomeadamente cara á obtención dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio, sen o establecemento dun número ou porcentaxe mínima de materias impartidas en lingua castelá, o cal podería chegar a cambiar o modelo de conxunción
de linguas desenvolvido en Galicia desde o inicio da autonomía e aceptado por todos os galegos e
galegas”. En primeiro lugar, afirmar con rotundidade que o “modelo de conxunción de linguas” da etapa autonómica é aceptado por absolutamente todos os galegos e galegas é falso, posto que existen posicións refractarias á oficialidade dunha das dúas. En segundo lugar, e o que é máis grave, pártese da premisa de que o modelo establecido no Decreto de 2007, que daba preeminencia ao galego, podía por en perigo o desenvolvemento de competencias en castelán, o que resulta inverosímil, ao tratarse o galego dunha lingua minorizada, en claro retroceso e con menor prestixio social que o castelán. Unha educación en equidade materializarase nunha maior desigualdade na práctica.
A estas alturas o que diga eu pouco pode aportar respecto ó que se dixo acerca dos decretos. Creo que a opinión maioritaria acerca da situación actual é que o galego non sae ben parado e así o penso eu tamén. O que me choca bastante é que tantos e tantos compañeiros do mestrado teñan opinións favorables ó galego. Non hai que pasar por alto que a gran maioría deles terán sobre 21-30 anos, polo que vin nas aulas, e ademais teñen estudos universitarios polo que en teoría deberían estar nesa franxa na que o porcentaxe de galego falantes debería ser baixa, e onde en principio serían persoas que tivesen prexuízos sobre o uso do galego. Eu insisto coma tantas outras veces que o galego forma parte da nosa cultura e que é unha pena que o vaiamos deixando de lado. Creo que os prexuízos que hai sobre o galego estano a “matar” claramente e quizais se debería incidir sobre ese punto para que nos fose mellor. Non poñemos problemas en estudar Ciencias Naturais, Bioloxía, Matemáticas, e tantas e tantas sinaturas e sen embargo estamos a matar á nosa lingua. Unha pena como xa dixen antes.
ResponderEliminarDespois de tantas opinións diferentes, sobre todo sobre o decreto do plurilingüismo, aquí vai a miña reflexión.
ResponderEliminarO Dereto 247/1995 establece de forma oficial as bases para difundir o galego nas aulas, impoñendo as materias que se deben impartir en galego.
O decreto 124/2007 segue os mesmos plantexamentos que o anterior, pero elevando a porcentaxe de materias impartidas en galego ata equiparalas ás do castelan, concretando que se impartan nun 50% en cada lingua.
Co decreto 79/2010 consolídanse os principios dos anteriores decretos e como engadido foméntase o uso dunha lingua estranxeira non só como materia a impartir, senón como lingua de docencia ata nun terzo das materias. Este decreto denomínase “para o plurilingüismo”. ”O termo “plurilinguismo” non creo en absoluto que sea excluínte do termo “normalización” ou “promoción” da lingua galega, non por incluír unha lingua estranxeira no ensino ten que deixarse de lado a defensa de que o galego e o noso marco de identidade cultural. O que pasa é simplemente que se están ampliando as fronteiras. Non é que se favoreza o inglés, é a realidade social na que vivimos, e estou dacordo en que deben de afianzarse moito mellor as bases do galego e do castelán antes de pasar a unha terceira lingua, pero a realidade está ahí, e qué mellor que inculcar o uso dunha terceira lingua no ensino para potenciar o seu posterior uso. Como se constata no decreto 79/2010 é un proceso progresivo e voluntario, polo tanto cada centro elixirá se se leva a cabo ou non, pero eu estou moi a favor de esta medida. Ábreselles aos alumnos unha porta de cara a Europa, dado a situación actual, na que a movilidade en cuestión laborais cara outros países está á orde do día.
Tamen cabe destacar, como mencionaron moitos dos meus compañeiros, que o que probablemente falle é a súa aplicación. Debería de estar máis controlado que estos plantexamentos se cumplisen verdadeiramente nas aulas, cousa que non estou moi segura de que pase.
