Interesante documental sobre o día a día dos rapaces nunha aldea galega hai trinta anos. Ademais do conflito entre o galego e o castelán, que aínda hoxe está presente, pódese apreciar tamén as dificultades que tiñan para a súa formación, xa que logo do colexio había que traballar no campo e na casa. Tampouco semella que tivesen un sitio na casa de seu para facelos traballos que lles mandaban no colexio. Outra cousa que chama a atención é o machismo daqueles tempos. As rapazas eran as que poñían a mesa no colexio, coidaban dos irmáns, traballaban na casa máis no campo e logo facían os seus deberes.
Es un documental muy interesante porque en pocos minutos podemos ver y hacernos una idea de cómo era la vida hace no mucho tiempo. El vídeo refleja a unos niños muy diferentes a los de hoy en día que, además de acudir a la escuela, tenían obligaciones de adultos como por ejemplo cuidar de las obejas e incluso tener que hacer el papel de madre. Me llama la atención lo asumido que tienen los niños que cuando regresan del colegio tienen que trabajar en casa. Por otra parte no creo que el vídeo refleje una actitud machista, simplemente muestra una necesidad. La necesidad para los niños más pequeños de tener una presencia que se ocupara de ellos de una forma más maternal y que posiblemente el padre por su propia educación no supiera desempeñar. Eso no quita que desgraciadamente esa niña que en el vídeo asume ese papel de madre, está claramente obligada a dejar de ser una niña para convertirse en un adulto y que posiblemente no podrá seguir sus estudios porque tendrá que quedarse en casa. El vídeo es un gran ejemplo del cambio de la sociedad, donde antes la vida del niño no giraba sólo entorno a la escuela, y existían otras prioridades.
Ó marxe da represión lingüística do galego naquela época, e da que todos temos coñecemento, o video mostra a dura realidade do rural galego ate hai relativamente pouco tempo. Dicía a mestra "teñen falta de vocabulario", "teñen pouca expresión",... e eu dicía para min... iso será en castelán, porque eles ate ese momento só coñecían o galego. Recordo canto me teño queixado de pequena á miña nai polos deberes na escola, e farta de escoitar un "antes si que era duro, non como agora que o tedes todo feito, e mírate, tes de todo filla, o teu cuarto, os teus xoguetes, a túa mesa de estudio, os teus diccionarios... eu non tiña nin onde apoiar o caderno...", un bo día acabei por pedir que me contara a súa historia, moi parecida ás dos nenos e nenas do filme, dado que ela medrou nun entorno rural. Dende entón deixei de protestar e mesmo penso que me convertín nunha persoa menos perezosa. ( Ate o punto que agora é ela a que me pide que acabe de estudiar pronto e me poña a traballar...) No noso mundo de comodidade e ritmo frenético, non somos capaces de facerlles ver á maioría dos novos escolares, o importante que pode chegar a ser a escola para a súa vida, co cal a escola para moitos carece de valor. Sobor a dureza da vida de antes e a de agora non me meto... porque antes había unhas problemáticas e hoxe hai outras. Eu preguntome onde está a función social da escola, cando parece que só importa que saiban moitos contidos o día do exame, pero onde non son capaces de que os rapaces a valoren esta etapa como unha gran oportunidade... de que se sintan motivados, de que sintan curiosidade polo mundo que os rodea, de que sintan ilusión polas cousas, de que aprendan con ganas e non por obriga,...
A cotío, como ben di Yolanda no seu comentario, nosos pais tenden a nos contar cómo era a escola para eles. Tiña unha idea de cómo sería, porque a verdade é que sempre me interesou saber máis sobre cómo eran as cousas antes... e podo dicir que vendo estas imaxes, quedoume todo máis claro. Eu tamén tou cansa de oír a meus pais falar das súas experiencias, que había nenos de diferentes idades e polo tanto diferentes cursos na mesma clase, das costumes que tiña o "mestre/a" nada mais chegar á clase...e qué facían cando chegaban á casa: atender os animais, os irmáns, axudar a mamá e a papá nas tarefas da casa ou na labranza...
Por outra banda, podo dicir que me impresionou moito a resignación que amosaba Mercedes...sabendo cales eran as súas obrigas para con seu pai e seus irmáns e sinto mágoa por ela, como ben sinalou Inés, polo feito de perder a infancia para ser ter que convertir en adulto con tan só 11 anos.Porque dende o meu punto de vista esa nena non experimentou a infancia. Para min, unha cousa é axudar na casa no que se poida, e outra moi distinta é convertirte en, prácticamente, a "nai" dos teus propios irmáns.
Para rematar, gustaríame falar tamén sobre a actitude dos mestres. Os meus compañeiros non o mencionaron pero creo que é interesante tamén falar de dita actitude. Notei que a relación mestre-alumno é con diferencia moito máis distante que a que experimentei eu con calquera dos profesores que me puideron dar clase, e eso, chamoume a atención velo tan claramente reflectido no video.
No documental aprézase unha realidade da escola aínda moi ligada ao franquismo (estamos no 1979, nos inicios da transición). Estamos ante unha escola fortemente mediatizada pola relixión católica: ademais do crucifixo da parede e do que leva a mestra como colgante (de importantes proporcións), os nenos bendicen a mesa antes de comer. Esta realidade foi -por fortuna- parcialmente superada, mais aínda persisten en escolas simboloxías relixiosas e actitudes adoutrinadoras confesionais. O elemento de atraso máis evidente é a cuestión da lingua: a escola como axente castelanizador nunha sociedade monolingüe en galego, manifestando as dificultades que teñen os nenos para expresarse en castelán. Ademais, evidénciase outra problemática que aflixía ao ensino: o traballo infantil, principalmente nas zonas rurais, que privaba aos nenos de tempo e espazo para a realización das tarefas escolares e os introducía no mundo adulto a unha idade moi temperá. Pola contra, tamén se perciben elementos positivos. Por unha parte, o prestixio da profesión docente (a maioría das nenas queren ser mestras de maiores), algo que hoxe cambiou, dada a desacreditación actual dos mestres por parte de certos políticos, país e medios de comunicación; e o fincapé da escola no coñecemento do entorno, algo relegado nos actuais currículums. Un exemplo persoal que podo aportar ao respecto, é o feito de que eu estudei 12 anos no mesmo colexio (dende os 6 ata os 18). O colexio Mosteirón, está a escasos metros do Pazo de Meirás (tan coñecido ultimamente polas protestas que xorden debido ao feito de ser propiedade dos Franco ainda hoxe). Pero anteriormente, o Pazo era a residencia onde a ilustre escritoria Dª Emilia Pardo Bazán vivía a metade do ano. No meu colexio nunca nos falaron de tal acontecemento, cando podería ter sido de grande interese para nós ao introducirnos, por exemplo, na obra da escritora.
