sábado, 3 de dezembro de 2011

Buscando linguas

Fantástico vídeo baseado nun texto de Séchu Sende:

http://www.youtube.com/watch?v=XQiqeoKus88&feature=player_embedded

16 comentários:

  1. Teño que expresar que este video me gustou especialmente, e me sinto moi orgullosa do EDLG do colexio Mosteirón, onde estudei dende os 6 até os 18 anos. Hai que felicitalos polo traballo que están a desenvolver. Ademais teñen un blogue moi interesante, do que vos deixo a ligazón.
    http://edelingua.blogspot.com/
    O video tamén é reseñado no blogue de Séchu Sende:
    http://www.blogoteca.com/madeingaliza/
    Penso que o feito de involucrar aos nenos en traballos deste estilo, que integran as novas tecnoloxías no coñecemento, poden ser moi motivadores. É unha forma de espallar o coñecemento ou ideas, fomentando á vez a creatividade.
    Creo que o libro de Séchu Sende, Made in Galiza, é unha lectura moi recomendable para aqueles que precisen que se lles recorde a sorte que temos de contar cunha lingua propia, ben bonita. Penso que é unha ferramente didáctica axeitada para concienciar aos nenos de secundaria e bacharelato (os nosos futuros alumnos) da importancia da lingua galega, e para ilustrarlles que está nas nosas mans a posiblidade de facela pervivir, empregándoa e valorándoa como merece.

    ResponderEliminar
  2. Este vídeo é unha crítica á perda da lingua e de tentar concienciarnos do importante que é, como parte nosa, de ahi que lle dixese o rapaz que non lle debía nada excepto, non volver a perdela, por exemplo polo menos é o que eu vexo, unha intención de concienciarnos.

    ResponderEliminar
  3. Creo que e un bo exemplo de que nos equipo de dinamización lingüistica podense facer moitas cousas innovadoras para chegar a xente. Esta xenial, e feito por alumnos de secundaria, que ten máis mérito. Para que logo se fagan inversiones millonarias en campañas que non chegan a ningén.

    ResponderEliminar
  4. É un vídeo moi interesante no que podemos ver a pérdida dunha lingua, que sucede con frecuencia na nosa sociedade. Sin embargo o que podemos ver é esa búsqueda pola lingua, que rara vez vemso an nosa sociedade, xa que cando se deixa unha lingua non se volve a ela. Menciona no vídeo que se casou e desde aquela fala castelán, isto podemos relacionalo co que xa temos falado na clase das relacións de parella que se adaptan para falar os dous a mesma lingua. Pareceueme significativo cando a rapaza da oficina lle dixo: "Alegría"; creo que falar galego, buscalo (como o rapaz) e ser conscientes de que é a nosa língua e que non debemos renunciar a ela e debemos aceptala olvidando os prexuízos é un sinal de alegría e de ledicia, de indentidade para nós e para a nosa terra, á vez que me parece que é un sinal de que a lingua se pode manter viva máis tempo.

    ResponderEliminar
  5. No vídeo, o rapaz intenta buscar a súa lingua, xa que dende que casara a perdera. Isto tense comentado na clase; moitas parellas cambian a súa lingua á hora de coñecerse cando un deles fala castelán ou tamén cando os dous falaban galego.

    Podemos pensar que o motivo da recuperación da lingua é que vai ter un fillo e o rapaz quere transmitir o idioma á súa filla para legarllo non só a lingua, senón a cosmovisión que conleva.

    Este vídeo intenta concienciarnos da importancia que ten o uso da lingua galega, xa que esta denota un modo particular de entender o mundo por parte dos membros dunha sociedade; polo tanto o seu emprego implica a conservación dunha determinada cultura.

    ResponderEliminar
  6. Excelente como levan a cabo estes rapaces a idea dun dos relatos que compoñen "Made in Galiza" de Séchu Sende.

    Por unha banda como xogan facendo de algo abstracto como a lingua un obxecto concreto e contable. Narrando a historia dun home que tiña como lingua materna o galego mais deixou de empregala no momento de coñecer a súa muller e como co pasar dos anos, despois de tela esquecida completamente tenta recuperala.

    Unha idea sinxela pero moi orixinal e que nos recorda que, como di a rapaza que fai da encargada de obxectos perdidos, recuperar a lingua, non ten prezo, e que, aínda mellor que recuperala, é non perdela.

    ResponderEliminar
  7. Cando o rapaz dixo que perdera a lingua nun pub cando coñeceu á súa muller, acordeime do debate e dunha das opcións que era a de fomentar o uso da lingua nas relacións de parella. Pois sí que é importante! Quizais deberiamos volvelo cambiar de posición. Polo demais, gustoume moito o video, e a idea de que a lingua se puidese recuperar soamente índoa buscar sería estupendo, xa que mantela viva supón o esforzo do día a día. Teño ganas de atopar Made in Galiza e ler todas as súas historias.

    ResponderEliminar
  8. Como actividade escolar paréceme unha moi boa iniciativa, pois ós rapaces soen gustar de actividades que saen do común, e se teñen alto compoñente tecnolóxico, mellor (e unha curta soe ser unha actividade moi ben recibida).
    E como video recordoume un pouco ó de "Galicia 20oo..?" (non recordo o ano do título exactamente), pois ámbos os dous mostran o galego como lingua perdida (porén, o de Galicia 200..? é moito máis impactante).

    ResponderEliminar
  9. Cada día moitas linguas rematan nesa oficina de obxetos perdidos...pero é esperanzador que exista xente que as queira recuperar, se ben sabemos que non é o comportamento xeral...debemos e podemos traballar todos xuntos para potenciar que a xente as recupere, sobre todo dende a escola e dende os medios públicos.
    Costame enteder que non existan espacios na canle pública galega para amosar proxectos coma estes, porque ademais de premiar un bo traballo dos implicados, serviría para concienciar a xente.