En todos os decretos querese equiparar o galego co castelán ou co inglés (no último decreto), pero tamén é certo que o catelán é importante porque o salir de Galicia vas ter que desenvolverte neste idioma (e polo menos ter algo de soltura). Pero en todos os decretos quérese dar algo máis de importancia ó galego, xa que se recollen os equipos de dinamización da lingua galega.
ResponderEliminarCon el decreto 247/1995 se propone el uso del gallego en una serie de áreas del currículo con la intención de equiparar competencias en las dos lenguas.
ResponderEliminarEl decreto 124/2007 avanza en esa dirección y lleva a la equiparación en la utilización del gallego y castellano (al menos 50% de la docencia en gallego). Además se introducen los Equipos de Coordinación y Dinamización Lingüística, con lo que se vislumbra una mayor preocupación por el gallego como lengua minoritaria.
El cambio más significativo que tiene lugar en el decreto de 79/2010 es el de fomentar la impartición de materias en una lengua extranjera, principalmente en inglés, para que se llegue ofrecer un tercio del horario lectivo en esta lengua.
En mi opinión esta disposición es el resultado a una demanda social y laboral, es incuestionable que el inglés es actualmente una herramienta de trabajo casi imprescindible, y pretende resolver el bajo nivel oral que tienen a día de hoy los estudiantes españoles de la manera más eficaz, incluyéndolo como lengua vehicular en la escuela. En ese sentido creo que es una buena medida.
Sin embargo creo que el decreto en este punto es un tanto engañoso.
Parece que se propone un futuro con un uso equilibrado de los tres idiomas, pero obviamente no se pretende llegar a este equilibrio, ya que las tres lenguas se encuentran en una situación muy distinta y no se toman las medidas necesarias para corregirlo: en cuanto al gallego no se le presta una mayor atención por tratarse de la lengua en receso y en cuanto al inglés se propone un cambio “progresivo y voluntario” que no compromete a nada. Es decir que no se trata de la medida “justa“ que puede parecer a primera vista.
Por último, resaltar dos puntos negativos que a mi entender comparten los tres decretos:
_Son poco o nada específicos a cerca del control de su aplicación y de la evaluación de sus resultados.
_En ninguno de ellos se tiene en cuenta las características lingüísticas del área al que corresponde el centro, es decir, que no tiene en cuenta que lengua utilizan más sus alumnos y por contra, cual necesitarían reforzar por tener en ella mayores dificultades.
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística é o punto de partida xa que dela deriva o resto da normativa que trata as linguas no sistema educativo galego.
ResponderEliminarPor orde cronolóxico temos en primeiro lugar o Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, elaborado no marco de aplicación da Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE). Composto por 11 artigos, 2 disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e 2 disposicións derradeiras.
Xa no marco da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE) e derogando o Decreto 247/1995 entra en vigor o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Formado por 21 artigos, 5 disposicións adicionais, unha disposición transitoria, unha disposición derrogatoria e 2 disposicións derradeiras.
O Decreto vixente é o 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Composto en 4 capítulos formados por 23 artigos e 5 disposicións adicionais, 2 disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e 2 disposicións derradeiras.
Parten os tres decretos dunhas disposicións xerais e seguen unha estrutura similar. Dispoñen primeiro o uso do galego pola Administración educativa nos documentos e nas actuacións administrativas. O D 79/2010 introduce un aspecto que non aparece nos outros: “ As programacións e outros documentos didácticos das materias de lingua redactaranse, con carácter xeral, na lingua respectiva.”
Falan todos dun plan de formación para todo persoal dos centros educativos para que podan desenvolver a súa actividade profesional en galego.
Tanto no D 247/1995 como no D 124/2007 regúlanse as materias que se imparten en galego nas distintas etapas educativas (ao redor do 40% no primeiro e un mínimo do 50% no segundo). Pola súa banda o D 79/2010 marca as materias a impartir en galego e outras obrigatorias en castelán. Reducindo o número de horas para as materias en galego.
