Ben, imos romper o xeo nesta entrada. En primeiro lugar, a curtametraxe, como creación artística, encantoume. En segundo lugar, e o que coido que ten máis pertinencia para o caso, á hora de relacionar a mesma cunha situación lingüística, podemos establecer varios paralelismos. A curta preséntanos una situación (lingüística, para o caso e na nosa metáfora) na que observamos unha maoiría establecida (lingua A) e unha minoría concebida como unha perturbación da situación ideal (lingua B). Ó principio, as diferenzas supoñen un problema, pero pouco a pouco, a situación cobra normalidade e todo o mundo é quen de continuar cos seus quefaceres diarios; isto, lingüísticamente, suporía o paso da diglosia á ideal situación de bilingüismo. Agora ven á final da curtametraxe, que me suxeriu duas posibilidades. O primeiro final da curta (o voo da rapaza), poderiamolo interpretar como a expansión da lingua B ó estar totalmente arraigada na sociedade, agora bilingüe, que con anterioridade unicamente se servía da lingua A. Mais…como segundo final, poderiamos interpretar a aceptación da xente como un acto de marxinación e o voo da rapaza como a desaparición desa lingua B. Que supón isto? A xente deecatouse de que perdeu unha realidade, algo que tiñan e non souberon apreciar (paso ó monolingüismo) e, por elo, comezan a realizar peor as súas tarefas cotidiás (pois saben, ou perciben, cando menos, que algo non vai ben). Sexa como for, a diversidade é algo positivo e gracias a ela conseguimos que moitas cousas sexan e, á fin de contas, ser como e quen somos.
Como ben di a miña compañeira Paula, podemos facer unha analoxía entre o que acontece na curtametraxe e o que pode ocorrer nun territorio no que convivan dúas linguas. A rapaza, na nosa comparación, é a lingua minoritaria e o resto da poboación é a lingua maioritaria. Considerando que esta lingua minoritaria non contase cos mesmos dereitos ca lingua de máis falantes, o son da rapaza faime pensar nunha posíbel demanda dos mesmos dereitos e privilexios ca lingua maioritaria e, por ende, maiorizada. Isto é o que perturba ós veciños, por este motivo vólvense contra ela, para que non lles altere a súa convivencia. Deste xeito, non so temos unha lingua minoritaria senón que tamén nos achamos cunha lingua minorizada. Asemesmo, a curta nos deixa ver como o son do corazón da rapaza, que nun primeiro momento anoxaba á demais poboación, logo queda nun olvido, fanse a el. Esto resúltame moi significativo. So podo pensar en que os reclamos dos falantes de lingua minoritaria e minorizada rematan por ser susurros ante a presencia doutra lingua maioritaria e maiorizada. En canto á final da curtametraxe, esta transmíteme a desaparición desa lingua prexuízada (e máis se penso no que a narradora, anteriormente, nos pon en boca dunha veciña: “Non vivirá moito”). Non obstante, cabe destacar a reacción que provoca nos demáis: trastorna ós vecinos. Infiro que a marcha da rapaza, é dicir, da lingua que convivía no mesmo territorio, resulta na carencia dunha marca de identidade para esa poboación. Con todo, a curta pode suxerir moitas cousas, pode extrapolarse a outros ámbitos non necesariamente referidos á lingua.
Como ben explican as miñas compañeiras con anterioridade, vese claramente como a curtametraxe trata de explicar o conflito que poden chegar a ter dúas linguas nun territorio. Como ben din, a nena pode representar a lingua minorizada e neste caso tamén minoritaria e, por outra banda o pobo sería a lingua maioritaria e maiorizada ó cal lle costa moito aceptar á rapaza. Aínda que xa se fai algún esbozo sobre os problemas que pode sufrir a lingua minorizada cabo da lingua maiorizada gustaríame destacar a vergoña que sofre a rapaza ó longo da curtametraxe e relaciono isto claramente coa vergoña que moitas persoas dos nosos antepasados sentían cando a única lingua que sabían falar era o galego e isto lles supoñía un certo desprezo da sociedade utilizando adxectivos como rudos, xente de campo, etc. A miña interpretación sobre o final da curtametraxe inclinase cara a desaparición da lingua, referíndome máis explicitamente a Galicia (a curtametraxe pode referirse a calquera outro territorio)a nena voa cara outro sitio onde de atopa mellor e isto pode significar que ese sitio onde ela atopa felicidade e refuxio podería ser nalgún tempo a zona do rural, zona onde aínda hoxe en día en moitos casos non se sente vergoña nin desprezo polos galego falantes e vese esta realidade como máis común.