En el vídeo vemos una gran diferencia entre la situación de antes y la de ahora en los colegios. En principio, no todo el mundo podía asistir a la escuela y los que lo hacían tenían que trabajar al volver a casa. Y, muchos de ellos, hacer de madres de sus hermanos por la falta en algunos casos de esa figura materna. Como ha dicho Inés, yo creo que queda patente esa necesidad de los niños de una figura materna que les dé cariño y que su vida no sólo consista en trabajar y en actividades, hoy en día impropias de un niño pequeño.
Otro aspecto a destacar es el machismo ya que en muchos casos las niñas desempeñaban una función en el hogar que debería de ser por igual entre hombres y mujeres. El documental relata una realidad de una época en la que no había tantos colegios y los niños se tenían que desplazar al más cercano. Se hace referencia a la situación de diglosia que ya en aquellos tiempos existía. Había niños, sobre todo de la zona rural, que se expresaban siempre en gallego y les costaba hablar en castellano, entonces para subsanar esa carencia preferían hablar lo mínimo porque sabían que estaban limitados en ese aspecto. Estos niños apenas tenían tiempo para estudiar en casa porque la mayoría tenían que trabajar en el campo o en el hogar.
En conclusión, creo que es un documental muy interesante en el que podemos ver una realidad que hoy en día parece irreal pero que nuestros mayores han sufrido y han tenido que madurar a una edad muy temprana porque las necesidades de la época y de la situación en sus casas lo requerían.
Dende logo, nun primeiro momento, o que choca do video é a contraste que atopamos entre os nenos do documental e os nenos de agora. Aínda que xa coñecemos estas diferenzas, sempre custa ver as poucas posibilidades coas que contaban os nosos maiores. Adentrándonos xa no ámbito lingüístico, cómpre destacar como a lingua española invade toda a ensinanza. Penso que o español está tan arraigado que até fóra das aulas falan en el, por exemplo no patio cando xogan; pero sorprendeume, aínda máis, cando a propia avoa dalgún dos nenos utiliza esta lingua para cantar unha nana. Se cadra ao tratarse de cancións aprendidas isto é lóxico. Non obstante, con este último exemplo que dicíamos vemos moi ben até onde chega a expansión da lingua imposta. Imposta na época franquista, é dicir, bastantes anos antes, polo cal xa habería un tempo de exposición a ela; refírome a que quizais xa os pais dalgúns destes nenos tamén recibiran algunha ensinanza nesta lingua allea a eles. Con isto, estase a dar ao español a aparencia de lingua culta, como un modelo de xente de ben, en ámbitos de poder como son a escola e os medios de comunicación, porque supoño que os nenos quedarían abraiados con que a televisión visitara o seu concello. Polo que di a introducción ao video, o documental pertence á televisión española, de modo que os rapaces seguramente asumirían, de forma inconsciente, a lingua que fala a periodista coa lingua de prestixio. En canto á mestra que fala do bilingüismo, non estou dacordo con ela. Aínda que na casa lles falen aos nenos en galego, paréceme que os rapaces teñen un español moi traballado. É normal que a un galego se lle escape algunha palabra ou expresión en galego cando fala en español, pero os nenos que entrevistan nas súas casas tamén son de zonas do rural e, para mín, teñen un español moi bo, incluso con eses verbos en formas compostas. Moi poucas persoas falan un español perfecto, aínda que algún celebre ter un español de dez, penso que non é así. Nós, en Galiza, falamos o español de Galiza. Xa, para rematar, comentar, do mesmo modo que os meus compañeiros, as desvantaxes coas que viven estes nenos (e que a mestra conta no documental), pois non contan cun tempo para pórse a facer as súas tarefas da escola, porque o primeiro é axudar as súas familias; neste caso, destacamos á nena de once anos na que vemos un contraste tremendo entre o papel de nai que fai na súa casa co seu papel de nena, no patio, a xogar coas súas amigas.
