segunda-feira, 24 de outubro de 2011

Todos os días morren linguas...

... e estas noticias publícanse en todos os medios e fálase de procesos de extinción, mais parece que nada se move entre nós.
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/02/04/00031265285202048249612.htm

22 comentários:

  1. Esta noticia amósanos a crúa realidade que están a sofrer as linguas de últimos falantes que desgraciadamente están a extinguirse por mor da morte dos seus últimos falantes. Debemos preguntarnos como afectará desaparición xeneralizada de linguas en tempos recentes así como as causas e os efectos que terá no futuro nun mundo cada vez máis globalmente insensible ante as linguas e ante a linguaxe. A miña pregunta sobre a conservación das línguas minoritarias é a seguinte: ¿É posible salvalas?. O que sí teño claro é que hai que defendelas e ha ser posible transmitilas as novas xeracións para que non se perdan.

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida unha triste nova, tanto polo final da lingua coma polos métodos de exterminio que se relatan. No meu caso intentei ampliar a información e atopei outra ligazón que trata o mesmo, na cal atopei unha frase dunha profesora lingüista que coñecía á protagonista, e que me impactou bastante:

    “Non podes imaxinar a dor e a angustia que sentín cada dia ó ser a única testemuña muda da perda dunha cultura excepcional e dunha lingua única.”

    Na ligazón pódese escoitar unha canción na linguaxe cantada pola propia protagonista.
    A ligazón: http://www.survival.es/noticias/5512

    No caso de que non se permitan ligazóns externas nos comentarios, indicádemo e eliminareino.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Dende sempre se nos dixo que as linguas son sistemas vivos, e iso é algo que non sorprende a ninguén. É por esa condición de vida, polo que evolucionan (por exemplo, o latín deu paso a numerosas linguas romances, entre elas o galego); así, poderiamos dicir que o latín evolucionou ó entrar en contacto coas linguas que falaban os habitantes dos territorios que invadían, etc., etc. Ou poderiamos, quizáis, dicir, que o latín morreu e o galego, portugués, español, francés, rumano, italiano....naceron. Mais coido que non foi unha morte, senón unha evolución. E ese feito de que o latín morreu, non nos extraña se concebimos as linguas como sistemas vivos (non só as linguas nacen, evolucionan, e poden chegar a desaparecer; pensemos nos animais, onde ocorre o mesmo; ou na evolución humana dende os primates; todo está en continua evolución).

    As linguas representan unha gran riqueza, porque conlevan moito máis do que pode ser unha gramática ou un léxico; pero as linguas serven para comunicar - no sentido máis amplo que poidamos imaxinar para ese termo. Dende o meu punto de vista, penso que esa comunicación é o que prima; voume explicar: este fin de semana, pola rúa, cruceime cunha nai que ía coa súa filla (45 e 17 anos, aproximada e respectivamente). Ían as dúas xuntas, mais a filla ía cuns enormes cascos escoitando música e a nai calada, ó seu lado. Nese intre pensei, falarán galego, falaran castelán, serán estranxeiras e falarán calquera outro idioma..? que máis da, o caso é que non se comunican. E deume mágoa. Coido que hoxe en día o que se está perdendo é, en moitos casos, a capacidade de se comunicar e iso leva, aínda que non nos guste, á perda lingüística. Por que morreu a lingua bo? Por que non se transmnitiu? Quizáis evolucionou (como o latín), ou confluiiu coa lingua doutra tribu que tamén desapareceu (nacendo así outra lingua)... non o sei, pero un dos momentos nos que máis detiven a lectura da noticia foi cando lin que Boa Sr sentíase triste porque nos derradeiros anos da súa vida non tiña con quen falar. Ó problema non é que a lingua morrese, senón que a súa morte conleve a soidade dunha persoa, a frustración, ó fin e o cabo.



    E reproduzo, para rematar, unha reflexión literaria que podemos, quizáis, relacionar con isto. È un poeta francés? É un poeta inglés? É un poeta galego? Que máis da... é un poeta!

