Había persoas que non sabían nada destas declaracións que mostran como continúan a existir moitos preconceptos sobre a nosa lingua. Velaí vai a ligazón: http://www.youtube.com/watch?v=O4iUzyVQTIM
Vou romper o xeo con esta entrada. Este especímen, sen ánimo de ofender, que aparece de protagonista neste vídeo é un claro exemplo de outras persoas que, tristemente, comparten o seu pensamento e rexeitamento contra o galego. Esta rapaza contradícese a ela mesma todo o tempo durante a extensión do video; comeza dicindo que o galego é unha lingua bruta=(pouco fina) que vai ligada á ignorancia e que incluso que se lle achega un rapaz que fale galego, por moi atractivo que sexa, non vai chegar a coñecelo. E por descartado chegar manter unha relación persoal estable, engadindo ademais, que é unha pena, e que a ela lle gusta escoitar aos demáis falando galego e que incluso lle gusta o acento. É unha pena, o feito de que unha persoa desta idade, como é o caso desta rapaza, siga tendo esta mentalidade retrógada e que conciba o galego como unha lingua en deterioro no ámbito oral, e que engada que os culpables de este feito sexan os propios galegos cando ela mesma non fomenta e emprega a súa propia lingua, a nosa lingua. En canto a experiencias persoais vividas, pódese dicir que encaixan como anel ao dedo. Como por exemplo, nunha ocasión fun rexeitada tamén pólo feito de que empregase o galego e directamente fun catalogada como nacionalista de forma automática. Por este motivo sosteño o comentado anteriormente, que non só esta rapaza pensa isto; senon que hai mais xuventude que lamentablemente comparte estos prexuizos. Dende logo, así non chegamos a ningures e unha persoa debe estar orgullosa da língua que fala e canto mais neste caso do galego tendo em conta que temos o privilexio de ter unha língua propia aparte do castelán, pois non todas as comunidades autônomas a teñen, e tamén o é a riqueza cultural que posuímos. Certo é, que nun programa coma este tampouco podes esperar atopar unha elite pero iso xá é un tema aparte...
Comparto o sentimento, pero sexamos un pouco paternalistas e digamos un "non saben máis" ben alto. E non o digo só por estas rapazas que, polo menos, aínda teñen tempo para saír da ignorancia; senón polas persoas que fan política coas linguas. Eu non diría que hai galegofobia, máis ben hai xente predisposta ás fobias, e ultimamente a que se leva é a xenofobia. Hai políticos que non se resisten a falar cando non deben e sobre o que non deben. Nas últimas semanas temos exemplos varios de ataques entre comunidades autónomas, xa sexa polas linguas ou polas nacionalidades. Eu penso que a resposta é deixar de facer caso a tanto enfrontamento, "lapsus linguae," malentendidos, etc. e traballar noutros ámbitos. Hai que mellorar a información que hai sobre as linguas porque, recoñezámolo, sobre todo o que hai é ignorancia. Cantas veces terei escoitado a xente máis ou menos culta dicir que o galego non serve para nada, moitísimas. Pois isto pasa en todas as partes do mundo onde se da o bilingüismo (e a diglosia) e outros roces lingüísticos. Son estas e outras preguntas as que deben ser contestadas primeiro. O labor dos lingüistas (e isto vai relacionado co texto de T. Moure) non é só admirar a variedade das linguas e facer copias de seguridade das que están a piques de desaparecer, tamén é levar o coñecemento á xente. As linguas son comunicativamente imprescindibles, pero tamén culturalmente enriquecedoras. Neste sentido o Centro de Lingüística Aplicada (CAL polas siglas en inglés) intenta nun documento de hai tan só dez anos eliminar uns prexuízos que a calquera lingüista lle escandalizaría. Para os que saiban inglés, a ligazon é "http://www.cal.org/resources/digest/earlychild.html"; para os que non (ou non teñan tempo) o CAL, entre outras cousas, asegura que o feito de que un neno creza con dúas ou máis linguas no seu entorno non producirá unha desorde lingüística. Pois menos mal, estamos salvados. Pode parecer obvio, pero estas ideas están máis estendidas do que pensamos. Para ir acabando e volvendo ao principio, atallemos a ignorancia non só no ámbito académico, tamén fóra das aulas.
Partindo dende o punto de vista, de que un participante no Gran Hermano, de calquera das súas edicións, non val para por coma exemplo de nada, non le daría moita importancia. Ten que haber de todo no mundo porque se non sería moi aburrido. Estou seguro que o sentimento que lle chega a case todo o que está vendo o video, galego ou non, é de lástima...pobriña.
Que podo dicir que non dixeran xa os meus compañeiros? A verdade é que é triste escoitar xente galega falaren así da súa lingua e, polo tanto, da súa cultura, pois estase a negar a súa propia identidade. O comportamento desta moza non é para nada o dunha persoa do século XXI, senón que asemella que segue a vivir na época franquista por todos os prexuizos que ten do galego, pero paréceme que a súa forma de pensar ven motivada polos profesores e o entorno no que se criou, xa que, como di, todos os profes (agás un) falábanlle en castelán. Eu, de modo espontáneo, son castelán falante, pero tanto na miña familia coma na miña escola fixéronme sentir orgullosa da cultura galega e iso é o que se debe transmitir.
Tiña coñecido este caso por boca de outros (de seguido falarei do momento no que escoitei a historia desta moza), pero nunca vira o vídeo ata o de agora.
Gustaríame comentar varios puntos que fun anotando (recollidos tamén algún deles nos comentarios do vídeo) e que deixan en evidencia a ignorancia da rapariga sobre o tema, así como as súas contradiccións:
O primeiro que me chamou a atención foi a sentenza de que ninguén hoxe en día é galegofalante xa. Curiosamente, cara ao final de vídeo, asegura que "en Lugo" pódeno falar perto dun 80%. Supoño que a moza é natural dalgunha vila ou cidade como Coruña, onde certamente a maioría da poboación é castelán falante. Sen embargo, se mirara máis aló do seu embigo e dedicara o tempo en informarse antes de falar de máis, comprobaría que o galego é a lingua empleada única ou principalmente polo 65% da poboación (http://www.publico.es/espana/129458/el-gallego-pierde-hablantes-entre-los-mas-jovenes). Xustifica a teoría (de que ninguén a utiliza) coa sentenza "indiscutible" de que nos avergoñamos de falala. Millor que fale por si mesma... Tamén existe, segundo o que di, a alternativa de utilizar o galego por ser nacionalista exaltado, "de por cojones". Curioso que o 65% da poboación o fale e o 77% dos votos das últimas eleccións autonómicas o levaran PP ou PSOE. As contas non cadran...
Por outra banda, se o que quere é falar unha lingua que teña máis controlada ("de por cojones"), recomendaríalle á rapaza que repase os seus libros de lingua e literatura castelá. O paso por este programas debe afectar a fala Se hay que falar castelán, "pos hablarlo bien".
