A ecolingüística é un movemento social que xurde para evitar a extinción das linguas minoritarias. Igual que na ecoloxía,a ecolingüística insta a actuar urxente e decididamente antes de que sexa demasiado tarde e os danos ocasionados non sexan reversibles: tanto a diversidade biolóxica como a lingüístico-cultural se atopan seriamente ameazadas polos efectos dunha globalización homoxenizante que pode acabar coa sostibilidade de moitas linguas e culturas. Existe unha similitude entre sostibilidade ecolóxica e lingüística, xa que ambas están determinadas polas accións das persoas.
Ó igual que o ecosistema terra, a convivencia multilingue está sometida a tensións e desigualdades que poñen en perigo a súa existencia. Hai un dobre chamamento: 1. Ás políticas institucionais que deberían garantir un equilibrio entre linguas onde todas estean recoñecidas valoradas por igual. 2.A cidadanía en xeral, incorporando un conflicto ético a realidade lingüística. É preciso reflexionar sobre o que supón deixar morrer ou non unha lingua e todo o que conleva. Para iso hai que ter un concepto moito máis amplo do que á a linguaxe e do que significa unha lingua.
Será preciso pois un protocolo de Kioto para as linguas, aínda que neste pacto internacional xa se contempla un certo grado de emisións contaminantes e non tódolos países o cumplen...
A ecolingüística xurde a mediados dos noventa como un novo paradigma da investigación lingüística. A ecolingüística estuda a lingua dende un punto de vista social mediante termos ecoloxicos. A ecolingüística usa o concepto de ecosistema como unha metáfora para describir as relacións e interaccións entre as diversas formas da lingua que se encontran no mundo ou nunha rexión concreta e os falantes que fan uso dela. Usando esta terminoloxía defínese a unha lingua en bo estado como aquela que presente unha ampla diversidade de formas e variedades. A interacción entre estas formas dáse de maneira natura e axuda o desenrolo normal da lingua. Dende este punto de vista ecoloxista estudase a situación xeral das linguas xa que de maneira clásica (científica) as linguas foron estudadas como un sistema independente unhas das outras creando unha visio sesgada da realidade. Neste contexto a ecolinguistica ofrece un novo punto de vista do estudo das linguas.
Co título de "Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética" Teresa Moure nos presenta un estudo moi particular do panorama lingüístico actual global facendo fincapé no caso galego. A ecolingüística trata ás linguas como entes biolóxicos, que nacen, medran, cambian, enferman e morren. Existen interaccións constantes entre estas entidades lingüísticas de xeito que a convivencia non é doada por moito que isto contrarie. A súa supervivencia porén, precisa de políticas ecolóxicas, que asuman a diversidade como riqueza, como fonte de coñecemento das diferentes culturas que as crearon e para as que foron modeladas. Se unha lingua se extingue, non só se extingue o código lingüístico, senón tamén unha cosmovisión, así como os coñecementos ligados á cultura dese pobo. A extinción da lingua tamén pode acarrear a aniquilación e extinción dun grupo, entendido como unha comunidade imaxinada cuxos lazos estaban tecidos ao redor dunha mesma realidade lingüística e social. O libro nos revela algúns destes puntos e de como os estados dan solucións políticas diversas dependendo do grao de implicación neste ecoloxismo lingüístico. Através disto, podemos contemplar as diferenzas estratexias a seguir; asimilatorias (frontalmente en contra á diversidade), permisivas (permitese un grao de diversidade) e preservativas (co obxecto de preservar as linguas). Arredor disto, amosanse exemplos diversos en todo o mundo, diferentes estratexias para a convivencia que ás veces chocan con este mesmo termo. Para rematar, dicir que ao meu ver aporta para o caso e público galego un innovador referente ao soster con claridade esta novo paradigma da lingüística.