El cortometraje, como han explicado mis compañeras, se podría entender como una metáfora sobre la situación lingüística de un territorio donde conviven dos lenguas. Como suele ser costumbre, una es la lengua mayoritaria y otra la minoritaria y, en mayor medida, la minorizada. Esta situación siempre se ve motivada por cuestiones políticas de un cierto momento histórico en el que como en el caso del gallego se impuso el castellano en detrimento del gallego y ésta última pasó a tener la consideración de "lengua de segunda categoría" por determinados sectores.
En el vídeo la niña se podría identificar con la lengua minoritaria y el pueblo con la mayoritaria. La metáfora muestra cómo la presencia de la niña y que ésta se hiciese oir molestaba al resto de la población y creaba un gran malestar, mostrando claramente esa situación de diglosia que existiría entre gallego y castellano. Hoy en día esta situación ya no se da tanto como antes pero aún sigue habiendo gente que sigue teniendo prejuicios sólo por la lengua que hables y no en todos los ámbitos está igualmente considerado el uso de una u otra.
Si hacemos un símil con el gallego, vemos que día a día la gente va adquiriendo otros valores y el hecho de hablar gallego o castellano cada día condiciona menos a la sociedad y a los gallegohablantes.
Pienso que la situación ideal para la convivencia de dos lenguas en un mismo territorio es que todo el mundo pueda usar la lengua que considere oportuno sin ninguna traba ni impedimento en ningún ámbito y que no se les prejuzgue por ello. Lo más importante para que esta situación se lleve a cabo es el respeto ya que a veces se tiende a querer inclinar la balanza hacia un lado sin tener en cuenta las necesidades y la voluntad de las personas. Y en el caso del cortometraje veíamos que la gente acaba asumiendo la situación y ya no les molestaba sino que hacían su vida sin que eso interfiriera. Pero cuando la niña se va notan un vacío, cuando antes le auguraban poco tiempo de vida.
La conclusión es que los territorios plurilingües son más ricos tanto a nivel lingüístico como cultural y en vez de menospreciar e intentar apartar al "diferente" se debería aprovechar esta situación y aprender de lo que se tiene alrededor en vez de excluir lo que no es como uno.
Por unha parte, se establecemos paralelismos co tema das linguas, podemos encontrar a representación dos problemas que ten unha lingua minoritaria para ser aceptada e romper cos preconceitos da sociedade. Ademais, visualízase o trauma que suporía a súa desaparición, na medida no que supón una merma gravísima e irreparábel para a identidade do colectivo no que naceu, aínda que este colectivo non sexa necesariamente consciente de elo. Porén, para o caso de Galiza, a aparición da lingua propia (a nena co seu peculiar latexar) non tería suposto unha perturbación, ao non implantarse de forma repentina e si como evolución paulatina e natural do latín. Pola contra, si sería máis traumática a introdución do castelán, primeiro como lingua oficial e das elites que progresivamente, ben por emulación ou ben por imposición, iría sendo asimilada por un espectro social moito máis amplo. Na curta, semella como se a lingua minoriazada aparecese nun momento concreto como tal –como lingua minoritaria ou marxinal- e progresivamente fose adquirindo presixio e falantes, mentres que a realidade foi outra ben diferente: a lingua galega era a lingua maioritaria, practicamente universal en Galiza, e foi minorizándose progresivamente. É dicir que, na linguaxe do video, o latexar da nena sería comunmente aceptado nun principio para ir pouco a pouco converténdose en algo molesto, á inversa do que acontece. Laura Isabel Pita Campos
Opino, ao igual que Gemma Sánchez, que a curtometraxe ten a capacidade de suxerir moitas ideas, e polo tanto pode extrapolarse a moitos ámbitos da nosa vida, sen ser os estrictos da lingua. A miña primeira sensación tras o visionado, suxeriume unha idea máis ensoñada e máis metafórica... a rapaza, pese a todo, foi capaz de asumir os seus sentimentos, de aceptarse, de gustarse, e de dar un paso máis aló... loitar por ela, polo seu sentir, e chegado o momento, ó descubrir ós seus iguais, de ir na procura dun novo lugar onde sentirse apreciada, valorada e rodeada de seres coma ela. (Penso todo isto porque se non, non son capaz de entender que a historia se titule "Historia tráxica con final feliz"). Tal e como apuntades no resto dos comentarios, aplicado ó campo das linguas, a historia pódese entender como o conflicto de dúas linguas (unha maoiritaria e outra minoritaria), pero creo recordar que ó final da curtometraxe, cando a rapaza marcha, a xente queda triste, e nota a súa ausencia, e polo tanto interpreto, que as "interferencias" que entraron na vila a través da rapaza que era diferente, marcaron ó resto dos seus veciños, ainda que non de xeito radical nin inmediato. Ás veces as cousas, por pequenas que sexan, teñen o poder influir e de cambiar un pouco á sociedade. Cada pequena aportación de todos nós conta e sen sabelo, pode ser importante para alguén.
