segunda-feira, 17 de outubro de 2011

Multilingüismo e antiglobalización (T. Moure)

60 comentários:

  1. Por onde comezar? É interesante e recomendable a forza centrífuga que Moure pretende imbuír nos lectores, non todo o importante está no centro das investigacións e do ensino. No caso das linguas, todas son importantes, non polo feito de ter máis ou menos falantes, mellores ou peores literatos, maior ou menor cantidade de páxinas escritas; senón polo seu valor intrínseco. E a autora non o fixo (máis que tanxencialmente), pero ben podería ter feito unha analoxía completa coas especies do mundo animal. A perda dunha especie sempre é unha traxedia, pero non todas doen igual. Imaxinemos unha catástrofe que conleve a perda dos bovinos, pois sería unha traxedia a escala mundial que levaría consigo unha crise económica nos países dependentes dos touros, por exemplo. Comparemos esta perda coa desaparición do percebe. De entrada, ainda que non desexable, non é tan apocalíptico; e segundo, aínda que as zonas afectadas sufrirían un retroceso, non causaría unha crise. Por último, poñamos un coala, que son moi monos pero que para a maior parte do mundo son pouco máis que unha atracción nos zoolóxicos. Pois ben, un político salvaría sen dúbida os bovinos, teña ou non recursos para os demáis animais. O caso dos percebes a nós chéganos moi preto, mais se nós non facemos algo, fóra de aquí non se van preocupar. Por último, os coalas son os que precisarían unha axuda externa porque non teñen unha industria detrás que loite por eles. Teresa Moure afirma (e ten razón) que non hai linguas máis importantes que outras, todas teñen algo. Se algún lector tivo a tentación de facer unha clasificación por orde de importancia, que saiba que o exemplo do touro representa o caso do castelán e o dos percebes era, claramente, o caso do galego. E o coala? Pois unhas cen linguas aborixes de Australia, e se a alguén non lle parece unha traxedia ten que saber que, coa morte dos "coalas," deixaremos de saber que agochan as linguas do país continente. Por exemplo, o castelán ten rexistros culto e vulgar, o galego tamén... pero en Australia hai comunidades que teñen unha lingua para falar normalmente, e outra lingua diferente para conversas de rexistro culto. Non hai que dicir as probabilidades de que dita lingua sobreviva outro século de abandono máis.
    Moitas veces, para concienciarnos, oímos datos como cada canto tempo morre un neno de fame, ou unha especie. Pero, é unha lingua? O lingüista David Crystal (do que aproveito para recomendar unha lectura para aqueles interesados na redución lingüística e que non o leran nas súas respectivas carreiras: 2003, A morte das linguas.Vigo: Editorial Galaxia) da esa cifra: dúas semanas de media. Cada dúas semanas morre unha lingua. Parece imposible, pero de cando en vez saen noticias graciosas de tipo: "Os dous últimos falantes dunha lingua nativa en México teñen unha discusión e deixan de falarse." Así morren as línguas, non son por catástrofes e grandes xenocidios (normalmente non,) é a causa do efecto funil, unha perda de falantes lenta e continua por causas humanas (xa sexan económicas ou sociais.) Finalmente, o último falante sae na prensa, un velliño simpatiquísimo ou unha velliña moi cariñosa, fanlle unha entrevista e morre tranquilamente levando consigo unha parte da nosa historia e cultura. Iso con sorte, seguramente ese último falante viviría nunha illa no pacífico e non saberemos nin o que perdemos.
    É moi importante ser conscientes de que case con total seguridade non poderemos evitar a perda de moitas linguas, linguas feridas de morte ou linguas extintas en liberdade, ás veces por vontade dos falantes e sempre por omisión dos expertos e dos que teñen medios. Nese sentido, o documento que temos nas nosas mans é un grito e unha chamada de atención, non un texto puramente informativo.

    Paréceme que xa vai sendo hora de ir parando. Veña, que o xamón xa está encetado, que falen outros.

    ResponderEliminar
  2. El texto de Teresa Moure me hace reflexionar sobre la necesidad, por una parte, de concebir la Lingüística con un carácter transdisciplinar y, por otro, de romper con el eurocentrismo como forma de entender el mundo para llegar a una homogeneización que permita un mejor entendimiento entre los pueblos.
    En primer lugar, creo que Teresa Moure es consciente de que las áreas de conocimiento no pueden (y no deben) ser compartimentos cerrados debido a la complejidad del mundo en el que nos encontramos; por lo tanto, un nuevo enfoque de la Lingüística resulta imprescindible para poder llevar a cabo un estudio más amplio y real, de ahí que se tenga que complementar con estudios sociales, culturales, geográficos, históricos, etc. Esta visión también está muy de actualidad en los estudios de traducción (de donde provengo) y por eso hablamos de que un traductor no solo conoce lenguas, sino también la cultura o culturas en las que se enmarca un texto porque el contexto y marco histórico, social e ideológico influyen directamente en la redacción de textos y en sus traducciones.
    En segundo lugar, la lucha contra la globalización, la homogeneidad del mundo y el eurocentrismo es fundamental para ser conscientes de que existen lenguas minoritarias y minorizadas y realidades de las que ni siquiera somos conscientes. Hablar de homogeneidad es una entelequia, algo que no se puede sostener desde ningún punto de vista porque no responde a la realidad. No olvidemos el intento de aquellos que crearon el esperanto… Una lengua es más que un código de signos lingüísticos, sino que describe una forma de ver una realidad concreta (no universal) ya que la realidad australiana de los aborígenes dista mucho de la de un gallego por muchos eucaliptos que haya en Galicia. Por esto mismo hay palabras que no se pueden traducir de una lengua a otra y hay que optar por una explicación. La dominación imperialista en el proceso de colonización acabó con lenguas, gente, ideologías y conocimientos perfectamente útiles y válidos y que quizás nos ayudasen a solucionar problemas de las sociedades actuales, ya que la aceptación de la diversidad es la mejor solución contra discriminaciones entre hombres y mujeres, entre blancos y negros, por ejemplo (no olvidemos que aún en el año 2013 tendrá lugar un referéndum para reconocer a los aborígenes en la constitución australiana - http://www.theaustralian.com.au/national-affairs/coalition-to-put-aboriginal-recognition-to-referendum/story-fn59niix-1225903189578-). La consecuencia directa de la colonialización es pensar que hay una cultura superior y ocultar la identidad propia (considerada «inferior»). Hoy en día no hay dudas de que esa mentalidad de «colonialidad» sigue presente a pesar de los procesos de independencia que se han llevado a cabo en los países que una vez fueron colonizados, porque en estos países se sigue viviendo y pensando con la misma mentalidad. La pregunta que yo me planteo es si realmente somos conscientes o inconscientes de esta mentalidad heredada del colonialismo… Por eso me parece muy importante que se promuevan y se hagan campañas a favor de las lenguas con un estado de salud preocupante.

    ResponderEliminar
  3. Despois de ter lido o artigo de Teresa Moure, atopo que comparto coa autora tantos puntos coma nos que discrepo. É ben certo que a diversidade enriquece, e que parte dese ideal de cultura xeral debería estar ocupado polo coñecemento de linguas afastadas pero que non por iso son menos importantes. É labor dos lingüistas darnos a coñecer toda esa información sobre linguas minoritarias que están a piques de desaparecer pero grazas ás cales se coñecen novos universais da linguaxe.
    Sen embargo, non considero que a postura que se atopa nas escolas sexa euro-centrista. Aquí, as linguas prioritarias son o galego e o castelán, e se ben é certo que o inglés tamén se ensina, tamén o é que quen quere realmente aprender esta lingua acode a academias ou ás escolas oficiais de idiomas porque o nivel das escolas é insuficiente para desenvolverse con soltura. Non é que vaian ser mellores persoas por falares esas linguas, pero si acadarán máis prestixio na empresa privada, xa que falan a lingua dalgunha potencia económica, ou dito doutro xeito, falan o idioma do diñeiro. Doutra parte, xa que todos estamos dispostos a admitir que as linguas son entes vivos, penso que o lóxico é deixalos evolucionar, coas posibles consecuencias que iso comprende: dende a súa reprodución ata a súa desaparición. Non vai pasar nada porque unha lingua moi minoritaria desapareza. Pérdese a cosmovisión que leva consigo, certo, pero esa lingua será suplantada por outra, e co paso do tempo esa lingua que a suplantou comezará a presentar variedades dialectais moi marcadas, ata o punto de que xurdan outras linguas novamente. Frear a desaparición de moitas linguas leva consigo a perda desas futuras linguas que poderían chegar a constituír, coas súas propias cosmovisións máis adaptadas aos tempos que corran. Tomemos por exemplo o latín; por qué no habería de volver a pasar que unha lingua hexemónica se dividise co paso dos séculos en moitas linguas independentes entre si? Acaso non é ese o futuro do inglés? Dende a miña perspectiva, chegará un momento en que o inglés de Australia sexa inintelixible para un falante de Gran Bretaña. Non parece un futuro tan afastado.
    Por iso conclúo que os lingüistas deberían esforzarse en testemuñar a máxima información das linguas do mundo neste momento, porque poden mudar e de seguro o farán, pero iso é lei de vida e non se debería frear.

    ResponderEliminar
  4. Teresa Moure se centra en un tema bastante controvertido como es el de la conservación de las lenguas minoritarias y los factores y consecuencias que la motivan.

    Expone la paradoja de por qué las lenguas más habladas en el mundo no son las impartidas en la enseñanza. Es chocante pero bajo mi punto de vista es lógico ya que para un alumno español va a ser más provechoso saber inglés como primera lengua extranjera que no chino. Eso sí, después cada cual puede incluir en su formación el número de lenguas que considere oportuno, para eso existen las escuelas de idiomas. Pero yo creo que la enseñanza se debe centrar en los aspectos que a priori le puedan ser más útiles a los alumnos, dependiendo el país y las necesidades del mundo actual; en el caso de Galicia sería la enseñanza del castellano y el gallego y como lenguas extranjeras inglés y francés.

    Estoy de acuerdo con mis compañeros en que las áreas de conocimiento no pueden ser compartimentos cerrados, pero sí que hay que establecer una lista de prioridades y cubrir las necesidades de los alumnos, siempre con una finalidad y orientado a objetivos. El caso del latín que dice Alba estoy de acuerdo y también pienso que en un futuro igual los de Australia usarán una variante del inglés muy alejada de la de Reino Unido, Estados Unidos o Canadá, hasta el punto de igual crearse una nueva lengua, como sucedió con las lenguas románicas.

    Lo que sí que es verdad es que si excluimos ciertas lenguas de los análisis lingüísticos es como si hacemos un estudio zoológico y sólo tenemos en cuenta dos o tres animales diferentes. La lingüística centra sus estudios en las lenguas más habladas y mediáticas mientras quedan en el olvido otras muchas que si se incluyeran, esos análisis e hipótesis cambiarían o se verían ligeramente modificados.

    La conclusión que yo extraigo de la lectura es que cuanta más diversidad se tenga en cuenta mejor, pero no siempre se pueden valorar todos los factores, en el caso de algunas lenguas por falta de medios o simplemente por intereses económicos o por simplificar incestigaciones lingüísticas a lo más conocido y destacado en los países más desarrollados. Pero como dice Alba, las lenguas son cambiantes y esos estudios se van modificando con el paso del tiempo y eso desde mi punto de vista enriquece la cultura y las lenguas.

    ResponderEliminar
  5. 1ª PARTE:
    O texto de Teresa Moure expresa na miña opinión a idea principal acerca do descoñecemento por parte da sociedade e inclusive dos profesionais da lingüística das linguas existentes no mundo.
    Refírese nunha ocasión a que a maioría dos estudantes universitarios non coñecen cales son as 20 linguas máis faladas no mundo e isto debese xa non só ó pouco que estudio ó que están sometidas algunhas destas linguas senón á pouca preocupación das persoas por coñecelas. Vivimos nunha sociedade na que o primordial é saber inglés ou calquera outra lingua estranxeira coñecida e cun uso moi estendido. Aínda no noso plan de estudos actual, é necesario o coñecemento desa lingua estranxeira aínda tendo en conta que non coñecemos ben nin a nosa propia lingua galega.
    O descoñecemento de moitos pobos non occidentais implica o descoñecemento das linguas que se falan nese territorio e usase como escusa o feito de que son lugares cun difícil acceso. Na miña opinión tratase máis ben de intereses políticos e económicos xa que, ¿para que nos imos a esforzar e gastar parte do noso orzamento en estudar linguas que aínda que son utilizadas por milleiros de persoas non aportan ningún beneficio para a nosa sociedade capitalista actual? Teñamos en conta a idea do texto de Moure onde se explica como unha lingua non sería lingua se non tivese un exército que a protexese e pelexase polos seus dereitos. Este exército non é mais que un interese dos que poden e dirixen a sociedade.
    Gustaríame salientar a idea da creación dun “pidgin” para a educación formal e temas administrativos en algúns países e, na miña opinión, o igual que Teresa Moure non é mais que un atentado contra a diversidade lingüística xa que, se esa lingua é utilizada neses contextos en moitas ocasións considerados como “primordiais” as linguas do entorno acabarán por desaparecer ou incluso crearanse prexuízos contra eles como pasou nalgún día coa lingua galega.

    ResponderEliminar
  6. 2ª PARTE:
    Na segunda parte do texto, podemos observar o estado de precariedade que están a sufrir moitas linguas no mundo. Algúns factores como son os medios de comunicación (En especial a televisión) e como xa dixemos a educación formal, son os principais causantes da desaparición da diversidade de linguas no mundo.
    Sería necesario unha certa liberdade á hora de elixir a lingua na que queremos falar e podelo ampliar a todos os ámbitos da vida como o laboral e por que non a educación. Non quero falar utopicamente pero ¿non podería ser posible unha educación flexible na cal cada un elixise o idioma no que quere cursar as súas materias? Con isto refírome a que é case un delito facer que una persoa estude nun idioma que non entra dentro das súas preferencias. Ben é certo que se esta empezando a contemplar este aspecto pero, na miña opinión creo que aínda queda moito que percorrer neste sentido para chegar ó que a miña idea intenta transmitir. Hoxe en día a maioría dos nenos/as quererían estudar en castelán poñendo a escusa de que o entenden mellor. Non é cuestión de entender mellor ou peor, é cuestión de que estamos acostumados a estudar en castelán ata tal punto que aínda que as materias que son obrigatorias a impartir en galego e aínda tendo o libro diante nosa en galego, moitos profesores explícano en castelán e incluso hai casos nos que se mergullan ambos idiomas, feito que o único que causa e una descoñecemento e unha equivocación fonética, gramatical, léxica, etc. do noso idioma o galego.
    Todos os problemas explicados no texto de Moure atribúense a un mal estudo dos lingüistas o considerar esa disciplina como un estudo vago das linguas máis importantes do mundo ou xa por considerar a gramática como o principal campo de estudo de cada lingua. O estudo debe ser realizado “in situ” e débense ter en conta todas as variantes que inflúen nesa lingua, xa sexan políticas, económicas, sociais, antropolóxicas, etc. e seguindo nesta liña, non podemos atribuír todos os problemas ós lingüistas e nos escorrer o vulto, debemos pesar que a desaparición dunha lingua, xa non só do galego debese en moitas ocasión á vergoña de falar esa lingua que carece dun estatus máis baixo que outra coa que esta a coexistir nun mesmo territorio.
    Para rematar, gustaríame dicir que un pobo é o que é grazas ás súas sinais de identidade nas que cabe salientar sen dúbida algunha a lingua. Se ese lingua cambia ou pola contra desaparece, modificaremos por completo o contexto o que seguramente cause serios problemas nos individuos que o habitan. É necesario frear a globalización e por en marcha mecanismos para a defensa de estas linguas non recoñecidas do mundo.

