quinta-feira, 27 de outubro de 2011

Pequenas pílulas sociolingüísticas

Velaí tedes diferentes propostas imaxinativas para crear conciencia sobre a necesidade de usarmos o galego. Imaxinades o efecto de que emitisen pola televisión estes (e outros) vídeos???
Por certo, xa mudei a ligazón do Ditame do Consello da Cultura Galega sobre o Decreto de plurilingüismo, que estaba mal.

14 comentários:

  1. As producións de Núñez Singala son moi directas e impactantes; coido que deberían ter máis difusión, pois non as coñecía ata hoxe mesmo, e están cargadas de razón.
    Por outra parte, a cuarta ligazón paréceme un recurso moi interesante, e moi útil para obter materiais para as nosas futuras aulas.
    Do último video non podo, polo de agora, opinar, pois non o vía ben (tentareino de novo proximamente).

    ResponderEliminar
  2. Son uns videos moi acertados, concisos e cheos de verdades, una mágoa que non sexan mais accesibles para todo o mundo, que nas canles de radio e TV galegas non se retransmitan habitualmente, de seguro terían un efecto positivo en moita xente. Se nas canles de radio e Tv galegas non loitan pola promoción galego, quen esperan que o faga?
    Este verán coñecín a una rapaza londinense que veu a Galicia a aprender o noso idioma, sorprendeume que cando ma presentaron dixome, (no medio dunha vila galega e rodeada de cidadáns galegos) : ”que ben, falas galego!” a pobre non atopara a moita xente ca que intercambiar unas verbas en galego.
    Con respecto o último video, paréceme que detrás do tráiler hai un documental moi interesante, e quédome cunha frase dunha señora maior que me chocou moito: “Que se perda a religión non me importa nada, pero que se perda a lingua…”

    ResponderEliminar
  3. Estou totalmente dacordo coas miñas compañeiras. As curtametraxes de Manuel Singala son moi directas, cun título que xa te achega á finalidade que se pretende co video. Gustoume especialmente a terceira; véxoa como máis impactante, reflictindo a libertade nas tomas de decisións, pero incidindo no que se pode perxudicar ao elixir. Unha idea que está moi presenta na nosa vida.
    A penúltima ligazón paréceme que era una curta con actores da nosa terra (é que agora non me deixa velo, pero xa a vira o día anterior). Contar con persoas recoñecidas no ámbito televisivo sempre vén ben para acadar en máis xente, sobre todo na máis xove. Paréceme unha boa idea.
    A última das curtas xa segue unha temática de documental. As testemuñas de distintas persoas (de distintas idades, sexo, etc) sempre son moi enriquecedoras. Mostránnos diferentes perspectivas.
    Penso que son curtametraxes que poderían encaixar moi ben na televisión. A verdade é que eu non tiña idea da súa existencia. Penso que son visións moi adecuadas para dar que pensar aos seus espectadores. Mais, sen dúbida algunha, eu quédome co último que vimos na aula: a curta que amosa ao último falante do galego coma un obxecto de museo.

    ResponderEliminar
  4. Estou de acordo coas miñas compañeiras en que os vídeos son impactantes e che fan reflexionar. O problema é que están dirixidos a adolescentes e persoas adultas, polo que penso que estes colectivos, se fala en castelán, non van cambiar de opinión polo feito de ver uns vídeos. A maior parte desta xente xa sabe cal é a situación actual do galego.
    Por eso penso que sería mellor facer curtos dirixidos ós nenos, para conciencialos xa dende pequenos e que teñan a posibilidade de decidir, dende o coñecemento, que lingua queren falar

    ResponderEliminar
  5. Os tres curtos de Singala parecéronme moi impactantes, porque aínda sendo tan breves, son moi concisos e acertados, e cheos de razón. O que conseguen é facer pensar, e replantexarse a idea da lingua galega coma un instrumento de identificación do que tí eres responsable. Como ben di Sara, estes curtos serían unha moi boa proposta para emitir nas canles de televisión e radio galegas, xa que poderían ter unha maior expansión e afectarían positivamente á poboación.
    O último vídeo ten un toque aínda máis próximo, xa que procura achegar exemplos de persoas de distintas idades, sexos e ámbitos de procedencia. Se este video se emitise pola televisión, probablemente moitas persoas sentiríanse identificadas, e das que non, moitas delas pararíanse a pensar en todo o proceso e a loita do galego durante todo este tempo para chegar ata o punto onde está (xa que se fai mención a todo o proceso de sumisión que esta lingua sufriu ao longo dos anos en certos ámbitos).