Este vídeo a verdade é que non ten desperdicio. "Hai 30 anos había..." esta frase témola escoitado a miúdo entre os nosos avós, pais e xente coñecida que nos rodea. Si, sen dúbida pasou o tempo. E, sen dúbida, tamén temos que utilizar o verbo en pasado "había" tendo en conta que os avances que se produciron son de extrema importancia e hoxe en día as cousas nin se asemellan ao que eran antes. Neste vídeo podemos ver xa a relación que existía por aquel entón entre o galego e o castelán. No ámbito familiar falábase o galego mais na clase recibíase a educación e as clases en castelán, ao ser esta considerada coma a lingua de prestixio. A profesora, nun momento do vídeo, di que algúns nenos non se atreven a falar moitas veces en clase. Isto débese ao pronunciado “bilingüismo”(que realmente sería unha situación diglósica) polo que lles custa moito falar en castelán. Isto é normal tendo en conta que onde máis tempo pasaban era fóra da escola, rodeados de xente que falaba o galego en todo momento, sendo practicamente na escola o único momento no que entraban en contacto co castelán. Tamén é claramente visible o machismo que existía na época e que, por desgracia, aínda hoxe en día segue existindo, aínda que en menor medida. As nenas eran as encargadas de facer as tarefas da casa, de coidar dos membros da súa unidade familiar e, aínda así, sacar tempo para ir á escola e aprender. Moita responsabilidade, sen dúbida, para unha nena de tan curta idade. E máis nesta situación particular, pois a figura da nai era inexistente. Os nenos, pola contra, non tiñan que asumir tanta responsabilidade, aínda que iso non significaba que non tivesen dabondo co que lles tocaba facer. Non só debían de acudir á escola e facer as tarefas que se lles encomendaban senón que tamén tiñan que axudar na casa co gando. Outro exemplo desta diferenza entre mulleres e homes é o feito de que no comedor escolar só había mulleres poñendo as mesas. Naqueles tempos un home non sabía, probablemente, lavar un prato porque non era o que lle correspondía facer. Chamoume á atención o feito de que cando se lles pregunta ás nenas qué queren ser cando sexan maiores, a inmensa maioría responde que queren ser mestras e que ningunha delas quere traballar no campo. Todas aspiran ter un bo traballo no futuro, afastándose así daquel que levan toda a vida facendo por obrigación. Cabe destacar o feito de que, probablemente, a elección se deba á admiración que senten polas súas respectivas profesoras, e apréciase no vídeo o respeto que existía por aquel entón cara as persoas pertencentes á ensinanza pública. Dende logo, este vídeo non deixa a un indiferente. Xa dende a primeira escena na que se ve a casiña antiga, unha imaxe que a todos nos trae recordos dunha forma ou de outra. A escola hai 30 anos, non era o que é agora mais anos atrás supuña unha forma de coñecer o mundo cando as posibilidades de saír do ámbito rural eran practicamente nulas. E non só iso, naqueles tempos a escola era un dos escasos momentos que os nenos tiñan para socializar cos máis. Sendo así realmente nenos por unha vez, xogando no recreo á corda e aos xogos típicos que naquela etapa da vida que tanta importancia ten. Impresionante, sen dúbida.
Ó igual que os meus compañeiros opino que é un documental moi bo ademais de moi esclarecedor. É impresionante o cambio que sufriu a sociedade e neste caso a sociedade galega en hai só trinta anos, e digo hai só porque considero que é un período moi curto de tempo no que se produciron avances en tódolos aspectos e campos. Aínda que sei que é a realidade de moitas rapazas en aqueles tempos e atreveríame a dicir que aínda hoxe en dia pode chegar a pasar, o feito de que unha nena tan pequena como a que aparece no documental teña a suficiente mentalidade e responsabilidade para ademais de ir á escola e facer as cousas da casa, coidar de maneira tan detida dos seus irmán máis pequenos. É verdade que cando unha nai desaparecía polo motivo que fose e non vivía unha avoa na casa, as responsabilidades de nai caían directamente na muller máis vella da casa, feito que hoxe en día nos parecería unha toleada. Neste vídeo podemos volver a observar o grande conflito que estaba a sufrir o galego co castelán, o cal se lle estaba impoñendo nun plano formal xa que, os nenos ó chegar as súas casas e máis tratándose dunha zona rural utilizaban o galego para comunicarse coas súas familias e veciños. Un feito que me sorprende moito e dáme moita mágoa velo é a maneira que tiña os nenos de xogar no recreo do colexio. Os xogos dos nenos hoxe en día xa non son en equipo e case nunca poderás ver ós nenos e nenas xogar xuntos ó mesmo xogo debido á multitude de prexuízos e xogos estereotipados da nosa actualidade. Podo pensar dende un punto de vista de protección do menor que hai moitas cousas que cambiaron con respecto a hoxe en día que beneficia enormemente ó neno/a como é o caso dos traballos que tiñan que facer ó saír da escola deixando de lado os exercicios da mesma ou, a responsabilidade tan grande que se lle daba a unha nena de tan curta idade nunha casa pero, hai cousas como o caso dos xogos que é unha pena que hoxe en día non se sigan levando a cabo. En canto ó tema do machismo nomeado en comentarios anteriores creo que non era de todo así xa que, as mulleres adiábanse os traballos menos forzosos por dicilo de algunha maneira e iso correspondíase coas labores do fogar, feito que aínda hoxe en día moitas persoas cren (que as labores do fogar é cousa de mulleres), sorte que as cousas cambiasen e os traballos xa non sexan cuestión de rol.
Máis ou menos imaxinábame como era a escola neses tempos...pero a verdad é que me impactou bastante. Como din os meus compañeiros, era triste ver como os nenos tiñan asumidos os seus roles (Mercedes) e os pais non lle daban importancia a súa educación na escola. Debía de ser unha vida bastante dura polo de ter q traballar no tempo que non se tiña escola. O de ensinar en castelán ós nenos, que nas súa moioría eran galego falantes, pareceme subrealista, xa que estes pasábano fatal e ademáis penso que por culpa desto, agora moitos dos nosos pais non valoran a nosa lingua. Despois de ver este video síntome orgulloso das diferentes escolas polas que me educaron, xa que non se parecen en nada.
Xa pasaron trinta anos dende que se realizou este vídeo, impresióname ver a vida dos nenos desa xeración xa que era moi dura e tiña moitas carencias. Coincido cos meus compañeiros en que é triste ver como os rapaces asumían o seu traballo o chegar a casa como algo normal. Vexo unha ensinanza monolingüe, onde a mestra obliga os rapaces a expresarse en castelán e vese que teñen moitas dificultades o empregar esa lingua porque carecen de léxico e polo tanto cando teñen que contestar empregan monosilabos. Se se lles permitise expresarse en galego, a súa lingua materna, de seguro que non terían ningún problema de expresión. Alegromé da evolución do sistema educativo que tivo lugar durante estos anos, sobre todo a relativa a política lingüística porque a xente pode falar e expresarse en galego e os dous idiomas poden convivir en igualdade de condicións.
Vendo o vídeo podemos comprobar que o respecto que se lle tiña á figura de mestre era moi alta xa que non se escoitan ós nenos na clase a non ser que lles pregunten por algunha cousa ou ben pedindo a palabra. Ademais moitas nenas aspiraban a ser mestres. A pobreza e a falta de recursos eran o pan noso de cada día, por contra, os valores que tiñan os nenos deberían facernos pensar se a sociedade que temos hoxe non será debido a educación que se lles da ós nenos no seu ámbito familiar. Tamén se fala de problemas de bilingüismo por parte dos nenos pero sería interesante ver se a profesora sería bilingüe ou ben lle chegaba falar en castelán. Moito me temo que mais ben o segundo.