    ResponderEliminar
  7. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  8. A escola é un compoñente dun proxecto político educativo e de sociedade, unha ferramenta pois, daqueles que decidiron e deciden cómo modelar dita sociedade e as mentes que á compoñen.

    “Non é tarea doada educar á mocidade, adestralos sen embargo, é sencillo” (R.Tagore)

    De tódalas ferramentas de socialización, a educación é a máis forte en canto a duración no tempo, é dicir,é o canle a través da cal este modelo imposto e dirixido conséguese perpetuar, consolidar e arraigar no máis profundo das mentes ata o punto de non cuestionarse outros modo de entender a vida. E neste sentido,a escola e moitas disciplinas están a facer un bo traballo para a globalización, o capital e os que se benefician del.

    Para aquelas que se resisten a admitir que o noso sistema educativo transmite unha idea eurocentrista do mundo existe o exemplo doutra disciplina: a cartografía e a proxección do mapa mundi.

    Se nos fixamos no mapa mundi que estudamos, o coñecido como mapa de Mercator veremos que esta proxección presenta una boa aproximación na zona central, onde casualmente se atopa Europa, pero nas zonas correspondentes a norte e sur presenta grandes deformacións. Este mapa utilizouse na época colonial na que Europa era a potencia dominante e seguímolo utilizando nos nosos días con alguna variación…
    Esa variación é a proxección de Peters , que aínda que tamén ten deformacións,é o mapa que coñecemos coma a visión políticamente correcta do mundo dende que a Unesco e moitas ONG a adoptaron e a popularizaron. Cabe dicir que os cartógrafos a critican entre outras cousas pola escasez de valor científico que ten, xa que Peters era cineasta e non cartógrafo. Así que temos una visión do mundo de cine, pero non a aceptada pola comunidade científica que estudia este ámbito. Aínda que para nós, o mundo é así.
    Pero se o pensamos, no universo non hai arriba nin abaixo, nin norte nin sur, tan solo dentro e fora (se vaia ou non hacia o centro gravitacional). Así pensaba Fuller, que asociaba esta representación do mundo do norte- arriba (cultura superior)e sur-abaixo (cultura inferior) coma un sesgo cultural. Así pois, ofreceu una alternativa á proxección de Peters que é o coñecido (ou non?) mapa Dymaxion.
    Tamén xa hoxe en día, noutros países coma Australia ou Brasil, empezan a estudar nas escolas outra representación do mundo diferente a coma nola ensinaron a nós, pero totalmente igual de válidas. Neses mapas o mundo está “o revés” de cómo o coñecemos e para nada Europa é o centro do mundo. Son os chamados mapas de McArthur e de Hobo-Dyer (paga a pena miralos).

    Estas propostas de transmitir outra representación do mundo na educación e nos medios enténdese como una forma de cambiar as mentalidades ó mesmo tempo que se convirten nunha corrección política. Ahora claro, está nas mans das docentes mostrar estas realidades. Igual que ocorre coas linguas, tamén a cartografía está a colaborar nesa idea europeizante da concepción do mundo que invisiviliza tantas outras realidades.

    ResponderEliminar
  9. T. Moure, coma lingüista que é, céntrase na súa disciplina á hora de criticar esta tendencia homoxenizadora do mundo que trouxo a globalización do libre mercado, internet, comunicacións, etc…
    A maioría de nós, incluída Moure, aproveitamos e formamos parte desa globalización polo cal nos é moito máis difícil separarnos das comodidades que nos aporta para observar e pensar a cambio de qué temos esas comodidades e do que significan para outros.
    As linguas, que adquiren un papel importantísimo na transmisión e reproducción ideolóxica dunha cultura determinada, estanse a converter nunha víctima máis desta globalización. De ahí a chamada de atención que a autora fai ás súas colegas da disciplina para traballar na recuperación dunha perda de riqueza: o multilingüismo e a diversidade cultural fronte monolingüismo e colonialismo cultural.

    Deste xeito, igual que ós lingüistas que critica Moure, son moitas as disciplinas e institucións e persoas que traballan para contribuir a facer deste mundo “Un mundo feliz” (Aldous Huxley,1932), e para as cales non hai máis riqueza que a económica e material.

    Pero sen caer no pesimismo, tense que ver tamén a educación como una ferramenta transformadora da sociedade e da vida dos seus individuos, algo que xa se fai e que se coñece coma revolución silenciosa. A mesma ferramenta que ten o poder económico e social para reproducirse pode ser utilizada no sentido oposto, e iso e algo que non se pode esquecer dende os diferentes axentes educativos.

    ResponderEliminar
  10. O máis destacable da lectura de Teresa Moure é o uso dos termos multilingüismo e antiglobalización, ambos vinculados á lingua. O primeiro é formulado como unha solución á aprendizaxe de varias linguas, xa que o monolingüismo non é unha situación normal, e é o impulso necesario para non perder tantas linguas. Esta aprendizaxe queda relegada ao inglés, francés e alemán principalmente debido a potencia económica e tecnolóxica dos seus países. Son linguas funcionais pois non son aprendidas en moitos casos por interese persoal, mais por intereses económicos e de traballo. Desta maneira, penso que é fundamental amosar aos nenos a importancia das linguas, máis que saber cántas linguas hai no mundo, pois o realmente importante é a concienciación e os efectos que ten na sociedade a perda dunha lingua.

    Por outra banda, o segundo termo refírese ao efecto que a globalización provoca en moitos contextos sociais como é a educación ou os medios de comunicación. Queda patente que as nacións con poder están a exercer unha presión dominante no mundo da información e iso chega ás escolas onde o problema convértese en algo aínda maior. As escolas, como ben menciona a autora, son referentes para os estudantes de cultura ou de todo aquilo que é imprescindible para a educación. O sistema educativo é o que marca o que se debe coñecer ou non, e aínda que non é e non debe ser o único medio de coñecemento, é certo que para todos eles é o marco de referencia. Desta maneira, é importante que as escolas amosen a realidade tal e como é, sen ningún tipo de influencia política pois é ben coñecido por todos que existen culturas ocultas para ós ollos dos gobernantes e daquela para os ollos dos nenos. Estas culturas ocultas refírese a todas aquelas que non interesan porque non teñen maioría de poder, aínda que si teñen maioría en outros aspectos, como as linguas. Un exemplo que ofrece a autora é a India que conta cun gran número de falantes en linguas indíxenas, mais non son mencionadas nin tratadas porque non son linguas de poder.

    Desta maneira o texto amosa que a globalización está matando as culturas e especialmente as linguas. Existe un descoñecemento das linguas tanto nos rapaces, como nos lingüistas, que van chegando ao coñecemento das linguas pouco a pouco. Para remarcar a importancia das linguas, Teresa Moure refírese a elas como cosmovisións particulares da realidade que son necesarias para a vida cotián e para moitos outros campos como é a medicina, a psicoloxía, a antropoloxía… mais sobre todo para a vida persoal de cada ser vivo, pois só a súa lingua é capaz de expresar con todo esplendor todos os seus sentimentos e emocións. Non podemos esperar que expresemos do mesmo xeito a nosa visión da vida e da realidade nunha lingua allea á nosa. É imposible.

    ResponderEliminar
  11. Pouco máis hai que dicir cós meus compañeiros.
    Compre destacar a idea principal que nos quere achegar T.Moure, a loita contra uniformidade, é decir, rescatar a importancia da diversidade en todos os aspectos da vida, máis concretamente nas linguas.

    ResponderEliminar
  12. Coido que cos comentarios que xa fixeron os meus compañeiros non é preciso, por redundante, pórme a enumerar todos os temas dos que fala a autora, e vou centrarme no aspecto que me chamou mais a atención.

    Mentres lía o texto parecíame que gravitaba unha cuestión que non se remataba de concretar. A autora enumeraba actitudes que parecíanlle erradas tanto primeiro no achegamento ó coñecemento do feito lingüístico coma despois na xustificación da diversidade lingüística por razoamentos utilitaristas, inda que estivese de acordo con eles, pero parecíame que non poñía na balanza as súas propias xustificacións. Cando finalmente expuxo a razón pola que deberiamos tender á diversidade e non á integración nunha lingua única foi coherente coas formulacións previas; a única razón necesaria para xustificar a existencia dunha lingua é o dereito dos seus falantes a empregala.

    Paréceme moi coherente e, sobre todo, chocoume coma eu mesmo andaba a buscar unha xustificación que opoñer a razoamentos usualmente esgrimidos na defensa da integración fronte a diversificación, cando en noutros ámbitos non se precisa desas explicacións. Ninguén pensa en ter que razoar o dereito á vida, á educación (¿seica nestes días si?), a moitas cousas que asumimos coma imprescindíbeis, mais no tema da lingua ou outros similares fortemente politizados o feito do enfrontamento polas connotacións existentes parece que obriga a caer no funcionalismo.

    Nestes días no mestrado houbo un término que me estivo dando voltas na cabeza todo o tempo porque apareceu en distintas clases e contextos, o utilitarismo, tanto na lingua coma na educación e na política. Por exemplo no caso do conto dos bonobos, coma fan uso da educación coma un fin en si mesmo, entendéndoo cun sentido utilitario para que algúns adquiran un status de poder coma docentes e outros aprendan cousas sen sentido coa fin de satisfacer as demandas dunha sociedade que non ten en conta as necesidades reais dos seus integrantes.

    Gustaríame tamén destacar o descoñecemento que tiña eu da situación real das linguas no mundo, e do galego en concreto, inda que estou seguro que na escola estes temas deberon saír algunha vez. Paréceme interesante darse conta desas cousas porque, en relación co que nos están aprendendo noutras clases do mestrado e mesmo na conferencia de inauguración, o coñecemento o poder e o descoñecemento é febleza (“non se desexa o que non se coñece”), e coma docentes temos o deber de ensinar con formulacións científicas ou matinadas e non con xeneralidades, tópicos e prexuízos asumidos sen reflexión.

    ResponderEliminar
  13. Estoy de acuerdo con Abel en que lo que pretende Tertesa Moure es resaltar la importancia de la diversidad tanto a nivel lingüístico, cultural, como en cualquier ámbito de la vida ya que la globalización sólo nos lleva hacia un camino donde todo es similar.

    No hay que olvidarse de que cuanto más saber y más herramientas se posean más competencias se lograrán en muchos campos y situaciones diferentes. Todo aporta algo y nunca es bueno hacer exclusiones y menos en las lenguas, que son un signo de identidad de pueblos y culturas.

    ResponderEliminar
  14. Neste artigo denúnciase o papel da escola, que anda a difunfir unha idea errónea: a homoxeneidade do mundo.Os coñecementos que transmite a escola están sesgados por unha visión eurocentrista que tende a voltar invisibéis as realidades e valores daqueles grupos sociais que carecen de poder económico.
    No caso da Lingüística, por exemplo o multilingüismo segue a ser unha realidade pouco explorada e, a pesar da súa aparente neutralidade coma disciplina científica, as categorías gramaticais básicas coma o verbo ou o adxectivo, ás que atribuimos un valor universal e no son aplicábeisa todas as linguas;
    son propias das linguas europeas, especialmente das derivadas do latín.
    A globalización está ocasionando a aculturación de moitas poboacións e a perda da diversidade lingüística. Nos últimos anos disciplinas como a Ecolingüística tentan ofrecer unha perspectiva máis xusta sobre as linguas do mundo e, neste aspecto, frear a desaparación das chamadas "linguas prioritarias"..
    Unha iniciativa notoria e a formulación da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (DVDL, Barcelona 1996) que, a pesar de todo, segue a ser marcadamente eurocentrica porque contempla os dereitos lingüísticos vinculados a un territorio ou a unha comunidade; esta formulación non garante os dereitos de desprazados, apátridas e nómadas.
    Nos próximos anos, o papel da escola será determinante para promover as linguas moribundas e frear a súa extinción, mentres que a Lingüística profesional terá que afrontar o reto de combater os tópicos e comprometerse, analizando as relacións entre a lingua e o poder.

    ResponderEliminar
  15. Coincido cos meus compañeiros: Abel, Silvia..., o texto é unha reflexión sobre a globalización lingüística e as suas consecuencias.
    Fainos reflexionar sobre a situación actual das linguas, que para moitos de nós , era máis ben descoñecida.
    Se ben e certo que parte dos currículos didácticos ou contidos educativos dos diferentes cursos son escollidos polos Mestres; e estes deberían intentar darnos una visión máis ampla do mundo onde nos temos que mover. Non sería lóxico encher parte destas horas co coñecemento das linguas, que son una parte máis que importante da cultura da diversidade. Pero como o problema ben sendo sempre o mesmo, as escolas ensinan aquilo que interesa que se sepa e o resto tocanos a nós investigalo se queremos coñecelo.
    Tamén é interesante resaltar que a perda desas linguas pode ser non so una perda cultural, pode ser una perda de coñecementos incalculable. Aínda así, paréceme imposible que poda existir unha salida digna a este conflicto, moitos serían os medios necesarios. E se os gobernos estivesen preocupados, empezarían por cambiar as cousas nas escolas, pero os gobernos sempre están por todo o contrario pola globalización “o fin e o cabo, non sería máis fácil se todos falasemos o mesmo idioma”.
    Por iso as veces parece mentira que estando nós no mundo occidental, sendo uns privilexiados e tendo “tan fácil” manter viva e conservar a nosa lingua e cultura, “sexamos tan parvos, de deixar que morra ante os nosos propios ollos”.

    ResponderEliminar
  16. "...non se trata dunha morte natural (...), a palabra xusta é a de asasinato" Din Teresa Moure, engadindo: "As linguas desaparecen como consecuencia do terrible impacto que o imperialismo occidental está ocasionando: os sistemas educativos formais, os medios de comunicación..." e logo emprega unha palabra que me pareceu acertada "MacDonalización" do mundo.
    Ler iso, pareceume aterrador. A idea de que a nosa sociedade estea basando a súa forma de vida nunha mentira (ou ocultación de información), da medo.
    Cando Teresa Moure fala da gran cantidade de información xeral que estamos a perder coa desaparición das linguas, e da homoxeneización do mundo, eu penso: e cómo se soluciona iso? Si, a escola e os medios de comunicación haberían de cambia-los seus discursos, pero, a quén interesa iso? Vaino permitir?
    Por suposto, eu comparto a opinión dos meus compañeiros, pero especialmente pareceume moi interesante o que comentou Jose, xa que iluminou un pouco as miñas cuestións. Falo do tema da cartografía, e como en Brasil utilízanse mapas que responden a outra visión do mundo, igual de válida que calqueira.
    O problema aquí, xa sabemos todos que é o eurocentrismo ó que todo na nosa sociedade está sometido. Isto convértenos en ignorantes. De seguro hai xente que nin sequera se para a pensar en que o que está vendo nas noticias, ou lendo nos periódicos non é a pura verdade. Tendemos a confiar plenamente no que nos di a prensa ou a tele, e ás veces a xente non se percata de que ata a selección da información que se inclué nestes medios de comunicación estáse utilizando estratéxicamente. Isto deixa cega á poboación, e non deixa que teñamos unha visión real do mundo.
    Paréceme ben tamén a crítica que fai Moure á corrente estructuralista da lingüística. O obxecto de estudio son as linguas, e o primeiro que se está a facer é non contar cos factores máis importantes que fan que éstas sexan coma son (contexto, cultura e sociedade), tendo en conta só as estructuras gramaticais das mesmas. Ademáis, como a autora resalta, a riqueza no coñecemento das cousas, moitas veces conséguese mediante o contraste con outras. Se non se lle da importancia ás linguas e ás cosmovisións que encerran, e estas van morrendo, non vai haber esa posibilidade máis.
    Polo tanto, no terreo da lingüística creo que habería que tomar medidas. Mentres iso non cambie, é moi dificil que o tema se tome coa seriedade que merece.
    Por último tamén destacar a idea de Alba, que é un contrapunto en realidade, pero fíxome pensar. A idea de non intervir na morte das línguas, xa que isto é algo que pasou sempre, e naceron outras novas. A idea de que é lei de vida... a verdade é que non sei qué pensar. A miña opinión oscila entre os dous extremos, xa que penso que ás veces é imposible intentar soluciona-lo que non se pode solucionar.