Hola! As vosas ideas encaixan perfetamente co que eu penso do vídeo. O paralelismo coa situación lingüística está moi ben descrito, e vós o explicáchedes xenial, polo que non o vou repetir. O que sí gustaríame facer, é intentar mira-lo final dende un punto de vista un pouco máis positivo. Xa Paula Martínez propuxo dúas alternativas con respecto ó que o final podería suxerir. Isto é, o vóo da rapaza como unha desaparición da língua minorizada, ou coma a integración absoluta dela na zona en conflicto, que pasaría a ser unha zona bilingüe. Eu penso que ese feito simbólico de saír voando, ó meu parecer, representa o sentimento que provoca a consecución da liberdade de expresión da língua minorizada. Xa que o vídeo se chama: "Historia tráxica con final feliz", como reflexiona Yolanda, penso que o que transmite é positividade. Tamén, a cara da rapaza mostra felicidade, liberación, a satisfación que provocaría nunha língua, ou ós seus falantes, a victoria na loita pola oficialidade "real" (é dicir, a fin dos prexuizos e obstáculos, non só no papel). É verdade que no vídeo, a xente do pobo padece unha especie de crise, cando este acontecemento ocorre, pero penso que iso é inevitable, sempre que hai un cambio, nótase. O que pasa despois é que a xente continúa coa súa vida coma se non houbese pasado nada, o que se pode ver durante os créditos. Para min isto significa que ó final conséguese a normalidade. Unha situación lingüística na que as línguas dunha zona comparten o mesmo estatus, é unha situación tranquila, e xusta. A outra visión que dades vós, tamén a comparto,xa que é totalmente coherente, pero pareceume ben comenta-la outra posibilidade, así variamos un pouco :)
Na curtametraxe Historia tráxica con final feliz de Regina Pessoa, plantexase mediante unha fermosa metáfora a dificultade de integrar aos que son diferentes. A protagonista é unha nena que se sinte marxinada porque non é coma os demais. As súas características especiais (un corazón que latexa demasiado forte) causanlle molestias as persoas do seu entorno e ela sofre, pese aos seus esforzos non é quen de adaptarse ao que lle piden (que o seu corazón latexe en silencio). Esta curtametraxe plantexanos o que é ser diferente causando sufrimiento e dor ao individuo. Porén, esas diferenzas obrigan á sociedade a adaptarse e, polo tanto, resultan molestas (de aí o rexeitamento). Non obstante, a mensaxe que se nos transmite é esperanzadora; a nena chega a realizarse como individuo, médranlle as ás e fuxe do pobo. Cando desaparece, todos notan a súa ausencia. A lección que podemos tirar como educadores e que na sociedade non hai individuos prescindíbeis; polo tanto, é preciso integrar a todos e todas por dificultoso que pareza, para que poidamos constituir unha sociedade máis rica e diversa, onde todos os individuos se poidan desenvolver libremente até o límite das súas capacidades: as diferenzas son enriquecedoras.
Lendo todo o que ata agora escribiron os meus compañeiros sobre a curtometraxe, podo dicir que estou, en xeral, moi dacordo cas ideas expostas. Ó igual que opina Paula Martínez García, penso que merece ser destacada a beleza con que se nos conta esta historia. Considero que con ela apélase continuamente á sensibilidade do espectador, xa dende o momento en que se destaca un órgano tan importante como é o corazón. Esta escolla, ademais, considero que esconde un partidismo claro: se aceptamos que os latexos do corazón da nena corresponden á fala dunha lingua minorizada, qué desaprensivo pode queixarse duns latexos (fala)que non son só un simple ruido molesto, senón que son os que permiten que a nena viva?. A partir desta premisa, os demais habitantes do pobo convértense coas súas queixas nos "malos da película". Por outra banda, paréceme, tamén, moi importante o final da curtametraxe. Como xa apuntaron moitos dos comentarios anteriores, cabe plantexarse se estamos ante un desenlace feliz, ou non. Na miña opinión, sí que estariamos ante un final positivo, non só polo título do video, senón, mais ben, pola nostalxia que senten os habitantes do pobo cando o ritmo do corazón da nena xa non marca as súas vidas. Dende o meu punto de vista, este momento convértese no máis álxido do filme, xa que creo que nos invita á reflexión: non será verdade iso de que non valoramos o que temos ata que o perdemos?. Tal vez, moitas persoas dunha zona bilingüe non teñan nada en contra da existencia dunha lingua a maiores da de prestixio, pero tampouco fan nada para que a lingua minorizada adquira unha situación de normalidade dentro do marco da comunidade lingúística na que se integra. Isto é, fáltalles compromiso. Sen dúbida algunha, creo que a intención do filme é facer unha chamada ó compromiso de cada un de nós como axentes que temos o poder de favorecer a realidade lingüística que queremos. Non hai tempo para o pasotismo, xa que a lingua minorizada pode "morrer". O tempo corre.