Asegura que a xeada e o seseo (fenómemos con total aceptación nas normas, e presente -no caso do seseo- tamén noutras zonas) é propio de ignorantes... En fin, retratase soíña.
O que si é certo, é que entre a xente xóve exténdese un cerco receio cara ao galego -como se ve na noticia do diario Público- que á hora da verdade é o que pon en perigo a língua. Penso que por mor da actual e obsesiva atracción por todo aquilo que represente globalización, ou unha vida urbanita e cosmopolita. Penso que no fondo é a tradición histórica agrícola e pesqueira de Galicia o que repele a este tipo de personaxes e que explicaría por exemplo a diferenza de actitude cara a súa lingua da xuventude catalá ou euskera, países históricamente máis industrializados.
Por último, quería deixar patente tamén a hipocresía existente respecto a este tema, cunha anécdota de cando souben deste tema.
Toda esta historia coñecina un sábado de noite, ao ver unha morea de xente esperando a facerse unha foto cunha rapaza. Esta era. Unha das miñas acompañantes explicoume que era concursante deste programa e toda a polémica que protagonizara, profundamente ofendida polas verbas da moza... Acto seguido achegouse a multitude para esperar o seu turno. Incomprensible. Sentín vergoña axena.
Por sacar algo bo deste vídeo, quédome coas verbas da outra protagonista desta intensa "tertulia política":
Vendo este vídeo penso que falta moito para acadar a normalización da lingua. Esta rapaza está na tele, é galega e fala por si mesma, máis non nos representa. Os seus argumentos son denigrantes. Algúns din como ela que non falan galego porque o "falan mal" dan por feito que o castelán "o falan ben", nada máis lonxe da realidade. Fai tempo, asociábase falar galego a incultura, ó rural e o analfabetismo e pouco a pouco imos superando isos prexuízos. Ainda que a polémica xorde no contexto do tele-lixo, no vídeo faise alusión a algo que creo moi importante, a concursante di que os libros de texto estaban en galego pero que os mestres, profesores impartian a clase en castelán. É bastante habitual que persoas que viviron eso na escola agora teñan ese desprezo para con a lingua galega. Aprendéronllo ahí, na escola, é o que percibían dos seus mestres, e é ahi onde nalgúns casos, tristemente nace a galegofobia.
Estou dacordo coa miña compañeira que di que a protagonista se contradice ó longo do vídeo. A protagonista defende que o galego está asociado á xente ignorante e con poucos estudios, pero despois recoñece que ela é incapaz de ler e estudiar en galego, o que demostra os seus poucos estudios. Ademais di que o galego falao moi pouca xente, cousa que non comparto, nunha gran parte de Galicia o galego é a lingua mais usada pola poboación. E por suposto non fai falta ser nacionalista nin ancián para falalo. Por último, penso que trata de defenderse de mala maneira decindo que lle gustaría falalo, pero que non o fai porque non o sabe falar ben. Para min é unha mala excusa, xa que a maioría da xente non fala o galego normativo. Ademais a mellor maneira de aprender un idioma é usandoi!!
En primer lugar, decir que en este vídeo Marta, la concursante de Gran Hermano, no sale muy bien parada y ante todo digamos que no es muy políticamente correcto lo que expone. Creo que hoy en día, decir que un gallegohablante está asociado con alguien de menos cultura es erróneo pero sí que es verdad que sigue habiendo gente que tiene prejuicios al respecto, sobre todo en zonas donde predomina el castellano.
En lo que sí tiene razón es en que el gallego predomina más en la zona rural y en los pueblos pequeños y que lo habla más la gente de una edad, aunque todo depende del sitio porque no se puede generalizar.
Pienso que lo que pretende ella es describir su realidad, que se asemeja mucho a la que yo he vivido siempre. En sitios como Ferrol, de donde soy y vivo yo, siempre ha predominado el castellano y el gallego es casi inexistente, tiene más presencia en la zona rural y en los alrededores. En mi colegio e instituto siempre ha sido todo en castellano, excepto la asignatura de literatura y lengua gallega y alguna puntual que la impartían en gallego porque el profesor era gallegohablante. Desde hace unos años se toma más en serio el tema de la normalización lingüística en los centros y puede ser que esta situación haya cambiado un poco aunque seguro que no como en otras zonas de Galicia. Pero es verdad lo que ella dice en el vídeo de que hay zonas donde el gallego en el día a día no está casi presente. Supongo que mucha otra gente piense lo contrario, pero yo creo que la valoración no puede ser conjunta sino que el tema de la sociolingüística está muy presente y cada sitio es un mundo.
El tema de los prejuicios y lo que comenta sobre el chico que conoce demuestra que sus valores son más bien escasos pero por otro lado, muestra que ese sentimiento de vergüenza sigue muy presente ya que ella no es la única en todo Galicia que piensa así y esto viene motivado porque históricamente la gente de la zona rural es la que siempre ha hablado más gallego y de ahí esos prejuicios que casi termninando el 2011 son caducos y faltos de coherencia.
Eu estou totalmente de acordo coas palabras de Rafael Rodríguez, unha concursante de Gran Hermano (a opinión de un/unha), non nos debera valer coma exemplo de nada, e non deberiamos darlle importancia, porque calquera cun mínimo de sentido común sería capaz de ignorar as súas palabras.(Ainda que xa sei que realmente nos doen ós que somos galego-falantes e non percibimos a nosa realidade diaria como ela a conta). O triste é que descoñecemos realmente cantas persoas pensan igual ca esta rapaza... e cantas outras coma a súa compañeira de tertulia, que aínda non ten claro se o galego é unha lingua, unha fala ou un acento... eso sí, parécelle sexy. Manda carallo con calquera das dúas!!! Sempre escollen ó mellor de cada casa nese concurso. (PD;Perdón polo maleducado da expresión)
Sobre o que comenta Yolanda, penso que a outra rapaza non ten ningún tipo de prexuízo cara ao galego, nin dúbida sobre o que é. Penso polo contrario que é a actitude da concursante galega o que a deixa contrariada e non comprende de todo as verbas desta...
Debe ser raro para alguén de fora ver como unha galega maltrata desta forma a súa propia lingua...
De facto, coa postdata do meu anterior comentario, tentaba, dunha forma xocosa, dar énfase ao feito de que a outra rapaza parece que ten unha actitude a lo menos de respeito cara a nosa lingua, na liña do que falabamos na clase, as veces parece que o noso apreciase máis fóra que dentro.
Sexa como for, estou cos compañeiros en que dúas concursantes dese programa non son modelo nin exemplo de nada.