    ResponderEliminar
  17. Valente artigo este de Teresa Moure, nun momento en que a reflexión ou o pensamento independente parece ser cousa de baldreus ou inadaptados.

    É alentador encontrarse de vez en cando con outras persoas que cuestionan o poder dominante e defenden outras formas de ver o mundo.

    Como Lingüista, Moure leva estas reivindicacións ao seu campo, pero é evidente o parelelismo co pensamento único socio-económico, e por suposto, solápase cos conflictos culturais (como comenta sobre o sari ou o chador, e dos que estamos a falar moito nas clases), pois as propias linguas son identidades culturais dos pobos.

    E é valente tamén pola marcada autocrítica que encontramos no seu artigo, tanto dende un punto de vista ciéntifico ("o lingüista é un profesional de gabinete máis ca un investigador de campo"), dende un punto de vista occidental ("se Occidente non pode revisar os seus valores .. estaría esixindo a aculturación"), como dende un punto de vista educativo ("os dispositivos escolares son ferramentas ideolóxias poderosas, coas que o poder consegue perpetuarse").

    Sobre este último punto tratan varios dos comentarios dos meus compañeiros, apoiando ou rebatendo as teorías das profesora Moure. Chamoume a atención o comentario de Alba, especialmente polo que eu considero unha contradicción nos seus argumentos, ao dicir que non pensa que a postura na escola sexa euro-centrista e acto seguido defender o ensino do inglés por considerala a "lingua do diñeiro".

    No primeiro, con eurocentrista penso que estamos a simplificar o que ven a ser chamado (mal chamado) "cultura occidental": USA e Europa.

    É evidente que grazas ao poder económico e tecnolóxico, esta cultura goza dunha posición de superioridade fronte outras culturas, outras linguas; en definitiva fronte a outras formas de ver o mundo. O poder permite decidir qué si e qué non. Para mostra un botón: http://www.publico.es/internacional/404385/eeuu-retira-su-ayuda-a-la-unesco-tras-la-admision-de-palestina

    E polo tanto, considero que o feito de que o inglés sexa a "lingua do diñeiro" é xa unha demostración desa forma de non ver mundo máis aló do xa establecido, igual que os intentos de prohibir velos islámicos ou a asimilación dos principios occidentais como os normais.

    Tampouco comparto a sentenza de que "non pasa nada por que unha lingua moi minoritaria morra", pois "a desaparición das linguas arrastra a doutras tantas cosmovisións". É claro que a curto prazo non vai cambiar o mundo pola morte dunha lingua minoritaria, pero é un proceso perigoso que pode levar pouco a pouco a unha situación de grave déficit cultural, con consecuencias a longo prazo moito peores do que poida parecer.

    Como di Moure, "adoptamos actitudes ... menos escrupulosas cando a diversidade lingüistica é allea". Penso que ten moito que ver con xa comentado do "eurocentrismo" e o pensamento único.

    ResponderEliminar
  18. No caso dos galegos, sabemos ben do perigoso desa imposición dunha lingua sobre as outras pola utilidade que poida ter. ¿Quén non escoitou iso de "que o aprendan en castelán, que o poden usar en calquera lugar, e non só en Galicia". Xa vemos o resultado que este pensamento está a traer...

    E en certo sentido, esta situación convértenos en privilexiados para comprender esta realidade, pois non todo o mundo é capaz de velo. Fai dous anos tiven a ocasión (bueno, máis ben impuxéronma, o tío era bastante pesado) de discutir cun sevillano sobre o esperanto, do cal era un gran defensor. Dende o meu punto de vista, sería o primeiro paso para a desaparición paulatina do resto de linguas. Él pola contra non o vía así. Penso que o non poder ver a situación dunha lingua minoritaria fronte outra forte de cerca (como o galego e o castelán) limita a comprensión de certos puntos de vista, mentres que a realidade galega, axúdanos a velo con maior amplitude.

    Como dicía, valente artigo o da profesora, con que comparto gran parte dos seus argumentos, e que resumo cunha frase do mesmo que, penso, xa teño utilizado algunha vez:

    "A globalización mata".

    Pablo Taboada Duro

    ResponderEliminar
  19. A idea principal que eu saco deste texto e o poder a todolos niveis das forzas políticas e económicas. Isto ponse de manifesto en varios puntos do texto. Segundo a autora na escola ensinase unhas cousas e outras non porque así está establecido na política educativa, polo tanto os coñecementos que se imparten na ensinanza están fortemente marcados máis por decisións políticas que por cousas de sentido común, que segundo ela, é de cultura básica saber o nome das 20 linguas máis faladas. O Eurocentrismo, un enfoque intelectual que considera que Europa e a súa cultura foron o centro e o motor da civilización, segun di a autora, maniféstase a nivel político en tratados internacionais de grande indole, por exemplo na DUDH non se teñen en conta as linguas como valores e características propias a respetar dun pobo e cando se firma un tratado universal que ten en conta a diversidade lingüistica, DUDL, éste segue a ser de carácter eurocéntrico, xa que parece ser que a autora considera que se preocupa máis dunha lingua europea que das linguas que están maís lonxanas e que non nos tocan tan de cerca. Cando a autora fai referencia os dialectos, menciona que adquiren a condición de lingua se os seus falantes e defensores teñen poder (político, económico) para garantir o funcionamento das institucións. Outras decisións políticas, como o caso que pon do podgin, baseanse en establecer prioridades entre aspectos de primeria necesidad onde a lingua non entra. Por outra banda, a autora comenta da similitude existente entre a diversidade biolóxica e a diversidade lingüistica e como xorde unha nova disciplina, a Ecolingüistica, que estudia a relación entre as linguas así como tamén a relación entre elas o o seu ambiente, a sociedade, igual Ecoloxía estudia a interacción dos organismos entre sí e dos organismos e o medio ambiente. A autora equipara a perda dunha lingua ca perda dunha especia animal, xa ésta supón a perda de matices, fonemas e en definitiva coñecemento, e a forma de ver a realidade dese pobo así como unha fonte de material empírico de gran utilidade para outras disciplinas. Aqui a política tamén está presente, xa que a globalización, potencia determinadas lingüas en función de aspectos económicos e comerciales, e estas decisións políticas, ocasionan a perda moi rápida de outras linguas maís desfavorecidas.
    En resumo a posición ética, en materia lingüistica da autora é o compromiso coa lingua propia de cada comunidade e o respeto cara todas as culturas do mundo, dese xeito garantise a pervivencia das pequenas linguas do mundo amenazadas pola uniformidade dominante. A autora afirma que será á escola a encargada de rescatar a diversidade lingüistica, e eu entendo que esto será así cando na política educativa se prime e se valore o plurilingüismo a nivel global e se abandone a visión eurocéntrica da educación.

    ResponderEliminar
  20. Pouco máis habería que engadir ós comentarios anteriores que recollen moi ben os contidos e ideas transmitidas no artigo. Simplemente me limitarei a dar a miña opinión sobre algúns puntos do texto.

    No texto expóñense os problemas que sofren as linguas e que as conducen á súa desaparición, pero chegado ó final do mesmo, non se propoñen solucións concretas ... Pode intuírse polo tanto que estou dacordo nalgúns puntos, mentras que noutros discrepo.

    A homoxeneización ten os seus puntos positivos e negativos e entendo que no texto a lingüista ataque a mesma por mor dos seus efectos nas linguas, pero está lonxe de ser a causa que leve cara o apocalipse.
    Por exemplo, no caso da India exposto, de Nagaland, onde se falan 40 linguas, a comunicación entre os falantes só é posible nunha variedade de mestura. Homoxeneizar é malo, pero de non facerse, estes habitantes non se poderían comunicar. Segundo se di adoptar esta mestura, esta lingua homoxeneizadora sería acabar coa diversidade de todas estas 40 linguas, ¿pero de non facerse que acontecería? Deixando de lado o feito de que os habitantes das distintas rexións non se entenderían (algo moi importante), na miña opinión as 40 linguas acabarían desaparecendo. Pola contra, o “pidgin” ou mestura acadaría un maior número de falantes, que é o que finalmente determina a vida ou morte dunha lingua, o USO da mesma.

    ¿Imperialismo occidental? Evidentemente as culturas que máis avanzan, fano tamén na súa lingua, producindo escrita, tradición literaria, etc. En resumo, teñen difusión e empréganse máis. Esta é unha das características da sociedade do coñecemento actual.

    Por outra banda, ó meu entender, móstrase o aumento das comunicacións a distancia e a universalización do coñecemento coma os asasinos das linguas minoritarias, promovendo só unhas cantas. Neste punto estase a ver só os aspectos negativos, pois se eu fun quen de ler o artigo, foi grazas a estes “artefactos do diaño”. Compre na miña opinión separar as tecnoloxías do uso que facemos das mesmas.

    A critica cara os lingüistas é valente e correcta, os lingüistas teñen parte da culpa, e centrármonos só nas linguas máis importantes non é unha boa estratexia. Análogamente, e poñendo como exemplo a estatística, estariamos collendo unha mostra moi pequena para sacar información de toda unha poboación, o cal nos levaría a un erro. ¿E se todo o estudado non serve de nada?

    Con respecto ás iniciativas que se están a levar a cabo, non serán suficientes. Está ben o feito de recoller todas as linguas nunha base documental... pero queremos que esas linguas non desaparezan, ou queremos simplemente recordalas? Iniciativas coma a DUDL non son suficientes, as linguas téñense que empregar e chegar á xente...

    Por último, estou moi dacordo coa frase do texto:
    “A maioría de iniciativas deberán de vir na escola, na etapa educativa.”

    Un saúdo.

    Alberto Silva López.

    ResponderEliminar
  21. É un texto que de forma clara, defende o multilingüismo coma selo de diversidade cultural, enfrontado á tendencia xeneralizada dun mundo homoxéneo e global.

    Empeza e remata pola escola, coma xermolo desa perda de linguas e coma derradeira oportunidade para cambialo proceso.

    Nun mundo salvaxemente capitalista no que vivimos hoxe, no que a xente vai na procura de mellorar, o que ven significando gañar cantos máis cartos mellor, resulta case obrigado utilizala lingua que ten mais probabilidades de abrirche portas. Todos poñemos no currículo que temos un bo nivel de inglés, xa que é a lingua máis forte tanto na política coma na economía.

    Teresa Moure tamén fai autocrítica falando dos lingüistas e o seu aporte a esta situación. O lingüista está acomodado ó proceso e adoita recorrer a outras ciencias para axudalo no estudio das linguas. Fai os seus achegamentos ás linguas baixo o prisma daquelas que máis uso teñen. A división do tempo verbal en presente, pasado e futuro, é unha práctica totalmente asentada. Sen embargo, moitas das linguas do mundo menos comúns, no teñen esa división ou precisa ser matizada para o correcto entendemento da lingua en cuestión.

    Fai mención dunha serie de iniciativas para por fin ó proceso da perda de linguas. Pero non pasan de ser unha recopilación de información sobre que poden chegar a esvaecerse no esquezo. O que fai votala vista á escola coma medio para recuperalo interese por esas linguas.

    ResponderEliminar
  22. Pretende deixar ben clara a visión que temos en occidente respecto ás linguas faladas no mundo. Cunha educación emperrada en ensinarnos unha xeografia desligada da lingüistica e unha visión homoxenea do mundo. Tamén fala do número de linguas faladas no mundo e do descoñecemento de incluso as vinte primeiras. Danos a entender cás decisións que se toman sobre as linguas non son decisións tomadas por especialistas senón por políticos.
    A desaparición de numerosas linguas é provocada porque deixan de ser un sistema de comunicación pra convertirse nun sistema de riqueza.
    A autora fai unha reflexión sobre a causa da morte das linguas, que radica en que nas comunidades tradicionais os individuos son tentados por supostas oportunidades do capitalismo e aparecen dispostos a abandoar a súa lingua propia pra mellorar económica ou socialmente.
    Coma xa dixeron algúns compañeiros,eu penso igual, o pero que podemos facer é a exclusión nas linguas xa que son unha seña de identidade de pobos e culturas.

    ResponderEliminar
  23. Recapitulando o comentado polos compañeiros, entre os diferentes criterios utilizados para a defensa das linguas Teresa Moure escolle o do respecto pola diversidade medioambiental. Esta é unha visión actual que parte do principio de que a ameaza ás linguas é unha forma máis da ameaza ás diferentes formas de vida no planeta. A causa última do problema é a globalización, e o mellor contrapunto a este fenómeno é a pervivencia das 6000 linguas do mundo.

    Segundo os datos que manexa a autora do artigo, entre un 75% e un 90% das 6000 linguas faladas hoxe terán deixado de falarse no ano 2100. Por tanto, a intervención para evitar a morte destas linguas é máis que necesaria. Esta intervención, no caso do galego como en calquera outra lingua, debe de centrarse, antes de máis, en crear unha lexislación que favoreza esa lingua, a ampare e se leve á práctica; que se vexa recoñecida nos ámbitos da sociedade que lle permiten acadar máis prestixio: o ensino, a xustiza, os medios de comunicación etc.