A protagonista da nosa historia, que sofre unha patente desadaptación o seu medio, vese afectada por unha cardiopatía hipertrófica asociada a unha ataxia de Friederich. Esta enfermidade caracterízase por un engrosamento das cavidades do corazón. A súa vez, este engrosamento (por mecanismos que non vou explicar) pode provocar taquicardias ventriculares (de ahí o latexo rápido e forte que padece). Os seus comportamentos diferentes son derivados dalgúns dos síntomas da ataxia que sofre e que fan que as demáis persoas a marxinen e vexan unha amenaza nela, por exemplo:
- Dificultade pra falar: pódese entender como a incapacidade dunha minoría para defenderse ante unha opresión (cultural, lingüística,política...) - Cambios na visión: sería a falta de empatía, ninguén pode ver como se sinte unha oprimida e rechazada pola maioría. Problemas nas extremidades:fai alusión ás ás da protagonista (que aparecen só ó final cando xa se gustaba a sí mesma). Isto faría referencia á falta de seguridade, de confianza e de autoestima á que se poden ver sometidas as víctimas destas situacións. - Debilidade muscular: faría referencia ó sentimento de febleza que se sinte cando a mairía está en contra. Marcha inestable: pode entenderse como a evolución inestable das minorías ó verse sometidas a realidades políticas e sociais determinadas (linguas) ou cando non se lle fai o caso que precisa (persoas con necesidades especiais).
Tras un período inicial no que a xente reacciona con medo, enfado e desconfianza ante ó diferente, síguelle outro no que a situación se estabiliza e pasa a formar parte do día a día sen que isto conleve problema algún. É neste período no que tamén a protagonista comeza a gañar autoestima e confianza en sí mesma. Por último comentar que esta patoloxía asóciase a un alto porcentaxe de mortes a idades baixas. Entendendo a morte como unha "liberación" o despegue final enténdese como: - unha evasión da situación que vivía? - un reforzo ó atoparse cos seus iguais e con ela mesma? - unha loita perdida? unha lección á sociedade?
Coido que estas curtas tan persoais e indefinidas poden ter moitas interpretacións, a relación entre unha lingua maioritaria e outra minoritaria podería ser unha delas, inda que o final “feliz” non acabe de cadrarnos cos posibles finais que intuiríamos para a lingua minoritaria. ¿Coma sería posible que a desaparición dunha lingua ou a súa transformación nunha lingua morta se entendesen dunha maneira positiva?. Quizais se se entende o final coma o tránsito dunha lingua sen representación institucional, sen recursos de seu a nivel político, educativo, lingüístico, e que depende dunha sociedade organizada en torno á lingua maioritaria, cara a unha lingua con todo iso xa conquerido e que non dependa da outra, si se podería interpretar así. En todo caso non penso que a autora estivese a matinar nun caso tan concreto, senón facendo unha reflexión sobre as diferencias en xeral, coma o minoritario ou distinto faise a un lado, con maior ou menor respecto ou distancia, e como ó desapareceren iso pode xerar unha perda, unha merma da riqueza social, cultural... do entorno no que se introducira. O final feliz reflexa que non se trata da desaparición do diferente, senón da súa independencia e madurez, da finalización do seu sometemento á maioría. Pode tratarse dunha lingua, pode tratarse da inmigración, ... O que mais me chegou foi o suspiro final do varrendeiro, onde se resume a oportunidade perdida nese afastamento pasivo do distinto, nesa comodidade en non coñecer.
O que explicaron os meus compañeiros non podería ser mellor. Trátase dunha situación de supremacía onde a lingua A quere absorver á lingua B, pero sen ela a xente non é capaz de seguir un ritmo de vida normal. Diversidade é a palabra clave, tanto en aceptar ós que non son coma nós (a rapaza) como en aceptar o uso e convivencia de dúas linguas nunha mesma sociedade sen problema algún.
Na miña opinión, é unha historia dunha persoa que se sente coma unha estraña no seu propio mundo. Unha analoxía de coma unha poderosa pode asoballar a outra mais pequena. Non obstante, o importante é valorar a túa propia lingua, porque se ti non o fas non o pode facer ninguén. Polo tanto, estou totalmente de acordo cá miña compañeira Carmen. O fundamental é a tolerancia
Ben, imos romper o xeo nesta entrada. En primeiro lugar, a curtametraxe, como creación artística, encantoume. En segundo lugar, e o que coido que ten máis pertinencia para o caso, á hora de relacionar a mesma cunha situación lingüística, podemos establecer varios paralelismos. A curta preséntanos una situación (lingüística, para o caso e na nosa metáfora) na que observamos unha maoiría establecida (lingua A) e unha minoría concebida como unha perturbación da situación ideal (lingua B). Ó principio, as diferenzas supoñen un problema, pero pouco a pouco, a situación cobra normalidade e todo o mundo é quen de continuar cos seus quefaceres diarios; isto, lingüísticamente, suporía o paso da diglosia á ideal situación de bilingüismo.