Penso que xa esta todo máis que dito. Concordo totalmente coa opinión de Pablo, mais teño que comentar que parece que a outra concursante sí que ten unha idea preconcebida do galego, xa que nunha ocasión, despois de que a concursante "galega" di que os libros de texto sí que están en galego, ela comenta que pensaba que a lingua non estaba tan formalizada (por así dicilo). Polo tanto, eu sí que vexo unha idea do galego como lingua alonxada do sistema (no ámbito un pouco máis oficial) no pensamento desta rapaza. Até faime dubidar que saiba que a lingua galega é unha lingua cooficial. Por outra banda, no video vemos uns comentarios que xa debatíramos na clase: o medo, ou máis ben a excusa, de "pois eu para falalo mal xa non o falo". Ignorancias. Xa que para todas as linguas ocorre iso. Mesmo no inglés, aprendemos a falalo medianamente ben, por mor de falalo mal antes; ou cantas veces pensou/pensa a xente nativa inglesa (ou experta na materia) que estamos a emplear o vocablo "bitch" cando nós queremos dicir "beach". Se polo menos esta concursante soupera que nin fala perfectamente a súa lingua, o español. Como xa se dixo, non se pode coller aos concursantes deste programa como modelos a seguir.
Como din os meus compañeiros, unha persoa de Gran Hermano non pode servir de exemplo de nada. Pero bueno, a verdade é que eu coñecín xente con unhas ideas semellantes, e sempre me pareceu moi triste. Esta xente soe ser das grandes cidades e bastante inculta (volvemos o de estar en Gran Hermano). Espero ser capaz de comunicar os meus futuros estudantes unha idea totalmente diferente, xa que penso que a ideoloxía de esta personaxe poideron ser aprendidas na escola.
Di que el gallego BRUTO, el FEO, es el que usa seseo y geada, ese gallego todavía está más relacionado con la gente ignorante, … Pois eu pido dende aquí que todos os profesores do mestrado me fagan unha adaptación curricular e que teñan en conta que digo jato en vez de gato e que tamén digo sapato en vez de zapato, como son ignorante pido que non se me esixa o mesmo que ós meus compañeiros. Para min e tan ignorante dicer “del 100% el 80 hablaban gallego”, será que son de ciencias, … A miña experiencia dime que non é un caso illado. Moitas persoas do meu pobo que sempre falaron coma min (con xeada, seseo, castelanismos, ….) agora eliminan o seseo e xeada cando falan con persoas do mesmo pobo. Sen embargo, cando falan comigo ou ca miña muller e ven que lles falamos con xeada e seseo pois empezan a falar como sempre falaron. Eu creo que os facemos sentir mal, e para que vou a negalo, encántame que así sexa.
Vértigo ó galego, coma a calquera outro idioma: o alemán, o xaponés, o suahili. É normal, coma idioma que é, un ten que ter ganas de aprendelo senón ocorren estas cousas. Pero por outra banda, a xente non foxe de aprendelo inglés, posto que a imaxe que se ten deste último non é coma a do galego; é dicir, un idioma que fala a xente que leva a pastar as vacas e muxe nelas. En parte esa é a imaxe que se proxecta da nosa fala en moitas partes de España.
Despois de ter visto o video e de ler os comentarios dos meus compañeiros, pouco queda xa que dicir. En todo caso, tampouco paga a pena reiterarse para xulgar a unha rapaza que bastante ten coa súa inmensa ignorancia e o autoodio que presenta. Eu vou optar por presentar a un galego ilustre inxustamente esquecido, que aporta na súa obra escrita alusións ao tema en cuestión dende unha perspectiva diametralmente oposta e moitísimo mais interesante. Este galego é Ramón Suárez Picallo. Ramón Naceu en Veloi (Sada) no 1894, e sendo rapaz traballou na terra e no mar ata partir cara Arxentina cando contaba con 17 anos, onde tivo unha activa participación na vida sindical e política. No ano 1931 voltou a España debido á proclamación da II República, e meses mais tarde foi elexido deputado. A sublevación militar do 36 sorpréndeo en Madrid, circunstancia pola que salva a vida mentres que o seu irmán, Xohán Antón, non correría a mesma sorte e sería asasinado en Sada polos falanxistas. Ramón exiliaríase a América ao remate da guerra e nunca máis voltaría. No seu periplo polo desterro percorreu, entre outros países, EEUU, República Dominicana, Chile (onde exerceu intensamente o xornalismo durante 16 anos) e Arxentina. Foi integrante e fundador, xunto a Castelao, do Consello de Galiza, a principal entidade representativa do exilio galego. Morrería na absoluta miseria económica en Bos Aires, o 14 de Outubro de 1964, deixando un enorme legado repartido por xornais e revistas, aínda que a súa maior obra, a oratoria, desapareceu loxicamente con él (só se conservan algunhas gravacións, algunhas delas en defensa da lingua e, en todo caso, abraiantes en conxunto). En 2008, o goberno municipal de Sada (encabezado por Abel López Soto, do BNG) e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, fixeron realidade o cumprimento da derradeira vontade de Suárez Picallo: o traslado dos seus restos mortais dende o cemiterio da Chacarita, en Buenos Aires, ata o do Fiunchedo, en Sada. Iniciouse daquela un proceso de recuperación da súa obra e da súa figura, encauzado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, que xurdiu de tal acontecemento. Sen máis, adxunto os links. O primeiro deles corresponde a un texto escrito en Chile no ano 1942, ao observar que nese pais se valoraba en alto grao a aprendizaxe lingua propia, aumentándose no colexio as horas lectivas adicadas a tal materia. O segundo foi escrito por RSP no ano 1925, cando se atopaba en Bos Aires. Forma parte dunha serie de cinco artigos que o autor adicou a reflexionar sobre o nacionalismo. Ambos links pertencen ao blogue que creamos na Asociación. Agardo que vos gusten e aporten unha idea totalmente oposta á galegofobia da rapaza, xa que a pesaren de ser textos antigos, atópanse de total vixencia. http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?cod=105383 http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?cod=89527
Este é un vídeo cargado de prexuízos contra o galego, tal e como din os meus compañeiros, que por mágoa é un pensamento bastante extendido, esperemos que vaia a menos, entre a xuventude da nosa sociedade. Tardei moito en realizar este comentario, pois só se me veñen á mente insultos e palabras malsoantes ó ter que escoitar e ver a esta espécimen (como apunta Vanesa), pois non se lle pode chamar doutra maneira. Alguén que está constantemente contradicíndose, alguén que aporrea a nosa lingua a bofetóns, que a insulta: “fea, bruta, de incultos…”. Esta persoa, non pode ser galega, ser galego é un sentimento, unha sensación. Ela non é galega. Contradise cando fala do acento galego, di que se avergonza do seu acento, di que soa mal, que soa bruto, e á vez di que lle encanta o acento galego, e que se emociona cando ve a alguén na tele falando con ese acento… ¿pero qué di? Fala dos prexuízos que hai extendidos contra o galego, e que alguén que o fala xa o perde todo “habla gallego, qué bajón!”. Será imbécil, baixón o que lle habería que dar a ela cun puñetazo na cabeza, haber si se lle ordenan as ideas… Fala do galego como un impedimento de moito peso á hora de comezar unha relación con outra persoa, se fala galego, xa non o fai. Non se limita a falar dos seus gustos de se prefire falar nun idioma ou outro, senón que bota lixo sobre a nosa lingua dicindo verdadeiras burradas sobre ela, como cando fala do seseo ou da gheada que di que é de ignorantes empregalos… Que lle vai dicir a un andaluz que é un ignorante por falar un castelán diferente, aver que lle di! Ou a un extremeño ou a un asturiano… pois é o mesmo caso, por falar un distinto galego eres máis ignorante? Es máis ignorante por ter a túa propia xerga castelá, como nos casos citados anteriormente? NON. Hai que saber distinguir e sobre todo pensar antes de falar… ¿Estarase oíndo? Porque escoitala si me fai a min dubidar da súa capacidade intelectual… e non por iso vou tirar pedras contra tódalas persoas que falen castelán… E despois vai e di que é unha pena que se perda o idioma, e que aínda encima o faga a xente nova… ¿pero que di? Que intenta dicir agora, cando leva 7 minutos dicindo infamias sobre o galego, desprezándoo…? ¡Dáme noxo! Síntoo, non podo conterme, é imposible que esta persoa se sinta galega como afirma… Alguén que non ten escrúpulos, que tira terra sobre a súa propia identidade, que renega da súa lingua porque “no sabe hablarla bien y para eso no la hablo, porque yo hablo gallego como alguien que habla spanglish” ¿E si probas a falala e practicala para logo poder comunicarte a través dela? ¿Qué pasa que co castelán xa naciche aprendida e non o falache mal? Claro, igual cando naciches che implantaron un diccionaro castelán na cabeza e por iso nunca te trabucas… Será imbécil… E para rematar pon o exemplo de que Marta Sánchez un día dixo nunha roda de prensa que se sentía madrileña e que ós galegos nos sentou como unha patada no cú… pos se nos sentou así soamente iso, que se imaxine o que estamos a pensar dela os miles de galegos que nos sentimos insultados por tirar polo chan a nosa lingua, a nosa reputación… en definitiva, por pisotear a nosa identidade!