    Micaela Rei Castro

    ResponderEliminar
  24. Y al final vamos a acabar todos hablando inglés, allá por el año 2100, que será cuando se mueran todas las lenguas, o mejor dicho, cuando los occidentales las hayamos asesinado sin piedad. Aunque la situación mejorará en el 3000 D.C. porque en esa época no quedará ningún hablante vivo en el planeta. En realidad, según los mayas nos extinguiremos todos en el 2012, por cierto, ¡feliz año! con lo cual la humanidad desaparecerá con una riqueza lingüística de alrededor de 6.000 lenguas. Algún extraterrestre se dignará a hacer arqueología de la palabra terrícola.
    Señores, a language is not always a dialect with an army and navy. Lo siento míster Weinreich, pero mirando atrás ahí estaba el latín, con todo su imperio romano. ¿Y llegó hasta nuestros días? Sí señor, sí que llegó: difunto, pero llegó al fin. Y de hecho, se sigue estudiando en los institutos. Una lengua no sólo se defiende con política y dinero. El idioma lo defiende el pueblo. Si los hablantes evolucionan, la lengua cambia con ellos, se adapta a sus necesidades. Que ahora aparecen los anglicismos, pues que aparezcan, ¿por qué no? Pero los hablantes no van a cambiarse de idioma, simplemente porque sea la lengua del poder. Es posible que adapten ciertas expresiones, que adopten nuevos términos para nombrar nuevas realidades u otras ya existentes. Ahí está Twitter por ejemplo, la gente escribe tweets o simplemente tuitea, véase ahí la castellanización. Si un hablante está cómodo con su lengua, no la va a dejar por otra. Es su lengua, la cuida. Ahora bien, aprenderá, si es listo y con suerte, más idiomas, uno para enriquecerse personalmente (en el currículo eso vende mucho) y dos, para comunicarse con los extranjeros.
    Claro que siempre va a haber idiomas dominantes: los más protegidos por la economía, por los políticos, sí, digámoslo también por la sociedad occidentalizada. Pero qué demonios, la diversidad lingüística no va a desaparecer tan fácilmente, los seres humanos somos cabezotas por naturaleza (tropezamos dos veces en la misma piedra), puede que se nos imponga un idioma, pero esa lengua impuesta con el tiempo va a ir sufriendo modificaciones y acabará convirtiéndose en otro código totalmente distinto a su lengua origen. ¿Y qué hay de la globalización que todo lo homogeniza? Un invento. Para muestra un botón: el inglés es la lengua globalizadora por excelencia (hay quien ya apuesta por el chino como sucesora) y los hablantes del spanglish cada vez son más. Eso, ni es la lengua de Shakespeare, ni la de Cervantes y para colmo hasta hay una cátedra que la estudia. Creo recodar que alguno de mis compañeros citó ya a David Crystal con esa maravillosa lectura que habla del inglés como el latín de nuestro tiempo, comparto ese texto recomendado.
    Y finalizo diciendo que la escuela y los institutos son una de las muchas ventanas para mandar el mensaje de que no todo es castellano, gallego o inglés y ahora parece que alemán, pero también recuerdo que aprender japuba en Rianxo, salvo el placer de dominar una lengua más y descubrir una nueva cosmovisión no va a ser la solución para impedir la muerte de los japubitas y si el japuba se extingue, pues se extinguió. Las lenguas son seres vivos y cuando llega su hora, llega, sólo que ellas son unas afortunadas, porque pueden resucitar. Resucitar o convertirse en clásicos, que eso da caché.
    Por favor, no me vengan ahora con lamentaciones de la muerte de las lenguas. Unas mueren, otras evolucionan y mutan, aparecen hijas, primas, hermanas. Y ¡pardiez! defiéndanme también el trabajo de los lingüistas dedicados en cuerpo y alma a la arqueología o ahora me van a decir que William Jones fue un asaltador de tumbas por ir sacando hueso a hueso el esqueleto del indoeuropeo.

    María Santamariña

    ResponderEliminar
  25. O título deste artigo parece un pouco belixerante, sí, pero en realidade é ben certo. Resaltarei unha frase exposta aquí e na que nunca decatara: “unha lingua e un dialecto cun exército que o defenda”. Recoñezo que nunca o escoitara. Tamén podemos ler nestas páxinas, que “coñecer a linguaxe é describir as linguas das tribos máis ricas”, xa que parece que os lingüistas é máis un “profesional de gabinete ca un investigador de campo”, labor, esta última, para a que confían nos antropólogos. E así, vemos lóxico que o que coñecemos ou ó que temos acceso sexa o máis próximo a nós ou o máis destacable, economicamente falando. Mais coñecer o próximo non significa negarnos a outras realidades, máis afastadas ou máis diferentes; e son esas outras realidades, con toda a súa riqueza cultural, personal e lingüística as que non podemos asasinar.
    Ó longo do artigo vanse introducindo moitos datos (número de linguas do mundo, posición dunhas e doutras en relación ó seu número de falantes, esperanzas de futuro para a maoiría das linguas do planeta, organizacións e propostas variadas que loitan polas linguas etc.) e moitos conceptos (destaco o de ecolingüística, pois é unha disciplina cuxa existencia descoñecía. Como se explica no artigo, a diversidade de linguas é o que fai posíbel a noción de linguaxe (do mesmo xeito que é a diversidade de animais a que posibilita falarmos de fauna; a de plantas, de flora, e así poderíamos continuar até encher páxinas e páxinas), e esta afirmación permite reflexionar e percatarse da necesidade de conservar as especies lingüísticas, pois a súa existenza é o único que temos para poder apreciar a súa riqueza, importancia e necesidade. Non é o mesmo, como explica a autora, unha morte natural ca un asasinato que é, isto último, o que a sociedade capitalista e eurocentrista está a conseguir, pois “Babel pode ser, máis ca un castigo bíblico, unha bendición que hoxe nos fai rebeldes fronte á uniformidade”.

    Nota: dende a miña experiencia como estudante, afirmo que o mapa político mundial estúdase nos centros e, ó dicir mundial, inclúo, loxicamente, África. Non sei se esto era igual hai trinta anos, pero sí o era hai quince, pois sempre que estudei o mapa político, este incluía todos os países do mundo (e non só nun centro, pois podía ser, entón, maior menor compromiso dun profesor). E xusto a continuación, a autora afirma que os estudantes universitarios non son quen de dar o nome das vinte linguas máis faladas do mundo; coincido en que esa é unha lista que non aparece nos libros de texto, nin nos temarios, pero ó chegar a ese punto do artigo, detiven a miña lectura e tentei escribir o nome de vinte linguas (fosen ou non as máis faladas): non puxen o xavanés, nin o tamil, pero na miña lista apareceron o vietnamina, o hindí e o chinés mandarín e, no momento en que escribín, non lembrei algunhas tan próximas a nós como o italiano ou o grego (cando ten, esta última, carácter de asignatura nos nosos institutos), que viñeron á miña mente con posterioridade. Polo tanto, parece que a nosa bagaxe cultural abrange moito máis do que o sistema educativo, cibernético e teledirixido, parece incluir baixo a denominación de “currículo”.

    ResponderEliminar
  26. P.D. Bravo, María. Al linguas evoluucionann, porque son ssitemas vivos; e todo o que vive e, pois, susceptible de morrer.
    Se o latín morreu non foi, dende logo, porque os seus nenos estudiasen ou non bo, inglés, vietnamita ou spanglish. O importante, e coido que esto xa o comentei nalgures, así que pido desculpas de antemán por se me estou a repetir, é que non se perda a comunicación, que é o que verdadeira mostra que os falantes (os maiores lingüistas do mundo), ó evolucionar, non o fan sós, senón que mudan costumes, verbas, etc, etc...e unha lingua que permanece estática e inalterábel....non é, dende logo, unha lingua.
    A diversidade lingüística existiu, existe e, afortunadamente, seguirá existindo, pois son os falantes quenes deciden, quéirano ou non os lingüistas :)

    ResponderEliminar
  27. Seguramente repita cousas xa expostas, pero acabo de entrar na ligazón e ó ver 26 comentarios... vamos que fun lendo coma quen comiscalla no pan, para ver en xeral que aspectos vos pareceron os máis salientables pero recoñezo que non me parei a lelo todo.
    A min non me sorprende para nada a crítica que fai a autora sobre o organismo escolar ao comezo do texto. A escola, como ferramenta ideolóxica manexada polos políticos, ten o poder de administrar os nosos coñecementos. E é dende a esfera política onde se decide que linguas sobreviven... e é dende a economía onde se regula o índice de fracaso escolar necesario para manter o sistema político como se desexa.
    A nosa concepción das linguas, como ben explica a autora, non vai máis aló de consideralas como dispositivos de riqueza. De ahí que sólo nos interesemos por aquelas que nos van aportar algún beneficio. Considerar o mundo como un espazo homoxéneo (cousas da globalización) provoca a nosa ausencia de interese e preocupación no referente á morte das linguas. A autora acusa principalmente á escola como culpable desta situación, e á súa vez ve nela a ferramenta necesaria para provocar un cambio de perspectiva... un futuro para as linguas.
    Co emprego que fai a autora de certas expresións tales como “asasinato” ou “a globalización mata”, pretende facernos ver a gravidade do asunto, pretende buscar a nosa rebeldía contra a uniformidade, pretende que vexamos o mundo con outros ollos...

    ResponderEliminar
  28. Este é un texto que deixa a un coas pernas abaneando.
    Teresa Moure arremete duramente contra a escola tanto ao principio coma ao final do seu artigo.
    A escola é, como dixo Bieito no seu artigo "Lingua e escola en Galicia", a institución na que reside a responsabilidade central da alfabetización comunitaria. Gran parte dos coñecementos básicos que unha persoa precisa para desenvolverse en sociedade adquirense na escola, lugar onde o alumnado pasa gran parte do seu tempo dende a infancia ata a adolescencia. Coma ben di o dito, "o que di o profesor vai a misa", xa que ninguén de nós cuestiona que o que nos ensina esa persoa con autoridade é mentira. Mais cos anos aprende un a ter unha visión crítica e non crer todo o que sal nos medios de comunicación e demais pero ese xa é un tema aparte. Pode que non sexa mentira mais a escola incúlcanos uns valores e unha cultura "egocéntrica", facéndonos crer que somos o centro do Universo e afastándonos de outras culturas e visións que son igual de interesantes que as nosas.
    Estou de acordo con Teresa Moure en que vivimos nunha sociedade eurocentrista na que só se lle presta atención ou se considera importante a cultura de Europa e dos países mais desenvolvidos. Isto é unha cuestión de política e de poder que se nos impuxo paulatinamente ao longo dos anos cos medios de comunicación e as políticas varias que nos vendían a moto de que todo o que proviña de Europa ou de EEUU era o mellor ou o modelo a seguir. Se estes continentes non tivesen o poder que teñen, a cousa cambiaría.
    É unha magoa que, coa cantidade de línguas que existen mundialmente, só se coñezan unhas poucas e só se ensine nas escolas um número reducido delas. Unha língua non só é un médio para comunicarse senon que implica moito mais. É unha marca de identidade que representa a unha cultura e a diversidade é sempre positiva e debería contribuirse ó seu espallamento e coñecemento. Hai unha parte no artigo na que Moure di que unha forma de contribuir a dar coñecemento de esta diversidade, podería ser traendo ás escolas a unha persoa de avanzada idade para que falase sobre a súa língua X, unha língua apenas coñecida. Isto lembroume a um texto escrito por Delval titulado “La integración de La escuela en La comunidad” no que propoñia esta mesma Idea. Unha escola non debe estar cerrada em si mesma senon que debería abrirse á sociedade e ter um aporte educativo do exterior coa participación de, non só os profesores, senón dos pais do alumnado ou de persoas que poidan aportar outras perspectivas a temas de interese. A idea de traer a esa persoa anciá probablemente despertaria entre os alumnos inquietude por coñecer algo máis desa língua que para eles é descoñecida e así ampliar a sua vision do mundo que os rodea.
    Co fenómeno do eurocentrismo e da globalización estanse producindo cantidade de mortes lingüísticas que supoñen um fin dunha tribu ou cultura.
    Foi grazas a esta aula e ao artigo que publicou Goretti que me decatei da existencia da língua Bo que ata entón era completamente descoñecida para min. Outro exemplo podería ser a língua suahili que para min era coñecida porque vimos exemplos em Linguistica na carreira de Filoloxía mais para unha persoa que non sexa de letras probablemente pensaria que estamos a falar dunha comida típica da China.
    Conclusión: deberíase facer un cambio nas escolas e ensinarlle aos alumnos a ter unha visión crítica e a ampliar os seus horizontes e invitalos a que coñezan outras linguas diferentes ás que xa estñan acostumados. Moitas destas linguas descoñecidas teñen características completamente diferentes ás linguas que se consideran dominantes no mundo no que vivimos e que, se as xuntasemos todas e fixeramos um estudio, obteríamos unha gran variedade lingüística que nos pode aportar grandes ideas sorprendentes.
    Por último, sorprendiume a valentía, firmeza e seguridade que mostra a autora ao escribir o seu artigo. Chapó!convence a calquera ;)

    ResponderEliminar
  29. Posto que moitos dos meus compañeiros xa “resumiron” un pouquiño de qué vai o texto, gustaríame centrarme nas ideas que foron máis importantes para min, na lectura mencionadas e facer unha pequena reflexión sobre elas.
    Pois ben, en primeiro lugar falar da homoxeneidade do mundo. A escola parece que está interesada, por ideais sociais e políticos, a dirixir á nosa sociedade a unha idea errónea de homoxeneidade na sociedade para así provocar unha mellor comprensión/comunicación entre tódolos habitantes do mundo. Esta idea tambaléase por si soa, pois hai que destacar algo tamén mencionado como é o núcleo eurocentrista que abonda no noso país, aínda que nós pensemos o contrario. Fálase constantemente na educación da importancia de coñecer os idiomas máis falados: o inglés, francés, alemán… mais cánta razón ten Teresa Moure cando di, que nesa lista de idiomas máis falados se nos escapan máis da metade, pois pertencen a países non europeos. É ben certo que na escola, no instituto, dentro do currículo, está a importancia de que os estudantes coñezan tódolos países do mundo, de tódolos continentes, coas súas capitais correspondentes, danlle moita importancia á xeografía, pero trátase este dun feito de “chapatoria” sen máis, onde os alumnos teñen que saber situar nun mapa todos e cada un dos estados, mentres que non se nos fala nada desas culturas mundiais, das súas costumes, linguas, etc. Si é curioso que se nos fala de culturas como os aztecas, ou maias… culturas que pasaron polo noso país e colonizaron partes da España de hai miles de anos, mais non se pasa de aí. A educación está totalmente eurocentralizada, e mentalízase ós alumnos, “adéstranse”, como menciona un dos meus compañeiros, a que tomen o inglés como lingua máis importante porque é a que nos vai valer para movernos polo mundo. Esta idea, Silvia Prieto (compañeira miña que escribíu máis arriba) apóiaa, algo que non comprendo que faga despois de ler o texto que limos, despois de tódolos textos e clases que levamos visto sobre as linguas, etc., di textualmente que para un español é moito máis importante saber inglés para moverse que outra lingua, volvo a referenciar a Singala, en cuio texto di, e de qué lle vale a alguén saber inglés, si se vai vivir a unha colonia africana?, por poñer algún exemplo. Non estou para nada de acordo con esta idea, pois, eu que algún día quero vivir en Xapón, necesito aprender xaponés (outra lingua moi empregada e que apenas coñecemos na nosa cultura…), non me vale de nada o inglés nese caso. Calquera lingua de máis que se teña é válida, está claro que cantas máis mellor, e que si a túa idea é irte a recorrer Europa, probablemente co inglés te “amañes” que non sempre é así… vai a Italia, entenden mellor o Galego, por coincidencias fonéticas, por proceder dunhas mesmas raíces, etc. Temos que quitarnos xa da mente, agora que a escola e o instituto quedou xa afastada de nós como alumnos, a idea de homoxeinización, ¿a quén favorecería iso? e sobre todo a de euro-centrismo, pois é máis rico coñecer máis alá do que temos na casa, non só referíndome a Galiza, ou España, senón tamén de Europa, cada quén cos seus intereses sociais, profesionais, artísticos… Sen embargo a sociedade empéñase en que isto non sexa así, quizais porque como di Teresa Moure: “adoptamos actitudes dabondo menos escrupulosas cando a diversidade lingüística é allea”, facemos unha criba maior; chegándose a falar incluso de racismo lingüístico.