Outro cambio importante deste último decreto é que a decisión da lingua que usará o profesorado en educación infantil (lingua materna predominante) será determinada polo centro educativo previa pregunta a nais e pais. No D 214/2007 está decisión tomábaa o claustro.
continuación:
ResponderEliminarNa formación profesional garántese o coñecemento do galego no D 247/1995 e no D 124/2007 mentres que o D 79/2010 reduce o seu uso á metade das materias.
Introduce o D 124/2007 o regulamento das ensinanzas das persoas adultas: 50% en galego nos niveis I e II, e a totalidade no nivel II e en bacharelato. O D 79/2010, dando pasos atrás, fala de novo da adquisición das competencias nas dúas linguas oficiais.
Estes dous decretos establecen un plan específico destinado á nova poboación inmigrante que se está a asentar en Galicia, que prevexa formación lingüística, coñecementos históricos e socioculturais.
Regulan amplamente o proxecto lingüístico do centro, que non o menciona o D 247/1995 e a exención da lingua galega. Novamente o D 79/2010 desfavorecendo o aprendizaxe do galego amplía o colectivo que pode obter a exención (neste 3º ciclo de primaria, ESO e bacharelato, mentres que no anterior decreto optaban a exención o alumnado que se incorporase en 4º de ESO ou en bacharelato procedente de fora de Galicia). Fago unha paréntese para comentar que eu cheguei a A Coruña na metade de 3º de ESO (son galega pero vivía en Madrid) e non tiven nin exención de Lingua e Literatura Galega nin problemas para superar a materia, un pouco de esforzo e cariño, nada máis.
No D 124/2007 aparecen os Equipos ne normalización e dinamización lingüística para potenciar o uso da lingua galega nos centros que co D 79/2010 pasan a chamarse Equipos de dinamización da lingua galega.
O tres decretos dispoñen que os servizos de inspección educativa velarán para que en todos os centros educativos se cumpra o establecido neles. Feito que non debeu ocorrer pois, na miña experiencia cada profesor e profesora que tiven nos distintos niveis falaban na clase na mesma lingua que usaban fora. Eu aínda tiven sorte e recibín (mais sen chegar ao 50% normativo) moitas materias en galego.
Para rematar a maior novidade do D 79/2010 é o fomento da impartición de materias en linguas estranxeiras para chegar, xa non a un bilingüismo, se non a un plurilingüismo onde se equiparen as horas lectivas do galego, castelán e inglés. É dicir, que o tempo para o ensino en galego pasa do 50% ao 33%.
Vivimos en Galicia e somos galegos ¿por qué temos que recibir o 66% das materias en linguas alleas?
O decreto vixente mostra un retroceso para a normalización e a promoción da lingua galega, si é que os anteriores conseguiron avance algún.
Non teño ningunha esperanza nos políticos que elaboran estas leis e decretos, mais confío plenamente en nós, que (se nos deixan) seremos os futuros docentes nos centros de Galicia e levaremos ó galego as aulas e transmitiremos ao noso alumnado o cariño e respecto que merece a nosa lingua.