Paréceme arrepiante que aquela Galicia fose a de hai tan só 32 anos..
Ben, a verdade é que os meus compañeiros unha vez máis dixeron todo case canto se pode dicir, eles resumiron todo o que eu penso en liñas xerais do vídeo, que en certas cousas como eles din, paréceme esmagador.
Xa que esta asignatura trata da relación entre edudación e linguas, vou orientar o meu comentario cara estes eidos. Antropolóxicamente o vídeo paréceme brutal. Non fixen a licenciatura en filoloxia galega, son de Humanidades, e se cadra moitas cousas pasarónselle aos profesores explicarnos. Todos estudamos que o castelán comezou a implantarse en Galicia a finais do século XV, que se a Doma e Castración e blablabla...todo aquilo que se nos dixo no instituto. Vale, pois iso paréceme manifestamente erróneo, parcial ou cando menos manipulado. O video reflexa ás claras que o castelán comezou a implantarse en Galicia realmente hai moi moi pouco tempo. A escola pois, desde a miña perspectiva amósase no video como un lugar de castelanización absoluta, onde toda unha tropa de pequenos que falan galego ven como a súa mestra -señora de alta posición social, "culta" e modélica- fala castelán. Ela mesma é a que presenta os grandes problemas de bilinguismo da xente, e por forte que pareza, isto lémbrame ás políticas de asimilación dos grandes estados sobre as minorias etnicas e culturais ao longo dos séculos XVIII e XIX. A escola pois, convírtese no video como un centro onde os nativos entran coa súa lingua, e saen sabendo a lingua do estado, a lingua ben, a lingua que "deben saber". Vou máis aló, a escola de entón era un punto de represión ao meu ver, moitos dos rapaces non preguntaban porque non sabian expresarse en castelán, cantos debates en clase se perderon por non permitir aos alumnos falar en galego?, cantos nenos tiveron preguntas que xamais formularon por non poder expresalas en galego, por medo a non dicilo correctamente en castelá?, non é casualidade a timidez de todos eles!, e se tiñan medo a falar en galego sería porque á profesora non lle facia moita gracia seguro...de verdade que aquela realidade me recorda ás politicas de asimilación feitas aos indios en América e outros pobos de Europa. Menos mal que as cousas mudaron, e non me quero imaxinar a escola en Galicia hai 50 anos....
Simplemente engadir a idea de empregar este video nas aulas ás que cheguemos, xa que pode facer reflexionar ó alumnado sobre a súa situación e dos privilexios actuais. Impresiona ver canto cambiaron as cousas en tan pouco tempo.
Despois de ver o documental, é evidente o gran cambio que sufriu a nosa sociedade, e un cambio para ben. Deixouse de lado a concepción machista da sociedade onde as mulleres estaban relegadas a un segundo plano, non tiñan dereitos e moito menos acceso á educación que era impensable.Na actualidade as melleres ocupan postos de gran importancia e teñen unha gran vida social, novas responsabilidades, dereitos e independencia Naqueles tempos onde imperaba o franquismo, a educación estaba rexida polo catolicismo, xa que a relixión era un pilar fundamental. Menos mal que esta aituación cambio, agora a relixión non xoga un papel tan importante, xa que estamos nun estado laico, aínda que a relixión católica tivo e terá un maior peso. En relación as linguas, o castelán sempre premiou polo seu uso, tanto pprque a xente quería usalo como porque era lingua imposta, como ocurreu en Galiza. Por sorte na actualidade cos Decretos e a concienciación da xente estaselle dando un maior pulo ó galego, que pasa a ser usado en ámbitos màis importantes como a admistración, o ensino a xustiza. Aínda que este traballo só está comezando, debemos darlle máis vida e potenciar o usp da nosa fermosa li gua galega para poder chegar a sacar os prexuízos ós qe está sometida dende o franquismo (que se categorizou de lingua de pobres e incultos e o seu uso era castigado).
Trátase dun documental marabilloso. Moito cambiaron as cousas en 30 anos!! Tense oído en moitas ocasións falar á xente de que antes tiñan que traballar e axudar na casa ó voltar da escola. Pero outra cousa é velo coma quen di en directo... a verdade é que me emocionou.
A infancia destes nenos foi diferente á nosa, tiveron que crecer e madurar antes, coma no caso de Mercedes, a rapaza que coidaba do seu irmán, porque morrera a nai e axudaba a facer a comida na casa. Actuaba xa como unha persoa adulta.
Temos que considerarnos uns afortunados, porque cando nos estudabamos non tiñamos que preocuparnos máis que de facer a tarefas do colexio, ir a algunha actividade extraescolar e xogar; mentres estes rapaces ían traballar ó rematar ó voltar a casa.
Penso que sería unha boa idea poñerlle este documental ós rapaces de hoxe, para que reflexionasen e reparasen na sorte que teñen.
Eu creo que este vídeo mostra os cambios que se viron no rural galego dende fai moi pouco tempo. A día de hoxe no rurar gallego dase moita importancia os estudos.
Sen embargo o que mais me chamou a atención, foi una das expresión dunha das profesoras “tienen el problema del bilingüismo”. O que é un problema, é que vexa un bilingüismo coma un problema. Non estou de acordo con ela,, xa que non vexo que tivesen un problema tan grande a hora de expresarse en castelán.
Por último, tamén me chamou moita a atención o feito de que todos os nenos fosen castelán falantes, mentres que todas as profesoras tiñan un acento pouco galego. Podemos dar grazas a que isto mudara e a que a día de hoxe os rapaces podan estudar na lingua da súa contorna.
Interesante documental sobre o día a día dos rapaces nunha aldea galega hai trinta anos.