Concordo en gran medida con todo o exposto polos meus compañeiros. Mais con todo, vou ser transgresor e vou facer algo similar a un harakiri, vou romper unha lanza a prol desta rapaza, Marta. Para min Marta é desde logo unha valente, unha valente que dixo o que pensaba, e dixoo en público. Dixo cousas que eu teño escoitado en determinados ambientes e que afortunadamente -ou desafortunadamente, quen sabe- representan un tabú para moitos, e é iso, o sentimento de autodesprezo. Se queremos arranxar este problema autodespreciativo que teñen outros pobos coma o noso, que se atopan nunha situación semellante; falemos dos occitanos e da súa "vergonha" sen ir máis lonxe, penso que hai que encaralo directamente, e non creo que o tabú sexa a ferramenta máis xeitosa. Isto non se trata de evitar que a xente o diga, trátase de evitar que a xente o pense, que pense que iso; que o galego está moi ben, que é unha mágoa que se perda, pero que realmente é unha paletada e eu non vou facer nada por salvala. Por iso aplaudo de verdade a valentía desta rapaza ao dicir todo iso, se o pensa que o diga, só aceptando a realidade podemos poñerlle freo. O peor que podemos facer se temos unha enfermidade (e o galego como se dixo en clase está enfermo, e eu engado que Galicia tamén o está) é negala, é ocultala e facer como se non existise. Un problema como unha enfermidade hai que aceptala e considerala, estudala e observala. Moitos galegos rexeitamos as palabras de Marta, e outros moitisimos vironse identificados con elas, e véndose identificados tamén viron como en Galicia a xente respondeu á susodita Marta cun castigo social. Para min esta rapaza é un produto, un produto dunha estratexia, dun modelo, e dunha política de asimilación. Non me gusta falar en termos bélicos, nin combativos, nin de confrontación de linguas nin pobos, mais teño que dicir que desde a miña perspectiva, o principal para que alguén non erga cabeza é iso, concienzalo de que non a pode erguer. Marta coma moitos galegos, simplemente deixase levar pola cadea de produción cuxa fin non é outra que o propio lixo, non é toda a súa culpa.
Sobre este vídeo pouco que comentar, simplemente gustaríame pensar que opinións coma esta non están moi estendidas na mocidade galega.
É un discurso confuso, contraditorio e sen ningún tipo de base. Amosa un descoñecemento total da realidade sociolóxica galega e para min é reflexo do mal máis atrevido, a ignorancia. Por outra banda non sorprende chegando estes comentarios de onde chegan, ¿qué podiamos esperar dunha concursante de “Gran Hermano”?
Pouvo que dicir, chega con escoitar as barbaridades que di a rapaza. Está claro que tes que saber falar unha lingua, pero tamén tes que intentar falalo ben, e non facer as trampas dos libros de texto. Pero non so co galego hai que saber falalo, o castelán tamén, e vese que ela non ten nin idea de como facelo, xa que non é un modelo para ningúen. Hai que comparar que ó igual q o galego ten diferentes acentos, o castelán tamén, pero isto a rapaza non o sabe, seguro que nunca oiu falar diso. Está baixo unha serie de prexuízos que demostra totalmente ó longo do vídeo e máis cando dí "qué bajón!". Na actualidade este tipo de xente que só se rixe por prexuízos non debería existir.
Paréceme unha mágoa escoitar este tipo de declaracións. Trátase dunha rapaza que non se da conta da grande riqueza que supón ter unha lingua propia e cas súas declaracións recolle moitos dos prexuízos que expón Singala no seu libro En galego por que non? Fala do galego bruto e o galego feo, cando en realidade está a falar de variedades diatópicas da lingua e ningunha é mellor ca outra e moitos menos o galego da gheada e seseo é o empregado polas persoas incultas. Tamén fai referencia a que non o fala porque non o fala ben. Precisamente cando estás a aprender unha lingua ó normal é esvarar de seguido. Para falar ben o galego, primeiro tes que falalo mal!Pero hai que intentalo, é o único xeito de melloralo.
Coincido con Natalia en que esta rapaza pensa deste xeito polo entorno castelanizante no que viviu, onde os profesores lle falaban en castelán agás o de galego e probablemente a familia tamén. Eu vivín un caso semellante no colexio. Sen embargo non penso coma esta rapaza, porque tiven a sorte de que na miña familia ensináronme a grandeza que supón ter unha lingua e cultura propias.
Esta rapaza tira pedras contra o seu propio tellado. O que é mais, cada vez que di unha cousa e se da conta de que está mal, rectifica dicindo “pero yo no creo eso”. Está a tratar de quedar ben. Dende logo que se queixe de que a xente fala mal do galego e que logo a xente que fala galego “le da bajon”……. A verdade, é que esta rapaza deixa coa boca aberta.
Vou romper o xeo con esta entrada.
ResponderEliminarEste especímen, sen ánimo de ofender, que aparece de protagonista neste vídeo é un claro exemplo de outras persoas que, tristemente, comparten o seu pensamento e rexeitamento contra o galego.
