domingo, 23 de outubro de 2011

Onde fica a xente?

As almas do Fental, unha triste realidade: http://www.youtube.com/watch?v=iGrIccsKf8g

18 comentários:

  1. O 27 de xaneiro do 2011, publicábase en El País a noticia de que Galicia ten 1407 aldeas abandonadas e 827 cun só habitante.
    Esta despoboación agrava o problema da soidade, xa que moitas persoas apenas se relacionan con outras. Ademais, supón unha mingua para a preservación da identidade e do patrimonio cultural e etnográfico de Galicia.
    A curta reflicte con gran lirismo esta realidade dramática, cada día máis evidente.
    Ademais, conta como protagonista exclusivo con Fernando Morán, un actor admirable polo seu talento, así como pola súa implicación cos problemas da sociedade en xeral e de Galicia en particular.

    ResponderEliminar
  2. Este é un mundo de contradicións, hai moita xente que nas grandes cidades tamén síntese soa. Cada un vai ó seu e nadie mira ó do lado.
    Agora, moita xente da cidade, e incluso do estranxeiro, merca casas ou pobos enteiros e despois de amañalas vanse a vivir a elas. Isto está pasando moito pola Ribeira Sacra.

    ResponderEliminar
  3. Es increible que en un mundo superpoblado pueda pasar algo tan terrible como la muerte de un pueblo. Seguramente esto no ocurriría con una mejora en las comunicaciones de estos pueblos para que la gente no se viera obligada a abandonarlos. En la mayoría de los casos me imagino que la gente deja estos pueblos por temas laborales, pero si existieran autobuses frecuentes hacía las poblaciones más grandes y buenas carreteras puede que mucha gente prefiriera no irse. También es buena idea promover el turismo rural ayudando a la población a restaurar las casas y dándole publicidad para que la gente se anime a repoblarlos. Si no se hace nada al final la cultura del pueblo morirá y no habrá fiestas del pueblo en las que veranear.

    ResponderEliminar
  4. Es triste,pero es la realidad,en el pueblo de mis abuelos paternos es lo que esta pasando. Recuerdo cuando era pequeña lo vivo que estaba el pueblo,con todos los nietos de los demas vecinos alli reunidos,eramos una gran familia. Ahora solo queda un matrimonio y mi abuelo, que en poco tiempo se irán también. Estamos en unos tiempos en los que no entenderiamos que hoy un/una joven quisiera quedarse a vivir en una aldea con su propia ganaderia, dedicarse a la agricultura y no salir al "exterior", creo que estamos sometidos a una gran presión social, y da mucha pena que pasen cosas como la relatada en ese corto y muera la cultura del pueblo.

    ResponderEliminar
  5. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  6. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  7. Esta é a realidade que está a pasar en moitas aldeas do rural distantes xeograficamente do núcleo urbano. Moitas veces o pasar por diante delas ocorrésenos a pregunta de ¿Cómo poden seguir vivindo aquí si non teñen nada (entendendo por nada comodidades que nos temos e a eles nin falta lles fai)? Pero o caso é que é a súa casa, o lugar onde naceron e onde se criaron, lugar que é moi difícil deixar para trasladarse a unha cidade chea de nerviosismo e estres.
    Na miña opinión, este feito pode chegar a cambiar polo motivo das enfermidades psicolóxicas que moitos habitantes das grades cidades están a sufrir. Como ben dixo un dos meus compañeiros, hoxe en día xa se ven casos de familias que deixan as grandes cidades e restauran casiñas en aldeas ben sexa por enfermidade, por motivos económicos (recordemos que moitos concellos ofrecen casa e negocio a familias novas que teñan nenos) pero, aínda que este feito se esta empezando a ver creo que é imposible a recuperación desas aldeas onde xa naide vive e onde como vimos case ó principio da curtametraxe todos se coñecen ben e ata un pode deixar a porta da súa casa aberta sen medo a que alguén lle vaia a roubar.
    É unha mágoa a perda do rural, dos seus produtos, e sobre todo da súa tradición.