ResponderEliminarAdemais do conflito entre o galego e o castelán, que aínda hoxe está presente, pódese apreciar tamén as dificultades que tiñan para a súa formación, xa que logo do colexio había que traballar no campo e na casa. Tampouco semella que tivesen un sitio na casa de seu para facelos traballos que lles mandaban no colexio. Outra cousa que chama a atención é o machismo daqueles tempos. As rapazas eran as que poñían a mesa no colexio, coidaban dos irmáns, traballaban na casa máis no campo e logo facían os seus deberes.
Rafael Rodriguez Lopez
Es un documental muy interesante porque en pocos minutos podemos ver y hacernos una idea de cómo era la vida hace no mucho tiempo. El vídeo refleja a unos niños muy diferentes a los de hoy en día que, además de acudir a la escuela, tenían obligaciones de adultos como por ejemplo cuidar de las obejas e incluso tener que hacer el papel de madre. Me llama la atención lo asumido que tienen los niños que cuando regresan del colegio tienen que trabajar en casa. Por otra parte no creo que el vídeo refleje una actitud machista, simplemente muestra una necesidad. La necesidad para los niños más pequeños de tener una presencia que se ocupara de ellos de una forma más maternal y que posiblemente el padre por su propia educación no supiera desempeñar. Eso no quita que desgraciadamente esa niña que en el vídeo asume ese papel de madre, está claramente obligada a dejar de ser una niña para convertirse en un adulto y que posiblemente no podrá seguir sus estudios porque tendrá que quedarse en casa.
ResponderEliminarEl vídeo es un gran ejemplo del cambio de la sociedad, donde antes la vida del niño no giraba sólo entorno a la escuela, y existían otras prioridades.
Inés Morillo Ortiz
Ó marxe da represión lingüística do galego naquela época, e da que todos temos coñecemento, o video mostra a dura realidade do rural galego ate hai relativamente pouco tempo.
ResponderEliminarDicía a mestra "teñen falta de vocabulario", "teñen pouca expresión",... e eu dicía para min... iso será en castelán, porque eles ate ese momento só coñecían o galego.
Recordo canto me teño queixado de pequena á miña nai polos deberes na escola, e farta de escoitar un "antes si que era duro, non como agora que o tedes todo feito, e mírate, tes de todo filla, o teu cuarto, os teus xoguetes, a túa mesa de estudio, os teus diccionarios... eu non tiña nin onde apoiar o caderno...", un bo día acabei por pedir que me contara a súa historia, moi parecida ás dos nenos e nenas do filme, dado que ela medrou nun entorno rural. Dende entón deixei de protestar e mesmo penso que me convertín nunha persoa menos perezosa. ( Ate o punto que agora é ela a que me pide que acabe de estudiar pronto e me poña a traballar...)
No noso mundo de comodidade e ritmo frenético, non somos capaces de facerlles ver á maioría dos novos escolares, o importante que pode chegar a ser a escola para a súa vida, co cal a escola para moitos carece de valor. Sobor a dureza da vida de antes e a de agora non me meto... porque antes había unhas problemáticas e hoxe hai outras.
Eu preguntome onde está a función social da escola, cando parece que só importa que saiban moitos contidos o día do exame, pero onde non son capaces de que os rapaces a valoren esta etapa como unha gran oportunidade... de que se sintan motivados, de que sintan curiosidade polo mundo que os rodea, de que sintan ilusión polas cousas, de que aprendan con ganas e non por obriga,...
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarA cotío, como ben di Yolanda no seu comentario, nosos pais tenden a nos contar cómo era a escola para eles. Tiña unha idea de cómo sería, porque a verdade é que sempre me interesou saber máis sobre cómo eran as cousas antes... e podo dicir que vendo estas imaxes, quedoume todo máis claro.
ResponderEliminarEu tamén tou cansa de oír a meus pais falar das súas experiencias, que había nenos de diferentes idades e polo tanto diferentes cursos na mesma clase, das costumes que tiña o "mestre/a" nada mais chegar á clase...e qué facían cando chegaban á casa: atender os animais, os irmáns, axudar a mamá e a papá nas tarefas da casa ou na labranza...
Por outra banda, podo dicir que me impresionou moito a resignación que amosaba Mercedes...sabendo cales eran as súas obrigas para con seu pai e seus irmáns e sinto mágoa por ela, como ben sinalou Inés, polo feito de perder a infancia para ser ter que convertir en adulto con tan só 11 anos.Porque dende o meu punto de vista esa nena non experimentou a infancia. Para min, unha cousa é axudar na casa no que se poida, e outra moi distinta é convertirte en,
prácticamente, a "nai" dos teus propios irmáns.
Para rematar, gustaríame falar tamén sobre a actitude dos mestres. Os meus compañeiros
non o mencionaron pero creo que é interesante tamén falar de dita actitude. Notei que a
relación mestre-alumno é con diferencia moito máis distante que a que experimentei eu
con calquera dos profesores que me puideron dar clase, e eso, chamoume a atención velo
tan claramente reflectido no video.
No documental aprézase unha realidade da escola aínda moi ligada ao franquismo (estamos no 1979, nos inicios da transición).
ResponderEliminarEstamos ante unha escola fortemente mediatizada pola relixión católica: ademais do crucifixo da parede e do que leva a mestra como colgante (de importantes proporcións), os nenos bendicen a mesa antes de comer. Esta realidade foi -por fortuna- parcialmente superada, mais aínda persisten en escolas simboloxías relixiosas e actitudes adoutrinadoras confesionais.
O elemento de atraso máis evidente é a cuestión da lingua: a escola como axente castelanizador nunha sociedade monolingüe en galego, manifestando as dificultades que teñen os nenos para expresarse en castelán.
Ademais, evidénciase outra problemática que aflixía ao ensino: o traballo infantil, principalmente nas zonas rurais, que privaba aos nenos de tempo e espazo para a realización das tarefas escolares e os introducía no mundo adulto a unha idade moi temperá.