ResponderEliminarAgora ven á final da curtametraxe, que me suxeriu duas posibilidades. O primeiro final da curta (o voo da rapaza), poderiamolo interpretar como a expansión da lingua B ó estar totalmente arraigada na sociedade, agora bilingüe, que con anterioridade unicamente se servía da lingua A. Mais…como segundo final, poderiamos interpretar a aceptación da xente como un acto de marxinación e o voo da rapaza como a desaparición desa lingua B. Que supón isto? A xente deecatouse de que perdeu unha realidade, algo que tiñan e non souberon apreciar (paso ó monolingüismo) e, por elo, comezan a realizar peor as súas tarefas cotidiás (pois saben, ou perciben, cando menos, que algo non vai ben).
Sexa como for, a diversidade é algo positivo e gracias a ela conseguimos que moitas cousas sexan e, á fin de contas, ser como e quen somos.
Como ben di a miña compañeira Paula, podemos facer unha analoxía entre o que acontece na curtametraxe e o que pode ocorrer nun territorio no que convivan dúas linguas. A rapaza, na nosa comparación, é a lingua minoritaria e o resto da poboación é a lingua maioritaria. Considerando que esta lingua minoritaria non contase cos mesmos dereitos ca lingua de máis falantes, o son da rapaza faime pensar nunha posíbel demanda dos mesmos dereitos e privilexios ca lingua maioritaria e, por ende, maiorizada. Isto é o que perturba ós veciños, por este motivo vólvense contra ela, para que non lles altere a súa convivencia. Deste xeito, non so temos unha lingua minoritaria senón que tamén nos achamos cunha lingua minorizada. Asemesmo, a curta nos deixa ver como o son do corazón da rapaza, que nun primeiro momento anoxaba á demais poboación, logo queda nun olvido, fanse a el. Esto resúltame moi significativo. So podo pensar en que os reclamos dos falantes de lingua minoritaria e minorizada rematan por ser susurros ante a presencia doutra lingua maioritaria e maiorizada. En canto á final da curtametraxe, esta transmíteme a desaparición desa lingua prexuízada (e máis se penso no que a narradora, anteriormente, nos pon en boca dunha veciña: “Non vivirá moito”). Non obstante, cabe destacar a reacción que provoca nos demáis: trastorna ós vecinos. Infiro que a marcha da rapaza, é dicir, da lingua que convivía no mesmo territorio, resulta na carencia dunha marca de identidade para esa poboación.
ResponderEliminarCon todo, a curta pode suxerir moitas cousas, pode extrapolarse a outros ámbitos non necesariamente referidos á lingua.
Como ben explican as miñas compañeiras con anterioridade, vese claramente como a curtametraxe trata de explicar o conflito que poden chegar a ter dúas linguas nun territorio. Como ben din, a nena pode representar a lingua minorizada e neste caso tamén minoritaria e, por outra banda o pobo sería a lingua maioritaria e maiorizada ó cal lle costa moito aceptar á rapaza.
ResponderEliminarAínda que xa se fai algún esbozo sobre os problemas que pode sufrir a lingua minorizada cabo da lingua maiorizada gustaríame destacar a vergoña que sofre a rapaza ó longo da curtametraxe e relaciono isto claramente coa vergoña que moitas persoas dos nosos antepasados sentían cando a única lingua que sabían falar era o galego e isto lles supoñía un certo desprezo da sociedade utilizando adxectivos como rudos, xente de campo, etc.
A miña interpretación sobre o final da curtametraxe inclinase cara a desaparición da lingua, referíndome máis explicitamente a Galicia (a curtametraxe pode referirse a calquera outro territorio)a nena voa cara outro sitio onde de atopa mellor e isto pode significar que ese sitio onde ela atopa felicidade e refuxio podería ser nalgún tempo a zona do rural, zona onde aínda hoxe en día en moitos casos non se sente vergoña nin desprezo polos galego falantes e vese esta realidade como máis común.
El cortometraje, como han explicado mis compañeras, se podría entender como una metáfora sobre la situación lingüística de un territorio donde conviven dos lenguas. Como suele ser costumbre, una es la lengua mayoritaria y otra la minoritaria y, en mayor medida, la minorizada. Esta situación siempre se ve motivada por cuestiones políticas de un cierto momento histórico en el que como en el caso del gallego se impuso el castellano en detrimento del gallego y ésta última pasó a tener la consideración de "lengua de segunda categoría" por determinados sectores.