Esta rapaza contradícese a ela mesma todo o tempo durante a extensión do video; comeza dicindo que o galego é unha lingua bruta=(pouco fina) que vai ligada á ignorancia e que incluso que se lle achega un rapaz que fale galego, por moi atractivo que sexa, non vai chegar a coñecelo. E por descartado chegar manter unha relación persoal estable, engadindo ademais, que é unha pena, e que a ela lle gusta escoitar aos demáis falando galego e que incluso lle gusta o acento.
É unha pena, o feito de que unha persoa desta idade, como é o caso desta rapaza, siga tendo esta mentalidade retrógada e que conciba o galego como unha lingua en deterioro no ámbito
oral, e que engada que os culpables de este feito sexan os propios galegos cando ela mesma non fomenta e emprega a súa propia lingua, a nosa lingua.
En canto a experiencias persoais vividas, pódese dicir que encaixan como anel ao dedo. Como por exemplo, nunha ocasión fun rexeitada tamén pólo feito de que empregase o galego e directamente fun catalogada como nacionalista de forma automática. Por este motivo sosteño o comentado anteriormente, que non só esta rapaza pensa isto; senon que hai mais xuventude que lamentablemente comparte estos prexuizos.
Dende logo, así non chegamos a ningures e unha persoa debe estar orgullosa da língua que fala e canto mais neste caso do galego tendo em conta que temos o privilexio de ter unha língua propia aparte do castelán, pois non todas as comunidades autônomas a teñen, e tamén o é a riqueza cultural que posuímos. Certo é, que nun programa coma este tampouco podes esperar atopar unha elite pero iso xá é un tema aparte...
Comparto o sentimento, pero sexamos un pouco paternalistas e digamos un "non saben máis" ben alto. E non o digo só por estas rapazas que, polo menos, aínda teñen tempo para saír da ignorancia; senón polas persoas que fan política coas linguas.
ResponderEliminarEu non diría que hai galegofobia, máis ben hai xente predisposta ás fobias, e ultimamente a que se leva é a xenofobia. Hai políticos que non se resisten a falar cando non deben e sobre o que non deben. Nas últimas semanas temos exemplos varios de ataques entre comunidades autónomas, xa sexa polas linguas ou polas nacionalidades. Eu penso que a resposta é deixar de facer caso a tanto enfrontamento, "lapsus linguae," malentendidos, etc. e traballar noutros ámbitos. Hai que mellorar a información que hai sobre as linguas porque, recoñezámolo, sobre todo o que hai é ignorancia. Cantas veces terei escoitado a xente máis ou menos culta dicir que o galego non serve para nada, moitísimas. Pois isto pasa en todas as partes do mundo onde se da o bilingüismo (e a diglosia) e outros roces lingüísticos. Son estas e outras preguntas as que deben ser contestadas primeiro. O labor dos lingüistas (e isto vai relacionado co texto de T. Moure) non é só admirar a variedade das linguas e facer copias de seguridade das que están a piques de desaparecer, tamén é levar o coñecemento á xente. As linguas son comunicativamente imprescindibles, pero tamén culturalmente enriquecedoras. Neste sentido o Centro de Lingüística Aplicada (CAL polas siglas en inglés) intenta nun documento de hai tan só dez anos eliminar uns prexuízos que a calquera lingüista lle escandalizaría. Para os que saiban inglés, a ligazon é "http://www.cal.org/resources/digest/earlychild.html"; para os que non (ou non teñan tempo) o CAL, entre outras cousas, asegura que o feito de que un neno creza con dúas ou máis linguas no seu entorno non producirá unha desorde lingüística. Pois menos mal, estamos salvados. Pode parecer obvio, pero estas ideas están máis estendidas do que pensamos.
Para ir acabando e volvendo ao principio, atallemos a ignorancia non só no ámbito académico, tamén fóra das aulas.
Partindo dende o punto de vista, de que un participante no Gran Hermano, de calquera das súas edicións, non val para por coma exemplo de nada, non le daría moita importancia. Ten que haber de todo no mundo porque se non sería moi aburrido.
ResponderEliminarEstou seguro que o sentimento que lle chega a case todo o que está vendo o video, galego ou non, é de lástima...pobriña.
Que podo dicir que non dixeran xa os meus compañeiros? A verdade é que é triste escoitar xente galega falaren así da súa lingua e, polo tanto, da súa cultura, pois estase a negar a súa propia identidade. O comportamento desta moza non é para nada o dunha persoa do século XXI, senón que asemella que segue a vivir na época franquista por todos os prexuizos que ten do galego, pero paréceme que a súa forma de pensar ven motivada polos profesores e o entorno no que se criou, xa que, como di, todos os profes (agás un) falábanlle en castelán. Eu, de modo espontáneo, son castelán falante, pero tanto na miña familia coma na miña escola fixéronme sentir orgullosa da cultura galega e iso é o que se debe transmitir.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarTiña coñecido este caso por boca de outros (de seguido falarei do momento no que escoitei a historia desta moza), pero nunca vira o vídeo ata o de agora.
ResponderEliminarGustaríame comentar varios puntos que fun anotando (recollidos tamén algún deles nos comentarios do vídeo) e que deixan en evidencia a ignorancia da rapariga sobre o tema, así como as súas contradiccións:
O primeiro que me chamou a atención foi a sentenza de que ninguén hoxe en día é galegofalante xa. Curiosamente, cara ao final de vídeo, asegura que "en Lugo" pódeno falar perto dun 80%. Supoño que a moza é natural dalgunha vila ou cidade como Coruña, onde certamente a maioría da poboación é castelán falante. Sen embargo, se mirara máis aló do seu embigo e dedicara o tempo en informarse antes de falar de máis, comprobaría que o galego é a lingua empleada única ou principalmente polo 65% da poboación (http://www.publico.es/espana/129458/el-gallego-pierde-hablantes-entre-los-mas-jovenes). Xustifica a teoría (de que ninguén a utiliza) coa sentenza "indiscutible" de que nos avergoñamos de falala. Millor que fale por si mesma...
Tamén existe, segundo o que di, a alternativa de utilizar o galego por ser nacionalista exaltado, "de por cojones". Curioso que o 65% da poboación o fale e o 77% dos votos das últimas eleccións autonómicas o levaran PP ou PSOE. As contas non cadran...
Por outra banda, se o que quere é falar unha lingua que teña máis controlada ("de por cojones"), recomendaríalle á rapaza que repase os seus libros de lingua e literatura castelá. O paso por este programas debe afectar a fala Se hay que falar castelán, "pos hablarlo bien".
Asegura que a xeada e o seseo (fenómemos con total aceptación nas normas, e presente -no caso do seseo- tamén noutras zonas) é propio de ignorantes... En fin, retratase soíña.