    ResponderEliminar
  30. Outro dos temas dos que fala que está moi relacionado coa idea que acabo de expor, é a de multilingüísmo, que, segundo ela, segue a ser unha realidade pouco explorada incluso polos lingüistas, isto xa ven dende sempre; e fai fincapé no asasinato de moitas linguas por parte dos sistemas educativos, dos medios de comunicación, e máis concretamente da televisión, que silencian as voces diverxentes e producen o que, nos conta Moure, que xa se ten chamado a McDoladización do mundo. O intento de homoxeinización, novamente. A prol disto paréceme moi interesante o análise que fai das linguas, moi semellante á perda de diversidade biolóxica, que xa analiza o meu compañeira Iago estupendamente, para o meu gusto, e que sería pesado repetir. Esta comparación/semellanza fai que aparezan termos como a Ecolingüística. Simplemente dicir que creo que cada vez que unha lingua desaparece se crea un pequeno efecto dominó que pode perxudicar en maior ou menor medida a distintos ámbitos, e que cada vez que unha lingua morre non só morre ela, senón todo o que conleva unha lingua, unha identidade, unha sociedade, unhas costumes…
    A lingüística ten unha notable responsabilidade na difusión de numerosos mitos relativos á linguaxe, e é a falta de numerosos estudios de linguas o que provoca tamén en parte esta confusión, e esta marxinación lingüística que posúen algunhas sociedades. Fala Teresa, dunha lingüística des-ideoloxizada, con comprometida coa realidade social. Nós témo-la sorte de que a nosa lingua está entre o 3% que ocupa o vértice da pirámide das linguas máis faladas do mundo, e aínda así se teme por ela, mirade como nos vai… imaxinémonos o que están a pasar pois, milleiros de persoas que ven como pouco a pouco vai “desaparecendo o que é seu”.
    Para rematar, Teresa Moure, fai unha reflexión coa que estou totalmente de acordo, unha reflexión que se refire á escola e ó importante papel que esta posúe na sociedade para poder cambiar mentalidades deste xeito, para poder abrir novos camiños a aceptacións de distintas linguas e culturas fóra de Europa, de promover estudos doutros idiomas… O poder das linguas está nas súas mans, nas nosas mans, dos futuros mestres, e debemos concienciarnos destes problemas e atoparlles solucións no propio medio.

    ResponderEliminar
  31. A verdade é que despois de ver así por enriba moitos dos comentarios, xa non sei que dicir (isto pásame por esperar tanto, claro). Dende logo, a lectura non ten desperdicio ningún. É unha crítica a un sistema educativo rexido polos intereses dos máis poderosos. Non só me refiro ao sistema educativo da escola. A crítica, concretamente, se centra no ensino de linguas: tanto dentro do ámbito escolar, como fóra del. Para seren máis concisos: é unha crítica, como ben dixeron os meus compañeiros, á centralización das linguas.
    É ben certo que na escola apréndense os países do mundo coas súas capitais e algún detalle máis, pero a verdade é que non se fai mención das linguas que se falan alí; pode ser porque a materia que contén iso no seu programa é “ciencias sociais” ou “xeografía”, e as linguas non entran dentro do seu ámbito. Non quero defendelo, pero quizáis estaría en mellor consonancia cunha materia de linguas; podería introducirse nalgún tema de “Lingua e literatura castelá”. Malia, ás veces, coméntase na aula o número de linguas que existen, nin o profesorado nin os nenos parece que teñan realmente interese en meterse de “cheo” nelas. A cousa é que estase a facer un ocultamento de coñecementos. Cal é o motivo? Pois o motivo é claro. Estásenos a vender un “multiculturalismo” ou un “multilingüismo” que non é tal; máis que nada porque a preponderancia das linguas europeas exhíbese, outra cousa é que a poboación non a vexa. A actitude colonialista (aínda que neste século podemos chamala como ben di o texto “McDonalización”) exténdese a moitos dos países subdesenrolados, impoñendo dalgunha maneira o seu modo de pensar e a súa lingua; moitos dos habitantes destes países vinculan, de maneira desafortunada, a cultura (incluíndo a lingua) dos colonizadores a unha mellora na vida. Eu penso que este é un dos principais motivos da perda de linguas nos países máis desfavorecidos. Do mesmo modo, ou polo mesmo procedemento, sucede unha cousa parecida nos territorios desenrolados. Baixo a influencia do modo de vida capitalista, preferimos o estudo dunhas linguas a outras; especialmente, porque resultan moi atractivas para a nosa traxectoria como traballadores, ou así queren facer que as vexamos.
    Por outra banda, o tema da lingüística véxoo demasiado criticado. Aínda que estudei algunhas materias de lingüística na carreira, non falo desde a experiencia nin moito menos. Mais paréceme que os lingüistas non son tan centrais como suxire a autora. Grazas á especialización do ámbito lingüístico xurdíu a sociolingüística. Xa con isto podemos deducir o interese das linguas con respecto á sociedade. Non obstante, máis alá diso, penso que o traballo destes profesionais si que é retratar a realidade das linguas, ou polo menos nestes últimos tempos (s. XX-XXI). Pode ser que as publicacións que aparecían só eran das linguas máis poderosas, pero non por mor dos lingüistas. Os lingüistas facilitaron moitos datos acerca de moitísimas linguas, e non só me refiro a estruturas de CD ou de CI.
    Remato xa, dicindo que as linguas, e volvo a reiterar a idea dos meus compañeiros, sempre está en movemento: con alteracións, con voces en desuso, con mil cousas. Non obstante, o que o artigo presenta é, máis ben, a “enmascaración” da existencia doutras linguas. Para mín iso é o máis importante.

    ResponderEliminar
  32. Ben, supoño que o malo de deixar isto para o final é que unha vez que todos comentaron, realmente pouco máis se pode dicir!. A verdade é que lendo un pouco por riba os comentarios, atopo matices que comparto totalmente e outros que non tanto. Non obstantem, con tantos datos expostos nesta entrada do blog, case prefiro expor as miñas conclusións que entrar a opinar sobre eses puntos de discrepancia.
    Ben, para min o texto de Teresa Moure é unha brillante exposición de temas que como a mesma autor recalca: non é que pasen desapercibidos, senón que son deliveradamente obviados e mais ben omitidos. Sempre me chamou a atención que cando un estuda francés ou español sen ir máis lonxe, aparecen mapas onde se contabilizan falantes que na maior parte dos casos casan coas cifras de habitantes dos susoditos estados. Así aprendemos que en Chile fálase o español, que no Brasil falan portugués, que en Estados Unidos falan inglés. Isto só é unha verdade a medias, coincido plenamente coa autora, durante a miña aprenizaxe nunca me falaron da pervivencia de linguas como o guaraní, nin do mapuche e nin do cherokee (entre outras moitísimas), nin sabía que o maia está vivo!. Pero certamente non vaiamos tan lonxe, acaso na escola nos dixeron que o idioma oficial de Andorra é o catalán?, ou que este tamén se fala nun pequeno lugar de Sardeña (actual Italia)?, a min desde logo non, e como dí Teresa Moure, nada disto é casual e ao igual que V eu "non xogo ao azar, nin creo na casualidade".

    Non direi que o inglés non é útil, ademáis como lingua franca, aínda que sen ir máis lonxe o portugués do Brasil tamén serve de lingua franca (e do galego ao portugués non hai nin medio paso). Mais volvendo ao rego, a onde quero chegar é que entendo a aprendizaxe do inglés como útil, pero ollo, teñamos en conta que co inglés non imos a todas partes. Só hai un único motivo para que esteamos a aprender inglés, só un, e non é que sexa máis ou menos doado, nin que sexa mais ou menos falado, é simplemente porque é a lingua do país hexemónico en canto economía; os Estados Unidos. Pode gustarnos máis ou menos pero velaí está a realidade e se dentro de cen anos, esa hexemonía se deslocase a Asia, creedeme que a escola comezaría a ensinar chinés. A isto último -e xa enlazando de novo con Moure- dicir que habería unha traba, o eurocentrismo que a autora delata no artigo.

    ResponderEliminar
  33. Ese eurocentrismo que nos leva a pensar que o alemán é máis importante cuantitativamente que o bengalí -idioma do que o 99% de nós descoñecía incluso a súa existencia-. Chama a anteción ao falar cun francés como aínda pensa que o seu idioma é un dos máis importantes do mundo, certo, ben, foi a lingua de Rousseau e moitos outros, mais que hai das numerosas linguas indias que teñen unha extraordinaria riqueza literaria secular?, si; eurocentrismo. Se ata hai xente que nos cuestiona que esteamos no ano 2011!.Non vaiamos tan lonxe, volvamos á lingüística, por certo, algún de vós viu como é o "Esperanto"?, para min, desilusionante, parece un compendio latino no que o resto do mundo pouco ou nada pinta, paradigma -desde o meu punto de vista- do eurocentrismo (curioso que agora se fale de "euroescepticismo"). Quero dicir de novo que esa homoxenización e globalización ten unha guía que é o poder, sexamos claros.
    Gustoume especialmente o texto cando se refire aos dereitos dos falantes. Comparto aquilo de que un idioma é un dialecto cun exército. Os estados, a maioría deles, non teñen o menor interese en salvogardar os dereitos lingüísticos dos seus cidadáns "de segunda", explícome. Non é dificil de ver que a lingua dominante nun estado, é a lingua propia de onde se ubica a capital do estado. Por coller exemplos cercanos, todos sabemos que en París non se fala bretón como lingua nativa, en Londres non se fala galés como nativo e en Madrid non se fala catalán como lingua autóctona. É por iso que é preciso establecermos mentalmenteo esquema de que non é casualidade nada diso. O estados buscan homoxeneizar a súa cultura conforme aos territorios/pobos/culturas dominantes. Para non facer excesivamente longa esta...reflexión sobre o artigo acabo cunha experiencia persoal que me gustaría compartir. Hai anos un amigo tivo unha moza, ben, en realidade un ligue, que viña da cidade de México. Un día preguntounos sobre o tema do galego, e nós preguntamoslle sobre as linguas mexicanas. Unha das cousas que nos quedaron ben gravadas foi cando dixo que os "zapotecos" un pobo do sur de México, tiñan lingua e cultura propia, pero que este pobo lle daba literalmente "noxo"... Cuestionada por esa reacción racista, díxonos que eran indios, residuos do pasado, xente morena e baixa (con rasgos non europeos). Non se supoñía que son "compatriotas", ambos mexicanos?, pois non, polo visto hai pobos/linguas de segunda e de primeira, e o único que os diferencia é estar no centro ou na periferia, se vives no primeiro ben, se vives no segundo dependes do primeiro e contas con poucos dereitos, estás collido.

    ResponderEliminar
  34. Despois de ler este artigo e algunhas das opinións dos meus compañeiros (coas cales estou maioritariamente en acordo) só me gustaría engadir os puntos sobre os que non tiña coñecemento ou que me resultaron curiosos. Estou dacordo co termo do euro-centrismo, que se ben é certo que no colexio estudamos tódolos continentes, países e capitais, non temos un coñecemento da realidade africana ou asiática, por non dicir das súas linguas, as cales ignoramos por completo.
    Pareciume interesante o feito de que, como di o artigo, a diversidade de linguas garante a noción de linguaxe, e o necesario que é o estudo de cada unha delas e o coñecemento dos distintos usos gramaticais (feito que ainda coñecendo, eso sí, simplemente no caso das declinacións do alemán ou do latín, nunca reparara nel). Curioso me pareciu pensar no feito de que non tódalas categorías que hoxe nós damos por universais e necesarias para falar unha lingua necesítanse. E coincido coa autora na necesidade de estudar todas esas linguas en perigo, que igual que os coñecementos de menciña, é unha perda que non deberiamos consentir.

    ResponderEliminar
  35. Visto así por enriba o que comentaron os meus compañeiros, creo que só me queda resignarme a dar a miña opinión sobre o texto, xa que, sería absurdo poñerme a resumir a temática do texto a estas alturas. O que sí me gustaría facer é unha reflexión.

    Adianto de antemán que me sorprendeu gratamente Teresa Moure,para min ten toda a razón do mundo, sobre todo no referente á homoxeneización, termo que non me deixou para nada indiferente.

    Comeza o artigo arremetendo contra a escola (acción moi atrevida pero que, ó meu parecer,é afortunada), e a súa capacidade de escolla entre o que temos e o que non temos que aprender que linguas estudamos e que linguas non. Xa nos está deixando claro que non é un texto que pretende traer cola, e espertar no lector algún sentimento de rebelación.

    As linguas son algo máis que obxectos de estudo, como ben di Moure, as linguas implican unha identidade, unha cultura, e unha cosmovisión únicas. Pero estamos a vivir nun mundo de homoxenización, un mundo no que o “euro-centrismo” leva a voz cantante e pretende acabarnos con esas identidades, esas culturas e esas cosmovisións. E isto non debería ser así. Dixemos moitas veces que a diversidade lingüística nos enriquece, que é boa, que todas as linguas son importantes, e como tal…deberíamos coidalas, respetalas e sobre todo, non permitir que morran (aínda que se dera o caso de “resucitar” considero que non deberían pasar polo mal trago da morte).

    Para min, e permitídeme poñer este exemplo, “homoxeneidade” e “euro-centrismo” (entendido evidentemente no contexto do propio texto) poderían considerarse sinónimos de “nazismo”. Todos sabemos que os nazis se desfacían das razas “impuras” (xudeus, árabes, negros…), é dicir, todas as que non foran a “raza aria”, que segundo eles é a mellor, a máis forte, a máis “pura”…e máis etcéteras que todos coñecemos. Se comparamos os nazis co 25 ou 10 por cento de linguas (maioritariamente europeas) que podan sobrevivir no 2100, e o 75 ou 90 por cento restante de razas impuras…non parece tan esaxerado pensar en “asasinato” dunha lingua como moi ben di Moure, “Non se trata dunha morte natural (algo do tipo “uns chegan, outros se van”); a palabra xusta é asasinato. As linguas desaparecen como consecuencia do terrible impacto que o imperialismo occidental está ocasionando”. Desde log para min, Babel pasou a ser unha bendición.

    E remato xa cunha frase que me gusta moito e que a digo, a verdade, con bastante frecuencia. “Na variedade está o gusto”.

    ResponderEliminar
  36. Eu teño un pequeno problema á hora de comentar, e é que estou dacordo en todo con Teresa Moure (para min é algo obvio a riqueza do multilingüismo, mais ben sei que tal e como ela afirma, son moitos os que o seguen a considerar un problema). Daquela vou comentar os puntos que me pareceron máis interesantes ou aqueles que chamaron máis a miña atención. No tocante ó silencio nas aulas, de novo estou dacordo en que non é casual, en que o poder o usa como ferramenta ideolóxica para manter a preponderancia das linguas europeas, mais penso que cada un de nós, como futuros docentes, temos algo que dicir e que facer neste sentido. Sobre a morte das linguas opino o mesmo que Teresa, é un asasinato froito do imperialismo occidental. Non penso, como lin nalgún comentario, que sexa unha evolución natural, como non é natural que a todos nos guste a mesma roupa é a mesma música, mais coido que é este o camiño por onde nos queren levar, o da homoxeneidade (termo usado pola autora). O peor desta homoxeneización é que sucede dunha forma moi sutil, pois ninguén gosta de pensar que fai algo porque alguén o está a manipular. A perda das linguas é algo que, como se pode ver no artigo, comporta a perda de saber en numerosas áreas e afecta moi negativamente a noción de linguaxe, algo no que até agora non reparara. É ben certo que cando se nos ensina gramática ou sintaxe, faise xeneralizando, deixando de lado moitísimas linguas que difiren enormemente nestes aspectos coas linguas europeas, como os exemplos que puxo Teresa no artigo, mais o que é aínda máis sorprendente é que nin tan se quer nunha carreira como Filoloxía se nos amplie un pouco a visión neste campo. Pareceume moi interesante e moi significativa a comparativa que a autora fai coa zooloxía para probar que o estudo dunhas poucas linguas en concreto non ten validez universal, e aquí gustaríame comentar sobre algo que lin nun comentario referente a que hai que clasificar as cousas por prioridades, que é máis importante o inglés có chinés...mais eu penso que, primeiro, cada un ten as súas prioridades, e, segundo, eu até o momento convivo con máis xente chinesa na miña comunidade que con xente anglófona...
    Para rematar, dicir que o artigo me pareceu moi interesante e moi elocuente, cheo de datos interesantes que eu, sendo estudante de filoloxía, desconecía por completo (incluídas as linguas máis faladas do mundo...).