Ante todo gustaríame expresar a miña primeira impresión cara ó termo Ecolingüística. Pensei en primeira instancia nunha moda nova cara as linguas. Nun momento onde todo o natural tende a desaparecer, está moi de moda usar o prefixo eco para facer máis atractivos os productos, e na lingua podía suceder o mesmo. Se ben sorprendíame este uso por parte de Teresa Moure, de quen teño lido algúns artículos que a sitúan nunha liña de pensamento moi próxima a miña. Se ben esta sorpresiva reacción cara o uso do termo induciume a escoller esta lectura e afondar no uso da autora de tal prefixo cosmopolita, que finalmente non ten nada que ver co que pensei en primer lugar. Outro aspecto que merece mención é a referencia á ética e ó dilema moral que moitos autores ignoran o considerarse algo persoal pero que penso é necesario abordar e facer un chamamento o tratarse dunha cuestión de identidade e liberdade. Un gran punto positivo para Moure.
O libro ofrece unha descripción da evolución da Lingüística como disciplina inocente e todos os aspectos con que se relaciona, o estereotipo de pensar que se trata dun campo onde só importa a gramática e o léxico que rara vez interven na realidade, os principias lingüistas xunto coas súas aportacións, o imperialismo lingüístico, a diversidade lingüística, as diferentes definicións da lingua, ópticas utilitaristas, relativistas, deterministas, a lingua como instrumento de representación do mundo, a listaxe das linguas que se falan no mundo, a morte das linguas, plurilingüismo… unha morea de aspectos a ter en conta para poder presentar o novo enfoque Ecolingüístico. Moitas destas cuestións xa eran coñecidas dado que son filóloga e na carreira a asignatura de lingüística era unha das que máis presenza tiñan. Se ben gustaríame comentar algúns destes aspectos
Desgraciadamente poucas cousas escapan hoxe en día dos estereotipos, e menos algo como a lingua, da que todo o mundo pode e debe opinar. O problema da Lingüística, é a súa pouca presenza na realidade cotiá e polo tanto a falta de coñecemento por parte da poboación. É doado que a xente pense que estos científicos se adiquen nada máis que a recoller palabras e estudar de onde proceden se a lingüística non se fai máis próxima. No meu caso non foi ata entraren na universidade que coñecín este campo e supoño que moitos dos que non se dirixen cara ó estudo dunha lingua non teñen nin idea da súa presenza. Se a lingua é un medio para fabricarmos pensamentos, os linguísticas deben facer que algún destes pensamentos vaia cara o seu traballo, e non por acadar un prestixio ou xustificar o seu salario senón por crear interese popular sobre esta disciplina, para que os que falen o fagan cun coñecemento previo e romper así cos estereotipos.
As linguas do mundo
Non sabemos cantas linguas se falan hoxe no mundo… pois claro que non. Vivimos nunha sociedade tecnolóxica onde ó importante é saber usar Internet, ¿Qué utilidade ten saber cántas linguas se falan no mundo? MOITA. Non estou a favor de utilizar as linguas como un instrumento funcional baleiro; ¿por qué as linguas teñen que ser útiles?, senón como un instrumento de identidade. Pero se moita xente non sabe a historia da súa propia lingua resulta imposible pensar en que sintan curiosidade por saber das outras, se mesmo non existe unha listaxe que recolla todas. Esto reflexa a necesidade urxente de documentación da que fala Teresa. Esta documentación debe ser continúa xa que desgraciadamente algunhas morren dun ano pa outro. Se falamos da morte das linguas o prestixio e o poder serían dende o meu punto de vista as principias causas, onde todos somos asasinos. Nos deixamos guiar por un sistema onde o que se fai ten que ter algún sentido práctico e valer para algo que posibilite ó individuo a estar situado ben no sistema de valores. Nesta situación asumimos a diglosia ou o bilingüismo como algo natural e positivo. Eu postulo polo que a autora nomea como “radicalismo político”. Esto é mentira, o bilingüismo é mentira, a diglosia é mentira, son intentos de escoder os verdadeiros intereses calando a xente que é enganada pensando que a defensa do galego se perpetúa. Prefiro falar de plurilinguismo pero partindo sempre da dignidade do galego, do que é xusto. Diversidade, escoitar outras linguas das que poida aprender pero sempre dende unha perspectiva galegofalante, non abrir as portas a outras linguas que alguén considera que son máis importantes porque teñen máis prestixio social, facendo así que a xente dubide da súa propia lingua
É evidente que dentro das definicións de lingua, esta pasa por ser considerada coma un instrumento de comunicación, de representación da realidade, e de poder. Pero esto non é malo se podemos aprender da relación que cada lingua establece co mundo e o por que de tal asociación. As persoas tamén somos moldeadas e canto aprendemos as unhas das outras, ¿non podemos facer o mesmo coas linguas? Moitos aspectos son compartidos pero daqueles que son diferentes temos que aprender. Non hai linguas boas nin malas (como di a autora) só diferentes. ( Gracias!!!) A morte dunha lingua supón unha crecente ignorancia para todos, non só perdemos unha lingua perdemos o poder aprender dela. Por este motivo a loita contra os asesinatos das linguas debe ser colectiva.