Pola contra, tamén se perciben elementos positivos. Por unha parte, o prestixio da profesión docente (a maioría das nenas queren ser mestras de maiores), algo que hoxe cambiou, dada a desacreditación actual dos mestres por parte de certos políticos, país e medios de comunicación; e o fincapé da escola no coñecemento do entorno, algo relegado nos actuais currículums. Un exemplo persoal que podo aportar ao respecto, é o feito de que eu estudei 12 anos no mesmo colexio (dende os 6 ata os 18). O colexio Mosteirón, está a escasos metros do Pazo de Meirás (tan coñecido ultimamente polas protestas que xorden debido ao feito de ser propiedade dos Franco ainda hoxe). Pero anteriormente, o Pazo era a residencia onde a ilustre escritoria Dª Emilia Pardo Bazán vivía a metade do ano. No meu colexio nunca nos falaron de tal acontecemento, cando podería ter sido de grande interese para nós ao introducirnos, por exemplo, na obra da escritora.
En el vídeo vemos una gran diferencia entre la situación de antes y la de ahora en los colegios. En principio, no todo el mundo podía asistir a la escuela y los que lo hacían tenían que trabajar al volver a casa. Y, muchos de ellos, hacer de madres de sus hermanos por la falta en algunos casos de esa figura materna. Como ha dicho Inés, yo creo que queda patente esa necesidad de los niños de una figura materna que les dé cariño y que su vida no sólo consista en trabajar y en actividades, hoy en día impropias de un niño pequeño.
ResponderEliminarOtro aspecto a destacar es el machismo ya que en muchos casos las niñas desempeñaban una función en el hogar que debería de ser por igual entre hombres y mujeres. El documental relata una realidad de una época en la que no había tantos colegios y los niños se tenían que desplazar al más cercano. Se hace referencia a la situación de diglosia que ya en aquellos tiempos existía. Había niños, sobre todo de la zona rural, que se expresaban siempre en gallego y les costaba hablar en castellano, entonces para subsanar esa carencia preferían hablar lo mínimo porque sabían que estaban limitados en ese aspecto. Estos niños apenas tenían tiempo para estudiar en casa porque la mayoría tenían que trabajar en el campo o en el hogar.
En conclusión, creo que es un documental muy interesante en el que podemos ver una realidad que hoy en día parece irreal pero que nuestros mayores han sufrido y han tenido que madurar a una edad muy temprana porque las necesidades de la época y de la situación en sus casas lo requerían.
Dende logo, nun primeiro momento, o que choca do video é a contraste que atopamos entre os nenos do documental e os nenos de agora. Aínda que xa coñecemos estas diferenzas, sempre custa ver as poucas posibilidades coas que contaban os nosos maiores.
ResponderEliminarAdentrándonos xa no ámbito lingüístico, cómpre destacar como a lingua española invade toda a ensinanza. Penso que o español está tan arraigado que até fóra das aulas falan en el, por exemplo no patio cando xogan; pero sorprendeume, aínda máis, cando a propia avoa dalgún dos nenos utiliza esta lingua para cantar unha nana. Se cadra ao tratarse de cancións aprendidas isto é lóxico. Non obstante, con este último exemplo que dicíamos vemos moi ben até onde chega a expansión da lingua imposta. Imposta na época franquista, é dicir, bastantes anos antes, polo cal xa habería un tempo de exposición a ela; refírome a que quizais xa os pais dalgúns destes nenos tamén recibiran algunha ensinanza nesta lingua allea a eles.
Con isto, estase a dar ao español a aparencia de lingua culta, como un modelo de xente de ben, en ámbitos de poder como son a escola e os medios de comunicación, porque supoño que os nenos quedarían abraiados con que a televisión visitara o seu concello. Polo que di a introducción ao video, o documental pertence á televisión española, de modo que os rapaces seguramente asumirían, de forma inconsciente, a lingua que fala a periodista coa lingua de prestixio.
En canto á mestra que fala do bilingüismo, non estou dacordo con ela. Aínda que na casa lles falen aos nenos en galego, paréceme que os rapaces teñen un español moi traballado. É normal que a un galego se lle escape algunha palabra ou expresión en galego cando fala en español, pero os nenos que entrevistan nas súas casas tamén son de zonas do rural e, para mín, teñen un español moi bo, incluso con eses verbos en formas compostas. Moi poucas persoas falan un español perfecto, aínda que algún celebre ter un español de dez, penso que non é así. Nós, en Galiza, falamos o español de Galiza.
Xa, para rematar, comentar, do mesmo modo que os meus compañeiros, as desvantaxes coas que viven estes nenos (e que a mestra conta no documental), pois non contan cun tempo para pórse a facer as súas tarefas da escola, porque o primeiro é axudar as súas familias; neste caso, destacamos á nena de once anos na que vemos un contraste tremendo entre o papel de nai que fai na súa casa co seu papel de nena, no patio, a xogar coas súas amigas.
Este vídeo a verdade é que non ten desperdicio. "Hai 30 anos había..." esta frase témola escoitado a miúdo entre os nosos avós, pais e xente coñecida que nos rodea. Si, sen dúbida pasou o tempo. E, sen dúbida, tamén temos que utilizar o verbo en pasado "había" tendo en conta que os avances que se produciron son de extrema importancia e hoxe en día as cousas nin se asemellan ao que eran antes.
ResponderEliminarNeste vídeo podemos ver xa a relación que existía por aquel entón entre o galego e o castelán. No ámbito familiar falábase o galego mais na clase recibíase a educación e as clases en castelán, ao ser esta considerada coma a lingua de prestixio. A profesora, nun momento do vídeo, di que algúns nenos non se atreven a falar moitas veces en clase. Isto débese ao pronunciado “bilingüismo”(que realmente sería unha situación diglósica) polo que lles custa moito falar en castelán. Isto é normal tendo en conta que onde máis tempo pasaban era fóra da escola, rodeados de xente que falaba o galego en todo momento, sendo practicamente na escola o único momento no que entraban en contacto co castelán.