    ResponderEliminar
  37. Estou completamente de acordo con Teresa Moure cando di que a escola é unha ferramenta ideolóxica moi poderosa, e que en moitas ocasións, si na escola non che din algo ou se se conta de unha determinada maneria pode levar ós alumnos a confusión. E neste caso tamén estou de acordo en que moitas veces quéreselle dar moita importancia a todo o relativo ás culturas Europas e das grandes potencias mundias, pasando moi por encima o resto. Sen ir máis lexos, eu mesma non sabía que na India había tal cantidade de lenguas, e na escola tampouco nunca mo comentaron. A autora paréceme moi crítica e moi valente ó recoñecer que, en parte, este descoñecemento tamén está causada polos propios lingüistas.
    Esta situación tamén ven determinada por cuestións políticas, xa que ó pretender unificarnos como unha unidade europea, fai que o multilingüismo se vexa como un problema, en lugar de como un tesouro que debemos gardar. A globalización política leva consigo unha globalización lingüística.
    Teresa tamén defende que as linguas minoritarias están abocadas á morte, xa que non poden loitar contra o imperialismo occidental. A globalización fai que as linguas minoritarias se vexan máis ameazadas. Ademáis estou totalmente de acordo coa idea de que, ainda que todo o mundo falara a mesma lengua eso non garantiría, nin moito menos, que todo o mundo chegase a entenderse, xa que esto non depende exclusivamente do idioma que se fale.
    En canto á Declaración Universal de Dereitos lingüísticos, a autora di que é posibilista e comedida, e que segue a ser eurocentrista. Pero eu penso que por algún sitio hai que comezar, e creo que, que exista unha declaración de dereitos da lingua é un gran paso aunque haxa que mellorala en algunhos aspectos.
    Por último, estou de acordo con que a escola pode facer moito por promover as linguas minoritarias, xa que ademais, nesta etapa da vida os rapaces e rapazas aprenden moito máis rápido e son moito máis receptivos. Pero este traballo ten que ir tamén apoiado polos organismos políticos e polo ámbito social.
    So me queda decir que me pareceu un artigo moi crítico e rompedor, e suliñar a valentía da escritora, que defende vehemente as suas ideas.

    ResponderEliminar
  38. Teresa Moure presenta con este texto unha explicación completa do uso das linguas e da sociedade en xeral. Para elo a autora vai introducindo, durante todo o documento, multitude de exemplos de distintas linguas e momentos da sociedade non só a nivel galego, se non tamén a nivel mundial.
    A modo de resumo, e tal e como nos advirte o título, Moure avoga polo multilingüísmo e a antiglobalización como medida para conservar as linguas, principalmente as máis descoñecidas.
    Destacamos os seguintes temas que se apuntan no texto e que elaboran, dalgún xeito un resumo do mesmo:
    Falase sobre a “manipulación” da educación baixo os intereses políticos, empresariais, persoais, etc.
    Mencionase que hai moitas linguas importantes, non só o inglés (imposto pola presión capitalista), a gran maioría descoñecidas para todos, o que significa que existe un descoñecemento lingüístico.
    Comentase tamén, o condicionante político e admnistrativo que se intenta impoñer ás linguas, cando di: “unha lingua é un dialecto cun exército que o defenda”.
    Explicase ademais que o monolingüísmo non é a realidade normal se non que a maioría de persoas desenvólvense en máis dunha lingua.
    Apuntase un dato verdadeiramente alarmante como é que no 2100 perderanse o 75 ou 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe en día, se non se modifican os factores que provocan este proceso. Falase entón dun asasinato das linguas do mundo, que desaparecen como consecuencia do terrible impacto que o imperialismo occidental está ocasionando.
    Destacase o papel importante que teñen os lingüistas, que deben ser os encargados de convencernos do bo que é falar outras linguas.
    Outra cousa que me sorprendeu e descoñecía son todos os proxectos que se están a levar a cabo para recopilar datos sobre as linguas. Apesares de que nun principio poida parecer algo positivo a verdade e que tal e como di a autora pode ser que o resultado sexa unha magnífica colección de linguas….mortas! Outro dato alarmante é que dende o 2002 o galego aparece no libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas.
    Apuntase neste texto, o igual que no de Bieito Silva “ Lingua e escola en Galicia” o papel tan importante que teñen as escolas para promover as linguas moribundas.
    Este texto fai pensar sobre os intereses que se agochan baixo case todas as cousas, neste caso sobre as linguas e que fan que todo o mundo xire en torno o que ditan uns poucos. Fai pensar tamén sobre o esaxerado capitalismo que nos condiciona incluso nun idioma ou lingua.
    En definitiva un texto que fai pensar no só nas linguas se non tamén no movemento do mundo.

    ResponderEliminar
  39. A GLOBALIZACIÓN MATA

    ¿Con qué dereito queren impoñerme unha lingua? ¿Por qué? ¿Con que fin? ¿Pensando en quen?

    Comezo a miña reflexión sobre o artigo de Teresa Moure con estas preguntas que tentarei aclarar, aínda que todos sabemos as respostas.
    Para comezar gustaríame resaltar que ó longo do texto a autora bota man de termos bélicos cando fala de batalla, dialectos con exércitos ou asasinato. Claramente o conflicto das linguas pode compararse a unha guerra. Teñamos claro que as guerras se xeneran por interéses políticos e de poder, por querer dominar e ampliar así o prestixio tanto social como económico. O mesmo sucede coas linguas, pero desto xa sabíamos antes de leer a Moure, se cadra o que nos desvela a través da autocrítica é o estado de espectadores pasivos que teñen aqueles que se centran na “lingüística profesional” ( a autora pertence a este grupo que crítica, o que denota certo valor, xa que fala sen ocultarse). É evidente que ningunha disciplina é puramente efectiva, no caso da lingüística non podía darse unha diferenza. Pero aínda que o valor que ten é destacable equivócase en certos aspectos. Nunca se pode falar dun problema de linguas tratando o conflicto como unha cuestión de datos, porque non estamos a falar de hipóteses, estamos a falar de algo vivo!!!! Culpa a escola como principal causa da situación na que vivimos, pero debemos entender que a escola é un reflexo do “estado de benestar” no que vivimos. As empresas, a política e os intereses das clases altas, como do clero, marcan o curriculo do aprendizaje. Se ata Ford patrocina os estudos lingüísticos, de que nos sorprendemos????
    A aculturación da que fala Teresa, ten a súa orixe nas políticas neoliberais que se agochan baixo o sistema democrático que nunca existiu como tal. Vivimos nun mundo globalizado, capitalista, colonialista onde cada vaquiña se mira polo que vale. ¿De que lle sirven ós que están no poder as linguas que falan uns poucos ou incluso aquelas que non teñen “prestixio social”? O prefixo multi está de moda, pero na música ou no cine ou mesmo nas pasarelas pero non na sociedade, e polo tanto tampouco nas linguas ou culturas. O que interesa a esta xente é homoxeneizar para poder controlar sen tanto esforzo, que todos falemos inglés porque é cool e porque mola. Non quito culpa os falantes que temos moita responsabilidade por mor dos pensamentos do que ten prestixio ou non o ten, ¿onde quedou o der ser natural? ¿morreu en boodstock? Neste momento no que vivimos, pesa máis a riqueza que o ser natural e loitar por manterse como tal, é o natural amigos é ser quen somos, onde somos, e como somos i esto implica falar a nosa lingua. Temos que loitar por existir, pero exitir libres, libres de prexuizos e de intereses políticos e sociais, nunha sociedade onde podamos aprender dos outros e non pelexar por ver quen mola máis, porque só así damos pé a creación das rivalidades e o racismo, as diferencias deben unirnos nunca separarnos.

    Non creo que os galegos queramos desaparecer, creo que dende hai moito tempo vivimos nun pensamento no que non nos consideramos vacas gordas, cando en realidade o somos. Moito temos que cambiar, é a escola está nas primeiras liñas, pero non de cambio senón de batalla, temos que loitar dende ela, con ou sen o apoio das disciplinas como a lingüística porque no fondo son só referentes teóricos nunca a caballería que ven na nosa axuda. Loitar da man da sociedade, da opción de aqueles que non queremos seguir a orde establecida.

    Lamentablemente para aqueles que o pretenden, o galego non vai morrer, (non pensedes que só me centro na miña lingua, tamén penso nas demáis pero primeiro temos que querenos a nós mesmos para poder querer os demáis); a batalla non acaba ata que un dos bandos amosa a bandería branca e a nosa ten unha liña azul celeste que a atravesa!!!!!

    ResponderEliminar
  40. 1ª PARTE:
    Tras a lectura deste artigo de Teresa Moure, tentarei destacar o que máis me chamou a atención do mesmo. Primeiramente, gostariame sinalar que estou completamente de acordo cas seguintes palabras, as cales cito textualemnte:
    "os dispositivos escolares son ferramentas ideolóxicas poderosas, coas que o poder consegue perpetuarse".
    Pero véxome na obriga de sinalar que aínda que esto é potencialmente así, cada vez existen máis docentes que abogan por unha educación democrática que atenda á diversidade en tódalas súas vertentes.
    Seguindo o texto, destacarei a seguinte frase:
    "Informacións deste estilo non se divulgan decote porque contribuirían a desmitificar a preponderancia que, desde os medios académicos (léase desde os estudos filolóxicos, desde as tertulias literarias, desde os foros antropolóxicos ou filosóficos), se atribúe ás linguas europeas.". Teño que confesar que, como filóloga, o ler estas verbas sentinme bastante decepcionada, e dende entón, comecei a ler resto do artigo dende un punto de vista máis crítico. A decepción non ven da nada, senón que considero que esto non é así na súa rotundidade. Dende a miña experiencia podo dicir que xa en primeiro de carreira os nosos profesores quedaron cansos de repetir que non hai linguas máis importantes ca outras, na asignatura de Lingüística fixéronnos aprender o nome das linguas espalladas polo mundo e a súa localización. E todo esto como aperitivo, xa que en Socioliolingüística (ámbito de estudo que sospeitosamente a autora non trata) incitóusenos á aprendizaxe de sistemas gramaticais de linguas minoritarias, e mesmo tivemos dous profesores especializados no estudo dunha lingua dunha tribo minoritaria (poderían considerarse investigadores de campo ou seguirían a ser profesionais de gabinete?). Por outra banda, dende a asignatura de Literatura Comparada, traballamos un artigo de Edward Said que trata sobre a súa obra Orientalismo, ca cal denuncia as falsas imaxes que dende occidente facemos da cultura oriental. Polo tanto, creo que a afirmación da autora pode, alomenos, ser posta en dúbida. Tal vez os culpables do euro-centrismo, non sexan os lingüistas, senón que debemos ir más aló e sinalar como pioneiros deste pensamento feitos históricos como a colonización e o sistema de valores no que esta desembocou. Sen dúbida algunha creo que Teresa Moure é demasiado crítica ca figura dos lingüistas que, se ben, nos seus inicios, puideron estar influidos por un certo euro-centrismo (e quen esta libre de estalo?), dende a creación da rama de estudos da Sociolingüística están libre de toda sospeita. Grazas a labor destes profesionais coñecemos a existencia de máis linguas, do seu funcionamento, da riqueza cultural que esconden, e un largo etcétera.
    Como resumo das ideas anteriores, subliñarei, agora, as seguintes palabras da autora, cas cales estou de acordo: “as decisión sobre que variedade promocionar, esndarizar, difundir ou falar non son decisión “científicas” tomadas asepticamente polos especialistas; son, ante todo, decisión políticas.”.

    ResponderEliminar
  41. 2º PARTE:
    Sobre o tema da morte inminente de entre un 75 e un 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe, considero que, unha vez máis é unha cuestión de poder económico o que se agocha detrás. Se esas linguas pertencen a comunidades de falantes con pouco poder económico, estes terán poucos recursos para promover a súa lingua fronte ó imperialismo. Ademáis, coincido coa idea de que eses pobos estarán máis preocupados por cubrir as súas necesidades básicas que en permitirse o luxo de construir unha defensa cara a súa lingua. É unha realidade triste, pero non sei se inevitable, dende logo, para que esto cambiase tería que mudar o sistema de valores no que vivimos e esto parece non interesar moito os que estamos en condicións máis favorables. Ademáis, e aínda a risco de parecer moi populista, considero que ó igual que morren linguas, tamén morren persoas por falta de alimentos, medicinas, etc. e, aínda que a diversidade cultural sexa moi importartante, máis o son as vidas humanas e tampouco facemos o suficiente para que esta situación poda mudar.

    ResponderEliminar
  42. Fálanos a autora da ferramenta ideolóxica poderosa que é a escola e como pode influenciar positiva ou negativamente no ensino do galego (ou calquera outra lingua) e polo tanto na saúde da nosa lingua. Tamén mete de cheo ó imperialismo occidental como culpable do “asasinato” de moitas linguas e refírese á globalización como parte importante na desaparición das raíces culturais.
    Teresa Moure ilústranos moi ben acerca da moda que xeran linguas coma o inglés e fainos ver de maneira moi sinxela a visión superior equivocada que moitos temos desa lingua por influencias externas e convídanos a dar un paso adiante para diferenciarnos da moda que nos está a impor a globalización.
    É evidente que o galego está sufrindo unha perda xeracional e que entre todos debemos ter mais conciencia do que deriva dese proceso. Non se trata tan só da perda dunha lingua senón de todo o que ven detrás diso.
    Parece que non é suficiente o que se está a facer ata agora, que inda que é necesario, vese claramente que queda unha labor por diante que nos incumbe a todos.
    Tamén reflexa Teresa a influencia que teñen os sistemas educativos e os medios de comunicación no tema que estamos a falar. E como consecuencia do anterior podemos facernos unha idea do peso que ten a política nos asuntos lingüísticos. Sabemos o influenciados que están os medios de comunicación e os sistemas educativos polos partidos políticos dominantes. Cabe pensar que os prexuízos que hai na sociedade moitas veces veñen impostos polos intereses dos políticos do momento. Aquí é onde debemos ser intelixentes e intentar ver o bosque e non o árbore.