ResponderEliminarEn el vídeo la niña se podría identificar con la lengua minoritaria y el pueblo con la mayoritaria. La metáfora muestra cómo la presencia de la niña y que ésta se hiciese oir molestaba al resto de la población y creaba un gran malestar, mostrando claramente esa situación de diglosia que existiría entre gallego y castellano. Hoy en día esta situación ya no se da tanto como antes pero aún sigue habiendo gente que sigue teniendo prejuicios sólo por la lengua que hables y no en todos los ámbitos está igualmente considerado el uso de una u otra.
Si hacemos un símil con el gallego, vemos que día a día la gente va adquiriendo otros valores y el hecho de hablar gallego o castellano cada día condiciona menos a la sociedad y a los gallegohablantes.
Pienso que la situación ideal para la convivencia de dos lenguas en un mismo territorio es que todo el mundo pueda usar la lengua que considere oportuno sin ninguna traba ni impedimento en ningún ámbito y que no se les prejuzgue por ello. Lo más importante para que esta situación se lleve a cabo es el respeto ya que a veces se tiende a querer inclinar la balanza hacia un lado sin tener en cuenta las necesidades y la voluntad de las personas. Y en el caso del cortometraje veíamos que la gente acaba asumiendo la situación y ya no les molestaba sino que hacían su vida sin que eso interfiriera. Pero cuando la niña se va notan un vacío, cuando antes le auguraban poco tiempo de vida.
La conclusión es que los territorios plurilingües son más ricos tanto a nivel lingüístico como cultural y en vez de menospreciar e intentar apartar al "diferente" se debería aprovechar esta situación y aprender de lo que se tiene alrededor en vez de excluir lo que no es como uno.
Por unha parte, se establecemos paralelismos co tema das linguas, podemos encontrar a representación dos problemas que ten unha lingua minoritaria para ser aceptada e romper cos preconceitos da sociedade. Ademais, visualízase o trauma que suporía a súa desaparición, na medida no que supón una merma gravísima e irreparábel para a identidade do colectivo no que naceu, aínda que este colectivo non sexa necesariamente consciente de elo.
ResponderEliminarPorén, para o caso de Galiza, a aparición da lingua propia (a nena co seu peculiar latexar) non tería suposto unha perturbación, ao non implantarse de forma repentina e si como evolución paulatina e natural do latín. Pola contra, si sería máis traumática a introdución do castelán, primeiro como lingua oficial e das elites que progresivamente, ben por emulación ou ben por imposición, iría sendo asimilada por un espectro social moito máis amplo.
Na curta, semella como se a lingua minoriazada aparecese nun momento concreto como tal –como lingua minoritaria ou marxinal- e progresivamente fose adquirindo presixio e falantes, mentres que a realidade foi outra ben diferente: a lingua galega era a lingua maioritaria, practicamente universal en Galiza, e foi minorizándose progresivamente. É dicir que, na linguaxe do video, o latexar da nena sería comunmente aceptado nun principio para ir pouco a pouco converténdose en algo molesto, á inversa do que acontece.
Laura Isabel Pita Campos
Historia tráxica con final feliz. 22 outubro 2011
ResponderEliminarOpino, ao igual que Gemma Sánchez, que a curtometraxe ten a capacidade de suxerir moitas ideas, e polo tanto pode extrapolarse a moitos ámbitos da nosa vida, sen ser os estrictos da lingua.
A miña primeira sensación tras o visionado, suxeriume unha idea máis ensoñada e máis metafórica... a rapaza, pese a todo, foi capaz de asumir os seus sentimentos, de aceptarse, de gustarse, e de dar un paso máis aló... loitar por ela, polo seu sentir, e chegado o momento, ó descubrir ós seus iguais, de ir na procura dun novo lugar onde sentirse apreciada, valorada e rodeada de seres coma ela. (Penso todo isto porque se non, non son capaz de entender que a historia se titule "Historia tráxica con final feliz").
Tal e como apuntades no resto dos comentarios, aplicado ó campo das linguas, a historia pódese entender como o conflicto de dúas linguas (unha maoiritaria e outra minoritaria), pero creo recordar que ó final da curtometraxe, cando a rapaza marcha, a xente queda triste, e nota a súa ausencia, e polo tanto interpreto, que as "interferencias" que entraron na vila a través da rapaza que era diferente, marcaron ó resto dos seus veciños, ainda que non de xeito radical nin inmediato.
Ás veces as cousas, por pequenas que sexan, teñen o poder influir e de cambiar un pouco á sociedade. Cada pequena aportación de todos nós conta e sen sabelo, pode ser importante para alguén.