Tamén é claramente visible o machismo que existía na época e que, por desgracia, aínda hoxe en día segue existindo, aínda que en menor medida. As nenas eran as encargadas de facer as tarefas da casa, de coidar dos membros da súa unidade familiar e, aínda así, sacar tempo para ir á escola e aprender. Moita responsabilidade, sen dúbida, para unha nena de tan curta idade. E máis nesta situación particular, pois a figura da nai era inexistente. Os nenos, pola contra, non tiñan que asumir tanta responsabilidade, aínda que iso non significaba que non tivesen dabondo co que lles tocaba facer. Non só debían de acudir á escola e facer as tarefas que se lles encomendaban senón que tamén tiñan que axudar na casa co gando. Outro exemplo desta diferenza entre mulleres e homes é o feito de que no comedor escolar só había mulleres poñendo as mesas. Naqueles tempos un home non sabía, probablemente, lavar un prato porque non era o que lle correspondía facer.
Chamoume á atención o feito de que cando se lles pregunta ás nenas qué queren ser cando sexan maiores, a inmensa maioría responde que queren ser mestras e que ningunha delas quere traballar no campo. Todas aspiran ter un bo traballo no futuro, afastándose así daquel que levan toda a vida facendo por obrigación. Cabe destacar o feito de que, probablemente, a elección se deba á admiración que senten polas súas respectivas profesoras, e apréciase no vídeo o respeto que existía por aquel entón cara as persoas pertencentes á ensinanza pública.
Dende logo, este vídeo non deixa a un indiferente. Xa dende a primeira escena na que se ve a casiña antiga, unha imaxe que a todos nos trae recordos dunha forma ou de outra.
A escola hai 30 anos, non era o que é agora mais anos atrás supuña unha forma de coñecer o mundo cando as posibilidades de saír do ámbito rural eran practicamente nulas. E non só iso, naqueles tempos a escola era un dos escasos momentos que os nenos tiñan para socializar cos máis. Sendo así realmente nenos por unha vez, xogando no recreo á corda e aos xogos típicos que naquela etapa da vida que tanta importancia ten.
Impresionante, sen dúbida.
Ó igual que os meus compañeiros opino que é un documental moi bo ademais de moi esclarecedor.
ResponderEliminarÉ impresionante o cambio que sufriu a sociedade e neste caso a sociedade galega en hai só trinta anos, e digo hai só porque considero que é un período moi curto de tempo no que se produciron avances en tódolos aspectos e campos.
Aínda que sei que é a realidade de moitas rapazas en aqueles tempos e atreveríame a dicir que aínda hoxe en dia pode chegar a pasar, o feito de que unha nena tan pequena como a que aparece no documental teña a suficiente mentalidade e responsabilidade para ademais de ir á escola e facer as cousas da casa, coidar de maneira tan detida dos seus irmán máis pequenos. É verdade que cando unha nai desaparecía polo motivo que fose e non vivía unha avoa na casa, as responsabilidades de nai caían directamente na muller máis vella da casa, feito que hoxe en día nos parecería unha toleada.
Neste vídeo podemos volver a observar o grande conflito que estaba a sufrir o galego co castelán, o cal se lle estaba impoñendo nun plano formal xa que, os nenos ó chegar as súas casas e máis tratándose dunha zona rural utilizaban o galego para comunicarse coas súas familias e veciños.
Un feito que me sorprende moito e dáme moita mágoa velo é a maneira que tiña os nenos de xogar no recreo do colexio. Os xogos dos nenos hoxe en día xa non son en equipo e case nunca poderás ver ós nenos e nenas xogar xuntos ó mesmo xogo debido á multitude de prexuízos e xogos estereotipados da nosa actualidade.
Podo pensar dende un punto de vista de protección do menor que hai moitas cousas que cambiaron con respecto a hoxe en día que beneficia enormemente ó neno/a como é o caso dos traballos que tiñan que facer ó saír da escola deixando de lado os exercicios da mesma ou, a responsabilidade tan grande que se lle daba a unha nena de tan curta idade nunha casa pero, hai cousas como o caso dos xogos que é unha pena que hoxe en día non se sigan levando a cabo.
En canto ó tema do machismo nomeado en comentarios anteriores creo que non era de todo así xa que, as mulleres adiábanse os traballos menos forzosos por dicilo de algunha maneira e iso correspondíase coas labores do fogar, feito que aínda hoxe en día moitas persoas cren (que as labores do fogar é cousa de mulleres), sorte que as cousas cambiasen e os traballos xa non sexan cuestión de rol.
Máis ou menos imaxinábame como era a escola neses tempos...pero a verdad é que me impactou bastante.
ResponderEliminarComo din os meus compañeiros, era triste ver como os nenos tiñan asumidos os seus roles (Mercedes) e os pais non lle daban importancia a súa educación na escola.
Debía de ser unha vida bastante dura polo de ter q traballar no tempo que non se tiña escola.
O de ensinar en castelán ós nenos, que nas súa moioría eran galego falantes, pareceme subrealista, xa que estes pasábano fatal e ademáis penso que por culpa desto, agora moitos dos nosos pais non valoran a nosa lingua.
Despois de ver este video síntome orgulloso das diferentes escolas polas que me educaron, xa que non se parecen en nada.
Xa pasaron trinta anos dende que se realizou este vídeo, impresióname ver a vida dos nenos desa xeración xa que era moi dura e tiña moitas carencias. Coincido cos meus compañeiros en que é triste ver como os rapaces asumían o seu traballo o chegar a casa como algo normal.
ResponderEliminarVexo unha ensinanza monolingüe, onde a mestra obliga os rapaces a expresarse en castelán e vese que teñen moitas dificultades o empregar esa lingua porque carecen de léxico e polo tanto cando teñen que contestar empregan monosilabos. Se se lles permitise expresarse en galego, a súa lingua materna, de seguro que non terían ningún problema de expresión.
Alegromé da evolución do sistema educativo que tivo lugar durante estos anos, sobre todo a relativa a política lingüística porque a xente pode falar e expresarse en galego e os dous idiomas poden convivir en igualdade de condicións.
Vendo o vídeo podemos comprobar que o respecto que se lle tiña á figura de mestre era moi alta xa que non se escoitan ós nenos na clase a non ser que lles pregunten por algunha cousa ou ben pedindo a palabra. Ademais moitas nenas aspiraban a ser mestres.