Seguramente haxa moi poucas cousas que non aportasen xa os meus compañeiros, polo que tentarei facer sobre todo unha valoración persoal. Os decretos xorden co obxectivo de protexer e fomentar a lingua galega, mais de diferentes xeitos. Co decreto 247/1995 téntase equiparar no sistema educativo o mesmo número de horas de galego e castelán, xa que ata ese momento non existía ningunha regulación específica neste eido. Este propósito finalmente non se chegou a cumprir, polo que cómpre establecer outras bases que fomenten o galego dun xeito máis ambicioso. Así, temos o decreto 124/2007, que penso que introduce un aspecto clave: para fomentar o galego non é dabondo só o galego no ensino, senón tamén o seu emprego como lingua vehicular no sistema educativo, clave para a adquisición de competencias lingüísticas. Téñense en conta os contornos dos alumnos: en caso de seren castelán falantes, trátase de introducir o uso do galego cun número de horas que en ningún caso pode ser menor que o do castelán. Alén diso, preténdense fomentar os contornos galego falantes na educación infantil, xa que é fundamental que os alumnos se familiaricen desde edades moi novas. Na miña opinión, trátase dun decreto xusto que procura impulsar unha lingua que se atopa en desventaxa a respecto do castelán. Creo que non se poden tratar por igual dúas linguas cando non gozan do mesmo estatus. Por iso, considero que o decreto 79/2010 supón un retroceso. O galego pasa a estar moito menos presente e equipárase co mesmo número de horas a unha lingua estranxeira, o inglés. Recoñezo que o que persegue este decreto é positivo, mais non creo que sexa realista, pois non penso que sexa posíbel acadar unha suficiente e correcta competencia das tres linguas. Se xa había problemas para garantir a presenza do galego nas aulas, como se vai garantir agora cando a súa presenza se reduce? Penso que a liña que se trata de seguir con este decreto responde ás demandas de gran parte da poboación, mais non penso que sexa a maneira máis axeitada de asegurar ditas demandas, cando se desatende unha lingua propia do noso país, que precisa de medidas para garantir a súa presenza e o seu uso, en detrimento doutra lingua estranxeira, que non posúe carácter oficial no noso país. Podería aplicarse o conto de que «quen moito abarca, pouco apreta».
ResponderEliminarVou tentar facer un pequeno resumo de cada un dos decretos e como á a miña opinión da evolución que se ha acadado
ResponderEliminarNo decreto 247/1995, proponse por primeira vez a unha proporción igual de horas para ámbalas dúas linguas oficiais. Sen embargo, so se fixan unas horas mínimas que se deben cumprir e deixa o resto a opción persoal do centro, de maneira que na realidade, era moi complicado que este feito chegara a cumprise. Na educación infantil promovese que o idioma no que se comece a ensinar os cativos, sexa a lingua maioritariamente falada na súa contorno.
Xa no decreto 124/2007, tratase de solucionar todos o erros que se puideran albiscar no decreto anterior. Por exemplo, xa se fixan a lingua en que deben de falarse todas a materias para tentar asegurarse de que cumpran o porcentaxe esixido. Tamén e importante comentar que sa se pide que nos ambientes maioritariamente castelán falantes, a lingua empregada no ensino para os cativos xa non sexa unicamente o castelán e que comécese a falarlles en galego.
No decreto 79/2010. O Galego, pasa a falarse so nun 30% das horas, xa que se introduce no currículo o feito de que un 30% das clases débense dar en Inglés. Por último, neste decreto non se lle da tanta importancia a lingua que se debe empregar nas zonas castelanfalantes. E importante salientar que as clases de maior prestixio volven a ser en castelán.
A miña opinión é que todos os avances acadados no decreto do 2007, quedaron en papel mollado ca formulación do decreto do 2010. A miña opinión, e que con este decreto, trátanse de acalar todas aquelas voces críticas que puxeron o grito no ceo co decreto do 2007. Non se poden equipara a linguas como o inglés e o castelán có galego, xa que o galego e unha lingua minorizada e polo tanto necesita dun impulso maior cás outras dúas. É mais, o castelán e o inglés presentan medios de difusión con moita mais forza que a lingua galega e se atopan nunha situación menos perigosa. Tendo en conta que o galego pasou no 2002 a formar parte do libro branco das linguas, compre tomar medidas para mellorar o seu prestixio y fomentala súa fala, non para faceres todo o contrario.
Os tres decretos tratan de potenciar o uso dol galego,con diferentes propostas.
ResponderEliminarNo decreto 247/1995 establecese que ó ensino será do mesmo número de horas en castelán e en galego. Establece cales son as asignaturas en cada unha das linguas.Non potencia o galego no ambito extraescolar.
O decreto 124/2007 si que potencia a lingua no ambito extraescolar e propón o galego como lingua base do aprendizaxe ,establece que a educación infantil debese basear na lingua materna ,determinada polo claustro e pretende que a docencia sexa nun 50%en cada lingua.