    ResponderEliminar
  6. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  7. Tras ler os comentarios dos meus compañeiros, podo dicir que estou moi dacordo coas palabras que din. Considero que os videos de Singala son moi directos, o que é importante para non aburrir ó que o ve. Por outra banda, paréceme que todos eles son moi bo instrumento para acadar unha maior normalidade lingüística. Destacaría o penúltimo, xa que o feito de que caras coñecidas e admiradas, en moitos casos, pola maioría de nós, maniféstense abertamente a prol do galego é moi beneficioso para a concienciación da xuventude. A cal podería desafacerse dalgún prexuízos que a levan a pensar que o galego é unha lingua que só falan os vellos ou a xente que non é "guay".
    Con respecto o que expresa o último video, podo dicir que encantoume que persoas de certa idade mostráranse tan reivindicativas co galego. O feito de que viviran unha época de represión da súa lingua considero que as fai máis fortes e que as anima para defender o galego con máis tesón ca outros falantes que non viviron nada parecido.
    Noemi Rego Perez di no seu comentario que sería interesante dirixir este tipo de videos ós nenos. Na miña opinión, sería máis interesante dirixilos ós non tan nenos, xa que creo que somos os que máis prexuízos temos e os culpables de que os nenos tamén os teñan.
    Finalmente, gustariame sinalar un aspecto técnico que me pareceu moi interesante: o feito de que nos videos de Singala se emprega a palabra escrita, xa que creo que é máis impactante ca oral e implica máis ó espectador.

    ResponderEliminar
  8. Os vídeos de Singala definiríaos con tres adxectivos: directos, impactantes e orixinais.
    Calquera dos tres coinciden en sinalar ao falante dunha lingua coma o responsable de que a vía na que se comunica perdure e se manteña en flote.
    Gustoume especialmente a bolboreta formada por diferentes fotografías que aparece no vídeo "Responsabilidade" acompañada da frase "creacións fráxiles" facendo referencia ás linguas. Xoga coas fotografías e coas linguas dicindo que estas últimas son fráxiles da mesma forma que o son cada un dos falantes e que se deben coidar e "mimar" da mesma forma que se cuida a unha persoa.
    En canto á web "orgullosos do galego", pareceme unha gran iniciativa para fomentar a nosa lingua.
    Os vídeos están moi ben pensados, especialmente o da moza que se vai a NY e coñece a un brasileiro co que se comunica en galego. É super gracioso! e demostra que incluso fora de Galicia podes comunicarte en galego e ser entendido.
    De todas formas, considero que tería máis repercusión o vídeo no que aparecen as personaxes famosas xa que todos tendemos á imitación en algún momento das nosas vidas e entre a xuventude ía ser efectivo sen dúbida. É mais, eu meteríao entre os anuncios de Física e Química... :D
    Por último, lin un comentario na web, de unha fotógrafa chamada Laura Lizancos, que dicía:
    "Un rapaciño, recén chegado a Londres, é escolarizado nun centro público da rede do Ministerio de Educación no exterior. Alí percátase do fraude: 4 horas semanais durante 10 anos da súa vida aprendendo inglés nunha escola galega só dan como resultado frustración: non entende nada, incompetente na lingua inglesa mesmo para os requerimentos básicos. No colexio de Portobello atopa fillos e netos de españois –a maioría galegos. Tamén a moitos alumnos ingleses que proxectan o futuro en España (entre outros, fillos de famosos futbolistas, seres “de intelixencia superior” que aprenden axiña a usar a lingua que lles dá de comer, sexa galego ou chinés). Saben en qué falaban todos no patio do recreo? En galego! (xa ve, señora. Aguirre, o que para vostede é folklore para moitos é unión e identidade)".
    Ben, dende a miña experiencia persoal que estiven escolarizada ata os 9 anos no colexio Vicente Cañada Blanch de Portobello (Londres) do que fala esta señora podo dicir que isto non coincide co que eu vivin.
    O colexio sí que estaba formado por unha gran parte de estudiantes de pais galegos mais a gran maioría falaban o castelán sempre xunto co inglés. Eu mesma non falaba nunca o galego. Lémbrome o que sí, que un día á semana impartíanse clases de galego polas tardes como optativa e ás que eu acudía pero realmente era o moito que recordo eu do galego no colexio. Proba diso é o feito de que, ata que viñen para España nunca antes falara o galego nin me molestara por aprendelo, sendo educada en castelán e en inglés en todo momento, igual que os meus compañeiros.
    Se hoxe en día nos recreos do colexio os rapaces falan galego, alédome de que sexa así, sen dúbida :)

    ResponderEliminar
  9. Penso que as tres primeiras son unhas producións que buscan o impacto no espectador, facelo espertar, mostrarlle as consecuencias dunha realidade da que posiblemente non se percatou. Paréceme un moi bo xeito de concienciar, sobre todo á mocidade, do que podería ocorrer se non se muda a forma de actuar. Alén diso, o que hai que facer é ben sinxelo: falalo simplemente.

