segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

Sermos Galiza

Existe desde hai uns meses un proxecto para que volva existir un xornal na nosa lingua. É unha iniciativa cidadá a que podedes sumarvos ou, cando menos, consultar os seus obxectivos, a través da rede (páxina web, caderno dixital, facebook, twitter...). Escribín estes días un artigo para promoción deste xornal cuxa ligazón vos deixo para continuar, devagariño, póndolle o ramo aos traballos desta materia. Oxalá cando traballedes como docentes teñades ferramentas como a que está debaixo deste proxecto para formar e informar: http://sermosgaliza.com/?p=583

4 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  3. Paréceme un proxecto moi interesante, xa que fan falla xornais en galego.
    O galego ten moi pouca presenza na prensa en comparación co castelán. As noticias escritas en galego son as relativas ás festas, á gastronomía...ou algunha noticia das áreas comarcais.
    Polo tanto paréceme unha iniciativa moi boa e oxalá podamos contar con ela por moito tempo.

    ResponderEliminar
  4. Agardo que este medio poida ter continuidade e sexa capaz de superar todos os atrancos que sen dúbida lle xurdirán, comezando pola falta de apoio institucional e por aturar unha competencia desleal con medios en castelán que reciben da Xunta de Galicia subvencións millonarias.
    A ver se recolle o legado de Xornal de Galicia, que era un medio de gran calidade, hoxe dispoñible unicamente en formato dixital.

    ResponderEliminar