O decreto 124/2007 tamen potencia a lingua no ambito extraescolar e fai unha proposta plurilinguistica na que propon que a docencia sexa nun 33% en cada lingua,sendo estas o castelán,o galego,e unha estranxeira, xeralmente o ingles.Se realmente se levara a cabo esta ultima proposta na práctica ,para eso habería que formar e concienciar ben ó profesorado,que realmente apreciaran a diversidade lingüística e loitaran por ela,sería moi bo e moi enriquecedor, xa que saeríamos da escola desenvolvendonos en 3 linguas, o castelán o galego e o inglés,esto traería consigo 3 cosmovisións,3 formas de ve-lo mundo,a vida.
A estas alturas ya esta claro que los tres decretos tratan de incrementar el uso de la lengua gallega, por lo que poco o nada puedo añadir sobre este tema. En cuanto al tema del plurilingüismo, no creo que el gallego se viera afectado negativamente ni creo que sea necesario ni bueno quitar protagonismo al castellano para dárselo al inglés. Está visto que en muchos países de europa los alumnos son capaces de aprender hasta tres lenguas sin problemas, por lo que no veo justo que para aumentar el porcentaje de una lengua se tenga que disminuir el de otra. La idea en sí es buena, y aunque a la hora de la verdad sea muy complicado de hacer, ya que es necesaria la participación de un profesorado capacitado para dar las asignaturas en estas tres lenguas, es una idea que no debe darse por vencida. La escuela es la mejor erramienta para que los estudiantes dominen una lengua, porque viendo la tele (como algún compañero ha mencionado) puedes aprender a entender la lengua, pero la tele no te enseña la lengua ni te enseña a usarla con propiedad.
ResponderEliminarPARTE 1
ResponderEliminarO decreto do 2007 engade ó plan de formación do art.2º do 1995 o coñecemento dos aspectos lingüísticos do galego, o cal supón un pequeno pero importante engadido. Tamén introduce como novidade a formación dos funcionarios e funcionarias en prácticas e a obriga de acreditación de capacitación na lengua galega para poder participar no concurso xeral de traslados a prazas en que é preceptivo o uso do galego. Para a etapa de educación infantil o decreto do 2007 engade o fomento da adquisición progresiva da lectura e da escritura en galego, pero non indica como. Para a ESO hai un aumento das materias que se deben dar en lingua galega e fala ademais de proporcionar competencia nas dúas linguas pero tampouco establece como conseguilo. Outro engadido deste decreto respecto ó do 1995 é o plan específico para a poboación inmigrante na ensinanza de persoas adultas. No tocante ó proxecto lingüístico de centro penso que o decreto do 2007 está moito máis reducido e menos definido có do 1995, mais sí engade algo que achaba en falta neste, que é o fomento do uso da lingua galega nas actividades complementarias e actos que o centro organice, o cal me parece totalmente necesario. Tamén se fala da exención, que apenas se mencionaba no decreto do 2005 e dos equipos de normalización e dinamización lingüística. Ademais, engade as comisións territoriais de coordinación e, máis importante, a actuación dos servizos de inspección, a cal considero totalmente insuficiente, xa que o único que di é “velarán”.