    ResponderEliminar
  4. Esta noticia, sen dúbida, non deixa a un indiferente ou polo menos non debería.
    Unha lingua, como ben dixemos nunha das aulas, non é un simple instrumento de comunicación senón que tamén é un selo de identificación dunha comunidade.
    Isto foi o que aconteceu coa lingua Bo que pertencía a unha das tribus que habitaban na India.
    Qué facer para conservar unha lingua? realmente é unha pregunta difícil de respostar. E canto máis nunha tribu onde non teñen probablemente os medios suficientes como para deixar unha testemuña escrita ou gravada. Se lle sumamos a isto o feito de que hai poucos falantes desa lingua, coma neste caso que só quedaba unha, é practicamente imposible que se conserve se ninguén fai nada para mantela viva.
    Unha das solucións sería, como ben comenta Ángel, transmitir a cultura de xeración en xeración para evitar que a lingua e o sistema de valores desa cultura quede no olvido.
    Concluíndo, a sociedade tende a non darlle a importancia suficiente a este tipo de noticias cando se atopa con elas nun xornal xa que non lle afecta no seu quefacer diario. Esta actitude é destructiva xa que un debe de sentirse comprometido non só co que a un lle é cercano senón co que está a pasar no resto do mundo. Hoxe son eles os que sufriron esta morte lingüística pero, e mañán? mañán pode ser a túa lingua. Reaccionemos.

    ResponderEliminar
  5. Considero que esta noticia é unha de moitas tantas que se levan dado ata agora ou daránse nos tempos próximos. Desgraciadamente, existen moitos factores que favorecen a morte dunha lingua minorizada e minoritaria. Neste caso estamos ante un feito de colonización, no cal os colonos invasores dun territorio impoñen, en primeiro lugar, a sua lingua e, con ela, o seu sistema de costumes e valores culturais. Este proceso desencadea, por tanto, a través da forza, a perda da lingua e da identidade cultural do pobo primitivo.
    Ademáis da colonización, podemos destacar outros fenómenos mais recentes que tamén favorecen a perda dunha lingua. Na actualidade a globalización que estamos a vivir fai que acabemos con diversidades de todo tipo e, como non, cas linguas que, dende unha visión utilitaria, son menos importantes. Favorécese o estudio das linguas máis maioritarias: inglés, fundamentalmente, ou doutras que parecen interesantes para fomentar o capitalismo, coma o chinés. Dende esta mentalidade, pouco queda para pensar na cultura, nas pequena linguas, e moito para reparar en como sacar o maior rendemento económico.
    Cal é, por tanto, o futuro que nos espera? Sen dúbida, desconcertante e pouco alentador se non facemos nada para que as cousas muden. Dende a miña opinión, o cambio deberá comezar dende cada un de nós, xa que os que están no poder teñen moi olvidada a riqueza cultural en detrimento da económica.

    ResponderEliminar
  6. É unha pena ter que ler noticias coma estas.
    A perda cultural que se produce pola desaparición dunha lingua é incalculable. Non se produce solo a perda dun idioma, sinon tamén dunha historia e unha cultura.
    Ademáis, en moitos casos non queda nin sequera un testimonio escrito, o olvido é completo.
    Estou dacordo co meu compañeiro en que hai que defendelas. Compre facer un plan que evite a sua desaparión.

    ResponderEliminar
  7. A perda dunha lingua é a perda dunha cultura e dunha cosmovisión.
    Do mesmo xeito que cando se extingue unha especie repercute no ecosistema, a desaparición dunha lingua reflicte no modo de ver o mundo desa comunidade; o cal era expresado a través, neste caso, da lingua "bo".Coa morte da derradeira falante de "bo" támen o fai o eido desta tribu e gran parte da súa cultura e en xeral a humanidade perde unha unidade irremplazable do coñecemento e do pensamento.

    Se alguén quere saber máis sobre este tema, deixo a ligazón do "Atlas das linguas do mundo en perigo" da UNESCO, no que podedes "fedellar" e coñecer a situación das linguas no mundo. No caso de España figuran catro en perigo e unha extinta (o guanche)

    http://www.unesco.org/culture/languages-atlas/es/atlasmap.html

    ResponderEliminar
  8. Na miña opinión, o texto destaca o feito de que é a tribo a que está a piques de se extinguir debido á colonización do territorio máis ca o feito de que a lingua desapareceu. É rexeitable o xeito en que outros individuos saquean ou minorizan ós iguais que se atopan no seu proceso de expansión, por iso creo que eu tamén trataría de resaltar ese suceso. A última falante do bo xa non se comunicaba con ninguén. Temos que louvar o labor dos lingüístas que se apresuraron a tomar testemuño da lingua antes de que desaparecese, pero penso que foi o que tiña que ser. Unha vez recollida a variedade, para salvagardar os pequenos detalles que a poidan facer especial(como recoñecer os sinais do tsunami) ou para achegar aos lingüístas ó coñecemento de novos universais, para qué máis servía?Esa muller non tiña con quen falar, de que lle valía entón a lingua se xa non se podía comunicar con ela? Este é un caso extremo, dacordo, pero unha lingua con un único falante non é viable, e se xa só tiña un, será porque tempo antes deixou de servir como medio de comunicación.