    ResponderEliminar
  8. Esta curta mostra unha situación real que está a acontecer en algúns pobos rurais de Galicia. Dende fai uns anos para aqui, as persoas múdanse cara as grandes cidades xa que é onde está a industria e con ela os postos de traballo. Está claro que é unha bágoa mais cando a fame apreta, non queda outra mais que trasladarse a onde está o pan de cada día. A solución para evitar isto podería ser, como comenta máis arriba a miña compañeira Inés, construír carreteras decentes para que as persoas que levan vivindo toda a vida no seu pobo e onde teñen a súa vida e os seus recordos non teñan que verse na obriga de deixar todo iso detrás.
    O que está claro é que o progreso se concentra só na cidade cando realmente debería chegar a tódolos rincóns.
    A curta mostra esta triste realidade; temos unha persoa que se levanta pola mañán, escoita a radio mentras almorza onde ben lle informan de que as grandes masas de xente están nas 7 cidades de Galicia e no seu pobo só vive el. Como ben di el cun ton de enfado:"o mundo está ben mal repartido".
    Non se escoita absolutamente nada de movemento durante a extensión do vídeo que é un claro reflexo da soidade que está a vivir o protagonista. Só se escoitan os paxariños cantar mais cando abre a xanela ve como tamén o paxariño que estaba pousado nunha rama dunha árbore voa, reflexando o abandono do pobo.
    Cando o home sae a sachar, atópase cos seus antigos veciños cos que fala mais non obtén resposta de ningún. É despois cando nos damos conta de que realmente non existen xa eses veciños, ben porque morreron ou ben porque emigraron cara a cidade. No seu lugar hai bonecos de palla que son os únicos que o acompañan no pobo e que son o resultado da desesperación do protagonista.
    Cando este está a sachar e cae ao chan, aparentemente morto, é cando se produce a morte do rural. Morre o último habitante que existía nese pobo e, con esa mesma morte, o pobo queda completamente deshabitado. Este non é o caso mais, como xa vimos noutras entradas deste blog, tamén coa morte do último habitante dun pobo ou tribu pode morrer non só ese pobo ou tribu mais tamén a lingua que os identifica.
    Unha verdadeira bágoa, sen dúbida e unha curtametraxe que non deixa a un indiferente.

    ResponderEliminar
  9. É unha verdadera mágoa o que nos transmite esta curta, e máis mágoa cando sabemos que sucede na realidade. O abandono das aldeas é unha realidade que vivimos moi de preto, pois como xa comentaron anteriormente os meus compañeiros, as aldeas de Galiza están a sofrir unha despoblación case total. Por que acontece isto? Ben é certo que as migracións do rural á cidade xa levan moitos anos producíndose, xa se sabe, co fin de acadar unha estabilidade profesional, dende un traballo ou dende uns estudos. As aldeas non contan con todas as posibilidades coas que contan as cidades, e este é o gran problema. Se, como ben dixeron noutros comentarios, se posibilitase máis a comunicación (tanto a nivel de estradas e transporte como a nivel de sanidade, ensinanza, televisión) podería ser máis sinxelo vivir máis afastado do que consideramos o centro, a cidade. Se xa en anos anteriores o rural non resultaba atractivo para os nados nel, moito menos para a nova xuventude, porque nestes intres vivimos nunha sociedade tecnolóxica, rexida por internet, por movementos que se asemellan máis ao urbano.
    Así, cunha poboación de idade bastante avanzada, o rural non pode resistir moito tempo. Os fillos dos mesmos acaban por levar de alí aos seus pais e con moita razón; vivir illado e ademais sendo dunha idade de risco en canto a enfermidades poder ser perigoso (xa o vemos no propio protagonista da curta).
    O que cabería preguntarnos é: pode cambiar isto? Eu penso que pode facelo. Mesmo na miña familia aconteceu, non nun grado tan alto, pero algo similar si. Meus pais marcharan a Barcelona a traballar, no ano 74, e tras vinte anos alí, meu pai non se atopaba cómodo con tanto “caos”, tanta “xente”, “sen sitio onde aparcar” dicía. E voltamos para Galiza, non para unha aldea, pero tampouco para unha das grandes cidades (e si para unha casa). De modo que, cos recursos que existen agora,e cos recursos cos que conta o campo, vexo doado cunha familia poda asentarse no rural, incluso co seu propio negocio. Todo isto sen convertir o rural, incentivando os recursos que lle son propios, pero con máis axudas como son as comunicacións viais que dixemos antes.Así, creo que o rural posúe moitos recursos como para darlle as costas.

