domingo, 4 de dezembro de 2011

Contra a privatización da auga

Porque todas as loitas están relacionadas e o ben colectivo sempre favorece ás maiorías. Por iso debemos implicarnos:


http://www.youtube.com/watch?v=AXz4XPuB_BM

11 comentários:

  1. Neste corto represéntase a loita dos pobos en contra da mercantilización da auga. A avoa grillo representa a auga do pobo que que será capturada polo capitalista tirano e opresor( tal e como se ve no video), explotándoa e acabando co ben mas preciado do pobo.Ó final o pobo unirase para recuperalo seu tesouro.

    ResponderEliminar
  2. Pareceume un video moi intenso e emocionante. Nel vemos a realidade de moitos pobos que viven reprimidos e explotados polas potencias capitaliatas. Estas potencias actúan de opresores e neste caso, explotan á avoa Grillo para poder sacar todo o diñeiro que poidan da auga cobrándoa a prezos moi caros como vemos nas protestas dos veciños.

    ResponderEliminar
  3. Poi estou dacordo cos meus compañeiros, tratase de sacarlle o pobo algo tan básico coma o auga para logo venderllo. Que límite terá o capitalismo para respetar as cousas que nos pertencen a todos. Pois xa veremos como acaba a crise igual dentro de pouco nin a auga da choiva nos pertence( de momento como non poden non no la retiran, pero e a educación gratuita, as zonas verdes,...)

    ResponderEliminar
  4. Este conto amosa a situación dun pobo ante a avaricia de facer negocio cun recurso natural indispensábel para a supervivencia do home, como é a auga.
    A avoa Grilo presentase como metáfora da auga. Ó ser esta secuestrada polos capitalistas, o recurso natural básico convértese nun negocio privado ó que se lle intenta sacar o máximo beneficio. E ó non haber ningún tipo de control no establecemento de servizo e no prezo, acaba producindo unha situación de desigualdade no pobo, xa que a este non pode acceder á auga.
    O pobo toma conciencia de que a auga é un ben público e revélase ante esta inxustiza conseguindo liberar á avoa Grilo, á que a partires deste momento se lle respeta e admira.
    O pobo consegue unha situación mellor ca inicial, con maiores e abundantes colleitas.

    Podemos pensar que este é un problema que incumbe ós países do terceiro mundo, pero esta situación estase a dar na actualidade no noso país. Cabe recordar que no ano 2000 permitiuse a privatización por parte dos concellos dos recursos hídricos; deste xeito, empresas privadas, sobre todo estranxeiras adquiriron a concesión para xestionar eses servizos.

    ResponderEliminar
  5. Gustoume moito a curta; ademáis do que dixeron os meus compañeiros paréceme un video moi útil para as escolas (e, en xeral, para proxectar en calqueira campaña de concienciación), pois canto máis se traballe cos cativos maior se concienciarán. Este tipo de privatizacións teñén lugar de forma cada vez máis frecuente e en máis e máis ámbitos (como escoitamos día si e dia tamén que está a suceder nos hospitais ou na educación).

    ResponderEliminar
  6. Non deixedes de ver sobre este tema o filme También la lluvia de Icíar Bollaín.

    ResponderEliminar
  7. Moi boa curta, chea de denuncia de trasfondo social.
    Como ben din os meus compañeiros aparece a visión do capitalismo, de sacar diñeiro do que se poida, incluso vulnerando dereitos fundamentais dos homes, como pode ser a auga...
    Chamoume moito a atención o detalle de que ata lle aproveitan as bágoas a avoa grilo, todo vale para conseguir o seu fin, mesmo se traspasa as barreiras do humano.

    Por último mencionar a importancia da loita conxunta pola defensa dos nosos dereitos fundamentais, entre os cales ademais da auga, do alimento, está a identidade dos pobos.

    ResponderEliminar
  8. Ademais de todo o que dixeron os meus compañeiros, eu diría que os contidos do video poden ser extrapolables a calquera ben público que se privatiza. Hoxe, coa crise que estamos a padecer, algúns gobernos oportunistas pensan ou queren facernos pensar que a solución á crise é a privatización dos servizos. Decatarémonos dos problemas que isto supón cando os teñamos que sufrir, como aconteceu no video. Ademais, quérennos vender os nosos dereitos como favores ou privilexios, e se acreditamos neste discurso estamos a xustificar ese modelo de xestión. O video paréceme unha ferramenta moi interesante para o traballo en titorías. Tamén está moi presente na curta o choque brutan entre a vida das comunidades indíxenas e os modelos occidentais aplicados nas cidades.

    ResponderEliminar
  9. Esta curta tan orixinal e recorrente critica a privatización da auga. É un vídeo concienciador que mostra os problemas que hai en moitos lugares co abastecemento da auga. Mostra os aspectos negativos da privitazación desta, xa que é un ben básico, ao que ten dereito toda a humanidade, do cal nos países capitalistas faise un mal uso.

    ResponderEliminar
  10. É un video ben clariño e orixinal. Un video sobre a agua coma dereito humano ou a sede coma negocio privado. Unha historia que é unha fábula que trata un tema fundamental do mundo contemporáneo: a loita dos pobos en contra da mercantilización da agua.

    ResponderEliminar
  11. Fermoso video para concienciarnos do importante que é un uso racional da auga. Tamén para criticar a perda de humanidade que hai no mundo actual onde todo se move polo diñeiro. As privatizacións están a orde do día, e máis ca crise que estamos a vivir, a cal as extende a ámbitos tan importantes como a sanidade ou educación.
    Parece que o estado de benestar no que estaba inmerso Occidente comeza a derrubarse e é cando caemos na conta do mal que estaban a vivir os outros, os que dende a nosa cúspide chamamos tercermundistas...
    Con que isto sega así, non sei ata onde chegaremos...

    ResponderEliminar