O que si é certo, é que entre a xente xóve exténdese un cerco receio cara ao galego -como se ve na noticia do diario Público- que á hora da verdade é o que pon en perigo a língua. Penso que por mor da actual e obsesiva atracción por todo aquilo que represente globalización, ou unha vida urbanita e cosmopolita. Penso que no fondo é a tradición histórica agrícola e pesqueira de Galicia o que repele a este tipo de personaxes e que explicaría por exemplo a diferenza de actitude cara a súa lingua da xuventude catalá ou euskera, países históricamente máis industrializados.
Por último, quería deixar patente tamén a hipocresía existente respecto a este tema, cunha anécdota de cando souben deste tema.
Toda esta historia coñecina un sábado de noite, ao ver unha morea de xente esperando a facerse unha foto cunha rapaza. Esta era. Unha das miñas acompañantes explicoume que era concursante deste programa e toda a polémica que protagonizara, profundamente ofendida polas verbas da moza... Acto seguido achegouse a multitude para esperar o seu turno. Incomprensible. Sentín vergoña axena.
Por sacar algo bo deste vídeo, quédome coas verbas da outra protagonista desta intensa "tertulia política":
-"A mi me parece sexy."
:P
Pablo Taboada Duro
Vendo este vídeo penso que falta moito para acadar a normalización da lingua. Esta rapaza está na tele, é galega e fala por si mesma, máis non nos representa. Os seus argumentos son denigrantes. Algúns din como ela que non falan galego porque o "falan mal" dan por feito que o castelán "o falan ben", nada máis lonxe da realidade. Fai tempo, asociábase falar galego a incultura, ó rural e o analfabetismo e pouco a pouco imos superando isos prexuízos. Ainda que a polémica xorde no contexto do tele-lixo, no vídeo faise alusión a algo que creo moi importante, a concursante di que os libros de texto estaban en galego pero que os mestres, profesores impartian a clase en castelán. É bastante habitual que persoas que viviron eso na escola agora teñan ese desprezo para con a lingua galega. Aprendéronllo ahí, na escola, é o que percibían dos seus mestres, e é ahi onde nalgúns casos, tristemente nace a galegofobia.
ResponderEliminarEstou dacordo coa miña compañeira que di que a protagonista se contradice ó longo do vídeo. A protagonista defende que o galego está asociado á xente ignorante e con poucos estudios, pero despois recoñece que ela é incapaz de ler e estudiar en galego, o que demostra os seus poucos estudios.
ResponderEliminarAdemais di que o galego falao moi pouca xente, cousa que non comparto, nunha gran parte de Galicia o galego é a lingua mais usada pola poboación. E por suposto non fai falta ser nacionalista nin ancián para falalo.
Por último, penso que trata de defenderse de mala maneira decindo que lle gustaría falalo, pero que non o fai porque non o sabe falar ben. Para min é unha mala excusa, xa que a maioría da xente non fala o galego normativo. Ademais a mellor maneira de aprender un idioma é usandoi!!
En primer lugar, decir que en este vídeo Marta, la concursante de Gran Hermano, no sale muy bien parada y ante todo digamos que no es muy políticamente correcto lo que expone. Creo que hoy en día, decir que un gallegohablante está asociado con alguien de menos cultura es erróneo pero sí que es verdad que sigue habiendo gente que tiene prejuicios al respecto, sobre todo en zonas donde predomina el castellano.
ResponderEliminarEn lo que sí tiene razón es en que el gallego predomina más en la zona rural y en los pueblos pequeños y que lo habla más la gente de una edad, aunque todo depende del sitio porque no se puede generalizar.
Pienso que lo que pretende ella es describir su realidad, que se asemeja mucho a la que yo he vivido siempre. En sitios como Ferrol, de donde soy y vivo yo, siempre ha predominado el castellano y el gallego es casi inexistente, tiene más presencia en la zona rural y en los alrededores. En mi colegio e instituto siempre ha sido todo en castellano, excepto la asignatura de literatura y lengua gallega y alguna puntual que la impartían en gallego porque el profesor era gallegohablante. Desde hace unos años se toma más en serio el tema de la normalización lingüística en los centros y puede ser que esta situación haya cambiado un poco aunque seguro que no como en otras zonas de Galicia. Pero es verdad lo que ella dice en el vídeo de que hay zonas donde el gallego en el día a día no está casi presente. Supongo que mucha otra gente piense lo contrario, pero yo creo que la valoración no puede ser conjunta sino que el tema de la sociolingüística está muy presente y cada sitio es un mundo.
El tema de los prejuicios y lo que comenta sobre el chico que conoce demuestra que sus valores son más bien escasos pero por otro lado, muestra que ese sentimiento de vergüenza sigue muy presente ya que ella no es la única en todo Galicia que piensa así y esto viene motivado porque históricamente la gente de la zona rural es la que siempre ha hablado más gallego y de ahí esos prejuicios que casi termninando el 2011 son caducos y faltos de coherencia.
Eu estou totalmente de acordo coas palabras de Rafael Rodríguez, unha concursante de Gran Hermano (a opinión de un/unha), non nos debera valer coma exemplo de nada, e non deberiamos darlle importancia, porque calquera cun mínimo de sentido común sería capaz de ignorar as súas palabras.(Ainda que xa sei que realmente nos doen ós que somos galego-falantes e non percibimos a nosa realidade diaria como ela a conta). O triste é que descoñecemos realmente cantas persoas pensan igual ca esta rapaza... e cantas outras coma a súa compañeira de tertulia, que aínda non ten claro se o galego é unha lingua, unha fala ou un acento... eso sí, parécelle sexy. Manda carallo con calquera das dúas!!! Sempre escollen ó mellor de cada casa nese concurso.
ResponderEliminar(PD;Perdón polo maleducado da expresión)
Sobre o que comenta Yolanda, penso que a outra rapaza non ten ningún tipo de prexuízo cara ao galego, nin dúbida sobre o que é. Penso polo contrario que é a actitude da concursante galega o que a deixa contrariada e non comprende de todo as verbas desta...
ResponderEliminarDebe ser raro para alguén de fora ver como unha galega maltrata desta forma a súa propia lingua...
De facto, coa postdata do meu anterior comentario, tentaba, dunha forma xocosa, dar énfase ao feito de que a outra rapaza parece que ten unha actitude a lo menos de respeito cara a nosa lingua, na liña do que falabamos na clase, as veces parece que o noso apreciase máis fóra que dentro.
Sexa como for, estou cos compañeiros en que dúas concursantes dese programa non son modelo nin exemplo de nada.
Penso que xa esta todo máis que dito. Concordo totalmente coa opinión de Pablo, mais teño que comentar que parece que a outra concursante sí que ten unha idea preconcebida do galego, xa que nunha ocasión, despois de que a concursante "galega" di que os libros de texto sí que están en galego, ela comenta que pensaba que a lingua non estaba tan formalizada (por así dicilo). Polo tanto, eu sí que vexo unha idea do galego como lingua alonxada do sistema (no ámbito un pouco máis oficial) no pensamento desta rapaza. Até faime dubidar que saiba que a lingua galega é unha lingua cooficial.