    ResponderEliminar
  10. O film reflexa a soidade non voluntaria do último habitante do feudal, que ten coma única compaña a das galiñas e un paxaro engaolado. Ten a radio posta e dan as noticias do tráfico na cidade da Coruña e Vigo, e coma él di "que mal repartido está o mundo", has cidades están masificadas e o rural está desaparecendo. Sae como todolos días ca eixada ó ombro mirando coma as silvas e a maleza ó invaden todo, as casas pechadas pero él fala cos veciños que se foron, revivindo tempos pasados. A morte chégalle de súpeto, e con ela outra aldea máis deshabitada, e así vai morrendo o rural.
    Creo que o tema da desaparición do rural é preocupante xa que non hai unha xeración nova que garante o relevo no campo. As institucións deberían apoiar ó rural con políticas sociais e económicas, ademáis de recoñecer a calidade dos productos autóctonos e artesanais destes concellos así coma fomentar o turismo rural e todo o que sexa para frenar este proceso de despoboación que están a vivir moitos núcleos rurais.

    ResponderEliminar
  11. Pois, ao dito polos meus compañeiros pouco que lle podo engadir eu. A verdade que non fixen tantas viaxes como me gustaria, mais nalgúns sitios onde estiven -sitios cun nivel de vida maior do que temos en Galicia- vín que o rural estaba bastante ben conservado, e lembro este vran en Inglaterra ver unha serie na que se dicia que o futuro -alí- pasaba por voltar ás vilas no canto de amorearse na cidade. Aqui desde o punto de vista seguimos a errar, temos poucas ou nulas referencias, enchimos as cidades de altos edificios pensando -se cadra- que habia que fuxir do ruralismo, edificios que ben poderían estar en Galicia como en Xapón, e cando vas ás aforas de Londres ou París atópaste nun fermoso urbanismo cheo de casas baixas cunha coidada arquitectura. Iso en certo modo remíteme á asignatura, hai xente que fuxe do galego pensando non dá oportunidades ou que é rural, mais realmente deberan de ver o que pasa noutros lugares, acaso viven mal en Cataluña?, e no País de Gales?, acaso viven mal en Finlandia sendo o finés un idioma falado por 5 millóns de persoas?. Mentres un galego estar desexando deixar a casa e a granxa por meterse nun piso na Coruña, un londinense do centro morre por ter unha casa na campiña e vivir do campo. Con todo, tampouco recibimos moitas "axudas" de fóra que se diga para invertir esa tendencia.

    ResponderEliminar
  12. Por mi parte, también creo que es una pena que haya tantas aldeas sin población y que los núcleos urbanos estén cada vez más masificados. Coincido con mis compañeros en que cada día va en aumento esta situación y creo que los mismos habitantes originarios de esas aldeas son los que deberían promoverlas y crear nuevos hábitos en las nuevas generaciones.

    En el vídeo se ve como el señor habla con muchos que él mismo crea ante la falta de vecinos y gente con la que comunicarse. Lo que más resaltaría yo es que ya no es sólo la tristeza de que algunos pueblos se conviertan en pueblos fantasmas sino que para el ser humano es imprescindible la comunicación e interacción con los demás y con el mundo exterior porque esas relaciones personales son las que retroalimentan a las personas día a día tanto en el plano lingüístico, como en el educativo, el cultural, el social, etc.