PARTE 2
ResponderEliminarO decreto do 2010 ten a súa maior novidade xa en primeiro lugar, na referencia ó plurilingüismo, entendéndose de este modo a inclusión da linguas estranxeiras. Tamén en educación infantil inclúese a obriga de que o centro faga constar no seu proxecto lingüístico as estrategias e actividades para que o alumno adquira o coñecemento das dúas linguas oficiais, o cal é un pequeño avance na teoría en comparación co decreto do 2007 mais é todavía insuficiente xa que non asegura o seu cumprimento. Pareceume significativo o cambio das matemáticas á lingua castelá tanto en primaria como na ESO e tamén na ESO o cambio de física tamén a lingua castelá. Como xa se comentara na clase, parece moita coincidencia que este cambio tivera lugar nas materias de máis prestixio social. No artigo referente á FP parece haber tamén un retroceso pois fala dunha oferta equilibrada, en vez de indicar a porcentaje. Neste decreto do 2010 o proxecto lingüístico do centro aparece máis especificado, mais coido que aínda así, hai un pequeño retroceso respecto ó decreto do 2007 xa que neste pedíase unha elaboración anual do mesmo, mentres que agora esta é cada catro anos. Como punto positivo está o punto 4 do artigo 14, que establece un maior contro para a escolla da lingua materna predominante no alumnado. Vexo ben que se lles pregunte ós pais porque se cadra, aínda que os nenos non falen unha certa lingua, pode que os pais queiran que se lles ensine nela. No tocante á inspeción educativa, parece que non houbo ningún cambio, xa as medidas xa eran insufientes e non se corrixiu nada. A maior novidade do decreto do 2010 está na inclusión das materias en linguas estranxeiras.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarXa está longamente discutida a evolución que hai nos decretos, e si creo que hai un retroceso na protección ao galego, entre outros, no 79/2010. Porén, a introdución da posibilidade de dar materias nunha lingua estranxeira paréceme un avance. Coido que ese terzo (como máximo) de materias en LE non está desperdiciado. Máis ben, non estaría, dubido eu moito que se chegue a dar máis de un par de materias, sobre todo na actual crise que redundará nunha falta de recursos para a educación. Claro que aumentar as horas en LE significa menos horas en galego, mais hoxe en día unha educación completa non se entende sen unha lingua estranxeira e, tal e como estaba plantexado o uso da LE anteriormente, non se garantía o suficientemente a aprendizaxe real. Mais, como dicía antes, o máis probable é que dentro duns anos cambie o decreto sen que se chegara ao 33% de máximo na LE na maioría dos centros.
ResponderEliminarChegar a estas alturas do conto e pretender engadir algo interesante ou novo ás reflexións parece pouco intelixente. En calquera caso, cumpría deixar algún apuntamento:
ResponderEliminarA comparativa destes decretos máis recentes que afectan á consideración, uso e ensino da lingua galega (estritamente das linguas, no caso do último e actual, non "especificamente" do galego, pero entendámnonos) haberá que facela tendo un pouco en conta xustamente iso, o seu momento, o seu momento na evolución normativa e lexislativa. E, dese xeito, unha vez contextualizados, quizá se entendan mellor algunha das súas características ou, más que as súas características un pouco a súa esencia, por que vén determinada. Así, no decreto (actual) do plurilingüismo, como mencionamos e como se ve xa dende a propia denominación, deuse un xiro, aparentemente copernicano, canto o foco de atención. Plurilingüismo di, e non é uso do galego, ou normalización lingüística pensada pola confluencia de galego e español. Está aí esa pretensión de ser máis comprensivo, de avance na súa concepción e de incluír outras linguas... as linguas estranxeiras. Aínda que, bueno, quizáis sexa pretencioso co enfoque dado falar de plurilingüísmo, non? En realidade non é a competencia noutras linguas, é a competencia nunha outra lingua estranxeira. Podían terse quedado en chamala lei para o trilingüismo, non? Bueno, máis reformas haberá (seguro!), así que quizá acabemos por chegar a outro concepto de plurilingüismo (discutímolo tantas veces nas aulas, e parece ata tan utópico chegar a ese concepto claramente máis enriquecedor...), un concepto que non queira decir únicamente na praxe "mellorar a competencia en inglés".
Supón, en calquera caso, desde a súa intencionalidade, un paso de afondamento na idea de normalización lingüística en canto ó ensino en consideración especial da situación do galego como lingua "débil" no noso contexto fronte ó galego. Pero, como dicimos, cun querer ir máis aló, considerar a importancia do momento e contexto actual de mobilidade e de encaixe internacional (europeo quérese dicir, en realidade, desde logo), para facer énfase na necesidade do ensino de linguas estranxeiras (inglés, simplemente, en realidade, pero ben, a estas alturas xa sabemos como vai o conto e os prexuízos sobre lingua e linguas cos que nos toca lidar nos nosos tempos...).