    ResponderEliminar
  9. É unha tristura que a diversidade cultural do ser humano vaia camiño da desaparición e sobre todo que esta sexa consecuencia dunha peneira política e económica. Non estou en contra do coñecemento dunha lingua franca se esta axuda precisamente ao mantemento da riqueza lingüística e por tanto cultural dos pobos, mais si que cada día teño máis claro que aquilo que se nos tenta presentar como necesario, a maior parte das veces non o é. Neste caso concreto, vemos como un pobo -os Bo- que vivía aparentemente ben, foi arrinconado culturalmente pola modernidade e o "benestar" ata o punto de que o nexo máis forte de unión daquel pobo -o idioma- desapareceu, desaparendo o pobo en gran medida, pois non hai nada xa que os identifique ou diferencie dos outros, algo que lastrarán para sempre, aínda que certamente non sexan moitos e o seu futuro como pobo parece pender dun fío. Por outra parte, se de todo iso algo vexo positivo é que é unha chamada de atención para outros pobos ou culturas; que os pobos e as culturas morren é un feito, non unha quimera, depende moito (non todo) deles mesmos que iso non ocurra.

    ResponderEliminar
  10. A UNESCO calcula que cada dúas semanas desaparece una lingua, e normalmente débese a presión dun grupo dominante que usa outra lingua.
    Este dato é aterrador, a perda dunha lingua significa moito mais que a perda dun código, denota a perda dunha cultura única, existen feitos tan ligado a un idioma que é difícil expresalos e entendelos ben noutro idioma.
    Opino que igual a xente se preocupa tanto pola extinción de especies animais, e polo tanto pola variedade biolóxica; se debería de concienciar da importancia da variedade lingüística e da enorme perda que supón a desaparición de linguas.

    ResponderEliminar
  11. A perda que produce a morte dunha lingua é infinita porque nos decatamos de que con ela desapareceron os seus falantes. Penso que as linguas nacen, evolucionan e morren porque son os estados naturais de todo aquilo que vive, mais a situación que sufriu a lingua bo non foi de todo natural. Non podemos esquecer que a India foi un país colonizado polos ingleses, que intentaron por todos os medios impoñer a súa lingua. O éxito non foi o mesmo que nos Estados Unidos (onde os nativos americanos quedaron relegados a un segundo plano para máis tarde ser dominados polos “novos” americanos), mais conseguiron interceder na evolución de moitas linguas. Sexa como for, unha lingua minoritaria acaba de morrer na India e con ela unha cosmovisión da vida.

    Moitas veces por moito que intentemos parar unha situación (neste caso a perda das linguas minoritarias) é imposible porque a vida segue o seu curso. Non podemos aferrarnos ás cousas e tratar de manter unha lingua artificialmente, como é o caso da lingua córnica, que foi unha lingua celta falada ata o século XVIII debido a imposición da lingua inglesa, mais esta foi revivida artificialmente no século XX. E digo ben artificialmente porque non hai ningún nativo de dita lingua.

    Volvendo a lingua bo, podemos ser optimistas ao pensar que esta lingua deu lugar a outras linguas novas (como sucedeu co latín) ou a outras variedades que están en plena transformación porque queda moito por saber e descubrir.