    De todas maneras, es lógico que los jóvenes emigren a las ciudades ya que tal y como está montado el mundo la gente se tiene que trasladar o bien por trabajo o bien por estudios. Las ciudades tienen todas las facilidades accesibles al ciudadano mientras que las aldeas y los núcleos más pequeños tienen más carencias, pero también es verdad que cada sitio tiene su encanto y depende del modo de vida de la persona la vida también sería fácil y feliz sin la muchedumbre de la urbe.

    Como han comentado, hoy se estila mucho el tener la casa de los pueblos como segunda vivienda y disfrutar de la paz y tranquilidad en el período vacacional, pero pasado éste, la gente vuelve a las ciudades y no se conserva ese modo de vida que antaño era tan común. Pienso que es lógico y comprensible ya que tal y como está montado el mundo tenemos unas necesidades cotidianas que la zona rural a veces no puede satisfacer.

    ResponderEliminar
  13. Bágoas nos ollos, pel de galiña… ó rematar de ver este curto, contraditorio ó sentimento inicial de cando comecei a ver o vídeo, pois esbozaba un gran sorriso, e sentía morriña po-la nosa terra rural que tantos recordos me trae… Mentres vía eses paisaxes verdes, tan fermosos, tan galegos, os paxariños cantando, a cunca de pan con leite… , a miña cabeza enchíase de recordos de pequena cos meus avós, cando iamos á súa casa da aldea, e nos sentíamos libres, e corriamos e brincabamos sen correr ningún perigo, e berrabamos e arrolabamos pola terra, e non había teléfonos móbiles ós que nos chamaran para volver á casa, un berro con eco resoaba dicindo que o xantar estaba na mesa e corriamos facendo carreiras, e ver quén chegaba antes… Añoranza… O caldo da avoa, ir apañar amoras, “perderse” co avó polo monte cando iamos buscar carocas, acompañar á avoa lavar a roupa ó río, ir á casa dos veciños merendar, ou xogar cos seus animais, o cheirume a corte cando pasabas correndo para entrar na casa… Todo era tan fermoso, respirábase un ambiente libre, amistoso, social, onde todo o mundo falaba con todo o mundo, e o pobo/aldea enteira era como unha gran familia, na que todos se axudaban… ¡Qué fermosos recordos! E qué pouca conciencia temos na nosa sociedade de que todo isto está a rematar. A urbanización acabou con tódalas nosas costumes, as grandes cidades comezaron a absorver á xente, ben por postos de traballo, ben por comodidade de vida… é iso, sen máis acomodámonos. Agora os nenos xa non brincan por aí libremente, cando saen a fóra van un parque que está moi delimitado, onde as nais non lles quitan os ollos de enriba, outros prefiren quedarse na casa xogando cos mundos ficticios das videoconsolas; o caldo da avoa preparado con tanto agarimo e dedicación, trocouse por un sobre que pon “puchero caseiro, quentar e en 5 minutos listo para servir…”, agora os pais para calquera cousa chaman ós seus fillos a toque de teléfono móbil que todos posúen dende ben pequenos… a felicidade e plenitude que eu vivín de pequena neses momentos en contacto pleno coa natureza e coa xente, agora xa non existe. ¡Qué mágoa! A sociedade aparte de urbanizarse, cerrouse; agora vívese nun mundo cheo de desconfianzas, de portas pechadas, de malas caras, de egoísmo puro (¿para qué axudar ós máis?), cando antes se algún veciño tiña que ir sachar a leira todos axudaban para remataren antes e despois ter eses momentos de charlas, risas e cánticos…
    É un vídeo realmente fermoso que fala da realidade de despoboación do rural. Do silencio que agora se vive alí, apenas 4 veciños que saen da casa a facer as súas labores cotiás, e que sos e tristes volven á casa lembrando o que foi aquela súa aldea e no que se convertíu. Fermosa idea dos espantallos para lembrar á xente daquelas casas, veciños, amigos. Pel de galiña ó ver a realidade de cántos desaparecen e só queda ese espazo como recordo do que un día foron.
    Vídeos como estes deberían concienciar á xente da importancia que ten esta interrelación co medio e cos demais, mais non o fan. A todos nos parece moi fermoso, pero ninguén marcha de aquí para porlle remedio a esta situación. Non hai xeracións que dean esperanza a estas aldeas… Os postos de traballo están nas grandes cidades, e é o que hoxe en día da de comer… Tristemente é así a dura realidade; aínda que como apuntan os meus compañeiros, é moita a xente que hoxe en día compra unha segunda vivenda na aldea para escapar a esa tranquilidade do noso paisaxe galego, pero así non se repoboa, se só se vai unha fin de semana. Ábrenos os ollos esta curtametraxe ó que vén en camiño cara nós e que nós está atropelando, ou peor aínda, que nos está abandoando.
    Sen ánimo de facer publicidade aquí, hei de dicir que me lembrou, este meu comentario, na parte dos recordos, ó anuncio das pizzas Casa Tarradellas, que comezou a emitir este verán. Gran anuncio de promulgación do rural, do de sempre. Aquí vos poño o enlace para quen non o coñeza.
    http://www.youtube.com/watch?v=iQoz2wEBbJ8