Un dilema moral
Como xa dixen antes, pareceme maxitral o chamamento que fai Teresa Moure á moralidade ó que moitas veces (por non decir nunca) non se fai referencia. Levamos anos sendo víctimas dun roubo e dunha degradación, ¿ata cando? Necesitamos reavivar a conciencia moral, pensando que a lingua somos todos e permanecer pasivos non é unha opción ante unha violación dos nosos dereitos cara a liberdade.
Unha vez máis fabulosa reflexión e lectura de Moure, que dende dentro da disciplina lotia por un cambio que neste caso denomina Ecolingüística.
Non quero facer un resumo do libro, polo que voy a comentar unhas poucas ideas que me pareceron moi interesantes.
Unha das que mais me chamou a atención e ,como dí Moure, que a morte das linguas non se produce dunha forma natural, xa que as presión existentes sobre os xovenes condicionan a escolla duhna lingua. O deixar o peso da lingua a xente maior, estamos condeandoa a m orte.
Outro dos conceptos que me pareceu realmente interesante, é a relación existente entre a realidade do entorno e alingua. de feito, a morte unha lingua conleva a perda da cultura.
Por último, pero non menos importante, chameme a atención o que Teresa querenos expresar. Na escola ensinase a lingua de forma mecánica, coma un instrumeto. danse importancia ós significados e as estructuras gramaticais, pero sen embargo exquecese a importancia que realmente teñen as linguas, como métodos de expresión de culturas.
Coma conclusión, a morte das linguas e unha perda para toda a humanidade. todas as linguas teñen a sua dignidades e se nos espforzamos por protexer monumento, cadros.... que forman parte da nosa cultura, que menos que protexer tamén a nosa lingua.
A ecolingüística é un movemento social que xurde para evitar a extinción das linguas minoritarias. Igual que na ecoloxía,a ecolingüística insta a actuar urxente e decididamente antes de que sexa demasiado tarde e os danos ocasionados non sexan reversibles: tanto a diversidade biolóxica como a lingüístico-cultural se atopan seriamente ameazadas polos efectos dunha globalización homoxenizante que pode acabar coa sostibilidade de moitas linguas e culturas.
ResponderEliminarExiste unha similitude entre sostibilidade ecolóxica e lingüística, xa que ambas están determinadas polas accións das persoas.
Ó igual que o ecosistema terra, a convivencia multilingue está sometida a tensións e desigualdades que poñen en perigo a súa existencia. Hai un dobre chamamento:
1. Ás políticas institucionais que deberían garantir un equilibrio entre linguas onde todas estean recoñecidas valoradas por igual.
2.A cidadanía en xeral, incorporando un conflicto ético a realidade lingüística. É preciso reflexionar sobre o que supón deixar morrer ou non unha lingua e todo o que conleva.
Para iso hai que ter un concepto moito máis amplo do que á a linguaxe e do que significa unha lingua.
Será preciso pois un protocolo de Kioto para as linguas, aínda que neste pacto internacional xa se contempla un certo grado de emisións contaminantes e non tódolos países o cumplen...
A ecolingüística xurde a mediados dos noventa como un novo paradigma da investigación lingüística. A ecolingüística estuda a lingua dende un punto de vista social mediante termos ecoloxicos. A ecolingüística usa o concepto de ecosistema como unha metáfora para describir as relacións e interaccións entre as diversas formas da lingua que se encontran no mundo ou nunha rexión concreta e os falantes que fan uso dela. Usando esta terminoloxía defínese a unha lingua en bo estado como aquela que presente unha ampla diversidade de formas e variedades. A interacción entre estas formas dáse de maneira natura e axuda o desenrolo normal da lingua. Dende este punto de vista ecoloxista estudase a situación xeral das linguas xa que de maneira clásica (científica) as linguas foron estudadas como un sistema independente unhas das outras creando unha visio sesgada da realidade. Neste contexto a ecolinguistica ofrece un novo punto de vista do estudo das linguas.