CARLOTA SOTO FRAGA
ResponderEliminarHola!
As vosas ideas encaixan perfetamente co que eu penso do vídeo. O paralelismo coa situación lingüística está moi ben descrito, e vós o explicáchedes xenial, polo que non o vou repetir.
O que sí gustaríame facer, é intentar mira-lo final dende un punto de vista un pouco máis positivo. Xa Paula Martínez propuxo dúas alternativas con respecto ó que o final podería suxerir. Isto é, o vóo da rapaza como unha desaparición da língua minorizada, ou coma a integración absoluta dela na zona en conflicto, que pasaría a ser unha zona bilingüe. Eu penso que ese feito simbólico de saír voando, ó meu parecer, representa o sentimento que provoca a consecución da liberdade de expresión da língua minorizada. Xa que o vídeo se chama: "Historia tráxica con final feliz", como reflexiona Yolanda, penso que o que transmite é positividade.
Tamén, a cara da rapaza mostra felicidade, liberación, a satisfación que provocaría nunha língua, ou ós seus falantes, a victoria na loita pola oficialidade "real" (é dicir, a fin dos prexuizos e obstáculos, non só no papel).
É verdade que no vídeo, a xente do pobo padece unha especie de crise, cando este acontecemento ocorre, pero penso que iso é inevitable, sempre que hai un cambio, nótase. O que pasa despois é que a xente continúa coa súa vida coma se non houbese pasado nada, o que se pode ver durante os créditos. Para min isto significa que ó final conséguese a normalidade. Unha situación lingüística na que as línguas dunha zona comparten o mesmo estatus, é unha situación tranquila, e xusta.
A outra visión que dades vós, tamén a comparto,xa que é totalmente coherente, pero pareceume ben comenta-la outra posibilidade, así variamos un pouco :)
Na curtametraxe Historia tráxica con final feliz de Regina Pessoa, plantexase mediante unha fermosa metáfora a dificultade de integrar aos que son diferentes. A protagonista é unha nena que se sinte marxinada porque non é coma os demais.
ResponderEliminarAs súas características especiais (un corazón que latexa demasiado forte) causanlle molestias as persoas do seu entorno e ela sofre, pese aos seus esforzos non é quen de adaptarse ao que lle piden (que o seu corazón latexe en silencio).
Esta curtametraxe plantexanos o que é ser diferente causando sufrimiento e dor ao individuo. Porén, esas diferenzas obrigan á sociedade a adaptarse e, polo tanto, resultan molestas (de aí o rexeitamento).
Non obstante, a mensaxe que se nos transmite é esperanzadora; a nena chega a realizarse como individuo, médranlle as ás e fuxe do pobo. Cando desaparece, todos notan a súa ausencia.
A lección que podemos tirar como educadores e que na sociedade non hai individuos prescindíbeis; polo tanto, é preciso integrar a todos e todas por dificultoso que pareza, para que poidamos constituir unha sociedade máis rica e diversa, onde todos os individuos se poidan desenvolver libremente até o límite das súas capacidades: as diferenzas son enriquecedoras.
Lendo todo o que ata agora escribiron os meus compañeiros sobre a curtometraxe, podo dicir que estou, en xeral, moi dacordo cas ideas expostas.
ResponderEliminarÓ igual que opina Paula Martínez García, penso que merece ser destacada a beleza con que se nos conta esta historia. Considero que con ela apélase continuamente á sensibilidade do espectador, xa dende o momento en que se destaca un órgano tan importante como é o corazón. Esta escolla, ademais, considero que esconde un partidismo claro: se aceptamos que os latexos do corazón da nena corresponden á fala dunha lingua minorizada, qué desaprensivo pode queixarse duns latexos (fala)que non son só un simple ruido molesto, senón que son os que permiten que a nena viva?. A partir desta premisa, os demais habitantes do pobo convértense coas súas queixas nos "malos da película".
Por outra banda, paréceme, tamén, moi importante o final da curtametraxe. Como xa apuntaron moitos dos comentarios anteriores, cabe plantexarse se estamos ante un desenlace feliz, ou non. Na miña opinión, sí que estariamos ante un final positivo, non só polo título do video, senón, mais ben, pola nostalxia que senten os habitantes do pobo cando o ritmo do corazón da nena xa non marca as súas vidas. Dende o meu punto de vista, este momento convértese no máis álxido do filme, xa que creo que nos invita á reflexión: non será verdade iso de que non valoramos o que temos ata que o perdemos?. Tal vez, moitas persoas dunha zona bilingüe non teñan nada en contra da existencia dunha lingua a maiores da de prestixio, pero tampouco fan nada para que a lingua minorizada adquira unha situación de normalidade dentro do marco da comunidade lingúística na que se integra. Isto é, fáltalles compromiso.