    ResponderEliminar
  14. Trátase dunha realidade que se está a vivir en gran parte das aldeas galegas, paréceme algo moi triste. A xente móvese as cidades por comodidade e para ter un acceso máis fácil a todo pero non pensan nas cousas boas das aldeas: tranquilidade, relaxación, casaa espaciosas, xardíns verdes, aire puro, bos veciños cos que manter unha conversa. Na cidade vívese as presas, e ningúen toma un pouco de tempo para pensar no que deixou atrás, algo que sen duda deberían facer.

    ResponderEliminar
  15. Trátase dunha realidade en Galicia, a morte do rural.
    A repartición dos habitantes é moi irregular; xa que nas cidades hai moitos habitantes e nas aldeas cada vez hai menos xente e ademais maior. Cando estas persoas morren, tamén morres as aldeas, ó quedaren valeiras.
    Cabe sinalar a contradición da noticia que se escoitaba pola radio, da aglomeración do tráfico na cidade, cando nesta aldea todo é silencio.

    Aínda que agora, co tema da crise, moita xente nova quedou sen traballo e se está a dar o fenómeno migratorio contrario. Antes a xente marchaba das aldeas ás cidades para acadar unha mellor vida e agora é o contrario, a xente nova volve traballar as terras para poder vivir.

    ResponderEliminar
  16. Esta curta, segundo o meu punto de vista, é triste, mais resulta así porque reflicte a realidade galega de desruralización masiva, en que moitas aldeas como o Fental quedan deshabitadas. É unha mágoa este abandono das aldeas porque moitos deses sitios son de forte riqueza natural. Alén disto, considero que se debían de tomar medidas e aportar axudas para repoboar o rural e facilitar unha economía baseada nel, e máis agora que están en auxe a produción de alimentos ecolóxicos.

    ResponderEliminar
  17. Estou de acordo coa miña compañeira Micaela. O problema do rural é a falta de saidas que atopan tanto os xóvenes coma os maiores. se lle sumamos o envellecemento a poboación galega, e temos en conta a soidade a que se enfrontan moitos deles, e de comprender que prefiran ir vivir as cidades. Existe tamén outro factor a ter en conta, que é o espallamento da poboación galega, xa que esiten unha chea de pobos que contan con apenas unhas pouca cousas. dende logo é unha magoa que se perdan tódalas tradicións e costumes que se agochan lo rural.

    ResponderEliminar
  18. Un video moi aclaratorio sobre un tema de actualidade como é a morte do rural; pero non é un feito que se dé só en Galicia, senon que se está a producir a nivel mundial, froito do sistema capitalista.

    Segundo este sistema os núcleos de actividade son as cidades, nelas desenvolvense actividades económicas, educativas, productivas e sociais a un ritmo esaxerado, o non pertencer a este microcosmos é un elemento diferenciador.

    É moi triste, pero sería preciso cambiar moito para evitar este despoboamento rural, e non creo que a sociedade faga nada por modificalo.

    ResponderEliminar