    ResponderEliminar
  12. Que unha lingua desapareza, para min é sinónimo de derrota. Non cavilo cómo pode desaparecer unha lingua…é algo desastroso, porque un mundo con diversidade lingüística amósanos máis culturas, máis cosmovisións, máis coñecemento…
    Cando rematei de ler este artigo, lembrei unha das linguas que máis me impactou ao largo da miña carreira. Trátase da lingua piraha, ten tan só 200 falantes, e podería dicir que é unha lingua que rompe con todos os esquemas…porque non ten palabras para mencionar cores, ou mesmo pronomes, e outra serie de características que, o dito, nos romperían os esquemas. Mais aínda tendo tan só 200 falantes, é unha lingua que se conserva pura, e que non está en perigo de extinción. Recordo que alguén lles intentou ensinar outra lingua, o portugués, se non me falla a memoria…e eles intentaran aprender, pero rexeitaron finalmente a idea porque, dacordo con eles, a lingua piraha era a súa lingua e con ela entendíanse ben.
    Polo tanto, vendo o caso dunha lingua e doutra, o que se ve é o interese da comunidade en manter a lingua viva, eu penso que o fallo estivo ahí; no interese por coidar unha lingua, mantela a salvo e viva. Dame pena porque os falantes da lingua bo non foran capaces de coidala, e máis pena me da a señora e a súa tristura por non ter con quen comunicarse.
    Por iso, e remato xa, gustaríame que reflexionaramos sobre o gran tesouro que temos, a nosa cultura galega, a nosa lingua galega…e a coidemos e a salvemos do desastre que tuvo que vivir a lingua bo.

    ResponderEliminar
  13. Estou de acordo ca nosa compañeira en que o artigo salienta que a morte la lingua estase a producir debido a invasión dos colonos cos séus métodos, masacrando a poboación nativa, impoñendo reglas, costumes, o idioma, e en resumen modificando o entorno destes pobos e destruindo unha forma de vida. É habitual que estas poboacións sexan de zonas rurais, de zonas pobres e que falen linguas orais que de perderse, estaríamos a perder coñecementos da natureza, de como coidar o medio ambiente, e en definitiva o seu patrimonio cultural. Penso que nos deberíamos concienciar da importancia de preservar a variedade linguística, xa que cada vez que morre unha lingua estamos a perder unha cultura.

    ResponderEliminar
  14. Vivimos nun mundo cada día máis pobre. Os procesos globalizadores, lonxe de servir á creación de pontes entre culturas e formas de interpretar a realidade, está exterminando a diferenza, máxime cando aquela non conta con institucións que a representen e defendan.
    Chama a atención a hipocresía de La Voz de Galicia, lamentando a desparición dunha lingua e traballando a diario en contra da preservación da nosa.

    ResponderEliminar
  15. É unha mágoa ter que ler novas deste tipo, xa que ademáis da desaparición da lingua, prodúcese tamén a extinción de todo un modo de entender o mundo.

    Promóvense, por motivos políticos e económicos, o estudo de certas linguas como o inglés ou alemán, consideradas como as linguas do “progreso” neste momento (anteriormente o fora o francés); mais non se promove o coñecemento doutras linguas minoritarias, porque non se lles saca un proveito económico.
    Segundo David Crystal “Cada dúas semanas morre unha lingua”. Polo que penso que habería que deterse, examinar con atención esta situación e intervir a través de políticas públicas que velen pola existencia das linguas.

    Deixo a continuación unha ligazón que me pareceu interesante acerca dunha lingua só de mulleres:http://www.anfrix.com/2006/07/la-lengua-secreta-de-las-mujeres/

    ResponderEliminar
  16. No caso deste vídeo vemos que o motivo da desaparición de un idioma e pola colonización. Deberíamos quedarnos non só co motivo senón tamén co resultado final.
    Teríamos que pensar mais seriamente, dende o punto de vista lingüístico, que queremos para o futuro dos nosos fillos. Moitos din que cando teñan fillos lles falarán en galego pero polo motivo que sexa cambian de opinión cando lles afecta. Está claro que depende de nos e non deles.
    Como mostra do pouco que estamos a protexer o galego e o título do artigo “Desaparece en la India la lengua bo con la muerte de su última hablante”. Compre recordar que o medio e un periódico galego.

    ResponderEliminar
  17. La desaparición de una lengua siempre es motivo de tristeza porque las lenguas van ligadas a una cultura y a una serie de valores.

    La noticia relata una historia que es bastante común con lenguas minoritarias como es el caso de infinidad de lenguas de muchas tribus africanas. En cierto modo, también es verdad que a veces la no trasmisión generacional o la colonización, en otros casos, son factores determinantes pero la evolución de las lenguas es algo a la orden del día y supone que muchas veces de una legnua se creen dialectos y esto conlleve la creación de nuevas lenguas.