Sen dúbida algunha, creo que a intención do filme é facer unha chamada ó compromiso de cada un de nós como axentes que temos o poder de favorecer a realidade lingüística que queremos. Non hai tempo para o pasotismo, xa que a lingua minorizada pode "morrer". O tempo corre.
A protagonista da nosa historia, que sofre unha patente desadaptación o seu medio, vese afectada por unha cardiopatía hipertrófica asociada a unha ataxia de Friederich. Esta enfermidade caracterízase por un engrosamento das cavidades do corazón. A súa vez, este engrosamento (por mecanismos que non vou explicar) pode provocar taquicardias ventriculares (de ahí o latexo rápido e forte que padece).
ResponderEliminarOs seus comportamentos diferentes son derivados dalgúns dos síntomas da ataxia que sofre e que fan que as demáis persoas a marxinen e vexan unha amenaza nela, por exemplo:
- Dificultade pra falar: pódese entender como a incapacidade dunha minoría para defenderse ante unha opresión (cultural, lingüística,política...)
- Cambios na visión: sería a falta de empatía, ninguén pode ver como se sinte unha oprimida e rechazada pola maioría.
Problemas nas extremidades:fai alusión ás ás da protagonista (que aparecen só ó final cando xa se gustaba a sí mesma). Isto faría referencia á falta de seguridade, de confianza e de autoestima á que se poden ver sometidas as víctimas destas situacións.
- Debilidade muscular: faría referencia ó sentimento de febleza que se sinte cando a mairía está en contra.
Marcha inestable: pode entenderse como a evolución inestable das minorías ó verse sometidas a realidades políticas e sociais determinadas (linguas) ou cando non se lle fai o caso que precisa (persoas con necesidades especiais).
Tras un período inicial no que a xente reacciona con medo, enfado e desconfianza ante ó diferente, síguelle outro no que a situación se estabiliza e pasa a formar parte do día a día sen que isto conleve problema algún.
É neste período no que tamén a protagonista comeza a gañar autoestima e confianza en sí mesma.
Por último comentar que esta patoloxía asóciase a un alto porcentaxe de mortes a idades baixas.
Entendendo a morte como unha "liberación" o despegue final enténdese como:
- unha evasión da situación que vivía?
- un reforzo ó atoparse cos seus iguais e con ela mesma?
- unha loita perdida?
unha lección á sociedade?
Pero, e se hai vida despóis da morte?
Coido que estas curtas tan persoais e indefinidas poden ter moitas interpretacións, a relación entre unha lingua maioritaria e outra minoritaria podería ser unha delas, inda que o final “feliz” non acabe de cadrarnos cos posibles finais que intuiríamos para a lingua minoritaria. ¿Coma sería posible que a desaparición dunha lingua ou a súa transformación nunha lingua morta se entendesen dunha maneira positiva?. Quizais se se entende o final coma o tránsito dunha lingua sen representación institucional, sen recursos de seu a nivel político, educativo, lingüístico, e que depende dunha sociedade organizada en torno á lingua maioritaria, cara a unha lingua con todo iso xa conquerido e que non dependa da outra, si se podería interpretar así.
ResponderEliminarEn todo caso non penso que a autora estivese a matinar nun caso tan concreto, senón facendo unha reflexión sobre as diferencias en xeral, coma o minoritario ou distinto faise a un lado, con maior ou menor respecto ou distancia, e como ó desapareceren iso pode xerar unha perda, unha merma da riqueza social, cultural... do entorno no que se introducira. O final feliz reflexa que non se trata da desaparición do diferente, senón da súa independencia e madurez, da finalización do seu sometemento á maioría. Pode tratarse dunha lingua, pode tratarse da inmigración, ...
O que mais me chegou foi o suspiro final do varrendeiro, onde se resume a oportunidade perdida nese afastamento pasivo do distinto, nesa comodidade en non coñecer.
O que explicaron os meus compañeiros non podería ser mellor. Trátase dunha situación de supremacía onde a lingua A quere absorver á lingua B, pero sen ela a xente non é capaz de seguir un ritmo de vida normal. Diversidade é a palabra clave, tanto en aceptar ós que non son coma nós (a rapaza) como en aceptar o uso e convivencia de dúas linguas nunha mesma sociedade sen problema algún.
ResponderEliminarNa miña opinión, é unha historia dunha persoa que se sente coma unha estraña no seu propio mundo. Unha analoxía de coma unha poderosa pode asoballar a outra mais pequena. Non obstante, o importante é valorar a túa propia lingua, porque se ti non o fas non o pode facer ninguén. Polo tanto, estou totalmente de acordo cá miña compañeira Carmen. O fundamental é a tolerancia
ResponderEliminar