Aínda que verdade é, e ten nisto razón Iago tamén, que non está mal ese intento, que é bo, e é, claro, un avance no ensino (na aprendizaxe, máis ben) da lingua estranxeira, da competencia a través da introdución desa lingua cunha porcentaxe equitativa como lingua vehicular nas materias. Mais... equitativo? Por que o resultado do que quedou definido, ese chegar ó 33% e manter o equilibrio entre as tres linguas? Acaso a situación de partida xa é equitativa? Non parece moi razoable, neste sentido que a "sentenza" sexa que igual para todos cando o punto de partida é desigual, e cando non podemos esquecer que o propósito de normalización tamén estaba na concepción (en teoría) desta lingua... a priori, como digo, non me parece que sexa moi coherente o funcional a conclusión. E, ben, iso xa sen entrar a cuestionar que a igualdade, nin sequera sobre o papel é tal. Que se están establecendo nomeadamente as materias que se darán en castelán. E... ben, non deberiamos querer ser tan neutros de pensar que non hai intencionalidade niso, tampouco que non hai prexuízos. Por que esas materias e non outras? Se se establecen é porque se considera importante nalgún sentido, e parece, cando menos curioso, que sexan xusto matemáticas, ciencias (tecnoloxía, física e química) as materias asignadas para o castelán... Xógase sen moito disimulo coa concepción xa establecida da percepción das linguas do seu prestixio e oportunidade para segundo que cousas, e vincúlase tamén co "prestixio" de determinadas materias de estudo e non outras. Por iso... fai reflexionar un pouco.
E por rematar un pouco...
ResponderEliminarNon podemos pensar, pois, que vaia ser o derradeiro decreto. Non naceu xa con demasiada forza e a contestación e mobilización (tamén desde sectores institucionais da cultura galega) que supuxo (canto proposta inicial) é máis que significativa. Certo que se modificaron(e moito) as bases para ese decreto antes de poder ser aprobado o decreto. E, ben, quizá ó final se afinara moito máis, pero non parece tampouco que sexa a proposta acabada e, aínda podendo concordar todos que si, que asi é... hai que pensar que as situacións non son estáticas e que as lexislacións avanzan (non á par, desde logo) levadas por eses cambios situacionais, de contexto e, tamén, obviamente, de ideoloxía. Así que... poderiamos estar xa impacientes por ver por onde se fai a énfase na próxima ocasión.
Viñamos do decreto anterior, o de 2007, que en realidade por denominación xa falaba doutra cousa... de fomento do uso do galego. Parece que, nese sentido é máis específico ou máis concreto... co foco no galego e na súa situación. Mais, como diciamos hai que pensalo en contexto no que se redacta. E, claro, aí estaba de fondo o compromiso adquirido polo Estado coa Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Un compromiso que pasaba por protexer e incluso incrementar a presenza da lingua rexional, do galego, neste caso, e de garantir que sexa maioritaria no sistema educativo. En certo sentido, este compromiso si parece un pouco máis cabal ó tratar desigual situacións desiguais. Aparece o proxecto lingüístico do centro, e parece que por aí se está coidando de xeito especial dese fomento da lingua galega. Parece que o avance, a respecto do decreto do 95 era real, alí si, estaban determinadas as materias que se reservarían para a lingua galega, mais ó non cumprirse, ou mellor dito, ó ninguén vlar polo seu cumprimento, parecía que quedara un tanto no aire. Este de 2007 hai que velo, sen dúbida como un grande avance para o galego, para a súa normalización efectiva. Mais claro, como vimos de reflexionar sobre o punto no que nos deixa o decreto do plurilingüismo... parece que, neste sentido, en realidade o decreto de 2010 e unha reacción contra os "excesos" ou "bondades", segundo o enfoquen uns ou outrs, do de 2007.
Por iso, un pouco dicía eu antes, que agardemos o sentido do que vaia vir... porque, sen dubidalo moito, tamén será a reacción a algo.