    Como dice Andrés, la noticia está en castellano en un diario gallego pero yo creo que se causa revuelo con temas como el plurilingüismo y ponemos el grito en el cielo porque es un "menosprecio" al gallego y no se promueven este tipo de cosas como sería tener una edición en gallego y otra en castellano de algunos periódicos (como ocurre en Catalunya con "El Periódico" que hay edición en catalán y edición en castellano y es una propuesta que tiene mucho éxito en ambas ediciones) y promover que el gallego tenga más cabida en los medios de comunicación pero siempre haciendo un ejercicio de inclusión del gallego en todos los ámbitos cotidianos, no de exclusión del castellano para la inclusión del gallego ya que al ser cooficiales para algunos su lengua materna es el gallego y para otros el castellano. Y ambas son respetables y se debería fomentar el conocimiento de las dos pero conceder esa libertad para que cada cual se exprese en cualquier ámbito en al que deseee ya que ése es un principio fundamental de la libertad lingüística. Lo ideal sería la convivencia de ambas lenguas no la competición por el primer puesto de núemro de hablantes. Creo que es un error la discriminación positiva ya que lo que se pide es la igualdad de condiciones con el castellano y lo primero que se hace es imponer en vez de incluir.

    ResponderEliminar
  18. A cultura é riqueza, a lingua é riqueza. Parece que todos concordamos niso, e por ese mesmo motivo, a todos nos resulta unha mágoa pensar en novas coma esta que exemplifica unha morte máis entre tantas, como encabeza este post. Porén, dicimos cada día morren linguas... e, ben, si, podémolo aceptar con maior ou menor resignación como fan algúns dos compañeiros que comentaron por aí arriba, recorrendo a que é lei de vida que todo o que vive acaba por morrer ou evolucionar e deixar paso a outras realidades novas (vivindo incluso nelas convertida noutra cousa: nin se crea nin se destrúe, transfórmase, poderíamos aplicar tamén, se nos poñemos, non?). Mais tamén está por nalgún comentario a asimilación de que "non se produce solo a perda dun idioma, sinon tamén dunha historia e unha cultura", como dixo Noemi. Concordo, mais só en parte: en que momento estamos a separar lingua e cultura?, por que dicimos que a perda da lingua leva á perda da cultura? Non será acaso que son a mesma cousa? Non será que a lingua é unha parte da cultura? Reflexiono para min e non teño nada claro que a perda da lingua supoña a perda da lingua, igual é que a perda dunha cultura leva á perda da súa lingua. Mais, ben, seguro que ó final todos falamos do mesmo. E neste caso, perdeuse todo, os representantes da cultura (as persoas), a súa cultura e, inevitablemente en consecuencia, a súa lingua. Con todo, tamén me chamou un pouco a atención o feito de que algúns dos meus compañeiros fixesen fincapé en que mágoa que, neste caso concreto, nin pegada escrita puidesen deixar. Mais eu pregúntome se acaso é este non o peor dos casos. Porque nós, dende a nosa posición (privilexiada, non o esquezamos) fiamos moito na literatura e na escrita, pero cómpre lembrar que esa parte, importante si, non está presente nin é vital para boa parte das culturas espalladas e sobrevivindo polo mundo adiante. E, cando menos, no caso da lingua bo sae ata nos xornais, había unha lingüista (cando menos!) ocupándose de recoller esa morte anunciada, queda, como nos fixo notar unha compañeira, recollida parte da súa cultura en gravacións sonoras. Lamentablemente estarán a morrer diariamente outras linguas e outras culturas das que non temos ningunha información. Así pois, eu, que ás veces prefiro ver o bo das cousas, digo neste caso: morreu unha lingua (unha cultura, se preferides), mais non morreu calada.

    ResponderEliminar
  19. Doe ver esta noticia. Parece increíble que no mundo en que vivimos ocorran estas cousas. Está visto que está moi avanzado para unhas cousas pero non para outras.
    Ca morte dunha lingua, desaparecen miles de cousas, unha identidade, unha forma de designalas cousas, unha forma de velo mundo. Moitas veces é consecuencia da inminente globalización que estamos a vivir, e do contaxio doutras culturas e linguas, que dependendo da moda se usan máis ou menos.
    Cadaquén debería reflexionar sobre isto, e ver o que se gaña e se perde.

    ResponderEliminar
  20. desgraciadamente, este non se trata dun caso illado. fai pouco lin sobre a desaparición das linguas dos últimos pobos descubertos na selva amazónica.

    Poñemos o grito no ceo pola perda da cultura e da lingua dunha civilización e nos quedamos a ver como morre a nosa lingua sen facer nada.

    A perda dunha lingua debería ser un impulso pra, en vez de quedarnos laindo, tentar salvar a nosa propia lingua.

    ResponderEliminar