ResponderEliminarPor outra banda, no video vemos uns comentarios que xa debatíramos na clase: o medo, ou máis ben a excusa, de "pois eu para falalo mal xa non o falo". Ignorancias. Xa que para todas as linguas ocorre iso. Mesmo no inglés, aprendemos a falalo medianamente ben, por mor de falalo mal antes; ou cantas veces pensou/pensa a xente nativa inglesa (ou experta na materia) que estamos a emplear o vocablo "bitch" cando nós queremos dicir "beach". Se polo menos esta concursante soupera que nin fala perfectamente a súa lingua, o español.
Como xa se dixo, non se pode coller aos concursantes deste programa como modelos a seguir.
Como din os meus compañeiros, unha persoa de Gran Hermano non pode servir de exemplo de nada. Pero bueno, a verdade é que eu coñecín xente con unhas ideas semellantes, e sempre me pareceu moi triste. Esta xente soe ser das grandes cidades e bastante inculta (volvemos o de estar en Gran Hermano).
ResponderEliminarEspero ser capaz de comunicar os meus futuros estudantes unha idea totalmente diferente, xa que penso que a ideoloxía de esta personaxe poideron ser aprendidas na escola.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarDi que el gallego BRUTO, el FEO, es el que usa seseo y geada, ese gallego todavía está más relacionado con la gente ignorante, …
ResponderEliminarPois eu pido dende aquí que todos os profesores do mestrado me fagan unha adaptación curricular e que teñan en conta que digo jato en vez de gato e que tamén digo sapato en vez de zapato, como son ignorante pido que non se me esixa o mesmo que ós meus compañeiros.
Para min e tan ignorante dicer “del 100% el 80 hablaban gallego”, será que son de ciencias, …
A miña experiencia dime que non é un caso illado. Moitas persoas do meu pobo que sempre falaron coma min (con xeada, seseo, castelanismos, ….) agora eliminan o seseo e xeada cando falan con persoas do mesmo pobo. Sen embargo, cando falan comigo ou ca miña muller e ven que lles falamos con xeada e seseo pois empezan a falar como sempre falaron. Eu creo que os facemos sentir mal, e para que vou a negalo, encántame que así sexa.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarVértigo ó galego, coma a calquera outro idioma: o alemán, o xaponés, o suahili. É normal, coma idioma que é, un ten que ter ganas de aprendelo senón ocorren estas cousas.
ResponderEliminarPero por outra banda, a xente non foxe de aprendelo inglés, posto que a imaxe que se ten deste último non é coma a do galego; é dicir, un idioma que fala a xente que leva a pastar as vacas e muxe nelas. En parte esa é a imaxe que se proxecta da nosa fala en moitas partes de España.
Galegofobia: síntese cando non se sinte.
Despois de ter visto o video e de ler os comentarios dos meus compañeiros, pouco queda xa que dicir. En todo caso, tampouco paga a pena reiterarse para xulgar a unha rapaza que bastante ten coa súa inmensa ignorancia e o autoodio que presenta.
ResponderEliminarEu vou optar por presentar a un galego ilustre inxustamente esquecido, que aporta na súa obra escrita alusións ao tema en cuestión dende unha perspectiva diametralmente oposta e moitísimo mais interesante. Este galego é Ramón Suárez Picallo.
Ramón Naceu en Veloi (Sada) no 1894, e sendo rapaz traballou na terra e no mar ata partir cara Arxentina cando contaba con 17 anos, onde tivo unha activa participación na vida sindical e política. No ano 1931 voltou a España debido á proclamación da II República, e meses mais tarde foi elexido deputado.
A sublevación militar do 36 sorpréndeo en Madrid, circunstancia pola que salva a vida mentres que o seu irmán, Xohán Antón, non correría a mesma sorte e sería asasinado en Sada polos falanxistas. Ramón exiliaríase a América ao remate da guerra e nunca máis voltaría. No seu periplo polo desterro percorreu, entre outros países, EEUU, República Dominicana, Chile (onde exerceu intensamente o xornalismo durante 16 anos) e Arxentina. Foi integrante e fundador, xunto a Castelao, do Consello de Galiza, a principal entidade representativa do exilio galego. Morrería na absoluta miseria económica en Bos Aires, o 14 de Outubro de 1964, deixando un enorme legado repartido por xornais e revistas, aínda que a súa maior obra, a oratoria, desapareceu loxicamente con él (só se conservan algunhas gravacións, algunhas delas en defensa da lingua e, en todo caso, abraiantes en conxunto). En 2008, o goberno municipal de Sada (encabezado por Abel López Soto, do BNG) e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, fixeron realidade o cumprimento da derradeira vontade de Suárez Picallo: o traslado dos seus restos mortais dende o cemiterio da Chacarita, en Buenos Aires, ata o do Fiunchedo, en Sada. Iniciouse daquela un proceso de recuperación da súa obra e da súa figura, encauzado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, que xurdiu de tal acontecemento.
Sen máis, adxunto os links. O primeiro deles corresponde a un texto escrito en Chile no ano 1942, ao observar que nese pais se valoraba en alto grao a aprendizaxe lingua propia, aumentándose no colexio as horas lectivas adicadas a tal materia.
O segundo foi escrito por RSP no ano 1925, cando se atopaba en Bos Aires. Forma parte dunha serie de cinco artigos que o autor adicou a reflexionar sobre o nacionalismo.
Ambos links pertencen ao blogue que creamos na Asociación. Agardo que vos gusten e aporten unha idea totalmente oposta á galegofobia da rapaza, xa que a pesaren de ser textos antigos, atópanse de total vixencia.
http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?cod=105383
http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?cod=89527
Este é un vídeo cargado de prexuízos contra o galego, tal e como din os meus compañeiros, que por mágoa é un pensamento bastante extendido, esperemos que vaia a menos, entre a xuventude da nosa sociedade.