    ResponderEliminar
  43. Este texto reflexa mediante símiles a situación das linguas actualmente no mundo como unha loita entre elas para saber cal é a soberana de todas. Nesta batalla ao igual que nas guerras reais, están involucrados, claro está, feitos e temas políticos, económicos, sociais etc o que explica o estatus que ten cada lingua actualmente no mundo. O texto tamén di, case no principio, que a xente vive moi enganada e que as supostas linguas maioritarias non o son tanto, xa que no mundo fálanse ao redor de 3000 linguas e por exemplo linguas que non se teñen en conta como o mandarin, ruso...son mais faladas que moitas maioritarias, e o galego, inda que a xente non o crea, é unha das linguas máis faladas do mundo. O que pasa é que a xente opta por aprender outras linguas como son o caso de inglés, aleman... porque son as linguas dos paises que teñen o monopolio do mundo, polo tanto nunha lingua inflúe moito do pais que sexa porque se pertence a un pais tercermundista sen recursos, vai ser unha lingua tercermundista, sen prestixio, sen recursos, e non recoñecida socialmente como poida merecer.Unha cousa que me gustou do artigo e que é unha verdade coma un templo, é o feito de que os linguistas ao longo do tempo non defendian a ultranza no que traballaban e non como ocorria no caso dos cientificos, cando arriscaban incluso a súa vida defendendo os seus ideais, como é por exemplo o caso de Copérnico que defendía que a terra era redonda en contra da idea daquel entón de que a terra era plana. Tamén chamoume a atención o feito dos intereses que hai no mundo, exemplo claro está na ecoloxía. No mundo se coidan moito espazos naturais, e outros como o Amazonas por posibles antídotos contra enfermidades ou antivíricos que poidan ser de uso para alongar a vida.Sen embargo a xente non repara na sociolinguistica, porque ao ser algo que non involucra a unha humanidade dun xeito mais cercano e intenso pois " non é de interese"

    ResponderEliminar
  44. Tras a lectura do artigo de Teresa Moure, tratarei de rescatar as ideas que, ao meu xuizo son as máis relevantes, recalcando con maior énfase en aquelas que teñan unha relación máis directa entre educación e linguas:
    Para comezar, a autora destaca que vivimos nunha realidade multilingüe a nivel universal, na que o normal é o plurilinguismo fronte á uniformidade lingüística. Con todo, a imaxe que pecibimos a través da educación e dos medios de comunicación está afastada da realidade, ao presentarnos un mundo no que predominan as linguas europeas e os modelos monolingües.
    Lémbranos tamén que no mundo existen seis mil linguas. E é rechamante que, entre as 20 linguas máis faladas se inclúan algunhas das que descoñecemos case ata o nome: bengalí, xavanés, maratí, etc. Tamén incide no grave dato de que para a maioría das linguas do mundo, a era lingüística non deu comezado.
    As decisións sobre qué linguas promocionar, estandarizar, ou falar son decisións eminentemente políticas. Segundo isto, hai linguas que gozan de bo estado de saúde e outras (a maior parte delas) que subsisten en estado precario.
    O futuro é alarmante: así, prevese que cara o 2100 o 75-90% das linguas terán desaparecido, segundo a autora como consecuencia do terrible impacto que o imperialismo occidental está ocasionando. Así, o aumento das comunicacións a distancia e a universalización do coñecemento salvagardan o prestixio exclusivo dunhas poucas linguas.
    Coa perda das linguas, vaise un material empírico indispensable para a lingüística. Até agora tense estudado unha parte moi pequena das mesmas, e pode non ser representativa. Isto pode levar á crenza de que as estructuras e os elementos que existen nas linguas son universais, cando poidesen ser accidentes presentes nunhas poucas pero non esenciais para a linguaxe. Así, é obvio que non se poden tirar directrices xerais de comportamentos particulares e talvez pouco representativos.
    Por último repara a autora na realidade particular que nos atinxe, e destaca o feito positivo de que as linguas cuantitativamente minoritarias no estado español sexan faladas por máis de un millón de persoas (situación na que se atopan pouco máis de 200 das 6000 linguas fala das hoxe no planeta). Fai tamén unha crítica á Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, asinada en Barcelona en 1996 polo seu carácter excesivamente eurocéntrista, e ás carencias que presenta para garantir os dereitos dos desprazados, apátridas ou nómades.
    Chamoume tamén a atención o feito de que o libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas inclúa desde o ano 2002 ao galego, o que temos que tomar como un toque de atención de cara ás políticas lingüísticas polas que decidamos optar.
    Por último, a autora reflexiona acerca do papel da escola para mellorar esta situación. Esta poderá rescatar a importancia da diversidade lingüística.
    Nun mundo no que impera un modelo de pensamento único -promovido desde os medios de comunicacións de masas en servizo aos intereses do poder económico-, e no que ese único discurso correspóndese cos dogmas neoliberais, a multiplicidade de linguas poderá ser un elemento que convide a revisar esta situación de dominio ideolóxico para avanzarmos cara unha realidade máis plural e, por tanto, máis libre.

    ResponderEliminar
  45. PARTE 1
    Trátase dun artigo moi interesante que invita a reflexionar acerca da necesidade de loitar contra a globalización (que tende á uniformidade) e reparar na riqueza que supón que haxa un abanico amplo de linguas.
    Ben é certo que na escola, como indica a autora, non se nos fala da multitude de linguas faladas no mundo. Os conceptos véñennos dados dende un punto de vista europeizado (detrás están agochados os intereses socioeconómicos e por tanto, non interesa (máis que para ter cultura xeral) saber que en Guinea Ecuatorial se fala annobonés/fá d' Ambó, que é unha lingua crioula portuguesa (crioullo portugués misturado con dialectos bantús) ou saber cantas linguas se falan na India.
    Pero si nos ensinan que o inglés, español ou francés se atopan entre as 20 linguas máis faladas do mundo e que tamén interesa saber falar inglés ou alemán, porque son as linguas vencelladas á prosperidade económica.
    No mundo existen unhas 6.000 linguas, polo que estou moi da cordo con Teresa Moure cando se pregunta de modo retórico se non sería lóxico que un individuo cunha cultura media soubese tan sequera cales son as 20 máis faladas? E conclúe que o problema non é só da escola; senón que detrás agóchanse os intereses socioeconómicos, como indiquei anteriormente.
    Non interesa falar kombe, porque no “noso mundo” esa lingua non reporta ningún tipo de beneficio, pero si convén aprender inglés ou chinés, xa que isto che abre as portas da prosperidade económica.

    Por outra banda, tamén deberiamos pensar en tódalas veces que empregamos o inglés coma lingua vehicular para entendernos con outras persoas doutras nacionalidades cando nos resulta moito máis doado entendernos na nosa propia lingua ou empregando á do interlocutor.
    Isto ven dado porque os europeos en xeral estamos afeitos a que o inglés sexa a nosa segunda ou terceira lingua.

    Por outra banda, a autora fai unha especie de comparación entre a distribución da riqueza e a das linguas. Así como unhas linguas gozan de prestixio social, presidindo congresos; reunións internacionais e medios de comunicación; outras quedan relegadas á precariedade; do mesmo xeito distribúese a riqueza: mentres que uns gozan dunha situación económica favorable, outros viven en precariedade.
    Se pensamos na prensa de Galicia, o galego ten pouca presenza nos xornais en Galicia en comparación co castelán (hai noticias escritas en galego-relativas á cultura, festas ou certas áreas comarcais- pero son menos en comparación co castelán). O único diario de pago íntegro en galego era Galicia Hoxe, que deixou de publicarse. Desapareceu tamén o Xornal de Galicia.
    E só se lle presta un pouco de atención á nosa lingua o día das Letras Galegas e o 25 de xullo, cando as portadas dos xornais se escriben en galego.

    A predición por parte da autora de que entre un 75% e un 90% das 6.000 linguas faladas no planeta deixarán de existir no 2100 paréceme un dato alarmante. E como ela ben apunta “trátase dun asasinato”. Esta idea vai vencellada ás palabras de David Crystal, quen sostén que cada dúas semanas morre unha lingua. E non se trata dunha morte natural, senón que se lle da as costas a esas linguas sen crear unha institución que vele pola súa seguridade, porque son máis febles que as linguas do poder económico (inglés), que se impón a outras (menos fortes).
    Isto poderíase ilustrar ca imaxe da cadea alimentaria onde os leóns comen outros animais máis febles, coma as gacelas.

    ResponderEliminar
  46. PARTE 2

    A continuación, a autora propón un novo concepto: o de Ecolingüística. Os pobos teñen dereito a preservar a súa identidade a través da lingua, polo tanto ningún pobo pode impor a outro a súa lingua, como ocorrera anteriormente co colonialismo levado a cabo polos españois en América, por poñer un exemplo.
    Polo que estou moi dacordo con Teresa Moure cando expón que obrigarlle a alguén a que cambie de lingua é un xeito de violencia, xa que como estivemos dicindo ó longo de todo o seminario, o emprego dunha lingua supón un modo particular común a todo ese pobo de entender o mundo e se lle obrigamos a alguén a cambiar a lingua estámoslle forzando a cambiar a súa visión e relación co mundo.

    Dende un punto de vista colonialista, a paulatina morte das linguas vese dun modo natural e se pensa que nada ocorre, xa que as linguas do mundo conforman un puzzle que vai axustando as súas pezas cada vez que se perde unha.
    Así como na cadea alimentaria ó perderse un elemento as consecuencias son negativas, cada vez que se perde unha lingua lévase con ela a súa cultura e cosmovisión.

    A autora fai unha crítica á labor dos lingüistas, fala de que consolidaron a gramática como único campo de traballo e estudan unha lingua seleccionada nun estadio concreto (sincrónico, sintópico e sinestrático); polo que o seu traballo acaba limitándose moito chegando a consideralos “científicos”.
    Outro problema é que os lingüistas adicaron moita atención centráronse e estudando ben unhas linguas determinadas e esquecendo outras.

    O modo ideal de estudar en profundidade un idioma é facendo un traballo de campo; o lingüista debe comportarse coma se fose un antropólogo, trasladándose ó lugar elixido cunha gravadora e traballar deste modo.

    Por outra banda, parece que se está a tomar conciencia deste problema da desaparición das linguas e, cara o final do artigo, a autora fai referencia a varias organizacións que tratan de concienciar á xente mediante congresos ou publicacións da importancia que ten salvagardar as linguas. Sen embargo, Teresa Moure amósase escéptica respecto a isto, por medo a que estes datos queden arquivados e non sirvan para nada.
    Se fai alusión a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (DUDL) que “garante os dereitos lingüísticos canto dereitos territoriais , vencellados ás comunidades de falantes”. Pero non garante os dereitos dos desprazados.

    A alusión a que o galego se atopa entre as linguas en perigo de extinción recollidas no libro vermello da Unesco tennos que facer pensar e tomar conciencia da importancia da lingua e da importancia da súa conservación nun mundo dominado polo capitalismo e os intereses político-económicos no que unhas linguas cómense ás outras.

    Por tanto, para que a riqueza lingüística se manteña, é necesario a aplicación de políticas lingüísticas que promovan e garantan a integridade destas linguas en tódolos eidos (administración, política, escola...) para así concienciar á sociedade e tomar cartas no asunto. Sen embargo isto non parece doado no mundo capitalista no que estamos inmersos.

    E remato a modo de epílogo, cunha cita a propósito deste tema do marabilloso semiólogo e escritor italiano Umberto Eco: “O grande perigo da globalización é que nos empuxa cara unha megalingua común”.

    ResponderEliminar
  47. Un artigo moi interesante e cargado de moita información relevante. Vou dar a miña visión del. Pareceume moi explicativo e gráfici, dando exemplos que axudan a entendelo texto e a darlle vivacidade.
    Primeiramente fala do papel da escola na endinanza de linguas. Este papel non é único e está pouco potenciado. Debería tratalo a lingüística, pero é unha disciplina cara e moi recente e en moitas ocasións os governos non están dispostos a asumir eses gastos. Para isto, non so debemos ter en conta o papel da nosa lingua senón centrarnos tamén na sociedade europeizada en que vivimos. Fala de linguas, dialectos (que presupoñen valores equiparables as linguas, aínda que non o son) e linguas pidgin (que tratan de eliminar diversidades lingüísticas para chegar a unha uniformidade, comp é o caso das linguas naga).
    A seguinte parte de título "Crónica dunha morte anunciada" fai unha reflexión sobre o reparto das linguas e a riqueza. Dende nenos, sempre oín iso de identificar unidade política co idioma nacional, si na teoría é simple e fácil de entender, pero qué pasa na práctica? Que non se cumpre! Hai linguas que non teñen o prestixio que deberían ter e son evitadas. Relaciona isto co monolingüismo, que persoalmente penso que non existe, xa que en todos os ámbitos das nosas vidas estamos sometidos a estímulos doutras linguas, o que ven srndo o plurilingüismo, que é o desexable na sociedade en que vivimos. Pero non todas as linguas gozan do mesmo nivel. Hainas que están amplamente promovidas por medios de comunicación, governos, conciencia dos falantes; e hai outras que apenas se coñecen, non se lles da publicidade, é como se as esconderan e o que se está a esconder é unha identidade. Toda esta diversidade que proporciona riqueza é cultura vai desaparecendo, consecuencia da globalización, e paréceme moi significativa a cita que puxo Mercedes de Umberto Eco, co que penso que non hai máis que explicar. Paréceme que esta homoxeneización "ideal" será máis mala que boa e perderanse moitas mais cousas ca unha lingua, unha identidade de pobo e persoal, liberdade e democracia.
    Pasa a falar da tarefa dos lingüistas, que se centra en aspectos concretos dunha lingua nun momento determinado, sen capacidade para centrarse en toda. Practican a lingüística xeral que se basea en estudos das linguas clásicas aplicandoas as novas. A súa tarefa sería desfacerse de prexuízos e falsas verdades que levan anos facendo que a xente teña unha visión equivocada. Deberían dar unha visión máis personalizada de cada lingua e relacionala ca sociedade na que vive, xa que non tódalas linguas son iguais e merecen ser tratadas de formas diferentes dacordo cas súas necesidades. A pesar dos moitos intentos de recoller tódalas linguas (como Luisa Maffi) é unha diifícil tarefa, xa que require do traballo de moitos especialistas, e máis motivación e preocupación.
    Xa na última parte, menciona as linguas minoritarias, que no caso de España (galego, catalán e euskaro) a nivel mundial son maioritarias. Todo depende da popularidade que se lles de no país e do trato que recoban por parte dos falantes. Para rematar, comparto a idea de potenciar estas iniciativas na escola xa que é onde pasamos gran parte do tempo e de onde sacamoa os nosos coñecementos.

    ResponderEliminar
  48. Leyendo los comentarios de mis compañeros, no queda mucho por añadir. Sólo diré a Santamariña que chapeau, coincido totalmente con ella cuando dice que las lenguas están en constante evolución que puede que un día les llegue el día en que tengan que morir, ahora bien, también debemos tener en cuenta que hay lenguas que han sido más perjudicadas que otras en diferentes periodos de la historia y que sí se ha forzado resaltar una en concreto que todos sabemos que es el castellano, y que perjudicó a otras tantas que no tenían la misma cantidad de hablantes que tenía y tiene el castellano. No es forzar que una lengua desaparezca, pero sí formar una campaña de desprestigio en contra de esta lengua que poco a poco se verá reducida y envuelta con innumerables prejuicios y demás. Desde esta posición, no es muy difícil volver a recuperar el estatus que tenía anteriormente, por ello, estamos de acuerdo con Teresa Moure cuando dice que la enseñanza y la educación son el punto de partida de las lenguas. Si desde pequeños no nos dicen que hay lugares donde existen más de 823 lenguas como en Nova Guinea, es muy difícil que no siendo lingüistas sepamos este dato. Así que los profesores tienen un papel fundamental en las aulas a la hora de decidir que contenidos deben enseñar a los alumnos.
    También es en los centros docentes donde se debe rectificar la creencia de "una lengua, un país" como dice Teresa Moure "nos ensinaron a identificar unidade política europea con idioma nacional" y el multilingüismo sigue sin tenerse en cuenta, ya que es aquí donde debemos aprender la magnitud de las lenguas en el mundo.

    ResponderEliminar
  49. A lectura de Teresa Moure pareceume moi útil, xa que de moitos dos datos que aporta, eu non tiña nin idea. E si, dáme vergoña non saber máis sobre as linguas do mundo, pero en realidade o que máis boto de menos e non saber máis sobre as culturas. Porque as linguas son, a fin de contas, parte importante de cultura, pero parte.