ResponderEliminarA pobreza e a falta de recursos eran o pan noso de cada día, por contra, os valores que tiñan os nenos deberían facernos pensar se a sociedade que temos hoxe non será debido a educación que se lles da ós nenos no seu ámbito familiar.
Tamén se fala de problemas de bilingüismo por parte dos nenos pero sería interesante ver se a profesora sería bilingüe ou ben lle chegaba falar en castelán. Moito me temo que mais ben o segundo.
Paréceme arrepiante que aquela Galicia fose a de hai tan só 32 anos..
ResponderEliminarBen, a verdade é que os meus compañeiros unha vez máis dixeron todo case canto se pode dicir, eles resumiron todo o que eu penso en liñas xerais do vídeo, que en certas cousas como eles din, paréceme esmagador.
Xa que esta asignatura trata da relación entre edudación e linguas, vou orientar o meu comentario cara estes eidos. Antropolóxicamente o vídeo paréceme brutal. Non fixen a licenciatura en filoloxia galega, son de Humanidades, e se cadra moitas cousas pasarónselle aos profesores explicarnos. Todos estudamos que o castelán comezou a implantarse en Galicia a finais do século XV, que se a Doma e Castración e blablabla...todo aquilo que se nos dixo no instituto. Vale, pois iso paréceme manifestamente erróneo, parcial ou cando menos manipulado. O video reflexa ás claras que o castelán comezou a implantarse en Galicia realmente hai moi moi pouco tempo. A escola pois, desde a miña perspectiva amósase no video como un lugar de castelanización absoluta, onde toda unha tropa de pequenos que falan galego ven como a súa mestra -señora de alta posición social, "culta" e modélica- fala castelán. Ela mesma é a que presenta os grandes problemas de bilinguismo da xente, e por forte que pareza, isto lémbrame ás políticas de asimilación dos grandes estados sobre as minorias etnicas e culturais ao longo dos séculos XVIII e XIX. A escola pois, convírtese no video como un centro onde os nativos entran coa súa lingua, e saen sabendo a lingua do estado, a lingua ben, a lingua que "deben saber". Vou máis aló, a escola de entón era un punto de represión ao meu ver, moitos dos rapaces non preguntaban porque non sabian expresarse en castelán, cantos debates en clase se perderon por non permitir aos alumnos falar en galego?, cantos nenos tiveron preguntas que xamais formularon por non poder expresalas en galego, por medo a non dicilo correctamente en castelá?, non é casualidade a timidez de todos eles!, e se tiñan medo a falar en galego sería porque á profesora non lle facia moita gracia seguro...de verdade que aquela realidade me recorda ás politicas de asimilación feitas aos indios en América e outros pobos de Europa. Menos mal que as cousas mudaron, e non me quero imaxinar a escola en Galicia hai 50 anos....
Simplemente engadir a idea de empregar este video nas aulas ás que cheguemos, xa que pode facer reflexionar ó alumnado sobre a súa situación e dos privilexios actuais. Impresiona ver canto cambiaron as cousas en tan pouco tempo.
ResponderEliminarDespois de ver o documental, é evidente o gran cambio que sufriu a nosa sociedade, e un cambio para ben. Deixouse de lado a concepción machista da sociedade onde as mulleres estaban relegadas a un segundo plano, non tiñan dereitos e moito menos acceso á educación que era impensable.Na actualidade as melleres ocupan postos de gran importancia e teñen unha gran vida social, novas responsabilidades, dereitos e independencia Naqueles tempos onde imperaba o franquismo, a educación estaba rexida polo catolicismo, xa que a relixión era un pilar fundamental. Menos mal que esta aituación cambio, agora a relixión non xoga un papel tan importante, xa que estamos nun estado laico, aínda que a relixión católica tivo e terá un maior peso. En relación as linguas, o castelán sempre premiou polo seu uso, tanto pprque a xente quería usalo como porque era lingua imposta, como ocurreu en Galiza. Por sorte na actualidade cos Decretos e a concienciación da xente estaselle dando un maior pulo ó galego, que pasa a ser usado en ámbitos màis importantes como a admistración, o ensino a xustiza. Aínda que este traballo só está comezando, debemos darlle máis vida e potenciar o usp da nosa fermosa li gua galega para poder chegar a sacar os prexuízos ós qe está sometida dende o franquismo (que se categorizou de lingua de pobres e incultos e o seu uso era castigado).
ResponderEliminarTrátase dun documental marabilloso.
ResponderEliminarMoito cambiaron as cousas en 30 anos!! Tense oído en moitas ocasións falar á xente de que antes tiñan que traballar e axudar na casa ó voltar da escola. Pero outra cousa é velo coma quen di en directo... a verdade é que me emocionou.
A infancia destes nenos foi diferente á nosa, tiveron que crecer e madurar antes, coma no caso de Mercedes, a rapaza que coidaba do seu irmán, porque morrera a nai e axudaba a facer a comida na casa. Actuaba xa como unha persoa adulta.
Temos que considerarnos uns afortunados, porque cando nos estudabamos non tiñamos que preocuparnos máis que de facer a tarefas do colexio, ir a algunha actividade extraescolar e xogar; mentres estes rapaces ían traballar ó rematar ó voltar a casa.
Penso que sería unha boa idea poñerlle este documental ós rapaces de hoxe, para que reflexionasen e reparasen na sorte que teñen.
Eu creo que este vídeo mostra os cambios que se viron no rural galego dende fai moi pouco tempo. A día de hoxe no rurar gallego dase moita importancia os estudos.
ResponderEliminarSen embargo o que mais me chamou a atención, foi una das expresión dunha das profesoras “tienen el problema del bilingüismo”. O que é un problema, é que vexa un bilingüismo coma un problema. Non estou de acordo con ela,, xa que non vexo que tivesen un problema tan grande a hora de expresarse en castelán.
Por último, tamén me chamou moita a atención o feito de que todos os nenos fosen castelán falantes, mentres que todas as profesoras tiñan un acento pouco galego. Podemos dar grazas a que isto mudara e a que a día de hoxe os rapaces podan estudar na lingua da súa contorna.