    ResponderEliminar
  10. Bonita reflexión sobre la pérdida del gallego y la intención de recobrarlo.
    ¡Ojala fuera tan sencillo como ir una oficina de objetos perdidos!
    Me quedo con la frase que ella le dice al final “esto no tiene precio”, porque tener una lengua propia realmente no lo tiene.
    Por otro lado, me llamó mucho la atención la óptica desde que enfocan la perdida ¿cuándo dejas de hablar una lengua? ¿En qué momento te das cuenta que ya no te familiarizas con ella?

    ResponderEliminar
  11. A curta feita polo IES Mosteirón de Sada, basada no relato de Séchu Sende do seu libro “Made in Galiza”, é unha mostra realista da situación lingüística galega. Digo isto xa polo feito de que trata da perda da lingua propia dos galegos que se pasan ao español, e tamén, porque neste caso esa mudanza lingüística prodúcese nun pub coñecendo á súa muller, isto é, polo prexuízo de moitos de que o galego non é unha lingua válida para ligar. Á súa vez, a curta ten un ton preditorio-futurista en canto ao feito de acudir á oficina de obxectos perdidos para recuperar a lingua galega. Por tanto, a modo de crítica, este vídeo manifesta a mensaxe aos galegos de que non perdamos a nosa lingua.

    ResponderEliminar
  12. Ben, xa que lle enviei eu este video a Goretti, qué menos que comente sobre el!:)
    A verdade é que cando o vin no Facebook de Galego en Londres, chamoume á atención o nome e entroume curiosidade por ver a ver de qué ía. Por certo, recoméndovos este grupo do Facebook xa que publican cousas ben interesantes sobre o galego que poden ser do voso agrado.
    Un nome orixinal para unha realidade ben triste.
    O home que vai ao que parece ser unha escola, perdeu a súa lingua e, polo que parece, ten grande morriña por ela e un desexo inmenso por recuperala. O feito de que diga que a perdeu nun pub onde coñeceu á súa muller fai pensar que probablemente a perdeu porque a súa parella falaba o castelán e el deixou de falar o galego para comunicarse con ela. A verdadeira realidade da que falabamos o outro dia na clase e que moitos compañeiros non crían posible.
    Na oficina de obxectos perdidos podemos ver a cantidade de linguas que se perderon facendolle pensar ao espectador que non só pasa co galego, senon que hai unha gran cantidade de linguas que se deixaron de falar por razóns diversas.
    Asociando este video a experiencias persoais e de xente que me rodea, moitas persoas cando emigran ao estranxeiro abandoan a sua lingua case ao completo para comunicarse noutras linguas no seu país de destino. Mesmo persoas galegofalantes que coñezo, falaban entre eles castelán no estranxeiro criando aos fillos nesta lingua. Isto non é o correcto mais de novo triunfan os prexuizos dos que tantas veces falamos.
    Considero que estes grupos do Facebook coma o que nomeei arriba, están facendo cousas moi interesantes e fomentando o uso do galego no estranxeiro, neste caso en Londres. Propoñen actividades no colexio español de Londres e impulsan e animan ás persoas galegas que se atopan alo a seguir falando a sua lingua e sentirse orgulosos dela.
    O importante e o fin de todas estas iniciativas é que, ninguén mesmo nós, teñamos que ir nun futuro a esa "oficina de obxectos perdidos" e conservemos e cuidemos a lingua que nos pertence e coa que nos comunicamos e sentimos cómodos.

    ResponderEliminar
  13. Estou de acordo con moitos dos meus compeñeiro. Este e un exemplo de que con poucos cartos e cunhas boas ideas podese facer moito.

    Dende logo a historias y un claro reflexo da sociedade actual e como as veces o que pensen os demais pode facer que mudemos moitas das nosas costumes.

    ResponderEliminar
  14. Este vídeo refleja perfectamente la situación de que cada vez haya más gallegohablantes que se pasan al castellano. De todos modos, pienso que tampoco es tan complicado que esas personas vuelvan a hablar gallego. El que castellanohablantes se cambien de lengua lo veo más complicado porque partimos de la base de que la lengua materna de esta gente es el castellano, pero para los que se pasan del gallego al castellano solamente se lo tienen que proponer y ya está. Ojalá otras cosas en la vida fueran tan sencillas como el adoptar una lengua u otra como propia. Si esa gente sigue hablando castellano es porque quiere. En el vídeo vemos como el chico dice que ha perdido el gallego y lo quiere recuperar, pues es bastante fácil, tal y como en su día hay gente que lo dejó de hablar pues con volver a hacer lo mismo pero a la inversa ya está. Y si esto no se produce pues entonces es que esas personas no tienen una voluntad de cambiarse de nuevo y recuperar el gallego como lengua propia y habitual y no les importa. Y entonces aquí ya entra en juego la voluntad de la gente, y contra esto sí que no se puede ni debe luchar porque todos somos libres de expresarnos en la lengua que queramos y se tiene que respetar porque los tiempos de la obligación y la imposición ya quedan muy atrás, por suerte.

    ResponderEliminar
  15. Este video que ademais da explicita mensaxe da perdida da lingua que esta ocorrendo tanto no galego,como en moitas outras,leva un mensaxe implicito de que nunca se debe perder o propio,a identidade,o que esta nas raices de cada un...e gustoume moito xa que menciona o anterior dun punto de vista moi positivo,de buscar(vexase coma o home vai a oficina de obxetos perdidos)e loitar por recupera-lo perdido.

    ResponderEliminar