    ResponderEliminar
  10. Dar a coñecer realidades-consecuencias con datos e argumentos sólidos e crear contradiccións nas mentes pensantes son aspectos importantes para mudar as actitudes e os comportamentos.

    As imaxes, música e mensaxes aquí presentes atacan máis ás emocións do espectador para actuar como motor de cambio, xa que as veces chegan onde non o fan as palabras.

    Boas ferramentas

    ResponderEliminar
  11. Coincido cos meus compañeiros en que os vídeos de Singala son realmente fabulosos, son directos, concisos, impactantes, commovedores, cheos de razón, concienciantes. Esa feitura que teñen a modo de eslogan fan que sexan de fácil comprensión e deixan claramente a súa mensaxe.
    Palabras como próbao, fálao, frases como: liberdade de elección, ti contas, ti contaxias, ti decides... incitan a que proclames por riba de todo o teu idioma, o noso idioma; fan que tomemos conciencia de que a pervivencia do galego está nas nosas mans, esa é a mensaxe que temos que saír e berrar libremente polo mundo. Somos galegos, non perdamos a nosa identidade.

    O último trailer tamén moi bo, semellante a outros que temos visto, similar ó enlace que puxen en comentarios anteriores onde se fala da lingua, da importancia de conservala, de coidala, de sentila nosa para querela e proclamala máis alá de nós.

    Como di o meu compañeiro Jose, estes vídeos atacan as emocións do espectador, e ese é un motor moi grande.

    É unha mágoa, como comentan tamén algunhas compañeiras, que estes vídeos non estean da man da xente, pois se non os buscas non os ves, deberían saír na TVG, en anuncios de radio para concienciar á xente, en carteis grandes nas rúas, con palabras claras que cheguen dentro. ¿Non o fan os políticos para publicitarse nas eleccións? ¿Por qué non facelo coa nosa lingua? saiamos á rúa a proclamalo! :)

    ResponderEliminar
  12. Creo que es una buena manera de fomentar el uso de la lengua. Recuerdo que en Catalunya hace unos años había también una campaña publicitaria para fomentar el uso del catalán tanto en la tv como en otros ámbitos.

    Tal y como se promocionan otra cosas, ¿por qué no una lengua? Además los medios audiovisuales son los que más llegan a la población.

    ResponderEliminar
  13. Me parecería interesante que estas campañas tan impactantes se incluyeran también otros aspectos referentes a la cultura gallega. Estos videos generalmente van dirigidos a personas que utilizan el castellano. Estas personas no necesitan el gallego para comunicarse, y el discurso se basa en el aspecto cultural, el cualitativo y su valor como elemento de identidad. Pero existen otros aspectos que potencian la calidad y la identidad: paisaje y arquitectura, importantísimos para crear imágenes reconocibles de un lugar, flora y fauna autóctonas, estructura del territorio, oficios tradicionales, y otras muchas, que igual que el gallego están amenazados por la globalización, por una falsa idea de progreso, por la falta de inversión . . .
    Creo que podría ser positivo incidir en todos esos aspectos que son propios, de una forma conjunta, tanto en las campañas propagandísticas, como en el el sistema educativo.

    ResponderEliminar
  14. Todos parecéronme materiais interesantes para seren amosados e invitar deste modo á reflexión.É un modo axeitado de fomentar a lingua.
    As tres realizacións de Singala son moi boas: breves, claras e chegan ó espectador.
    Deberían emitilas pola TVG, están moi ben feitas e de seguro que chegarían á xente.
    En canto a derradeira, xa é outro tipo de realización con un traballo de fondo que leva máis tempo.
    É unha antesala ben lograda trala que parece agocharse un documental moi interesante.
    Pero este é para ver dun xeito máis reflexivo e sería un bo material para levar á aula o día de maña.

    ResponderEliminar