ResponderEliminarCo título de "Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética" Teresa Moure nos presenta un estudo moi particular do panorama lingüístico actual global facendo fincapé no caso galego. A ecolingüística trata ás linguas como entes biolóxicos, que nacen, medran, cambian, enferman e morren. Existen interaccións constantes entre estas entidades lingüísticas de xeito que a convivencia non é doada por moito que isto contrarie. A súa supervivencia porén, precisa de políticas ecolóxicas, que asuman a diversidade como riqueza, como fonte de coñecemento das diferentes culturas que as crearon e para as que foron modeladas. Se unha lingua se extingue, non só se extingue o código lingüístico, senón tamén unha cosmovisión, así como os coñecementos ligados á cultura dese pobo. A extinción da lingua tamén pode acarrear a aniquilación e extinción dun grupo, entendido como unha comunidade imaxinada cuxos lazos estaban tecidos ao redor dunha mesma realidade lingüística e social. O libro nos revela algúns destes puntos e de como os estados dan solucións políticas diversas dependendo do grao de implicación neste ecoloxismo lingüístico. Através disto, podemos contemplar as diferenzas estratexias a seguir; asimilatorias (frontalmente en contra á diversidade), permisivas (permitese un grao de diversidade) e preservativas (co obxecto de preservar as linguas). Arredor disto, amosanse exemplos diversos en todo o mundo, diferentes estratexias para a convivencia que ás veces chocan con este mesmo termo. Para rematar, dicir que ao meu ver aporta para o caso e público galego un innovador referente ao soster con claridade esta novo paradigma da lingüística.
ResponderEliminarAnte todo gustaríame expresar a miña primeira impresión cara ó termo Ecolingüística. Pensei en primeira instancia nunha moda nova cara as linguas. Nun momento onde todo o natural tende a desaparecer, está moi de moda usar o prefixo eco para facer máis atractivos os productos, e na lingua podía suceder o mesmo. Se ben sorprendíame este uso por parte de Teresa Moure, de quen teño lido algúns artículos que a sitúan nunha liña de pensamento moi próxima a miña. Se ben esta sorpresiva reacción cara o uso do termo induciume a escoller esta lectura e afondar no uso da autora de tal prefixo cosmopolita, que finalmente non ten nada que ver co que pensei en primer lugar. Outro aspecto que merece mención é a referencia á ética e ó dilema moral que moitos autores ignoran o considerarse algo persoal pero que penso é necesario abordar e facer un chamamento o tratarse dunha cuestión de identidade e liberdade. Un gran punto positivo para Moure.
ResponderEliminarO libro ofrece unha descripción da evolución da Lingüística como disciplina inocente e todos os aspectos con que se relaciona, o estereotipo de pensar que se trata dun campo onde só importa a gramática e o léxico que rara vez interven na realidade, os principias lingüistas xunto coas súas aportacións, o imperialismo lingüístico, a diversidade lingüística, as diferentes definicións da lingua, ópticas utilitaristas, relativistas, deterministas, a lingua como instrumento de representación do mundo, a listaxe das linguas que se falan no mundo, a morte das linguas, plurilingüismo… unha morea de aspectos a ter en conta para poder presentar o novo enfoque Ecolingüístico.