    Por iso, para min a verdadeira mágoa da perda dunha lingua é o fin dunha cultura. E seguindo este fío, penso o mesmo co tema da educación. Sería xenial sabelo TODO na educación primaria e secundaria. Os lingüistas reclamarán entón máis parte do currículum no coñecemento das linguas do mundo, os arquitectos máis sobre arquitectura histórica, os filósofos máis sobre filosofía... pero creo que non podemos botar ás costas da educación ou dos profesores as lagoas que poidamos ter. ¿Para que queren saber os alumnos que linguas hai en países dos que non saben NADA? Das súas tradicións, relixión, historia, arquitectura..

    Ó final, para coñecer de verdade o mundo, hai que patexalo, que empaparse del in situ, e teño a sensación que para iso falar inglés e francés pode ser de gran axuda.

    ResponderEliminar
  50. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  51. Antes de nada, destacar que o texto pareceume moi interesante a aportoume moitos datos que eu como filóloga descoñecía. O texto trata sobre a homoxeneidade do mundo en canto á lingüística se trata, que se difunde nas escolas, e defende o multilingüismo como maneira de coñecer e enriquecerse da diversidade cultural.
    Como ben di Teresa Moure, nas aulas cárgannos de contidos acerca de outros países, pero nunca nos falaron das linguas que falan neles. Polo tanto, estou dacordo coa autora no feito de que se produce un silencio en canto ás linguas que non son digamos “útiles” dende o punto de vista da nosa cultura. Isto para min ten unha explicación lóxica, xa que para unha persoa estudando en Galicia, vai ser máis útil estudiar inglés que chinés, aínda que esta última posúa un maior número de falantes. Desde un punto de vista funcional, é lóxico dende un punto de vista económico e de cara ás expectativas laborais dos alumnos.
    Pero tamén creo que non por iso se terían que deixar a un lado outras realidades lingüísticas. Polo tanto creo que é tarefa dos lingüistas o darnos a coñecer todas estas realidades das que se nos priva na escola e que poden ser moi interesantes, Isto nos faría moito máis curiosos en canto ás linguas.
    O importante e inculcar a importancia que todas as linguas e a cosmovisión asociada con elas posúen. E debería de ser a escola a encargada de crear nos nenos esa curiosidade por saber . Para conseguir isto hai que botar abaixo a realidade eurocentrista da educación, para abrir horizontes a nivel global, vendo que a norte dunha lingua supón tamén a morte dunha forma de ver o mundo e dunhas costumes.

    ResponderEliminar
  52. Neste texto pódense extraer varias conclusións, primeiramente que desde o sistema educativo estase a favorecer pola homoxeneidade do mundo, dando a coñecer só unhas poucas linguas e favorecendo a difusión destas. Pero tamén que na escola pode estar a solución para rescatar a importancia da diversidade (biolóxica, cultural, lingüistica,...) e por exemplo realizar actos ou formas para promover que linguas moribundas poidan subsistir.
    Tamén fainos reflexionar, para valorar tanto a nosa lingua coma as dos demais, sin descriminar calquera delas porque estaríamos eliminando a rica diversidade lingüistica. Porque o multilingüismo segue a ser unha realidade pouco explorada considerandoa como un problema en lugar dunha riqueza da que poder gabarse. A realidade é que a maioria dos individuos desenvolven as súas vidas mediante o uso de varias linguas ou incluso de varias formas coma ben pode ser as linguas Khoisa (mediante sonidos producidos pola lingua ou polos beizos).

    ResponderEliminar
  53. Tras ler este artigo,empecei a relexionar sobre o notable feito de que ,por desgracia, vivimos nun mundo globalizado ,un mundo no que a lingua,a moda,as correntes de pensamento ,a musica..etc estan determinadas pola dos lugares do mundo con maior prosperidade economica(na maioria dos casos)e se elementos coma a cultura,moda,música,lingua,pensamento...proveñe doutros paises ,pertencentes a “minoria”,son etiquetados a miudo de de exoticos e puntuais.
    Este feito fai que alguns destes grupos,denominados pola masa “minoritarios”,desprendanse de moitos ou parte dos seus elementos culturais para seren coma a maioria,para acoller os novos e dominantes elementos.¿qué implica isto?unha perdida cultural inmensa,xa que estes elementos deixaranse de transmitir de xeracion en xeracion(ou o faran en menor medida),e esta perdida cultural afectaranos a todos ,xa que habera menos elemntos “exoticos”para aprender e coñecer doutros lugares,cousa sempre enriquecedora e positiva ,ademais de afectar moi negativamente ó propio grupo,por perder parte deles mesmos,da súa orixe,dos seus ancestros.
    Dende o meu punto de vista debemos lograr un equilibrio entre mante-lo noso e aprende-lo novo(para poder adaptarnos á corrente mundial)pero sempre mantendo en terra firme as nosas raices.

    ResponderEliminar
  54. Paréceme un texto que invita a unha profunda reflexión acerca do multilingüismo, como selo de identidade cultural. Cómpre que esta reflexión a comparta todo o mundo, xa que o que está acoorrer é algo que nos atinxe a todos. Gustaríame suliñar a importancia de todas e cada unha das linguas, teñan máis ou menos falantes, xa que representan a cada un das persoas que a empregan. Lonxe de ser só un instrumento para comunicarnos, constitúe un selo de indentificación. Por iso, cando se perde unha lingua estase a perder moito máis: información, matices, etc. dando como resultado un mundo plano, homoxéneo, sen gradacións. Pareceume bastante interesante a reflexión dunha compañeira, que comparou as linguas con seres vivos, polo que irremediablemente a súa fin xa está escrita: a morte. Supoñendo que está no certo, consideremos que son seres vivos que están ao noso cargo, dos que temos que coidar, como por exemplo, se fose unha planta: hai que regala todos os días para que siga viva, é dicir, non da moito traballo, mais hai que ser constantes. De nós depende que non morran as linguas, por iso, cando isto ocorre, Teresa emprega o termo de «asasinato», porque é a nosa responsabilidade. Ademais da función de nos representar culturalmente, as linguas tamén se utilizan como ferramentas de poder, como pode ser no caso de sistema educativo. Resulta sorprendente como, neste eido, se pode incidir tanto nalgunhas cousas, como a cultura occidental (fonte de poder, globalización) e obviar outras, de xeito que irremediablemente na nosa mente acaba por ocorrer o mesmo.

    Por todo isto, e todos os argumentos que expón a autora, cómpre que todo o mundo reflexione sobre o proceso de globalización que está a ocorrer no mundo e cales serían as súas terribles consecuencias.

    ResponderEliminar
  55. As ideas que trata de plasmar a autora son as seguintes:
    A primeira delas e o feito de que o primeiro lugar no que se omite a diversidades das linguas e na propia escola e que coma ferramenta ideolóxica , transmite unha errónea imaxe de homoxeneidade. Por extensión tamén se fai unha omisión da cultura dos pobos non europeos.
    O segundo dos conceptos que trata de mostras e o feito de que a morte das linguas estase a producir de maneira moi rápida e que o 90 o 70% das linguas deixará de falarse no 2010. Esta perda de lingüodiversidade unha consecuencia da globalización
    Tamén pon de manifesto que a diversidade de linguas a sido esquecida pola lingüística. A perda de linguas ten coma consecuencia a perda de crenzas e coñecementos, polo troco dunha lingua capitalista que da mais oportunidades. A noción de linguaxe debe facerse cunha suficiente base empírica, e ca perda de linguas perdese tamén información sobre ese concepto
    Por último, todas as linguas do mundo teñen dereito a seren estudadas e faladas e todas a persoas teñen dereito a falar a súa lingua.

    ResponderEliminar
  56. Paso a enumerar as ideas que regulan este artigo, onde Teresa Moure fai unha clara defensa do plurilingüismo fronte ao carácter hexemónico dun monolingüismo, preocupado exclusivamente das leis do mercado e dunha globalización entendida a partir de criterios de uniformalización, e fora de todo respecto tanto as singularidades como as diferenzas das minorías lingüisticas.
    Defensa pois da diversidade lingüistica, e dunha ecolingüistica e defensa polo tanto das múltiples e diversas maneiras de entender e de entenderse co feito de estar no mundo, desde cosmovisións e lecturas do real.

    - Relacións entre ideoloxía, ciencia e política. (quen decide que é o que temos que salvar do saqueo ou que é aquilo que non “convén” ou que non ten interese sobranceiro para determinados intereses con respecto as linguas)
    - Carácter homoxeneizador da escola, cando non altamente ideolóxico. (chegar a pensar que o inglés é o idioma máis falado, ou cales son ou non os idiomas que importan) enfoque eurocentrista + homoxenización do mundo.
    - Relacións ciencia – política. Xa nos propios campos do pensamento científico danse determinadas crebas entre disciplinas que por veces en vez de ir xuntas, caen en compartimentos estancos que só conducen a unha especialización desastrosa para o campo onde determinado saber (neste caso a lingüistica) ten obriga de escudriñalo todo.
    - Análise do que ven sendo a lingüistica: - análise das variedades dunha lingua segundo áreas. – estudo das gramáticas – linguas compartidas entre diferentes tribos. – distribución social dos discursos, da fonética ou da historia desas linguas.
    En definitiva Moure chama por unha socio-lingüistica como idea para rematar ca hexemonía do especialista.

    Multilingüismo considerado como un problema que precisa solución en lugar dunha riqueza da que gabarse. Fronte monolingïsmo non é a realidade, nin sequera é unha realidade desexable, inevitable ou suficiente.
    Así como di Moure: fora dese reducionismo escolar, na maioría das rexións do mundo os individuos desenvolven as súas vidas mediante o uso de varias linguas.
    Claro que este reducionismo atende a determinadas estratexias de homoxeneización do planeta e de intensa globalización (a globalización mata) consecuencia dun poder hexemónico e case exclusivamente económico do imperialismo. Que maneira insistente trata de priorizar o monolingüismo fronte a variedade rica e identitaria que supón o plurilingüismo. Se isto é así voltamos a pensar que non esconde se non que nos alerta da intención claramente política da acción dos países monolingües versus ricos. En definitiva imperialistas. Si con Moure pensamos que de feito a globalización mata. A diversidade lingüistíca e cultural das tribos humanas está desaparecendo a gran velocidade. Se non modificamos os factores que provocan este proceso, entre un 75 e un 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe terán deixado de falarse no ano 2100. (...) As linguas desaparecen como consecuencia do terrible impacto que o imperialismo occidental está ocasionando: os sistemas educativos formais, os medios de comunicación e en particular a televisión. (...) silencian as voces diverxentes e producen o que xa se ten chamando a McDonalización do mundo.

    Fronte estas estratexias que agochan a perda de linguas e culturas diferentes e a perda de diversidade biolóxica: linguo-diversidade. Cabe achegarse como froito dunha idea aberta e solidaria da lingüistica a unha Ecolingüistica.
    Que en definitiva tratará sempre de : “Situar a escola como rescatadora da importancia da diversidade (biolóxica, cultural, sexual, lingüistica...) e convertela no cerne da materia que nos fai humanos”. “para percibir as múltiples formas de ver o mundo que temos o humanos e, no mellor dos casos, para aprender a ver o mundo cos ollos dos outros”.

    ResponderEliminar
  57. La escasa atención al plurilingüismo en la educación, el pensamiento euro-centrista y sobre todo la relación político-económica con la difusión y supremacía de algunas lenguas, han desembocado en la continua pérdida del patrimonio lingüístico.
    Está claro, al menos para mí, que los idiomas son susceptibles de evolucionar, transformarse, fragmentarse y también desaparecer. Y que, como instrumento para el hombre, tenemos derecho a elegir aprender el idioma que más nos convenga.
    Sin embargo, cuando la desaparición de lenguas y nuestra elección no es natural sino forzada en extremo por la tendencia a la globalización, (lo que quiero decir es que no solo aprendemos ingles por la necesidad de entendernos sino también porque es nos lo impone el sistema en que vivimos) debemos, al menos, recapacitar sobre ello.
    Sin dramatismos, porque una lengua no es una especie viva, sino que tiene valor (además del cultural) como derecho de sus hablantes, y en cuanto a derechos humanos, tiene una larga lista por delante.
    Podemos no resignarnos a pensar que esto es lo que hay o que el mal ya está hecho y plantearnos que las cosas pueden ser de otra manera. Cada uno de nosotros tiene una responsabilidad en ello y tener conciencia del problema es el primer paso.

    ResponderEliminar
  58. El artículo de Teresa Moure toca un tema tan interesante como polémico. Está claro que en la escuela nos enseñan sólo lo que interesa que sepamos,para convertirnos en objetos productivos
    y que la información que nos proporcionan está demasiado simplificada, pero al mismo tiempo entiendo que tiene más sentido que en el colegio aprendamos inglés o francés en lugar de vietnamita, ya que existen muchas más posibilidades de que en un futuro cercano usemos esos idiomas,por el contrario las posibilidades de usar el vietnamita son más reducidas.
    Por otra parte una vez dejamos la escuela cuantas más lenguas aprendamos mejor y según mi punto de vista, hoy en día existe un gran interés por aprender lenguas y no sólo por el inglés, que considero que es una herramienta de trabajo indispensable,al igual que el saber trabajar con un ordenador. Y lamentablemente para muchos esta es una realidad que no se puede negar, quizá no la realidad del día a día en la calle, pero sí la realidad de la vida laboral. Esto no quita que hay que luchar por la supervivencia de nuestras propias lenguas y que esta supervivencia se consigue con su uso.
    También estoy de acuerdo con la autora cuando dice que no se puede imponer el uso de una lengua por la fuerza.

    ResponderEliminar
  59. Xa quedou máis que clarificado por aí arriba que este artigo, sen dúbida, é unha invitación á reflexión sobre a percepción das linguas que temos. A percepción, e tamén o seu reflexo na educación institucional, na escola, entendida esta como ferramenta para moldear segundo unha determinada visión do mundo (ideoloxía), neste caso concreto, en relación coa percepción e valoración da situación lingüística).
    Xa o vimos noutros momentos nas aulas, tamén comentando outros post (a raíz dos prexuízos no libriño de Singala, por exemplo, ou falando dos decretos tamén). E aparece esa idea de multiligüismo, dunha visión máis ampla e libre de prexuízos á hora de afrontar un concepto de multilingüismo que parece, eu diría que sen discusión (pero para todo hai sempre...), moito máis enriquecedor e unha visión máis natural en realidad dos modelos de ensino e coñecemento das lingüas que debéramos tomar. A visión ecolóxica das linguas, en definitiva. Quero dicir, xa como mínimo, de non cambiar o enfoque utilitarista, neoliberal, globalizador se queremos entendido como tende entenderse hoxe, que fai que vexamos as linguas (o seu prestixio en realidade, ver unhas e nin mirar para outras...), ser, cando menos, digo, conscientes de que a realidade é obxectivamente a que é. Que a visión que se transmite é unha visión nesgada. Que si, tocounos o contexto que nos tocou e por iso temos a visión que temos. Pero quizá haxa que pensar que a riqueza está moito máis aló, que a globalización debería ser máis a oportunidade de achegarnos ó lonxano, ó que non forma tan parte de nós... aí a riqueza... globalizar por unificación, borrando simplemente o "diferente" non parece tan acaído, non? A integración, o coñecemento de toda a diversidade... ser quen desa integración parece, na miña opinión, unha definición máis noble, e un obxectivo máis produtivo (en termos de riqueza cultural, dende logo) para o termo de globalización. Desto xa temos falado moito tamén noutras entradas e co dito no artigo, e por todos os comentarios previos parece que a reflexión entre nós está completa.

    ResponderEliminar