ResponderEliminarTardei moito en realizar este comentario, pois só se me veñen á mente insultos e palabras malsoantes ó ter que escoitar e ver a esta espécimen (como apunta Vanesa), pois non se lle pode chamar doutra maneira. Alguén que está constantemente contradicíndose, alguén que aporrea a nosa lingua a bofetóns, que a insulta: “fea, bruta, de incultos…”. Esta persoa, non pode ser galega, ser galego é un sentimento, unha sensación. Ela non é galega. Contradise cando fala do acento galego, di que se avergonza do seu acento, di que soa mal, que soa bruto, e á vez di que lle encanta o acento galego, e que se emociona cando ve a alguén na tele falando con ese acento… ¿pero qué di? Fala dos prexuízos que hai extendidos contra o galego, e que alguén que o fala xa o perde todo “habla gallego, qué bajón!”. Será imbécil, baixón o que lle habería que dar a ela cun puñetazo na cabeza, haber si se lle ordenan as ideas… Fala do galego como un impedimento de moito peso á hora de comezar unha relación con outra persoa, se fala galego, xa non o fai. Non se limita a falar dos seus gustos de se prefire falar nun idioma ou outro, senón que bota lixo sobre a nosa lingua dicindo verdadeiras burradas sobre ela, como cando fala do seseo ou da gheada que di que é de ignorantes empregalos… Que lle vai dicir a un andaluz que é un ignorante por falar un castelán diferente, aver que lle di! Ou a un extremeño ou a un asturiano… pois é o mesmo caso, por falar un distinto galego eres máis ignorante? Es máis ignorante por ter a túa propia xerga castelá, como nos casos citados anteriormente? NON. Hai que saber distinguir e sobre todo pensar antes de falar… ¿Estarase oíndo? Porque escoitala si me fai a min dubidar da súa capacidade intelectual… e non por iso vou tirar pedras contra tódalas persoas que falen castelán…
E despois vai e di que é unha pena que se perda o idioma, e que aínda encima o faga a xente nova… ¿pero que di? Que intenta dicir agora, cando leva 7 minutos dicindo infamias sobre o galego, desprezándoo…? ¡Dáme noxo! Síntoo, non podo conterme, é imposible que esta persoa se sinta galega como afirma… Alguén que non ten escrúpulos, que tira terra sobre a súa propia identidade, que renega da súa lingua porque “no sabe hablarla bien y para eso no la hablo, porque yo hablo gallego como alguien que habla spanglish” ¿E si probas a falala e practicala para logo poder comunicarte a través dela? ¿Qué pasa que co castelán xa naciche aprendida e non o falache mal? Claro, igual cando naciches che implantaron un diccionaro castelán na cabeza e por iso nunca te trabucas… Será imbécil…
E para rematar pon o exemplo de que Marta Sánchez un día dixo nunha roda de prensa que se sentía madrileña e que ós galegos nos sentou como unha patada no cú… pos se nos sentou así soamente iso, que se imaxine o que estamos a pensar dela os miles de galegos que nos sentimos insultados por tirar polo chan a nosa lingua, a nosa reputación… en definitiva, por pisotear a nosa identidade!
Concordo en gran medida con todo o exposto polos meus compañeiros. Mais con todo, vou ser transgresor e vou facer algo similar a un harakiri, vou romper unha lanza a prol desta rapaza, Marta. Para min Marta é desde logo unha valente, unha valente que dixo o que pensaba, e dixoo en público. Dixo cousas que eu teño escoitado en determinados ambientes e que afortunadamente -ou desafortunadamente, quen sabe- representan un tabú para moitos, e é iso, o sentimento de autodesprezo. Se queremos arranxar este problema autodespreciativo que teñen outros pobos coma o noso, que se atopan nunha situación semellante; falemos dos occitanos e da súa "vergonha" sen ir máis lonxe, penso que hai que encaralo directamente, e non creo que o tabú sexa a ferramenta máis xeitosa. Isto non se trata de evitar que a xente o diga, trátase de evitar que a xente o pense, que pense que iso; que o galego está moi ben, que é unha mágoa que se perda, pero que realmente é unha paletada e eu non vou facer nada por salvala. Por iso aplaudo de verdade a valentía desta rapaza ao dicir todo iso, se o pensa que o diga, só aceptando a realidade podemos poñerlle freo. O peor que podemos facer se temos unha enfermidade (e o galego como se dixo en clase está enfermo, e eu engado que Galicia tamén o está) é negala, é ocultala e facer como se non existise. Un problema como unha enfermidade hai que aceptala e considerala, estudala e observala. Moitos galegos rexeitamos as palabras de Marta, e outros moitisimos vironse identificados con elas, e véndose identificados tamén viron como en Galicia a xente respondeu á susodita Marta cun castigo social. Para min esta rapaza é un produto, un produto dunha estratexia, dun modelo, e dunha política de asimilación. Non me gusta falar en termos bélicos, nin combativos, nin de confrontación de linguas nin pobos, mais teño que dicir que desde a miña perspectiva, o principal para que alguén non erga cabeza é iso, concienzalo de que non a pode erguer. Marta coma moitos galegos, simplemente deixase levar pola cadea de produción cuxa fin non é outra que o propio lixo, non é toda a súa culpa.
ResponderEliminarSobre este vídeo pouco que comentar, simplemente gustaríame pensar que opinións coma esta non están moi estendidas na mocidade galega.
ResponderEliminarÉ un discurso confuso, contraditorio e sen ningún tipo de base. Amosa un descoñecemento total da realidade sociolóxica galega e para min é reflexo do mal máis atrevido, a ignorancia. Por outra banda non sorprende chegando estes comentarios de onde chegan, ¿qué podiamos esperar dunha concursante de “Gran Hermano”?
Pouvo que dicir, chega con escoitar as barbaridades que di a rapaza. Está claro que tes que saber falar unha lingua, pero tamén tes que intentar falalo ben, e non facer as trampas dos libros de texto. Pero non so co galego hai que saber falalo, o castelán tamén, e vese que ela non ten nin idea de como facelo, xa que non é un modelo para ningúen. Hai que comparar que ó igual q o galego ten diferentes acentos, o castelán tamén, pero isto a rapaza non o sabe, seguro que nunca oiu falar diso. Está baixo unha serie de prexuízos que demostra totalmente ó longo do vídeo e máis cando dí "qué bajón!". Na actualidade este tipo de xente que só se rixe por prexuízos non debería existir.
ResponderEliminarParéceme unha mágoa escoitar este tipo de declaracións. Trátase dunha rapaza que non se da conta da grande riqueza que supón ter unha lingua propia e cas súas declaracións recolle moitos dos prexuízos que expón Singala no seu libro En galego por que non?
ResponderEliminarFala do galego bruto e o galego feo, cando en realidade está a falar de variedades diatópicas da lingua e ningunha é mellor ca outra e moitos menos o galego da gheada e seseo é o empregado polas persoas incultas.
Tamén fai referencia a que non o fala porque non o fala ben. Precisamente cando estás a aprender unha lingua ó normal é esvarar de seguido. Para falar ben o galego, primeiro tes que falalo mal!Pero hai que intentalo, é o único xeito de melloralo.
Coincido con Natalia en que esta rapaza pensa deste xeito polo entorno castelanizante no que viviu, onde os profesores lle falaban en castelán agás o de galego e probablemente a familia tamén.
Eu vivín un caso semellante no colexio. Sen embargo non penso coma esta rapaza, porque tiven a sorte de que na miña familia ensináronme a grandeza que supón ter unha lingua e cultura propias.
Esta rapaza tira pedras contra o seu propio tellado. O que é mais, cada vez que di unha cousa e se da conta de que está mal, rectifica dicindo “pero yo no creo eso”. Está a tratar de quedar ben.
ResponderEliminarDende logo que se queixe de que a xente fala mal do galego e que logo a xente que fala galego “le da bajon”……. A verdade, é que esta rapaza deixa coa boca aberta.