Moitas destas cuestións xa eran coñecidas dado que son filóloga e na carreira a asignatura de lingüística era unha das que máis presenza tiñan. Se ben gustaríame comentar algúns destes aspectos
Estereotipo Lingüístico
ResponderEliminarDesgraciadamente poucas cousas escapan hoxe en día dos estereotipos, e menos algo como a lingua, da que todo o mundo pode e debe opinar. O problema da Lingüística, é a súa pouca presenza na realidade cotiá e polo tanto a falta de coñecemento por parte da poboación. É doado que a xente pense que estos científicos se adiquen nada máis que a recoller palabras e estudar de onde proceden se a lingüística non se fai máis próxima. No meu caso non foi ata entraren na universidade que coñecín este campo e supoño que moitos dos que non se dirixen cara ó estudo dunha lingua non teñen nin idea da súa presenza. Se a lingua é un medio para fabricarmos pensamentos, os linguísticas deben facer que algún destes pensamentos vaia cara o seu traballo, e non por acadar un prestixio ou xustificar o seu salario senón por crear interese popular sobre esta disciplina, para que os que falen o fagan cun coñecemento previo e romper así cos estereotipos.
As linguas do mundo
Non sabemos cantas linguas se falan hoxe no mundo… pois claro que non. Vivimos nunha sociedade tecnolóxica onde ó importante é saber usar Internet, ¿Qué utilidade ten saber cántas linguas se falan no mundo? MOITA. Non estou a favor de utilizar as linguas como un instrumento funcional baleiro; ¿por qué as linguas teñen que ser útiles?, senón como un instrumento de identidade. Pero se moita xente non sabe a historia da súa propia lingua resulta imposible pensar en que sintan curiosidade por saber das outras, se mesmo non existe unha listaxe que recolla todas. Esto reflexa a necesidade urxente de documentación da que fala Teresa. Esta documentación debe ser continúa xa que desgraciadamente algunhas morren dun ano pa outro. Se falamos da morte das linguas o prestixio e o poder serían dende o meu punto de vista as principias causas, onde todos somos asasinos. Nos deixamos guiar por un sistema onde o que se fai ten que ter algún sentido práctico e valer para algo que posibilite ó individuo a estar situado ben no sistema de valores. Nesta situación asumimos a diglosia ou o bilingüismo como algo natural e positivo. Eu postulo polo que a autora nomea como “radicalismo político”. Esto é mentira, o bilingüismo é mentira, a diglosia é mentira, son intentos de escoder os verdadeiros intereses calando a xente que é enganada pensando que a defensa do galego se perpetúa. Prefiro falar de plurilinguismo pero partindo sempre da dignidade do galego, do que é xusto. Diversidade, escoitar outras linguas das que poida aprender pero sempre dende unha perspectiva galegofalante, non abrir as portas a outras linguas que alguén considera que son máis importantes porque teñen máis prestixio social, facendo así que a xente dubide da súa propia lingua
Linguaxe e Cosmovisión
ResponderEliminarÉ evidente que dentro das definicións de lingua, esta pasa por ser considerada coma un instrumento de comunicación, de representación da realidade, e de poder. Pero esto non é malo se podemos aprender da relación que cada lingua establece co mundo e o por que de tal asociación. As persoas tamén somos moldeadas e canto aprendemos as unhas das outras, ¿non podemos facer o mesmo coas linguas? Moitos aspectos son compartidos pero daqueles que son diferentes temos que aprender. Non hai linguas boas nin malas (como di a autora) só diferentes. ( Gracias!!!) A morte dunha lingua supón unha crecente ignorancia para todos, non só perdemos unha lingua perdemos o poder aprender dela. Por este motivo a loita contra os asesinatos das linguas debe ser colectiva.
Un dilema moral
Como xa dixen antes, pareceme maxitral o chamamento que fai Teresa Moure á moralidade ó que moitas veces (por non decir nunca) non se fai referencia.
Levamos anos sendo víctimas dun roubo e dunha degradación, ¿ata cando? Necesitamos reavivar a conciencia moral, pensando que a lingua somos todos e permanecer pasivos non é unha opción ante unha violación dos nosos dereitos cara a liberdade.
Unha vez máis fabulosa reflexión e lectura de Moure, que dende dentro da disciplina lotia por un cambio que neste caso denomina Ecolingüística.
Non quero facer un resumo do libro, polo que voy a comentar unhas poucas ideas que me pareceron moi interesantes.
ResponderEliminarUnha das que mais me chamou a atención e ,como dí Moure, que a morte das linguas non se produce dunha forma natural, xa que as presión existentes sobre os xovenes condicionan a escolla duhna lingua. O deixar o peso da lingua a xente maior, estamos condeandoa a m orte.