Para vos informardes sobre os debates arredor das propostas de modificación do Decreto 124/2007, podedes ler, entre outros, o Ditame do Consello da Cultura Galega, o da Real Academia Galega e o das universidades. Velaí tedes as ligazóns:
Os documentos son unha crítica en toda regra ó decreto actual, e critican cada artigo polo miúdo, cunha concreción que se bota en falta no propio decreto.
Xurde dende o primeiro punto o concepto de equiparación con “promesas electorais” do que xa falei no meu anterior comentario sobre os decretos.
Na miña opinión debe seguirse a estratexia de discriminación positiva a prol do marxinado que se fala no documento, e no noso caso, está claro que o marxinado é o galego. Coa inclusión da lingua estranxeira na educación estase a tratar por igual a tres linguas que non son iguais, non están na mesa situación, como calquera de nós podemos percibir. Recóllese claramente no primeiro documento a liña que debiamos seguir na frase: “O galego debería ser o centro de gravidade no proceso de normalización.”
Chamoume a atención o tratamento dun tema que nos últimos días está a crear polémica, o tema da inmersión lingüistica, sobre o cal estamos a dar un tratamento diferente no caso do galego e no caso do inglés por exemplo. Estase a ver mal “obrigar” a unha persoa a mergullarse no galego, sen embargo estámolo a facer co inglés. Todo se resume na seguinte frase: “Se a inmersión de nenos galegos nunha lingua estranxeira non é nociva, tampouco debería selo a inmersión no galego”. Iso é algo que se resalta nos dous documentos, o grande prexudicado do plurilingüismo é o galego.
Un punto dos máis interesantes e o feito de que, tendendo á lei, os país non estarían capacitados para escolleren a lingua na cal os fillos serán educados, que segundo os tribunais corresponde ó Poder Público, aparte de xerar outros moitos problemas.
Todas estas críticas rematan coa conclusión final desexada: é preciso chegar a un consenso.
Os documentos son unha crítica en toda regra ó decreto actual, e critican cada artigo polo miúdo, cunha concreción que se bota en falta no propio decreto.
ResponderEliminarXurde dende o primeiro punto o concepto de equiparación con “promesas electorais” do que xa falei no meu anterior comentario sobre os decretos.
Na miña opinión debe seguirse a estratexia de discriminación positiva a prol do marxinado que se fala no documento, e no noso caso, está claro que o marxinado é o galego. Coa inclusión da lingua estranxeira na educación estase a tratar por igual a tres linguas que non son iguais, non están na mesa situación, como calquera de nós podemos percibir. Recóllese claramente no primeiro documento a liña que debiamos seguir na frase:
“O galego debería ser o centro de gravidade no proceso de normalización.”
Chamoume a atención o tratamento dun tema que nos últimos días está a crear polémica, o tema da inmersión lingüistica, sobre o cal estamos a dar un tratamento diferente no caso do galego e no caso do inglés por exemplo. Estase a ver mal “obrigar” a unha persoa a mergullarse no galego, sen embargo estámolo a facer co inglés.
Todo se resume na seguinte frase: “Se a inmersión de nenos galegos nunha lingua estranxeira non é nociva, tampouco debería selo a inmersión no galego”.
Iso é algo que se resalta nos dous documentos, o grande prexudicado do plurilingüismo é o galego.
Un punto dos máis interesantes e o feito de que, tendendo á lei, os país non estarían capacitados para escolleren a lingua na cal os fillos serán educados, que segundo os tribunais corresponde ó Poder Público, aparte de xerar outros moitos problemas.
Todas estas críticas rematan coa conclusión final desexada: é preciso chegar a un consenso.
Un saúdo.
Alberto Silva López.